parlamentarismo inglés

1
IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia” Antecedentes do Parlamentarismo Inglés A Carta Magna, é un documento inglés aceptado polo rei Xoán I, “sen Terra”, en Londres o 15 de xuño de 1215, ante o acoso dos problemas sociais e as graves dificultades na política exterior da época. A Carta Magna é o antecedente dos réximes políticos modernos nos cales o poder do monarca ou presidente vese acoutado ou limitado por un consello, senado, congreso, parlamento ou asemblea, e pola cal a monarquía se compromete a respectar as liberdades relixiosas e políticas. Por extensión, tamén se denomina Carta Magna, á Constitución Xoán I “Sen Terra” dun Estado, que é a norma suprema que informa todo o seu ordenamento xurídico. Parlamentarismo Inglés Os lores (...) e comúns (...) reunidos na súa calidade de libres representantes desta nación (...) declaran que (...): 1. O pretendido poder de suspensión das leis ou de execución das mesmas pola autoridade real sen consentimento do Parlamento é ilegal. (...) 4. Recadar cartos para(...) uso da Coroa (...) sen a autorización do Parlamento é ilegal. (...) 6. O recrutamento ou mantemento dun exército permanente dentro do reino en tempos de paz, a menos que conte co consentimento do Parlamento, vai contra da lei. (...) 8. A elección dos membros do Parlamento debe ser libre. (...) 11. Para o (...) fortalecemento e conservación das leis, os Parlamentos deben convocarse frecuentemente. Parlamento de Inglaterra. Declaración de Dereitos. 13-2-1689 Resposta a estas preguntas: 1. Quen e como se reúnen segundo o texto? 2. Para que se reúnen? 3. Segundo isto, como son os poderes do rei? 4. Coidas que hai diferenzas entra a Monarquía Inglesa e o resto das de Europa?Cales? 5. Cres que a Carta Magna ten que ver con esas diferenzas? Por que? 6. Atopas similitudes co goberno que hai actualmente no nosos Estado? Profesor: Diego Xesús López González.

Upload: diego-xesus-lopez-gonzalez

Post on 08-Mar-2016

224 views

Category:

Documents


3 download

DESCRIPTION

Antecedentes e Características

TRANSCRIPT

Page 1: Parlamentarismo Inglés

IES Lama das Quendas “Departamento de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia”

Antecedentes do Parlamentarismo Inglés

A Carta Magna, é un documento inglés aceptado polo rei Xoán I,

“sen Terra”, en Londres o 15 de xuño de 1215, ante o acoso dos

problemas sociais e as graves dificultades na política exterior da

época.

A Carta Magna é o antecedente dos réximes políticos modernos

nos cales o poder do monarca ou presidente vese acoutado ou

limitado por un consello, senado, congreso, parlamento ou

asemblea, e pola cal a monarquía se compromete a

respectar as liberdades relixiosas e políticas.

Por extensión, tamén se denomina Carta Magna, á Constitución Xoán I “Sen Terra”

dun Estado, que é a norma suprema que informa todo o seu ordenamento xurídico.

Parlamentarismo Inglés

Os lores (...) e comúns (...) reunidos na súa calidade de libres representantes desta nación

(...) declaran que (...):

1. O pretendido poder de suspensión das leis ou de execución das mesmas pola

autoridade real sen consentimento do Parlamento é ilegal. (...)

4. Recadar cartos para(...) uso da Coroa (...) sen a autorización do Parlamento é ilegal. (...)

6. O recrutamento ou mantemento dun exército permanente dentro do reino en tempos

de paz, a menos que conte co consentimento do Parlamento, vai contra da lei. (...)

8. A elección dos membros do Parlamento debe ser libre. (...)

11. Para o (...) fortalecemento e conservación das leis, os Parlamentos deben convocarse

frecuentemente.

Parlamento de Inglaterra. Declaración de Dereitos. 13-2-1689

Resposta a estas preguntas:

1. Quen e como se reúnen segundo o texto?

2. Para que se reúnen?

3. Segundo isto, como son os poderes do rei?

4. Coidas que hai diferenzas entra a Monarquía Inglesa e o resto das de Europa?Cales?

5. Cres que a Carta Magna ten que ver con esas diferenzas? Por que?

6. Atopas similitudes co goberno que hai actualmente no nosos Estado?

Profesor: Diego Xesús López González.