palabras de lei - galeguizar galicia de lei.pdf · @ll @f>ifa>ab pio garcÍa ... e de nossa...

81

Upload: ngocong

Post on 07-Oct-2018

213 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien
Page 2: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

PALABRAS DE LEIGaleguizar Galicia

Para facer efectivos os dereitos linguísticos da cidadanía, canto ao uso da lingua propia dunha Comunidade Au-tónoma, é preciso unha actuación decidida por parte dos poderes pú-blicos que teñen com-petencia nesta materia, a fin de poderen imple-mentar medidas efica-ces que permitan unha expansión do seu uso a eidos como a Adminis-tración de Xustiza que, aínda hoxe, representan un reduto illado e pouco permeable a unha con-vivencia en réxime de cooficialidade.

Page 3: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

PIO GARCÍAFotografía

Page 4: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

© Copyright da edición: Asociación de funcionarios para a normalización lingüística de Galicia

Coordenación: Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Carmen Pérez Vaquero, Xosé Manuel Rodríguez-Abella.

Colaboradores: Xesús Ferro Ruibal, Modesto Hermida García.

Revisión lingüística: Xosé Couñago Rivera

Deseño e maquetación: Pio García

Depósito Legal: C-693-2005

Imprime: Litonor

Page 5: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

P R Ó L O G O S

P R Ó L O G O S

Page 6: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Foi na lingua galega lingua formalizada, na que se substanciaron todo tipo

de asuntos xudiciais e administrativos en tempos ben antigos. Johan Dominguez en

1283 outorgaba carta de sentenza dicindo, entre outras cousas, Unde eu joyz, avendo

consello con homees boos e sages, e as partes presentes e preguntadas alí na terra e no

lugar se levaran dalí da Nugeyra e de Gomariz e de Lobazes e de Gradím o terreyro que

andou en Agiar, sendo en lugar de julgar, mando julgando o terreyro de Agiar non leve

loytosa destes lugares sobreditos.

E en 1321 outro xuíz daba estoutra sentenza: E nos, sobredito meyrino e alcalde

del rey, oyda las rasones da huna e da outra e auendo oydos os ditos regales priuilegios

da huna e da outra parte, (...)respondemos da parte de nosso sennor el rey don Affonso

e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello nen contra esto que

nos demandamos para sempre jamays sub pea de mill marauedis de boa moneda que

mandamos que os peyte qualquier que contra esto quiser bir.

E mesmo foi o galego lingua da ciencia xurídica. O chamado Jacobo de las Leyes

escribía entre 1290 –1350 que En todo preyto de juiz ordenado deue á áuer tres persoas:

a persa do iuyz, e a persoa do demandador, que e dicta en latim actor, e a persoa do

demandado que e dicto reus.

Dificultades de todos coñecidas interromperon durante varios séculos esta

práctica, aínda que quen coñeza algo o funcionamento da vida xudicial sabe que, por

máis que o galego non fose a lingua das sentenzas, foi inevitablemente (e, se cadra,

ininterrompidamente) a lingua de moitas testemuñas ante os Tribunais.

Page 7: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

O Plan de Normalización Lingüística, que no momento de inicialo en Sobrado

dos Monxes definín como un proxecto estrela da Xunta de Galicia, tivo unha

elaboración exemplar por abrirse á participación de todos e porque, aínda podendo

ser aprobado polo Goberno de Galicia, someteuse á discusión do Parlamento e alí,

aínda tendo garantida a maioría parlamentaria do Partido Popular que sostén o actual

Goberno, mereceu unha unanimidade parlamentaria que nos honra a todos e que

eu agradezo. Quero salientar que a unanimidade parlamentaria é, por lóxica, algo

infrecuente pero, cando se acada, indícanos a todos que o tema que a provoca forma

parte do que a sociedade recoñece como de todos, como indiscutible, como esencial. E

temos que constatar que esa unanimidade produciuse tamén cando se discutiu a Lei de

Normalización Lingüística en 1983. A promoción da lingua galega é, polo tanto, asunto

especialmente cohesionador da nosa sociedade.

Por iso é unha satisfacción comprobar que un grupo selecto de Maxistradas e

Maxistrados, Xuízas e Xuíces anuncien coa solemnidade dun libro o seu compromiso

profesional coa lingua maioritaria dos galegos, coa lingua propia de Galicia. Esta

sinerxia ventureira co Plan é un feliz acontecemento que esperamos que produza ecos

noutros sectores estratéxicos.

Quero expresar o compromiso de colaboración da Xunta de Galicia, que

presido, coas accións que se emprendan a prol da normalización da lingua galega na

Administración de Xustiza.

Manuel Fraga IribarnePresidente

O feito de ser o galego no último cuarto do século XX lingua viva da maior parte

dos galegos motivou que a Constitución de 1978 lle devolvese a condición de lingua

cooficial; que o noso Estatuto de Autonomía a designase en 1981 como lingua propia de

Galicia e que a Lei de Normalización Lingüística de 1983 formulase o deber de tódalas

Administracións de favorecer o seu uso.

Esta restauración do status xurídico permitiu que xuíces, maxistrados, fiscais,

avogados e procuradores empezasen a utilizala, porque o cidadán, demandante ou

demandado, só se expresa plenamente naquela lingua na que está instalado.

É certo que a decisión dos que xa hai anos utilizan a lingua galega nos Tribunais

nace antes dun compromiso persoal que dunha obrigatoriedade directamente imposta.

Pero non pasa desapercibido a ninguén que na experiencia que xa acumulamos nestes

anos non se coñecen casos de reclamación por indefensión nin tampouco casos de

rexeitamento ante o uso do galego nos actos xurídicos. Esta pacífica aceptación da

restauración da lingua galega como lingua da actividade xudicial podería, se cadra,

sorprender a quen non coñeza ben a realidade lingüística de Galicia; realidade peculiar

que se define na presentación do Plan Xeral de Normalización Lingüística como a

dunha lingua latente, é dicir, lingua presente mesmo na maior parte das poucas persoas

que nunca a falan.

Page 8: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

figura clave na xénese e sostemento dese esforzo por facer da lingua galega un vehículo natural de traballo xurídico.

Na homenaxe a el, a todos os que con e coma el seguen a avanzar con ilusión e pulo por este camiño, e nomeadamente ós promotores, autores e colaboradores desta obra, quede constancia do apoio e da disposición cooperadora dun Fiscal Xeral que -non podo deixar de recordalo, por notorio que sexa, e de propósito o fago ó remate para que sobrancee- é e exerce de galego.

Suxire o tópico -seguramente certo, como case todos- que o gran reto pendente da Xustiza consiste en chegar a entenderse e facerse entender pola cidadanía.

Sen lle restar importancia, pois, á específica dimensión cultural e identitaria da normalización lingüística (art.3.3. da Constitución), imaxino que non estrañará a ninguén que a deformación profesional do xurista preocupado tanto polos instrumentos coma polos fins, faga caer a este Fiscal Xeral na tentación utilitarista de subliñar o enorme potencial que, en termos de aproximación entre Xustiza e cidadanía, encerra a misión normalizadora da que esta obra é exemplo. O Fiscal Xeral do Estado, e o Ministerio Fiscal no seu conxunto, como garante máximo no ámbito das súas competencias dos dereitos fundamentais de todos, só pode felicitarse e felicitar os promotores dunha iniciativa coma esta. Trátase, xa que logo, de promover e impartir Xustiza na lingua sentida como máis intimamente propia, familiar, de quen, recoñezamos que poucas veces por gusto, se achega ó mundo xudicial.

Nada máis coincidente coa vontade, hoxe prioritaria, de acompasar o paso dos Fiscais ó modelo constitucional, non só no plano da pluralidade social, senón tamén no da diversidade territorial.

Fólgome por isto sumarme á tarefa de quen puxo en pé o proxecto que recolle este libro, e orgulléceme ademais de ter podido anticipar algún froito do seu espírito: non foi casual a decisión de propoñerlle ó Goberno como Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia a Carlos Varela, recoñecido e respectado por todos como

Cándido Conde-Pumpido TourónFiscal Xeral do Estado

Page 9: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Os últimos datos que nos ofrece o Instituto Galego de Estatística (IGE) referidos

ó 2003 aseguran que a capacidade de entender bastante ou moito a lingua galega

acada en Galicia o 97%, e a capacidade de falalo (bastante ou moito) chega ó 89%. E,

segundo a mesma Enquisa do IGE, os cidadáns galegos que nunca falan o galego son o

19%. A comparación destes datos revela que dese 19% que non fala nunca o galego,

polo menos un 16% enténdeo moito ou bastante. E isto explica ese dato tan peculiar

da convivencia lingüística en Galicia que é o feito estendido das conversas bilingües,

nas que un interlocutor se mantén no galego, o outro no castelán e, por veces, os

interlocutores non chegan a seren conscientes da duplicidade de códigos. O galego,

conclúe a doutrina que sustenta o Plan de Normalización Lingüística, é unha lingua

latente mesmo alí onde non se usa.

Isto abre moito campo á pacífica promoción da lingua, porque non se trata de

impoñerlle a lingua a quen non a fala, senón de liberar a expresión de quen a oculta,

de recoñecerlle o dereito de expresarse na mesma lingua en que pensa. E, se isto é moi

importante en tódolos ámbitos, éo especialmente na administración da xustiza.

A Consellería de Educación tivo no seu día o honor de recibir do Presidente da

Xunta de Galicia a encomenda de elaborar un Plan Xeral de Normalización Lingüística.

Nel estiveron representados non só diferentes Consellerías senón tamén tódolos sectores

sociais e, por suposto, membros da xudicatura.

Page 10: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

No Plan de Normalización analízanse os puntos fortes e débiles da lingua

galega nos diferentes sectores da nosa sociedade, tamén na Administración; tamén na

Administración de Xustiza. Entre os puntos fortes está non só a omnipresenza da lingua

galega senón tamén a existencia de boas experiencias normalizadoras neste eido.

Constatáronse certas deficiencias e marcouse o obxectivo de conseguir que a

todo cidadán se lle ofreza a opción a ser atendido en galego; co debido respecto á súa

opción lingüística. Por iso, como novo estilo, establécese a Oferta positiva¸ que consiste

en que a persoa que representa a Administración debe iniciar en galego o diálogo co

cidadán para que, se esa é a lingua de instalación de quen acode a un Organismo

público, non a oculte por temor a que nese ámbito resulte impropia; e que, se non o é,

o funcionario pase a utiliza-la outra lingua oficial.

Non é competencia deste Conselleiro o eido da xustiza pero do mesmo xeito

que en ocasións anteriores, e a través da Dirección Xeral de Política Lingüística, esta

Consellería colaborou en diversas iniciativas de promoción da lingua galega nos

Tribunais, seguirá colaborando en cantas no futuro se poñan en marcha e requiran a

nosa colaboración.

É para min un honor estampar neste libro a miña felicitación a cantas Maxistradas

e Maxistrados, Xuízas e Xuíces proclaman solemnemente o seu compromiso profesional

coa lingua galega como parte dunha xustiza máis eficaz.

Celso Currás FernándezConselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Page 11: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Como resultado dunha interacción específica entre as xentes, o territorio, e mesmo

a lingua coa que construímos as normas, existen regras e principios de convivencia dos

que xurden especificidades que permiten afirmar o feito diferencial dunha sociedade.

Segundo o ilustre xurista alemán Savigny, o Dereito reflicte o espírito dun pobo e, dado

que os conceptos e institucións xurídicos son construídos con palabras, a lingua dunha

colectividade pincelará cun verniz propio as súas institucións.

En Galicia temos un dereito civil como creación xenuína do pobo galego e unha

lingua que o vixente ordenamento xurídico recoñece e mesmo obriga ao seu uso,

tamén, como é lóxico, na Administración de Xustiza. Pero, para facilitar o emprego do

galego, dentro dun réxime de cooficialidade lingüística, é preciso facer posible, desde

a Administración pública, o dereito real de elección dos cidadáns, de xeito que non

atopen atrancos no seu uso.

A Xunta de Galicia vén posibilitando, no ámbito das súas competencias, a

redacción dos textos e resolucións xudiciais na lingua de elección dos suxeitos xurídicos,

así como o emprego oral do galego nos actos xudiciais conforme á normativa xurídica

vixente. A Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local desenvolve unha

acción xenérica de promoción do emprego do noso idioma, concertada coa Consellería

de Educación desde 1991, impartindo anualmente cursos de linguaxe xurídica galega a

Page 12: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

retarda o seu emprego xeneralizado, fundamentalmente por escrito, polo que o proceso

de promoción do seu uso na Administración de Xustiza debe avanzar buscando novos

pulos que o fagan habitual nos nosos xulgados e tribunais.

xuíces, maxistrados, fiscais, secretarios e demais funcionarios dos xulgados, tribunais e

fiscalías galegos, e mesmo na Escola Xudicial de Barcelona.

A Consellería tamén dispón, na súa relación de postos de traballo, de persoal

cualificado, adscrito aos xulgados e tribunais, que, no seu caso, traduce as resolucións

xudiciais, segundo a opción do cidadán ou a petición do redactor. Ademais estanse a

incorporar os correspondentes modelos en galego, ao programa de xestión procesual

dos xulgados galegos, orixinariamente redactado en castelán e, en cooperación co

Consello da Avogacía Galega, fixéronse formularios xurídicos en galego para o emprego

dos avogados, e cada ano desenvólvense cursos de linguaxe xurídica, en colaboración

coas escolas de práctica xurídica.

Hoxe en día, a inmensa maioría do persoal xudicial posúe o nivel superior

de coñecemento do noso idioma, o que posibilita o dereito ao seu emprego na

Administración de Xustiza, amparando así o dereito subxectivo da escolla do idioma

propio por parte do cidadán, e poñendo a disposición do poder xudicial, os medios

para o cumprimento da previsión do artigo 7 da Lei de Normalización Lingüística.

O galego, como lingua propia de Galicia, é empregado decotío por moitos

avogados e procuradores, sobre todo de xeito oral. Malia isto, existe unha inercia que

Xesús Palmou LorenzoConselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local

Page 13: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

O artigo 117 da Constitución Española dispón que a xustiza emana do pobo e

que se administra en nome de El-Rei por xuíces e maxistrados suxeitos unicamente ó

imperio da lei. Consonte a devandita disposición e os valores e principios que rexen as

sociedades democráticas, os dereitos e liberdades fundamentais da cidadanía vinculan

directamente ós órganos do poder xudicial, que teñen encomendada a misión de velar

e protexe-los dereitos e intereses lexítimos individuais e colectivos.

A Constitución Española de 1978 e, no seu desenvolvemento, o Estatuto de

Autonomía para Galicia do 6 de abril de 1981 e a Lei de Normalización Lingüística de

Galicia do 15 de xuño de 1983 significaron un cambio fundamental no ordenamento

xurídico das linguas na nosa terra, xa que recoñeceron o galego como idioma propio e

oficial do noso país.

As consecuencias da declaración de oficialidade do galego para o ámbito

específico da Administración de Xustiza veñen recollidas nos artigos 7 da Lei de

Normalización Lingüística e 231 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, onde en resumo

se dispón:

a) as actuacións xudiciais en Galicia serán válidas e producirán os seus efectos

calquera que sexa a lingua oficial empregada.

Page 14: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

ós valores superiores que sustentan a sociedade democrática, senón porque o artigo 9

da nosa Constitución imponlles ós poderes públicos a obrigación de promoveren as

condicións para que a liberdade e a igualdade dos individuos e dos grupos nos que se

integran sexan reais e efectivas, e de libraren os atrancos que impidan ou dificulten a

súa plenitude.

Ese esforzo do que vimos falando é necesario para supera-los prexuízos lingüísticos

existentes en contra do galego pola situación diglósica que mencionamos e, por outra

banda, tamén é necesario porque a normalización do galego na Administración de

Xustiza require unhas tarefas de carácter técnico que deben ser acometidas, sen máis

demoras, polo Estado e pola Xunta de Galicia.

En consecuencia, os membros da Asociación de Funcionarios pola Normalización

Lingüística de Galicia somos sabedores, desde hai anos, de que unha xustiza

democrática no noso país esixe a progresiva incorporación da lingua galega ó quefacer

diario dos órganos xurisdicionais de xeito que a cidadanía galego-falante poida acceder

na súa propia lingua ós órganos do poder xudicial, polo que é preciso impulsar e apoiar

un proceso continuado de uso da lingua galega no seo da Administración de Xustiza.

Somos conscientes de que é preciso que os xuíces e maxistrados velen para que

b) Os maxistrados, xuíces, fiscais e funcionarios de xulgados e tribunais

poden usa-lo galego en forma oral ou escrita se ningunha parte se opón, alegando

descoñecemento do que lle poida causar indefensión.

c) Os avogados, procuradores, litigantes, testemuñas e peritos, poden usa-lo

galego verbalmente ou por escrito nas actuacións perante os xulgados e tribunais, sen

ningunha limitación.

d) As actuacións xudiciais en galego serán obxecto de tradución ó castelán pola

propia Administración de Xustiza, unicamente por mandado do xuíz ou a requirimento

da parte que alegue indefensión, ou cando deban produci-los seus efectos fóra do

territorio da comunidade autónoma galega.

e) Nas actuacións orais en galego, o xuíz ou tribunal poderá pór como intérprete, se

for preciso, a calquera persoa coñecedora do galego, previo xuramento ou promesa.

Agora ben, como a propia Lei de Normalización Lingüística recoñece, o devir

histórico do noso país e o dilatado período de tempo ó longo do que o galego se viu

arredado do mundo do dereito e das relacións xurídicas en xeral -e das actuacións

xurisdicionais en particular- require un esforzo por parte dos funcionarios e dos

profesionais que traballan ó servizo ou en relación coa Administración de Xustiza para

facermos real e efectiva a igualdade dos galego-falantes nesas relacións sociais.

Ese esforzo é debido non soamente por razóns de índole ética ou por referencia

Page 15: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

de funcionarios, declaracións públicas cos colexios de avogados e procuradores,

traducións de textos legais ó galego, formularios procesuais na nosa lingua, acordos

co Consello Galego da Avogacía, edicións senlleiras como a de “Contos da Xustiza”,

”Palabra por palabra. Contos da Policía”, etc. ...

Cando se fala do proceso de normalización lingüística no ámbito xudicial temos

que referirnos a 1987, ano no que a nosa Asociación convocou unha vintena de xuristas

(maxistrados, notarios...) para estudar e aborda-la tarefa de estende-la lingua galega

nos usos xurídicos. Dende entón fomos, con imaxinación e tesón, buscando adhesións

en colectivos e institucións públicas, que acelerasen a marcha do proceso. Cómpre

lembra-lo acordo co Consello Galego de Relacións Laborais, cando estaba presidido

por Benigno Sánchez García. Foi entón cando lle abrimos á lingua galega as portas da

economía, consensuando con sindicatos e empresarios unha fórmula que fomentase

o uso do galego na negociación colectiva e que nestas normas laborais se recollesen

explicitamente o dereitos lingüísticos dos traballadores. Este acordo posibilitou que

moitos procedementos xudiciais se substanciasen en lingua galega, porque as asesorías

xurídicas dalgunhas centrais sindicais optasen decididamente pola utilización do noso

idioma na xurisdición laboral.

Con idéntica pretensión propiciamos a elaboración do primeiro Formulario

no seo dos procesos xudiciais se respecten escrupulosamente os dereitos lingüísticos da

cidadanía que interveñan como partes, testemuñas ou peritos e no caso de que aqueles

ou os seus representantes legais se expresen en lingua galega, os xuíces e maxistrados

tamén o deben facer, como regra xeral, nesa lingua.

Sabemos que é preciso que os fiscais velen nas súas actuacións polo respecto

ós dereitos lingüísticos da cidadanía e, como norma xeral, deben usa-lo galego na

práctica das probas en que as testemuñas, peritos ou partes interviñentes sexan galego-

-falantes.

Somos sabedores de que que é imprescindible que as Xuntas Provinciais de

Persoal da Administración de Xustiza apoien, no marco das súas funcións, o proceso de

incorporación do galego, a nivel oral e escrito, ás oficinas xudiciais e presten especial

atención ó uso correcto da toponimia na produción documental.

Xa transcorreron máis de vinte anos desque se aprobaron as normas xurídicas

que invocamos máis arriba como alicerces do proceso de normalización. Ó longo dese

período promovemos múltiples e variadas iniciativas en defensa do uso da lingua galega

na Administración de Xustiza e no mundo do dereito: a reivindicación dos gabinetes de

tradución, convenios coas asociacións profesionais de xuíces e maxistrados e sindicatos

Page 16: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Notarial, da autoría do notario e tamén compañeiro activo da Asociación, don Victorino

Gutiérrez Aller. Iniciativa que agora debería ter continuidade con outros acordos coas

entidades financeiras para que as hipotecas poidan estar redactadas tamén en galego ó

servizo dos usuarios.

No decorrer desta aventura, o libro que agora promovemos significa un fito

importante: por vez primeira xúntase un fato de xuíces e maxistrados -algúns veteranos

no exercicio da súa función e na defensa do galego- e outros -a maioría- que son

dunha nova xeración que acaba de iniciar a súa carreira profesional e que non teñen

prexuízo ningún en declararen desde a primeiría que están polo labor de defender a

nosa lingua. Iso é para nós un motivo de orgullo e cremos que a sociedade galega debe

coñecer esa novidade.

É de xustiza recoñecer e louva-lo traballo de cantos xuíces e maxistrados veñen

traballando arreo dende hai anos; moitos deles figuran neste libro. Queden aquí os

parabéns para o maxistrado Fernández Leiceaga e o fiscal Horro González. Outro

tanto debemos dicir, con toda a gratitude, para os maxistrados xa falecidos, amigos e

socios sobranceiros da Asociación, Daniel García Ramos e Orencio Pérez González.

Ámbolos dous dedicaron o seu tempo e ilusión a espalla-la mensaxe galeguizadora

durante os anos de exercicio profesional no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e

no Xulgado de Instrución núm.5 de Vigo.

Pero concorren amais outras circunstancias que favorecen a nosa tarefa e

introducen un certo optimismo na nosa teima: a recente aprobación por unanimidade

no Parlamento de Galicia do Plan de Normalización da Lingua Galega.

Xosé González MartínezXoaquín Monteagudo RomeroXosé M. Rodríguez-Abella

Page 17: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Carlos Varela GarcíaFiscal-Xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Page 18: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien
Page 19: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

exercicio profesional, non semella suficiente motivación, á vista dos resultados, por

non se teren producido incrementos significativos, nin cuantitativos nin cualitativos,

no uso destes idiomas na actividade xudicial diaria.

Semella, xa que logo, máis axeitado que o mérito profesional que permite obter

praza no concurso de traslado no territorio da comunidade respectiva, levará implícito

que estivese ligado á necesidade da súa utilización efectiva, na forma oral e na escrita,

e non o mero coñecemento teórico alleo a toda utilización práctica.

Deste xeito, a lingua propia dunha comunidade autónoma -no noso caso, o gale-

go- estaría en condicións de igualdade xurídica en relación coa outra lingua oficial, o

castelán.

Outra medida promocional, complementaria da anterior, podería ser que o proce-

demento se tramitase na lingua escollida polas partes e, en caso de discrepancia, o

procedemento tramitaríase na lingua propia da comunidade autónoma, sen prexuízo

de preservar o dereito da parte que alegue descoñecemento da mesma a ser informada

ou notificada na lingua da súa elección.

En definitiva, a través desta nova regulamentación tentaríase garantir os dereitos

lingüísticos da cidadanía que utilice os servizos propios da Administración de Xustiza

e promocionar ao mesmo tempo, de maneira efectiva, a utilización do idioma galego

nestas actuacións, como dereito vencellado ao de tutela xudicial efectiva que consagra

o artigo 24 da nosa Constitución.

Para facer efectivos os dereitos linguísticos da cidadanía, canto ao uso da lingua

propia dunha Comunidade Autónoma, é preciso unha actuación decidida por parte dos

poderes públicos que teñen competencia nesta materia, a fin de poderen implementar

medidas eficaces que permitan unha expansión do seu uso a eidos como a Adminis-

tración de Xustiza que, aínda hoxe, representan un reduto illado e pouco permeable a

unha convivencia en réxime de cooficialidade.

Calquera persoa que, na nosa Comunidade, se presente perante a Xustiza debe ter

recoñecido na práctica o elemental dereito a ser atendido na lingua oficial da súa elec-

ción.

Para facer realidade esta dispoñibilidade lingüística, cómpre que tanto as oficinas

xudiciais coma as do Ministerio Fiscal estean atendidas por funcionarios que, previa-

mente, teñan acadado os recursos lingüísticos necesarios mediante a superación das

correspondentes probas no acceso á función pública xudicial.

Cómpre insistir en que tal competencia lingüística non pode abandonarse ao simple

voluntarismo individual, senón que se fai preciso que os funcionarios que accedan a

unha praza nunha comunidade con lingua propia, acrediten un coñecemento suficiente

do idioma en que a cidadanía quere ser atendida.

Esta actitude está ademais relacionada cun principio de eficiencia da Administración

Pública en xeral e a de Xustiza en particular, pois noutro caso non se podería desenvol-

ver correctamente a súa actividade de descoñecer algo tan imprescindible e elemental

como é o idioma propio do territorio onde se ten que exercer a profesión.

Compriría pois facer unha nova regulamentación dos preceptos que fan referencia

ao coñecemento e ao uso das linguas oficiais por parte de xuíces, fiscais, secretarios

xudiciais e demais funcionarios dos xulgados e tribunais, a fin de que poidan ser res-

pectados os dereitos lingüísticos da cidadanía.

A fórmula establecida de que o coñecemento oral e escrito do idioma propio dunha

Comunidadade Autónoma constitúe o recoñecemento dun mérito preferente para o

Carlos Varela García

Page 20: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Pedro Naya Nogueira

María Dolores Sánchez Reguera

Estrella Álvarez Patiño

Page 21: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Pablo Sande GarcíaMaxistrado do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Page 22: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

O dereito civil galego fala dos montes veciñais en man común, da súa pertenza

por igual aos veciños dunha parroquia, dun lugar ou dunha aldea; do seu orixinario

desenvolvemento no ámbito consuetudinario e dos seus caracteres fixados pola

inaugural xurisprudencia que os devolveu aos seus antigos e verdadeiros donos; do seu

aproveitamento comunitario ou en ocasións por tenzas individuais; e, por último, da

determinación da condición de veciño comuneiro con casa aberta ou con lume e fume.

Fala dos montes abertos, de varas ou fabeo coas súas searas e dos porcioneiros de soar

coñecido. Fala dos camiños serventíos –os primitivos de agro, agra ou vilar, coa súa

variante de ano e vez ou dunha soa folla– e das serventías propiamente ditas, nas que

se adiviña o latexar dun utilísimo remedio para atender as necesidades xurdidas pola

proximidade dos fundos nun contexto preocupado máis da solución dos conflitos ca do

seu revestimento teórico. Fala do arró, do ribazo e do cómaro como talude intermedio

nos predios estremeiros situados a distinto nivel ou socalcos, e da atribución da súa

propiedade. Fala do resío, da venela e mais da gabia, formas típicas e tradicionais de

peche dos predios, nomeadamente no rural, rexidas por costumes que aparecen con

harmónica cadencia, como o costume de non gardar distancias nas plantacións de

árbores nos predios lindeiros a monte. E fala tamén, polo que atinxe a esta unión entre

ser humano e terra, do retracto de graciosa; das comunidades de augas e dos caseiros,

das parcerías e dos arrendamentos rústicos, mesmo históricos, polo xeral presenzas

duradeiras no tempo de foros non redimidos. E así mesmo fala de lugares acasarados;

e sempre e constantemente da casa patrucial e da súa indivisibilidade, suxeito e centro

sobranceiro de institucións singulares postas ao seu servizo no seo do vínculo entre

home e familia: o vitalicio, a compañía familiar, o casamento para a casa, a mellora

de labrar e posuír, o fillo mellorado no terzo e quinto, a apartación, o abandamento, o

usufruto de viuvez e as partillas.

Decididamente: a lingua do que fala o noso dereito civil é a que é acaso porque cada

quen fala coma quen é.

Pablo Sande García

Page 23: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Mercedes Leobalde Garcia

Xosé Antonio Peña

Rocío López Huete

Ana Belén Varela Miño

Gabinete de Asesoramento Lingüístico do

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia

Page 24: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Xosé Xoán Barreiro PradoPresidente da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra

Page 25: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Case sempre que unha persoa se achega a un pazo de xustiza faino de xeito

involuntario, en virtude dunha previa convocatoria a tal efecto.

A sorpresa e o desacougo xa aparecen cando se recibe a notificación. Esta, ou vén

do correo e nada, absolutamente nada lle aclara ou vén do xulgado, co seu laconismo,

terminoloxía e léxico arcaico, rimbombante e críptico, e provoca unha maior prevención.

Esta inqueda espreita leva ó implicado a esculcar entre amigos e profesionais do Dereito

as maneiras de comportamento para o día de autos.

Ó chegar atópase, iso si, co xulgado ou pazo de xustiza cos rótulos, paneis e

directorios en galego. Mais o papeliño que recibiu para que acudise case sempre está

en castelán e amósao para preguntar a onde ten que dirixirse.

Agarda e, cando lle toca, entra nunha sala ateigada de xente, se cadra con fotógrafos

e cámaras de televisión, axentes uniformados dos corpos e forzas de seguridade, presos

e outros tipos de xentes, pero onde todos teñen asento, agás el, que deberá permanecer

de pé, de costas a todos eles, pero fronte a outras persoas situadas máis enriba e

revestidas, todas elas, cunha toga negra. E agora tócalle intervir.

¿É tan difícil facerse cargo de tal situación? ¿Que custa dirixírmonos a el no idioma

que nós e mais el falamos, ata entrarmos alí? Tampouco se atopa unha moi doada

explicación para o feito de que o propio avogado que, co seu cliente, sempre falou en

galego agora, en público, se dirixa a el en castelán.

Hai anos que, cos funcionarios que fun coñecendo e cos que na actualidade estou

en relación, andamos empeñados en facermos do galego o idioma de normal e diario

uso no seo da administración de xustiza. Todas son vantaxes e ningún reparo. Cómpre,

porén, seguir a medrar en tal cometido ata o día no que, felizmente, xa non teñamos

que do mesmo falar.

Xosé Xoán Barreiro Prado

Page 26: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

María Montero

Juana Carbajal

Mª Jesús Carrera

Cristina Alonso

Marga Mas

Manuela Pérez

Isabel Méndez

Pilar Álvarez

Merche Sampaio

Mª José Velasco

Page 27: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Xoán Alfaya OcampoMaxistrado da Sección 6ª da Audiencia Provincial de Pontevedra

Page 28: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Agradezo moito a chamada a participar nun conxunto de iniciativas no campo

da dinamización cultural e pola normalización da lingua galega no ámbito da

administración da Xustiza. Ao longo dos anos teño valorado moi especialmente o esforzo

que representou o traballo dun gran número de galegos e de galegas que motivou un

xiro substancial nos ámbitos económico, social, cultural e lingüístico, e que significou

o nacemento dunha sociedade moderna galega capaz de asumir o seu propio destino,

representado pola consolidación da autonomía a través de institucións propias.

No camiño xa contamos con fitos importantes neste proceso de afirmación da

nosa identidade, do que quero salientar pola súa proximidade no tempo, a aprobación

unánime polo Parlamento de Galicia do Plan de Normalización Lingüística, unha

iniciativa histórica que reflite o esforzo de consenso acadado polos nosos representantes

políticos, contribución que quero salientar polo seu efecto exemplificador para os

diferentes sectores profesionais e sociais á hora de achegarmos o noso particular

compromiso.

Con tal perspectiva, síntome concernido á hora de manifestar a miña vontade de

colaboración para conseguir novos espazos de uso normalizado para a lingua galega,

en especial no ámbito do dereito, porque avogados, maxistrados, xuíces, fiscais,

notarios e secretarios, representamos unha parte importante da cidadanía que pode

influír decididamente na extensión e dignificación do noso máis prezado ben cultural:

a lingua de relación entre todos nós.

Anímovos a que cada un de nós, de maneira individual e moi especialmente

participando en iniciativas innovadoras, nos incorporemos a este esforzo en prol da

consecución de novas funcións sociais para a lingua galega e actuando colectivamente

para desenvolver medidas que melloren a súa situación, sabedores de que o seu futuro

depende tamén, nunha sociedade cambiante e mundializada, da imaxe que dela

proxectemos nunha acción continuada e coordinada.

Xoán Alfaya Ocampo

Page 29: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Amadeo Selas

Ángeles Leirós

Beatriz Núñez

Silvia Rodríguez

Rosa González

Rosario Fernández

Marina Liboreiro

Page 30: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Miguel Aramburu García-PintosMaxistrado do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Ferrol

Page 31: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Desque a lingua galega perdeu terreo nos usos xurídicos e xudiciais, a escrita

quedou reservada para a prosa literaria. E ben deitamos de que os poetas e escritores a

seguisen a cultivar durante os chamados séculos escuros. Durante este longo período

de tempo de reivindicación histórica foron moitos os intelectuais e pensadores que

denunciaron a marxinación da nosa lingua. Os poderes, públicos e económicos, non

repararon en medidas legais e comportamentos sociais para que o galego quedase fóra

das portas das nosas institucións. De nada valeron os intentos por restituír a lingua

a eses espazos perdidos do poder. A Universidade e as clases dirixentes, insolidarias

co seu pobo, tentaron por tódolos medios a marxinación. E abofé que o conseguiron,

mesmo por procedementos e métodos de indubidable éxito, ata minaren a autoestima

dos galegos.

Se aqueles tempos foron de reivindicación da nosa identidade como pobo cunha

cultura de seu, hoxe tócanos a nós materializar aqueles desexos. Neste proceso aberto

debemos se-los xuíces dinamizadores decididos, provocando a adhesión entusiasta dos

funcionarios e demais profesionais do Dereito. A nosa tarefa pode ser fundamental para

desencerella-lo nó que atoa a comunicación na nosa lingua.

Non hai lugar para as argalladas, e para os falsos pretextos que buscan xustificación

para adia-la arelada normalización da lingua galega. Case que tódolos funcionarios están

capacitados para o uso da nosa lingua na actividade profesional; pero fáltanos decisión

e sóbrannos medos. Ámbalas dúas limitacións debemos saber superalas cun pouco de

esforzo e a axuda que nos poden dispensa-los servizos de asesoramento lingüístico das

audiencias provinciais a través das novas tecnoloxías, ferramentas indispensables para

resolvermos problemas puntuais que aparezan no noso traballo profesional.

Miguel Aramburu García-Pintos

Page 32: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Antón Gómez Méixome

María Xosé López

Mari Carme García

Anxo Sobriño

Gabinete de Asesoramento Lingüístico de Pontevedra

Page 33: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Ana López-Suevos FraguelaMaxistrada do Xulgado do Social nº 2 de Santiago de Compostela

Page 34: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Comprometerse cun proxecto de normalización do idioma galego na Administra-

ción de Xustiza é unha opción lóxica para quen cre firmemente que o futuro da nosa

lingua depende, hoxe por hoxe, de que logremos aunar esforzos e levar o idioma a

ámbitos que ata este momento lle estaban practicamente vedados.

É, xa que logo, un acto reivindicativo, de defensa e de compromiso. Tamén cons-

titúe unha posición normal para aqueles que vivimos na Galiza e en galego, empre-

gando a nosa lingua calquera que sexa o contexto, as circustancias ou o escenario que

cada experiencia vital nos depare. Supón, así mesmo, o profundo convencemento de

que, como servidores públicos, administrar xustiza en galego supón achegar a Xustiza

á cidadanía e dotala dunha aparencia de proximidade, dunha faciana máis humana,

xerando unha intercomunicación fluída cunha Administración ata hai moi pouco

descoñecida, distante e oculta entre temores reverenciais, nunha sociedade na

que existía un claro divorcio entre a cidadanía e os seus Tribunais, e no que a lingua

era un elemento máis de distanciamento e incomprensión. Proclamar o dereito do

administrado a recibir un servizo público en lingua galega, leva consigo afirmar que

estamos ante un dereito de carácter fundamental, e esixir que se nos forneza dos

medios e ferramentas precisos para a garantía do seu cumprimento. Impartir xustiza

en galego, exercer o noso traballo na lingua nai, é un acto de recoñecemento a todos

aqueles que antes que nós lograron coa súa loita e enteireza manter viva a nosa palabra.

Defender o galego é para min un dereito e un deber moral, un acto de gratitude cara

aos meus pais que me transmitiron o amor á miña terra e á miña cultura, unha obriga

cara ao meu fillo para quen desexo un futuro en galego; débollo a todos aqueles que

cren que na diferenza está a riqueza, na multiculturalidade a esperanza dun mundo

máis tolerante, na defensa do propio un profundo respecto polo alleo. Por todo iso, e

por moitas outras razóns que teñen que ver coa aceptación de ser quen son, asu-

mir sen complexos a miña identidade cultural e a nosa forma de estar no mundo,

reafírmome hoxe nese compromiso tan noso é á vez tan global.

Ana López-Suevos Fraguela

Page 35: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Eva Mª Doval

Remedios Albert

Chelo Vega

Nélida Sanmartín

Olga Mª del Río

Alejandro Rodríguez

Candi Viñas

Marisol González

Mayte Pintos

Miguel Liméns

Maxistrada, Secretaria, funcionarios e funcionarias do Xulgado do Social nº 2 de Pontevedra

Page 36: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Benito Montero PregoFiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra

Page 37: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien
Page 38: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

celebrado en galego dende hai moitos anos, é que a gran maioría de acusados,

testemuñas ou peritos, contestan en galego ás miñas preguntas feitas nesta lingua.

Con todo, xa mudou a tendencia no uso do noso idioma. Antes pedían perdón

os nosos paisanos porque non sabían expresarse correctamente en castelán. Agora, e

sempre que o xuíz, maxistrado ou fiscal utilicen o galego, pídense desculpas por non

falalo correctamente.

Estou totalmente convencido de que para rematar de vez cos complexos

lingüísticos e facer do galego un medio normal de comunicación, que nos dignifique

como pobo, hai que usar o galego na administración ademais de noutros ámbitos,

precisamente naqueles onde historicamente non se utilizou, polo que animo a todos os

funcionarios da xustiza a que usen o galego oralmente e na escrita, sentindo o orgullo

de sermos galegos e de loitar polo que máis nos identifica: a nosa lingua.

A utilización do galego na miña profesión de fiscal, tanto na escrita coma na

oralidade, e na maior parte dos meus escritos e informes, obedece ás mesmas razóns

que teño para o uso habitual do noso idioma nas miñas relacións sociais e familiares.

Así de sinxelo. As razóns veñen a ser aquelas da poesía de Celso Emilio Ferreiro:

Lingua proletaria do meu pobo

Eu fáloa porque si, porque me gusta

Porque me peta e quero e dáme a gana.

Dende hai tempo a utilización do noso idioma perante os xulgados e tribunais de

xustiza na nosa Comunidade Autónoma é un dereito recoñecido constitucionalmente.

Aínda máis, as autoridades ou funcionarios que impidan o exercicio deste dereito

estarán cometendo un delito tipificado no art. 542 do Código Penal.

A utilización do noso idioma na Administración de Xustiza é de fundamental

importancia para axudarmos a vencer o complexo lingüístico que ainda hoxe teñen

moitos galegos. A dignificación do noso idioma necesita do uso cotián e normalizado

naqueles ámbitos que, noutros tempos, desterraron a utilización do galego, fomentando

un profundo autoodio lingüístico: Administración, Igrexa e Ensino.

O uso nos xulgados e tribunais do noso idioma polos xuíces, fiscais e funcionarios,

ten unha forza de arrastre formidable para provocar que sexa utilizado por todos

aqueles que teñen que acudir como partes, testemuñas ou peritos, en calquera clase de

proceso, axudando a cambiar a súa mentalidade de que o galego non serve ou non ten

o prestixio necesario para ser usado no ámbito da xustiza.

A miña experiencia persoal como fiscal, nos milleiros de xuízos que levo

Benito Montero Prego

Page 39: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Manuel Leira

Isabel Rodríguez

José Ramón Fontenla

Conrado Álvarez

Lourdes Fernández

Josefina Márquez

Raquel Teijeiro

Rosa García

Maite Fernández

Marina Prieto

Felipe Álvarez

Rosa García

Felisa Arias

Maria Luísa Martínez

Ana María Vázquez

Ana Prieto

Marta Pérez

Page 40: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Manuel Pereira CostasXuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Caldas de Reis

Page 41: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Ficaron baleiros os mosteiros. Fermosas ruínas. A súa contemplación evoca unha

nova sensibilidade, quizais allea á mentalidade dos tempos nos que foi alicerzado

o esquecemento dunha realidade que hoxe non constitúe máis ca unha lembranza.

Claro que mesmo neste século XXI non deixan de subsistir redutos de vida monástica.

Con todo, sen necesidade de botarmos unha ollada ao pasado, semella delatar a mera

presenza daquelas ruínas o manifesto desuso dunha práctica longamente estendida

noutros tempos, malia que, seguramente, nunca deixou de constituír un xeito de

práctica relixiosa particularmente excepcional. Con todo, non deixou de alumar, dende

os seus máis modestos comezos, singulares monumentos, que non deixaron de reflectir

a peculiar sensibilidade da nosa cultura ata os nosos tempos, pero que ás penas pasan

hoxe de constituír admirables estampas culturais. Cabería preguntarse, chegados a

este punto, en que medida lle resultaba preciso dotarse de semellantes monumentos

para a súa subsistencia. Probablemente, máis que causa, non foron os mesmos senón

a consecuencia dun esplendor baseado nunhas estruturas xa caducas co nacemento da

Idade Contemporánea. Pasada esta fundamental depuración, só poderiamos asistir a un

prístino rexurdir da vida monástica.

A experiencia doutros compañeiros meus no exercicio da profesión infórmame

de que o uso da lingua galega no proceso xudicial, máis que ser un atranco é un

hábito enriquecedor para quen o profesa e unha garantía para unha máis precisa

comunicación no decorrer do litixio e, se isto non se me entendese mal, un exercicio

de honestidade profesional. Porque, sáibase ben, nin moito menos quedou sometida a

lingua a un proceso de desamortización que determinase semellantes consecuencias;

pero, do mesmo xeito que non xurdiu a mesma como mero obxecto de contemplación

ou estudo, a súa subsistencia esixe profesármola. Nós e aquí.

Manuel Pereira Costas

Page 42: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Paola Rodríguez

Celso Pérez

Ricardo Rubio

Juan Martínez

Charo Reino

Fé Pérez

Page 43: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Antonio Piña AlonsoMaxistrado do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 3 de Ourense

Page 44: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Ás veces o desexo esgótase en loitas imposibles. Por iso os anos dinlle a un que

nesta vida só cabe esperar pequenas conquistas e que, dentro destas, a máis doada é

aquela que permite afirmar que se acadou “a normalidade”. Non é pouco poder desexar

que no noso País se poida falar en galego sen ter medo a molestar. Esa normalidade

presente nas familias e nas reunións de amigos, que xa ocupa o vivir cotián do noso

pobo, ten tamén que chegar ao noso traballo, transmitíndolle á xente que é normal falar

na súa lingua, e que non só é un dereito, senón que o xuíz que a escoita participa desa

lingua e se sente afagado polo seu uso.

Eu crieime nunha familia e nun círculo de amizades que non falaban galego.

Non é pois o galego a miña lingua de berce. As dificultades e, ás veces, os erros léxicos

e gramaticais no emprego do idioma non me retraen no seu uso. En Lugo e Ourense,

onde veño desenvolvendo o meu traballo, é unha necesidade empregar a nosa lingua.

Necesidade que provén dunha sociedade que usa a lingua no seu fogar e que demanda

e expande a súa utilización en tódolos ámbitos nos que actúa. Dende o meu lugar no

alto dos estrados cómpreme non só permitir o seu emprego, senón tamén facilitalo. Este

é un compromiso que xorde do propio desenvolvemento do traballo, da observación

das dificultades da xente para o uso do castelán e dos propios xeitos nos que se facilita

a comunicación en galego.

Comecei permitindo a utilización do galego e sempre me encontraba cos

esforzos do xustizable para falar en castelán; decateime de que cando o xuíz emprega

a lingua galega o que está fronte tamén a usa, e que o que ás veces é unha mera opción

lingüística outras é pura necesidade: “Señora eu falo a mesma lingua ca vostede; fale en

galego”, “en que quere que lle fale, non sei outra”.

Antonio Piña Alonso

Page 45: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Marisol Tesouro

Mª Victoria Casillas

Ángeles Gómez

Mª José Paz

Monserrat Rodríguez

Carmen Bouzo

Pilar Laquejo

Page 46: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Luciano Varela CastroMaxistrado da Sección 2ª da Audiencia Provincial de Pontevedra

Page 47: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien
Page 48: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

De neno, eu, como tantos nenos de Galicia, falaba galego cos meus amigos. Logo

veu o ter que irme fóra de Galicia. O galego pasou a ser un momento illado, no tempo

de curtas voltas á terra propia. O retorno á miña terra, cando moito tiñan cambiado os

que, cando nenos coma min falaban galego, facíano en castelán cando entraban no

meu lugar de traballo. No Xulgado e logo na Audiencia. E os que se alporizaban cando

eu de neno falaba galego, os do poder de sempre, agora xa espazo máis próximo que

o de entón para min, falaban en galego. Claro que soamente, cando os outros, ou sexa

os que non son coma eles, os escoitaban. Nos primeiros era o finxir malia o seu querer.

A súa memoria facíalles claudicar diante do “oficial”. Magoaba a presenza do esforzo

non querido. Nos segundos, era o conto de quen percibe que os novos tempos xa non

aturan o mandar sen outro fundamento que ser o mandado o que a eles lles peta. Agora

necesitan o consentimento democrático dos outros, ós que lles imitan, por certo ben

mal imitado, o seu falar. Non sei que me alporiza máis, o seu mal falar ou o seu finxir.

Con todo, ese cambio non se tiña xerado no campo do meu traballar cotián. Aquí

o poder non reclama votos para se lexitimar.

Falar en galego veu a ser para min a fin permitida. Para min falar galego non era

xeito de reivindicar ou reafirmar un sinal identificador da pertenza a unha comunidade.

Amólame moito esa obsesión coa integración en calquera grea. Máis se se chama

“patria” ou calquera outra épica cousa.

Falo e escribo galego, como manifestación dun xeito de ser, para non deixar de

ser como son. Como fago tantas outras cousas nas que amoso a maneira de andar por

aí. Pero sen querer facer diso un motivo de incomodidade para ninguén. Falo galego

mirando para min e non para outros, sen esquecer que falar é un acto de comunicación

no que cómpre tomar en consideración ó interlocutor, e non imporlle o xeito de face-

la comunicación. Ocorre que, cando se fala exercendo un certo poder, como o de

xulgar, aquel interlocutor son os membros da comunidade ós que se dirixe o acto de

poder. Aqueles que soamente claudican de falar galego cando coidan que non lles

convén facelo ante o poder. E tamén os que soamente imitan falar galego cando se

queren manter como poder. Para contribuír a que aqueles se liberen dos atrancos á

súa espontaneidade. E para que estes sigan procurando esa lexitimación, aínda que

soamente sexa cando tal cousa procuran. E pouco debo entrapallar a comunicación

cando, logo de tantos anos, non lembro outras reclamacións que a dunha Autoridade

do mundo dos tribunais que tentou, ás costas da legalidade, acadar unha tradución

da resolución do galego ó castelán e a dun Letrado, ó que nunca lle coñecín clientes

que non fosen dos galegofalantes, como os que de nenos xogaban comigo na aldea. O

primeiro desistiu asustado cando lle fixen chegar que lle facilitaría a tradución de pedila

de cara, pero que publicaría nos medios de comunicación que, malia o seu posto de

responsabilidade nunha capital de provincia (designado a dedo) non era quen de ler en

galego. O segundo foi satisfeito coa esperanza de acadar froito pedagóxico na resposta

tolerante fronte ó pedimento gratuitamente belixerante.

Unha pregunta xérame desacougo ¿cal será o motivo de que tantos mediadores

da comunicación na actividade xudicial –letrados e procuradores- sigan usando a legal

posibilidade de falar en castelán desbotando o uso, tamén legal, da lingua que, de

seguro, falan os seus clientes?

Ó mellor, de repetir a miña marcha a outras terras, cando volva atopo novos

cambios. Por soñar que non quede.

Luciano Varela Castro

Page 49: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Ana María Bande RamudoXuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Mondoñedo

Page 50: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Cando cheguei a Mondoñedo, saída da Escola Xudicial, tiña mentes de poder

utilizar indistintamente nas miñas resolucións o galego ou o castelán segundo a lingua

usada polos particulares. Pero no momento en que empecei a traballar, descubrín que

non era tan doado, xa que toda a tramitación no programa instalado no xulgado está en

castelán, e que os propios funcionarios traballan e recollen as declaracións na mesma

lingua, aínda que a persoa se exprese en galego. Este Partido é un ámbito xudicial onde

o galego, coa súa ben diferenciada variante dialectal, se utiliza moito, tanto pola xente

nova coma polos maiores, o que se reflite nos xulgados. O funcionariado e profesionais

falan en galego, pero os escritos, agás algún caso, séguense a presentar en castelán.

Pola miña parte, tras este curto espazo de tempo no Xulgado, descubrín que para a

xente que se achega a nós resúltalle máis doado falar na lingua na que se desenvolven

diariamente. Atópanse con situacións que son novas para eles, onde se están a dirimir

cuestións de moita transcendencia para os seus intereses. Sofren momentos de

nerviosismo cando tratan connosco, chegando en ocasións mesmo a non entenderen

as preguntas que se lles fan en castelán. A narración dos feitos resulta moito máis fluída

cando o fan en galego, e ata chegan a utilizar expresións que non teñen unha tradución

exacta ó castelán, sendo este un problema á hora de redactalo. Por todo isto, considero

que a utilización da nosa lingua, empezando polo propio titular do órgano xudicial ó

que corresponde a función de xulgar, é moi necesaria para garantir que a tutela xudicial

efectiva, recoñecida pola Constitución, sexa real. Pero como xa sinalei, para min, no

momento actual, existen moitas dificultades para lograrmos este obxectivo, aínda que

non abandono a miña pretensión inicial de ser quen de ditar as resolucións no idioma

no que se demanda a tutela e, sobre todo, unha vez que comprobas a utilización do

galego e aprecias que é algo necesario para acadar a tutela xudicial efectiva.

Ana Mª Bande Ramudo

Page 51: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Josefa Lejo

Ángeles Maseda

Carmen González

María del Carmen Rey

Ana Rodríguez

Ana María Ferreiro

Teresa Ramil

José Ron

Miguel Gavín

Page 52: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Alberto Benéitez AntónXuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución dA Fonsagrada

Page 53: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Xa hai case tres anos cheguei a Galicia dende a miña terra en Donostia e, pasado

un tempo, puiden decatarme -no que estas apreciacións persoais teñan de valor- de

dúas circunstancias en relación co uso das linguas cooficiais.

A primeira, moi grata, é como unha e outra conviven en moitos eidos de actividade

e sectores sociais con plena naturalidade, mesturándose, mesmamente, nunha mesma

conversa e ata por parte dun mesmo interlocutor.

A segunda é que, non obstante, cando esas mesmas persoas, que normalmente

falan en galego ou utilizan alternativamente as dúas linguas, acoden ós órganos

xudiciais, adoitan renunciar virtualmente ó uso daquel, ás veces malia as súas

dificultades co idioma común, por descoñecemento dos seus dereitos lingüísticos

ou pensando, erroneamente, que van ser mellor entendidos e, se cadra, atendidos.

Esta situación vén propiciada, en parte, por unha clara inercia da cidadanía e dos

profesionais do Dereito.

Por iso, cando xa transcorreron preto de vinte e cinco anos dende o

recoñecemento da cooficialidade lingüística no noso Estatuto de Autonomía e vinte de

vixencia do artigo 231 da LOPX, penso que cómpre intentar que o bilingüismo efectivo

da sociedade galega acade tamén ós xulgados e tribunais, o que en definitiva constituirá

un modo máis de achegármo-la xustiza á cidadanía e á realidade social, de xeito que

tódolos que comparezan perante ela, en calquera calidade, se relacionen coa mesma

en castelán ou en galego, sen máis condicionamentos que as súas propias preferencias.

É indispensable unha nova mentalidade: crer que a xustiza non é un reduto alleo á

realidade lingüística xeral e actuar en consecuencia. E coas miñas evidentes carencias

no uso dunha lingua que aínda estou a aprender, e ata onde me sexa posible, eu estou

disposto a intentalo.

Alberto Benéitez Antón

Page 54: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Concepción Couso Arias

María Ángeles Pernas Vale

Page 55: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Dalila Dopazo BlancoXuíza do Xulgado de Instrución nº 3 de Vigo

Page 56: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

A miña entrada no bilingüismo nada harmónico que define á sociedade galega

tivo lugar ós catro anos de idade, cando a familia se trasladou a vivir á cidade. A partir

dese momento, comezaron a mudar as palabras que ata entón empregabamos para

facermos referencia ás cousas, e o mundo, que dende un inicio fora designado en

exclusiva en galego, recibiu novos nomes nunha lingua, o castelán, que aínda non se

entendía que puidese traer problemas para construírmos o noso futuro.

Esta experiencia persoal é, en parte, común a moitas das persoas que se

relacionan cos poderes públicos ou que desenvolven a súa actividade profesional nos

mesmos, e a súa superación implica, en moitos casos, unha evolución persoal longa e

cun investimento de grandes doses de esforzo e voluntarismo.

É por iso polo que o emprego da lingua galega en calquera das manifestacións

da vida pública pode converterse nun elemento válido para eliminar de vez a diglosia,

que non é outra cousa que unha auténtica castración cultural.

Para acadar estes obxectivos ten unha gran importancia que a lingua sexa

empregada no eido da Administración de Xustiza, tanto pola inercia secular que a

caracteriza -o que implica que os cambios na mesma teñan unha especial significación-

coma polo simbolismo que este sector ten aínda hoxe dentro da sociedade.

Este proxecto no que participamos este grupo de profesionais, con cadansúa

experiencia vital, debe ser entendido como un compromiso decidido de defensa dos

dereitos lingüísticos e como unha proposición a que tal compromiso sexa asumido de

modo entusiasta tanto polos demais axentes que traballan neste sector, superando os

medos e reticencias ó emprego do galego na súa actividade profesional, coma pola

cidadanía en xeral, reclamando de xeito activo que se empregue o galego, que se

respecte, en suma, a manifestación máis salientable da nosa cultura, da nosa existencia

mesma como pobo.

Dalila Dopazo Blanco

Page 57: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Amparo Castedo

Maria Novoa

Ana Cortiñas

Milagros Perez

Ana González

Mar Fernández

Visitación Pérez

Ángeles García

Funcionarias do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Cangas

Page 58: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Luís Doval PérezXuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 do Carballiño

Page 59: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Un dos obxectivos primordiais que ha persegui-la Administración de Xustiza é

acadar unha maior proximidade á cidadanía, verdadeiro ente recepticio da actividade

xurisdicional; e na procura de tal desexo (que aínda non realidade) contamos cun

instrumento fundamental: o idioma. Ocorre así que os esforzos polo asentamento e o

emprego xeneralizado e cotián do galego na xustiza non poden pois reducirse, sen máis,

ás sentenzas, senón que para un verdadeiro achegamento e comprensión das persoas

que acoden a cotío perante nós, é fundamental facilitarlles o emprego da súa lingua

nas comunicacións escritas e orais para entender en toda a súa profundidade a situación

que se nos formula e, ó tempo, que xuíces, secretarios e funcionariado empreguemos

a mesma fala, co fin de crearmos un clima de confianza que, certamente, ha redundar

de forma positiva na opinión que aquelas teñen da xustiza. Deste xeito, acadarase unha

harmonización entre a realidade social, na que unha maioría da poboación adoita

empregar de forma habitual o galego nas súas relacións interpersoais, e a realidade

xudicial que non é senón un reflexo daquela.

Non é ilóxico pensar que calquera persoa que acode perante un órgano xudicial

coas máis variadas finalidades expresarase ou empregará, cabalmente, aquela lingua

na que estime que ela pode ser mellor entendida ou pretenda ter mellor acollida, aínda

que sexa plenamente consciente de que lle asiste o dereito de facelo en galego ou

castelán, indistintamente, e igual idea é predicable dos profesionais que actúan perante

os tribunais, nomeadamente avogados e procuradores. Malia todo, os eventuais reparos

que a cidadanía poida albiscar á hora de empregar o galego perante a xustiza disípanse

se funcionariado, secretarios, fiscais e xuíces fan uso do galego, non como lingua

litúrxica, formal ou de culto, senón como vehículo ordinario de expresión.

O uso do galego na xustiza supón, en definitiva, unha ferramenta de cara á

humanización da mesma, de modo que a cidadanía non vexa nesta un ente alleo,

afastado da realidade, nin un Poder que se rexe por pautas apenas tanxibles.

Luís Doval Pérez

Page 60: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

María Paz Folgueira PazXuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Lalín

Page 61: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Sempre que se desempeña unha profesión, precísase para o seu bo

desenvolvemento coñecer todos aqueles factores que orbitan ó redor dela, tales como

o lugar, a súa contorna cultural, o seu idioma…, circunstancias todas que de forma

necesaria collen protagonismo inevitablemente cando se comeza o labor cotián. Este

protagonismo acrecéntase cando a profesión está inexorablemente vencellada e forma

parte da función pública, como é o caso da Administración de Xustiza, onde cómpre

que esa contorna indicada se reflita na súa función, o que, sen dúbida ningunha,

desemboca nunha maior implicación á hora de desenvolver as responsabilidades. Con

iso conséguese unha maior efectividade da mesma, ó crear unha situación que, para

a sociedade á que vai dirixida a función pública, vai repercutir positivamente. Deste

xeito, utiliza-la mesma lingua en tódalas súas expresións, falada e escrita, favorece a

calidade da función pública que, desta maneira acada unha maior funcionalidade, así

como unha maior integración dentro da sociedade na que se administra. Esta actitude

ben pode comezar por unha posibilidade de que, dentro da función concreta, se poida

facilitar un punto de vista, tanto material como persoal, coa posiblidade de incorpora-la

lingua que de cotío se utiliza no lugar onde se desempeña o traballo. Cómpre ademais

ampliar, por suposto, as funcións extraordinarias que integren o idioma, dende a tarefa

máis sinxela ata a encomenda máis complexa, pasando por tódolos tramos intermedios

precisos para o bo desenvolvemento da función tantas veces nomeada ó longo deste

texto. Desta maneira cabe a posibilidade de que a posta en práctica deste proxecto

conxunto, que debe de ser afrontado dunha forma dinámica, e non estática, coa idea

de que cada día este achegamento á sociedade, como unha das prioridades de toda

función pública, sexa algo máis que un proxecto e se convirta en realidade.

María Paz Filgueira Paz

Page 62: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Amparo Gil

Olga Gallego

Ana María Presas

Celsa Varela

Page 63: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Andrés Lago LouroXuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de Ordes

Page 64: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Son un xuíz, aínda novo, que naceu no seo dunha familia na que a lingua

habitual era e é o galego, pero non calquera galego, o galego nacido a carón da Costa

da Morte, de entoación rexa e forte, propia da área fisterrá, impregnada de gheadas e

seseos. Alí cursei os meus primeiros estudos durante os cales o “ghallegho” se converteu

en “galego” mercede ó xeneroso esforzo normativizador de entrañables profesores de

lingua e literatura.

Esta breve introdución e reseña persoal considerei necesaria facela, pois estimo

que resulta moi significativa e descritiva da situación que este proxecto pretende

desterrar dunha vez por todas, a saber, a de que o emprego do galego se converta en

algo marxinal circunscrito ós ámbitos alleos ós núcleos de poder tanto político coma

xudicial. É sorprendente comprobar como, a medida que un ascende a postos de

maior responsabilidade, o emprego do galego é cada vez máis minoritario. É esta unha

dinámica que, entre outros obxectivos, se pretende remediar mediante iniciativas coma

a que aquí nos ocupa.

No ámbito da Administración de Xustiza aqueles que pretendemos empregar

a que foi dende sempre a nosa lingua somos aínda poucos pero cada vez máis. Non

entra no meu ánimo menosprezar ou criticar a aqueles que deciden ditar sentenzas e

resolucións en castelán, faltaría máis; de feito nunca entendín nin entenderei a aqueles

que critican e discriminan a uns ou a outros en función da lingua na que habitualmente

se expresan; tan só desexo, dende o máis absoluto respecto por todos, que aqueles que

optamos polo galego como lingua habitual de expresión, tamén no noso traballo como

xuíces, poidamos dispor dos mesmos medios materiais e das mesmas posibilidades que

os que, lexitimamente, deciden facelo en castelán. Esta é a idea principal que pretendo

transmitir.

Andrés Lago Louro

Page 65: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Mila Pérez

Carlos Antonio Cal

Rosa San Esteban

Pilar Álvarez

José Couto

Manuel Covas

Luz Varela

Anxo Castro

Page 66: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Elvira Méndez IbiasXuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Mondoñedo

Page 67: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Hai apenas dous anos que tomei posesión do meu primeiro destino como xuíza.

Antes de empezar a traballar sabía o importante que é falar coas persoas na lingua na

que se expresan habitualmente, pero desde que comecei a traballar decateime de que

a importancia era incluso maior da que eu inicialmente considerara. Tan é así que as

persoas que veñen ó xulgado exprésanse con máis soltura, espontaneidade e precisión

se o fan na lingua na que falan de cotío. Hai xiros ou expresións que perden parte do

seu sentido se se traducen a outra lingua distinta daquela na que foron ditos. Por iso

é importante que os xuíces e o resto do persoal do xulgado entendan e falen galego

porque é a lingua na que se expresa a maioría da nosa xente, e a xustiza e os xuíces

temos a obriga de estarmos preto da cidadanía á que servimos.

Non hai moito tempo o galego estaba excluído dos ámbitos de influencia e,

socialmente, era considerado como lingua de pouca ou ningunha altura académica.

A Administración de Xustiza non era unha excepción. Co paso do tempo o galego

vaise abrindo camiño, grazas á iniciativa de diferentes persoas e institucións no mundo

xurídico, malia que moito nos resta por facer. Por todo isto resulta imprescindible que

todos colaboremos para que esta lingua, base e esencia da nosa cultura ocupe o lugar

que lle corresponde en tódolos ámbitos. Neste senso sería desexable que houbese un

maior número de resolucións escritas en galego. Pola miña parte recoñezo que é algo

que polo de agora non fago, porque, aínda que son galego falante, recibín, como o resto

da miña xeración, a educación en castelán, polo que escribir en galego me supón un

esforzo adicional para o que non escatimo tempo nin esforzos. Cada vez menos me

asalta a conciencia de ter unha materia pendente.

Non quero rematar, con todo, sen engadir un puntiño lírico a esta cuestión: o

galego é unha lingua fermosa, válida e útil en tódalas esferas, tamén na xustiza.

Elvira Méndez Ibias

Page 68: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Paula Fernández

María Antonieta Fernández

Purificación González

Rosa Fernández

Marta López

Carmen Marina Iglesias

Emma Díaz

María Jesús Pernas

Page 69: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Rosa García PradoXuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Lalín

Page 70: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Quedan lonxe aqueles tempos nos que a literatura galaico-portuguesa se estendía

ó longo de tóda a península ibérica. Alá polo século XIII, xa o propio Rei Afonso X

“O Sabio”, soubo valorar toda a importancia da nosa lingua nalgunhas das súas máis

salientables obras, como as cantigas á Virxe María.

Trala adopción definitiva do castelán como lingua oficial, e coa obriga de

empregalo en toda clase de documentos, comezou o declive da nosa lingua na

península. Pouco a pouco foi perdéndose e restrinxíndose o uso do galego, e aínda que

tivo épocas de maior ou menor forza, xa nunca recuperaría o esplendor de antano.

É a partir de mediados do século XIX cando en Galicia se inicia o uso intensivo

da nosa lingua, comezando tamén o tratamento da gramática galega, así coma a

elaboración dun dicionario. Pero foron Manuel Murguía e Alfredo Brañas os que,

a finais do mesmo século, lle deron ó galeguismo unha dimensión máis formal e

ideolóxica tanto nos aspectos políticos como administrativos.

Correspóndenos agora a nós, facer que todo ese esforzo non deixe de producir

consecuencias positivas, non defraudando o traballo e a memoria de tódolos nosos

antecesores. Temos un idioma cheo de riqueza e historia, ó que non debemos renunciar,

senón que é labor nosa potencialo e arrequecelo, colaborando entre todos para que

ocupe o lugar que lle corresponde, recuperando a importancia e o recoñecemento de

todos.

Os galegos exportamos a todo o mundo a nosa cultura e, con ela, o noso idioma.

Non é dificil atopar no lugar máis agochado do noso planeta algún galego-falante que

nos sorprenda facéndonos sentir coma no noso propio fogar ó escoitarlle a melodía da

lingua.

Temos que buscar a nosa identidade galega sen confrontacións, nin complexos.

Rosa García Prado

Page 71: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Juan Ignacio Losada

María Casas

José Luís Rodríguez

María José Otero

Antonio Taboada

Page 72: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

María Concepción Segade BlancoXuíza do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Redondela

Page 73: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

A nosa lingua, o galego, é a maior xoia do noso patrimonio cultural e o cerne

dun pobo que se resistiu, ó longo dos tempos, a perdela. O marco legal vixente,

Constitución e Estatuto de Autonomía, recoñecen a oficialidade do galego ademais

do castelán, e o dereito de todos de os coñecer e os usar. Por outro lado, hoxe é unha

realidade a andaina do proceso de normalización lingüística. Diferentes sectores sociais

están abrindo camiño para lograr este obxectivo, que no ámbito xurídico aínda está

lonxe de ser unha realidade, de maneira que o uso do galego sexa a práctica cotiá nos

tribunais.

As primeiras pedras están postas co recoñecemento legal, pero falta moito por

facer. Por iso quero estar neste proxecto, contribuíndo coa miña humilde colaboración

e facendo un chamamento ó seu emprego para chegar á súa consolidación definitiva

neste campo, no que tantos anos estivo marxinado. Todos os operadores xurídicos

debemos promover a súa utilización xeneralizada, así como facilitar o seu uso en

todos os procesos xudiciais, porque isto implica algo máis que contribuír ó proceso

normalizador e a conservar a nosa cultura: é a verdadeira defensa dos seus dereitos

para quen achegándose a un tribunal fai uso da súa lingua, na que sabe expresarse

e transmitir o que en verdade quere; é a posibilidade de que participe no proceso

e reciba resposta xurídica na lingua que entende e sen causarlle indefensión. Na

Administración de Xustiza vivimos unha certa precariedade no uso do galego polo que,

paralelamente ó reflexo social onde é importante o número de galego falantes, debemos

loitar polo seu emprego, contribuíndo a manter vivo o noso idioma, desterrar a crenza

de que é unha lingua de menor prestixio social có castelán e alimentar a esperanza

da recuperación de falantes. Certo que contamos con carencia de medios, sirvan estas

verbas de reivindicación nese senso, pero a decidida vontade de todos pode levar a

grandes logros.

María Concepción Segade Blanco

Page 74: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Santiago Rodriguez Vicente-TutorXuíz do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados

Page 75: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Non debe abraiar que nun país que conta coa riqueza de ter un idioma propio, o

oitenta por cento da súa poboación o empregue a cotío. Máis sorprendente resultaba

que cando eses mesmos cidadáns acudían perante a Administración de Xustiza, atopa-

ban serios atrancos para empregar con naturalidade a súa lingua. Aínda hoxe, tras vinte

e seis anos de Constitución, non é estraño que persoas, con pleno dereito a expresaren-

se nunha lingua recoñecida como cooficial, troquen as súas declaracións ó castelán e

mesmo pidan permiso para exercitaren un dereito que lles asiste.

Quizais foi Blanco Amor quen mellor reflectiu esa realidade nas na súa xenial

obra “A Esmorga”. Os problemas de comunicación entre o xuíz, falando en castelán,

e o protagonista da novela, con verdadeiras dificultades para entendelo, achéganse ó

dramatismo. O escritor ourensán pon de manifesto unha anomalía do sistema xudicial

que debe ser superada pola xustiza do século XXI.

A Administración de Xustiza non pode quedar desprendida doutras institucións

do Estado na decidida adaptación do seu funcionamento ó Estado Autonómico ó que

deu lugar a Constitución do 78. O dereito procesual, eminentemente garantista para co

xustizable, non pode esquecer a principal e máis antiga delas: a fala, a comunicación,

o entendemento.

É de xustiza recoñecer os avances que se fixeron na materia, mais cómpre man-

terse ó axexo e traballar para acadar a confianza de quen acode cada día ós nosos xul-

gados, seguindo o camiño que no ámbito da Universidade, os medios de comunicación

e a Administración Pública están a transitar con bastante éxito. Tomar outros vieiros

sería incorrer no risco de que o edificio xudicial non cumprise os obxectivos que o

lexislador lle ten encomendado.

Santiago Rodríguez Vicente-Tutor

Page 76: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Rosa María Fernández ParedesSecretaria Substituta do Xulgado Mixto nº 1 de Mondoñedo

Page 77: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Cando alguén pregunta se é posible expresarse con precisión en galego nos

autos xudiciais, a resposta que me vén á cabeza, clásico tópico dun galego, é ¿e por qué

non? Quizais esta resposta sexa pouco clara e non acorde coa realidade. Hoxe en día

ninguén se estraña por escoitar falar en galego a un locutor de radio ou de televisión,

a un político, a un profesor, porque os procedementos administrativos dun concello

se tramiten en galego, etc. Pero aínda causa sorpresa chegar a un xulgado e que un

xuíz, un fiscal ou un avogado usen o galego na súa expresión oral e, aínda máis, na

escrita. ¿Por que se dá esta situación? ¿Presenta a Administración de Xustiza especiais

características que xustifiquen a non utilización do galego? En principio non, senón

todo o contrario, os fins desta administración lexitimarían, aínda en maior medida, o

uso habitual do galego neste ámbito. Desde o punto de vista legal non existe ningún

inconveniente para o uso do galego na Administración de Xustiza. Desde a Constitución

ata a propia LOPX, permiten e amparan o seu uso tanto oral coma escrito por parte dos

xulgadores. Desde o punto de vista do idioma, nada mellor para á normalización do

mesmo, e para combater a diglosia, que o persoal dos xulgados o use e que fagan outro

tanto os titulares dos órganos xudiciais. Por último, desde o punto de vista exclusivo

da Administración de Xustiza tamén se xustificaría o uso do galego. Nun ámbito

no que a tendencia é achegar a xustiza á cidadanía e procurar unha maior xustiza

material é fundamental que as persoas comprendan o que se lles di e que expresen os

seus pensamentos con exactitude. A realidade é que a maioría das persoas chegan ao

xulgado falando en castelán, en moitos casos facendo unha incorrecta tradución dende

o galego, e cambian de contado á súa lingua habitual, na que se desenvolven con maior

naturalidade e acerto, cando o persoal do xulgado ou algún avogado usa o galego. ¿Por

que se usamos intérpretes para os estranxeiros, non facilitamos aos galegos que usen o

seu idioma? ¿Por que non usar o galego en exclusiva na Administración de Xustiza en

Galicia?

Rosa Mª Fernández Paredes

Page 78: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Rosalino González SerodioSecretario do Xulgado de Instrución nº 6 de Vigo

Page 79: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

-¿Por que teño que facer o meu traballo en galego?

-¿Que vantaxes vou obter se desenvolvo o meu traballo como funcionario en

galego?

Estas foron as preguntas coas que me respostou unha funcionaria da

Administración de Xustiza ante a miña suxestión de que desenvolvese en lingua

galega o exercicio da súa profesión, toda vez que a mesma ten coñecementos abondo

para facelo. A miña experiencia de dezasete anos de exercicio profesional do cargo

de secretario xudicial en Galiza permíteme afirmar que unha grande maioría dos

habitantes da nosa Comunidade non poñen ningunha obxeción a que o persoal da

Administración se comunique con eles na lingua que desexe; moitas veces, quen

comeza dirixíndose en castelán, e se o funcionario que o atende o fai en galego, de

seguido, pasa a falar na nosa lingua, xurdindo, de xeito espontáneo, entre administrador

e cidadán unha relación de maior proximidade e complicidade. Por iso, coido que a

cuestión a formularmos tería que ser, en canto que instrumento que facilita unha mellor

comunicación co xustizable, sen prexuízo doutras consideracións ás que aquí non me

vou referir: ¿que podo eu facer polo galego? e non ¿que pode facer o galego por min?

Rosalino González Serodio

Page 80: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

Este libro quere ser un recoñecemento a tódolos

que fan posible a normalización lingüística na Administración de Xustiza

e unha lembranza especial de gratitude ós egrexios maxistrados

don Daniel García Ramos e don Orencio Pérez González,

que deixaron constancia de galeguidade no exercicio do seu maxisterio.

Page 81: PALABRAS DE LEI - Galeguizar Galicia de Lei.pdf · @LL @F>IFA>AB PIO GARCÍA ... e de nossa que nenhun non seia juyçio e ninhuna de yr contra ello ... Xuízas e Xuíces anuncien

ASOCIACIÓN DE FUNCIONARIOS PARA A

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA DE GALICIA