o cómic

22
O CÓMIC

Upload: bibliotecarevoltas

Post on 08-Jan-2017

419 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: O cómic

O CÓMIC

Page 2: O cómic

QUE É UN CÓMIC?• Serie de viñetas que

forman unha historia.

• O cómic ten unha finalidade narrativa pois conta cos debuxos o que os relatos contan coas palabras.

Page 3: O cómic

ORIXE DO CÓMICO 9 de abril de 1893 publicouse a primeira páxina de historietas no periódico New York World.Tratábase do personaxe “Yellow Kid”, un mozo vestido cun longo camisón amarelo, que se convertiría na principal atracción do diario.

Page 4: O cómic

ORIXE DO CÓMICEn España publícanse os primeiros cómics en 1917, na revista infantil TBO (de aí que en España lle chamemos "tebeos" aos cómics).

Page 5: O cómic

ELEMENTOS DO CÓMIC

• LINGUAXE VERBAL: A PALABRA

• SIGNOS CONVENCIONAIS

• LINGUAXE VISUAL: A IMAXE

Page 6: O cómic

LINGUAXE VISUAL

• A VIÑETA• OS PLANOS• OS ÁNGULOS

Page 7: O cómic

A VIÑETA• É cada cadro da historia.

Page 8: O cómic

OS PLANOSGRAN PLANO

XERAL

• Describe o ambiente onde transcorre a acción e os personaxes apenas se perciben.

PLANO XERAL

• As referencias ao ambiente son menos, xa que cobra protagonismo a figura humana, que se amosa de pés a cabeza.

Page 9: O cómic

OS PLANOSPLANO MEDIO

CURTOPLANO MEDIO

• Corta ao personaxe polo PEITO.

• Corta ao personaxe pola CINTURA.

PLANO AMERICANO

• Corta ao personaxe polos XEONLLOS.

Page 10: O cómic

OS PLANOS

• Amosa un fragmento ou parte do corpo humano.

PLANO DETALLE

PRIMEIRÍSIMO PRIMEIRO PLANO

PRIMEIRO PLANO

• Amosa o espazo que hai entre a fronte e o mentón do personaxe.

• Amosa o personaxe a partir dos ombros.

Page 11: O cómic

OS ÁNGULOS DE VISIÓNNORMAL OU

MEDIO

• A acción ocorre á altura dos ollos.

• O ángulo de visión é o punto de vista desde o que se observa a acción.

Page 12: O cómic

OS ÁNGULOS DE VISIÓNEN CONTRAPICADOEN PICADO

• A acción é representada de arriba a abaixo.

• A acción é representada de abaixo a arriba.

Page 13: O cómic

LINGUAXE VERBAL

• GLOBOS• CARTUCHOS• ONOMATOPEAS

Que curioso...

Page 14: O cómic

FALAR NORMAL RUÍDOS, GOLPES…

FALAR A BERROS PENSAMENTO

GLOBOSSon os espazos onde se colocan os textos que pensan ou din os personaxes. Utilizamos diversos tipos, segundo o que expresen:

Page 15: O cómic

GLOBOS• Un globo dentro

doutro globo, indica as pausas que fai o personaxe na súa conversación.

• Cando aparecen varias chamadas nun globo, indica que o texto é dito por varios personaxes.

Page 16: O cómic

GLOBOS• Cando fala a voz

narradora, represéntase cun globo rectangular.

• Non se pon na imaxe, senón na parte superior da viñeta.

Page 17: O cómic

ONOMATOPEAS• É a imitación dun son ou ruído da

realidade e pode estar dentro ou fóra do globo.

Page 18: O cómic

ONOMATOPEAS• Exemplos de onomatopeas:

Page 19: O cómic

SIGNOS CONVENCIONAIS

• MÉTAFORAS VISUAIS

• FIGURAS OU LIÑAS CINÉTICAS

• SIGNOS DE APOIO

Page 20: O cómic

METÁFORAS VISUAIS• Son debuxos que

expresan unha idea a través dunha imaxe.

• Exemplo: Unha serra sobre un tronco representa o sono.

Page 21: O cómic

FIGURAS OU LIÑAS CINÉTICAS

• É a representación dos movementos a través da utilización de raias, curvas, nubes de po, pedras no aire....

Page 22: O cómic

SIGNOS DE APOIO

• Serven para enriquecer a expresión dos personaxes dunha historia. Por exemplo:Un signo de admiración serve

para indicar sorpresa.Un signo de interrogación

serve para expresar dúbidas.