para ser un bo lector ou unha boa lectora que podes … · recomendaciÓns para 2º curso libros de...
TRANSCRIPT
PARA SER UN
BO LECTOR OU
UNHA BOA
LECTORA
QUE PODES FACER?
1. TODOS OS DÍAS, RESERVA UN TEMPO
PARA LER
Despois de merendar, antes de durmir …
Cal é o teu momento preferido?
Hai tempo para todo: para xogar, para
estar cos amigos, para ler, para estudar …
Organízate ben e non te esquezas de
reservar un momento para ler os teus
libros favoritos.
2. BUSCA CALQUERA DESCULPA PARA QUE CHE
LEAN OU QUE CHE CONTEN CONTOS
Gústache que te conten historias? E que
alguén lea para ti en voz alta?
Busca unha boa ocasión para pedirlle aos
teus pais, avós, primos que che conten as
historias que coñecen.
Ou prefires que che lean contos?
3. VISITA A BIBLIOTECA MÁIS PRÓXIMA E
TAMÉN AS LIBRERÍAS
Visitas moito a nosa biblioteca, a
“Biblioteca das palabras máxicas”! Coñeces
a biblioteca do concello? E as librerías máis
cercanas?
Por que non lle pides aos teus pais que te
acompañen?
Alí poderás coñecer as últimas novidades e
poden recomendarche libros sobre os teus
temas preferidos. Ademais podes encontrar
revistas, coleccións ou CDs.
E tamén podes facer
o carné da biblioteca.
Telo xa?
4. FÍXATE BEN EN COMO LEN OS MAIORES
Parácheste a pensar como len os maiores?
Viches o ben que o pasan lendo e como
gozan coa lectura?
Cando lean para ti os teus pais, avós,
irmáns, mestres, non perdas ningún
detalle
5. NON TE QUEDES CON NINGUNHA DÚBIDA
Sempre que esteas lendo a soas, no
colexio ou cos teus pais, non quedes con
dúbidas.
Se non entendes algo, pregunta. Os
maiores saben moitas cousas que poden
axudarche.
¿?
6. PENSA QUE OS TEUS AMIGOS E AMIGAS
SON OS MELLORES COMPAÑEIROS E
COMPAÑEIRAS DE LECTURAS
Intercambias libros algunha vez cos teus
amigos? Algunha vez xogaches a contar
historia: a máis misteriosa, aventureira,
divertida…?
Hai moitos xogos baseados en libros que
podedes organizar: disfrazarse, unha obra de
teatro, facer títeres …
7. ORGANIZA BEN A TÚA BIBLIOTECA
Tes os teus libros ben ordenados?
Tes reservado algún lugar especial para
gardalos?
Consulta aos teus pais, seguro que eles
poden axudarche a ordenalos, a arranxar
aqueles que están estragados e tamén a
decorar a túa biblioteca.
RECOMENDACIÓNS
PARA INFANTIL
(3- 5 ANOS)
� Besos para cada momento.
Mac Millan
� Los tres cerditos (Libros
móviles) Edelvives
� Cocorico. OQO
� (SÓ PARA 4 E 5 ANOS) Brujas. SM
Soledad Candil
RECOMENDACIÓNS
PARA 1º CURSO
- Cepíllate el pico, perico! Ed.
MacMillan
- ¡Ojo, piojo! Ed. MacMillan
- Cómo mola tu escoba. Axel Sheffer
- El miedo de Mo. Xosé A Neira Cruz
- Cha-ca-pun! Alfredo Gómez
RECOMENDACIÓNS
PARA 2º CURSO
LIBROS DE NARRATIVA: - Colección de Pupi. María Menéndez Ponte.
Ed. SM
(Algunos títulos: Pupi y sus ideas, Pupi va a la peluquería, Pupi y el misterio de la TV, El tesoro de Pupi…)
- Colección de Gerónimo Stilton
(castelán e galego)
LIBROS PARA CONSULTAR E DIVERTIRSE:
- Abracadabra que tu cuerpo se abra.
Jennie Maizels, William Petty. Ed. Macmillan
- Mi primer atlas de España y del mundo. Tony Potter. Ed.
Macmillan
- Descubre y juega. Animales. Ed. Macmillan
- Descubre y juega. El universo. Ed. Macmillan
- Dinosaurios: viaje por el fascinante mundo de la prehistoria
Ed. Macmillan
- Pupiatlas del mundo. María Menéndez Ponte y Laura Portiña.
Ed. SM
- Enciclopedia Pupipedia. María Menéndez Ponte y Begoña
Oco. Ed. SM
NOVIDADE 2011
NOVIDADE 2011
RECOMENDACIÓNS
PARA 2º CICLO
- La ladrona de lágrimas. Carol Ann Duffy.
Colección Piñata. Vicens Vives
- Nochebuena de Fantasmas. Charles Dikens.
Colección Piñata. Vicens Vives
- Cubrelunas. Éric Puybaret. Colección Piñata.
Ed. Vicens Vives
- El misterio de la momia Locatis. Luisa Villar
Liébana. Colección Librosaurio. Ed. Macmillan
RECOMENDACIÓNS
PARA 3º CICLO
- “La princesa está triste”
Carlo Frabetti. Ed. SM
- “Cuentos a la luz de un candil”. SM
- “O zoo de Pitus” Sebastián Sorribas. Xerais
- “As tres plumas” Alfredo Gómez Cerdá. Bruño
- “Amar e outros verbos”. Ana Mª Fernández.
Everest
A BIBLIOTECA DAS PALABRAS MÁXICAS
DESÉXAVOS ...
UN NADAL CHEO DE LECTURAS E DE BOS
MOMENTOS EN FAMILIA!
OCA, NADAL 2011