os ósos os músculos e a respiración

9
TEMA 2: O NOSO CORPO PARTE 2: OS ÓSOS, OS MÚSCULOS E A RESPIRACIÓN Os ósos No interior do noso corpo encóntranse os ósos e xuntos forman o esqueleto. Os ósos son duros e ríxidos. Serven para dar forma ao corpo e para protexer outras partes máis delicadas, como o cerebro ou o corazón. Os ósos non se poden mover nin dobrar e únense entre sí polas articulacións. Algúns dos ósos son: - o cranio - o úmero - o cúbito - o radio - a pelve - a columna vertebral - as costelas - o fémur - a tibia Completar debuxo 1. Coloca os nomes no sitio correspondente. Os músculos Os músculos encóntranse baixo a pel e recobren o esqueleto. Son brandos e elásticos e pódense estirar e encoller sen se romper. Os músculos únense aos ósos por medio dos tendóns. Os tendóns son os encargados de tirar das articulacións e así podemos movernos. Algúns dos músculos máis importantes do noso corpo son: - os bíceps - os xemelgos - os pectorais - e os abdominais. Completar debuxo 2

Upload: cep-pedro-caselles

Post on 05-Dec-2014

337 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

 

TRANSCRIPT

Page 1: Os ósos os músculos e a respiración

TEMA 2: O NOSO CORPO

PARTE 2: OS ÓSOS, OS MÚSCULOS E A RESPIRACIÓN

Os ósos

No interior do noso corpo encóntranse os ósos e xuntos forman o

esqueleto.

Os ósos son duros e ríxidos. Serven para dar forma ao corpo e para

protexer outras partes máis delicadas, como o cerebro ou o corazón.

Os ósos non se poden mover nin dobrar e únense entre sí polas

articulacións.

Algúns dos ósos son:

- o cranio

- o úmero

- o cúbito

- o radio

- a pelve

- a columna vertebral

- as costelas

- o fémur

- a tibia

Completar debuxo 1. Coloca os nomes no sitio correspondente.

Os músculos

Os músculos encóntranse baixo a pel e recobren o esqueleto.

Son brandos e elásticos e pódense estirar e encoller sen se romper.

Os músculos únense aos ósos por medio dos tendóns. Os tendóns son os

encargados de tirar das articulacións e así podemos movernos.

Algúns dos músculos máis importantes do noso corpo son:

- os bíceps

- os xemelgos

- os pectorais

- e os abdominais.

Completar debuxo 2

Page 2: Os ósos os músculos e a respiración

A respiración

Se aguantas a respiración, decatarase de que poder estar moi pouco tempo

sen coller aire. Isto ocorre porque para vivir necesitamos respirar

continuamente.

Cando respiramos, entra aire no noso corpo. O aire pasa por un tubo que se

chama traquea e chega aos pulmóns, que se encontran no interior do noso

peito.

A continuación, expulsamos ese aire dos pulmóns e volvemos coller aire

outra vez.

Respiramos moitas veces ao longo do día, pero non sempre o facemos ben.

Respirar correctamente é bo para a nosa saúde e, ademais, axúdanos a

relaxarnos cando estamos nerviosos.

Completar debuxo 3

Page 3: Os ósos os músculos e a respiración

debuxo 1

Page 4: Os ósos os músculos e a respiración

Debuxo 2

Page 5: Os ósos os músculos e a respiración

Debuxo 3

Page 6: Os ósos os músculos e a respiración

REPASO DO TEMA 2: O NOSO CORPO

Copiar no encerado.

Os ósos forman o -----------

E únense nas -------------

Os --------------- son brandos e fan que nos ----------------.

Ao respirar collemos ----------------------- e chega ata os nosos ---------.

Darlle aos nenos as palabras do cadrado R.1

Que escriban cada palabra onde corresponda.

Escribir no encerado:

Pescozo, fémur, abdominais, cóbado, xemelgos, cranio, xeonllo, costelas,

bíceps

Darlles o cadrado R.2.

Page 7: Os ósos os músculos e a respiración

Cadrado R.1

articulacións aire

movamos

pulmóns esqueleto

músculos

Page 8: Os ósos os músculos e a respiración

Cadro R.2

ARTICULACIÓNS

ÓSOS

MÚSCULOS

Page 9: Os ósos os músculos e a respiración