pazo torre de_friol
TRANSCRIPT
A torre de
homenaxe
Cando foi descrita por Vázquez
Seijas (nos anos 50-60 do S. XX),
iniciábanse gretas na parte alta.
Hoxe está en estado ruinoso e non
hai ningún plan previsto que evite a
súa desaparición.
Debeu ter un corpo superior
almeado que se suprime no S.XV e
substitúe por unha cornixa
renacentista.
A torre de
homenaxe
Muro da fachada norte. Ten unha
ventá única de falso arco
monolítico. Os signos lapidarios
permiten datar a torre no S. XIII
(segundo Vázquez Seijas, unha
das máis antigas da provincia).
Toda unha xoia en proceso de
destrución.
Fachada Norte
As distintas ampliacións vertebrábanse en torno a un patio. Hoxe, a
vexetación dificulta a visualización do conxunto, ademais de pór en risco
o que queda.
Fachada Norte
No interior da ventá protexida con reixa, había un arquivo de pedra e con
bóveda de canón. Tiña unha altura de 3'15 m.
O
interior
O salón dos señores enriba da cociña, con cheminea oculta trala maleza.
Sen teito, sen chan...
O interior
Á esquerda:
Porta de acceso á ampliación do S.XV.
Arriba:
Inscrición no acceso á ampliación do S.
XVII alusiva ó señor: J ANTº DE
PRADO..
Haina que salvar... non pode desaparecer
Memoria histórica para todo, para as persoas, para o que fixeron, para o que
nos deixaron, e para entender o presente.