o futuro roubado - anaya infantil juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da terra....

8
1 O futuro roubado XERAIS Título: O futuro roubado Autor: Ramón Caride Ilustrador: Miguelanxo Prado Editorial: Xerais Colección: Merlín Nº páxinas: 160 ISBN: 84-8302-743-7 Idade: de 11 anos en diante

Upload: others

Post on 25-Aug-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

1

O fu turo roubado

XERAIS

Título: O futuro roubado

Autor: Ramón Caride

Ilustrador: Miguelanxo Prado

Editorial: Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 160

ISBN: 84-8302-743-7

Idade: de 11 anos en diante

Page 2: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

2

o autor

resumo argumental

Ramón Caride Ogando

Ramón Caride Ogando (Cea, Ou-rense, 1957) é o autor deste libro quevén sendo a terceira entrega, da ataagora triloxía, na que comparten pro-tagonismo os irmáns Said e Sheila. Oprimeiro fora Perigo vexetal que aca-dou o premio Merlín no 1995 e osegundo Ameaza na Antártida.Biólogo e profesor de ensino medio,Ramón Caride, vai introducindo nosseus libros aquelas temáticas que llepreocupan desde o seu ámbito deinterese.Á parte destas novelas, o autor ten olibro de contos Micifú e os seus ami-gos, Ruki, o rato robot e Historiadunha sobreira. O resto da súa pro-ducción está dirixida a lectores adul-tos, contando con poesía, contos enovelas.

Said e Sheila, os dous rapaces do futuro, viven nesta novela unha aventura arriscadae transcendente.Sorprendidos por un estraño terremoto, acaban caendo por unha fenda do espacio--tempo, que os leva ó que para eles é pasado: o ano 2000. Alí atoparanse unha situa-ción na que aínda non se respecta o medio ambiente, o lixo anda por todas partes eas empresas parecen decididas a conseguir os máximos beneficios sen ter en conta anatureza nin os seres humanos.

Page 3: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

3

ilustraciónAs de este libro, igual que as dos dous anteriores Perigo vexetal e Ameaza na Antártidaforon realizadas por Miguelanxo Prado.Este ilustrador, nado en 1958 naCoruña, é recoñecido e galardoadointernacionalmente coma creador debanda deseñada. Son famosos os seusálbums Fragmentos da EnciclopediaDélfica, Stratos, Tanxencias e Trazo dexiz. Dedícase tamén á animación,realizando neste campo o Xabarínpara o programa da TVG e o deseñoda serie Os Vixiantes do Camiño. Apartir de 1998 colabora coa produc-tora de Spielberg en Estados Unidos.A falta de cor vese suplida polo rea-lismo dos debuxos nos que cada per-sonaxe é recoñecible nos trazos eexpresións. Algún deles pode recor-dar, incluso, a algunha persoa coñeci-da. Recoñécese a relación do debu-xante co cómic na utilización variadados planos e angulacións.

Testemuñas da carga policial contra uns veciños que defenden o progreso sostido,acaban solidarizándose con eles e cos indios da selva amazónica partícipes tamén nesaloita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheilaterán que enfrontarse ós poderosos grupos que, movidos só por intereses económi-cos, buscan destruír amplas zonas da beiramar, sen importarlles as desfeitas ecolóxi-cas e culturais que produzan. Finalmente, han de resolver o seu problema: voltar óseu espacio-tempo.A narración está construída en primeira persoa, en base a tres voces: Irina (unhaamiga sorprendida pola desaparición dos protagonistas), Said e Sheila.Cada un deles vai escribindo no ordenador o que observa, enviando mensaxes desocorro…; desa maneira imos informándonos, lendo na pantalla e participando noavance do relato.

Page 4: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

4

temáticaViaxes no tempo

Ciencia ficción. Un mundo de cine («Viaje al futuro» I, II…) no quecolleitou grandes éxitos. «A máquina do tempo» de H.G. Wells. Oslibros de Neira Cruz acerca de autores galegos doutras épocas (neste caso

do pasado).

Referencias culturais

A película A illa do tesouro, o libro A máquina do tempo, os outros librosdesta triloxía…

Ecoloxía

Fontes de producción de enerxía. A enerxía verde creada producindopouco impacto e renovable. As outras fontes de enerxía. Os impactosambientais. O aforro do consumo de enerxía fronte á superproducción.

Contradicción cando nos lugares nos que se produce a enerxía non hai un bo servicio.

O lixo

O problema dos residuos sólidos urbanos. A recollida selectiva de resi-duos. As tres R: reducir, reutilizar, reciclar. A contaminación aérea, acuática, acústica, visual…

Repoboación dos montes con especies alleas e non autóctonas.

A liberdade de prensa

Publicidade a cambio de control. As grandes empresas capitalistas deci-den tamén qué se pode contar e qué non. Anque as empresas de comu-nicación non pertenzan ós mesmos, a súa liberdade dependerá dos com-

promisos comerciais que teñan con elas. Os xornalistas son asalariados que traballa-rán as noticias que se lles encargan e ós que tamén se pode controlar.

Page 5: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

5

temáticaIndixenismo e filosofía ambiental

A meirande parte das culturas indíxenas teñen unha visión de respectoá natureza, unha especie de sentimento ecolóxico primitivo. Nestesenso poderíase revisar a «Carta do indio Seatle ó presidente dos

Estados Unidos».

Patrimonio cultural

A necesidade de defender non só a natureza senón tamén os restosarqueolóxicos, vestixios do pasado dos que a sociedade debe facerse res-ponsable.

Introducción dos novos medios no relato

O feito de que o lector vaia interpretando as mensaxes que, segundo oautor, van aparecendo a través da pantalla do ordenador. Desta manei-ra entra na historia a informática e os instrumentos dos que xa nos esta-

mos valendo para enviarnos mensaxes. Lembremos que estes foron utilizados porMiguel Vázquez Freire en Proxecto pomba dourada, por María García Yáñez enMoncho e Driar…

Page 6: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

6

actividadesDo libro

¿A quen lle dedica o autor a novela? ¿Que razóns achega para facelo?¿Onde viven Sheila e Said? ¿En que traballan para poder manterse?¿En que época do ano sucede a historia?Ó final do libro, na sección «Cando o autor fala de si» transcríbese unha entrevista coautor ¿Que é o que che chama máis a atención do que alí se fala?Podemos dicir que O futuro roubado forma unha triloxía con Perigo vexetal e Ameazana Antártida, outros libros do autor, cos que comparte as mesmas personaxes. Lémbratedoutros títulos nos que os protagonistas o sexan de varios libros.¿Cal é a voz narradora en O futuro roubado?No capítulo XIV, Sheila di que Brasil ten unha lingua irmá da nosa. ¿Podes explicalo?Said e Sheila fanse cunha mascota nesta aventura. ¿De quen se trata e de onde vén?¿Cal foi a causa da viaxe no tempo dos nosos protagonistas? Cando o transportador dos irmáns atravesa a fenda, deixamos de saber qué pasou coastartarugas… Fai un debuxo ilustrando o que ti supós que lles puido pasar.Nun momento determinado, Said e Sheila falan da diferencia entre enviar información(que se transmite como enerxía) e materia. Falade algo acerca desto.Na manifestación dos veciños contra Norelecsa hai, sobre todo vellos e nenos, ¿a quecres que é debido?Esta pode considerarse unha historia de anticipación ¿a que cres que é debido?¿Recordas o nome doutras que poidan pertencer ó mesmo xénero?Nas novelas anteriores Said e Sheila mandaban información ó pasado. En Perigo vexe-tal os irmáns que entón contaban con dez e doce anos vivían nun lugar de Galicia noano 2075 e escribíannos a nós que estabamos no 1995; en Ameaza na Antártida escri-bían nun ordenador do 2077 e nós podiamos ler no presente 1997. Aclarar qué suce-de neste última novela.Pódese organizar un concurso, dividindo a clase en dous grupos. As preguntas xiraránen torno ó vocabulario que aparece no libro: sísmico, quelonios, sima, sapoconchos,valga, cachote, electromagnético, aerosois, ludre, reciclaxe, mega parque eólico, cien-cia-ficción, rotor, propulsión, teleobxectivo, xerador eólico, garimpeiros… os dungrupo preguntaranlle ós do outro e de non acertar contestarán eles e ganarán puntos.

Do que aparece no libroEn relación ós libros

Sheila, no último dos capítulos, escribe «¡Que cousa estraña son os libros, ¿non? Pensarque este (Leria de Vicente Risco) é de hai máis de cen anos, do mil novecentos sesen-ta e un, en concreto; e non obstante cando o lemos é coma se nos falase ó oído por vezprimeira…» ¿A ti tamén che sucede esto? ¿Con que libros?Tamén apunta Sheila, a continuación, «Se cadra cada libro é unha pequena viaxe notempo». Comentádeo. ¿Poderiamos pensar que non só é viaxe no tempo senón quetamén o pode ser no espacio?

Page 7: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

7

actividadesEcoloxía

Sheila dános un consello, ó final do libro: «non desesperedes, mentres hai vida hai espe-ranza. O pesimismo que leva a quedar cruzados de brazos é un luxo que non nos pode-mos permitir, nin vós nin nós, cando o futuro está en perigo…» Elaboremos un lista-do de aspectos nos que cremos que o futuro está en perigo e vexamos qué está nas nosasmans facer para asegurar a súa continuidade nunhas condicións adecuadas.Traballar o máis próximo, aquelo que cada día se fai evidente e que custa pouco ¿oumoito? Resolver: o lixo na escola, a recollida de papel para reaproveitar e reciclar…Ver o libro 50 cousas que os nenos poden facer para salvar a Terra.Debate: os aeroxeneradores e o súa presencia na zona.Buscar información acerca das enerxías renovables: biomasa, solar, eólica, xeotérmica emariña.Debate acerca das enerxías renovables e as outras.

Outros

Nun mapa de América, noutro de Galicia e nun plano de A Coruña tentaremos situara acción. Certos topónimos que aparecen no relato son ficticios pero eso non impedi-rá que poidamos situarnos de forma aproximada.Documentarse acerca do triángulo sísmico de Lugo (Sarria, Becerreá e Triacastela).Cando, no transportador, van para A Coruña, pasan as terras de Bergantiños e lembranversos de Eduardo Pondal. Busca algunha información acerca deste escritor.Determinados nomes que aparecen no novela teñen certas reminiscencias doutrosactuais. Por exemplo, Carlos Freguelo traballa para o xornal O Eco de Galicia ¿Non chelembra o nome dun xornal galego? E Norelecsa ¿A que che recorda?Amazonas… ¿Que se agacha detrás desa palabra? Busca todas as súas acepcións.Na páxina corenta Ciará, un indio, acusa ós brancos de todo o que lles fixeron ósindios. Lédeo detidamente e comentade o que vos parece. Moitas veces dáse a contradicción de que naqueles lugares nos que se produce a ener-xía eléctrica, esta non é máis barata a pesar de non ter que transportala e nin tan seque-ra funciona ben o fluído eléctrico. ¿Oístes falar algunha vez desto, nalgún caso con-creto?Explicar as palabras dun dos irmáns cando atopan o xacemento arqueolóxico «(…) Estaxente non ten escrúpulos, arrasa co noso pasado, ou co futuro de todos na Amazonía,tanto lles ten».Comentar a cita de Vicente Risco que aparece na páxina 150 do libro «Ti dis: Galiciaé ben pequena. Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é coma se fora o mundoenteiro. Poderala andar en pouco tempo do Norte para o Sur, do Este para o Oestenoutro tanto; poderala volver a andar outra vez e máis; non a has dar andado. E cadavez que a andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos…».Compárase o xacemento arqueolóxico que están destruíndo as escavadoras co castro deBaroña, tamén situado nunha península. Buscar fotos deste lugar.

Page 8: O futuro roubado - Anaya Infantil Juvenil · 2008. 1. 31. · loita pola defensa da Terra. Defensores do medio ambiente e da xustiza, Said e Sheila terán que enfrontarse ós poderosos

8

actividadesCando aparece citada A Coruña, nese 2077, faise referencia a dous edificios que con-tinúan a ser fundamentais na cidade: a Torre de Hércules e a Casa do Home. ¿De calescres que se falará da túa cidade ou aldea?Debuxar ou buscar fotos do colibrí.Desterrados no pasado, náufragos nun tempo alleo, viaxe sen retorno, inxustiza do des-tino.Poderíase visionar algunhas das películas de «Viaje al futuro».

Doutros libros

Débense ter a man os outros libros da serie : Perigo vexetal e Ameaza na Antártida.Neste momento, está en preparación a seguinte entrega Os arquivos de Said e Sheila, deforma que axiña teremos tamén acceso a ela.Neira Cruz escribiu unha colección de biografías de autores galegos, que aparecennarradas na voz dun detective que viaxa no tempo para poder ter acceso á vida destesescritores. Pode resultar interesante revisar esta colección «Así viviu» con este motivo.Do mesmo xeito podemos facilitarlles o acceso ós libros de Vázquez Freire e MaríaGarcía Yáñez xa citados.En relación á temática medio ambiental podemos presentarlles as novelas O rescate dopeneireiro e Expedición ó Pacífico de Marilar Alexandre; As flores radiactivas de AgustínFernández Paz, do que tamén é O laboratorio do doutor Nogueira.Polo tanto, poderiamos xogar cos libros do autor, cos do ilustrador e con aqueles rela-cionados coas temáticas de medio ambiente e anticipación.

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /