plan de orientacion curso 2021-22

23
1 INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA CORUXO CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN Rúa Carrasqueira 68 - 36331 Vigo Tf: 886 111016 [email protected] PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

Upload: others

Post on 01-Jul-2022

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

1

INSTITUTO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA CORUXO

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Rúa Carrasqueira

68 - 36331 Vigo

Tf: 886 111016

[email protected]

PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

Page 2: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

2

Departamento de Orientación

IES CORUXO

VIGO

Xefe do Departamento: Francisco Insua Meirás

CONTIDO

PÁXINA

1.- Características do centro………………………………………………..4

2.- Obxectivos xerais………………………………………………………...4

3.- Ambitos de actuación……………………………………………………5

3.1. Apoio proceso ensino-aprendizaxe----------------------------------------5

3.2. Plan de acción titorial……………………………………………….6

3.3. Plan Orientación académica e profesional………………………..21

3.4. Charlas do Departamento (alumnado )…………………………...23

4.- Os centros adscritos…………………………………………………….23

Page 3: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

3

1. CARACTERÍSTICAS DO CENTRO

No Instituto de Coruxo (Vigo), impartense os seguintes niveis e etapas educativas: 1º, 2º, 3º e

4º da ESO e 1º, 2º de Bacharelato. O Centro conta cunha Aula de Apoio. Están matriculados

439 alumnos e o cadro docente está formado por 44 profesores. Existen 6 persoas que

compoñen o cadro de persoal non docente.

O instituto está situado nunha zona periférica de Vigo e dá servicio a distintas parroquias e

termos densamente poboados. A extracción social do alumnado é variada: familias que viven

do campo, do mar, tamén fillos de obreiros e familias con economía mixta; ao seu carón

conviven alumnos de clase media: fillos de funcionarios, profesións liberais,etc. Ten catro

colexios de educación infantil e primaria adscritos a el: A Paz (Tintureira), Párroco Don

Camilo (San Andrés de Comesaña), Ría de Vigo (San Miguel de Oia) e Carrasqueira

(Coruxo), aínda que tamén recibimos alumnado doutros centros como o CEIP de San Paio de

Navia (Alfonso Rodríguez Cstelao), Amor de Dios, Diviño Salvador …

2.-OBXECTIVOS XERAIS

Colaborar na planificación e desenvolvemento das medidas de atención á diversidade de

capacidades, intereses, motivacións e posibilidades do alumnado.

Axudar a desenvolver a maduración e a capacidade de toma de decisións.

Promover a colaboración do Centro e as Familias

Facilitar a relación do centro cos servicios do contorno.

Apoiar técnicamente as accións de orientación e titoria que todo o profesorado realice.

Page 4: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

4

3.-AMBITOS DE ACTUACIÓN

3.1.- PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE

A) CENTRO

a) Colaborar/Asesorar ao equipo directivo sobre Medidas Ordinarias

Decisións xerais no PCC e no PEC

Reforzo educativo (1ºTrim)

Plan Xeral de Atención á Diversidade (1º Trim)

b) Asesorar sobre medidas extraordinarias

Plan de Mellora da Aprendizaxe e rendimento (1º Trim)

Adaptacións Curriculares (1º Trim)

B) PROFESORADO

Informar ao comezo de curso ao equipo docente da situación de cada grupo de alumnos/as

do Centro (os novos, os que foron a apoio, etc.) e tomar decisións sobre posibles alumnos/as

a atender polo Dpto. de Orientación ou polo profesorado de apoio.

Asesoramento sobre reforzos educativos e adaptacións curriculares (Todo Curso)

Colaboración no traballo de técnicas de grupo (TC)

Organizar a acción titorial (TC)

C) ALUMNADO

Exploración para detección de alumnado con problemas (1º Tri)

Avaliación das dificultades na aprendizaxe (TC)

Programación de medidas ordinarias e extraordinarias (1º/3º Tri)

Page 5: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

5

Organización de actividades de apoio (TC)

3. 2.-PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

INTRODUCCIÓN

A acción titorial contemplámola como un labor pedagóxico dirixido á tutela,

acompañamento e seguimento do alumnado coa intención de que o proceso educativo se

desenvolva nas mellores condicións posibles.

A titoría é un recurso educativo ao servicio da aprendizaxe e da convivencia. Por esto, o

PAT (Plan de Acción TItorial) debe ser coherente cos principios e criterios educativos

acordados e recollidos en el Proxecto Educativo de Centro (PE).

A orientación e a titoría do alumnado é unha tarefa na que participa todo o profesorado

e non só abrangue as actuacións que, con carácter máis específico, desenvolve cada titor co

seu grupo ou coas familias, senón tamén aquelas otras accións que cada profesor realiza para

orientar, tutelar e apoiar o proceso de aprendizaxe de cada alumno e contribuir ao clima de

convivencia da aula e do centro. É fundamental, neste sentido, a actuación coordinada dos

Equipos Docentes.

A figura do titor, como órgano de coordinación pedagóxica e docente segue a ser

necesaria na coordinación do Equipo Docente, como dinamizador de determinadas accións,

así como no contacto coas familias e no desenvolvemento de algunhas funcións específicas.

OBXECTIVOS

UL

UM

NA

DO

CO

N

NE

CE

SID

AD

ES

ES

PE

CIA

IS

1)Desenvolver accións que favorezan a integración do alumnado con necesidades educativas,

de forma que a súa actividade escolar se guié polo principio de normalización.

2) Xeralizar no alumnado aprendizaxes sistemáticos e de carácter funcional de tal forma

que se vaya avanzando na eliminación de barreiras de todo tipo.

3) Recoller as accións integradoras e inclusivas que se desenvolven no Centro co alumnado

con necesidades especiais, de modo que a integración sexa un principio real da filosofía

educativa do centro.

Page 6: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

6

ED

UC

AC

IÓN

SE

CU

ND

AR

IA

OB

LIG

AT

OR

IA (E

SO

)

1) Contribuir á individualización da ensinanza, artellando medidas de apoio ao proceso

de ensenanza-aprendizaxe.

2) Contribuir ao carácter integral da educación favorecendo o desenvolvemento de todos

os aspectos da persoa: cognitivos, afectivos e sociais.

3) Resaltar os aspectos orientadores da educación.

4) Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia identidade e

sistema de valores e de toma de decisións ao respecto do futuro académico e profesional.

5) Previr aas dificultades na aprendizaxe, evitando, no posible, fenómenos indesexables

como os do abandono, o fracaso ou a inadaptación escolar.

6) Contribuir á adecuada relación e interacción entre os distintos integrantes da

comunidad educativa: profesorado, alumnado e familias.

BA

CH

1) Favorecer a educación integral do alumno como persoa

2) Favorecer os procesos de madurez persoal, o desenvolvemento da propia identidade e

sistema de valores e de toma de decisións ao respecto do futuro académico e

profesional.

De manera más específica, as nosas acción para o presente curso en relación co Plan

de Acción Titorial , terán en especial consideración os seguintes aspectos:

Revisión permanente do Plan.

Coordinación cos titores/as na detección e seguimento do alumnado que presenta

dificultades de aprendizaxe coa finalidade de establecer as medidas educativas

necesarias que dean resposta a ditas dificultades desde os Equipos Docentes.

Detección e planificación de hábitos de traballo e desenvolvemento de estratexias

para a aprendizaxe e o estudo. Desde a titoría se contemplarán, de forma xenérica,

aspectos relacionados con estos temas, sendo posteriormente os Equipos Docentes

os que fomenten a súa utilización ou aplicación ás diferentes materias.

Traballo en valores, habilidades e competencias sociais que favorecen la

comunicación, o diálogo, a convivencia pacífica, o respecto ás diferencias e ao

medio. Trátase de desenvolver aquelas competencias que favorecen a vida no

Centro e nas aulas.

Page 7: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

7

O conflito e as estratexias de resolución: a MEDIACIÓN

Orientación académica e profesional vinculada ao exercicio da Toma de decisións.

Fomento da implicación dos pais ao respecto do traballo e orientacións dos

titores/as.

Os eixos de intervención serán:

Ensinar a pensar. ¿Qué se pode facer para mellorar a capacidade de aprender a

aprender e pensar no alumnado? É decir: técnicas de traballo intelectual, organización

de tempos e horarios, …

Ensinar a ser persoa. ¿Cómo podemos axudar ao alumnado na construcción da súa

identidade persoal?: Autoestima, adquisición de valores…

Ensinar a convivir. ¿Cómo desenvolver no alumnado as estratexias e habilidades

necesarias para unha boa convivencia? : Establecer normas de aula de maneira

participativa, formas de resolver os conflitos (a mediación), habilidades

comunicativas, dinámicas de cohesión do grupo, habilidades sociais…

Ensinar a comportarse. ¿Cómo contribuir a que o alumnado mellore a súa

capacidade de adaptación escolar e social? : Respecto ás normas de convivencia,

desenvolver o espíritu de solidaridade e cooperación…

Ensinar a decidirse: Orientación académica e profesional.

Ademais sería interesante ter en conta actuacións ligadas a outros temas relacionados con:

Educación Ambiental

Educación do Consumidor

Educación para a Paz

Educación para a Saúde

Educación Sexual

Prevención consumo de drogas2

As actividades, que se van a realizar serán as que a continuación se sinalan:

Page 8: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

8

OBXECTIVOS ACTIVIDADES

ELABORAR O PLAN

- Reunión con titores.

- Reunión da Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Elaboración a cargo del Departamento de Orientación.

COORDINARSE CON

TITORES/AS

- Reunións de coordinación de carácter semanal.

- Avaliación e revisión continua del Plan

FACILITAR A

INFORMACIÓN

- Elección de Delegados, Subdelegados

- Reunións da Xunta de Delegados (xefe de estudos)

-Técnicas de grupo:

* Traballo en cohesión de grupo, valores, habilidades e

competencias sociais e en estratexias comunicativas (ESO y Bach)

* O conflicto e a súa resolución: A MEDIACIÓN

* Información académica e profesional

COLABORAR NO

PROCESO AVALIADOR

- Preavaliacións.

- Sesións de avaliación.

- Decisións de promoción-titulación

- Consello orientador para alumnado de 4º ESO e BACH

- Entrevistas e valoracións individuais.

.

Como documento orientativo, sinalamos a planificación de sesións ou contidos de

titorías que se proponen como liñas de acción:

PLANIFICACIÓN ANUAL DAS TITORÍAS

A)1º CICLO ESO

1ªsemana 2ªsemana 3ªsemana 4ªsemana 5ª semana

Outubro Cuestionario

Coñecento Inicial

Elección delegado Normas de

Convivencia

Cuestionario

Organización

estudo

Técnicas de

estudo: HORARIO

Novembro Técnicas estudo:

SUBLIÑADO

Técnicas estudo:

ESQUEMAS

Técnicas estudo:

RESUMO

Normas de

convivencia

HABILIDADES

SOCIAIS Aprender

a dicir NON

Decembro Técnicas estudo. Técnicas de

estudo: Repaso

Ocio e tempo de

lecer. As

------------------------ -------------------------

Page 9: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

9

OS EXAMES, Xeral vacacións. ---------- ----------

Xaneiro ------------------------

---------

Prevención

consumo drogas

Técnicas de estudo:

Repaso Xeral

HABILIDADES

SOCIAIS Iniciar e

manter conversas

Coidado do

medio ambiente

Febreiro Publicidade Prevención perigos

Internet

Habilidades

sociais

Prevención

consumo drogas

-------------------------

---------

Marzo Coidado do

medio ambiente

Prevención

consumo drogas

Publicidade e

consumo

Prevención

perigos Internet

HABILIDADES

SOCIAIS :Aprender

a dicir NON

Abril Publicidade e

moda

Prevención

consumo alcohol

------------------------

---------

Prevención

consumo drogas

Técnicas de

estudo

Maio Os dereitos

humanos

Habilidades sociais Iniciar e manter

conversas

Tolerancia e

cooperación

Prevención

consumo drogas

-------------------------

-------

Xuño Tolerancia e

cooperación

Ocio e tempo de

lecer. As vacacións

------------------------

---------

------------------------

----------

-------------------------

------

B) 2º CICLO ESO

1ªsemana 2ªsemana 3ªsemana 4ªsemana 5ª semana

Outubro Coñecem. Inicial Normas de

Convivencia

Elección delegado Organiz.estudio (Cuestio)

O hábito de estudio

Técnicas de estudo: marco

xeral

Novembro Habilidades sociais Técnicas de

estudo

subliñad/esquema

Técnicas de estudo Técnicas de estud.Resum/

exames / o repaso

Prevención perigos

Internet

Decembro Prevención consumo

drogas

Publicidade e

consumo

Habilidades sociais --------------------------- -----------------------------------

Xaneiro --------------------------------- Prevención

consumo drogas

Organizac. Estudio Habilidades sociais:

Asertividade

Coidado do medio ambiente

Febreiro Prevención enfermid. A

Sida

Prevención

consumo drogas

Prevención enfermidade

transmisión sexual

Publicidade e consumo ----------------------------------

Marzo Prevención perigos

Internet

Coidado do

medio ambiente

A publicidade Prevención consumo

drogas

Coidado do medio

ambiente

Abril Publicidade e moda -------------------

----

Aprender a dicir NON Sistema Educativo:

Ciclos

Sistema Educativo:

Carreiras

Maio Ciclos grao medio na

comarca

Ciclos Grao

Superior na

comarca

Optativas: 3º e 4º:

información xeral

O mundo laboral

Xuño Repaso sistema educativo Ocio e

tempo libre:

verano. Plan

individual

--------------------------------- ---------------------------------- -------------------------------

C) BACHARELATO

Inclúese no Plan de Orientación Académica e Profesional

D) PROGRAMA PARA O DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES SOCIAIS

As habilidades sociais están constituidas por unha serie de conductas socialmente desexables

que facilitan a integración da persoa no medio social no que se desenvolve. É importante

salientar que son condutas aprendidas, polo que debemos proporcionar experiencias,

Page 10: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

10

situacións e modelos para que o alumnado, con carencias a este respecto, aprenda esas

condutas.

As técnicas máis directas para ensinar habilidades socias son:

IMITACIÓN

REFORZO POSITIVO

PRÁCTICA

UNIDADES DIDÁCTICAS SOBRE GRUPOS DE HABILIDADES SOCIAIS

En canto á concreción das habilidades sociais,o mellor e enumeralas cun sentido amplo, para

logo priorizar as que é necesario traballar en función do alumno/a ou do grupo.

Principais Habilidades Sociais

Básicas

Escoitar

Iniciar unha conversa

Manter unha conversa

Rematar unha conversa

Formular unha pregunta

Dar as grazas

Presentarse

Presentar a outras persoas

Facer un cumprido

Pedir axuda

Participar

Dar instruccións

Seguir instruccións

Disculparse

Relacionadas cos sentimentos

Coñecer os propios sentimentos

Comprender os sentimentos dos demais

Page 11: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

11

Expresar os sentimentos

Enfrontarse cos enfados dos outros

Expresar afecto

Autocontrolar o medo

Favorecedoras da convivencia

Pedir permiso

Compartir algo

Axudar aos demais

Negociar

Empregar o autocontrol

Defender os propios dereitos

Responder ás bromas

Evitar os problemas cos demais

Non entrar en peleas

Demostrar deportividade no xogo

Defender a un amigo

De adaptación

Formular unha queixa

Responder a unha queixa

Arregrarse cando lle deixan de lado

Saber dicir non

Facer fronte ás presións do grupo

Ser asertivo

De planificación

Tomar iniciativas

Establecer obxectivos

Recoller información

Concentrarse nunha tarefa

Resolver problemas según a súa importancia (priorizar)

Tomar unha decisión

Page 12: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

12

Na medida do posible ,a ensinanza destas habilidades debe estar integrada no traballo cotián

da clase e moito máis da titoría.

ORGANIZACIÓN DAS SESIÓNS DE TITORÍA

A) PARA AS HABILIDADES SOCIAIS:

1.- Identificar a habilidade

2.- Identificar algúns exemplos de situacións nas que se pon en práctica

3.- Que o alumnado escriba situacións propias

4.- Se é posible con voluntarios facer unha práctica da habilidade

5.- Utilizar material audiovisual (p.ex. unha película) na que se poida observar esa

habilidade.

B) TRABALLO EN GRUPO

Nas sesións de titoría aconséllase traballar partindo de actividades en pequeno

grupo. Igualmente, a sesión debe servir para o entrenamento en habilidades sociais,

aínda que se vaian a tratar outros temas: respectar o rol de cada un no grupo,

respectar o turno, dirixirse ao profesor e aos compañeiros de forma adecuada, pedir

axuda, ofrecer axuda, preguntar, escoitar, responder, expresarse con tono e termos

adecuados...

Algúns pasos a seguir no traballo en grupo:

1º.- Formar grupos de tres, catro ou cinco alumnos (GRUPO A, B, C...).

2º.- Informarlles do tema de debate e entregar, se procede,

material para realizar a actividade (cuestionario, lámina...)

3º.- Seleccionar un “secretario” en cada grupo para anotar as

conclusións.

Page 13: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

13

4º.- Todos os alumnos cobren o cuestionario (se non hai nada que cobrir vaise ao

paso 5º).

5º.- Permíteselles facer en cada grupo un pequeno debate en voz

baixa (10´-15´).

6º.- Noméase un alumno para escribir no taboleiro as conclusións

do GRUPO A, B, etc.

7.- O secretario de cada grupo expón a conclusión do seu grupo a

cada unha das preguntas

8.- Segundo o seu criterio, o profesor pode facer comentarios sobre

as conclusións ou ben introducir información que aclare cada

aspecto.

A INTERVENCIÓN EN HABILIDADES SOCIAIS

CADA SESIÓN DEBE PRACTICARSE EN VARIAS CLASES DE TITORÍA

SESIÓN Nº1: Introdución.

A primeira sesión, vai encamiñada a transmitir ao alumnado a importancia das habilidades

sociais. Esto realizarase mediante exemplos que expliquen a súa utilidade na vida cotián.

Explicarase normas e procedimentos que se van a levar a cabo:

En primer lugar, presentámonos e invitamos a que os alumnos o fagan tamén.

En segundo lugar, explicamos en qué vai consistir a actividade e que o obxectivo é

ensinar habilidades útiles para o trato coa xente e para sentirse cómodo diante de

diversas situacións.

En terceiro lugar especifícanse os procedimentos que se van empregar: técnica de

modelamento (aprendizaxe observacional), representación de papeis, feedback,

xeralización…

SESIÓN Nº2: ASERTIVIDADE.

1) Introdución:

É importante que teñan claro que unha das ideas básicas da ensinanza de habilidades sociais

consiste en que aprendan a observar a diferencia entre comportamiento pasivo, agresivo e

asertivo. E en relación con isto, que aprendan a defender os dereitos asertivos: detectar se os

demais non os tratan de forma xusta ou se fan algo que non lles gusta. Esto, a veces pode

implicar ter que tomar unha actitude firme e establecer uns límites.

Page 14: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

14

2) Obxectivos:

- Definir qué é asertividade.

- Nomear os dereitos asertivos: que tomen conciencia de que aprender a maneira de defender

os nosos dereitos, é unha característica do desenvolvemento das habilidades sociais.

- Diferenciar o comportamento asertivo, sumiso e agresivo.

INHIBIDO-SUMISO

ASERTIVO AGRESIVO

Non se lle respectan os

dereitos

Respecta os dereitos do

outro.

Non respecta os dereitos do

outro.

Aproveitanse del Defende as súas posicións Aproveitase dos outros

Non consegue os seus

obxectivos

Pode conseguir os seus

obxectivos.

Pode acadar os seus

obxectivos a expensas dos

outros.

Síntese frustrado, ferido,

ansioso

Síntese ben consigo

mesmo, ten confianza en sí

mesmo.

Está á defensiva,

humillando aos outros.

Deixa ao outro decidir por

él

Elixe por sí mesmo.

Expresivo(directo o

indirecto).

Elixe polo outro

- Realizar preguntas para discusión do tipo: ¿por qué é importante en

determinadas situacións, defender os nosos dereitos?, ¿alguén pode

poñer algún exemplo dunha situación na que deberíades defender

os vosos dereitos?, ¿qué pasaría se o fixerades?.

Page 15: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

15

- Consecuencias da conduta non asertiva (inhibida/sumisa), da conduta agresiva e da

conduta asertiva.

3) Técnicas:

- Fase teórica:

Farase unha breve explicación das técnicas asertivas máis importantes:

a) Disco raiado (insistir na opinión unha e outra vez, ser persistente).

b) Banco de néboa (ignorar a crítica: si pero…, cambear de tema…, pode que teñas razón…).

c) Libre información (intercambio de información, p.ex. de autorrevelacións).

d) Aserción negativa (aceptar a crítica: tes razón…).

e) Interrogación negativa (preguntar: qué hai de malo no que fixemos?).

f) Autorrevelación(contar algo moi persoal).

g) Compromiso viable (chegar a acordos:as dúas partes teñen que ceder en algo).

- Fase de práctica:

1) Definición da conduta a ensaiar.

2) Elección da técnica.

3) Ensaios de role-playing con feedback e reforzo.

A Carta dos Dereitos Humanos Asertivos é unha declaración acerca de un mesmo como ser humano.

_________________________________________________

Dereitos asertivos. Todos temos dereito: 1. A ser o primeiro.

2. A cometer erros.

3. A ser o xuiz último dos seus sentimentos e aceptalos como válidos.

4. A ter as súas propias opinións e crenzas.

5. A cambiar de idea, opinión, ou actuación.

6. A expresar unha crítica e a protestar por un trato inxusto.

7. A pedir unha aclaración.

8. A intentar modificar o que non lle satisface.

9. A pedir axuda ou apoio emocional.

10.A sentir e expresar a dor.

12. A recibir o recoñecemento por un traballo ben feito.

13. A dicir “non”.

14. A estar solo, ainda que outros desexen a súa compañía.

Page 16: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

16

15. A non xustificarse diante dos demais.

16. A non responsabilizarse dos problemas dos outros.

17. A non anticiparse aos desexos e necesidades dos demais e a non ter que intuilos.

18. A respostar, ou non facelo.

19. A ser tratado con respecto e dignidade.

20.A ter as súas propias necesidades e que sexan tan importantes como as dos demais.

SESIÓN Nº3: Iniciar e manter conversas.

É importante nesta sesión repasar os conceptos introducidos na anterior. Pode facerse de

forma que sexan os propios alumnos os que comenten esa 1ª sesión e nós imos reforzando o

que recorden.

Unha vez realizado esto, pódese empezar a enfocar a sesión cara a habilidade que se vai a

tratar (neste caso: inicio e mantemento de conversas).

Podemos seguir os seguintes pasos (introducindo novos conceptos, técnicas, etc. se é

necesario):

1) Introducción teorica:

Imos a discutir e practicar o “falar cos demais”.

Se lles explica que é unha cousa que facemos normalmente pero que non a toda a xente lle

resulta doado, porque algunhas persoas non aprenderon ou non practicaron estas habilidades.

Falaremos das vantaxes e inconvinentes de participar en conversacións. O procedemento que

empregaremos sería a “choiva de ideas”, así fomentamos a participación. Tambén

realizaríamos unha serie de preguntas abertas para que conteste cada un dos suxeitos: cántos

de vós sabedes cómo iniciar unha conversa?, cómo mantedes una conversa? qué facedes

cando remata o tema da conversa?.

Facer preguntas de discusión; para que eles mesmos discurran sobre o tema, e evitar así o caer

nunha explicación meramente teórica

2) Obxectivos:

- Aprender a facer a preguntas de debate

- Coñecer vantaxes e inconvintes de practicar a habilidade de conversar.

- Tomar conciencia da súa importancia.

Page 17: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

17

3) Técnicas:

Unha vez realizada a discusión, explicamos cómo imos a aprender a habilidade.

En primeiro lugar pedimos dous voluntarios e expoñemos os pasos a seguir:

1) Saudar a outra persoa.

4) Empezar cun tema

2) Manter unha pequena conversa.

3) Observar se a outra persoa nos está escoitando.

Unha vez dito esto, presentamos unha posible situación que se pode dar na vida real e se

ensaiará mediante un role-playing. Ao principio, actuaremos como modelos, comezarase coa

práctica representando un modelo de estilo de personalidade agresivo, en segundo lugar, un

estilo sumiso e por último, asertivo.

A continuación, a técnica aplicarase varias veces cos diferentes alumnos e con situacións

distintas. Cada vez que se realice un cambio de papeis, se lles preguntará aos

alumnos cómo se sintiron, qué pensaron e qué aspectos se poderían mellorar según a súa

opinión e según a dos demais (feedback).

- Se lles invita a intentar iniciar como mínimo unha conversa cun amigo/amiga e cun adulto.

É importante que se fixen cómo o fan os demás, qué estilos de personalidade observan, cómo

manteñen as conversas e cómo as rematan.

- Que participen nunha conversa xa iniciada e que estean atentos a cómo o fan.

· SESIÓN Nº4: Facer e recibir cumpridos.

Repaso dos puntos máis importantes da sesión anterior e dificultades, se as houbo, ao aplicalo

na vida cotián. Se os alumnos o practicaron, é importante reforzarlles no momento. Se vemos

que non practicaron, haberá que explicar de novo a importancia que ten o feito de lévalo á

práctica.

1) Introducción teórica:

En primeiro lugar, debemos presentar a práctica desta habilidade (e todas as outras),

como algo que fai que a xente se sinta ben. No cumprido, podemos diferenciar dúas partes: o

dalo e o recibilo. O feito de reaccionar de forma positiva ante o halago de alguén ou de

expresar algo positivo e sinceiro a unha persoa, ten moitas vantaxes. Neste momento,

Page 18: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

18

exporíamos as vantaxes de levar á practica o facer cumpridos.

A continuación, se lles presentan cuestión tales como: ¿Pode alguén poñer un exemplo dun

cumrlido?, ¿cándo fixestes un cumprido recentemente?,¿qué sucedeu e cómo vos

sentíchedes?.

Expricar que dar e recibir cumpridos é un proceso circular ou recíproco.

Facerlles conscientes de que non só son eles aos que lles gusta recibir cumpridos, tamén aos

demáis gustalles que llos fagan.

2) Obxectivos:

- Apender a facer cumpridos

- Coñecer vantaxes e inconvintes de practicar esta habilidade.

3) Técnicas:

Unha vez dados os pasos anteriores, pasamos a practicar mediante as seguintes técnicas:

- En primeiro lugar, con dous voluntarios, exprícanse os pasos que se van llevar a cabo:

1) Decidir o que se quere eloxiar da outra persoa.

2) Decidir cómo facer o eloxio.

3) Escoller o momento e lugar para facelo.

4) Levar a cabo o eloxio.

O eloxio pode ser, polo aspecto da outra persoa, polo comportamento ou por un logro. Han de

sentirse cómodos e o eloxio ha de ser sinceiro e agradable. Unha vez clarexados todos os

pasos, llevarase a cabo a situación elixida mediante role-playing . Seguindo a dinámica da

sesión anterior, comezaremos escenificando a situación, aplicando desta forma a técnica de

modelado. Será despois, cando os propios alumnos o practiquen de forma asertiva.

Para rematar, se lles pregunta cómo se sintiron e se lles da feedback sobre a súa actuación

SESIÓN Nº 5: Dar unha negativa ou dicir “non”

Repaso da sesión anterior e comentario das dificultades encontradas.

1) Introducción teórica:

Imos debater nesta sesión que é a negativa e cómo utilizala de forma correcta. Negarse,

consiste en ser capaz de dicir “non” de forma adecuada. É importante aprender a negarse

correctamente.

Page 19: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

19

2) Obxectivos:

- Coñecer as vantaxes de aprender a negarnos ou a dicir non

- Coñecer os inconvintes de non aprender a negarnos ou a dicir non.

3) Técnicas:

- Plantear preguntas tales como: ¿ pode algún de vós poñer un exemplo dunha ocasión na

que tivo que negarse ou debera terse negado?,

¿qué sucedeu cando dixeches que non de forma adecuada, ou cando te enfureciches e

dixeches que non?, ¿cándo querías dicir que non e dixeches que sí?.

Se presentan os pasos que levarán a cabo ao poner en práctica a situación:

1) Pensa nunha situación na que queiras dicir que non e non sabes cómo facelo. Elixe á quen

llo queres dicir.

2) Pensa na túa postura ou opinión e por qué queres dicir que non.

3) Expresa a túa postura e mantenla.

No role- playing, ter presentes as técnicas vistas na sesión de asertividade: banco de niebla

(si pero…, cambiar de tema…), autorrevelación (transmitir información persoal para

potenciar a relación), disco raiado, etc.

Ex para mostrar: Escoitar os argumentos persuasivos dun compañeiro que intenta que falten á

clase

E) COORDINACIÓN COS TITORES/AS

a) Terán unha una periodicidade semanal No seu desenvolvemento teranse en conta as

propostas dos titores/as na reunión anterior. Participan o Xefe de Estudos o Xefe do Dpto de

Orientación, A Profesora de Apoio e os Titores/as do nivel. Quedan establecidas da seguinte

forma:

- Titores de 1º de ESO: LUNS (10:30)

- Titores de 2º de ESO: MARTES (9:20)

- Titores de 3º e 4ºde ESO e de BACH: Cando sexa necesario para falar do alumnado

ou para organizar algunha actividade.

b) Se programan as actividades máis apropiadas para realizar co grupo na sesión semanal

de titoría a partir das liñas xerais propostas no PAT de forma consensuada cos titores/as

c) Quincenalmente analizarase cómo se desenvolveron as actividades realizadas en las

Page 20: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

20

sesións de titoría anteriores

d) Anticiparíamos liñas de traballo a seguir a medio plazo (p.ex. no inicio de cada

trimestre) para recoller as propostas e suxestións dos titores/as.

e) Apórtanse informacións sobre outros aspectos de interese para os titores/as e o

alumnado: disciplina , charlas, etc.

Seguimento E Avaliación do Plan

a) Ao longo do curso a Xefatura de Estudos, coa colaboración do Departamento de

Orientación, realizará o seguimento da acción titorial e se prestarán os apoios e os recursos

que os titores/as e o alumnado requiran.

b) Seguindo as directrices da administración educativa, ao remate do curso escolar o

Departamento de Orientación participará na avaliación do PAT e elaborará unha Memoria

Final sobre o seu funcionamiento: logros acadados, as dificultades encontradas, os factores

que puideron influir en ambos aspectos e aquelo que será necesario modificar no Plan.

c) Para a elaboración desta memoria os titores aportarán o seu punto de vista.

3.3.- PLAN DE ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL

A.-Obxectivos

Axudar ao alumno a adquirir un maior coñecemento de si mesmo, dos seus intereses e das

súas posibilidades

Proporcionar información sobre a estructura do sistema educativo e os diferentes itinerarios

académicos e profesionais.

Organizar as informacións e as experiencias para plantearse mellor un itinerario.

Analizar os itinerarios que mellor se axusten aos intereses, características e posibilidades dos

alumnos.

Page 21: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

21

Facilitar aos alumnos experiencias para o coñecemento directo do mundo laboral.

COA COLABORACIÓN DOS TITORES PODEN REALIZARSE AS

SEGUINTES ACTIVIDADES

B) Bloques de Contidos e Actividades

1º.- Autocoñecemento

Cuestionarios (ESO, BACH): 1º e 2º T

Inventarios de Intereses (BACH): 1º e 2º T

2º.- Coñecemento do sistema educativo

Analizar folletos e publicacións

Esquemas

Vídeos

Charlas informativas das Universidades de Galicia

Dar a coñecer organigrama do sistema educativo

Acceso á Universidade

Visitas a eventos informativos sobre FP e Universidades

3º.- Coñecemento do mercado laboral

Escoller profesións e visitar centros onde se imparte a formación que requiren estas.

Analizar novas profesións

Recibir charlas de profesionais

4º.- Procesos de inserción socioprofesional

Observar modelos de “curriculum vitae”.

Seleccionar ofertas de emprego e agruparlas en familias profesionais.

Proporcionar información básica sobre contratación

Informar sobre organismos e institucións relacionados coa oferta de emprego.

Page 22: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

22

3.4. PLAN DE CHARLAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

Para este curso (2021-2022 dada a situación creada polo COVID-19 non temos asegurada a

realización das charlas habituais:

a) ALUMNADO

As consecuencias dos accidentes (AESLEME) .

Os perigos de Internet (POLICÍA NACIONAL)

Prevención consumo de drogas (CONCELLO DE VIGO/ALBORADA)

Universidade de VIGO

Universidade de SANTIAGO

Universidade de A CORUÑA

Tamén as seguintes actividades:

Visitas a UNITOUR para Bacharelato.

Obradoiros de Educación Afectivo-Sexual para alumnado da ESO.

Charla de antigos alumnos/as para 2º BACH

Obradoiro contra a violencia de xénero

b) FAMILIAS (en colaboración coa ANPA)

Tendo en conta a escasa asistencia ao programa de charlas para as familias realizado en

cursos anteriores, neste curso limitarémonos a potenciar a colaboración da ANPA co Concello

de Vigo para que a Asociación se encargue de programar as charlas que consideren convintes

e crear una dinámica que favoreza unha maior participación das familias.

4.- OS CENTROS ADSCRITOS

Ao igual que o Instituto, este Departamento de Orientación ten os seguintes centros adscritos:

CPI CARRASQUEIRA

CPI RÍA DE VIGO

Page 23: PLAN DE ORIENTACION CURSO 2021-22

23

CPI A PAZ TINTUREIRA

CPI PÁRROCO DON CAMILO

Todos estos centros, xa foron dotados de Departamento de Orientación propio, polo que de

acordo coas orientacións xerais debatidas na reunión inicial eles levan a cabo o seu propio

Plan de Orientación. Neste sentido, o labor desta Xefatura de Departamento límitase, segundo

a normativa, a coordinar as actuacións destes departamentos.

Nas reunión con estes Departamentos se tratan temas como:

organización de apoios,

recursos a utilizar,

preparación das Xornadas de Acollida ,

alumnado con dificultades que vai matricularse no IES CORUXO

Vigo, a 20 de setembro de 2021

Asdo. Francisco Insua Meirás

Xefe Departamento Orientación