o verde mola!

9
O TESOURO IRLANDÉS: O VERDE MOLA

Upload: ratibron

Post on 25-Jun-2015

499 views

Category:

Education


4 download

DESCRIPTION

Conto irlandés

TRANSCRIPT

O TESOURO IRLANDÉS: O VERDE MOLA

En Irlanda, hai moitos, moitos anos, o sol brillaba radiante nun fermoso ceo azul.

As plantas, os animais e os humanos estaban moi ledos con el.

Unha nube envexosa do cariño que a xente lle tiña ó sol, queixábase seguido e dicía:

- Estou farta! Non fago máis que mollalos e todos están a falar do sol. De min, nada de nada.

Certo día, cando os homes, as plantas e os animais estaban a gozar do calor do sol, a nube plantouse diante del e dixo:

-Isto rematou! De agora en diante xa non serás ti o máis importante. Voute tapar e nunca máis poderás vela terra

O sol suplicoulle:

- Non me fagas iso, por favor! Quero seguir vendo os nen@s, as plantas, os animais… Mais a nube non escoitou as súplicas do sol.

Foino tapando pouco a pouco ata que non se vía del nin un anaquiño.

A xente estaba moi preocupada. As plantas ían perdendo a súa cor e os animais estaban aterecidos de frío.

Todos lle pediron a nube que se apartase pero ela non facía caso e cada vez estaba todo menos verde e máis feo.

Un día un leprechaun faloulle á nube:

-Nube, mira que es bonita! A min gústasme máis có sol. Verdade que es ti a que nos dá a chuvia? O que pasa que case creo que non sabes facer chover.

A nube pasmada contestou:

-Eu son capaz de facer chover ou que te cres ti?

Así foi como a nube deu en chover, chover e chover. De tanto como choveu, a nube comezou a minguar. Pouco a pouco foise facendo pequena.

De súpeto, un raíño do sol asomou timidamente tras da nube. Logo outro, e outro…

Un máis forte atravesou unha das pinguiñas.

-Maxia, estás a facer maxia, nube! Dixo o leprechaun. Mira, ti e mailo sol acabades de face lo arco da vella de sete cores.

Dende entón as nubes e o sol son amigos e cando se xuntan agasállannos co ARCO DA VELLA que tanto lle gusta aos leprechauns.

O VERDE MOLA!COIDA A TERRA!