paseo polo anllóns para pantalla

6
Ceip “Xesús san luís romero” 2º ciclo Colabora endl Paseo polo anllóns Recoñecemento das árbores Da ribeira Ceip “xesús san luís romero” Curso 2012-13

Upload: chelo-alvarez-veira

Post on 03-Jul-2015

498 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Paseo polo anllóns para pantalla

Ceip “Xesús san luís romero”

2º ciclo

Colabora endl

Paseo polo anllóns

Recoñecemento das árbores

Da ribeira

Ceip “xesús san luís romero”

Curso 2012-13

Page 2: Paseo polo anllóns para pantalla

Ameneiro – aliso (Alnus glutinosa)

Follas

cortiza

Flores

froito

Coa súa cortiza, xunto con limadura de ferro, facíase unha excelente tintura negra para curtidos, boinas e sombreiros, ou ben extraíase un aceite para repeler mosquitos. A madeira, como era resistente a auga, utilizábase na

construción de pontes, muíños e postes baixo a auga, e tamén na fabricación de pequenos utensilios e zocos, actividades estas últimas que continúan na actualidade. Asemade o seu carbón tiña utilidade para a fabricación de

pólvora. Por outra banda o ameneiro, segundo as lendas, é unha das árbores usadas para gardar tesouros e tamén é a árbore das máscaras do Entroido

ourensán.

1

Bidueiro – abedul (betula pubescens)

Follas

cortiza

Flores

froito

Probablemente pola súa abundancia, impermeabilidade da súa cortiza e flexibilidade téñase empregado en multitude de aplicacións:

• No campo utilizábase a súa madeira adoito para as pezas do arado romano, xugos ou lareiros (usados para sacudir os froitos de castiñeiros). Actualmente aínda elabóranse con ela zocas e algún instrumento de labor, así coma contrachapados ou as máscaras do Entroido.

• Co seu carbón fabricábase a tintura de imprenta.

2

Page 3: Paseo polo anllóns para pantalla

ABELEIRA - avellano (Corylus avellana)

Follas

cortiza

Flores

froito

A abeleira é unha das árbores máis apreciadas polos pequenos animais do bosque, pois as súas abelás serven de alimento en inverno a moitos deles. Tamén os humanos apreciámolas ben, de xeito que en Galicia temos máis de 400 explotacións. Das abelás extráese un aceite que ten moitas aplicacións, úsase ou usábase coma alimento, lubricante industrial, para o alumeado e na elaboración de perfumes, pinturas e xabón. Algunhas partes da árbore teñen propiedades medicinais. A cortiza en cocemento ten propiedades astrinxentes, e as candeas masculinas en infusión utilízanse coma sudorífico.

A súa madeira é de utilidade para a fabricación de bateas, instrumentos musicais, toneis, cestería e artesanía e coas ramiñas carbonizadas fabrícanse carbonciños de debuxo.

3

Acivro - acebo (Ilex aquifolium)

Follas

cortiza

Flores

froito

O acivro é unha pequena árbore ben vistosa polos súa bagas vermellas e as follas verde brillantes, moitas veces espiñentas. É unha árbore apreciada polos animais do bosque coma o leirón careto, gris ou corzo, pois as súa bagas sérvenlles de alimento no inverno. Tamén é apreciada polos humanos, que tradicionalmente empregan as ramiñas con froitos coma enfeite de Nadal e a árbore completa coma árbore de xardinería, pois fai ben de sebe e aguanta as podas.

Non é propia da ribeira do Anllóns, os que veremos foron plantados polo home como ornamento.

4

Page 4: Paseo polo anllóns para pantalla

Carballo - Roble (Quercus robur)

Follas

cortiza

Flores

froito

As escasas carballeiras que quedan teñen un gran valor ecolóxico, conservan en manteñen solos fértiles e profundos, regulan o réxime hídrico, ofrecen refuxio e alimentos a numerosos animais do bosque, coma ferreiriños, papuxas, tordos, pequenos roedores ou mamíferos máis grandes coma corzos. Baixo eles crecen gran diversidade de plantas e fungos, que son aproveitables que son aproveitables facéndoo de xeito razoable, do mesmo modo que o aproveitamento da súa madeira. Como era de esperar nunha árbore antigamente tan común hai numerosas tradicións e costumes vinculados con ela. Crese que ás veces formaban bosques sagrados. Preto de vellos carballos construíronse santuarios, que probablemente convertéronse en santuarios católicos co paso do tempo, coma ocorre en Santa Mariña de Augas Santas, que tiña un vello carballo que levaba “sangue” en vez de zume.

5

Bieiteiro ou sabugueiro - Saúco (Sambucus nigra)

Follas

O tronco é grisáceo e verrugoso, as pólas son fráxiles. A cortiza é corchosa, agretada

e pardo grisácea.

cortiza

Flores

froito

As flores posúen propiedades diuréticas e emolientes, e os froitos son purgantes. As infusións das flores son boas para gripes e catarros; tamén como laxante suave. En uso externo (lavados, locións ou compresas) aplícase para trata-las dermatoses, feridas, queimaduras e conxuntivite. Polo cheiro desagradable das follas, úsase como antídoto para expulsar certos animais considerados daniños, coma sapos, cóbregas, píntegas etc

6

Page 5: Paseo polo anllóns para pantalla

FREIXO – fresno (Fraxinus excelsior)

Follas

cortiza

Flores

froito

O freixo é unha das árbores que embelece as ribeira dos nosos ríos e xardíns. Utilízase para a obtención da súa madeira dura, flexible e resistente aos golpes repetidos. Esta última característica faina apreciada para a elaboración de paos de hockey ou raquetas de tenis pero sobre todo, no agro galego tíñana en moita estima para fabricar distintas partes do carro, como o seu eixo ou mangos de instrumentos e aínda hoxe en día emprégase para facer partes curvas de mobles e barcos. Ademais subministra excelente leña e carbón. No eido da Medicina popular as follas en infusión teñen servido coma laxante, diurético, para combater as enfermidades renais e o reuma mentres que a cortiza serve para baixar a febre.

7

Salgueiro – sauce (Salix sp)

Follas

cortiza

Flores

froito

Os salgueiros son árbores pequenas ou matos da ribeira de todos os ríos, regatos e lagoas do país, de xeito que úsanse para protexer da erosión nas

beiras de canles e correntes de auga. Outra das utilidades xerais dos salgueiros é a cestería xa que en xeral posúen pólas moi flexibles. Para ter dabondo desmoúcase ás árbores do vimbio para

obter o vimbio ou recóllense as pólas xoves do salgueiro branco.

As propiedades medicinais dos salgueiros son de todos coñecidas, pois é da súa cortiza da que se obtivo orixinariamente a salicilina, da que deriva o

ácido acetil-salicílico da aspirina. O mellor salgueiro para a súa extracción é o salgueiro branco, aínda que o S. atrocinerea tamén contén salicilina

8

Page 6: Paseo polo anllóns para pantalla

NOTAS

9

Notas

10