que é a paz?

15
No hay camino para la paz, la paz es el camino.(Gandhi) Anexo IV.2.2.

Upload: ma-teresa-rivas-lago

Post on 23-Mar-2016

219 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

Presentación para un alumnado moi especial, con problemas de razonamento e de conduta, onde aprendemos o significado deste termo aprovietando un sinxelo conto.

TRANSCRIPT

No hay camino para la paz, la paz es el camino.(Gandhi)

Anexo IV.2.2.

O conto da paz

Había unha vez un rei que ofreceu un gran premio a aquel artista que puidera captar nunha pintura a paz perfecta.

Moitos artistas intentárono. O rei observou e admirou todas as pinturas, pero soamente houbo dúas que a el realmente lle gustaron e tivo que escoller entre elas.

A primeira era un lago moi tranquilo. Este lago era un espello perfecto onde se reflectían unhas plácidas montañas que o rodeaban. Sobre estas atopábase un ceo moi azul con tenues nubes brancas.

Todos os que miraron esta pintura pensaron que esta reflexaba a paz perfecta.

A segunda pintura tamén tiña montañas. Pero estas eran escabrosas e descubertas. Sobre elas había un ceo furioso do que caía unha impetuosa choiva con raios e treboada.

Montaña abaixo parecía retumbar un espumoso torrente de auga. Todo isto non se revelaba para nada pacífico.

Pero cando o Rei observou coidadosamente, viu tras a cascada un delicado arboriño crecendo nunha greta da rocha.

Nesta arbore atopábase un niño. Alí, no medio do ruxir da violenta caída de auga, estaba sentado plácidamente un paxariño no seu niño...

¿Paz perfecta...?

Cal cres que foi a pintura gañadora?

O lago tranquilo Montañas escabrosas

O Rei escolleu a segunda.

Sabes por que?

porque, explicaba o Rei,

Paz non significa estar nun lugar sin ruidos, sin problemas, sen traballo duro ou sen dor.

Paz significa que a pesar de estar en medio de todas

estas cousas permanezamos

calmados dentro

do noso corazón.

Este é o verdadeiro significado da paz.

ADAPTADO POLO EQUIPO DE

“O bosque de levas”:

ORIXINAL : orientacionandujar