presentación de powerpoint - clúster alimentario de …12).pdf · as empresas participantes...

11
SEMANA DE PROMOCIÓN GASTRONÓMICA DE GALICIA EN MADRID 2017 1

Upload: hoangtu

Post on 27-Sep-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

SEMANA DE

PROMOCIÓN

GASTRONÓMICA

DE GALICIA EN

MADRID 2017

1

Page 2: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

A semana gastronómica de Galicia en Madrid

O Cluster Alimentario de Galicia está a organizar a semana da gastronomía galega en

Madrid para o vindeiro mes de novembro. O obxectivo do evento é promocionar

simultaneamente os produtos gourmet das empresas galegas no mercado local asociado a

súa orixe e ao seu valor culinario. A promoción da imaxe conxunta de Galicia coma orixe de

alimentos e bebidas auténticos, de alta calidade, naturais e sostibles.

As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a

coñecer os seus produtos e que os consumidores comproben de primeira man a calidade

dos mesmos, en paralelo á programación de actividades dirixidas a profesionais e a medios.

Os produtos serán presentados e utilizados en diversas preparacións polos restaurantes e

bares da zona, de xeito que se acaden algúns dos obxectivos:

✓ Mellorar o posicionamento dos seus produtos no mercado nacional

✓Difundir a imaxe de marca entre consumidores e restauradores de Madrid

✓Establecer relacións con empresas comercializadoras e distribuidoras na canle

HORECA de produtos galegos afincadas en Madrid

As actividades concentraranse no barrio de Malasaña e Conde Duque, uns dos barrios máis

concorridos de Madrid, onde conviven comercios tradicionais con novos locais destinados a

un público novo e foodies que buscan produtos auténticos, naturais e innovadores,

convertendo esta zona en lugar de referencia e visita obrigada para os amantes da

gastronomía.

2

Page 3: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

Programa de actividades para o público especializado e medios

Masterclass

En colaboración con Facyre e previo á celebración do evento, levarase a cabo unha actividade

na que os chefs e soumilleres participantes na acción desfrutarán dunha sesión formativa

consistente nun showcooking e cata respectivamente que os dotarán das ferramentas

necesarias para presentar unha oferta gastronómica de calidade, tanto para a elaboración de

menús galegos como para maridaxes harmoniosas cos viños presentes.

Encontro con bloggers e medios locais

Durante o primeiro día, realizarase un encontro con bloggers gastronómicos onde se

presentarán os produtos participantes e se darán instrucións de preparación e suxerencias de

presentación dos mesmos. Este encontro contará asemade coa presenza de medios de

comunicación especializados.

Actividades de difusión

O evento contará con unha imaxe propia deseñada a tal efecto e a actividade será publicitada

tanto en medios escritos como en redes sociais. Entre as actividades de publicidade,

entregaranse folletos na rúa informando do evento, do programa de actividades e das empresas

participantes. Asemade, entregarase material promocional facilitado polas empresas.

3

Page 4: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

4

Actividades en Bares

Concurso e ruta de tapas

Os bares inscritos dos barrios de Malasaña e Conde Duque participarán na actividade de

promoción encargándose da elaboración de tapas galegos, sempre utilizando como base os

produtos alimentarios das empresas galegas participantes.

Asemade, con esta tapa participarán no concurso de tapas cuxos xuíces serán os propios

clientes, aos que se lle facilitará un cartón para que puntúen as mesmas nos que se incluirán

os produtos e marcas participantes.

Recomendación de viños galegos

Durante os días da promoción, os bares recomendarán os viños galegos presentes na carta e

de acordo coa súa oferta gastronómica.

Paralelamente, os establecementos participantes expoñerán durante os días de duración da

promoción os produtos empregados, ou o material publicitario enviado pola propia empresa.

Actividades en restaurantes

Menús de pratos e cartas de viños galegos

Os restaurantes inscritos dos barrios de Malasaña e Conde Duque participarán na actividade

de promoción encargándose da elaboración de menus galegos, sempre utilizando como base

os produtos alimentarios das empresas galegas participantes. O menu galego terá un

destaque especial indicando as marcas dos produtos utilizados. Asemade contarán cunha

carta de viños galegos para acompañar os seus pratos.

Programa de actividades para o público xeral

Page 5: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

5

Actividades en locais de ocio

Os locais de ocio tamén participarán na acción a través da promoción dos produtos,

especialmente as bebidas, participantes na acción.

Showcooking e catas de viños

Cada un dos días do evento centrarase nun dos produtos de alimentación e bebidas:

conservas, queixos, embutidos, viño, etc. As asociacións e empresas terán a posibilidade de

participar activamente nas mesmas, a través de talleres de cociña, “showcooking” ou catas

guiadas para o cal se proporcionará un espazo habilitado ao efecto.

Segundo as empresas participantes, valorarase a posibilidade abrir a oferta gastronómica

cara “food-truck” ou similar.

Page 6: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

6

Entidades participantes

Vive Malasaña é a asociación de

comerciantes do barrio de Malasaña, que

recolle negocios de restauración así como

comercios locais.

A Asociación Vive Malasaña organiza diversas actividades de dinamización

dos comercios locais. En concreto é responsable de actividades como a

Semana dos Viños de Madrid ou Coctelsaña. O barrio de Malasaña é un dos

barrios históricos de Madrid, recoñecido polo Concello como zona turística e

situada ao lado da Gran Vía de Madrid. O barrio é un dos máis activos

culturalmente da capital con numerosas prazas onde se desenvolven diversas

actividades durante todo o ano

Espérase a participación duns 20 establecementos do barrio, entre os que

se atopan restaurantes, locais de ocio, panaderías.

Page 7: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

7

O Bar Restaurante Mundi, situado na rúa San Bernardino é un

pequeno restaurante céntrico. Dispón de zona de barra e de

comedor, dous tipos de ambiente, un orientado a tapas e outro a

menús. Asemade conta cunha carta de viños de máis de 60

referencias.

O Café Manuela, situado na rúa de San Vicente

Ferrer é un histórico local aberto en 1979. Esta

cafetería sirve de escenario de numerosos

eventos culturais como presentacións de libros.

Especializado en cafés e cócteles, ofrece tamén

a posibilidade de consumir tapas tradicionais.

La Parelela é unha cafetería situada na rúa Marques de Santa

Ana. A súa decoración cunha gran barra tradicional e un pequeno

salón. Aínda que a súa especialidade son os cócteles conta con

oferta de menú do día e selección de tapas, racións e viños.

Bares e restaurantes

O Bar Amor, situado na rúa Manuela Malasaña caracterízase pola

súa cociña de mercado que mestura receitas tradicionais con

pratos innovadores.

O establecemento ofrece menú do día onde destaca a calidade

dos ingredientes. Asemade, conta cunha extensa carta de viños. www.baramor.es

Page 8: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

8

O restaurante Babia Madrid, situado na rúa Cruz Verde.

Preséntase como cociña de fusión que xunta a tradición,

innovación e sabores de distintas partes do mundo. A súa carta

inclúe tanto menús como oferta de tapas, ofrece asemade

menús para vexetarianos e carta de viños e cervexas.

www.babiamadrid.com

O Restaurante Con dos fogones situado na rúa San

Bernardino, presenta unha cociña que xunta os sabores

tradicionais con ingredientes internacionais. Este colorista

restaurante dispón de zona de comedor onde prepara menús

diarios. Con respecto aos viños conta con varias referencias de

denominación de orixe galega.

www.condosfogones.com

El Café sin nombre que se atopa na rúa Conde Duque é unha

cafetería con encanto na que se levan a cabo eventos

culturais e que durante a noite se convirte nun local nocturno.

Cócteles, cafés, xeados e tartas caseiras teñen cabida neste

local madrileño.

www.strawberryfields.es

Strawberry Fields é un bar localizado na rúa Carranza. O local

defínese como un bar de tapas aínda que dispón de zona de

restaurante. O local foi o gañador da primeira Ruta de Tapas

de Malasaña, destacando a calidade da súa cociña

innovadora. Dispón tamén de carta de viños.

Page 9: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

9

Casa Filete, situado na rúa San Bernardino é un local de tapas

inaugurado en 2015 nun local con máis de 100 anos de tradición

no barrio. O bar destaca pola súa carta baseada nun produto de

calidade onde xunto cos filetes teñen cabida bocadillos gourmet,

tapas e menú do día.

La Tabernilla del gato Amadeus situado na rúa de Cristo, é un bar, no que destacan

as súas tapas tradicionais. Cunha tranquila terraza situada nunha rúa peonil

converteuse nun punto de encontro para os transeúntes do barrio.

Page 10: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

10

Outros

The traveller

Un lounge bar situado na rúa San Andrés. Trátase dun local

informal e cosmopolita cunha ampla carta de cócteles. A súa

zona lounge ofrece ademais almorzos e cenas.www.travellermadrid.com

Pastelería La Torrecilla

Situada na rúa San Bernardino, ten unha ampla variedade de doces

completamente artesanais. Aínda que a súa especialidade son as sobremesas

arxentinas, elabora distintas preparacións españolas

Pan y vino

Trátase dun espazo tenda gourmet no que conviven produtos galegos con

produtos de distintas rexións de España de alta calidade.

Tupperware é un local de ocio nocturno situado na zona de

Corredera Alta de San Pablo. Local onde predomina a música

indie, con apertura unicamente na fin de semana.

Locais de ocio nocturno

Ocean Rock Bar, situado na rúa Vicente Ferrer, é un coñecido

local de ocio nocturno, especializado en cervezas especiais.

Page 11: Presentación de PowerPoint - Clúster Alimentario de …12).pdf · As empresas participantes terán a posibilidade, durante esta semana en Madrid, de dar a ... conservas, queixos,

11

Mais informacion en 981 556 062 info@clusaga

Prazo de inscrición: 5 de outubro de 2017

Custe de participación estimados 1.000 € suxeito a número de

participantes e accións