páxinas informativasmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/novembro 2010_mpg web2.pdfcon motivo da saída...

4
novembro / 1 Con motivo da saída do número 5 da revis- ta Adra, os representantes dos socios con- vocamos unha excursión pola Costa da Morte o sábado 25 de setembro. Un grupo de máis de 20 socios e socias fomos a Lira, onde visitamos o seu porto e a Case- ta do Cuco, guiados por unha mariscado- ra. Despois fomos ver o hórreo desta loca- lidade, os muíños e a ponte de Vadebois e as casetas dos mariñeiros de Caldebarcos. Pola tarde, logo de xantar no mesmo porto de Caldebarcos, acudimos a Cee para, guiados por Darío Areas, visitar a antiga Escola de Nenas, onde se musealizou unha parte dos interesantes fondos da Fundación Fernando Blanco. A continua- ción visitamos o edificio desta institución: xardíns, biblioteca, sala de profesores e capela. Durante esta visita presentamos o último número da nosa revista, aprovei- tando que Darío Areas publicou nela un artigo sobre esta Fundación. Tamén visita- mos o Pazo do Cotón, grazas á amabilida- de do seu actual propietario que nos invi- tou a entrar. do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Subdirección: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe novembro 4/2010 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] Excursión á Costa da Morte noVas Dos socios O grupo de excursionistas na ponte de Vadebois (Foto Tino Viz) Exposición fotográfica Entre amig@s cHaMaDa á participación En maio de 2011 terá lugar a X edición de Entre amig@s, mostra de fotografía etnográfica das socias e socios do Museo do Pobo Galego, que prepara a Oficina dos Socios, coa coordinación da patroa Rosa Méndez. As obras deberán ser enviadas ao Museo ata o 31 de marzo de 2011. As series, que poderán constar de entre 4 e 10 ima- xes, en branco e negro ou cor, terán que ter un formato papel de 20 x 30 ou 30 x 40 cm e haberán vir acompañadas dun texto (unha páxina DIN A4) que faga constar a autoría, lugar e data da reporta- xe, título da serie e unha breve análise ou descrición da mesma. Para máis información, os socios e socias interesadas pódense poñer en contacto con Rosa Méndez no teléfono 981 583620 ou no correo electrónico: [email protected] Esperamos a vosa participación e antici- pamos o agradecemento a todos os que decidades colaborar.

Upload: others

Post on 22-Jul-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Páxinas Informativasmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2010_MPG web2.pdfCon motivo da saída do número 5 da revis - ta Adra, os representantes dos socios con - vocamos unha

novembro / 1

Con motivo da saída do número 5 da revis-ta Adra, os representantes dos socios con-vocamos unha excursión pola Costa daMorte o sábado 25 de setembro. Un grupode máis de 20 socios e socias fomos aLira, onde visitamos o seu porto e a Case-ta do Cuco, guiados por unha mariscado-ra. Despois fomos ver o hórreo desta loca-lidade, os muíños e a ponte de Vadebois eas casetas dos mariñeiros de Caldebarcos.

Pola tarde, logo de xantar no mesmo portode Caldebarcos, acudimos a Cee para,

guiados por Darío Areas, visitar a antigaEscola de Nenas, onde se musealizouunha parte dos interesantes fondos daFundación Fernando Blanco. A continua-ción visitamos o edificio desta institución:xardíns, biblioteca, sala de profesores ecapela. Durante esta visita presentamos oúltimo número da nosa revista, aprovei-tando que Darío Areas publicou nela unartigo sobre esta Fundación. Tamén visita-mos o Pazo do Cotón, grazas á amabilida-de do seu actual propietario que nos invi-tou a entrar.

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez • Subdirección: María-Xosé Fernández Cerviño

Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz

Administración: Xulia Vázquez Randulfe novembro 4/2010

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

Excursión á Costa da MortenoVas Dos socios

O grupo de excursionistas na ponte de Vadebois (Foto Tino Viz)

Exposición fotográfica

Entre amig@scHaMaDa á participación

En maio de 2011 terá lugar a X ediciónde Entre amig@s, mostra de fotografíaetnográfica das socias e socios doMuseo do Pobo Galego, que prepara aOficina dos Socios, coa coordinación dapatroa Rosa Méndez.

As obras deberán ser enviadas ao Museoata o 31 de marzo de 2011. As series,que poderán constar de entre 4 e 10 ima-xes, en branco e negro ou cor, terán queter un formato papel de 20 x 30 ou 30 x40 cm e haberán vir acompañadas duntexto (unha páxina DIN A4) que fagaconstar a autoría, lugar e data da reporta-xe, título da serie e unha breve análise oudescrición da mesma.

Para máis información, os socios e sociasinteresadas pódense poñer en contactocon Rosa Méndez no teléfono 981583620 ou no correo electrónico:[email protected]

Esperamos a vosa participación e antici-pamos o agradecemento a todos os quedecidades colaborar.

Page 2: Páxinas Informativasmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2010_MPG web2.pdfCon motivo da saída do número 5 da revis - ta Adra, os representantes dos socios con - vocamos unha

novembro / 2

DEpartaMEnto DE consErVación

• Debuxos de Lobeiraplumillas de xurxo Lorenzo – fotografías de Mark ritchie

10-28 de novembro

• Sierra Leona, guerra y pazfotografías de gervasio sánchez

9-26 decembro

Organiza: Seminario Galego de Educación para a Paz

Coincidindo coa celebración en Compos-tela do Foro Mundial da Educación, oMuseo do Pobo Galego colabora co Semi-nario Galego de Educación para a Pazpresentando esta exposición.

Entre 1999 e 2004 Serra Leoa viviu unhaatroz guerra civil de dramáticas conse-cuencias para a poboación civil, particu-larmente os nenos e nenas, que foronrecrutados como soldados e escravassexuais. Los intereses económicos deri-vados das explotacións de diamantes eda venda de armas mantiveron viva aguerra durante máis dunha década, colo-cando a Serra Leoa no último chanzo dapobreza. En Sierra Leona. Guerra y Paz, omisioneiro xaveriano Chema Caballero eo fotoxornalista Gervasio Sánchez, a tra-vés de documentos gráficos e orais,amosan o testemuño das vítimas daque-la guerra, os seus esforzos por rehabili-tarse e as esperanzas suscitadas poloproceso de paz.

A exposición realizada pola FundaciónVicente Risco exhibirase no Museo do PoboGalego durante o mes de novembro.

Xurxo Lorenzo (1910-1934) foi unha prome-sa malograda. Como seu irmán Xaquín, ini-ciouse moi cedo no galeguismo e na culturano círculo das tertulias de Vicente Risco.Autor dunha intensa, se breve, obra arqueo-lóxica e etnográfica, unha septicemia aca-bou coa súa vida en Zaragoza, a onde a

represión antigaleguista dalgúns sectores daUniversidade de Santiago nos anos da inme-diata preguerra levara os irmáns Lorenzo.

Nestes debuxos, Xurxo “dá en pousar o seumelancólico ollar nas ciclópeas formaciónspétreas e nas serras que circundan Lobei-ra” (Xulio García Golpe). E na arquitectura,nos cruceiros, nos petos de ánimas... Asfotografías de Mark Ritchie actualizan asúa visión.

Durante o último trimestre do ano conta-mos coa presenza dunha conservadora-restauradora de arqueoloxía en prácticas.María del Carmen Conde López é alumnada Escola Superior de Conservación e Res-tauración de Bens Culturais de Galicia (Pon-tevedra). Esta é a primeira vez que se esta-blece entre a Escola e o Museo un compro-miso de colaboración desta natureza.

As tarefas das que se ocupa a restaurado-ra xiran en torno á conservación preventi-va, establecendo unha diagnose das pezasdo fondo, co fin de determinar os trata-mentos necesarios para atallar os proce-sos de alteración que se atopen activos,diminuíndo así os riscos de deterioro dascoleccións. Este labor permitirá fixar,segundo a urxencia e intensidade dosmesmos, a orde de prioridade dos trata-mentos, que deberán realizarse en labora-torios de restauración alleos ao Museo.

actiViDaDEs Do MusEo

Exposicións

Page 3: Páxinas Informativasmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2010_MPG web2.pdfCon motivo da saída do número 5 da revis - ta Adra, os representantes dos socios con - vocamos unha

novembro / 3

Para o tramo final do ano o DEAC ten programadas as seguintes actividades:

• xoves 11 de novembro, 18h30, Café da memoria “Mulleres do Mar”

• venres 17 de decembro, 19h00, compañía de títeres Viravolta coa presentación de “Cando chove e raia o sol…”.

Máis información sobre o espectáculoen www.viravoltatiteres.com

DEpartaMEnto DE EDucación E acción cuLturaL

Veñen de saír do prelo dúas novas entre-gas da serie Alicerces, que fan os núme-ros 18 e 19.

O primeiro, titulado Luís Seoane, teórico dodeseño gráfico, conmemora o centenariodo nacemento do pintor, que foi membrofundador do noso Padroado. A edición, aocoidado de Xosé Ramón Fandiño e GloriaLópez, recolle seis artigos de Seoane refe-ridos á súa faceta de editor e artista gráfi-co. Agradecemos á Fundación Luís Seoanea autorización para publicar esta escolma.

O número 19 recolle a versión en galego doopúsculo de Antonio López Ferreiro, As tra-dicións populares arredor do sepulcro doApóstolo Santiago. Neste caso, a edicióncelebra o centenario do pasamento docóengo e historiador compostelán. En con-secuencia coa finalidade da serie, escolleu-se para este número un texto particular-mente raro do autor, do que o orixinal obrana Biblioteca do Instituto “Padre Sarmiento”de Estudos Galegos – CSIC, que vai introdu-

cido por un texto do prof. Fernando AcuñaCastroviejo, vicepresidente do Museo.

As dúas publicacións distribuiranse enbreve entre os patróns e socios do Museo.

puBLicacións

Viravolta. “Cando chove e raia o sol…”

Page 4: Páxinas Informativasmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/NOVEMBRO 2010_MPG web2.pdfCon motivo da saída do número 5 da revis - ta Adra, os representantes dos socios con - vocamos unha

Con fondo pesar damos conta do falece-mento de tres socios, os señores Enriqueiglesias conde, raúl souto castelo efernando Baltar tojo. Desde estas páxi-nas expresamos a condolencia do colecti-vo do Museo ás respectivas familias.

novembro / 4

conVocatorias

En cumprimento do acordo da Asemblea de Socios de maiopasado, reiteramos a petición a quen dispoñan de correoelectrónico de se inscribiren na lista de distribución decomunicacións, enviando o enderezo de contacto á Adminis-tración, [email protected]

O propósito desta petición é triplo: manter unha relaciónasidua co colectivo de Socios, difundindo por este mediounha información máis ampla e puntual, economizar no usode papel e custes de expedición, e simplificar o traballoadministrativo.

Hai agora tres anos, o Instituto de Estudosdas Identidades do Museo do Pobo Galegoconvocou un encontro de presentación doproxecto Sons e Voces da Identidade.Neste tempo, puxéronse a andar os traba-llos e hoxe o Arquivo do Patrimonio Oralda Identidade é unha realidade en desen-volvemento, que podedes seguir na páxinawww.apoi-mpg.org

Como hai tres anos, o noso propósito aofacer esta convocatoria é triplo:

1. Dar a coñecer os aspectos máis rele-vantes do proxecto Sons e Voces daIdentidade e os resultados acadadosno seu desenvolvemento, directamen-te da man dos seus autores.

2. Invitar as persoas interesadas que dis-poñan de rexistros sonoros suscepti-bles de se incorporar ao APOI a quefagan novas contribucións.

3. Recoller as suxestións e críticas queoutros especialistas poidan achegar-nos, tanto respecto do traballo queactualmente temos en execución nocampo do patrimonio musical, comoda nova fase que estamos por acome-ter para incorporar ao Arquivo doPatrimonio Oral da Identidade mate-riais doutra índole.

A sesión celebrarase no Museo xoves 11de novembro ás 18h00.

rEcorDatorio: Lista DE DistriBución

En cumprimento do establecido na L.O. 15/1999, do 13 dedecembro, de protección de datos de carácter persoal, comunica-mos que os datos que se nos faciliten serán incorporados e trata-dos de forma confidencial no ficheiro de titularidade do Padroadodo Museo do Pobo Galego, denominado SOCIOS, coa finalidade dexestión de doazóns e de remitir información sobre as actividadesdo Museo. Para o exercicio dos dereitos de acceso, rectificación,cancelación ou oposición dos seus datos de carácter persoal, osinteresados deberán dirixirse á administración do Museo, SanDomingos de Bonaval, 15703 Santiago de Compostela.

protEcción DE Datos

noticias con noME propio

paraBÉns

nEcroLóxicas

ii xornaDa DE Encontro E prEsEntación Do proxEctoSons e Voces da Identidade

Esta Mostra, coa que o Museo colabora, éo único festival especializado neste xéne-ro no estado español. Organizado polaComarca de Sobrarbe e o Centro de Estu-dios de Sobrarbe vai celebrar a súa nove-na edición do 1 ao 10 de abril de 2011 en

Boltaña (Huesca). O prazo para presentardocumentais á sección oficial finaliza o 15de novembro de 2010 e para o premioescolar o 1 de febreiro de 2011.

Máis información: www.espiello.com

prEsEntación DE DocuMEntais aos prEMios“ESPIELLO”,Muestra de Documental Etnográfico de Sobrarbe

O patrón Manuel gallego Jorreto foidistinguido pola Fundación Curros Enrí-quez e o Concello de Celanova co premioCelanova Casa dos Poetas 2010 “polasúa contribución á dignificación da cultu-ra galega e de Galiza dende un ámbito tancomplexo e mesmo tan ensarillado nonoso ser social como é a arquitectura”.

Manuel caamaño suárez, tamén patróne vocal da Xunta Reitora, recibiu a meda-lla de prata de da Asociación Amigos doCastelo de Maceda, Setestrelo, “pola súacontribución a crear no País un clima pro-picio para a recuperación dos nosos valo-res arquitectónicos tradicionais”.

Outro patrón, o Dr. Luciano garcíaalén, vén de recibir a medalla de honorda Academia Médico-Cirúrxica de Santia-go de Compostela, que vén recoñecer asúa traxectoria facultativa no ámbito daxinecoloxía e a súa contribución á propiaAcademia, da que foi vicepresidente.

A todos tres, cordiais parabéns do colec-tivo de patróns e socios do Museo doPobo Galego.