primaria ciencias sociais...primaria o libro ciencias sociais para o 3.o curso de primaria é unha...

32
PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3. o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo. Na súa elaboración participou o seguinte equipo: TEXTO E EDICIÓN Mar García González ILUSTRACIÓN Jorge Arranz Digitalartis Eduardo Leal Quino Marín José Luis Navarro Marcelo Pérez Dina Sánchez Bartolomé Seguí DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIA Maite López-Sáez Rodríguez-Piñero As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemas e outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno. Ciencias Sociais 3

Upload: others

Post on 23-Jan-2021

14 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

PRIM

AR

IA

O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas de Santillana Educación, S. L. / Edicións Obradoiro, S. L., dirixido por Teresa Grence Ruiz e Ana M.ª Guerra Cañizo.

Na súa elaboración participou o seguinte equipo:

TEXTO E EDICIÓN Mar García González

ILUSTRACIÓN Jorge Arranz Digitalartis Eduardo Leal Quino Marín José Luis Navarro Marcelo Pérez Dina Sánchez Bartolomé Seguí

DIRECCIÓN DO PROXECTO Lourdes Etxebarria Orella

DIRECCIÓN E COORDINACIÓN EDITORIAL DE PRIMARIAMaite López-Sáez Rodríguez-Piñero

As actividades deste libro non deben ser realizadas en ningún caso no propio libro. As táboas, esquemase outros recursos que se inclúen son modelos para que o alumnado os traslade ao seu caderno.

Ciencias Sociais3

Page 2: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas
Page 3: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Presentación do proxecto

Saber Facer fai catro anos. É un proxecto de éxito, pero como a realidade educativa é cambiante, chegou o momento de actualizalo. Por iso naceu Saber Facer Contigo.

Saber Facer Contigo incorpora importantes innovacións metodolóxicas e pedagóxicas que os docentes nos reclamaron para a súa práctica educativa, de aí o seu nome. O obxectivo primordial é desenvolver no alumnado as capacidades imprescindibles para os futuros cidadáns e cidadás do século XXI:

As habilidades de comunicación

A comunicación é un dos eixes esenciais do proxecto. A través de diferentes programas, presentes en todas as áreas, trabállanse as destrezas comunicativas:

– Tempo para falar. Comunicación oral.

– Tempo para ler. Competencia lectora.

– Tempo para escribir. Comunicación escrita.

As destrezas de pensamento

Aprender a pensar e desenvolver o razoamento lóxico son outros dos eixes de Saber Facer Contigo. Para isto trabállanse as estratexias e rutinas que cómpren para lograr unha aprendizaxe autónoma e eficaz, co obxectivo de que os alumnos e as alumnas adquiran habilidades de pensamento de orde superior:

– Fortalecer a comprensión e sintetizar as ideas máis importantes.

– Reter e lembrar a información.

– Relacionar coñecementos entre si.

A interiorización destas estratexias e rutinas facilitará o control do pensamento e unha maior eficacia á hora de aplicar os novos coñecementos. Ao longo das unidades inclúese unha sección destinada ao adestramento do pensamento, que se destaca cun sombreiro de cor azul.

A intelixencia emocional

A educación das emocións é esencial para a educación integral do alumnado. Os obxectivos fundamentais que se establecen en Saber Facer Contigo versan sobre estes aspectos:

– A identificación das emocións propias e alleas.

– A autoxestión e a regulación emocional.

– A expresión das emocións.

– As habilidades sociais e a empatía.

Un sombreiro de cor vermella enmarca as actividades e propostas encamiñadas de forma específica ao desenvolvemento da intelixencia emocional.

3

Page 4: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

A creatividade

A creatividade implica ter unha imaxinación viva, ser quen de adaptarse a diferentes contextos e dar respostas orixinais a situacións ou problemas inesperados. Nos nosos libros trabállanse basicamente estas capacidades:

– A busca de estratexias persoais e innovadoras.

– A utilización de formas creativas de expresión.

As actividades que implican poñer en xogo a creatividade de xeito especial identifícanse cun sombreiro de cor verde.

O traballo cooperativo

Co obxectivo de que os alumnos e as alumnas desenvolvan a súa capacidade de cooperar e sexan capaces de traballar xuntos para alcanzar un obxectivo común, neste proxecto propóñense actividades que requiren diferentes niveis de agrupación:

– Traballo por parellas.

– Traballo en equipo.

– Traballo en grupo-clase.

Estas actividades identifícanse con distintas iconas.

Ademais, ao acabar cada trimestre inclúese un pequeno proxecto denominado Cooperamos, en que se poñen en xogo diferentes técnicas de aprendizaxe cooperativa.

A autorregulación da aprendizaxe

En Saber Facer Contigo o alumnado ten un papel activo no proceso de ensinanza e promóvese a reflexión persoal sobre a súa propia aprendizaxe, para mellorar o coñecemento de si mesmos e poder detectar fortalezas e debilidades.

Ao longo das unidades inclúense pequenas rúbricas para que os alumnos e as alumnas tomen conciencia do que aprenderon e valoren como o fixeron.

Por último, atendendo aos últimos avances da neurociencia, Saber Facer Contigo incorpora unha proposta de GAMIFICACIÓN para activar a emoción e a curiosidade do alumnado, grandes pancas da aprendizaxe. No proxecto ofrécense dinámicas propias do xogo que axudarán a transformar a aula, creando un ambiente estimulante e motivador.

4

Page 5: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Comezamos .............................................................. 9

Unidade 1. Necesitamos a auga e o aire ............... 13

Unidade 2. As paisaxes que nos arrodean ............. 31

Cooperamos ............................................................ 50

MiniLab .................................................................. 52

Unidade 3. O lugar onde vivimos .......................... 53

Unidade 4. En que traballan as persoas? ............... 69

Cooperamos ............................................................ 88

MiniLab .................................................................. 90

Unidade 5. A Terra, un planeta único .................... 91

Unidade 6. Somos detectives do pasado ............. 105

Cooperamos .......................................................... 122

MiniLab ................................................................ 124

Índice

5

Page 6: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Cadro de contidos

Unidades Información e actividades

Comezamos Como se representa a Terra?

Saber orientarnos

1. Necesitamos a auga e o aire

Como é a auga? O ciclo da auga Estamos rodeados de aire

2. As paisaxes que nos arrodean

Descubrimos as paisaxes

Así son os relevos de costa

Así son os relevos de interior

Cooperamos. 1.º trimestre Técnica 1-2-4: Propoñemos solucións para coidar as paisaxes

MiniLab Constrúo unha andavía

3. O lugar onde vivimos Así son as aldeas e as vilas

Así son as cidades

O goberno do municipio

4. En que traballan as persoas?

Traballamos na natureza

Traballamos en fábricas e en obradoiros

Como é a industria?

Cooperamos. 2.º trimestre Cabezas juntas numeradas: Acordamos unha posición común sobre a vida nas aldeas e nas vilas e cidades

MiniLab Preparo un sementeiro

5. A Terra, un planeta único A Terra, un planeta do sistema solar

A Terra móvese

Como é a Terra?

6. Somos detectives do pasado

Como investigamos o pasado?

A medida do tempo

Como organizamos o pasado?

Cooperamos. 3.º trimestre Lectura compartida: Comentamos un descubrimento histórico

MiniLab Constrúo un telescopio

6

Page 7: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Información e actividades Tempo para ler Saber facer

Os fenómenos atmosféricos

Tempo e clima non son o mesmo

Coidemos a atmosfera!

Como chega a auga aos fogares?

Realizo un experimento coa auga

Como se representa o relevo nun mapa?

A auga nas paisaxes

Así son os ríos O lugar máis bonito do mundo

Describo o curso dun río

Os servizos municipais

Circulamos con seguridade

Dereitos para a infancia

Interpreto o plano dunha localidade

Traballamos nos servizos

Compramos e vendemos

O transporte e o turismo

Unha chamada que salva vidas

Un plan de evacuación

Elaboro o esquema dun proceso industrial

Descubrimos as caras da Lúa

A exploración espacial

Elaboro un modelo do sistema solar

Da Prehistoria ao tempo dos castelos

Da época dos castelos á actualidade

Altamira, Patrimonio da Humanidad

Obteño información de fotografías

Unidades Información e actividades

Comezamos Como se representa a Terra?

Saber orientarnos

1. Necesitamos a auga e o aire

Como é a auga? O ciclo da auga Estamos rodeados de aire

2. As paisaxes que nos arrodean

Descubrimos as paisaxes

Así son os relevos de costa

Así son os relevos de interior

Cooperamos. 1.º trimestre Técnica 1-2-4: Propoñemos solucións para coidar as paisaxes

MiniLab Constrúo unha andavía

3. O lugar onde vivimos Así son as aldeas e as vilas

Así son as cidades

O goberno do municipio

4. En que traballan as persoas?

Traballamos na natureza

Traballamos en fábricas e en obradoiros

Como é a industria?

Cooperamos. 2.º trimestre Cabezas juntas numeradas: Acordamos unha posición común sobre a vida nas aldeas e nas vilas e cidades

MiniLab Preparo un sementeiro

5. A Terra, un planeta único A Terra, un planeta do sistema solar

A Terra móvese

Como é a Terra?

6. Somos detectives do pasado

Como investigamos o pasado?

A medida do tempo

Como organizamos o pasado?

Cooperamos. 3.º trimestre Lectura compartida: Comentamos un descubrimento histórico

MiniLab Constrúo un telescopio

7

Page 8: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Símbolos utilizados neste libro

Sombreiros de cores

Sinala as actividades en que traballarás xunto co teu compañeiro ou compañeira.

Para realizar estas actividades, terás que traballar en equipo.

É o sombreiro do pensamento. Halo poñer para reflexionar e sacar conclusións.

É o sombreiro da creatividade. Con el poñerás en xogo a túa imaxinación para achegar ideas orixinais.

É o sombreiro das emocións. Halo usar para expresar o que sentes e para te poñer no lugar dos demais.

PENSAMENTO

CREATIVIDADE

EMOCIÓNS

8

Page 9: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Que fan estes nenos e nenas? Onde están? En que estación do ano cres que se encontran?

Que actividades realizaches este verán? Fuches de excursión a un lugar parecido ao da imaxe?

Como te sentes cando estás na natureza?

Para que levarías un mapa a unha excursión?

Comezamos

9

Page 10: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Como se representa a Terra?

O globo terráqueo

Representa a Terra sobre unha esfera, que é a forma que ten.

OCÉANOPACÍFICO

OCÉANOATLÁNTICO

OCÉANO GLACIAL ÁRTICO

OCÉANOPACÍFICO

OCÉANOÍNDICO

OC ÉA NO G LA C IAL A NTÁ RTIC O

ecuador

898545_00_p10_planisferio �sico

A Terra é o planeta en que vivimos. Para estudala mellor temos que representala. Os globos terráqueos e os mapas son representacións do noso planeta en pequeno.

1 Escribe no caderno se as seguintes afirmacións se refiren ao globo terráqueo, ao mapa ou a ambos os tipos de representación.

• Mostra como se dispoñen os continentes e océanos na Terra.

• Parécese á forma real da Terra.

• Permite ver todos os continentes á vez.

• É máis fácil de transportar cando imos de viaxe.

2 TEMPO PARA FALAR. Explicade as vantaxes e os inconvenientes de cada un dos tipos de representación. Por exemplo:

Vantaxes: o mapa é máis práctico para levar de viaxe.

ACTIVIDADES

1. Mapamundi.

O ecuador é unha liña imaxinaria que divide a Terra en dúas metades: o hemisferio norte e o hemisferio sur.

O mapa

Representa a superficie terrestre sobre un plano.

Un mapa é coma se desenrolásemos a esfera da Terra e a estirásemos despois.

Polo norte

Polo sur

10

Page 11: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Comezamos

Non todos os mapas son iguaisOs mapas poden representar toda a superficie da Terra ou parte dela. Se mostran toda a superficie terrestre chámanse planisferios ou mapamundis. (1)

Villa de Mazo

Tijarafe

Tazacorte

Santa Cruzde La Palma

San Andrésy Sauces

PuntallanaPuntagorda

ElPaso

Garafía

Fuencalientede La Palma

Breña Baja

Barlovento

Breña Alta

Los Llanosde Aridane

O C É A N OAT L Á N T I C O

644537_U03_p007_h2_político La Palma

LA PALMA

Roque de losMuchachos

2.428 m

Santa Cruzde La Palma

Caldera deTaburiente

Punta de Fuencaliente

Punta de Rabisca

Cumbre Vieja1.945 m

Volcán de Teneguía439 m

OCÉANOATLÁNTICO

644537_U03_p07_h1_relieve La Palma

LA PALMA

Barra

ncode

las Angus

tias

Barran co de

los No gales

Os mapas físicos mostran elementos da natureza: montañas, chairas, ríos, cabos…

Utilizan cores para representar as distintas alturas do relevo.

Os mapas políticos representan entidades políticas: países, comunidades autónomas, cidades…

Informan da súa localización, forma, tamaño e fronteiras.

Os mapas temáticos mostran, mediante cores ou símbolos, un aspecto nun territorio.

Por exemplo, o tempo, a cantidade de poboación, a súa vexetación…

3 Observa o mapa e responde no caderno.

• É un planisferio? Por que o sabes?

• Que tipo de mapa é: físico, político ou temático? Por que?

ACTIVIDADES

F R ANC I A

PO

RTU

GA

L

ANDORRA

MAR ROCOS

898545_00_p11_h04_espana_politico

Mar Mediterráneo

OC

ÉAN

O A

TLÁ

NTI

CO

CeutaMelilla

GALICIA

PRINCIPADODE ASTURIAS

CASTELAE LEÓN

CASTELA--A MANCHA

ANDALUCÍA

CATALUÑA

ESTREMADURA

ARAGÓN

C. F. DENAVARRA

CANTABRIA

PAÍSVASCO

A RIOXA

ILLAS BALEARES

REXIÓNDE MURCIA

COMUNIDADEVALENCIANA

CANARIAS

COMUNIDADEDE MADRID

Mar CantábricoN

S

LO

11

Page 12: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Saber orientarnos

Observar onde se encontra o Sol

O Sol sae polo leste e ponse polo oeste. Por iso, se necesitas orientarte, fai o seguinte:

Nos mapas, a rosa dos ventos indica os puntos cardinais: o norte, o sur, o leste e o oeste. Nisto consiste a orientación, en saber onde se encontran os puntos cardinais.

Pero se non temos un mapa e necesitamos orientarnos, hai outros xeitos de facelo.

1 TEMPO PARA FALAR. Comenta cos teus compañeiros e compañeiras se coñecías estes instrumentos e para que os utilizaches.

ACTIVIDADES

Se ao amencer estendes a man dereita en dirección ao Sol, estarás apuntando o leste.

O sur quedará ás túas costas.

O norte teralo á fronte.

O oeste é o punto que queda á esquerda.

Consultar un compás ou un GPS

O compás é un instrumento parecido a un reloxo, pero en vez de números ten os puntos cardinais. A súa agulla xira e sinala sempre o norte.

O GPS é un sistema que nos indica en que lugar exacto nos encontramos.

FALTA FOTO

N

O S

L

N

S

LO

12

Page 13: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Tempo para falar

Que está facendo o neno da fotografía?

Xogaches algunha vez con burbullas de xabón? Gústache? Por que?

Que se necesita para facer burbullas de xabón? Que sucede cando tocas unha burbullas de xabón?

Necesitamos a auga e o aire

1

SABER FACER

Realizar un experimento coa auga

13

Page 14: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Os estados da augaA auga pode existir de tres maneiras diferentes, que se cha-man estados.

Como é a auga?

• É o vapor de auga, que é un gas que se encontra no aire e que non vemos.

• Non ten forma propia.

• Son o xeo, a neve e a sarabia.

• Ten unha forma determinada, como, por exemplo, unha pedra de xeo.

• É a auga que usamos para beber, lavarnos, nadar, regar…

• Non ten forma propia. Adopta a do recipiente que a contén.

Auga en estado líquido

Auga en estado sólido

Auga en estado gasoso

Realizade un mural co título A auga é un tesouro. Mostrade os distintos usos que facemos da auga as persoas, as plantas e os animais.

CREATIVIDADE

Coidamos a auga!

A auga doce e potable é escasa. Por iso, debemos usala de forma responsable:

• Aforramos auga cando pechamos a billa mentres cepillamos os dentes ou nos duchamos en vez de nos bañar.

• Mantemos a auga limpa se non botamos nela lixo ou residuos e se depuramos as augas xa utilizadas para que non contaminen os ríos e mares en que verten.

SABER MÁIS

14

Page 15: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

A auga cambia de estadoA auga pasa dun estado a outro cando cambia de temperatura.

Existen catro cambios de estado: a fusión, a evaporación, a condensación e a solidifi-cación.

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 1 e 7

1 Completa a táboa con exemplos.

2 VALORES. Algunhas persoas cren que, como o mar é grande e a súa auga é salgada, non importa botar lixo nel. Estades de acordo?

Auga en estado líquido …

Auga en estado sólido …

Auga en estado gasoso …

ACTIVIDADES

A auga existe en tres estados: líquido, sólido e gasoso. A auga pasa dun estado a outro se cambia de temperatura.

OBSERVA E DESCUBRE

• Que cambio de estado se produce se arrefrías a auga líquida?

• E se quentas a auga sólida?

Fusión: Paso do estado sólido ao líquido.

Solidificación: Paso do estado líquido ao sólido.

Condensación: Paso do estado gasoso ao líquido.

Evaporación: Paso do estado líquido ao gasoso.

Xeo Auga líquida Vapor de auga

15

Page 16: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Na natureza, a auga realiza unha longa viaxe circular en que cambia de estado moitas veces. Esta viaxe é o ciclo da auga e ten catro fases: (1)

O ciclo da auga

O ciclo da auga é o percorrido da auga dun lugar a outro e polo que vai cambiando de estado.

1 A evaporación

• O Sol quenta a auga do mar, dos ríos e dos lagos.

• Parte da auga líquida evapórase, é dicir, convértese en vapor e pasa ao aire.

2 A condensación

• O vapor de auga ascende, arrefría, condénsase e forma gotiñas de auga que crean as nubes.

• O vento despraza as nubes dun lugar a outro.

3 A precipitación

• Se as gotiñas das nubes se xuntan moito e forman gotas máis grandes, estas pesan máis e prodúcese a precipitación.

• Caen á terra en forma de chuvia, sarabia ou neve.

4 O retorno

• Unha parte da auga que cae chega aos ríos, que a devolven ao mar.

• Outra parte pasa a través das fendas das rochas e forma as augas subterráneas.

16

Page 17: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

OBSERVA E DESCUBRE

• Fíxate no debuxo. En que lugares da natureza se pode evaporar a auga?

• Onde se acumula a auga que cae en forma de neve?

• Como retorna ao mar a auga das precipitacións?

• Para que serve o pozo que aparece no debuxo?

1. O ciclo da auga na natureza.

1 Evaporación

4 Retorno

2 Condensación

3 Precipitación

1 Experimentade co ciclo da auga.

• Un día solleiro, poñede un vaso con auga nunha ventá.

• Ao cabo dunhas horas, observade o que ocorreu. Escribide un texto para explicalo.

2 Poden as catro fases do ciclo da auga sucederse noutra orde distinta? Por que?

ACTIVIDADES

Augas subterráneas

Mar

Río

Nubes

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 10 17

Page 18: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Ademais de para respirarmos, os seres vi-vos necesitamos o aire para outros usos:

• Permite o voo dalgúns animais e apare-llos, como os paracaídas.

• Os sons viaxan a través do aire ata os nosos oídos.

• O osíxeno é imprescindible para que un material arda.

Como é o aire?O aire non ten cor nin sabor, pero ten outras propiedades:

O aire é necesarioO aire é unha mestura de gases esenciais para vivir. Os máis importantes son:

Estamos rodeados de aire

Pesa

Un balón pesa máis cando está inflado.

Ocupa un lugar

A auga só entra na botella se sae o aire.

Non ten forma

O aire adopta a forma do globo.

OBSERVA E DESCUBRE

• Ten o balón a mesma forma inflado e desinflado? Por que?

• Que formas adoptou o globo?

Osíxeno. Os seres vivos necesitámolo para respirar.

Nitróxeno. É o gas máis abundante no aire.

Outros gases:

• Dióxido de carbono. Prodúceno os seres vivos ao respirar. Tamén está no fume dos coches, nas fábricas, nos incendios…

• Vapor de auga. É a auga en estado gasoso.

18

Page 19: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 8

1 TEMPO PARA ESCRIBIR. Enumera os gases máis importantes do aire. Escribe unha característica de cada un.

2 Que lle ocorre a unha candea acesa se a tapamos cun vaso? Por que?

3 Explica o que é a atmosfera, as partes que ten e por que é importante.

O aire é unha combinación de gases. A atmosfera é a capa de gases que envolve a Terra.

A atmosfera arrodea a TerraA atmosfera é unha capa de gases que arrodea a Terra. Protexe o planeta, porque impide que arrefríe moito durante a noite e que queza en exceso durante o día.

Na atmosfera distínguense varias partes: a troposfera e a estratosfera.

Na parte máis próxima á superficie terrestre, prodúcense os fenómenos atmosféricos.

Nas partes máis altas, apenas hai osíxeno. Aquí encóntrase a capa de ozono, que nos protexe dos raios solares.

Troposfera

Estratosfera

ACTIVIDADES

19

Page 20: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

A brisa é un vento moi suave.

O vendaval é un vento forte.

O furacán é un vento moi forte.

Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na at-mosfera. Hai distintos tipos de fenómenos atmosféricos:

Os fenómenos atmosféricos

O vento

É o aire en movemento. Segundo a súa intensidade, hai varios tipos:

As precipitacións

É a auga que cae das nubes. Pode caer en formas diferentes:

A chuvia é auga en forma de gotas líquidas.

A neve é auga en forma de folerpas.

A sarabia é auga en forma de boliñas de xeo.

As tormentas

Teñen descargas e léc t r icas , os raios; unha parte luminosa, o lós-trego, e outra sonora, o trono.

O arco da vella

Fórmase cando a luz do sol atra-vesa as gotas de chuvia.

20

Page 21: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

Como se forman as nubes?As nubes son tamén un fenómeno atmosférico. Fórmanse así:

• Cando o Sol quenta, unha parte da auga dos mares, ríos e lagos evapórase.

• Así, o vapor de auga pasa ao aire.

• Cando baixa a temperatura, o vapor condén-sase en pequenas gotiñas de auga que, ao unirse, forman as nubes.

Hai nubes con tamaños e formas diferentes:

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 4, 5, 6 e 11

1 Copia no caderno o esquema e complétao.

2 TEMPO PARA FALAR. Explica como se forman as nubes.

ACTIVIDADES

As nubes grises e irregulares poden traer chuvias.

As nubes altas como pinceladas brancas non adoitan provocar chuvias.

As nubes brancas e esponxosas vense en días de tempo cálido.

Os fenómenos atmosféricos son sucesos naturais que ocorren na atmosfera. Son, por exemplo, o vento, as precipitacións, as tormentas, o arco da vella…

… … …

Fenómenos atmosféricos

… …… …… …

… …

OBSERVA E DESCUBRE

• Fíxate nas imaxes do vento da páxina 20. Sopra en todos os casos na mesma dirección?

• Describe como é o arco da vella.

• Observa como está hoxe o ceo. Hai nubes? Parécense ás destas fotografías?

21

Page 22: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

O tempo atmosféricoCando miramos o ceo para saber que rou-pa poñer, estamos observando a tempera-tura, a humidade e o vento que hai na at-mosfera. É dicir, observamos o tempo que vai.

O tempo atmosférico é o estado da at-mosfera nun lugar e nun momento determi-nados. Cambia coas estacións, e incluso cada día: uns días chove, outros está sollei-ro, algúns sopra o vento…

Como medimos o tempo?Algúns instrumentos axúdannos a medir os datos do estado da atmosfera.

Tempo e clima non son o mesmo

OBSERVA E DESCUBRE

• Describe o tempo atmosférico neste lugar.

O termómetro

Mide a temperatura do aire.

O anemómetro e o catavento

O anemómetro mide a velocidade con que sopra o vento.

O catavento indica a dirección do vento.

O pluviómetro

Mide a cantidade de auga das precipitacións que caen nun lugar.

O barómetro

Mide a presión atmosférica, é dicir, o peso do aire sobre a superficie terrestre.

22

Page 23: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividades 2 e 3

1 En que se diferencian o tempo e o clima? Compara.

O tempo atmosférico é…, mentres que o clima é…

2 TEMPO PARA FALAR. Explica como é o tempo neste lugar: o pluviómetro non recolleu auga, o termómetro marca unha temperatura alta e o anemómetro non se moveu.

ACTIVIDADES

O climaO clima é o tempo atmosférico que predomina nun lugar ao longo dos anos. Depende fundamentalmente das tempera-turas e das precipitacións.

O tempo atmosférico é o estado da atmosfera nun lugar e nun momento determinados. O clima é o tempo que adoita ir nun lugar ao longo de varios anos.

O clima das zonas de montaña

As temperaturas son baixas e as precipita-cións son frecuentes e en forma de neve no in-verno.

O clima das zonas de costa

Caracterízase porque ten unhas temperatu-ras suaves ao longo de todas as estacións do ano.

O clima das zonas de interior

Ten temperaturas al-tas durante o verán e baixas no inverno. As precipitacións son es-casas.

23

Page 24: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Os climas da Terra

Os climas cálidos

Danse nas zonas cálidas, con temperaturas altas todo o ano e chuvias frecuentes. Por iso hai selvas con moita vexetación. Ao afastarse do ecuador hai sabanas, con menos vexetación.

Os climas temperados

Danse nas zonas temperadas. Teñen temperaturas intermedias. Nalgúns sitios chove moito e noutros, pouco. Nestas zonas medran bosques e pradarías.

Os climas fríos

Danse nas zonas polares e nas altas montañas. Vai frío todo o ano. Chove moi pouco e adoita ser en forma de neve. Hai moi pouca vexetación, só medra a tundra.

Factores que inflúen no climaO clima non é igual en todos os lugares da Terra. Hai climas moi diferentes segundo onde se encontre cada lugar. Esas diferenzas dependen duns factores:

• A proximidade ao ecuador. Canto máis preto do ecuador, maior temperatura. Por iso se distinguen varias zonas cli-máticas: unha zona cálida, arredor do ecuador, dúas zonas temperadas, ao norte e ao sur da zona cálida; e dúas zo-

nas frías, nas zonas dos polos. (1)

• A altura. Nas montañas vai máis frío ca nas zonas baixas.

• A distancia ao mar. Na costa as temperaturas son máis suaves ca nas zonas de interior.

Os climas da Terra Por todo isto na Terra hai diferentes climas que se poden agrupar en tres grupos: climas cálidos, climas fríos e climas temperados. Cada clima ten unha vexetación característica.

ECUADOR

zona fría

zona temperada

zona temperada

zona fría

zona cálida

1. As zonas climáticas da Terra.

24

Page 25: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 9

1 Cita e explica os factores que inflúen no clima.

2 Que tres grandes climas se dan na Terra? Que zonas do planeta lle corresponden a cada un deles?

3 Como son as temperaturas e as precipitacións de cada zona climática? Que tipos de paisaxes se dan en cada zona segundo a súa vexetación?

ACTIVIDADES

Para coñecer o tempo atmosférico o mellor é consultar un mapa do tempo. Esta ferramenta é útil para as persoas que van viaxar, para os labregos e as labregas e para calquera que queira saber que tempo vai ir.

Os mapas do tempo utilizan debuxos sinxelos que representan os fenómenos atmosféricos previstos. Pero… en que elementos temos que fixarnos para coñecer o tempo atmosférico? Nas temperaturas, que veñen en graos Celsius, nas precipitacións e os ventos, que se expresan con diferentes debuxos. Por exemplo, a neve é ; e o vento frouxo, .

SABER MÁIS

PRINCIPADODE ASTURIAS

CASTELA E LEÓN

PORTUGAL

667545_03_p37_mapa_tiempo_Galicia

0 30

quilómetros

Escala

N

S

LO sol

nubes

chuvia

tormenta

nubes e claros

vento frouxo

vento forte

neve

mín. máx

14 2

mín. máx

12 2

Santiago• mín. máx

11 2

Lugo•

Ourense•

mín. máx

13 3

mín. máx

16 1

Vigo •

Pontevedra•

mín. máx

13 3

A Coruña•

25

Page 26: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

Coidemos a atmosfera!

Por que se ensucia o aire?O aire contamínase por diferentes razóns: (1)

• Causas artificiais. As persoas ensuciamos o aire cos fu-mes das fábricas ou dos vehículos, por exemplo.

• Causas naturais. Algúns sucesos da natureza, como os gases que expulsa un volcán, tamén contaminan o aire.

A contaminación é prexudicialA contaminación do aire ocasiona problemas:

• Provócalles enfermidades ás persoas e aos animais.

• Dana as plantas e pode destruír extensos bosques.

• Inflúe no aumento da temperatura do planeta. Os científi-cos cren que isto está provocando un cambio no clima da Terra.

• Deteriora os monumentos.

OBSERVA E DESCUBRE

• Clasifica as imaxes desta páxina en contaminación por causas naturais ou artificiais.

1. A contaminación do aire prodúcese por causas artificiais e naturais.

A

C

B

D

Cando o aire se enche de fume, cinsas ou gases prexudiciais para a saúde, dicimos que está contaminado.

26

Page 27: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

Que facemos para coidar a atmosfera?

O aire contamínase por causas artificiais e por causas naturais. Entre todos, debemos axudar a manter a atmosfera limpa.

1 TEMPO PARA FALAR. Que danos causa a contaminación atmosférica? Cal vos parece máis grave?

2 Describe un percorrido que fagas frecuentemente e que poidas realizar sen utilizar o coche.

3 VALORES. Ti reciclas? Explica como o fas.

ACTIVIDADES

COMPROBO O MEU PROGRESO. Actividade 10

Reciclar

Reciclar o plástico, o papel ou o vidro evita a contaminación que produce fabricalos.

Aforrar electricidade

As centrais eléctricas emiten fume para producir electricidade. Apagar as luces se non as necesitamos ou usar lámpadas de baixo consumo contribúen a aforrar enerxía.

Utilizar menos o automóbil

A bicicleta e o transporte público contaminan menos.

Coidar a natureza

Conservar os bosques axuda a que as plantas produzan o osíxeno que necesitamos.

VEXO-PENSO-PREGÚNTOME

Que ves?

Que pensas?

Que preguntas te fas?

PENSAMENTO

27

Page 28: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

1

1 Explica o que son a auga doce e a auga potable. Escribe tres usos para os que é imprescindible a auga potable.

2 TEMPO PARA FALAR. Ordena estes pasos e explica como chega a auga ata as nosas casas.

• Acumular a auga.

• Distribuír a auga polos fogares.

• Potabilizar a auga.

3 Pensade e escribide varias formas para aforrar auga no colexio.

4 VALORES. Que lle dirías á persoa que botou lixo neste río?

TEMPO PARA LER

Como chega a auga aos fogares?

Para conseguir que a auga chegue ás nosas casas é necesario construír algunhas instalacións.

A auga que utilizamos procede principalmente dos ríos. Recóllese nos encoros (A) e condúcese por unha rede de tubos ata unhas instalacións (B) onde se prepara para que sexa potable, é dicir, para que a poidamos beber.

Nas plantas potabilizadoras, a auga fíltrase, elimínanse as impurezas e engádeselle cloro en pequena cantidade. Desde alí, distribúese a través de tubaxes ata as casas. (C) Así, cando abrimos a billa, sae limpa.

Unha vez utilizada, a auga chega aos sumidoiros e pasa a unha planta depuradora. (D) Alí fíltrase, límpase e devólvese aos ríos. (E)

B

A

E

D

C

28

Page 29: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

SABER FACER

1 Enche dous vasos de auga: un da billa da auga fría e outro da billa da auga quente. (A)

2 Introduce dúas pedras de xeo en cada vaso e pon en marcha o cronómetro. (B)

3 Copia a táboa no caderno e anota o tempo que tardan en derreterse totalmente as pedras de cada vaso.

fAuga

quenteAuga fría

Tempo que tarda o xeo en derreterse

… …

4 Obtén conclusións.

• Por que se derreten en ambos os casos as pedras de xeo?

• Como afecta a temperatura ao tempo que tarda o xeo en derreterse?

• Que cambio de estado experimenta a auga?

5 TEMPO PARA FALAR. Pensade nun experimento, parecido ao anterior, para comprobar se a cantidade de xeo que se pon no vaso inflúe no tempo que este tarda en derreterse. Explicádelle ao resto da clase a vosa idea.

Realizo un experimento coa augaUn experimento serve para saber como funciona a natureza.

Necesitarás:

• Dous vasos grandes.

• Auga fría.

• Auga quente.

• Pedras de xeo.

• Un cronómetro.

A

B

Obxectivo do experimento:

Descubrir como inflúe a temperatura no tempo que tarda o xeo en derreterse.

1

29

Page 30: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

COMPROBO O MEU PROGRESO

3 PALABRAS CLAVE. Define estes conceptos no caderno.

4 Observa o ceo e fíxate no tempo que vai hoxe na túa localidade. Describe como son:

1 ESQUEMA. Copia e completa o esquema no caderno.

2 ESQUEMA. Copia e completa o esquema do tempo atmosférico no caderno.

atmosfera

nube

anemómetro capa de ozono

arco da vella clima pluviómetro

coñecese mediante

que mideque mideque mide que mide que mide

O tempo atmosférico

as temperaturas as precipitaciónso vento

xeo ……

fusión

… …

30

Page 31: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

15 Escribe no caderno o fenómeno atmosférico que representa cada

imaxe e explica en que consiste.

6 De que fenómeno atmosférico se trata en cada caso?

• Ten descargas eléctricas, luz e son.

• Produce precipitacións.

• Move o aire.

7 Fíxate nos debuxos.

• Es quen de ordenar correctamente os pasos?

• Despois, escribe unha oración para cada un que explique o que sucede.

• Por último, explica o cambio de estado que ocorre en cada caso e por que se produce.

A

C

B

D

C

A B

31

Page 32: PRIMARIA Ciencias Sociais...PRIMARIA O libro Ciencias Sociais para o 3.o curso de Primaria é unha obra colectiva concibida, deseñada e creada no Departamento de Edicións Educativas

9 Copia e completa no teu caderno o planeta coas zonas climáticas e completa as oracións.

• Os climas … danse arredor do ecuador. Neles medran selvas e sabanas.

• Os climas … danse ao norte e sur da zona cálida. Neles medran bosques e pradarías.

• Os climas … danse nos polos e nas altas montañas. Neles medra a tundra.

10 VALORES. Escribide unha carta dirixida ao alcalde ou á alcaldesa da vosa localidade. Propoñede medidas para evitar a contaminación atmosférica. Por exemplo, plantar máis árbores, un día sen coches…

11 TEMPO PARA FALAR. Describe o ciclo da auga.

8 Escribe para que serve o aire en cada caso.

COMO O FIXEN? Responde no caderno.

Que palabras novas aprendiches?

Saberías explicar por que son importantes o aire e a auga para a vida?

Que poderías mellorar no teu traballo?

Ponlle nota ao teu traballo nesta unidade.

CA B

COMPROBO O MEU PROGRESO

32