presentación - concellodefoz.es · seguimos adiante. a quinta edición do festival de música bal...

12

Upload: others

Post on 30-Oct-2019

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición
Page 2: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición
Page 3: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición. Temos que agradecer á Corporación Municipal de Foz e en especial ao Sr. Alcalde a aposta que fan para que a música clásica sexa unha realidade durante uns días no noso municipio. Tamén a vós que simplemente coa vosa asistencia dadesnos forzas para que isto non se pare e que cada ano o Festival sexa mellor.

Estamos sós ante o perigo, a música clásica ás administracións públicas parece que non lles interesa, non te-mos ningunha axuda, nin provincial, nin autonómica, cando vimos pasar miles de euros para festivais musicais doutro tipo.

Por agora nós non enchemos ainda os hoteis, bares, restaurantes , co noso público, todo se verá, como pa-rece que esixen as administracións para colaborar co noso Festival, pero traemos á Mariña un acto cultural es-tival dos máis importantes de Galicia. Por desgraza a música clásica está ausente no mundo rural e nós reali-zamos este esforzo para que a xente coñeza a música e ademais interpre-tada maiormente por músicos gale-gos de primeira calidade.

Este abandono da música non é novo neste país, Xesús Bal y Gay, foi un musicólogo e compositor de gran importancia, como a súa obra de-móstrao e a súa muller Rosita Ascot , afamada pianista e compositora, a única discípula que tivo Manuel de

Falla que á volta do exilio en México foron totalmente esquecidos pola administración, pódese dicir que non se aproveitou nada os coñecemen-tos destes dous grandes personaxes.

Queremos agradecer a todos os no-sos promotores e amigos do Festival, as súas achegas, son moi necesarias para que este Festival sexa unha rea-lidade.

Non podía faltar a nosa modesta ho-menaxe a Claude Debussy no cente-nario da súa morte, realizando unha conferencia- concerto na cal fala-remos da súa figura e interpretando algunha das súas obras.

O concerto pedagóxico que o ano pasado tivo unha gran asistencia de nenos e nenas será de dedicado a unha clásica obra didáctica, Pedro e o Lobo de Prokófiev a cal esperemos que sirva como semente para animar aos mais pequenos a querer a música clásica

Este ano realizamos o curso de cla-rinete e trompa en Nois con catro grande profesores Vicente Alberola ( Mahler chamber orchestra), Javier Martínez ( ORTVE) , Nikita Vaganov(-Teatro Mariinsky San Petesburgo) e Nicolás G. Naval (Orquestra Sinfónica de Galicia).

Os concertos dividiranse por distin-tas parroquias , tendo sedes tan es-pectaculares como a igrexa de San Martiño ou o Pazo do Conde de Fon-tao, e como non, en Nois, que é onde empezou todo

Presentación

Page 4: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

14 de agosto | 20:30 h. | Casa da Cultura (Foz)

Natural da Coruña, comeza os seus estu-dos musicais con Ilia Keilin, graduándose en Musikene con Asier Polo e María Ca-sado. Posteriormente realiza estudos de máster na Musik- Akademie Basel con Thomas Demenga e na Hochschule für Musik Rostock con Julian Steckel.

Durante a súa formación obtivo o apoio da Fundación Pedro Barrié da Maza, a Fundación BBVA, a AIE, a Ad- Infinitum Foundation ou a Fundación Alexander von Humboldt.

Actuou como solista e realizado recitais en España, Suíza, Italia e Alemaña, parti-cipando en numerosos festivais como o Zermatt Festival, Akademie Rutesheim, Festival Turina, Gustav Mahler Academy, Montreux Festival ou Lucerne Festival. Desenvolve unha intensa actividade como músico de cámara. Traballou con mestres como A. Mercero, S. Azzolini, W.

Levin ou R. Schmidt, e realizou estudos de cuarteto de corda con N. Prishepenko na Universität der Künste Berlin.

Formou parte da Orquestra Nova da Sin-fónica de Galicia, a JONDE, a Gustav Ma-hler Jugendorchester, e foi academista da Rundfunk- Sinfonieorchester Berlin. Actualmente colabora con orquestras como Philharmonia Orchestra, Mahler Chamber Orchestra, Plural Ensemble, Orquestra da Comunidade Valenciana, Sinfónica de Galicia ou a Orquestra Sinfó-nica de Castela e León, actuando baixo a batuta de D. Afkham, D. Gatti, V. Jarouss-ki, C. Davis, M. Janowski ou H. Blomstedt.

Desde 2015 é Profesor de Violoncello do Conservatorio Superior de Música de Aragón ( CSMA)e na tempada 18/19 in-corpórase como Violoncello Solista a la Orquesta Sinfónica de Tenerife.

Nada en Santiago de Compostela en 1994, Rosalía comeza a súa formación pianística aos 5 anos con Alexander Gold e María José Cerviño. Posteriormente cursa Bachelor Degree con Alan Weiss no Utrecht Conservatory (Holanda) e Master Performance con Claudio Martínez Me-hner na Musik Akademie Basel (Suíza). Paralelamente especialízase en Música Antiga, estudando clavicémbalo com Siebe Henstra e Jörg Andreas Bötticher e fortepiano con Edoardo Torbianelli na Schola Cantorum Basilensis. Actualmente realiza o Solistin Diplom na Musik Akade-mie Basel.

RAÚLMIRÁSLÓPEZ

Pianista Acompañante: ROSALIA GOMEZ LASHERAS

Pohadka (Janacek) | Sonata para cello e piano (C. Franck)III. Fantasía. Sonata para cello y piano (C. Debussy)

Page 5: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

16 de agosto | 20:30 h. | Centro Social “A Saira” (Nois)

LUIS CÁMARA PALOMARES

ANTONIO RODRÍGUEZ BAIXERAS

PATRICIA ARAUZO

Ribadense de nacemento ainda que a súa familia procede de Nois. Licenciado en Xeografia e Historia toda a sua vida dedicouna ao en-sino, publicou numerosos libros, tanto de ficción (O rei dos amenei-ros, Dous fados) como de historia (“El eunuco”, ”Tierra de oro”,” Vida, pasión y muerte de Alexander Hamilton”, ”A historia de Odoyno. Pri-meira novela galega”). A súa gran afección a música fixolle participar dunha forma activa na creación e desenvolvemento do Festival Bal y Gay.

Formada no Conservatorio Superior de Música de Salamanca con Patrín García Barredo, Claudio Martínez Mehner e Ken-nedy Moretti, especializouse na Academia Franz Liszt de Bu-dapest con András Kemenes. Bolseira tres anos consecutivos pola Fundación Albéniz na Escola Superior de Música Raíña So-fía, baixo a dirección de Ralf Gothoni e Eldar Nebolsin, com-pletou a súa formación, con Marta Gulyás e Ferenc Rados. Na actualidade é membro do Trío Alborada, e forma dúo co violinista Alejandro Bustamante. Recibiu premios no Concurso Internacional de Mocidades Musicais, no Concurso Mirabent I Magrans ou no Programa Novos Excelentes de Caja de Burgos.

Ademais é profesora na Escola Superior de Música Reina Sofía e no Conservatorio Superior de Castela e León.

Natural de Bailén, comeza os seus estudos á idade de 8 anos na súa cidade natal e termina no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Adolfo Garcés Compans. Posteriormente, perfecciona os seus estudos con Javier Martinez García e con Vicent Aberola.

Formou parte da Nova Orquestra da Comunidad de Madrid, Or-questra de Mahler Chamber Acdemy e Orquestra do Festival de Verbier. Ademais, colaborou con orquestras como Orquestra Sinfó-nica de Madrid (Orquestra titular do Teatro Real), Orquestra de Radio Televisión Española, Danish National Symphony Orchestra, Malaysian Phillarmonic Orchestra, Gulbenkian Orchestra, Mahler Chamber Or-questra, Orquestra de Cámara Andrés Segovia, Orquestra da Comu-nidad de Madrid, Orquestra Sinfónica de Bilbao, entre outras.

Desde Setembro de 2016 atópase facendo o período de proba como clarinete solista na Orquestra Sinfónica do Gran Teatro do Li-ceu e ao mesmo tempo colabora como clarinete solista da Gulben-kian orchestra de Lisboa.

Page 6: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

17 de agosto | 18:30 h. | Cenima (Foz)

O Quinteto Invento é un grupo galego de música de cámara que xorde, en primeiro lugar, debido a longo prazo amizade entre os seus compoñen-tes, músicos profesionais galegos de sólida formación, que compartiron ex-periencias na EAEM de Galicia, a Or-questra Nova da OSG e a Orquestra Gaos, e culminaron os seus estudos en prestixiosas escolas europeas. Na actualidade compaxinan a súa activi-dade como grupo coa docencia e as regulares colaboracións con agrupa-cións sinfónicas profesionais, espe-cialmente a Real Filharmonía de Gali-cia, a Orquestra Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal da Coruña.

O quinteto comeza a súa andaina a finais do ano 2013, tendo como base a cidade da Coruña. Desde entón actuaron en boa parte da xeografía galega, dedicándose tanto ao reper-torio tradicional da formación como á música contemporánea, pasando

por espectáculos didácticos e outros proxectos propios.

Nos últimos anos Invento tocou en espazos como o Palacio da Ópera da Coruña, Auditorio de Galicia, Teatro Principal de Pontevedra, Liceo de Ou-rense, Catedral de Tui, Museo de Arte Contemporánea da Coruña, Paranin-fo da UDC, Hostal dos Reis Católicos, Parlamento de Galicia, etc.

A finais de 2014 foron seleccionados como finalistas do Concurso Mira-bent i Magrans, actuando no Palacio Maricel de Sitges, e no ano 2016 fo-ron elixidos para actuar no Museo de América de Madrid, dentro do ciclo MusaE de 2017.

O seu interese pola música contem-poránea condúceos a estrear en 2016 obras de membros da Asociación Ga-lega de Compositores, entidade coa que manteñen unha estreita colabo-ración.

QUINTETOINVENTO

Pedro e o lobo (Serguéi Prokófiev)

Page 7: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

No ano 2014, na primeira edición deste Festival, pensouse en realizar un curso de clarinete, xa que ademais de servir para que numerosos clarinetistas ato-pásense cos seus grandes mestres, tamén podería achegar a música ao mundo rural, xa que ofrecerían un con-certo para todos. Xa pasaron grandes mestres de clarinete por Nois: Vicente Alberola ( Mahler Chamber orchestra), Arno Piters ( The Royal Concertge-bouw Orchestra), Giovanni Punzi (Or-questra Filarmónica de Copenhague),

Javier Martinez (Orquestra RTVE), Nikita Vaganov (Teatro Mariinsky-San Petes-burgo), o cal produciu que o noso curso, é dicir Nois, sexa un punto de referencia dentro do mundo do clarinete.

Máis de cen alumnos pasaron polas au-las de Nois durante estes anos, moitos deles están a tocar xa en grandes or-questras españolas e europeas, ano a ano seguen deleitándonos coa súa mú-sica, tanto nas clases maxistrais como nestes concertos finais de Curso.

CONCERTO DE CLARINETES

Programa por determinar

18 de agosto | 20:30 h. | Centro Social “A Saira” (Nois)

Page 8: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

19 de agosto | 20:30 h. | Igrexa de San Martiño

Ensemble Praeteritum é un conxunto instrumental creado polo violinista Pa-blo Suárez Calero en 2011. Un dos seus principais obxectivos é a procura da novidade no xeito de afrontar a músi-ca. Por medio de fortes contrastes di-námicos e expresivos, improvisacións, cadencias, recitativos, e unha procura constante de cores no son, o Ensem-ble interpreta a partitura creando unha beleza especial e persoal destinada puramente ao gozar do público.

Os integrantes do Ensemble Praete-ritum estudaron en España, Alemaña, Italia e Bélxica con mestres da talla de Nicolás Chumachenco, Ana Chu-machenco, Salvatore Accardo, Igor Oistrakh, Tabea Zimmermann, Franco Gulli, Agustin Dumay, Jordi Savall, Igor Ozim, José Miguel Moreno, Manuel Ba-rrueco, Esko Laine, Cuarteto Casals,

Heime Müller, Diemut Poppen e Gün-ter Pichler.

Desde a súa creación, actuou en salas como a Fundación Juan March, Audi-torio da Universidade Carlos III de Ma-drid, Círculo dás Artes de Lugo, Teatro Principal de Pontevedra e Ourense, Salga Fundación Caixa Segovia, a ga-lería de arte The Ballery de Berlín, A Nau. Capella da Sapiència de Valencia. O Ensemble foi incluído dentro dos ci-clos e festivais tales como o 34º Festival Internacional de Música de Canarias, Festival de Música Sacra de Madrid, Rede de Teatros da Comunidad de Madrid e Castela-A Mancha, Ciclo de música CICUS da Universidade de Se-villa, Festival Serenates d’ Estiu de Cala Rajada, Ruta dos Órganos históricos de Castela-A Mancha, Festival Cambia de Marcha – San Isidro 2017, entre outros.

ENSEMBLEPRAETERITUM

Concerto en Fa M, RV 295 | Concerto en Mib M, RV 251Concerto en Do M, RV 190 | Concerto en Re M, RV 217Concerto en Mib M, RV 254 | Concerto en Sol m, RV 325 (Antonio Vivaldi)

Page 9: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

20 de agosto | 20:00 h. | Pazo do Conde de Fontao

O Afecto Ilustrado nace durante o I Ci-clo de Música Antiga da Catedral de Valencia no ano 2012. Concibido como un grupo de cámara innovador e versá-til, a súa filosofía é presentar e achegar ao público unha interpretación histori-cista do repertorio comprendido en-tre os séculos XVII e XIX dunha forma próxima e tanxible.

O ensemble está integrado por profe-sionais que despuntan no panorama musical nacional e internacional. Os seus compoñentes, activos nos princi-pais grupos do país, na docencia, ou na carreira solista, supoñen un compendio

de ideas e ópticas que converten os proxectos do Afecto Ilustrado en ex-periencias únicas e inspiradoras para o oínte.

Con formatos de concerto pouco ex-plorados, o obxectivo do Afecto Ilus-trado está baseado en presentar e difundir programas dun alto nivel de calidade interpretativa, precisión histó-rica e respecto ás fontes orixinais, froito dun proceso detallado de estudo e in-vestigación musical e histórica.

O cuarteto esta formado por Andrés Li-nares, Fernando Santiago, Mario Braña, Victor Gil.

EL AFECTOILUSTRADO

Cuarteto de corda Op 42 en re menor Hob III:43 (J, Haydn) | Cuarteto de corda Op 6 en mi bemol maior nº 3 (L. Boccherini) | Cuarteto de corda en si bemol maior L 196 (G. Brunetti)

Page 10: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

22 de agosto | 20:30 h. | Sala Bahía (Foz)

A Orquestra Sinfónica Bal y Gay for-mouse no ano 2017, para acompañar aos finalistas do Concurso Internacio-nal de clarinete Bal y Gay. A orquestra está formada por mozos maiormente galegos, membros das máis prestixio-sas orquestras europeas, para crear un proxecto de gran calidade artística que amose o potencial deste país.

Está dirixida polo mestre Vicente Al-berola, clarinetista de fama mundial e director experimentado xa que foi di-rector titular de varias orquestra e con-vidado en tantas outras.

ORQUESTRA SINFÓNICA BAL Y GAY

Septimino en mi bemol maior Op: 20 (Beethoven) Serenata de cuerdas en mi maior Op 22 (A. Dvorak)

Director titular da Orquestra 430 Vigo, Or-questra Do Real Sitio e director convidado da Ópera de Perm, Rusia.

Paralelamente é tamén primeiro clarinete da Mahler Chamber Orchestra e de “Lles Dissonances” de París.

Os seus estudos realizounos con Walter Boeykens no Conservatorio Real de An-veres, Bélxica, e ao mesmo tempo con George Pieterson ( Royal Concertgebouw Orchestra) e Larry Combs (Chicago Sym-phony Orchestra). Alberola foi durante máis de 20 anos primeiro clarinete da Ópe-ra de Madrid e a Sinfónica de Galicia. Du-rante a última década foi primeiro clarinete convidado coa Royal Concertgebow Or-chestra, New York Philarmonic Orchestra, Lucerne Festival Orchestra, Mahler Cham-ber Orchestra, Orchestre Lles Dissonances e a MMCK Tokyo Orchestra, agrupacións coas que tivo a oportunidade de inter-

pretar o gran repertorio sinfónico baixo a batuta de mestres como Claudio Abbado, Mariss Jansons, Riccardo Muti, Daniele Ga-tti, Daniel Harding, Andris Nelsons, Gusta-vo Dudamel, Alan Gilbert e Nicola Luisotti, entre outros.

A súa vocación como director descubri-ríaa coa Nova Orquestra de Galicia no ano 1996, agrupación da que fose 8 anos direc-tor titular. En 2003 foi nomeado director da Nova Orquestra da Ópera de Madrid e en 2007 director da Nova Orquestra de Soria.

Vicent Alberola dirixiu no Teatro Real de Madrid coa Sinfónica de Madrid as seguin-tes óperas: Rita de G. Donizetti, a Boheme de G.Puccini, Don Giovani de W.A.Mozart, Persephone de I. Stravinsky, O Gato con Botas de X. Montsalvatge, Iolanta de P.I. Tchaikovsky, Macbeth de G. Verdi e máis recentemente L’ Elissir d’ Amore de G. Do-nizetti.

Ao mesmo tempo dirixiu varios programas Sinfónicos coa Sinfónica de Madrid no Au-ditorio Nacional de Madrid, coa Orquestra Excelentia Santa Cecilia de Roma, a or-questra da ópera de Perm, a Nova Orques-tra Nacional de España, a Sinfónica de Va-lladolid, a MMCK de Tokyo e a agrupación “ Musica Aeterna” de Perm, Rusia.

Director: VICENTE ALBEROLA

Page 11: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

AMIGOSDO FESTIVAL

Pedro Ganzo Gómez

José Manuel Romero (Conde de Fontao)

Xavier Rodríguez Baixeras

Maruja Rodríguez Gil

Marian Pérez Caballero

Josep Lluis Noriega Rodríguez

Eliseo Rodríguez Sixto

Concepción López Seijas

Antonio Rodríguez Baixeras

Ramón Mecía Fernández

Mª Asunción Rodríguez Baixeras

Rafael Rodríguez Postigo

Mª del Carmen Gómez Montero

Julieta Rodríguez Yagüe

Laura Oliver de la Guerra

Page 12: Presentación - concellodefoz.es · Seguimos adiante. A quinta edición do Festival de Música Bal y Gay xa é unha realidade. Contra vento e ma-rea puidemos realizar esta edición

ASOCIACIÓN CULTURAL NOISwww.festivalbalygay.com