o soñador e o muíño 2

2
O SOÑADOR Quixera ser muiñeiro pra me enfoular de fariña. Levaría branca a pucha, non cobraría a maquía! Eu quixera ser ferreiro pra forxar o ferro roxo. Con un martelo na man petaría ao meu antoxo! Quixera ser mariñeiro, mariñeiro e pescador: tería un barco veleiro e unha dorna con motor! Quixera ser fogueteiro e, nas festas patronais, tirar foguetes, foguetes De estalos fenomenais...! E se eu fose canteiro faría un pazo sen igual: o pombal había de ser o salón máis principal! Mais son un pobre gaiteiro, mais son un gaiteiro pobre! Quéimame o sol no agosto; móllame a choiva, se chove! Un pobre gaiteiro eu son, pequeniño e soñador. Teño por mestre de música ao melro máis silbador! Manuel María QUIXERA SER Quixera ser fareiro para nadar no mar. Cos percebeiros ata alta mar. Quixera ser fareiro para me bañar no mar. Poder pescar os peixes e ao acabar nadar. Quixera ser fareiro para ver aos barcos chegar. Alumiarlles o camino para que non poidan chocar. Quixera ser fareiro, fareiro e soñador: Tería un faro costeiro e agardaría polo amor! Quixera ser fareiro e os barcos poder guiar. E coa luz que aluma o faro aos mariñeiros poder salvar. Quixera ser fareira e, na mar mareira, alumar o camposanto de Reira. Escribirei os versos da ribeira! Mais son un pobre poeta! Mais son unha poetisa pobre! E escribo poemas, a todos os nenos e nenas! CEIP Ponte do Porto

Upload: picasaponte

Post on 11-Apr-2017

281 views

Category:

Education


1 download

TRANSCRIPT

O SOÑADOR

Quixera ser muiñeiro

pra me enfoular de fariña. Levaría branca a pucha, non cobraría a maquía!

Eu quixera ser ferreiro pra forxar o ferro roxo. Con un martelo na man petaría ao meu antoxo!

Quixera ser mariñeiro, mariñeiro e pescador: tería un barco veleiro

e unha dorna con motor!

Quixera ser fogueteiro e, nas festas patronais, tirar foguetes, foguetes

De estalos fenomenais...!

E se eu fose canteiro faría un pazo sen igual: o pombal había de ser o salón máis principal!

Mais son un pobre gaiteiro, mais son un gaiteiro pobre! Quéimame o sol no agosto; móllame a choiva, se chove!

Un pobre gaiteiro eu son,

pequeniño e soñador. Teño por mestre de música

ao melro máis silbador!

Manuel María

QUIXERA SER

Quixera ser fareiro para nadar no mar.

Cos percebeiros ata alta mar.

Quixera ser fareiro

para me bañar no mar. Poder pescar os peixes

e ao acabar nadar.

Quixera ser fareiro para ver aos barcos chegar.

Alumiarlles o camino para que non poidan chocar.

Quixera ser fareiro, fareiro e soñador:

Tería un faro costeiro e agardaría polo amor!

Quixera ser fareiro

e os barcos poder guiar. E coa luz que aluma o faro

aos mariñeiros poder salvar.

Quixera ser fareira e, na mar mareira,

alumar o camposanto de Reira. Escribirei os versos da ribeira!

Mais son un pobre poeta!

Mais son unha poetisa pobre! E escribo poemas,

a todos os nenos e nenas!

CEIP Ponte do Porto

O MUÍÑO O muíño roula, roula. O muíño é roulador: volta as augas do regato en murmuriocantador! O muíño, roula roula e non deixa de roular, e coas augas do regato o rodiciofai cantar! O muíño é cantador. O muíño é cantareiro: volta notas musicais as ondiñas do regueiro! O muíño moee moe, nunca deixa de moer: que as ondiñas do regato con cancións o fan mover!

Manuel María

O FARO O faro alumea, alumea.

O faro é alumeador.

Xira e xira

é moi bailador!

O faro vixía e vixía,

non para de vixiar.

Que as ondiñas do mar

con cancións o fan brillar!

CEIP Ponte do Porto