preparando os exames finais

12
Preparando os exames finais

Upload: telecocurso1

Post on 24-May-2015

150 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Consellos para planificar o estudo dos exames finais da Universidade, sen agobios de última hora o cuns resultados xustos para o esforzo feito durante o curso.

TRANSCRIPT

Page 1: Preparando os exames finais

Preparando os

exames finais

Page 2: Preparando os exames finais

Consellos

Seguro que non queres falar disto agora mesmo, pero os

exames finais están á volta da esquina.

Iso significa que xa tes que contar con estudar para eles

na túa extensa lista de cousas por facer.

Aquí van algúns consellos sobre como prepararse para os

exames e que dea tempo a facer todo o demais:

Page 3: Preparando os exames finais

Anticípate

• A preparación para os exames debería comezar antes

que o día antes da proba.

• Non podes reter una gran cantidade de conceptos

estudando durante toda a noite.

• Empeza polo menos una semana antes do exame.

Page 4: Preparando os exames finais

Organízate

• Empeza por facer un calendario no que marques que

temas has estudar cada día.

• Traballa cunha pequena cantidade da materia en cada

día.

• Cada vez que remates un tema, dálle un pequeno

repaso.

Page 5: Preparando os exames finais

Sintetiza

• Unha vez que tes claro o que precisas estudar e canto

tempo teslle que dedicar, é o momento de estudar de

verdade. Un dos mellores métodos é facer esquemas

sinxelos.

• Conforme vas lendo o teu libro ou os teus

apuntamentos, escribe un breve resumo para cada

tema.

• Sinala no esquema as partes máis problemáticas.

Cando acabes con ese apartado, terás esquemas e

resumos polos que repasar.

Page 6: Preparando os exames finais

Tarxetas de aprendizaxe

• De xeito similar a facer resumos, facer estas fichas é

unha técnica moi útil para estudar.

• Escollendo a información do teu resumo xa estás

facendo a metade do teu estudo.

• Cando as tarxetas estean feitas, terás unha ferramenta

coa que repasar en calquera momento.

Page 7: Preparando os exames finais

Non estás só

• Se estás a ter problemas memorizando algo ou cun

concepto en particular que non che entra, busca axuda

antes de que sexa tarde.

• Fala co teu para profesor para ver se é quen de

explicarcho mellor.

• Se tes que memorizar moitas cousas, dille á túa familia

que te pregunten tendo eles á lista de respostas.

Page 8: Preparando os exames finais

Durme

• Precisas polo menos durmir sete horas pola noite.

• Os exames están deseñados para facerche pensar. Se

privácheste de durmir, pode que non sexas quen de

lembrar nada do que tes na cabeza despois do esforzo

que supuxo estudar.

Page 9: Preparando os exames finais

Ten calma

• Que non che entre o pánico durante o exame! Incluso se

a primeira vista o exame supérache, respira.

• Se unha pregunta semella moi difícil, responde as outras

cuestións que saibas, e logo volve a esa na que

quedaches en branco.

• Lémbrate a ti mesmo que estás preparado.

Page 10: Preparando os exames finais

Sen présa

• Pasaches polo menos dúas semanas estudando, así

que que son dous minutos máis? Traballa o teu exame

coidadosamente e le tódalas preguntas antes de

respondelas.

• Se rematas antes de tempo, comproba as túas

respostas.

Page 11: Preparando os exames finais

Despois do exame

• Non deixes que o medo che supere. Mesmo se pensas

que fallaches no exame, preocuparse non vai cambiar a

túa nota.

• De xeito, pode que afecte ao teu estado mental para

cando fagas o seguinte exame final.

• Deixa de pensar no último exame e concéntrate no

seguinte. Hai oportunidades, e seguro que non o

fixeches tan mal como pensas.