plan anual do departamento de orientaciÓn€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso....

98
PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN IESMIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ CURSO ACADÉMICO: 2019-2020

Upload: others

Post on 15-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO

DE ORIENTACIÓN

IESMIGUEL ÁNGEL GONZÁLEZ ESTÉVEZ

CURSO ACADÉMICO: 2019-2020

Page 2: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 2 -

INDICE

1.- INTRODUCCIÓN: Páx. 5

1.1.- MARCO TEÓRICO. Páx. 5-8

1.1.1.- QUE É ORIENTACIÓN. Páx. 8

1.1.2.- PRINCIPIOS DA ORIENTACIÓN. Páx. 8-9

1.2.- MARCO LEXISLATIVO. Páx. 9-13

2.- XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO: Páx. 14

2.1.- ANÁLISE DO CONTEXTO. Páx. 14-20

2.2.- ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DO DPTO. DE ORIENTACIÓN. Páx. 20-21

3.- OBXECTIVOS. Páx. 22

3.1.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS. Páx. 23-24

4.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS: Páx. 25-27

4.1.- PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA – APRENDIZAXE. ATENCIÓN Á

DIVERSIDADE: Páx. 28

4.1.1- OBXETIVOS XERAIS E ACTUACIÓNS. Pax. 28-32

4.1.2- ACTIVIDADES. Pax. 32-33

4.1.3- RECURSOS. Pax. 33-34

4.1.4- AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN. Pax. 34

Page 3: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 3 -

4.2.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL ( PAT ): PAX. 35

4.2.1- INTRODUCCIÓN. Páx. 35-36

4.2.2- OBXETIVOS DO PAT. Páx. 37-39

4.2.3- ACTUACIÓNS PARA DESENVOLVER NA ACCIÓN TITORIAL. Páx. 40-51

PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 1º DA ESO.

PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 2º DA ESO.

PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 3º DA ESO.

PLAN DE ACTIVIDADES: TITORIAS DE 4º DA ESO.

4.2.4- PROGRAMA BÁSICO DE HABILIDADES SOCIAIS. Páx. 52-53

4.2.5- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E OS EQUIPOS EDUCATIVOS. Páx. 54-55

4.2.6- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E AS FAMILIAS. Páx. 55-56

4.2.7- METODOLOXIA. Páx. 56

4.2.8- RECURSOS. Páx. 56

4.2.9- AVALIACIÓN DO PAT. Páx. 57

4.2.10.- OUTRAS ACTUACIÓNS. Páx.58

4.3.- PLAN DE ORIENTACION ACADÉMICA E PROFESIONAL ( POAP ):Pax. 59

4.3.1- INTRODUCCIÓN.Pax. 59-61

4.3.2- MADUREZ VOCACIONAL E ELECCIÓN PROFESIONAL. Pax. 61

Page 4: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 4 -

4.3.3- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN. Pax. 62

4.3.4- OBXETIVOS. Pax. 62-64

4.3.5- ACTUACIÓNS. Pax. 65-66

4.3.6- BLOQUES TEMÁTICOS. Pax. 66-68

4.3.7- ACTIVIDADES. Pax. 68-69

4.3.8- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN. Pax. 69-70

4.3.9- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN. Pax. 71-72

ANEXO I. PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA. Pax.73-98

Page 5: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 5 -

1.- INTRODUCCIÓN

1.1.- MARCO TEÓRICO

A importancia da orientación educativa xurde directamente das propias características

do sistema educativo e das condicións do mundo laboral. Por unha parte, hai unha serie de

factores que se derivan do propio sistema educativo que fan necesaria a orientación, entre

estes cabe sinalar os seguintes:

A ampliación do período de escolarización, no que hai que atender a un amplo e

heteroxéneo alumnado con diferentes intereses, motivacións e aptitudes, fai

necesario o deseño e implementación de medidas de atención a esa diversidade.

Relacionado con isto, o recoñecemento do dereito do alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo, a ser atendidos nos contornos máis normalizados,

seguindo os principios de integración escolar propugnados no artigo 49 da

Constitución; así mesmo o Real Decreto 1/2013 polo que se aproba o texto

Refundido da Lei Xeral de Dereitos das persoas con discapacidade e a súa

integración social e nas leis que se desenvolven, afondan, tamén, na necesidade da

orientación no sistema educativo.

Por último, a maior complexidade das opcións formativas que se ofertan ós

alumnos/as, concretadas no espazo de opcionalidade, itinerarios e modalidades de

bacharelato, a estruturación da formación profesional en familias profesionais e

ciclos formativos e tamén a crecente oferta de titulacións universitarias, moitas

delas novidosas, son outro motivo da necesidade da orientación vocacional.

Ademais das necesidades orientadoras ligadas ó sistema educativo, á estrutura

socio-produtiva, caracterizada polos cambios tecnolóxicos rápidos que levan

aparellados transformacións de profesións, así como a aparición e desaparición

doutras, xunto á inestabilidade e precariedade laboral que caracteriza o mercado

laboral, dificultan notablemente a toma de decisións vocacionais do alumnado.

Page 6: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 6 -

Isto esixe unha intervención orientadora sistemática dende a escola de cara a

desenvolver a madurez vocacional da xente nova.

Seguindo a Bisquerra, entendemos a orientación como “o proceso de axuda continuo e

sistemático, dirixido a tódalas persoas, en tódolos aspectos, poñendo un énfase especial na

prevención e no desenvolvemento coa implicación de diferentes axentes educativos

(titores/as, orientadores/as, profesores/as).

No marco da nova reforma educativa, considerase a orientación como algo

inherente á propia educación, que trata de contribuír á formación integral do alumnado, á

implicación e ao seguimento das familias e do resto dos axentes da comunidade educativa.

A súa tarefa consiste en promover e facilitar o desenvolvemento persoal, educativo e

profesional do alumnado a través da axuda técnica e do asesoramento necesarios.

A orientación e a acción titorial convértense nun dos factores determinantes da

calidade e mellora do ensino. Así aparece na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio de

educación e se ratifica a Lei Orgánica para a Mellora Da Calidade Educativa 8/2013, Artigo

1, “A orientación educativa e profesional dos estudantes, como medio necesario para o

logro dunha formación personalizada, que propicie unha educación integral en

coñecementos, destrezas e valores”.

Coa LOMCE e en liña coa recomendación 2006/962/EC, do 18 de decembro de

2006, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre as competencias clave para a

aprendizaxe permanente, incorpóranse ao currículo e considérase que “as competencias

claves son aquelas que todas as persoas precisan para a súa realización e o seu

desenvolvemento persoal, así como para a cidadanía activa, a inclusión social e o

emprego”.

A orientación enténdese como un continuo que comeza coa escolarización do

alumnado e remata ao final do ensino universitario; un continuo que inclúe a toda a

poboación escolar ao marxe do tipo e grao de diversidade que presente.

Page 7: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 7 -

Os principios sobre os que se fundamenta o concepto e as funcións de orientación,

coherentes cos de comprensividade e diversidade, fan referencia a unha tarefa:

xeneralizada, continuada, preventiva, integrada na función docente, potenciadora da

intervención social e respectuosa coa orixinalidade do alumnado.

Os distintos documentos lexislativos sinalan que a función orientadora e titorial

constitúen os servizos que o sistema educativo oferta co obxectivo de optimizar o ensino. A

orientación enténdese como un continuo ó longo de todo o proceso educativo do

alumnado, dende o comezo da súa escolarización, un continuo que inclúe a toda a

poboación escolar á marxe do tipo e grao de diversidade que presente.

Dita orientación será unha tarefa educativa máis que debe estar plenamente

integrada no deseño curricular seguido polo centro, dita tarefa cooperativa será

competencia de todo o profesorado e en especial dos titores e do propio Departamento de

Orientación. Deste xeito orientar será educar para a vida (que as aprendizaxes dos alumnos

sexan funcionais) e educar na capacidade de tomar decisións.

A nivel legal a orientación educativa e profesional na ensinanza secundaria queda

vertebrada e desenvólvese en tres niveis:

Na aula, acción titorial.

No centro, departamento de orientación.

Servizos externos, equipos de orientación específicos.

Todo isto baixo unha formulación sistémica de intervención, é dicir, orientación como

proceso e responsabilidade compartida por todo o equipo docente, coordinada polo

orientador e máis polos servizos externos de apoio.

Page 8: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 8 -

O feito de que a orientación se considere como un proceso continuo e global que inclúe

a toda a poboación escolar e cuxa finalidade última é a formación integral do alumnado en

tódalas súas dimensións, esixe que aquela sexa unha tarefa compartida por toda a

comunidade educativa, asesorados polos Departamentos de Orientación, e implica a

superación de modelos de actuación de carácter clínico.

Na actualidade todo apunta a que o Modelo de Intervención por Programas é o máis

adecuado de cara a ofertar unha orientación que supere a intervención reactiva, na

dirección de artellar intervencións proactivas, dirixidas ao conxunto da comunidade

educativa.

Nas actividades orientadoras que realice o Departamento de Orientación combinarase

a intervención baseada en Programas, coas necesarias intervencións individualizadas de

asesoramento e consulta aos diferentes membros da comunidade educativa, cando sexa

necesario, a orientadora participará directamente na implementación dos programas

deseñados.

1.1.1 Que é orientación?

É unha tarefa cooperativa, competencia de todo o profesorado, especialmente dos

titores e apoiado no departamento de orientación. É responsabilidade do equipo directivo,

dos profesores/as e das propias familias. Constitúe unha axuda ou asistencia técnica

estimulante, pero non supoñerá a asunción da liberdade do orientado na súa toma de

decisións, o que constitúe unha responsabilidade persoal e intransferible.

Orientar é, polo tanto, educar para a vida e educar na capacidade para tomar

decisións.

Educar para a vida, as aprendizaxes que realizan os/as alumnos/as deben ser

funcionais, estar en conexión co seu medio e gardar relación co futuro que lles espera.

Page 9: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 9 -

Educar na capacidade para tomar decisións, asesorando aos/as alumnos/as sobre os

diferentes itinerarios e opcións, facilitándolles coñecemento de si mesmos e capacitándoos

para a aprendizaxe.

1.1.2.- Principios da orientación.

A concepción da orientación está sustentada e fundamentada nos principios de

prevención, desenvolvemento e intervención social. A acción orientadora deberíase

anticipar ás situacións ter en conta a necesidade real e non centrarse nunha demanda

concreta:

.- Prevención: orientación como un dereito de todo educando en todo momento e non

unicamente cando aparece unha problemática específica.

.- Desenvolvemento: os/as alumnos/as na súa interacción co medio van estruturando as

súas capacidades, habilidades e destrezas e maila a súa personalidade. Trátase de crear un

contexto motivador que estimule eses cambios.

.- Intervención social: a intervención orientadora non debe ter en conta só ó individuo,

senón que debe dirixirse ó contexto educativo e social no que se desenvolve.

1.2.- MARCO LEXISLATIVO

As actuacións que se leven a cabo dende o Departamento de Orientación partirán en

todo caso do sinalado nas disposicións seguintes:

Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, reguladora do dereito á educación.

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Lei Orgánica 8/2013, de decembro, para a mellora da calidade educativa

Real Decreto 83/1996, de 26 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento

Orgánico dos Institutos de Educación Secundaria.

Page 10: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 10 -

Decreto 324/1996, de 26 de xullo, polo que se aproba o regulamento orgánico dos

Institutos de Educación Secundaria.

Orde do 1 de agosto de 1997 polo que se ditan instrucións para o desenvolvemento

do Decreto 324/1996 polo que se aproba o regulamento orgánico dos Institutos de

Educación Secundaria e se establece a súa organización e funcionamento.

Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo

básico da Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación

secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro, de medidas urxentes para a ampliación

do calendario de implementación da Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a

mellora da calidade educativa.

Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a

obtención dos títulos de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria e de

Bacharelato, de acordo co disposto no Real Decreto-lei 5/2016, de 9 de decembro,

de medidas urxentes para a ampliación do calendario de implementación da Lei

Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa.

Resolución do 20 de xullo de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o

desenvolvemento, no curso académico 2017/18, do currículo establecido no

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do

bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Decreto 107/2014 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos de

Formación Profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema

educativo en Galicia e se establecen vinte e un currículos de títulos profesionais

básicos.

Decreto 120/1998, de 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e

profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 11: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 11 -

Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se establece a organización e o funcionamento

da Orientación Educativa e Profesional na Comunidade Autónoma de Galicia

regulado polo Decreto 120/1998.

Circular 18/2007 das Direccións Xerais de Ordenación e Innovación Educativas de

Formación Profesional e Ensinanzas Especiais pola que se ditan instrucións para

unificar as actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación

educativa e profesional das ensinanzas escolares de Galicia.

Circular 10/ 2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa pola que se ditan instrucións para coordinar as actuacións

prioritarias dos servizos de orientación educativa e profesional na comunidade

autónoma de Galicia.

Resolución do 11 de maio de 2018, da Dirección Xeral de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o

desenvolvemento, no curso académico 2018/ 2019, do currículo establecido no

Decreto 86/ 2015, do 25 de xuño, de educación Secundaria obrigatoria e do

bacharelato, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Resolución do 16 de abril de 2019, da dirección de Educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o

desenvolvemento da avaliación final da educación secundaria obrigatoria nos centros

docentes da Comunidade autónoma de Galicia para o curso escolar 2018/2019.

Orde do 20 de xuño de 2019 pola que se aproba o calendario escolar para o curso

2019/2020 nos centros sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de

Galicia.

Resolución do 29 de maio de 2019, da dirección Xeral de educación, Formación

Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o

desenvolvemento, no curso académico 2019/2020, do currículo establecido no

Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do

Bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

Page 12: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 12 -

E outras disposicións relevantes para o traballo a desenvolver polo departamento en

cuestión, como por exemplo, no ámbito da Atención á Diversidade:

- Orde do 6 de outubro de 1995, pola que se regulan as adaptacións do currículo nas

ensinanzas de réxime xeral.

- Orde do 31 de outubro de 1996, pola que se regula a avaliación psicopedagóxica

dos alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais que cursan as

ensinanzas de réxime xeral, e se establece o procedemento e os criterios para a

realización do ditame de escolarización.

- Circular 9/1999 da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación

Profesional pola que se ditan instrucións para a atención á diversidade na

Educación Secundaria Obrigatoria.

- Orde do 27 de decembro de 2002 polo que se establecen as condicións e criterios

para a escolarización en centros sostidos con fondos públicos do alumnado de

ensino non universitario con necesidades educativas especiais (DOG 30-I-2003).

- Orde do 20 de febreiro pola que se establecen as medidas de atención específica ao

alumnado procedente do estranxeiro.

- Circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e

Innovación Educativa, pola que regulan algunhas medidas de atención á diversidade

para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria.

- Decreto 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade

do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se

imparten as ensinanzas establecidas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de

educación.

Page 13: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 13 -

No Ámbito da Convivencia:

Lei 4/2011, de 30 de xuño, de convivencia y participación de la comunidad

educativa.

Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de

xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de

convivencia escolar.

Page 14: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 14 -

2.- XUSTIFICACIÓN BASEADA NO CONTEXTO.

2.1.- ANÁLISE DO CONTEXTO.

O IES Miguel Ángel González Estévez é un centro de Secundaria que conta coa

Etapa de Educación Secundaria Obrigatoria, e coas etapas postobrigatorias de secundaria

como o Bacharelato, coas tres modalidades, Ciencias, Ciencias Sociais e Humanidades e

Artes e no presente curso tamén con dous Ciclos Formativos da familia profesional de

Actividades Físicas, o primeiro curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de

Acondicionamento Físico e o segundo curso do Ciclo Formativo de Grao Superior de

Animación de actividades físicas e deportivas.

Na etapa de Secundaria recibe a maioría do alumnado dun centro de Primaria, o

CEIP Plurilingüe Rosalía de Castro- Carril e algúns alumnos/as dos outros centros de

Vilagarcia como do CEIP A Escardia, do CEIP a Lomba, do CEIP San Tomé ...

Na etapa de Bacharelato ademais dos nosos alumnos/as de cuarto nútrese do

alumnado do IES de Catoira e ao Bacharelato de Artes veñen alumnos de todo o Salnés.

O centro na etapa da ESO, conta con 230 alumnos/as escolarizados no curso 2019-

2020.

Educación Secundaria Obrigatoria:

ESO TOTAL MOZOS MOZAS

1º ESO 59 36 23

2º ESO 63 31 32

3º ESO 61 26 35

4º ESO 47 25 22

TOTAL 230 118 112

Page 15: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 15 -

1º de ESO: Dous grupos cun desdobre en tres grupos en tódalas materias.

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 1º ESO

1ºA 19 12 7 3

1ºB 20 12 8 2

1ºC 20 12 8 3

TOTAL 59 36 23 8

2º de ESO: Tres grupos.

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 2º ESO

2ºA 20 10 11 1

2ºB 21 12 11 1

2ºC 22 9 10 1

TOTAL 63 31 32 3

3º de ESO: Tres grupos.

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 3º ESO

3ºA 20 9 11 1

3ºB 20 7 13 2

3ºC 21 10 11 0

TOTAL 61 26 35

Page 16: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 16 -

4º de ESO: Dous grupos.

ALUMNADO NENOS NENAS REPETIDORES/AS

DE 4º ESO

4ºA 24 12 12 6

4ºA 23 13 10 5

total 47 25 22 11

Etapa de Secundaria Postobrigatoria

1º de Bacharelato: Tres grupos

1º DE BACH ALUMNADO RAPACES RAPAZAS REPETIDORES/AS

DE 1º BACH

1ºA

CIENCIAS

22 12 10 0

1ºB

HUMANID. E

CC.SOCIAIS

30 8 22 4

1ºC

ARTES

16 2 14 2

TOTAL 68 22 46 6

Page 17: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 17 -

2º de Bacharelato: Tres grupos

2º DE

BACH

ALUMNADO RAPACES RAPAZAS REPETIDORES/AS

DE 2º BACH

2ºA

CIENCIAS

42 22 20 1

2ºB

HUMANID.

E

CC.SOCIAIS

24 9 15 3

2ºC

ARTES

31 3 28 2

TOTAL 97 34 63 6

Ciclos Formativos de grao Superior

CLICLOS

FORMATIVOS

ALUMNADO RAPACES RAPAZAS

CFGS

ACD. FÍSICO

29 24 5

CFGS

A.A.F.D.

A.

6 6 0

Page 18: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 18 -

ALUMNADO

CURSO ACADEMICO

2019/2020

TOTAL

MOZOS

MOZAS

ESO 230 118 112

BACHARELATO 165 56 109

CICLOS

FORMATIVOS

35 30 5

TOTAL 430 204 226

No tocante ás Medidas de Atención á Diversidade, para o curso 2019/20, contamos:

1º ESO:

Desdobramento dos dous grupos de primeiro en tres grupos, sendo estes

hetroxéneos.

Programa de reforzo nas materias instrumentais básicas, concretamente

Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura, con 15 alumnos/as que están

exentos da segunda lingua estranxeira.

Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía

Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e

Literatura, Matemáticas.

Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.

Catro alumnos con Adaptación Curricular significativa, un en 1º ESO A e tres

en 1º B.

Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para dous alumnos/as que cursan

este nivel.

Page 19: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 19 -

2º ESO:

Programa de reforzo nas materias instrumentais básicas, concretamente

Matemáticas e Lingua Castelá e Literatura, con ??? alumnos/as que están

exentos da segunda lingua estranxeira.

Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía

Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e

Literatura, Matemáticas, Xeografía e Historia e Tecnoloxía

Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.

Seis alumnos con Adaptación Curricular significativa.

Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para seis alumnos/as que cursan

este nivel.

3º ESO:

Reforzo dentro da aula e fora das profesoras especialistas en Pedagoxía

Terapéutica nas materias de Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e

Literatura e Matemáticas Aplicadas

Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.

Catro alumnos/as con Adaptación Curricular significativa.

Aplicación do protocolo de TDAH y TEA para catro alumnos/as que cursan

este nivel.

4º ESO:

Reforzo específico por parte dos profesores/as das distintas materias.

Seguimento titorial e familiar e apoio específico dos prefesores/as das

distintas materias, seguindo o protocolo de TDAH para tres alumnos/as que

cursan este nivel.

Page 20: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 20 -

Coordinación e seguimento coa ONCE por una alumno con deficiencia visual

en 4º ESO A.

Optatividade que responde as necesidades e intereses do alumnado

Nos cursos de bacharelato mantense a aplicación do protocolo de TDAH xa que

contamos con dous alumnos/as en 1º e catro en 2º bacharelato.

A avaliación destas necesidades aquí sinaladas constitúe o punto de partida da

intervención orientadora nun modelo de Intervención por programas. Trátase de analizar o

contexto educativo concreto, para determinar as posibles necesidades de orientación e

despois priorizalas. Para realizar o noso plan de actuación debemos partir dunha análise do

PEC, e da Memoria Anual do Departamento de Orientación, tendo en conta as

características dos diferentes membros que compoñen a comunidade educativa, entorno

socio-económico e cultural, centro, alumnos/as e familias.

O claustro está constituído no curso 2019/2020 por 50 profesores/as.

O horario de apertura do instituto durante o curso 2019-2020 será de Luns a

Venres, de 9.00 a 14.35, e os martes de 16.30 a 18.10.

2.2.-ESTRUCTURA ORGANIZATIVA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN.

O departamento de Orientación leva a cabo unha importante labor sobre todo en

relación coa orientación académica e profesional do alumnado, e o traballo a desenvolver

en relación ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O Departamento de Orientación para o curso 2019/20 estará composto por:

Xefa do Departamento de orientación . .................. Cristina Goris Mayán

Prof. Ped. Terapéutica:…......................................... Amparo Sobrado Janeiro

Prof. Ped. Terapéutica:…......................................... Natalia María Santos Raposo

Page 21: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 21 -

Titora do Ámbito Socio-Lingüístico:.........................

Titora do Ámbito Científico-Técnico:.......................

Para realizar o Plan anual de actuación, fundamentámonos nos diferentes documentos

do centro, así como nos datos da memoria final do pasado curso e as propostas e

modificacións feitas para levar a cabo neste curso académico.

Tódolos membros do departamento de orientación farán unha reunión mensual do

departamento de orientación do IES, e unha semanal de atención aos pais e nais do

alumnado, ademais daqueloutras de carácter extraordinario que se consideren necesarias.

No horario da Xefa do Departamento de orientación, a orientadora terá unha hora á

semana de coordinación cos titores da E.S.O. por cada nivel educativo.

Con respecto á coordinación externa, co fin de asegurar a coordinación entre o

Departamento e as diferentes institucións do entorno (centros adscritos y da zona,

institucións sanitarias, servizos sociais do concello, servizos de emprego, empresas, Spad

de Vilagarcía….) manteremos contactos periódicos conforme vaian xurdindo necesidades

ou conforme vaiamos desenvolvendo as actuacións programadas.

Ó remate do curso académico a xefatura do departamento de orientación, redactará

unha memoria na que se recollan as modificacións introducidas no proceso de

desenvolvemento do Plan ou programas; a valoración do grao de consecución de

obxectivos establecidos no Plan Anual; a implicación e participación dos diferentes

profesionais que colaboren nel; e as conclusións e propostas concretas de mellora.

Page 22: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 22 -

3.- OBXECTIVOS:

Tendo en conta todo o sinalado ao longo do punto anterior, os obxectivos xerais

que se perseguirán dende o Departamento de Orientación deste centro durante o presente

curso académico 2019- 20 serán os seguintes:

1. Contribuír á persoalizacion da educación favorecendo o desenvolvemento de

tódolos aspectos da persoa concreta e individualizada.

2. Prever as dificultades de aprendizaxe e contribuír a superalas cando se

produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades particulares do

alumnado.

3. Favorecer os procesos de madurez persoal, social e profesional así como o

desenvolvemento da propia identidade e dun sistema de valores.

4. Resaltar os aspectos orientadores da educación: “orientación en/e para a

vida”, atendendo ó contexto real dos alumnos e ó futuro que poidan proxectar para

si mesmos, favorecendo a adquisición de aprendizaxes funcionais.

5. Contribuír na axeitada relación e coordinación entre os distintos integrantes

da comunidade educativa para favorecer o desenvolvemento integral do alumno

Co traballo que se pretende levar a cabo arredor destes obxectivos xerais inténtase

abarcar tres dimensións fundamentais do alumnado como son:

Persoal e familiar, entendendo ao alumnado como persoa individual que

forma parte dunha familia.

Escolar e social, entendendo ao alumno como persoa que interacciona con

outros e que debe integrarse na sociedade.

Vocacional e profesional, entendendo o/a alumno/a como unha persoa que

deseña o seu propio proxecto de vida e se prepara para a súa inserción

profesional.

Page 23: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 23 -

3.1 Obxectivos específicos:

Respecto ao profesorado:

Asesorar ós órganos directivos en aspectos psicopedagóxicos e colaborar con eles na

organización e planificación de actividades educativas do centro.

Deseñar xunto ao profesorado medidas de reforzo, Adaptacións curriculares,

Programas de Reforzo.

Colaborar co profesorado na prevención e detección de dificultades e problemas de

aprendizaxe nos alumnos/as.

Asesorar ó profesorado para a realización dunha avaliación inicial, continua e

integradora, unificando criterios e procedementos para a avaliación e promoción dos

alumnos.

Asesorar ao profesorado sobre as medidas de atención a diversidade que se pretenden

levar a cabo neste curso.

Colaborar na axeitada coordinación e asesoramento aos equipos docentes, a través da

labor titorial, para atender de xeito integral as necesidades do alumnado.

Coordinar a labor dos/as titores/as, segundo o Plan de Acción Titorial e plantexar as

modificacións oportunas en dito Plan.

Asesorar e colaborar co profesorado que o demande nos tres ámbitos de actuación da

orientación.

Colaborar cos departamentos que o precisen sobre as medidas de atención á

diversidade, segundo o PXAD.

Respecto ao alumnado:

Proporcionar aos alumnos estratexias e procedementos que faciliten o seu proceso de

aprendizaxe.

Contribuír, na ESO, á consolidación, no alumnado, a través do PAT e dos programas que

se realicen, de hábitos de estudo e de traballo; preparalos/as para a súa incorporación

a estudos posteriores e para a súa inserción laboral, e formalos/as para o exercicio dos

seus dereitos e das súas obrigas na vida como cidadáns e cidadás.

Page 24: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 24 -

Contribuír a que o alumnado adquira formación, madureza intelectual e humana,

coñecementos e habilidades que lle permitan desenvolver funcións sociais e

incorporarse á vida activa con responsabilidade e competencia.

Informar e asesorar, ao alumnado, sobre as súas posibilidades educativas e sociais.

Favorecer o desenvolvemento vocacional.

Respecto ás familias:

Fomentar e facilitar as relacións dos pais e nais cos profesores/as para atopar solucións

os problemas educativos que afecten os seus fillos.

Implicar ós pais nas actividades de apoio e reforzo dos seus fillos, principalmente en

alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

Establecer canles de comunicación, coordinación e colaboración, a través do PAT, para

a súa implicación no proceso de formación persoal e escolar dos seus fillos.

Potenciar a súa participación a través de reunións, entrevistas, colaboración coas

ANPAs, información na web, nas diferentes actuacións e programas que se establezan

dentro do ámbito de actuación da orientación.

Respecto ao centro:

Colaborar e asesorar na elaboración e nas modificacións dos diferentes documentos do

centro e en especial nos que afecten ao relacionado coa orientación académica e

profesional e a atención a diversidade.

Implicar ao departamento de orientación na mellora da convivencia escolar.

Asesorar e colaborar na organización e funcionamento xeral do IES.

Respecto a outros organismos e institucións:

Contacto, colaboración e coordinación co Concello e cos seus servizos, en especial co

de educación e servizos sociais.

Contacto, coordinación e colaboración cos equipos de orientación específicos de

Pontevedra.

Page 25: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 25 -

4.- PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS.

Definición de accións prioritarias.

Primeiro trimestre:

Constitución do departamento de orientación.

Revisión e, se procede, modificación do Plan de Acción Titorial, do Plan de

Orientación Académica e Profesional e do Plan de Apoio ao Proceso de ensino-

aprendizaxe.

Avaliación psicopedagóxica de alumnos con necesidades específicas de apoio

educativo e proposta das medidas curriculares oportunas.

Revisión e, se procede, actualización dos informes que poida presentar o alumnado

con necesidades específicas de apoio educativo escolarizados no centro.

Organización e coordinación da labor a desenvolver durante o curso polas

profesoras especialistas de Pedagoxía Terapéutica.

Organización e coordinación da labor a desenvolver ao longo do curso polos titores

dos ámbitos lingüístico-social e científico-técnico asignados ao departamento.

Coordinación, xunto coa Xefatura de Estudos, do traballo a desenvolver polos

titores/as cos seus respectivos grupos de alumnos e alumnas.

Posta en contacto e reforzar a coordinación co centro adscrito e planificación do

traballo a desenvolver no mesmo no ámbito de orientación.

Desenvolvemento dos Planos de Acción Titorial, Apoio ao Proceso de Ensino-

aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional, desenvolvemento dos

programas a tratar dende cada ámbito.

Posta en marcha do Plan de Convivencia e actuacións de carácter anual.

Elaboración e desenvolvemento da concreción anual do Plan Xeral de Atención á

Diversidade.

Ter en conta as competencias claves sinaladas na LOMCE e contribuír ao seu

desenvolvemento e avaliación no alumnado, nas actividades realizadas dende o

PAT, de POAP e nas intervencións de atención a diversidade.

Page 26: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 26 -

Continuar co coñecemento e co establecemento de canles de colaboración e

coordinación cos diferentes servizos do Concello.

Segundo trimestre:

Avaliación psicopedagóxica de alumnos con necesidades específicas de apoio

educativo e, proposta das medidas curriculares oportunas.

Aplicación de programas de intervención específicos en función das necesidades

detectadas ao longo do trimestre anterior.

Establecemento de contactos periódicos cos responsables da orientación no centro

adscrito ao IES.

Atención ás demandas que poidan ir xurdindo por parte de calquera membro da

comunidade educativa.

Desenvolvemento dos Planos de Acción Titorial, Apoio ao Proceso de Ensino-

aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional.

Terceiro trimestre:

Aplicación de programas de intervención específicos.

Desenvolvemento dos planos de Acción Titorial, Apoio ao proceso de

Ensino-aprendizaxe e de Orientación Académica e Profesional.

Proposta das medidas curriculares que se consideren máis oportunas para

os alumnos con necesidades específicas de apoio educativo (continuación).

Identificación e elaboración dun pequeno informe de todos os alumnos con

necesidades específicas de apoio educativo que se poidan incorporar ao

centro no vindeiro curso, todo elo en colaboración cos responsables dos

centros de procedencia.

Análise e avaliación do traballo desenvolvido ao longo do curso, así como

detección das necesidades que no ámbito da orientación será preciso

solventar no futuro, establecendo as liñas prioritarias de traballo a seguir en

vindeiros cursos.

Page 27: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 27 -

A todas estas actuacións é preciso engadir outras que, debido ao seu carácter xeral,

non se poden concretar nun período de tempo específico. Trátase, en concreto, de

actuacións coma as seguintes.

o Dotación do Departamento de Orientación de todos aqueles recursos técnicos e

materiais que se consideren oportunos e necesarios.

o Participación do Departamento de Orientación na revisión e, se procede

modificación ou elaboración dos documentos do centro.

o Establecemento de contactos cos servizos educativos, sociais, culturais, presentes

no contorno en que se ubica o centro para o desenvolvemento de accións

conxuntas.

o Asesoramento e apoio, tanto colectivo como puntual/individual, aos distintos

grupos que constitúen a comunidade educativa.

o Implementación dos programas elixidos en cada ámbito dende o PAT ( Plan de

acción titorial), POAP, e na Atención á diversidade.

Convén sinalar que as accións aquí enumeradas constitúen, como o seu propio nome

indica, liñas xerais de actuación que será preciso concretar ao longo do curso e dentro dos

ámbitos de :

Plan de Apoio ao proceso de Ensino-aprendizaxe. Atención á diversidade.

Plan de Acción Titorial. Potenciación da Acción titorial.

Plan de Orientación académica e profesional.

A continuación desenvolveránse as actuacións dende cada un destes Plans.

Page 28: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 28 -

4.1.- PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA – APRENDIZAXE

4.1.1.- OBXECTIVOS XERAIS

ACTUACIÓNS

Asesoramento Curricular e

organizativo:

Colaborar, xunto co resto dos

Departamentos, na revisión,

modificación e elaboración dos

documentos de centro.

Formular propostas á Comisión de

Coordinación Pedagóxica sobre

aspectos psicopedagóxicos.

Facilitar o desenvolvemento

curricular e metodolóxico da

LOMCE e o seu traslado á práctica

docente.

Informar á CCP da lexislación

referida a algún dos ámbitos de

actuación do Departamento,

favorecendo a comprensión da

lexislación novidosa.

Asesorar sobre as modificacións

pertinentes na implantación da

nova lei educativa LOMCE,

calendario e modificacións.

Traballar dende a CCP aspectos

metodolóxicos e da avaliación das

Difusión e análise de toda a normativa

vixente e de todas as novidades

lexislativas. (LOMCE).

Revisión, adaptación e difusión dos

criterios de avaliación, promoción e

titulación da ESO, Bacharelato e Ciclos

Formativos de Grao Superior.

Asesoramento ao profesorado en aspectos

metodolóxicos e organizativos das

programacións da aula.

Informe inicial do presente curso

académico, onde se fai una valoración da

situación académica de todo o alumnado

da ESO.

Valoración global das aptitudes escolares

do alumnado do Primeiro Ciclo da ESO.

(1º, 2º e 3º da ESO.)

Informe trimestral de Avaliación,

realizando unha valoración cuantitativa e

cualitativa dos resultados académicos,

analizando os factores e causas dos

Page 29: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 29 -

Competencias.

Asesorar no desenvolvemento do

NOF.

Desenvolver o Plan de Atención a

Diversidade.

Colaborar no desenvolvemento do

Plan de Convivencia do centro.

Participar nas reunión da CCP,

realizando propostas para a

adecuación dos diferentes

proxectos do centro á realidade na

que nos desenvolvemos.

Participar nos procesos de

avaliación e seguimento do

alumnado, así como na avaliación

do centro, propoñendo medidas

para mellorar as súas aprendizaxes.

Asesorar aos equipos educativos

nas fases de deseño,

desenvolvemento e avaliación do

proceso de ensino- aprendizaxe.

Buscar a cooperación entre tódolos

responsables do proceso de

ensinanza- aprendizaxe do

alumnado para optimizar os

resultados do mesmo e conseguir o

desenvolvemento integral dos/as

alumnos/as.

mesmos, así como propoñer propostas de

mellora psicopedagóxicas que favorezan o

proceso de ensinanza/ aprendizaxe do

alumnado.

Elaboración do boletín informativo a pais

e nais.

Implicación no desenvolvemento do Plan

Lector.

Participar na avaliación inicial do

alumnado.

Elaboración e desenvolvemento do Plan

Xeral de Atención á Diversidade.

Participar no desenvolvemento do Plan de

convivencia mediante a posta en marcha

de programas específicos que impliquen

una mellora da convivencia.

Contribuír a fixar pautas e estratexias de

traballo na posible revisión e elaboración

do PEC, especialmente nas decisións

relacionadas cos aspectos

psicopedagóxicos e metodolóxicos, na

avaliación, na atención a diversidade, nos

Page 30: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 30 -

Colaborar co profesorado na

prevención e detección de

necesidades e problemas de

aprendizaxe e na planificación e

realización de tarefas ou

actividades dirixidas a súa solución.

temas transversais, na titoría e na

orientación.

Desenvolvemento da concreción do plan

xeral de atención a diversidade na PXA en

coordinación co Equipo Directivo.

Atención á Diversidade e ao

alumnado con Necesidades Específicas

de Apoio Educativo( Orientadora e

profesoras de pedagoxía terapéutica):

Detectar e previr as necesidades de

aprendizaxe que presentan os

alumnos/as neste centro.

Prestar atención e apoio( directo/

indirecto) ás necesidades de

aprendizaxe que se detecten para

posibilitar situacións que

enriquezan a aprendizaxe e

desenvolvemento dos alumnos/as

que as manifesten.

Proporcionar ao alumnado una

resposta educativa de calidade que

posibilite o máximo

Posta en marcha do Plan de Atención á

Diversidade.

Adaptacións de Aula e medidas de reforzo

educativo. Asesoramento nos programas

de reforzo e asesoramento nos informes

dos alumnos/as propostos para esta

materia.

Participar xunto ao profesorado na

prevención e detección de problemas de

aprendizaxe e outras necesidades,

realizando as avaliacións psicopedagóxicas

necesarias.

Realizar informes iniciais de

asesoramento para o profesorado

implicado na ensinanza dos alumnos/as

de NEAE.

Elaboración, asesoramento e coordinación

das Adaptacións Curriculares.

Page 31: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 31 -

desenvolvemento das súas

potencialidades.

Organizar recursos persoais e

materiais ao departamento de

orientación para facilitar una

resposta educativa adecuada a todo

o alumnado.

Propoñer á CCP os criterios e

procedementos para a realización

das adaptacións curriculares.

Realizar o seguimento do proceso

de aprendizaxe do alumnado que

presente dificultades de

aprendizaxe, que se incorpora do

estranxeiro ou necesidades

educativas asociadas a

sobredotación intelectual e TDAH.

Fomentar a participación,

colaboración e implicación das

familias no proceso educativo dos

seus fillos.

Colaborar na organización de actividades

de apoio e reforzo e realizar o seguimento

das ACIS.

Elaboración dos Informes

Psicopedagóxicos de aqueles alumnos/as

nos cales detéctanse dificultades no seu

proceso de ensinanza/ aprendizaxe.

Actualización dos Informes

psicopedagóxicos do alumnado que

presenta NEAE.

Elaboración dos informes educativos do

departamento de Orientación del

alumnado que solicita as bolsas do MEC

para alumnado NEAE.

Informes do seguimento das reunións de

Equipos Educativos e sesións de

Avaliación.

Informes do alumnado proposto para

cursar a Formación Profesional Básica ou

PMAR.

Elaboración do Proxecto de PMAR, no

caso de solicitar dita medida para o

seguinte curso académico.

Entrevistas coas familias de todo o

alumnado que leve medidas de atención a

diversidade, para comunicarlles a decisión

e coñecer a súa aceptación o

rexeitamento da mesma.

Page 32: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 32 -

Manter entrevistas e encontros cos

profesores/as, alumnos/as, e familias co

fin de recoller e achegar a información e a

cooperación precisas para dar resposta as

necesidades do alumnado.

Seguimento dos plans de recuperación de

os/as alumnos/as con materias pendentes

de cursos anteriores. (Modelo entregado

pola Inspección educativa).

Seguimento dos plans de Recuperación

dos/as alumnos/as repetidores de cada

curso. (Modelo entregado pola Inspección

educativa).

4.1.2.- ACTIVIDADES A DESENVOLVER RESPECTO A:

Centro/ Profesores:

- Participación activa nas reunións da Comisión de Coordinación Pedagóxica,

asesorando nos aspectos psicopedagóxicos e metodolóxicos ou en calquera

outro tema.

- Colaborar cos Departamentos Didácticos na planificación e seguimento das

diferentes medidas de atención á diversidade que teñamos postas en marcha,

reforzos educativos, apoios, adaptacións curriculares, ,...

- Asesorar ao profesorado na elaboración das programacións didácticas.

- Asesorar ó profesorado sobre criterios metodolóxicos que poidan previr

dificultades de aprendizaxe.

- Colaborar co centro adscrito en cantas actividades sexa requirida.

Page 33: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 33 -

Alumnos/as:

- Colaborar na realización das avaliacións iniciais proporcionando asesoramento e

apoio técnico sobre a súa realización.

- Aplicación de probas psicométricas ós alumnos de 1º y 2º de ESO como medida

preventiva e co fin de dar resposta ás súas necesidades.

- Realizar as avaliacións psicopedagóxicas cando sexa necesario.

- Planificar xunto cos titores, actividades de mellora das técnicas e estratexias de

aprendizaxe dos alumnos.

- Seguimento dos alumnos que presenten dificultades académicas para adoptar

algunha medida de atención.

- Realizar sesións de orientación académica e profesional.

Familias:

- Orientar ás familias sobre calquera aspecto ou dúbida que poida xurdir respecto

ó proceso de ensinanza- aprendizaxe do seu fillo/a.

- Entrevistas individuais co/a titor/a e a orientadora cando sexa necesario.

- Proporcionarlles información sobre as diferentes opcións académicas que poida

seguir o seu fillo/a e implicalos no proceso educativo.

- Reunións iniciais para explicar as características do desenvolvemento evolutivo

no que se encontran os seus fillos/as e os aspectos fundamentais do seu curso.

- Reunións de orientación educativo-profesional no terceiro trimestre.

4.1.3.- RECURSOS:

A nivel xeral podemos distibguir entre :

- Persoais: Equipo Directivo, Equipo docente, membros do

Departamento de Orientación, equipo de orientación específico,

pais, servizos sociais, Servizo de Inspección Educativa,...

Page 34: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 34 -

- Materiais: bibliográfico, webgráfico, material elaborado polo

Departamento de Orientación,...

4.1.4.- AVALIACIÓN E SEGUIMENTO DO PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINANZA

APRENDIZAXE.

Este plan está sometido a un proceso continuo de avaliación que se desenvolverá

en diferentes momentos, para conseguir a coherencia que precisa.

Estes momentos son:

Avaliación inicial: realizada ao comezo do proceso de planificación para adaptar o

plan ao entorno onde vai a desenrolarse.

Avaliación procesual: posúe un carácter formativo dado que fai posíbel o

seguimento do proceso e, en consecuencia, a toma de decisións máis adecuada en

función dos aspectos observados. Os foros de discusión son o propio Departamento

de Orientación, a Comisión de Coordinación Pedagóxica, o Equipo Directivo e as

reunións semanais cos Titores/as por niveis.

Avaliación final: Realizada ao final do curso e con carácter sumativo. O resultado

quedará plasmado na memoria final onde se reflexan os logros e dificultades

atopadas, así como os aspectos que incidirán positiva ou negativamente no

desenvolvemento do plan.

Page 35: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 35 -

4.2.- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

4.2.1.- INTRODUCCIÓN:

Preséntasenos o traballo titorial, como unha tarefa ampla e complexa, que a través

da planificación de sucesivas accións, poida redundar en beneficio do desenvolvemento

cognitivo dos alumnos e alumnas, e da súa participación e integración na vida social; a

través dunha aprendizaxe acerca das súas posibilidades e da toma de conciencia dos

factores das súas respectivas situacións que han de considerar de cara a ir adoptando

decisións relacionadas co seu futuro persoal, académico e profesional.

Neste sentido, a acción titorial deberá tender a favorecer a integración e participación

dos alumnos na vida do centro, a realizar o seguimento personalizado do seu proceso de

aprendizaxe e a facilitar a toma de decisións respecto ao seu futuro académico e

profesional.

Será un medio onde o fin sexa aprender a aprender, é dicir, adquirir e poñer en práctica

estratexias de planificación, avaliación, autoavaliación e control, e falamos de aprender a

aprender tanto no referente á responsabilidade e autonomía que cada quen debe ir

adquirindo para asimilar significativamente contidos máis propiamente escolares, como

contidos relativos ao coñecemento de si mesmo para planificar, avaliar e controlar as

accións persoais encamiñadas cara un fin concreto, e os que se refiren ao coñecemento de

si mesmo como ser social e parte dunha comunidade.

Sabemos, por outra parte, que o aprendizaxe sobre si mesmo, o escolar e o social están

intimamente relacionados e conflúen en moitas das nosas accións , entre elas, por

exemplo, a toma de decisións con respecto ao futuro a curto, medio e longo prazo tan

importantes para a persoa, que debe integrarse no medio social, de aquí a pouco tempo,

como adulto.

Page 36: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 36 -

Unha das finalidades que pode ter o traballo titorial co grupo de alumnos é a de

reforzar a adquisición dalgunhas habilidades, sobre todo as referidas á comunicación

(expresar ideas oralmente e por escrito e incluso de forma gráfica, enunciar preguntas

pertinentes, escoitar para comprender, aportar razoamentos argumentados), as

relacionadas coa resolución de problemas (xerar ideas, hipóteses e predicións, avaliar e

contrastar ideas e hipóteses, reflexionar antes de seleccionar, identificar alternativas), pero

será válido este plantexamento unicamente se se realiza coordinadamente, ou ao menos

conxuntamente, é dicir, se a sesión titorial supón un reforzo e non unha hora na que se

realizan traballos aillados dun contexto. Isto non quere dicir en absoluto que nas sesións de

titoría haxa que realizar traballos de actividades de reforzo dos contidos conceptuais

doutras áreas: os contidos conceptuais de traballo na sesión titorial é aconsellábel que

sexan da área persoal e social, pero os contidos procedimentais serán os comúns aos

doutras áreas. Outra aportación interesante do traballo titorial na aula é a posibilidade que

se plantexa de traballar cos alumnos/as distribuídos en pequenos grupos o que favorece a

integración afectiva e social e consolida ao grupo en torno a unha serie de valores

(cooperación, participación, aceptación dos demais, etc).

Por último, non hai que esquecer a dimensión informativa e orientadora que ten a

función titorial, referida ao asesoramento e seguimento dos alumnos/as mediante accións

coordinadas nas que é necesario implicar aos pais e nais de cara ás sucesivas tomas de

decisións, que irán marcando os itinerarios de formación co fin dunha futura inserción

profesional.

Neste sentido a figura do titor é unha peza clave, pero necesita, para exercer este

cometido de maneira eficaz, a implicación de toda a comunidade educativa, e máis

especificamente do Departamento de Orientación.

Page 37: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 37 -

4.2.2.- OBXECTIVOS DO PAT :

Para o presente curso pretendemos acadar os seguintes obxectivos :

- Impulsar o desenvolvemento psicosocial dos alumnos/as:

- Facilitar a integración no grupo clase e no centro.

- Fomentar a participación nas actividades do centro.

- Desenvolver un nivel adecuado de autoconcepto e autoestima.

- Favorecer o desenvolvemento da madurez vocacional.

- Transmitir actitudes e valores propios das sociedades democráticas.

- Conseguir unha maior igualdade entre ambos sexos, evitando marcar os

roles culturais, diferenciadores de cada xénero.

- Favorecer o desenvolvemento integral do alumnado a través de diferentes

actividades centradas nas seguintes áreas:

- Ensinar a pensar: ocúpase do desenvolvemento das capacidades cognitivas,

pódese traballar en tódalas materias e tamén pode levarse a cabo de forma

explícita e sistemática, a través dun programa de ensinar a pensar.

- Ensinar a ser persoas: Identidade e autoestima. Esta liña plantexa o

desenvolvemento da identidade persoal do alumno/a e o logro dunha imaxe

positiva de si mesmo e de uns sentimentos de autoestima e autoconfianza.

- Ensinar a convivir e ensinar a comportarse: A aprendizaxe da convivencia

nos centros educativos se produce, na súa gran maioría, a través do modo

en que eles conviven e pretende preparar ao alumnado para una integración

social positiva.

Por outra banda, como medio para o desenvolvemento e crecemento da

capacidade de relación e convivencia, son obxecto de atención as

habilidades sociais que permiten ao alumnado entaboar unas relacións máis

ricas e positivas cos outros. Así mesmo, cobran importancia as dinámicas

grupais que axudan aos alumnos/as a desenvolver capacidades de

comunicación e actitudes de respecto.

Page 38: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 38 -

- Ensinar a decidirse

A capacidade para tomar decisións é de gran interese pola súa incidencia nas

situacións ordinarias da vida, e pretende facilitar aos alumnos/as un método

que lles permita tomar decisións sobre os propios estudos e en canto a

estudos posteriores que queiran realizar, xa que isto convértese nunha

decisión para o desenvolvemento do seu proxecto persoal de vida.

- Dotar aos titores, dende o Departamento de Orientación, dun apoio nas súas

tarefas:

- Soporte documental escrito e referencias bibliográficas.

- Datos diagnósticos dos alumnos (no seu caso).

- Instrumentos de recollida de datos.

- Recoller información, xunto cos titores, sobre os ámbitos de actuación

prioritarios en cada grupo durante o curso, e en función de elo, delimitar e

planificar conxuntamente actuacións (con obxectivos, contidos, actividades)

para realizar nas sesións titoriais.

- Coordinación entre todos os titores/as e entre estes e o resto do

profesorado.

- Intervir co Equipo Educativo nas decisións sobre avaliación, promoción e

titulación.

- Colaborar na formulación do consello orientador ao termino de cada curso

da ESO e para a incorporación do alumno/a á Formación Profesional Básica.

Así mesmo, colaborar co profesor/a-titor/a na elaboración dos informes

para a incorporación do alumno/a nun Programa de Mellora da Aprendizaxe

e Rendemento.

- Prevención e detección de posibles problemas entre o alumnado.

- Optimizar o proceso de Ensinanza- Aprendizaxe :

- Previr e detectar dificultades de aprendizaxe.

- Coordinar os procesos de avaliación.

Page 39: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 39 -

- Coordinar as respostas educativas.

- Adecuar o currículo ó contexto escolar e ás necesidades educativas.

- Impulsar o desenvolvemento de estratexias de aprendizaxe autónomo.

- Coordinar ao equipo docente:

- Fomentar o desenvolvemento dunha avaliación continua.

- Coordinar o axuste das programacións.

- Contribuír á formación do profesorado.

- Orientar ás familias na súa labor educativa:

- Fomentar a súa participación na vida do centro.

- Proporcionar información sobre a marcha dos seus fillos/as.

- Asesorar en situación de conflito.

Page 40: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 40 -

4.2.3- ACTUACIÓNS PARA DESENVOLVER NA ACCIÓN TITORIAL

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL DE 1º DA ESO 2019/ 2020

OBXECTIVOS XERAIS:

Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do

alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.

Promover a cohesión do grupo-clase, desenvolvendo actividades que faciliten o

coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.

Colaborar na identificación das NEAE e no axuste da resposta educativa ás

mesmas.

Previr o absentismo escolar.

Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.

Favorecer o coñecemento persoal de cada un/a e a aceptación de si mesmo.

Encauzar os problemas e inquedanzas do alumnado, en colaboración co

Delegado e Subdelegado.

Asesorar e informar, aos alumnos, sobre as posibilidades educativas: elección

de materias específicas, criterios de promoción,...

TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA

PRIMEIRO

TRIMESTRE

16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”

23-27/09/19 “ Cohesión de grupo: La pelota”

Debuxamos as nosas mans

30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”

07-11/10/19 “Ficha de recollida de datos”

Cuestionario individual

14-18/10/19 “Departamento de orientación.

Proba de Aptitudes escolares Tea II”

21-25/10/19 Cohesión de grupo: La maleta

Page 41: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 41 -

28-30/10/19 “Departamento de orientación.

Proba de razoamento lóxico. D-48”

04-08/11/19 “Por unha vida en igualdade”

11-15/11/19 “No a Violencia de xénero”

“ Martina Volve a Brillar”

18-22/11/19 “No a Violencia de xénero”

“ Cerramos a porta a violencia”

25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”

Abrimos as portas a igualdade.

02-05/12/19 “Preparación das vacacións de Nadal”

09-13/12/19 “Pre-avaliación”

16-20/12/19 “Post-avaliación”

SEGUNDO

TRIMESTRE

08-10/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”

Documental de camiño á escola.

13-17/01/20 Video Forum do documental “Camiño á escola”

20-24/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”

27-31/01/20 “Educación para a saúde”

Internet e as redes sociais. Dependencia I

03-07/02/20 Internet e as redes sociais. Dependencia II

10-14/02/20 “Principais perigos de Internet”

17-21/02/20 “Aspectos positivos de internet”

02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora I”

09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora II”

16-20/03/20 “O teito de Cristal”

23-27/03/20 “Pre-avaliación”

30-03/04/20 “Post-avaliación”

Page 42: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 42 -

TERCEIRO

TRIMESTRE

14-17/04/20 “O Día do Libro””

20-21/04/20 “O Día do Libro”

27-30/04/20 “Planificación final do curso”

04-08/05/20 “Os Exames finais I”

11-15/05/20 “Os Exames finais II”

18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”

25-29/05/20 “Presentación de 2º ESO”

01-05/05/20 “Avance de coñecemento da optatividade na etapa de

secundaria”.

09-13/06/20 “Avaliación final do curso, ventos de verán"

16-20/06/20 “Conclusións Finais do Curso”

Page 43: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 43 -

PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 2º DA ESO 2019/ 2020

OBXETIVOS XERAIS:

Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do

alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.

Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o

coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.

Contribuír a delimitar os alumnos/as que necesiten Adaptacións Curriculares.

Previr o absentismo escolar

Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.

Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.

TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA

PRIMEIRO

TRIMESTRE

16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”

23-27/09/19 “ Cohesión de grupo: La pelota”

Os meus gustos

30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”

07-11/10/19 “Ficha de recollida de datos”

Cuestionario individual

14-18/10/19 “Departamento de orientación.

Proba de razoamento lóxico. D-48”

21-25/10/19 “Departamento de orientación.

Proba de Aptitudes escolares Tea II”

28-30/10/19 “Por unha vida en igualdade”

04-08/11/19 “No a Violencia de xénero”

“ Martina Volve a Brillar”

11-15/11/19 “No a Violencia de xénero”

“ Cerramos a porta a violencia”

18-22/11/19 “No a Violencia de xénero”

“ Cerramos a porta a violencia”

Page 44: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 44 -

25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”

Abrimos as portas a igualdade.

02-05/12/19 “Preparación das vacacións de Nadal”

09-13/12/19 “Pre-avaliación”

16-20/12/19 “Post-avaliación”

SEGUNDO

TRIMESTRE

08-10/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”

Visionado da película “Con amor Simón”

13-17/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”

Visionado da película “Con amor Simón”

20-24/01/20 “Educación en Valores. Igualdade de oportunidades”

Diversidade Sexual

27-31/01/20 “Cómic Diversidade sexual”

03-07/02/20 “Principais perigos de Internet”

10-14/02/20 “Aspectos positivos de internet”

17-21/02/20 Internet e as redes sociais. Dependencia

02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora I”

09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora II”

16-20/03/20 “O teito de Cristal”

23-27/03/20 “Pre-avaliación”

30-03/04/20 “Post-avaliación”

TERCEIRO

14-17/04/20 “O Día do Libro””

20-21/04/20 “O Día do Libro””

27-30/04/20 “Autoestima e Autoconcepto”

04-08/05/20 “Planificación final do curso”

11-15/05/20 “Os Exames finais ”

18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”

Page 45: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 45 -

TRIMESTRE 25-29/05/20 “Presentación de 3º ESO”

01-05/05/20 “Coñecemento da optatividade na etapa de

secundaria”.Matemáticas Aplicadas e académicas.

Toma de decisións

09-13/06/20 “Avaliación final do curso, ventos de verán"

16-20/06/20 “Conclusións Finais do Curso”

Page 46: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 46 -

PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 3º DA ESO 2019/ 2020

OBXETIVOS XERAIS:

Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do

alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.

Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o

coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.

Previr o absentismo escolar

Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.

Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.

Afondar no coñecemento do perfil académico / profesional da opción elixida.

TRIMESTRE SEMANA SESIONES DE TUTORIA

PRIMEIRO

TRIMESTRE

16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”

23-27/09/19 “Normas do Organización Funcionamento e

Convivencia”

30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”

07-11/10/19 “ Elección de delegado/a”

“Coñecemento e cohesión de grupo.

Os nosos gustos”

14-18/10/19 “Ficha de recollida de datos”

Cuestionario indivudual

21-25/10/19 “Educación en Valores”

Monólogo “Non so doen os golpes” Pamela

Palenciano

28-30/10/19 “Educación en Valores”

Monólogo “Non so doen os golpes” Pamela

Palenciano

Escalera da Violencia de Pepa e Pepe

Page 47: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 47 -

04-08/11/19 Debate dos monólogos

11-15/11/19 Proba de razoamento D-48

18-22/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.

Pechamos as portas a violencia

25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.

Abrimos as portas a igualdade

02-05/12/19 “Preparación festival de Nadal”

09-13/12/19 “Pre-avaliación”

16-20/12/19 “Post-avaliación”

SEGUNDO

TRIMESTRE

08-10/01/20 “Atención a diversidade sexual”

Conceptos básicos

13-17/01/20 Educación en valores.

Respecto: película “Con amor Simón”

20-24/01/20 Educación en valores.

Respecto: película “Con amor Simón”

27-31/01/20 “Día da paz, fai a paz e non a guerra”

03-07/02/20 “Principais perigos de Internet”

10-14/02/20 “Aspectos positivos de internet”

17-21/02/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora I”

02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora II”

09-13/03/20 “O teito de Cristal”

16-20/03/20 “Pre-avaliación”

23-27/03/20 “Post-avaliación”

14-17/04/20 “¿Qué farei o próximo curso?”

20-21/04/20 “Para decidir ben, aprender a decidir”

27-30/04/20 “O Día do Libro”

Page 48: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 48 -

TERCEIRO

TRIMESTRE

04-08/05/20 “Os Exames finais I”

11-15/05/20 “Organización do tempo na recta final do curso”

18-22/05/20 “Criterios de Promoción e Avaliación Final ESO”

25-29/05/20 “Presentación de 4º ESO”

01-05/05/20 “A relación de cuarto cos estudios posteriores”

09-13/06/20 “Presentación e diferencias entre o bacharelato e a

Formación Profesional”

16-20/06/20 “Estudios superiores”

17-21/06/19 “Avaliación final do curso, ventos de verán"

Page 49: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 49 -

PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL DE 4º DA ESO 2019/ 2020

OBXETIVOS XERAIS:

Conseguir un adecuado progreso no proceso de Ensinanza/ Aprendizaxe do

alumnado, previndo calquera dificultade que poida aparecer no mesmo.

Promover a cohesión do grupo- clase, desenrolando actividades que faciliten o

coñecemento mutuo e a participación de todos los/as alumnos/as.

Previr o absentismo escolar.

Reforzar as técnicas e hábitos de traballo intelectual.

Favorecer o coñecemento persoal de cada un e a aceptación de si mesmo.

Afondar no coñecemento do perfil académico / profesional da opción elixida.

Orientar ante as novas exixencias académicas que supón un curso terminal.

Educar ao alumno/a educativa y profesionalmente ante a elección de opcións

para estudios posteriores.

Favorecer o proceso da toma de decisións respecto ao seu futuro académico y

profesional:

Informar sobre os diferentes camiños académicos ( Estudos universitarios,

Formación Profesional Específica, Becas, Outros estudos non regrados...).

Afondar no coñecemento e posibilidades reais do alumnado( persoais,

aptitudinais, actitudinais, intereses, motivacións, económicas etc...).

Preparar ao alumnado para afrontar a selectividade académica e profesional.

TRIMESTRE SEMANA SESIÓNS DE TITORIA

16-20/09/19 “ Xornada de Acollida”

23-27/09/19 “Cohesión de grupo: Intereses académicos –

profesionais do noso grupo”

30-04/10/19 “ Elección de delegado/a”

07-11/10/19 “Cuestionario inicial”

14-18/10/19 “Presentación do Programa de Toma de Decisiones”

Page 50: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 50 -

PRIMEIRO

TRIMESTRE

21-25/10/19 “Coñecendo os meus intereses I”

28-30/10/19 “Coñecendo os meus intereses II”

04-08/11/19 “Información sobre o Bacharelato I” “Coñecendo as

miñas aptitudes”

11-15/11/19 “Información sobre a EBAU” “Coñecendo a miña

personalidade”

18-22/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.

25-29/11/19 “Día Internacional en contra da violencia de xénero”.

Abrimos as portas ao feminismo

02-05/12/19 “Preparación Festival de Nadal”

09-13/12/19 “Pre-avaliación”

16-20/12/19 “Post-avaliación”

SEGUNDO

TRIMESTRE

08-10/01/20 “Atención a diversidade sexual”

Conceptos básicos

13-17/01/20 Educación en valores.

Respecto: película “Con amor Simón”

20-24/01/20 Educación en valores.

Respecto: película “Con amor Simón”

27-31/01/20 “Día da paz, fai a paz e non a guerra”

03-07/02/20 “Preparando o festival do entroido”

10-14/02/20 “Coñecendo as miñas aptitudes”

17-21/02/20 “Coñecendo a miña personalidade”

02-06/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora II”

09-13/03/20 “Coeducación. Igualdade de oportunidades. O día da

muller Traballadora II”

16-20/03/20 “Pre-avaliación”

23-27/03/20

Page 51: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 51 -

25-29/03/19 “Post-avaliación”

TERCEIRO

TRIMESTRE

01-05/04/19 “Principais perigos de Internet”

08-12/04/19 “Aspectos positivos de internet”

23-26/04/19 “Acércase a Toma de decisións”

29-03/05/19 “Os Ciclos Formativos e a Universidade”

06-10/05/19 “ Bolsas de estudos” petición on line

13-16/05/19 “Estudios no extranxeiro, bolsas de veran e bolsas de

estudos”

21-24/05/19 “Revisión completa do proceso de toma de decisións”

27-31/05/19 “Os exames finais I”

03-07/05/19 “Os exmes finais II”

10-14/06/19 “Criterios de Titulación”

17-21/06/19 “Avaliación final do curso, ventos de verán"

Page 52: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 52 -

4.2.4-PROGRAMA BÁSICO DE HABILIDADES SOCIAIS PARA A EDUCACIÓN SECUNDARIA

OBRIGATORIA

Seguindo a circular 8/2009 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional

e Innovación Educativa, pola que se regulan algunhas medidas de atención a diversidade

para o alumnado de Educación Secundaria Obrigatoria se elabora un programa básico de

habilidades sociais que contempla, actuacións para o desenvolvemento cognitivo, para o

autocoñecemento e a mellora da autoestima.

INTRODUCCIÓN:

As habilidades sociais son condutas que facilitan a relación interpersoal, de maneira

non agresiva nin inhibida, senón asertiva. As habilidades sociais non son simples normas de

urbanidade, impostas pola sociedade e internalizadas por cada uno de nos; senón condutas

verbais e non verbais que facilitan una relación interpersoal asertiva. Por exemplo de

habilidades sociais podemos citar calquera conduta hábil de comunicación interpersoal,

coma:

- Saber escoitar,

- saber eloxiar o ben feito, saber desculparse polo mal feito,

- saber dicir non, e presentar una queixa e tamén saber recibila,

- saber mostrar desacordo,

- saber negociar e pórse de acordo con quen non se estaba,

- saber expresar os sentimentos e facer fronte ó medo ó ridículo

ou ao fracaso.

E dicir, ter habilidades sociais é ser persoa, relacionarse ben cos demais, ser

auténtico e asertivo.

OBXECTIVOS:

1. Educar na empatía, ensinar mediante exercicios, discusións e reflexión individual,

que existen outras persoas e que hai que telas en conta e respetalas.

2. Adestrar no diálogo, saber escoitar e comunicar con claridade o pensamento.

Page 53: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 53 -

3. Ensinar a negociar, a poñerse de acordo de maneira xusta.

4. Desenvolver a solidaridade, que coñezan a alegría de compartir o material, que

participen democraticamente nas discusións e toma de decisións.

5. Adestrar para unha crítica construtiva da realidade persoal e social.

6. Animarlles a poñerse de acordo , sobre as normas de convivencia que afectan a

todo o grupo.

ACTIVIDADES

- HABILIDADES COGNITIVAS: Vantaxes, inconvenientes. Regras e normas. O

que queremos. As nosas prioridades e as dos demais. Explicacións e

decisións.

- CRECEMENTO MORAL.

- HABILIDADES SOCIAIS. Control emocional e asertividade.

Page 54: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 54 -

4.2.5- PLAN DE ACCIÓN TITORIAL E OS EQUIPOS EDUCATIVOS

- COORDINACION DOS TITORES CO EQUIPO EDUCATIVO

a) Coordinar a labor educativa dos profesores que imparten clase no grupo, o cal supón:

- Poñer en común as programacións das distintas áreas e criterios de avaliación, ver as

conveniencias de relacións interdisciplinares por áreas ou posibles axustes ou

adaptacións dos obxectivos e contidos ás necesidades do grupo de alumnos.

- Analizar co grupo de profesores e no seu caso coa Orientadora as dificultades e hábitos

dos alumnos respecto ao estudo e planificar técnicas de traballo mediante actividades

en todas as materias.

- Establecer criterios para organizar grupos de traballo ou distribución de alumnos na

aula.

- Establecer criterios para contemplar a atención á diversidade.

- Velar para que as probas e os traballos encomendados ós alumnos se distribúan

adecuadamente.

b) Deseñar e preparar co Departamento de Orientación medios e instrumentos para as

sesións de Avaliación: fichas de observación do profesor, de autoavaliación dos alumnos,

guías para o seu desenvolvemento, etc...

c) Coordinar as sesións de avaliación.

d) Coordinar cos demais titores do mesmo nivel, coa Xefatura de Estudos e o

Departamento de Orientación o Plan de Acción Titorial e as actividades orientadoras.

- ACTUACIÓNS DO TITOR/A E OS EQUIPOS EDUCATIVOS

Primeiro trimestre:

Coñecer o grupo - clase e establecer criterios comúns de traballo.

Traballar a avaliación inicial, os obxectivos, contidos e materiais da primeira avaliación.

Detectar aqueles posíbeis alumnos/as que presentan NEAE, para poñelo en

coñecemento do Departamento de Orientación e comezar a valoración necesaria de

cada caso.

Seguimento e coordinación das Medidas de Atención á Diversidade.

Page 55: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 55 -

Segundo trimestre:

Seguimento do grupo clase.

Promover a introdución das técnicas de estudo nas distintas materias.

Seguimento e coordinación das Medidas de Atención á Diversidade.

Terceiro trimestre:

Seguimento do grupo-clase.

Preparación da avaliación final e criterios para a avaliación dos alumnos.

Valoración final das Medidas de Atención á Diversidade.

4.2.6 - PLAN DE ACCIÓN TUTORIAL E AS FAMILIAS

- COORDINACIÓN DO TITOR COAS FAMILIAS

a.- Contribuír ó establecemento de relacións fluídas cos pais e nais para facilitar a conexión

entre o centro e a familia.

b.- Implicar aos pais nas actividades de apoio ó aprendizaxe e orientación dos seus fillos.

c.- Informar aos pais de todos aqueles aspectos que afecten á educación de seus fillos.

d.- Manter unha liña fluída de información bidireccional centro- familias, cooperando cos

titores/as na súa relación coas familias.

e.- Facilitar o tránsito da Educación Primaria á Educación Secundaria Obrigatoria e no seu

caso ao Bacharelato.

f.- Facilitar información relativa á etapa educativa que cursan e o funcionamento do

Centro.

- ACTUACIÓNS DOS TITORES/AS E AS FAMILIAS

Primeiro trimestre:

- Información relativa ao nivel académico que curse(planes, promoción, titulación).

- Información sobre o plan de traballo a realizar co alumnado e canles de comunicación

cos responsables de titoría.

- Información sobre as actividades do centro e o rendemento académico do alumnado.

- Seguimento sobre a adaptación ao nivel educativo no que está matriculado e a seu

progreso e avances no seu proceso de Ensinanza/aprendizaxe.

Page 56: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 56 -

Segundo trimestre:

- Seguimento do rendemento escolar.

- Entrevistas e reunións a partir das sesións de avaliación ou decisións do equipo

directivo.

Terceiro trimestre:

- Información e orientación sobre a continuidade dos estudos e saídas profesionais.

- Promoción, titulación e atención á diversidade.

4.2.7 -METODOLOXÍA :

A nivel orientativo recoméndase que o titor parta dun respecto pola personalidade

de cada alumno, da súa individualidade e das necesidades específicas que presente. Debe

ter en conta as ideas previas de cada alumno e as súas preferencias. Favorecerá actitudes

positivas, solidarias e cooperativas a través de actividades participativas, interactivas e

constructivas.

4.2.8-RECURSOS:

A nivel xeral podemos sinalar:

Guión para as reunións do titor cos pais.

Guión para as entrevistas titoriais.

Ficha resumo do historial de cada alumno.

Recursos TIC.

Documentos.

Prensa.

Dossier de Orientación Educativa e Profesional.

Cuestionarios, test, probas sociométricas.

Material bibliográfico segundo o tema a traballar.

Page 57: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 57 -

4.2.9- AVALIACIÓN DO PAT:

A avaliación do PAT farase en base a:

Criterios de avaliación, nas titorías poderían ser entre outros os seguintes:

- Nivel de planificación.

- Organización.

- Interese e motivación suscitado.

- Rendemento.

- Adecuación das actividades, materiais...

Avaliaremos inicialmente para partir das necesidades detectadas e das directrices da CCP

e do PAT anterior. Cada actividade será avaliada ó rematar polos alumnos, titor e polo

Departamento de Orientación nas reunións semanais, av.continua. O propio plan será

avaliado ó final para recoller os logros e dificultades atopadas.

E aos instrumentos de avaliación, empregando entre outros:

- Observacións.

- Entrevistas.

- Cuestionarios.

- Análise de tarefas.

- Intercambio de información.

- Etc.

O PAT será avaliado por tódolos participantes no seu deseño e desenvolvemento, é

dicir, por alumnos, titores, Departamento Orientación, profesores, xefes de estudos, CCP,

Claustro, familias.

Page 58: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 58 -

4.2.10.- OUTRAS ACTUACIÓNS

Ademais dos tres ámbitos especificados, continuando coa liña de actuación de anos

anteriores, realizaranse entre outras as seguintes actuacións:

- Contactos regulares cos distintos membros dos Servicios Sociais do Concello, de Saúde Mental, e IMELGA (Instituto Medicina Legal de Galicia.)

- Relacios co SPAD, CIM, CRU VERMELLA, SAUDE MENTAL, LAR, e demais entidades que traballan a nivel local.

- Actividades en colaboración co Servicio Preventivo de Asistencia de Drogodependencias do Concello de Vilagarcía ( nos niveis de 1º, 2º,3º e 4º ESO) no primeiro trimestre:

“Uso seguro e responsable das TIC” – 1º da ESO

“Prevención en educación sexual” 3º ESO

“Prevención, abuso de alcohol”- 2º ESO

“Conceptos básicos sobre drogas”-4 ESO

- EDUCACIÓN VIAL( POLICÍA LOCAL)

- CRUZ VERMELLA XUVENTUDE:

Acoso escolar

Uso das TICS e redes sociales.

Salud sexual

Habilidades sociales.

Page 59: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 59 -

4.3.- PLAN DE ORIENTACIÓN VOCACIONAL E PROFESIONAL

4.3.1.- INTRODUCCIÓN:

“A orientación académica e profesional debe entenderse como un proceso que se

debe desenvolver durante toda a Educación Secundaria, adquirindo unha especial

relevancia en aqueles momentos nos que a elección entre distintas opcións pode

condicionar en gran medida o futuro académico e profesional dos estudantes, como

acontece no paso de terceiro de ESO ao cuarto, na elección de materias de libre

configuración de centro, materias troncais de opción,…, de itinerarios académicos no

Bacharelato o de Ciclos Formativos de Formación Profesional.”

“O proceso de orientación académica e profesional será un elemento fundamental

para a elaboración do consello orientador que para cada alumno debese formular ao

termino de cada curso da ESO, así como para a incorporación dun alumno á Formación

Profesional Básica. Dito consello debe entenderse como unha proposta colexiada do

equipo educativo na que, tendo en conta as expectativas manifestadas polo alumno,

recomendaránselle as opcións educativas ou profesionais máis acordes coas súas

capacidades, intereses e posibilidades. O Departamento de Orientación participará na

elaboración do consello orientador, especialmente cando o alumno requira unha

orientación máis personalizada para tomar a súa decisión respecto ás diferentes

alternativas que se lle presenten.”

“No desenvolvemento do plan de orientación académica e profesional prestarase

singular atención á superación de hábitos socias discriminatorios por razón de sexo que

condicionen o acceso aos diferentes estudos.”

A orientación académica e profesional dos alumnos/as é un proceso, e como todo

proceso é complexo, lento e continuado. É complexo porque nel hai que conxugar moitas

variables de diversa índole e grao (personalidade, aptitudes, valores, situación familiar e

económica, ofertas educativas e posibilidades de acceso).

Page 60: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 60 -

É lento porque hai que respectar os ritmos evolutivos e de aprendizaxe que, aínda

que se suceden con certa rapidez ocupan, no obstante, algúns anos, e é continuado

precisamente porque é evolutivo e, polo tanto, require a atención nas distintas etapas:

atención enfocada dende distintos ámbitos, especialmente familiar e institucional, e dentro

da institución na que estamos require a colaboración de toda a comunidade, si ben hai

aspectos puntuais de responsabilidade máis especifica dos titores/as en colaboración cos

equipos educativos y do Departamento de Orientación.

Esta responsabilidade necesita, para poder levarse a cabo, unha implicación do

centro, en aspectos tanto organizativos como de unificación de criterios, que son os que,

ao fin e ao cabo, van quedar reflectidos no PEC.

Por tanto e tendo en conta que a orientación académica e profesional non consiste

en realizar accións puntuais en momentos determinados senón en guiar o proceso que van

atravesando os alumnos de cara a poderlles orientar mellor para decisións que adoptar por

si mesmos, parece fundamental traballar, entre outros aspectos, o aspecto preventivo e de

recollida de datos por unha parte e, por outra, o aspecto educativo referido a aprender a

tomar decisións, aspecto este último intimamente relacionado co aprender a aprender, xa

que supón educar aos alumnos/as na adquisición de habilidades e estratexias

metacognitivas.

Estamos falando da importancia que ten o traballar en cada materia de estudo os

contidos procedimentais e actitudinais, posto que son estes fundamentalmente os que

axudan ao alumno/a a facerse consciente da súa responsabilidade no proceso de

ensinanza-aprendizaxe, e que proporcionan unha linguaxe instrumental de

enfrontamento a situacións novas, planificación das accións, busca e selección de

información, autoavaliación en canto a que aínda necesita aprender...

Page 61: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 61 -

En definitiva, estes instrumentos son os que axudan a tomar decisións

responsábeis. A experiencia como persoas adultas e como estudantes que fomos e

seguimos sendo, nos evidencia claramente que cando unha persoa adquiriu habilidades e

estratexias determinadas é algo que ten como bagaxe, e non soamente non se esquece

senón que, mediante o exercicio e as sucesivas experiencias vanse mellorando e incluso

transferindo a situacións similares.

4.3.2- MADUREZ VOCACIONAL E ELECCIÓN PROFESIONAL

A capacidade de decidirse no que concirne ao rol que se desexa ter na sociedade, a

través dunha determinada profesión, se denomina habitualmente madurez vocacional.

Inclúe actitudes cara a toma de decisións, comprensión da demanda laboral, actividades

de planificación de capacidades vocacionais, ademais da propia elección vocacional. Un

adolescente ou novo está vocacionalmente maduro cando sabe o que quere e o que pode

facer na vida e en consecuencia, está capacitado para desenvolver o proceso de decidirse a

emprender un determinado camiño.

Dende as consideracións anteriores se comprende que o desenvolvemento dun

currículo integral e persoalizado, como o que se define para a ensinanza secundaria,

implica ensinar aos xovenes a capacidade de tomar decisións significativas para a súa vida

e, especificamente educar para aquelas decisións que afectan ao seu futuro. Conducir ao

estudante ao desenrolo dunha madurez vocacional, capaz de realizar tomas de decisións

autónomas e acordes coas súas capacidades e intereses, figura como unha das funcións

ineludibles da acción titorial e orientadora, tradicionalmente denominada vocacional u

orientación profesional.

Page 62: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 62 -

4.3.3.- RECOLLIDA DE INFORMACIÓN

O estudante, por norma xeral, ten unha experiencia limitada de si mesmo e do

entorno laboral que lle rodea e por iso necesita axuda antes de facer a súa elección. É

frecuente, entre a xente nova, optar polo futuro sen recibir ningunha preparación

específica, o que conduce en bastantes casos ao abandono prematuro dos estudos

emprendidos. Ou o que é peor, finalizar a preparación profesional coa sensación de facer

unha elección equivocada e verse obrigado a buscar traballo nese campo ocupacional, coa

considerable insatisfacción persoal e social.

En ocasións, a influenza de determinados condicionantes externos que actúan

persistentemente ao longo da vida, forzan ao individuo a facer unha elección mediatizada,

sen deterse a pensar si o desempeño da alternativa elixida vai resultarlle satisfactoria no

futuro. Entre estes axentes decisorios externos están a familia, o contexto social, a presión

ambiental e os medios de comunicación que, a través de estereotipos sociais deciden, por

exemplo, a conveniencia de certas carreiras para rapaces e outras para rapazas, ou estiman

en maior grado os traballos con status profesional mellor considerado. Unha intervención

educativa á hora de decidir vocacionalmente evitaría na maioría dos casos, que a decisión

fose tomada a última hora, ou que outras persoas a tomaran en vez do interesado.

4.3.4- OBXETIVOS

Coordinar a Orientación Académico-Profesional dos alumnos ao longo da súa

permanencia no centro, especialmente nos cambios de ciclo ou curso e ante a elección

de diferentes opcións académicas, formativas e profesionais.

Axudar ao alumno a reflexionar sobre o seu futuro vocacional e profesional.

Proporcionar o alumno/a estratexias, información e recursos necesarios que lle

proporcionen un coñecemento mais obxectivo de si mesmo.

Lograr que o alumno adquira un mellor coñecemento de si mesmo: Capacidades,

rendemento, personalidade, autoconcepto, etc....

Page 63: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 63 -

Poñer ao alumno en coñecemento da realidade en canto aos estudos e profesións.

Ofrecerlle un marco de referencia permanente en relación con aquelas oportunidades

culturais e vocacionais que lle ofrece o entorno e as diferentes institucións.

Procurar que o alumnado leve a cabo unha toma de decisión o máis acorde posíbel

coas súas características persoais (capacidades e intereses), as posibilidades que le

ofrece o entorno en canto a estudos e profesións e os recursos económicos que dita

decisión implica.

Lograr que o alumnado descubra por si mesmo en base a información recibida, a súa

verdadeira orientación (autoorientación).

Ofrecer ao alumnado un servizo de asesoramento “permanente “ que lle axude

naqueles momentos nos que debe enfrontarse con situacións de tomas de decisións.

Proporcionar o alumno/a información sobre a estrutura do sistema educativo e as

opcións e itinerarios tanto académicos como profesionais que se lles ofrecen ó termino

de cada curso ou etapa.

Facilitar ós alumnos/as aproximación ó mundo do traballo, proporcionándolle

información sobre o entorno socio-laboral e axudándolle na adquisición de habilidades

e estratexias de búsqueda de emprego.

Desenvolver no alumno/a a capacidade crítica a través da aprendizaxe de hábitos de

análise e reflexión que lle permitan unha toma de decisións autónomas, maduras e

responsables.

Orientar ao alumnado na elección de alternativas, facendo que analice as vantaxes e

desvantaxes das diferentes opcións educativas e profesionais, examinando as que

mellor se axusten ás súas posibilidades e preferencias.

Asesorar e colaborar coas familias para implicalas e facelas partícipes deste proceso de

orientación académico- profesional.

Evitar actitudes sexistas en canto á elección de campos profesionais.

Page 64: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 64 -

O programa de orientación vocacional profesional quedará estruturado nunha serie de

funcións:

- Función de avaliación:

- Avaliación obxectiva

- Avaliación subxectiva; Técnicas como:

- Observación puntual e sistemática.

- Rexistro acumulativo.

- A entrevista.

- Charlas a pais/alumnos.

- Autoavaliación: Mediante unha serie de preguntas e reflexións que xiran

en torno a súa situación persoal, escolar e profesional, o alumno vai

tomando conciencia e, a súa vez, aprende a formar as súas propias

decisións.

- Función de información: (coñecemento das alternativas ), dita información haberá

de ser:

- Obxectiva, veraz e actualizada.

- Completa en canto a alternativas ofrecidas polo sistema

educativo.

- Dinámica, o cambio profesional é un todo continuo.

- Función de asesoramento, de axuda á toma de decisións.

Page 65: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 65 -

4.3.5- ACTUACIÓNS

A nivel xeral:

Coordinación e apoio o alumnado, familia, profesorado.

Proporcionar o material , formación e información necesaria ós diferentes

membros da comunidade educativa .

Alumnos/as:

Actuacións dirixidas a que os alumnos/as se coñezan e valoren dunha forma

axustada ás súas capacidades, motivacións e intereses. A través de actividades

de autocoñecemento, desenvolveranse fundamentalmente no 1º ciclo da ESO e

nos primeiros trimestres de 4º da ESO.

Actuacións destinadas a facilitar información suficiente ó conxunto do alumnado

sobre as diferentes opcións educativas e laborais relacionadas con cada etapa

educativa e de maneira especial sobre aquelas que ofrezan o seu entorno. Estas

actuacións as levaremos a cabo a través dun Programa de Orientación

Académico-Profesional. Desenvolveranse durante o segundo e terceiro

trimestre de 3º e 4º da ESO.

Actuacións dirixidas o/a alumno/a para que sexa capaz de tomar as súas propias

decisións. A desenvolver en 2º,3º,4º ESO.

Actuacións concretas de orientación académico-profesional cos alumnos/as de

Bacharelato e Ciclos formativos de Grao Superior ao longo de todo o curso.

Actuacións dirixidas a superación de hábitos sociais discriminatorios por razón

de sexo que condicionan o acceso a diferentes estudios e profesións.

Page 66: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 66 -

Profesores/as:

Proporcionar material e apoio necesario para desenvolver as diferentes

actuacións.

Asesorar sobre diferentes actividades que se poden levar a cabo.

Favorecer a incorporación nas diferentes áreas/ materias/ actividades que se

relacionen co currículo correspondente.

Colaborar na elaboración do Consello Orientador.

Familias:

Proporcionar información tanto académica como profesional respecto o seu

fillo/a, sobre todo en alumnos con necesidades específicas de apoio educativo.

Implicalas en actividades que se desenvolvan respecto á Madurez Vocacional

dos seus fillos.

Asesorar ás familias sobre as posibilidades que pode seguir/escoller o seu fillo/a.

4.3.6.- BLOQUES TEMÁTICOS:

Coñecemento de si mesmo:

Capacidades

Intereses

Preferencias

Actitudes

Aspiracións

Valores

Situación familiar

Expectativas

Motivacións

Page 67: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 67 -

Información sobre a estrutura do sistema educativo:

Estrutura

Optativas

Avaliacións Finais ESO e Bacharelato

Oferta educativa: regrada, non regrada

Ciclos Formativos

Itinerarios educativos do Bacharelato

Bolsas e axudas ao estudo

Outros centros de estudos

Requisitos de acceso

Probas de acceso

Etc.

Estructura do mundo socio-laboral:

Sectores produtivos

Perfís profesionais

Campos profesionais

Relacións laborais

Entorno socioeconómico próximo

Perspectivas de ocupación

Etc

Proceso de inserción á vida activa:

Itinerario de inserción

Habilidades sociais

Método de búsqueda de emprego

Entrevistas de selección

Organismos relacionados coa inserción laboral

Cartas de presentación, currículo vitae...

Etc

Page 68: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 68 -

Toma de decisións (mediante a resolución de problemas) :

Definir o problema

Buscar alternativas

Analizar as alternativas

Escoller unha alternativa

Poñer en práctica dita alternativa

Encarar a situación de forma crítica e responsable

Revisar o proceso

4.3.7.- ACTIVIDADES:

A nivel xeral podemos sinalar:

Cuestionarios de exploración inicial, recollida de datos e comentario grupal.

Estudo da traxectoria escolar persoal.

Estudo de casos.

Entrevistas individuais e coas familias.

Elaborar organigrama do sistema educativo coas posibles saídas ao termo de

cada curso/etapa.

Visitas a outros centros con diferente oferta educativa, no terceiro trimestre,

para os alumnos de 4º ESO.

Saída a EDUGAL, no segundo trimestre.

Estudio do mercado laboral local e provincial.

Recollida, análise e comentario de noticias de prensa relacionadas coa

actividade económica.

Clasificación de profesións en campos profesionais.

Identificar actitudes sexistas no mundo laboral.

Visitas a empresas.

Entrevistas, coloquio de profesionais, empresarios.

Vídeos.

Page 69: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 69 -

Algún xogo de roles, de simulación.

Elaboración de cartas de presentación, currículo vitae...

Participación no Consello Académico.

4.3.8.- ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN.

No desenvolvemento das liñas de actuación antes expostas (así coma na concreción

das mesmas por medio de diferentes actividades), o Departamento de Orientación e os

demais axentes implicados recorrerán, segundo demande o caso, a estratexias diversas de

intervención como poden ser:

- Emprego de: cuestionarios, técnicas grupais, entrevistas, observación, revisión de

documentación, guías informativas…

- Aplicación e seguimento de programas diversos, tanto de elaboración propia coma xa

publicados

- Realización de reunións informativas co alumnado, xa sexa de forma colectiva ou

individual.

- Establecemento de contactos e coordinación con outros servizos externos ao centro:

outros D.O., servizo galego de colocación, puntos de información xuvenil, centros

universitarios de orientación…

- Realización de charlas e conferencias, así coma posibles visitas a outros centros de

ensino.

Todas estas estratexias deberán partir da base constituída polos postulados

presentados dende:

O enfoque constructivista das aprendizaxes escolares e da intervención pedagóxica.

E dende o enfoque sistémico da intervención psicopedagóxica.

Así mesmo, para o desenvolvemento de todas as estratexias mencionadas, faise

necesario contar con diversidade de recursos técnicos e materiais, os cales se irán

adquirindo segundo as necesidades que vaian xurdindo ao longo de todo o curso.

Page 70: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 70 -

Dende o Departamento de Orientación, nas accións emprendidas, procurarase unha

metodoloxía activa e participativa, que implique tanto á comunidade educativa como aos

servizos do entorno no que se sitúa, con accións globais que repercutan en todo o proceso

educativo.

Na intervención, as tarefas para cada actividade serán distribuídas segundo os sectores

e persoas implicadas, procurando responsabilizar a cada cal da súa labor na tarefa para

unha mellor consecución dos obxectivos, a este efecto procurarase a corresponsabilidade,

da cooperación, a coordinación e o traballo en grupo de toda a comunidade educativa.

Os recursos empregados serán aqueles dos que dispoña o centro, tanto materiais como

persoais e espaciais, podendo acudir a axentes externos cando así o requira a actuación

demandada ou programada, procurando sempre un rendemento óptimo e o mellor

aproveitamento dos recursos existentes. Exemplo destes recursos serán os persoais (

profesorado, titores, orientadora, E.O.E, axentes externos…), do contexto ( servizo galego

de colocación, empresas, concello, familias, axentes de desenvolvemento local, ….) e

materiais ( cuestionarios, inventarios, tests, ordenadores…)

Respecto á temporalización, dicir que a programación do tempo especificarase para

cada actividade, no desenvolvemento dos planes de actuación, sen descoidar aquelas

demandas de actuación que poidan xurdir ao longo do curso e poderanse ter en

consideración á hora de incluílas nos plans correspondentes.

Page 71: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 71 -

4.3.9- CRITERIOS DE AVALIACIÓN DO PLAN

O proceso de avaliación ten un carácter continuo e comprende tres funcións

básicas, referidas a unha fase concreta ou momento determinado do proceso avaliativo:

1.- Avaliación inicial: permite coñecer a realidade educativa e as necesidades do

contexto do que se deriva a intervención antes de desenvolver un plan ou programa

específico.

2.- Avaliación formativa ou procesual: proporciona información durante o

desenvolvemento do proceso para efectuar os cambios e axustes necesarios.

3.- Avaliación sumativa ou final: determina o alcance ou aplicabilidade dun plan ou

programas no seu conxunto e as posibles modificacións para conseguir unha mellora.

Como criterios de avaliación do plan pódense considerar:

a) Eficacia ( relación entre obxectivos propostos e os acadados) e eficiencia (xestión de

medios aplicados para conquerir os obxectivos).

b) Comprensividade e Pertinencia ( adecuación do plan ás necesidades ).

c) Satisfactoriedade e Suficiencia ( relación entre os obxectivos desexados e as necesidades

existentes).

d) Coherencia e Obxectividade ( adecuación e grao de consistencia das propostas).

e) Aplicabilidade, Funcionalidade e Utilidade ( capacidade de solución e grao de

aplicación).

f) Relevancia ( grao de importancia para cubrir necesidades).

g) Progreso ( relación entre prestacións efectivas e as previstas).

h) Actualización ( grao de adecuación a situacións reais).

Para realizar a avaliación e seguimento do plan teranse en conta os datos aportados

polos diferentes cuestionarios de avaliación e autoavaliación, as observacións, propostas e

conclusións dos diferentes membros da comunidade educativa e de tódolos implicados na

Page 72: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 72 -

acción orientadora, en función dos resultados acadados e das posibilidades de

continuidade e propostas de mellora na calidade do proceso orientador.

Vilagarcía de Arousa, a 30 de setembro de

2019.

Asdo.: A Orientadora: Asdo: Profesora de Pedagoxía Terapéutica:

Cristina Goris Mayán Amparo Sobrado Janeiro

Asdo: Profesora de Pedagoxía Terapéutica:

Natalia María santos Raposo

Asdo: Titor do Ámbito Socio-Lingüístico: Asdo: Titora do Ámbito Científico-Tecnolóxíco:

Page 73: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 73 -

ANEXO I. PROGRAMACIÓN PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

Curso académico 2019/2020

Page 74: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 74 -

PROGRAMACIÓN

PARA O ALUMNADO

CON

NECESIDADE ESPECÍFICA DE

APOIO EDUCATIVO (ACNEAE)

CURSO 2019/2020

PROFESORADO DE PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA

· AMPARO SOBRADO JANEIRO

· NATALIA M.ª SANTOS RAPOSO

Page 75: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 75 -

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN. Páx 76

2. FUNCIÓNS DAS MESTRAS DE PT. Páx 76-78

3. ORGANIACIÓN DA RESPOSTA EDUCATIVA 79-97

3.1 NECESIDADES. Páx 79-80

3.2 OBXECTIVOS. Pax 80-81

3.3 METODOLOXÍA. Páx 82

3.4 ACTIVIDADES. Páx 82-83

3.5 RECURSOS. Páx 83

3.6 AVALIACIÓN. Páx 83-84

3.7 TEMPORALIZACIÓN. Páx 85-86

3.8 ALUMNADO CON NEAE. Páx 86-96

3.9 HORARIOS AULA PT. 96-97

4. CONCLUSIÓN. 98

Page 76: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 76 -

1.INTRODUCIÓN

Neste documento preséntanse aqueles aspectos relacionados coa programación

que as mestras de Pedagoxía Terapéutica levarán a cabo no IES Miguel Ángel González

Estévez (Vilagarcía de Arousa). Reflíctense as estratexias a seguir, a metodoloxía, a

temporalización, os obxectivos e a organización da resposta educativa. Expóñense as

actuacións a realizar co alumnado que precisa unha axuda determinada e que grazas ós

principios de normalización e inclusión están presentes nas aulas ordinarias dos centros

educativos, tal e como se recollen nas normativas vixentes, tanto autonómicas como estatais.

No tocante ás datas do período escolar, contextualización do centro, o seu

organigrama, as súas características, os recursos e a atención ó alumnado con NEAE,

remitimos ó Proxecto Educativo, á Programación Xeral Anual e á Programación do

Departamento de Orientación na cal se inclúe este documento.

2. FUNCIÓNS DA MESTRA DE PT

O desenvolvemento das capacidades cognitivas, motrices, comunicativas,

emocionais e de inserción social do alumnado, constitúe o obxectivo fundamental da nosa

actuación. Segundo as características específicas do alumnado que reciba o apoio,

distinguiranse dous tipos de actuacións, tanto de carácter pedagóxico, curricular e

organizativo, como relativas á utilización dos recursos específicos.

Page 77: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 77 -

O campo de actuación das mestras de PT, queda enmarcado dentro dun modelo de

colaboración conxunta cos outros profesionais da educación (titor/a, especialistas,

orientadora) e coas familias, contextualizado dentro dos espazos naturais de

desenvolvemento do alumnado, co fin de proporcionarlle o reforzo pedagóxico necesario

para a consecución con éxito dos obxectivos propostos. Terase en conta que o intercambio

de información e o establecemento de pautas de actuación sexan conxuntas e o máis

coordinadas posible.

As estratexias baséanse na colaboración, de xeito que toda a comunidade escolar e

os diferentes servizos educativos e profesionais que participen na atención do alumnado se

sintan implicados, tendo presente o papel primordial da figura dos titores en toda a

actividade educativa do grupo como axente principal da mesma. Este traballo colaborativo

desenvolverase a través de diversas xuntanzas que favorezan o intercambio fluído de

información e propostas.

Ao comezo de curso levarase a cabo unha avaliación inicial do alumnado, que

xunto coa avaliación psicopedagóxica daquel alumnado que o precise, determinará a

elaboración da Adaptación Curricular Significativa en caso necesario, as cales realizará o

profesorado da área adaptada, en colaboración co titor/a e o DO. Todo isto co fin de

proporcionar unha resposta o máis axustada posible ás súas necesidades. Estas deberán ser

o máis normalizadas posibles, axeitándose en todo momento ó ritmo de aprendizaxe e ás

necesidades detectadas no alumnado e en función das súas capacidades, intereses e

motivacións.

Page 78: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 78 -

Tendo en conta todo o anterior escollerase a modalidade de apoio que se

considere máis beneficiosa para o alumnado. A intervención realizarase fundamentalmente

na aula ordinaria e excepcionalmente na aula de apoio, segundo a dispoñibilidade horaria,

constituíndo así un apoio directo, sempre en coordinación co profesorado das materias,

pretendendo así apartar o menos posible ao discente do currículo ordinario. Nos alumnos/as

que teñan ACS, o traballo rexerase polo ditado neste documento, mantendo un contacto

permanente co titor/a ou profesorado especialista.

O mestre de PT deberá realizar, entre outras, as seguintes tarefas, tal e como se

expón no D.120/1998 do 23 de abril, no que se regula a orientación educativa e profesional

na Comunidade Autónoma de Galicia e a Orde do 24 de xullo de 1998, pola que se

establece a organización e funcionamento da orientación educativa e profesional:

- Contribuír na identificación e avaliación das NEAE.

- Atender directamente ao alumnado con NEAE en forma de reforzo pedagóxico

ou no modo que se determine.

- Colaborar coa Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Colaborar cando sexa necesario cas/cos titores/as ou profesorado especialista na

elaboración das adaptacións curriculares significativas, no seu seguimento e avaliación.

- Aquelas funcións que se nos asignen, como apoio ó alumnado con necesidades

específicas de apoio educativo (ACNEAE).

Page 79: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 79 -

3. ORGANIZACIÓN DA RESPOSTA EDUCATIVA

Segundo a orde do 27 de decembro de 2002 a intervención co alumnado de NEAE

se desenvolverá de xeito habitual dentro da aula e soamente fóra en casos excepcionais e sen

poder exceder da 3ª parte da xornada escolar.

A nosa función é reforzar dentro da aula ao ACNEAE a través das ACS e/ou RE

(reforzos educativos) e, nas sesións levadas a cabo na aula de apoio, traballar

individualmente cos ACNEE algúns obxectivos específicos, buscando satisfacer unha serie

de necesidades que presenta segundo as pautas establecidas na súa adaptación curricular

significativa.

En todo momento haberá coordinación entre os profesionais que van atender ó

alumnado, cun intercambio de información e o establecemento de pautas de actuación

conxuntas.

3.1.NECESIDADES:

Establécense as seguintes necesidades a traballar:

* Necesitan que se desenvolvan (dentro das súas posibilidades) os procesos

psicolóxicos básicos (atención, percepción e memoria).

* Necesitan descubrir a funcionalidade das aprendizaxes escolares e

xeneralización das mesmas.

* Necesitan adquirir as destrezas básicas para mellorar a súa competencia a nivel

curricular.

* Necesitan dunha organización do seu traballo diario, tanto no centro coma na

casa.

Page 80: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 80 -

* Necesitan traballar a linguaxe non verbal: xestos, expresión corporal, o contacto

ocular.

* Necesitan adquirir e desenvolver habilidades sociais e respectar as normas

establecidas.

* Necesitan adquirir e desenvolver habilidades básicas de autonomía persoal .

* Necesitan aceptar ós seus compañeiros e busca-la interacción con eles.

* Necesitan que se respecte o seu ritmo de aprendizaxe, esixíndolle acorde ás súas

posibilidades e limitacións.

* Necesitan que dende o ámbito familiar fomenten a súa independencia, seguindo

unhas mesmas pautas.

3.2.OBXECTIVOS:

Tendo en conta as necesidades do alumnado, establécense os seguintes obxectivos

xerais:

* Facilitar ao alumnado o acceso ao currículo.

* Adoptar as medidas organizativas e recursos persoais e materiais do centro que

faciliten a atención á diversidade.

* Garantir a inclusión social e escolar.

* Fomentar o desenvolvemento das aprendizaxes instrumentais básicas.

* Establecer criterios de avaliación axeitados as súas necesidades.

* Fomentar actitudes participativas.

* Contribuír ao desenvolvemento emocional.

* Desenvolver habilidades sociais propias da súa idade.

* Mellorar o autoconcepto e a autoestima.

Page 81: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 81 -

* Favorecer o bo clima social da aula.

* Desenvolver as aprendizaxes básicas funcionais que lles permitan vivir nunha

situación o máis normalizada e autónoma posible.

* Mellorar a expresión oral, escrita, o razoamento e o cálculo.

* Fomentar o hábito e o gusto pola lectura.

* Mellorar as competencias lectoras: comprensión, velocidade e fluidez.

* Acadar un nivel axeitado de comprensión e expresión oral para comunicarse e

para facilitar a aprendizaxe nas distintas materias.

* Priorizar as aprendizaxes matemáticas funcionais: dominio do número,

operacións básicas, resolución de problemas.

* Traballar os prerrequisitos básicos para a aprendizaxe (atención, percepción,

memoria).

* Potenciar a colaboración das familias no proceso educativo dos seus fillos/as.

* Garantir un coñecemento real e positivo das posibilidades e limitacións dos seus

fillos/as.

* Fomentar a súa relación, participación e contacto cos distintos membros da

comunidade educativa.

Page 82: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 82 -

3.3.METODOLOXÍA:

A metodoloxía basearase nos seguintes principios de intervención:

* Partirase do nivel de competencia curricular e de desenvolvemento do alumnado,

traballando dentro da súa zona de desenvolvemento próximo.

* Promoverase a actividade mental tendo en conta o seu potencial de aprendizaxe

e outorgándolle na medida do posible autonomía á hora de traballar, de forma que sexa un

suxeito activo.

* Favorecerase a curiosidade e o interese por aprender, tratando de que as

aprendizaxes sexan motivadoras (aprender aprender).

* Fomentaranse as aprendizaxes significativas.

* Garantirase a funcionalidade das aprendizaxes.

* Organizaranse os contidos mediante un enfoque globalizador.

* Potenciarase a interacción entre toda a comunidade educativa.

* Fomentarase unha autoestima e un autoconcepto positivos.

* Estableceranse pautas de comportamento claras e concisas.

* Evitaranse condutas sobreprotectoras para garantir unha vida autónoma e

independente no seu contorno máis próximo.

3.4.ACTIVIDADES:

Na elaboración das actividades teremos en conta que:

* Sexan motivadoras, variadas e dinámicas.

* Estimulen a participación, solidariedade e non discriminación.

* Promovan a actividade mental do alumnado.

* Integren contidos de distinto tipo.

Page 83: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 83 -

* Presenten grados de dificultade axustados e progresivos.

* Admitan niveis diferentes de intervención.

* Poidan resolverse empregando distintos enfoques.

* Admitan a interacción do alumnado.

* Permitan a xeneralización das aprendizaxes.

3.5.RECURSOS:

Os recursos a empregar serán o máis variados e estimulantes posible para

motivar ao alumnado e evitar caer na rutina. Preténdese a participación activa e

procurarase o uso daqueles materiais que mellor se adapten ás características e

necesidades persoais do alumnado. Se fose necesario, elaborarase ou tentarase conseguir o

material específico que sexa requirido.

Entre os recursos humanos contamos con titoras/es, profesorado especialista,

departamento de orientación, equipo directivo, organismos, institucións (XUNTOS,

ONCE…) familia, etc.

3.6.AVALIACIÓN:

En canto á avaliación, constará de tres momentos: inicial, continua e final,

constituíndo un proceso continuado, nin puntual nin illado, onde se achegará unha

información valiosa.

A avaliación inicial axudará a coñecer o punto de partida do alumnado:

capacidades adquiridas, dificultades que presentan, estilo cognitivo, etc. Coa avaliación

formativa e continua comprobarase a evolución do alumnado, a detección de novas

Page 84: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 84 -

necesidades grupais ou individuais, así como a efectividade do programa en relación cos

obxectivos establecidos. A avaliación final informará do grao de adquisición dos obxectivos

previstos así como a detección de dificultades no mesmo de cara ó vindeiro curso.

Este proceso de avaliación debe abarcar ao alumnado e profesorado, xa que a

práctica educativa engloba a ambos, e achega datos que poden servir para modificar aqueles

aspectos deficitarios ou enriquecer con outros nos que se abriron novas vías de actuación.

Serán obxecto de avaliación:

* O grao de consecución dos obxectivos.

* A pertinencia das actividades e estratexias propostas e deseñadas.

* O grado de inclusividade acadada.

Serán instrumentos e técnicas de avaliación:

* A análise das actas de reunións do departamento de orientación.

* A análise dos programas realizados e materiais elaborados.

* A análise dos informes realizados.

* A memoria final.

Para levar a cabo o proceso avaliativo rexerémonos polos criterios de avaliación

establecidos para a etapa con carácter xeral e as ACS especificamente.

O seguimento realízase a través de reunións periódicas cas/cos titores,

profesorado das materias e outros profesionais que participen na súa aprendizaxe, así como

coa participación nas sesións de avaliación dos grupos nos cales existan necesidades

educativas especiais, reunións coas familias e titores legais e revisión constante dos

problemas máis frecuentes e posibles erros.

Page 85: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 85 -

3.7.TEMPORALIZACIÓN:

Temporalizamos as nosas actuacións ao longo dun curso académico en tres momentos:

Primeiro trimestre:

- Revisión de documentos e recopilación de información de diferentes fontes

(profesorado, familia, informes, …) detectando necesidades e colaborando nas

avaliacións psicopedagóxicas que se determinen dende o Departamento de

Orientación.

- Valorar se os recursos persoais e materiais son suficientes e axeitados para o traballo

diario, así como a metodoloxía e a resposta ás necesidades.

- Organización dos espazos a utilizar cos alumnos con NEAE.

- Organización e coordinación dos apoios.

- Deseño da intervención a través de distintas medidas de atención a diversidade

(RE/ACS).

Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.

Segundo trimestre:

Deseñar materiais que favorezan o desenvolvemento do alumnado nas diferentes áreas e

propoñer a adquisición de novos materiais.

Coordinación co DO, titoras/es, familia, axentes externos...

Seguimento continuo da intervención co alumnado modificando ou mantendo

obxectivos, estratexias, tempos, recursos, ...

Avaliación continua das aprendizaxes adquiridas, participando nas sesións de avaliación.

Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.

Page 86: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 86 -

Terceiro trimestre:

o Avaliación final do grao de consecución dos obxectivos previstos para o alumnado.

o Colaboración na avaliación final e decisións de promoción ou permanencia.

o Elaboración final de informes sobre os/as discentes.

o Valorar a adecuación das medidas desenvoltas.

o Propoñer a continuidade ou a modificación de ditas medidas.

o Recollida de aspectos organizativos e/ou curriculares na memoria final da aula de apoio,

máis eficaces para mantelos de cara ao vindeiro curso. Propostas de mellora.

Participación nas reunións do DO, CCP e claustro.

3.8.ALUMNADO CON NEAE:

O alumnado que, nun principio, precisa apoio das mestras de pedagoxía

terapéutica é o seguinte:

1º E.S.O. A

- Un alumno de etnia xitana con dificultades de aprendizaxe.

A nivel curricular atópanse por debaixo do nivel no que están escolarizado debido a

condicións persoais e de historia escolar.

Recibiu reforzo educativo durante toda a etapa de educación primaria traendo materias

pendentes.

Ten ACS dende 5º de primaria.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en

diversas materias.

Page 87: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 87 -

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar matemáticas e

lingua castelá.

1º E.S.O. B

- Un alumno repetidor de etnia xitana con atraso académico xeneralizado por

condicións persoais. A nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no que está

escolarizado.

Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 4º de Educación Primaria. A

partir de 5º realízaselle unha ACS nas áreas de lingua castelá, lingua galega,

matemáticas, naturais, sociais e inglés suspendendo aínda así esas áreas. No curso

anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura,

inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo apoio por parte

do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula nas áreas instrumentais.

Suspendeu plástica e todas as materias de ACS agás o inglés .

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Page 88: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 88 -

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua castelá.

- Un alumno repetidor cun atraso académico xeneralizado por condicións de historia

escolar. A nivel curricular se atopa tamén por debaixo do nivel no que está

escolarizado.

Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais durante toda a etapa de Educación

Primaria suspendendo aínda así a maioría delas. No curso anterior fixéronselle ACS

nas áreas de lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e

historia e matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía

terapéutica dentro da aula nas áreas instrumentais. Suspendeu todas as materias de

ACS agás o inglés máis bioloxía e plástica.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de continuar con ACS en diversas

materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa

ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua castelá.

Page 89: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 89 -

- Un alumno con NEE e diversidade funcional. A nivel curricular se atopa moi por

debaixo do nivel no que está escolarizado.

Recibiu reforzo educativo durante primeiro e segundo de primaria, repetindo o

segundo curso. A partir de 3º fixéronselle ACS nas áreas de lingua castelán e literatura,

lingua galega e literatura, inglés, matemáticas, sociais e naturais aprobando todas as

materias.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa

ACS.

Proporáselle exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar matemáticas e

lingua castelá.

2º E.S.O A.

- Un alumno cun atraso académico xeneralizado, por falta de hábitos de traballo. A

nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no que está escolarizado.

Dende primeiro da ESO, curso que repetiu, tivo ACS nas áreas de lingua castelán e

literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e

matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro

da aula nas áreas instrumentais. Suspendeu lingua e literatura galega, e EPV.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de continuar con ACS en diversas

materias.

Page 90: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 90 -

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa

ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua galega.

- Un alumno cun diagnóstico de TDAH e problemas de aprendizaxe que a nivel

curricular se atopa por debaixo do nivel no que está escolarizado.

Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 5º de Educación Primaria

suspendendo aínda así a maioría delas. En 6º realízaselle unha ACS nas áreas de

lingua castelá, lingua galega, matemáticas e inglés traendo suspensas de 6º primaria as

áreas de naturais e sociais.

No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e

literatura , inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo

apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula 14 horas

semanais aprobando todas as materias en xuño

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua galega.

Page 91: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 91 -

Un alumno cun diagnóstico de TDAH, trastorno grave de conduta e atraso

académico xeneralizado debido a súa historia persoal.

Recibiu reforzo educativo durante toda a Educación Primaria suspendendo aínda así a

maioría das materias.

No curso anterior ademais dun plan de conduta, fixéronselle ACS en lingua castelán

e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e

matemáticas recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro

da aula 14 horas semanais aprobando todas as materias en xuño.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 9 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua galega.

2º E.S.O B

- Un alumno de etnia xitana cun atraso académico xeneralizado por condicións persoais

e dificultades de aprendizaxe co cal a nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no

que está escolarizado.

Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais en toda a etapa de Educación

Primaria.

Page 92: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 92 -

No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e

literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo

apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula 5 horas

semanais. Leva pendentes as materias de bioloxía e xeografía e historia.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua castelá.

- Un alumno de etnia xitana cun atraso académico xeneralizado por condicións persoais

e dificultades de aprendizaxe co cal a nivel curricular se atopa por debaixo do nivel no

que está escolarizado.

Recibiu reforzo educativo nas áreas instrumentais ata 2º de primaria. A partir de

terceiro comeza a ter ACS.

No curso anterior fixéronselle ACS en lingua castelán e literatura, lingua galega e

literatura, inglés, xeografía e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas recibindo

apoio por parte do profesorado de pedagoxía terapéutica dentro da aula Leva

pendentes a materia de bioloxía e xeoloxía.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Page 93: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 93 -

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua castelá.

Un alumno que se atopa a nivel curricular nalgunhas áreas por debaixo do nivel no

que está escolarizado debido a condicións persoais e de historia escolar.

Recibiu reforzo educativo durante toda a etapa de Educación Primaria suspendendo

lingua galega, naturais, sociais e inglés.

No curso anterior fixéronselle ACS en lingua galega e literatura, francés, xeografía e

historia, bioloxía e xeoloxía recibindo apoio por parte do profesorado de pedagoxía

terapéutica dentro da aula . Leva pendentes a materia de lingua castelá e decidíndose

na xunta de avaliación de setembro a conveniencia de facerlle ACS tamén na área de

lingua castelá e literatura.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias e se incorpore unha nova materia.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 5 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Proporáselle a continuación coa exención de 2ª lingua tendo así 2 sesións para reforzar

matemáticas e lingua castelá.

Page 94: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 94 -

3º E.S.O A

Unha alumna cun diagnóstico de TDA e dificultades de aprendizaxe.

En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo

adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura , francés, xeografía

e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas.

En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en física e química.

Aprobou todas as materias entre xuño e setembro.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia para que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Un alumno cun diagnóstico de TDAH e dificultades de aprendizaxe. Ten perdidas

auditivas debidas a frecuentes infeccións de oídos ( de momento non poden operalo). A

nivel curricular atópase por debaixo do nivel no que está escolarizado.

En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo

adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía

e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas.

En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en física e química.

Leva pendente a materia de física e química.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en

diversas materias.

Page 95: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 95 -

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

Unha alumna de etnia xitana con dificultades de aprendizaxe. A nivel curricular

atópase por debaixo do nivel no que está escolarizada.

En primaria tivo reforzos educativos e ACS en diversas materias. En 1º da ESO tivo

adaptacións en lingua castelán e literatura, lingua galega e literatura, inglés, xeografía

e historia, bioloxía e xeoloxía e matemáticas. Repetiu 1º de ESO coas mesmas

adaptacións. En 2º engadíuselle a adaptación en tecnoloxía. Non tivo adaptación en

física e química. Leva pendente a materia de física e química e música.

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa ACS.

3º E.S.O B

Unha alumna con dificultades de aprendizaxe por atraso académico xeneralizado e

dislexia.

En primaria tivo algún reforzo educativo. Cando comeza no noso centro en xaneiro

repetindo 1º ESO comeza a ter ATS en diversas materias.

O curso pasado tivo ACS en lingua castelá e literatura, lingua galega e literatura,

inglés e xeografía e historia. Aprobou todas as materias entre xuño e setembro.

Page 96: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 96 -

Na avaliación diagnóstica suxerirase a conveniencia de que continúe con ACS en

diversas materias.

Recibirá apoio por parte das profesoras de pedagoxía terapéutica 4 sesións semanais

dentro e fora da aula para reforzar as áreas instrumentais e traballar en base a súa

ACS.

A todo este alumnado, sempre que a atención se leve acabo dentro da aula, engadiremos

aqueles outros que precisen dun reforzo educativo ao longo de todo o curso ou en

momentos puntuais.

3.9. HORARIO DA AULA DE APOIO

O tempo de atención a este alumnado polo profesorado de pedagoxía terapéutica

adaptarase o número de alumnos que se vaian incorporando e as súas necesidades.

A distribución do tempo de atención a estes alumnos polo profesorado de apoio neste

principio de curso será o seguinte tendo en conta que pode sufrir modificacións coa

aparición de novas necesidades.

Page 97: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 97 -

HORA LUNS MARTES MÉRCORES XOVES VENRES

AMPARO AMPARO AMPARO NATALIA AMPARO NATALIA AMPARO NATALIA

9:00-9:50

LC

1º A

X

X

LC

2º A

X

MAT

2º B

LC

1º B

GARDA

9:50-10:40

MAT

3º A / B

X

X

LG

1º B

X

LG

2º A

LC

2º B

XEO

HIS

2º A

RECREO

10:55-11:45

MAT

2º A

X

LC

3º A

LG

3º B

LC

3º B

LG

1º A

PAIS

PAIS

11:45-12:35

LG

2º B

LC 1º B

X

LG

2º A

MAT

A / B

LC

2º A

MAT

2º A

MAT

2º B

RECREO

12:55-13:45

MAT

1º B

LC 2º B

MAT

1º A

X

MAT

1º A

X

MAT

1º B

X

13:45-14:35

GARDA

LC 1º A

TECNO

2ºA

X

LG

3º A

X

X

X

XANTAR

AMPARO

16:30-17:20

MAT 2º A

17:20-18:10

GARDA

Page 98: PLAN ANUAL DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN€¦ · plan de actividades: titorias de 1º da eso. plan de actividades: titorias de 2º da eso. plan de actividades: titorias de 3º da

Plan de Orientación 2019-20 - 98 -

4. CONCLUSIÓN

Esta programación pretende ser unha guía que oriente o traballo das mestras

especialistas en Pedagoxía Terapéutica ó longo do curso, non obstante, non se trata dun

documento pechado, senón que poderemos introducir as modificacións e achegas que sexan

pertinentes á hora de levar á práctica estas actividades no noso traballo diario. Ditas

modificacións quedarán reflectidas na memoria final.

Tamén é importante remarcar que na actualidade a comunidade educativa debe

adaptarse ao alumnado, e non este á comunidade.

O sistema educativo camiña cara á “inclusión total” e, como di Coral Elizondo:

“Para hacer inclusión, en la programación de aula, ten en cuenta a todo el alumnado

para no hacer adaptaciones después”.