luis montes mieza - wordpress.com · ramón sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna. na...

4
LEMBRANDO LUIS MONTES 7 de xuño de 2018 ás 19:30h Salón de actos da fundación ONCE Cantón Grande A Coruña ao doctor

Upload: others

Post on 14-Jun-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: LUIS MONTES MIEZA - WordPress.com · Ramón Sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna. Na súa actividade laboral e persoal foi, de sempre, un activo defensor da Sanidade

LEMBRANDO

LUIS MONTES7 de xuño de 2018 ás 19:30h

Salón de actos da fundación ONCECantón Grande A Coruña

ao doctor

Page 2: LUIS MONTES MIEZA - WordPress.com · Ramón Sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna. Na súa actividade laboral e persoal foi, de sempre, un activo defensor da Sanidade

LUIS MONTES MIEZA (1949-2018) foi, sen

pretendelo, a figura máis senlleira, xunto co inesquecible Ramón Sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna.

Na súa actividade laboral e persoal foi, de sempre, un activo defensor da Sanidade Pública.

A acusación contra o Dr. Montes e o seu equipo foi o xeito que buscaron os defensores da privatización da sanidade para desacreditar o modelo da sanidade pública e distraer a atención da opinión pública para levar adiante todo o proceso privatizador na Comunidade de Madrid, que aínda perdura.

Sendo Director de urxencias do Hospital Severo Ochoa de Leganés (Madrid), organizou unha unidade de coidados paliativos, conscente de que as persoas en situación de morte inminente teñen que ter o dereito a decidir que facer coa súa propia vida sen estar unicamente a expensas da decisión das persoas que as atenden profesionalmente.

Unha denuncia anónima servíu de excusa ás autoridades sanitarias da Comunidade de Madrid para acusalo, xunto co Dr. López Varas, de perto de 400 homicidios pola súa práctica médica de coidados que permitiron un tránsito digno e indoloro, ao final da vida, ás persoas que así o pediron.

Page 3: LUIS MONTES MIEZA - WordPress.com · Ramón Sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna. Na súa actividade laboral e persoal foi, de sempre, un activo defensor da Sanidade

O respaldo ao Dr. Montes foi inmenso e inmediato entre profesionais, pacientes e cidadanía. Ao final os tribunais arquivaron o caso sen atopar delito algún.

O golpe foi moi duro, pero Luis Montes continuou traballando arreo, xa desde a Asociación Dereito a Morrer Dignamente (DMD) e desde a Marea Branca de Madrid, polas ideas que sempre defendeu.

SOS Sanidade Pública da Coruña e DMD Galicia queremos con este acto de hoxe facerlle unha sentida homenaxe, así como informar das novidades en canto a lexislación sobre morte digna e o documento de instruccións previas.

Modera

• Demetrio Vázquez, (SOS).

Interveñen

• Isabel Blanco, médica do SERGAS e Directiva de DMD.

• Ramón Veras, médico do SERGAS e voceiro de SOS Sanidade Pública da Coruña.

• Ascensión Cambrón, profesora de filosofía do dereito da UDC, foi membro do comité de ética do CHUAC e actualmente presidenta de DMD Galicia.

Este pasado mes de abril faleceu mentres ía a dar unha conferencia de DMD.

Page 4: LUIS MONTES MIEZA - WordPress.com · Ramón Sampedro, na loita polo dereito a unha morte digna. Na súa actividade laboral e persoal foi, de sempre, un activo defensor da Sanidade

[email protected]

DEREITO A MORRER DIGNAMENTEGALICIA

A CORUÑ[email protected]

Organizan

Colabora

LIBRESATAOFINAL