o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › unidade didác… · en...

40
Proposta didactica a tua pegada! deixa A educacIOn, paz o para a camino Semana de Accion Mundial pola Educaci0n 2018

Upload: others

Post on 28-Jun-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

Proposta didactica

AeducacIOn,

pazo

para a

camino

a tua

pegada!

deixa

AeducacIOn,

pazo

para a

camino

a tua

pegada!

deixa

Semana de Accion Mundial pola

Educaci0n 2018

Page 2: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

Introdución Páx 3

Obxectivos xerais da proposta didácticaValores, competencias e capacidadesPara profundarBibliografía complementaria

3 a 5 anos Páx 9

Actividade: Educación para a paz e a non-violencia

6 a 8 anos Páx 14

Actividade: E agora, que facemos?

9 a 11 anos Páx 16

Actividade: Carta sen destino

12 a 16 anos Páx 26

Actividade: Activistas por unha educación de paz

16 a 18 anos Páx 30

Actividade: Actuar perante o conflito

Máis de 18 anos Páx 33

Actividade: Un barrio, moitas realidades

Actividade de mobilización Páx 36

A educación, o camiño para a paz. Deixa a túa pegada!

Page 3: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

3

Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, especialmente cara a Europa, principalmente por causa de graves situacións de conflito como no caso de Siria, mais tamén por mor dou-tro tipo de emerxencias de orixe climática ou económica, ou por razóns de persecución política e relixiosa. En 2016

(último ano para o cal hai datos) bateuse un novo récord mundial no número de persoas desprazadas de ma- neira forzada, que atinxiu os 65,6 millóns, unha cifra equivalente á poboación do Reino Unido e case o duplo que en 1997, cando eran 33,9 millóns.

Dese total, 10,3 millóns de persoas son novas, o que supón que, nese ano, unha media de 20 persoas por minuto víronse obrigadas a fuxiren dos seus fogares por mor do conflito e a persecución. A maioría das persoas desprazadas forzadamente procuran refuxio dentro das fronteiras do seu propio país –40,3 millóns–, mentres que outras acolléronse á condición de refuxiadas –22,5 millóns–, das cales 17,25 millóns se encontran baixo a protección de ACNUR e 5,3 millóns son persoas refuxiadas palestinas.

Siria é país de orixe da maioría dos novos desprazamentos en 2016, con 824.000, e tamén é o que máis poboación refuxiada xerou en total (5,5 millóns dun total de 22,5). Sen dúbida, o longo conflito neste país é tamén unha das principais causas dos desprazamentos cara a Europa, que actualmente acolle 2,3 millóns de refuxiados/as deste país. Non obstante, cabe destacar que a maioría das persoas refuxiadas sirias (o 87%) queda nos países veciños, como Turquía, o Líbano e Xordania.

Estes desprazamentos masivos forzosos de poboación privan ás persoas afectadas de moitos dos seus dereitos –vivenda, comida, servizos básicos e recursos produtivos– entre eles o dereito á educación. De feito, esta situación afecta especialmente aos nenos, nenas e mozos e mozas menores de 18 anos, que constitúen máis da metade da poboación refuxiada do mundo. En moitos casos, os menores foron separados das súas familias e atópanse sós, de xeito que corren un maior perigo de sufriren distintos tipos de abusos e vulneracións de dereitos.

Así pois, os desprazamentos forzosos e as privacións de dereitos que se derivan deles non só agravan as desigualdades vinculadas á pobreza e o xénero, senón que tamén obstaculizan os progresos en materia de educación.

introducion

65,6

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

millOns de persoasdesprazadas forzosas

Page 4: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

4

Os datos relativos ao cumprimento do dereito á educación en situacións de conflito e emer-xencia son cada vez máis alarmantes: hai 75 millóns de nenos e nenas entre 3 e 18 anos sen es-colarizar en 35 países afectados por distintos tipos de crise, mentres que só a metade da infancia refuxiada ou en situación de desprazamento interno vai á escola primaria, e só un 25% asiste ao primeiro ciclo de educación secundaria.

Esta situación non só supón unha vulneración do dereito á educación deses millóns de nenos, nenas e mozos, que en moitas ocasións, deben deixar de asistir á escola por inseguridade e/ou falla de recursos, senón que impide que a educación cumpra a súa función como factor de paz e elemento de protección fronte aos agravios, a pobreza e a inxustiza, así como fronte ás ameazas específicas que afectan aos menores en situacións de conflito e emerxencia, como o tráfico de menores, o recrutamento como nenos e nenas soldado, a prostitución, a trata ou o matrimonio in- fantil. Ademais, nestes contextos, ir á escola é un xeito de normalizar a vida dos nenos e nenas, axudalos a superaren a situación de estrés que atravesan e poder recompor as súas vidas.

É fundamental que nenos, nenas, mozos e mozas do noso país sexan conscientes das rea-lidades que vive a infancia tanto en contextos de conflito e emerxencia, coma en situación de desprazamento, e do que supón para estas persoas e as súas sociedades vérense pri-vadas do dereito á educación, co obxectivo de xerar climas de convivencia positiva, toleran-cia e respecto á diversidade nas nosas comunidades educativas de acollida. En último termo, actitudes como por exemplo o racismo e a xenofobia son froito do medo ao diferente, e a única maneira de o superar é a comprensión e o coñecemento: convivir só é posible se sabemos que o outro existe, se descubrimos aquilo que nos une e temos en común, e aceptamos as nosas di- ferenzas como unha riqueza.

Nesta liña, cómpre pór de relevo o papel esencial da educación como a única forma de rematar-mos coa intolerancia e a violencia tanto nos ambientes educativos coma no conxunto da socie-dade, e como ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz. Debemos traballar para construír sociedades baseadas no respec-to aos dereitos humanos, a valoración da diversidade e a igualdade de xénero.

Todas estas cuestións foron recollidas na Axenda 2030 dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, aprobados pola comunidade internacional en setembro de 2015, especialmente en tres deles:

En primeiro lugar, o ODS 4 dedicado especificamente á educación e que propón “garantir unha educación de calidade inclusiva, equitativa, e promover as oportunidades de apren-dizaxe permanente para todos”, e que na súa Meta 4.7 fai referencia á necesidade de que a educación transmita estes valores propondo “de aquí a 2030, garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolve-mento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sosti-ble e a adopción de estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia, a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e da contribución da cultura ao desenvolvemento sostible”.

Neste sentido, debemos lembrar que a educación promove competencias persoais, emocionais, sociais e cívicas, a par que permite o desenvolvemento académico das persoas. A educación en

75

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

© S

ergi

Cám

ara/

Entre

cultu

ras

75 millons de nEnos E nEnas sEn escolarizar

millons millons de nEnos nEnos E nEnas sEn escolarizarE nEnas sEn

Page 5: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

5

valores ou educación para unha cidadanía global que permita apreciar a riqueza da diversidade e facilite a comunicación cos demais é a única vía para dar cabo ás violencias e construír unha cultura de paz.

En segundo lugar, o ODS16 compromete a tódolos países do mundo a “promoveren socie-dades pacíficas e inclusivas para o desenvolvemento sostible, facilitar o acceso á xustiza para todos e crear institucións eficaces, responsables e inclusivas a todos os niveis”, e para cuxo cumprimento, como vimos, o papel da educación é fundamental.

Por último, o ODS11 compromete a tódolos países a, en 2030, “conseguir que as cidades e os asentamentos humanos sexan inclusivos, seguros, resilientes e sostibles”, un obxectivo para cuxa consecución cómpre educar ós cidadáns e cidadás conscientes dos seus dereitos e deberes, coñecedores da realidade local e global na que viven e, sobre todo, respectuosos e capaces de resolveren pacificamente os conflitos.

Desde a Campaña Mundial pola Educación, cremos que a educación é o único camiño para a paz. Por iso, entendemos esencial que as nosas comunidades educativas se baseen nunha cultura de paz e non-violencia, que promova a resolución pacífica dos conflitos e constrúa unha sociedade inclusiva e de acollida.

A CME agradece: ás persoas implicadas na elaboración dos contidos destes materiais didácticos, así como a tódalas persoas que aceptan estas suxestións e as poñen en marcha co alumnado. Deste xeito confirman o seu compromiso coa construción dun mundo mellor, conscientes do poder transformador da educación.

© A

yuda

en

Acci

ónOBXECTIVOS XERAIS DA PROPOSTA DIDaCTICA OBXECTIVO 1. Coñecer a realidade na que viven millóns de persoas que non poden exercer o seu dereito á educación, ben por faltar un investimento mínimo ben polas situacións de violencia, conflito, desastres naturais, cambio climático ou desigualdade social.

OBXECTIVO 2. Coñecer os desafíos e obxectivos que nos restan para conseguirmos unha edu-cación plenamente inclusiva e equitativa, para toda a vida.

OBXECTIVO 3. Asumir, como cidadanía activa, a propia responsabilidade fronte ás situacións inxustas e comprender que tódalas persoas podemos facer algo para mudalas ou para transfor-mar a realidade.

tuaa

pegada!!

deixa

Page 6: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

Competencias

Lingüística

Fortalecer a habilidade para expresaren e interpretaren pensamentos, sentimentos, opinións, vivencias e feitos de forma oral e escrita.

Implica a capacidade empática de pórse no lugar das outras persoas, de ler e escoitar opinións distintas da propia con sensibilidade e respecto.

Social e cidadá

Valorar as diferenzas á vez que recoñecer a igualdade de dereitos das persoas.

Reflexionar sobre os conceptos de igualdade e solidariedade.

Comprender a realidade social en que se vive, cooperar, convivir e establecer compromisos para contribuír á súa mellora.

Autonomía e iniciativa persoal

Reforzar a adquisición de valores e actitudes persoais (responsabilidade, perseveranza, autoestima) e potenciar a capacidade de imaxinar, emprender e desenvolver con responsabilidade proxectos individuais e colectivos.

Coñecemento e interacción co mundo físico Comprender sucesos e consecuencias e actuar para a mellora das condicións de vida propia e das demais persoas.

Valores e actitudes

• Rexeitamento de actitudes e condutas violentas, estereotipadas ou prexuizosas.

• Respecto a opinións e razoamentos distintos aos seus.

• Desenvolvemento de actitudes de diálogo, escoita e negociación para chegar a acordos.

• Desenvolvemento de habilidades emocionais.

• Desenvolvemento de valores e actitudes de solidariedade e compromiso.

• Participación de forma proactiva nas actividades propostas.

• Recoñecemento do dereito á educación como instrumento necesario para ter unha vida digna.

• Sensibilidade cara a situacións e persoas que sofren de situacións de vulneración de dereitos.

• Recoñecemento de mecanismos para participar e mobilizarse polo dereito á educación.

INFANTIL

primariaVALORES, COMPETENCIAS e CAPACIDADES

Capacidades

Aprender a pensar e comunicar: expresar a través de diversas linguaxes (palabra, debuxo...) como entende e valora conceptos relacionados co tema traballado (como colexio, amizade, ser diferente).

Aprender a relacionarse con outras persoas: descubrir na contorna outras persoas que son diferentes e descubrir principios que axudan a convivir con elas.

Aprender a ter equilibrio persoal: desenvolver e consolidar sentimentos positivos a respecto das persoas que o rodean e de si mesmo, recoñecendo as súas propias posibilidades e límites.

Valores e actitudes

• Actitude de escoita nas conversas e respecto pola quenda de palabra.

• Aceptación da propia identidade e da dos demais.

• Aceptación das normas establecidas para a convivencia e o respecto entre todos e todas.

• Participación activa en propostas e actividades.

6

Page 7: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

• Respecto polas leis e tratados internacionais sobre o dereito á educación.

• Desenvolvemento de actitudes de diálogo, escoita e negociación para chegar a acordos.

• Recoñecemento de mecanismos para participar e mobilizarse polo dereito á educación.

• Participación de forma proactiva nas actividades propostas.

SECUNDARIA, BACHARELATO, EDUCACIoN NOn FORMAL e PERSOAS ADULTAS

© S

ergi

Cám

ara/

Entre

cultu

ras

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

7

Competencias/capacidades

Lingüística

Fortalecer a habilidade para expresaren e interpretaren pensamentos, sentimentos, opinións, vivencias e feitos de forma oral e escrita. Implica capacidade empática e espírito crítico.

Social e cidadá

Empatía, analizando e aceptando as diferenzas e comprendendo o por que dos seus puntos de vista, tendo en conta a realidade e as circunstancias nas que se atopa a outra persoa.

Comprender o que significa corresponsabilidade, participación e cidadanía activa e pór en práctica eses coñecementos e actitudes en actividades desenvolvidas nas súas contornas.

Autonomía e iniciativa persoal

Potenciar a capacidade de imaxinar, emprender e desenvolver con responsabilidade e sentido crítico proxectos individuais e colectivos.

Coñecemento e interacción co mundo físico

Mostrar actitudes de respecto e responsabilidade cara a outras persoas e cara a si mesmos.

Identificar situacións de discriminación, falta de respecto ou desigualdade que se dan na súa contorna próxima e a nivel global, comprendendo e tomando unha posición perante elas e comprometéndose na súa mellora e/ou resolución.

Valores e actitudes

• Rexeitamento de actitudes e condutas violentas, estereotipadas ou prexuizosas.

• Recoñecemento e valoración do dereito á educación como instrumento necesario para ter unha vida digna e como sistema de protección e desenvolvemento.

• Respecto a opinións e razoamentos distintos aos seus.

• Sensibilidade cara a situacións e persoas que sofren de situacións de vulneración de dereitos.

Page 8: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

8

Para máis información poden consultar unidades didácticas anteriores que atoparán en www.cme-espana.org

BIBLIOGRAfiA COMPLEMENTARIASobre ODShttp://www.un.org/sustainabledevelopment/es/objetivos-de-desarrollo-sostenible/

A educación ao servizo dos pobos e o planeta: Creación de futuros sostibles para todos. Relatorio de Seguimento da Educación no Mundo (GEM) 2016https://es.unesco.org/gem-report/report/2016/la-educaci%C3%B3n-al-servicio-de-los-pueblos-y-el-planeta-%E2%80%93-creaci%-C3%B3n-de-futuros-sostenibles

Render contas no ámbito da educación: Cumprir os nosos compromisos. Relatorio de Seguimento da Educación no Mundo (GEM) 2017https://es.unesco.org/gem-report/node/1464

A “DECLARACIÓN DE INCHEON” (Corea, 2015); “Educación 2030: Cara a unha educación inclusiva e equitativa de calidade e unha aprendizaxe ao longo da vida de todos”http://es.unesco.org/world-education-forum-2015/about-forum/declaracion-de-incheon

“O Mundo que Queremos”. Unha Guía para Nenos e Nenas, Adolescentes e Mozos e Mozas acerca dos obxectivos mundiais. Movemento Mundial pola Infancia en Latinoamérica e o Caribe.

Sobre as situacións de conflito no mundo. Anuarios Alerta¡ da Escola de Cultura de Pauhttp://escolapau.uab.cat/index.php?option=com_content&view=article&id=532%3Aanuarios-alerta&catid=46&Itemid=66&lang=es

ViDEOS

Pido a palabra pola educación

A educación protéxenos. Protexamos o seu financiamento

Logros e retos do dereito á educación no mundo

Educación inclusiva. Dereito á educación das persoas con discapacidade

Revalorización da profesión docente

para PROFUNDAR

2017 2016 2015 2014 2013

“Camiño á Escola” (2015). Un documental que narra a historia real e extraordinaria de Jackson, Carlitos, Zahira e Samuel.

Page 9: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

9

Duración: 1 hora e media aproximadamente.

Materiais: ficha adxunta cun símbolo da paz para colorear, lapis ou ceras de cores, masilla adhesiva ou celo. Música infantil.

Obxectivos: 1. Motivar a escoita, a participación e a creatividade. 2. Entender que é a paz e a non-violencia. 3. Comprobar que os nenos e nenas poden colaborar en prol dunha cultura de paz. 4. Recoñecer que a escola prepara para resolver os conflitos mediante o diálogo.

O profesorado motiva ó alumnado, que se sitúa en semicírculo diante do educador/a. Anúncialles: imos ler un conto ben bonito e orixinal que moito vos vai gustar. Unha parte deste conto xa está escrita pero outra, a máis interesante, téndela que facer vós. Por iso cómpre escoitar con moita atención.

EDUCACioN PARA A PAZ e A NOn VIOLENCIA

EDUCACioN PARA A PAZ e A NOn VIOLENCIA

ACTIVIDADe

3 a 5 anos

DESENVOLVEMENTO

Nun país moi afastado había un pobo precioso, arrodeado de montañas, de moitas árbores e un regato con auga fresca que convidaba ao baño no verán. As rúas da aldea, sempre limpas, daban todas para unha praza grande que era o lugar de encontro das persoas que vivían nela.

Os maiores parolaban animados antes de marcharen ás súas casas a descansar. Os nenos e as nenas, á saída do colexio, xogaban á bóla ou ao escondedoiro, deslizábanse polo tobogán e algúns máis

decididos montaban en bicicleta.

Rosa e Leticia son amigas inseparables. Van xuntas aoparque e xogan á bola na praza canda outros nenos e nenas. As súas casas están preto e polas mañás van xuntas ao colexio falando e rindo sempre, coas súas mochilas ás costas. Veña, bulindo, para non chegar tarde!

Son unhas nenas moi boíñas.Préstanse os xoguetes, comparten os contos e moitos

o conto das duas amigas

Page 10: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

10

Agora comeza a vosa parte. Rosa e Leticia eran moi amigas, di o conto: que facían? Lembrade o que lemos.

Erguede a man os que teñades un amigo ou unha amiga. Can-tas mans vexo levantadas, iso está moi ben! Ter un amigo, unha amiga, é moi bonito. Os maiores din que a amizade é un tesouro que se debe conservar e non perder.

• Como se chama a vosa/o amiga/o? Que facedes cando es-tades xuntos?

Entre todos e todas dixestes cousas boas e divertidas que fan as amigas, os amigos. Imos lembralas.

Gloria Fuertes, unha muller que escribía poemas dicía nun de-les: “a amizade é un dos agasallos da vida”. Que non se vos esqueza nunca esta mensaxe.

Temos que seguir a ler o conto a ver que fan agora Rosa e Leticia.

días ven xuntas os debuxos animados na tele.

A mamá de Rosa e o papá de Leticia coinciden tódolos días cando van buscar as fillas

Un día Rosa sacou o seu patinete pois encantáballe patinar e ir a toda velocidade cando estaba na praza. Leticia ollábaa con envexa porque ela tamén quería patinar.

Rosa, déixasme un anaco o teu patinete para que eu poida darme unhas voltas?Suplicoulle Leticia

Non cho deixo porque o estou a pasar moi ben. Dille á túa mamá que che merque un.

Leticia púxose a chorar desconsolada. Por dous motivos choraba, porque a súa nai lle dixera que non tiña cartos para comprarlle o patinete e porque a súa amiga Rosa non llo quería deixar.

Non paso moito tempo e Rosa pediulle a Leticia as pinturas para facer a actividade que lle propuxera facer o profesorado. As pinturas son miñas e non chas deixo, contestou enfadada Leticia. Pois eu non che deixarei nunca vir á miña casa para vermos xuntas os debuxos animados.

á saída do cole. Estas dúas nenas son inseparables, observan! Quérense moito! Que bo sería que de maiores seguisen a ser compañeiras e amigas!

A alegría da amizade das dúas nenas foi desaparecendo pouco a pouco. As nenas ían cada mañá ao colexio pero percorrían o camiño en silencio, enfadadas e tristes. Non compartían nada.

Un día, ao baixar ao recreo, Rosa dixo moi baixiño a Leticia sen que a oíse a profesora: cando vaiamos xogar heiche dar un balonazo e hache doer ben. E non chores porque ninguén che vai facer caso.

Pois eu, cando esteamos no recreo, contestou Leticia, heite pisar tan forte que has chorar, porque es moi ruín e eu xa non te quero. Máis mala es ti e eu non quero que sexas a miña amiga. Díxolle Rosa.

A mamá de Rosa dicíalle ao pai de Leticia: que lles ocorre a estas nenas que antes eran inseparables e agora cada unha vai por seu lado? O outro día díxome a miña filla que non convidase a Leticia polo seu aniversario. Que mágoa que a súa amizade teña acabado!

Page 11: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

11

Intervén novamente o profesorado. O conto non pode rematar así, desa maneira tan triste.

• Cal ha ser o final? Imolo facer xuntos aquí, entre todos e todas.

Reparastes en que Rosa e Leticia que eran moi amigas e que-ríanse moito, agora rifaron, non comparten os seus xoguetes, nin os seus lapis de cores, nin se emprestan o patinete, nin xogan xuntas. E, ademais, no recreo queren facerse dano a unha á outra e xa se deron algún empurrón.

• Que lles podemos dicir e que podemos facer para que elas volvan ser amigas?

Imos ver, pensade, e despois erguede a man os que queira-des falar.

O profesorado vai motivando a participación con algunhas preguntas que facilitan as intervencións. Propoñémosvos al-gúns exemplos:

• Que lles dirías a Rosa e a Leticia para que de novo fosen amigas?

• Que teñen que facer unha e outra para seren amigas de ver- dade?

• As amigas tíranse balonazos e písanse unha á outra?

• As amigas comparten o que teñen?

• As amigas empúrranse e fanse dano?

• As amigas pásano xenial e rinse moito xuntas?

• As amigas van ao colexio xuntas e felices?

• As amigas danse unha aperta ao despedírense?

• Que mais queredes dicirlle a Rosa e a Leticia?

Imos lembrar as respostas. Ben seguro que co que lles dixes-tes xa están contentas e volven ser outra vez amigas de ver-dade, dispostas a axudárense, a compartiren o que teñen e a dárense unha aperta.

O conto das Dúas amigas tivo un final feliz, pero agora cóm-pre facer algo máis.

Póndesvos de pé e ides colocarvos facendo círculos. O cír-culo de dentro ollando cara a fóra e o círculo de fóra ollando cara a dentro de xeito que cada neno/a do círculo interior teña en fronte un neno/a do círculo exterior. Óllanse e, ao sinal, erguen os brazos e dánse unha forte aperta. Despois os nenos/as do círculo interior permanecen inmóbiles mentres se moven un pouquiño os do círculo exterior ata encontrárense fronte a fronte con outro compañeiro/a. Fítanse e, novamente ao sinal erguen os brazos e apértanse... e así segue o xogo, cun abrazo atrás doutro, ata que se tornen a encontrar os pri- meiros. Mentres que se fai este exercicio vai soando unha mú- sica infantil.

O xogo das Apertas

Agora, prestade moita atención. Os nenos e nenas desta aula participastes en dúas actividades moi importantes:

Fixestes o final do conto, axudando a Rosa e a Leticia a volveren ser amigas.

Pero fixestes algo moito máis importante: terdes achegado a vosa parte para contribuír a unha cultura de paz e non-vio-lencia, o tema da SAME 2018.

Imos ler un poema de Gloria Fuertes sobre a PAZ co desexo de non o esquecer xamais e de levarmos sempre canda nós esta palabra (Ver ficha no Anexo da páxina 12).

E para rematar imos deixar testemuño da nosa achega á cultura da paz coloreando as pombas da paz. (Ver ficha no Anexo da páxina 13).

© A

yuda

en

Acci

ón

Page 12: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

12

anexo

Só tres letras, tres letras nada máis, só tres letras que para sempre aprenderás. Só tres letras para escribir PAZ. O P, o A e o Z, só tres letras. Só tres letras, tres letras nada máis, para cantar PAZ, para facer PAZ. O P de pobo, o A de amar e o Z de zafiro ou de rapaz (final). De zafiro por un mundo azul, de rapaz por un neno coma ti. Non cómpre ser sabio, nin ter baionetas, se consegues memorizar ben, só estas tres letras, úsaas de maior e haberá paz na terra.

Gloria Fuertes

Poden atopar outros poemas de Gloria Fuertes sobre a paz na seguinte ligazón.

so tres letras

Só tres letras, ,

PAZ.PAZ.

Gloria FuertesGloria Fuertes

Page 13: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

13

anexo

Page 14: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

14

1. Preparativos

Antes de comezar a actividade, a persoa que dinamice deberá de seleccionar algunhas noticias actuais ou pasadas, que teñan que ver con conflitos, especialmente en casos en que estea implicada a infancia. Por exemplo, pelexas de pais en competicións deportivas, de acoso escolar entre menores...

Bastaría cun titular e un breve parágrafo indicando o suceso, sen maior detalle.

Podemos tamén botar man de situacións cotiás, como unha pelexa entre irmáns/irmás por un xoguete, unha discusión por unha canle de televisión ou por un filme, unha familia que non sabe o que ha facer na fin de semana e ao final “elixen as per-soas adultas”.

Pódense tamén propor conflitos reais que estean a ocorrer neste momento na aula/centro educativo/grupo de educación non formal, de xeito que se poida ir ao encontro de solucións conxuntas a través da actividade.

* Pódese propor a mesma noticia/situación a tódolos equipos, pero sen lles dicir que é común.

Así é máis fácil de ver as diferentes opcións que xurdan.

2. Posta en escena. Presentamos o conflito

Dividimos o grupo en equipos de 6-7 persoas. Dirémoslles que van analizar algunhas noticias e decidir como resolve-rían a situación. Algunhas orientacións:

• Non convén adiantarlles máis información nin falar das di-ferentes posibilidades de resolución, para non condicionalas.

• Dámoslles un tempo non superior a 20 minutos para esta parte.

• De seguido, facemos unha primeira posta en común, onde cada grupo deberá expor brevemente o conflito e a súa pro-posta de resolución.

• Unha vez finalizada a rolda, facemos un resumo das solu-cións propostas.

No encerado ou nun papelógrafo, papel continuo escribire-mos as solucións agrupándoas en tres bloques:

a) “Chamar á polícia”, “levar ao cárcere” (ou semellantes). Solucións dadas por terceiras persoas adultas.

Duración: mínimo unha sesión de 45 minutos. Pódese dividir en dúas sesións.

Materiais: folios, bolígrafos. Papel continuo. Rotuladores, cartolinas, tesoiras, pegamento. Outros materiais segundo actividade.

Obxectivos: 1. Incentivar actitudes de diálogo, escoita e entendemento. 2. Entender os conflitos como oportunidades. 3. Promover a resolución conxunta de conflitos. 4. Fomentar a autonomía persoal e colectiva.

E AGORA, QUE FACEMOS?E AGORA, QUE FACEMOS?

ACTIVIDADe

6 a 8 anos

DESENVOLVEMENTO

Page 15: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

15

aprender a solucionar os conflitos con dialogo

b) Solucionar con violencia. Respostas do tipo “que alguén lle bata” ou “facerlle o mesmo que fai”.

c) Diálogo e/ou busca de solucións conxuntas entre as par-tes. Mediación.

3. Analizamos conxuntamente e volvemos comezar

Aquí cómpre explicar que a solución non pode ser castigar a todo o mundo ou meter os adultos no cárcere cada vez que hai un problema, ou solucionar os problemas a base de forza. Lembrade que, se a guerra fose unha solución, os problemas do mundo xa terían rematado trala primeira guerra, pero miles de anos despois, a humanidade segue a tratar de solucionar os seus problemas á forza, en lugar de falar e tentar pórse na pel dos demais.

Logo desta reflexión, pediremos aos grupos que volvan ana-lizar a noticia do conflito e que, outra vez, pensen en como o solucionarían.

Pódese “incentivar” esta nova busca propondo directamente que hai que buscar ideas diferentes ás dos primeiros bloques e que deberán de pensar en solucións dialogadas. Isto último é recomendable se se vai traballar só unha sesión, pero no caso de dividir a actividade en varias sesións, pódese evitar guiar desta maneira desde a primeira sesión.

4. Pensamos, avaliamos

Deixar ao final un tempo para se avaliaren os seguintes as-pectos:

• Como me sentín sendo “xuíz” dun conflito?

• Que solucións resultaron máis doadas de propor? Por que?

• As solucións dialogadas, pódense aplicar na aula ou o gru-po?

Tamén é útil coñecer o proceso de toma de decisións de cada equipo, para iso podemos propor algunhas cuestións:

• Como tomou a decisión o grupo? (votouse? Ou propúxoo alguén, só había unha opinión...)

• Logo de analizar as diferentes solucións achegadas, muda-mos a forma de decidir?

• Dialogamos na busca dunha solución que nos gustase a tó-dalas persoas?

Por último, pódense recoller as ideas sobre o diálogo e as resolucións de conflitos, pendurándoas nun mural, ou ben co-mo unha frase que quede na aula/espazo de traballo, servin-do de recordatorio para o grupo, reforzando a idea de que a solución conxunta e pacífica dos problemas debe prevalecer sempre.

Se se pode/quere optar por facela en dúas sesións, a primeira remataría coa posta en común e saltaríamos a facer a avaliación.

A segunda sesión retomaría o traballo aquí, cun resumo da sesión anterior e a reflexión sobre as solucións dialogadas.

orientacion

Page 16: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

16

SESI0N 1

Formaranse catro grupos de alumnos/as. Cada grupo recibirá unha carta procedente dun neno ou unha nena que se ato-pe desprazado/a do seu lugar de orixe por motivos de crise económica, social, política ou bélica (Ver fichas en Anexos 1, 2, 3 e 4 nas páxinas de 18 a 25). Haberá catro modelos de cartas que se repartirán aleatoriamente e en cada unha contarase un fragmento da vida dun neno ou nena.

Unha vez repartidas as cartas, o alumnado disporase a lelas en común.

Cada equipo deberá elaborar unha carta de resposta expre-sando os seus sentimentos, as súas percepcións, preocu-pacións, dúbidas, etc., e reflexionando acerca da situación da outra persoa, pensando de onde provén a carta, cal é a realidade que está a vivir ese neno/a e cales son as causas que provocan esa situación no país de procedencia dos/as remitentes.

Cando as cartas de resposta por parte de cada grupo estean redactadas, escollerase un/unha voceiro/a e procederase a realizar unha posta en común entre todos os equipos para que todos/as coñezan as catro cartas e as catro respostas e reflexionar sobre, como poderiamos axudar a mudar a súa situación?

Duración: Sesión 1: aproximadamente unha hora. Sesión 2: aproximadamente unha hora dividida en dous tempos: o debate levarase a cabo en 40 minutos e o cuestionario de avaliación terá unha marxe de 20 minutos.

Materiais: papel, bolígrafos/lapis, anexos correspondentes ás cartas para o alumnado e a información dos países de procedencia das mesmas para o profesorado.

Obxectivos: 1. Desenvolver un comportamento empático cara á situación das persoas desprazadas dos seus países, e reflexionar sobre o que podemos achegar desde a nosa situación.

2. Coñecer situacións de vulneración de dereitos que sofren algúns nenos e nenas, analizalas e dialogar sobre elas.

3. Recoñecer a existencia de desigualdade no desenvolvemento humano a nivel mundial, asumindo a equidade como obxectivo ético e procurando unha maior implicación por parte do alumnado desde unha perspectiva participativa.

4. Analizar criticamente a situación dos Dereitos Humanos no mundo a partir dos testemuños das cartas, tendo en conta a diferenza de oportunidades que se dá nalgunhas partes do mundo.

carta sen destinocarta sen destino

ACTIVIDADe

9 a 11 anos A elaboración desta actividade foi posible grazas á colaboración de alumnado da materia de Educación para a Cooperación e Desenvolvemento Humano Sostible da Facultade de Formación do Profesorado da Universidade de Oviedo.

DESENVOLVEMENTO

Page 17: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

17

Cando saen noticias sobre o desprazamento de persoas por guerras, comentámolas na aula e debatemos sobre iso.

Entendo cando falan de persoas que tiveron que saír do seu país e recoñezo que elas non son unha ameaza para min e a miña familia.

Os materiais que traballamos na aula son interesantes/divertidos. Comprendo mellor que antes o importante que é tratar ben as persoas desprazadas e tentar axudalas en todo o que poidamos.

As actividades que realizamos axúdanme a comprender mellor as inxustizas no mundo.

Participei no debate de xeito activo, propondo solucións e con actitude crítica. Aprendín que o cambio climático afecta moito máis á vida das persoas do que eu cría.

BastanteMoito Pouco Nada

Achega as túas propias propostas:

SESI0N 2

Continuando coa sesión anterior, realizarase un debate. As compañeiras e compañeiros poderán defender as súas ideas ordenada e respectuosamente, facendo entender aos demais cal é o seu punto de vista sobre cada unha das problemáticas ou situacións mencionadas en cada carta.

Cada alumno/a lerá unha pregunta, proporaa de xeito aberto e iniciará un pequeno debate cos seus compañeiros/as onde el mesmo ha asumir un papel de mediador/a, tentando que tódolos compañeiros e compañeiras participen achegando o seu punto de vista persoal.

O debate estará fundamentado nalgunhas preguntas que pro-pomos, ademais das que o/a docente ou persoa dinamizadora poida achegar:

• Que historia vos sorprendeu máis? Por que?

• Como vos sentides despois de coñecerdes estas problemá-ticas?

• Que cousas aprendestes? Poderiades telas aprendido se non estivésedes na escola?

• Como pensades que poderiades axudar a este nenos e ne-nas protagonistas das cartas? Pensades que están a vivir si-tuacións inxustas? Por que?

• Que deberiades modificar vós, ou a vosa contorna, para con-tribuír a mudar esas realidades?

• Sentímonos parte das inxustizas e desigualdades no mun-do? No cole ou na casa, ensínannos a contribuír para que de- saparezan? Que poderiamos facer nós desde o noso cole?

Avaliacion: Riscar con cruces o seguinte cuestionario de maneira individual

Page 18: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

18

anexo1

Ola, chámome Santiago e teño 11 anos.

Eu e a miña familia somos de Guinea Ecuatorial, pero tivemos que nos ir de alí. Agora estamos a miña nai, as miñas dúas irmás pequenas e mais eu en España. Na miña familia antes eramos dous nenos, pero meu irmán maior enfermou e como non había moitos médicos e o hospital estaba cheo de xente, non puideron atendelo coas medicinas que precisaba e morreu. Bótoo moito de menos.

Cando vivíamos en Guinea, a miña familia era moi pobre. Eu traballaba tódolos días moi duro nun vertedoiro, buscando cousas que nos puidesen servir para que meu pai as vendese na cidade. O meu pai ía ata moi lonxe para levar as cousas que eu mais meus irmáns atopabamos, por veces pasaba moito tempo fóra ata que podiamos volver velo.

Viviamos nunha aldea e algúns nenos e nenas ían á escola, pero eu nunca estivera nunha. Contábanme que alí aprendíase a ler e escribir. Agora que vou ao colexio, gustaríame poder algún día chegar a ser médico. Algo que en Guinea era imposible xa que o camiño á escola era moi duro, había moita distancia desde a nosa aldea até a cidade, tiña que traballar para axudar á miña familia e non estabamos seguros.

Algúns dias pasabamos fame, xa que só tiñamos un prato de arroz para comer e tamén sede, por iso decidimos irnos do noso fogar e do noso país na busca dun futuro mellor. Agardo que aquí poidamos vivir mellor, pero sinto mágoa por ter tido que deixar a miña aldea e por algúns familiares e amigos que non puideron vir canda nós.

Oxalá houbese alguén que puidese axudar ao meu país para que as persoas non tivesen que seguir a fuxir da pobreza. Eu de maior quero ser médico. Se cadra aquí en España podo facelo e tornarme unha desas persoas que axude ao meu país e ás persoas que viven alí.

Un saúdo.

Carta SANTIAGO

Santiago g

Guinea Ecuatorial, pero tivemos que nos ir de alí. Guinea Ecuatorial, pero tivemos que nos ir de alí.

Algúns dias pasabamos fame, Algúns dias pasabamos fame,

dun futuro mellor. dun futuro mellor. na busca na busca

fuxir da pobreza. fuxir da pobreza.

Page 19: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

19

• Un de cada tres nenos/as nacidos non existen oficialmente (non son rexistrados).

• Índice de desenvolvemento humano (IDH): posición 132.

• Taxa de fertilidade total (nacementos por muller): 5 nenos.

• Taxa de mortalidade infantil (por cada 1.000 nacidos vivos): 61.

• Esperanza de vida: 59 anos.

• Nenos/as fóra da escola (2014): 416.632.

UNESCO (2017). Institute for Statistics. Guinea.

http://uis.unesco.org/en/country/gn?theme=education-and-literacy

PNUD Acerca de Guinea Ecuatorial:

http://www.gq.undp.org/content/equatorial_guinea/es/home/countryinfo/

Banco Mundial. Preguntas frecuentes: Desprazamento forzado, unha crise mundial cada vez maior:

http://www.bancomundial.org/es/topic/fragilityconflictviolence/brief/forced-displace-ment-a-growing-global-crisis-faqs

Desprazamento forzado, unha crise do mundo en desenvolvemento:

http://www.bancomundial.org/es/news/press-release/2016/09/15/forced-displace-ment-a-developing-world-crisis

ECUATORIALGUINEA

INFORMACioN PARA o PROFESORADO

PARA MAiS INFORMACioN

© A

yuda

en

Acci

ón©

Alm

uden

a G

onzá

lez

© A

yuda

en

Acci

ón

Page 20: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

20

anexo2

Ola, o meu nome é Rosángela, teño 8 anos e vivo en Pedernales-Ecuador.

Hai un mes e 4 días que se destruíu a zona onde vivía. Disque foi un dos sismos máis destrutivos en anos, que a localidade máis afectada polo tremor foi Pedernales, que é onde eu vivo, e que temos moitísima sorte por seguirmos con vida. Teñen moita razón porque cando a miña nai me colleu para me levar ao campamento tapoume os ollos, pero aínda así escoitaba todo o que acontecía ao meu redor e puiden ver moita xente tirada no chan, veciños e veciñas, amigos e amigas a choraren sen acougo aos pés dos seus familiares e casas. Tódalas persoas que viviamos aquí xa non temos casa, nin escola, nin sitios nos que xogar porque está todo derruído.

A miña nai e eu e o resto de persoas afectadas estamos a vivir en tendas de

campaña ou albergues. Non estamos moi cómodas; pero miña nai di que o importante é estarmos a salvo e, sobre todo, xuntas. Aínda non sabemos se meu pai e meus primos seguen vivos porque hai tanta xente desaparecida que non conseguimos atopalos. Preguntamos ás persoas que nos están a axudar e dinnos que consultemos os rexistros dos demais campamentos, que seguen a rescatar xente no meu pobo e que poderiamos demorar días en atopalos. Case 3 días despois do sismo, aínda non tiñamos noticias e non os atopabamos por ningunha parte.

Aquí fixen novos amigos e amigas, cos que xogo tódolos días. Non sei cando rematará todo. Estraño a miña casa, os meus amigos e amigas, o meu cole... pero miña nai di que cómpre ser fortes, así que agora son a MÁIS FORTE! e axudarei a miña nai a buscar a meu pai e aos meus primos ata que non fique un só campamento sen rexistrar. Teño a esperanza de os poder atopar.

Espero que logo nos axuden.

Moitas grazas.

Carta Rosangela

Rosángela, g ,

sismos máis destrutivos sismos máis destrutivos

estarmos a salvo e, sobre todo, xuntas. estarmos a salvo e, sobre todo, xuntas.

MÁIS FORTE! MÁIS FORTE!

Page 21: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

21

• Un forte sismo de 7,8 graos de magnitude na escala de Richter sacudiu a zona norte costeira do Ecuador o día 16 de abril de 2016.

• Máis de 150.000 nenas e nenos foron afectados polo sismo.

• 146 escolas danadas, o que afecta a 88.000 nenos e nenas.

• O sismo destruíu 805 vivendas e danou 608.

• Durante a catástrofe só funcionou o 40% das liñas de comunicación e moitas cidades non tiñan electricidade.

ACNUR: Os desastres naturais causaron máis de 19 millóns de desprazados en 2014:

http://www.acnur.org/noticias/noticia/los-desastres-naturales-causaron-mas-de-19-mi-llones-de-desplazados-en-2014/

Preguntas frecuentes sobre o desprazamento causado polo cambio climático e os desastres naturais:

http://www.acnur.org/noticias/noticia/preguntas-frecuentes-sobre-el-desplazamien-to-causado-por-el-cambio-climatico-y-los-desastres-naturales/

Os 3 factores chave do terremoto, polos afectados:

https://ayudaenaccion.org/ong/blog/america-latina/terremoto-ecuador-2016/

Emerxencia en Ecuador: un forte tremor sacode o país:

https://ayudaenaccion.org/ong/actualidad/terremoto-ecuador/ https://www.youtube.com/watch?v=YD_lMhNAGkI http://www.eldiario.es/ayudaenaccion/Terremoto_Ecuador-Colabora-Emergencia-Ayu-da_en_Accion_6_507509281.html

ECUADOR

INFORMACioN PARA o PROFESORADO

PARA MAiS INFORMACioN

© A

yuda

en

Acci

ón©

Ayu

da e

n Ac

ción

© A

yuda

en

Acci

ón

Page 22: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

22

anexo3

Ola, chámome Ada, teño 13 anos e son unha nena refuxiada procedente de Siria.

Escríbovos porque estou moi asustada. Agora estamos moita xente xunta nun sitio moi grande a agardar a que nos deixen entrar a un país que nos axude aínda que non sei se o iremos conseguir porque é difícil.

Hai dous meses que tivemos que ir de casa de repente, ninguén nos avisara, polo que non nos deu tempo a coller apenas nada de equipaxe nin obxectos persoais. Soamente puiden levar comigo o oso de peluche que me agasallou o meu avó cando era máis cativa, ao menos iso ponme contenta porque lle teño moito cariño e agora podo durmir con el tódalas noites. Ademais de lembrarme a el, dáme un pouco de calor porque o lugar no que temos que durmir é moi frío e incómodo. Metino debaixo da miña chaqueta xusto antes de que meu pai me collese en brazos e me sacase da casa.

Ao principio iamos todos: mamá, papá e os meus dous irmáns pequenos, pero polo camiño atinxiunos unha bomba e xa non volvín ver a miña nai nin ningún dos meus irmáns, agardo que estean ben e volvan logo connosco.

Desde un alto vexo o mar. Soño con poder montar no barco e saír de aquí todos xuntos, a un país onde non haxa nin bombas nin guerras e poidamos volver ter a mesma vida de antes.

Gustaríame que nos axudasen.

Grazas e adeus.

Carta ADA

Ada, ,

Escríbovos porque estou moi asustada. Escríbovos porque estou moi asustada.

atinxiunos unha bomba atinxiunos unha bomba

Gustaríame que nos axudasen. Gustaríame que nos axudasen.

Page 23: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

23

• Siria leva en guerra desde o ano 2011.

• 5,8 millóns de nenos e nenas viven en Siria, baixo o fogo das bombas.

• Siria é a maior crise de desprazamento do mundo con 6,3 millóns de persoas desprazadas internamente e cerca de 4 millóns de persoas contabilizadas como refuxiadas nos países veciños. Estímase que 4,53 millóns de persoas precisan de asistencia humanitaria en zonas de difícil acceso e lugares asediados.

• Máis de 5.000 persoas perderon a vida en 2016 ao tentaren chegar a Europa a través do mar Mediterráneo, dos que moitos eran nenas e nenos.

Nacións Unidas sobre persoas refuxiadas:

http://www.un.org/es/sections/issues-depth/refugees/index.html

ACNUR emerxencia en Siria:

http://www.acnur.org/que-hace/respuesta-a-emergencias/emergencia-en-siria/

O desprazamento de poboación por guerras e persecución atinxe o nivel máis alto xamais rexistrado:

http://www.acnur.org/noticias/noticia/el-desplazamiento-de-poblacion-por-gue-rras-y-persecucion-alcanza-el-nivel-mas-alto-jamas-registrado/

INFORMACioN PARA o PROFESORADO

PARA MAiS INFORMACioN

SIRIA

© P

lan

Inte

rnac

iona

Pla

n In

tern

acio

nal

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

Page 24: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

24

anexo4

Ola, chámome Ranjit, teño 11 anos e son un neno de Bangladesh.

No meu país, o tempo está a mudar desde hai ben anos e cada vez é máis raro. Normalmente hai moitísima seca, o que fai que as persoas xa non poidan cultivar tanto coma antes, e que non teñamos tanta auga para bebermos ou para bañármonos.

Eu vivía no sur de Bangladesh onde xa subira moito a auga do mar e o sal da

auga estaba a estragar tódalas colleitas da xente. Amais, houbo tamén moitas

tormentas e ciclóns.

O meu país estábase a destruír, os tellados das casas e as paredes voaban e todo quebraba con moita rapidez, era moi perigoso e os meus pais andaban moi asustados; daquela decidiron irse temporalmente coa miña irmá e máis comigo á India.

A situación é grave e non podiamos seguir na nosa cidade porque tiñamos ficado sen colleitas e sen casa.

Estamos a tentar recomezar a nosa vida pero o noso futuro segue a estar

cheo de perigos e non sabemos canto habemos durar neste novo lugar.

Hai moita xente na mesma situación ca nós, son persoas da miña cidade que viñeron á India co devezo de comezaren outra vida. Por veces, aparecen persoas que teñen boas ideas para coidaren das nosas terras e facelas fértiles de novo, ou para tirarlle o sal á auga e poder utilizala para regar e beber. Din que é caro, pero que é un investimento que nos faría moito ben. Agardemos que a situación mude logo e que o mundo repare no meus país e consigamos pórlle remedio.

Moitas grazas.

Carta Ranjit

Ranjit, j ,

moitísima seca, moitísima seca,

tormentas e ciclóns.tormentas e ciclóns.

moitas moitas

sen colleitas e sen casa.

non sabemos canto habemos durar neste novo lugar. non sabemos canto habemos durar neste novo lugar.

Page 25: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

25

BANGLADESH

• 22,4 millóns de persoas que se viron obrigadas a desprazárense durante 2016 por mor de desastres naturais causados polo cambio climático.

• O cambio climático actúa como un multiplicador das ameazas e vulnerabilidades existentes en partes do mundo onde xa sofren niveis de presión abafantes en canto a medios de vida, seguridade alimentaria e recursos.

• Calcúlase que 250 millóns de persoas estarán obrigadas a emigrar por inundacións, secas e furacáns de aquí a uns 30 anos.

• 175 millóns de nenos e nenas afectados polo cambio climático.

• O fracaso dos plans que propón paliar o cambio climático provocou que, ata o momento, a temperatura teña aumentado 2,5 graos.

• A ONU estima que na actualidade máis do 60% das emigracións que ocorren no planeta son consecuencia de furacáns, inundacións ou secas e que han ser 250 millóns os refuxiados climáticos cara ao ano 2050.

A historia de Salma, 8 anos, Bangladesh:

https://www.youtube.com/watch?v=fZUe0hZ2H6M

O cambio climático provocará 250 millóns de refuxiados/as:

http://www.lavanguardia.com/natural/20160722/403308498837/cambio-climatico-pro-vocara-millones-refugiados.html

Os refuxiados climáticos non teñen onde buscar asilo. A lexislación internacional non ampara a quen foxe por razóns ambientais:

https://elpais.com/internacional/2015/12/14/actualidad/1450123647_559457.html

INFORMACioN PARA o PROFESORADO

PARA MAiS INFORMACioN

© A

yuda

en

Acci

ón©

Ayu

da e

n Ac

ción

© A

yuda

en

Acci

ón

Page 26: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

26

1. elaboracion de acreditacion

Durante a SAME, estase a realizar a nivel mundial o Foro de Mozos/as Activistas por unha Educación en paz. Para participar, realizaremos unha acreditación coa nosa foto/debuxo e sostendo un lema como cidadáns e cidadás, como a activis-ta Malala Yousafzai.

Podes atopar un modelo de acre-ditación para fotocopiar no Anexo desta actividade (páxina 29).

Para o apartado da acreditación sobre “unha persoa á que admiro”, pódense propor persoas dos ámbitos social, cultu-ral ou científico que, como Malala, teñan destacado pola súa contribución á sociedade ou á paz (Nelson Mandela, Marie Curie, Kailash Satyarthi, Rosa Parks...)

Para coñecer mais sobre a figura de Malala, pica sobre esta ligazón.

2. espazo formativo

Unha vez que conseguimos a nosa acreditación e a compar-timos no grupo con outros/as Mozos/as Activistas, pasa-mos a un espazo formativo.

En primeiro lugar, dáse unha pequena información sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (en adiante ODS):

No cumio para o Desenvolvemento Sostible que tivo lugar en setembro de 2015 os Estados Membros da ONU aprobaron a Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible integrada por 17 ODS desagregados en 169 metas para pór termo á pobreza, loitar contra a desigualdade e a inxustiza, e facer fronte á mudanza climática.

Baixo o lema “Transformar o noso mundo” a Axenda 2030 convoca a comunidade internacional para erradicar a pobreza e favorecer un desenvolvemento sostible e igualitario.

Os 17 ODS deberán de ser interpretados de maneira integral, recoñecendo as interdependencias que se dan entre eles. En-tre eles destacamos a necesidade de que se adopten medidas

Duración: 2 horas.

Materiais: formato acreditacións, carteis ODS e metas, cartolinas, rotuladores, pintura, papel continuo, adhesivos, acceso a internet

Obxectivos: 1. Coñecer os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, especialmente o ODS 4 en relación a outros.

2. Comprender a importancia do dereito á educación como motor de ambientes de convivencia en paz.

3. Expresar e comprometerse con reivindicacións xustas para promover e defender unha cultura de paz.

activistas por UNHA educacionde paz

activistas por UNHA educacionde paz

ACTIVIDADe

12 a 16 anos

DESENVOLVEMENTO

Page 27: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

27

Fonte: Nacións Unidas

para que en 2030, ano en que se avaliará o cumprimento de tódolos ODS, se teña avanzado nas metas do obxectivo nú-mero catro, referido á Educación e que propón:

ODS 4: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida para todos”.

Meta 4.7 De aquí a 2030, garantir que todo o alumnado adquira os coñecementos teóricos e prácticos necesarios para promover o desenvolvemento sostible, entre outras cousas mediante a educación para o desenvolvemento sostible e a adopción de estilos de vida sostibles, os dereitos humanos, a igualdade de xénero, a promoción dunha cultura de paz e non violencia a cidadanía mundial e a valoración da diversidade cultural e da contribución da cultura ao desenvolvemento sostible.

Para nos axudar, penduraranse carteis en A3/A4 coas iconas de cada un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) nas paredes da sala, a cal deberá de estar despexada para permitir o libre movemento. Ao lado, estarán as metas de cada un deles para que o alumnado poida lelas (se collen to-das), e se non fose posible, ao menos a icona de tódolos ODS e as metas dos ODS 4 (Educación), ODS 16 (Paz e Xustiza) e ODS 11 (Cidades sostibles), que son os tres máis ligados á temática que traballamos este ano.

Para máis información sobre os ODS, visitar a: http://www.un.org/sustainabledevelopment/es/Propómosvos ver este vídeo que explica e anima a traballar por divulgar os ODS: https://www.youtube.com/watch?v=Zl7MELhBdnI

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

Page 28: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

28

Esta formación de activistas pretende darnos argumentos para defender a educación como unha ferramenta para conseguir o cumprimento doutros ODS. Procurar propostas, ser creativos, realizar accións na nosa contorna.

E agora ti, que podes facer?

Con este punto de partida e para conseguilo, entre os acti-vistas realizaremos unha formación para implicármonos como activistas por unha educación en paz, defendéndoos como o fai Malala Yousafzai.

3. Encontro INTERNACIONAL

Imos participar no Encontro Internacional con representantes dos países participantes nestes Foros de Activistas perante a Organización das Nacións Unidas (ONU); para iso, reflexiona-remos e procuraremos argumentos para levar a dito encontro.

O noso obxectivo é crear un mural conxunto co noso tema principal, “PAZ”, que se integra dentro das propostas cha-ve dos ODS (Persoas, Planeta, Prosperidade, Paz e Alianzas).

Para iso o grupo divídese en catro equipos. A cada un de-les entrégaselles un taco de adhesivos (de distinta cor para cada equipo, para así poder diferencialos). Propónselles que cada grupo escriba nun adhesivo palabras, pequenas com-posicións de rap, haikus, pareados, frases ou viñetas/escena de cómic, debuxos ou outras formas de expresión nas que expliquen como a cultura de Paz pode axudar a cumprir os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e os colen nos ODS correspondentes.

Por exemplo, relacionados co ODS 11 e a súa meta 11.7: De aquí a 2030, proporcionar acceso universal a zonas verdes e espazos públicos seguros, inclusivos e accesibles, en particular para as mulleres e os nenos, as persoas de idade e as persoas con discapacidade.

Adhesivo exemplo: “que tódalas escolas teñan espazos ver-des, xardíns, hortas, invernadoiros, accesibles ao alumnado, onde aprender, desenvolverse e sentirse seguros”.

De seguido, cada Mozo/a Activista compartirá as súas pa-labras ou debuxos e escollerán un ou varios deles e despois realizarán o mural proposto cun lema común, frases, imaxes, debuxos para levar e defender no Encontro Internacional de Mozos/as Activistas da ONU.

Para a elaboración do mural ou cartel poden empregar dis-tintos materiais e metodoloxías; unha vez finalizado, pídeselle a dous representantes por grupo que o presenten diante dos seus compañeiros/as.

PAZOs ODS queren propiciar sociedades pacificas, xustas e inclusivas que estean libres do temor e a violencia. Non pode haber desenvolvemento sostible sen paz, nin paz sen desenvolvemento sostible.

Abrirase unha rolda para a reflexión, na que se ha poder dialogar sobre as seguintes preguntas:

• Que podemos facer para promover unha cultura de paz? • Que é o que máis vos chamou a atención? Que aprendestes?

• Vedes diferenzas entre “este mundo que queremos en paz” e o que temos na actualidade?

• Poderiamos facer algo para mudalo? Que precisariamos? Que poderiamos facer?

Avaliacion

* Para finalizar podemos subir as acreditacións e carteis ás redes sociais ou compartilos na web da CME.

Page 29: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

29

anexoNomeData de NacementoCentro Educativo Calidade AfecciónUnha persoa que admiroLema reivindicativo

FORO DE mozos e mozas ACTIVISTAS EDUCACioN EN CULTURA DE PAZ

NomeData de NacementoCentro Educativo Calidade AfecciónUnha persoa que admiroLema reivindicativo

FORO DE mozos e mozas ACTIVISTAS EDUCACioN EN CULTURA DE PAZ

NomeData de NacementoCentro Educativo Calidade AfecciónUnha persoa que admiroLema reivindicativo

FORO DE mozos e mozas ACTIVISTAS EDUCACioN EN CULTURA DE PAZ

NomeData de NacementoCentro Educativo Calidade AfecciónUnha persoa que admiroLema reivindicativo

FORO DE mozos e mozas ACTIVISTAS EDUCACioN EN CULTURA DE PAZ

Page 30: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

30

O conflito forma parte das nosas vidas, pero en moitas oca-sión carecemos das ferramentas necesarias para enfrontár-monos a el e a nosa forma de o enfrontar pasa por unha res-posta violenta (xa sexa física ou verbal) que adoita acabar na imposición dos intereses duns por riba dos dos outros, dando lugar a unha situación de gañadores e perdedores que sem-pre acaba por ser inxusta para os últimos.

A educación, como vehículo de valores e provisora de ferra-mentas para que tódalas persoas poidan crecer e prosperar nas súas sociedades, debe atender á resolución pacífica de conflitos como forma de potenciar e mellorar a conviven-cia e a cultura de paz.

1. Conecer e comprender os conflitos do noso mundo

Dividir a clase en grupos de 5 a 6 persoas, a cada grupo asig-naráselle unha rexión: Europa, Asia, Oriente Medio, África, América. Cada grupo deberá procurar información sobre os conflitos activos en dita rexión e escoller un concreto sobre

o que traballar. Neste punto, podemos lembrar tamén que os conflitos bélicos non son a única causa de desprazamento, e que tamén se dan crises humanitarias e situacións de emer-xencia a causa doutras circunstancias como os impactos do cambio climático, desastres naturais, pobreza, etc.1

Duración: dúas sesións de 50 minutos, unha para a busca e análise de información e outra para a súa presentación e posterior debate.

Materiais: bolígrafos, rotuladores, cartolinas, acceso a internet.

Obxectivos: 1. Potenciar as habilidades para a resolución de conflitos tanto a nivel persoal coma social, fomentando a participación, o pensamento crítico, a solidariedade e o diálogo.

2. Fomentar a comprensión da realidade que viven outras persoas e como as súas vidas se ven afectadas polos conflitos e a violencia.

3. Comprender o papel que xoga a educación para a prevención de conflitos e a cultura de paz e non violencia.

actuar perante o conflitoactuar perante o conflito

ACTIVIDADe

16 a 18 anos

1 Mapa de crises humanitarias. Anuario Alerta 2012¡ Escola de Cultu-ra de Pau (actualizado a data de 2011). http://escolapau.uab.cat/img/programas/alerta/alerta/12/cap04e.pdf

Se se dispón de tempo, convidámosvos a realizar un percorrido polos conflitos actuais a nivel mundial.

Que rexións concentran un maior número de conflitos?

Cales sofren os conflitos máis graves? Por que credes que acontece isto?

Pódese utilizar a seguinte infografía para tratar o tema: https://goo.gl/wz5fLx

DESENVOLVEMENTO

Page 31: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

31

Unha vez seleccionado o conflito a tratar, cada grupo debe de realizar unha análise do mesmo respondendo as seguintes preguntas:

1. Definición do conflito

Realizar un breve percorrido histórico polo conflito e as súas principais consecuencias na actualidade

• En que momento se atopa o conflito?

Tres fases: acumulación de tensión, estalido da violencia, ne-gociación de paz.

2. Quen está involucrado

Identificar os actores implicados, tanto de forma directa co-mo indirecta (terceiras partes, mediadores, poboación civil, etc.) e o seu papel dentro do conflito.

• Teñen as partes implicadas o mesmo poder ou se está pro-ducindo un abuso por parte dalgunha delas?

• Hai outras partes que estean a sufrir as consecuencias do conflito, malia a non teren un papel activo nel?

3. Cal foi a súa orixe

Buscar que foi o que motivou o conflito a través da análi-se de necesidades e intereses dos implicados. Ter en conta que necesidades e intereses non é o mesmo: mentres que as necesidades se refiren a aquelas condicións básicas que as persoas necesitan para viviren dignamente, os intereses responden a valores económicos, ideolóxicos, políticos e/ou relixiosos relacionados coa adquisición de poder ou bens.

• No conflito, están en xogo as necesidades básicas dalgunha das partes? Estase a dar máis importancia aos intereses?

3.1. Ao comprendermos as causas podemos entender o pro-ceso seguido polo conflito.

• Agora que sabemos como se orixinou, poderíase ter evitado o conflito? De que forma?

4. Analizar as respostas que se lle deron ao conflito até ao momento

• Houbo algunha? Por parte de quen?

• Serviron para reducir o nivel de violencia ou as consecuen-cias do conflito? Por que non funcionaron?

5. Analizar a situación do dereito á educación no conflito:

5.1. O dereito á educación:

• Teñen acceso as nenas e nenos á escola ou a espazos edu-cativos durante o conflito? En que condicións? Que conse-cuencias pode ter a falta de educación para os menores afec-tados?

5.2. Respecto do valor da educación:

• Que coñecementos e valores que se adquiren a través da educación poderían ter axudado a fomentar o diálogo e a re-solución non violenta do conflito?

5.3. Respecto da instrumentalización da educación:

• Algunha das partes utilizou a educación como ferramenta no conflito? De que xeito?

• Ocórrenseche outros exemplos nos que a educación se teña empregado como “arma” para convencer/reprimir a poboa-ción implicada no conflito? Por que cres que acontece iso?

© A

yuda

en

Acci

ón©

Pla

n In

tern

acio

nal

© P

lan

Inte

rnac

iona

l

Page 32: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

32

6. Busca de solucións

Propor solucións innovadoras ao conflito de maneira que as partes obteñan beneficio, tendo en conta as necesidades das partes implicadas e o papel da educación. Cada grupo re-presentará o proceso do conflito tratado, resumindo os datos obtidos e compartindo as posibles solucións que se atoparon.

7. A negociación de paz

Realización dun roll-playing no que levaremos a cabo unha mediación nos conflitos anteriormente presentados. Cada grupo representará o proceso de negociación de paz a fin de chegar a un acordo do que tódalas partes implicadas poidan beneficiarse. Cada alumno/a parella tomará o papel dunha das partes, tendo en conta que aínda que no conflito orixinal non o houbese, sempre deberá de existir o papel de mediador.

2. Comprender os nosos conflitos

1. Conflitos grupais

Por veces, é máis fácil achegar solucións aos problemas alleos que aos propios. Agora que o alumnado comprendeu e anali-zou un conflito no que non estaba implicado emocionalmen-te e foi quen de achegar solucións, trátase de aplicar este mesmo esquema a un conflito que xurdiu no Centro.

Nos mesmos grupos, e seguindo o esquema antes debullado, analizar un conflito recente que teña xurdido na aula, no centro ou no seu tempo libre con compañeiras e compañeiros de aula, tentando propor solucións pacíficas por medio das cales tódalas partes implicadas saian beneficiadas.

2. Conflitos persoais

De xeito individual convidámosvos a reflexionar sobre un con- flito que tivésedes tido ou polo que esteades a pasar na vosa vida persoal. Tentade aplicar a mesma análise que cos ante-riores. É importante ter en conta as necesidades, punto de vista e intereses da outra parte e comprender a nosa respon-sabilidade sobre as nosas propias accións.

• Conseguimos o noso obxectivo ou ficou esquecido porque nos perdemos no conflito? Cometemos algún acto inxusto ou de abuso cara á outra parte? Poderiamos ter feito as cousas doutra forma?

3. Proposta para o centro: Alumnas e alumnos mediadores

Moitos centros educativos xa están a establecer grupos de alumnas e alumnos mediadores. Se queres formar un des-tes grupos no teu centro, pero non sabes por onde comezar, velaquí algunhas chaves:

a) A mediación é un proceso colaborativo que busca resol-ver os conflitos de forma positiva de xeito que se respecten as necesidades e opinións de tódolos implicados.

b) O equipo directivo, o claustro e o consello escolar (ou outro órgano de representación do alumnado) deben acordar o establecemento destes grupos e implicarse no seu desen-volvemento, utilizando este recurso sempre que sexa nece-sario e adecuado. Se se ten a posibilidade tamén debería de implicarse un/unha representante da ANPA.

c) Fases para o establecemento dos grupos de mediadores:

• Selección e o adestramento do equipo mediador: o número de mediadores irá depender das necesidades do centro, polo que convén realizar un diagnóstico previo sobre o clima de convivencia do centro.

Débense establecer os tempos e espazos adecuados para a formación do alumnado participante. Establecer un grupo de alumnas e alumnos mediadores require de tempo, dedicación e recursos tanto materiais coma humanos.

• Difusión do programa: tanto o alumnado como o claustro deben coñecer a existencia do programa, así como as súas competencias, como solicitalo, etc.

• Organización da loxística e do funcionamento da mediación: débense delimitar os espazos e tempos para levar a cabo as mediacións, e establecer un protocolo de actuación que reco-lla as funcións, accións e obxectivos do grupo.

• Seguimento e avaliación: durante o desenvolvemento do programa, cando menos unha persoa do equipo directivo ou o claustro debe realizar labores de coordinación, seguimento e avaliación do programa para garantir que este contribúa a atinxir os seus obxectivos.

d) As alumnas e alumnos mediadores deben de ser volun- tarios/as. Adoita-se procurar tan só a implicación do alumna-do dos últimos cursos, no entanto é importante formalo nos procesos de mediación desde os primeiros anos para que teña a oportunidade de desenvolver as habilidades necesa-rias. Habilidades que debe ter un bo mediador/a: escoita ac-tiva, empatía, cooperación, respecto, paciencia, capacidade de comunicación, autocontrol, obxectividade, flexibilidade, capacidade de liderado, creatividade.

© A

yuda

en

Acci

ón

Se queredes difundir experiencias deste tipo que se desenvolvan nos vosos centros educativos ou grupos de educación non formal, podedes enviar un correo a: [email protected]

Page 33: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

33

Duración: mínimo 1 hora, aconsellable 1 hora e 30 minutos.

Materiales: papel, bolígrafos, recursos para ampliar información.

Obxectivos: 1. Comprender a complexidade dun conflito social. 2. Fomentar a escoita activa e a busca de consensos.

UN BARRIO, MOITAS REALIDADES

UN BARRIO, MOITAS REALIDADES

ACTIVIDADe

+18 anos

Proponse un xogo de roles partindo dunha historia. Neste caso é a seguinte:

Divídese ás persoas participantes por colectivos, dándolles unhas indicacións sobre a postura a defender.

Os colectivos ou personaxes son:

A ANPA (Asociación de Nais e Pais de Alumnado)

O colexio presenta moitos problemas, é vello e precisa de moitas reformas. Ven na chegada das persoas refuxiadas unha oportunidade para que se invista na escola, sobre todo arranxar xanelas, luces, climatización...

Pensan que no centro xa hai moito persoal que pode tomar conta das necesidades das nenas e nenos que chegan.

Non defenderán: contratar máis persoal; financiar asocia-cións sociais; o arranxo do parque infantil da praza.

Defenderán: investimentos “materiais” na Escola; arranxo do parque infantil do parque, xunto ao colexio.

A Asociación de Veciños “La de Siempre”

Entende que a chegada de familias refuxiadas pode ben ser unha oportunidade para meter presión ao Concello para que acometa investimentos no barrio, mais tamén pensan que pode causar problemas porque no barrio “vive xente de toda a vida” que tamén precisa de axudas e non as están a recibir.

Non defenderán: investimentos na Escola; financiar asocia-cións sociais, salvo o seu programa de actividades infantís os sábados pola mañá.

Defenderán: que o diñeiro sirva para arranxar a praza do ba-rrio, onde hai un parque infantil e a maior parte dos comercios.

“Sodes parte dun barrio dunha cidade española que vai acoller un grupo de familias dun país africano que se viron na obriga de fuxiren de alí por dous problemas: por unha banda, levan varios anos cunhas secas moi fortes, isto orixinou unha carestía que agravou un conflito territorial ancestral, dando comezo a unha guerra hai dous anos, o que empeorou a fame e os problemas sanitarios e sociais. O concello decidiu trasladalos ao voso barrio porque hai uns edificios de vivendas de protección oficial que quedaron sen adxudicar. Ademais, a poboación infantil diminuíu moito e pretende así revitalizar o barrio”.

DESENVOLVEMENTO

Page 34: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

34

O Equipo directivo da Escola do barrio

Levan moitos anos pedindo un educador social na escola, porque a crise agravou o problema de absentismo escolar, e aínda non o deron enfrontado como cumpriría.

Ven na chegada desta poboación unha oportunidade para que iso ocorra. Ademais, precisarán de apoio coa tradución das aulas.

Tamén precisan dalgúns arranxos as aulas, pero non consi-deran necesario investir en climatización nin en instalación eléctrica.

Non defenderán: gastar en grandes melloras na Escola, non fan falta; investimentos na praza ou o parque.

Defenderán: proxectos sociais e/ou ampliar o cadro de per-soal do centro.

Unha representación do goberno municipal

Anunciaron que dispoñen dun orzamento amplo, para prepa-rar a acollida, en parte proporcionados desde outras adminis-tracións, pero agardan utilizalo en melloras de infraestruturas do barrio, para revitalizar o comercio.

A súa postura será indefinida, tratarán de convencer de que o mellor é arranxar o barrio, non defenderán nada en concreto e tampouco se negarán.

Dubidan de facer investimentos sociais, non contratarán per-soal de servizos sociais (se ben non poden anunciar esta me-dida).

Non defenderán: deberán amosarse ambiguos.

Defenderán: buscarán apoios para investimentos en infraes-truturas, pero non abertamente.

Representantes das familias refuxiadas

Presentan moitas dificultades, non falan ben o idioma nin co-ñecen os costumes.

No seu país os nenos e as nenas case nunca ían á escola e traballaban desde moi cativos, non consideran importante a escola.

Ollan con desconfianza ás asociacións, posto que no seu país de orixe prometéronlles moitas cousas que non cumpriron. A súa gran preocupación é atopar logo traballo para “integrarse en sociedade”.

Non defenderán: os proxectos sociais nin educativos.

Defenderán: investimentos en obras, porque pensan que os poderán contratar.

Plataforma de asociacións “Barrio unido”

Son conscientes de que o barrio non está preparado para re-cibir tantas familias, posto que non hai servizos sociais dis-poñibles.

Saben que as familias acollidas desconfían das asociacións en xeral por non actuaren na crise, malia a que o acontecido no seu país de orixe foi un problema do Goberno, que non permitiu a axuda internacional.

Critican moito o programa de actividades infantís dos sába-dos, pero nunca foron quen de facer unha proposta alternati-va, non se poñen de acordo.

Non defenderán: obras na escola, porque hai outras priori-dades; non apoian o programa de actividades infantís de “A de Sempre”.

Defenderán: obras no barrio e ampliación de servizos sociais.

Xornalistas

Poderán facer preguntas aos diferentes grupos, aclarando a información.

Este grupo “avaliará” posteriormente as dinámicas adopta-das, os mecanismos de busca de consenso, as propostas de cada grupo... este grupo non debe capitalizar a actividade, actuarán máis como observadores, pero para animar o deba-te poden formular algunhas preguntas.

Para axudar neste labor, deixamos algúns exemplos, pero é interesante e máis enriquecedor que as preguntas saian des-tas persoas:

© A

yuda

en

Acci

ón©

Ayu

da e

n Ac

ción

Page 35: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

35

ANPA

• Que opinan do alto índice de absentismo escolar?

• Que medidas propoñen?

Asociación de Veciños

• O persoal de acompañamento das actividades dos sábados ten preparación suficiente? (*) Sábese que non ten prepara-ción específica para atender este colectivo.

Concello

• Existe un plan para reforzar os servizos sociais do barrio?

Plataforma de asociacións

• Sábese que non colaboran coa asociación de veciños aos sábados, pero, teñen algunha proposta alternativa a estas ac-tividades?

• Poderían explicar como as levarían a cabo?

Esta parte comézaa o grupo de xornalistas, comentando o que observaron do proceso, as actitudes, como se chegou a consensos e acordos

Posteriormente, cada grupo e/ou persoa poderá expor a súa visión do proceso.

Para facilitar isto pódense introducir preguntas como:

• Participou todo o mundo por igual?

• Os que menos participaron, como se sentiron? Cales foron os puntos máis conflitivos?

• É doado pórse na pel doutras persoas con ideas distintas ás nosas?

Preparación dos grupos e organización dos seus argumentos: 20 minutos.

Presentación do tema a tratar, lectura do parágrafo e presentación breve dos colectivos (só indicar quen son e se teñen representante/es): 5 minutos.

Exposición de argumentos e debate: 20 minutos.

Avaliación e conclusións: 15 minutos.

* Se se dispón de máis tempo pódese ampliar o debate e a avaliación.

Avaliacion

Temporizacionsuxerida para 1 hora

A actividade comporta unha serie de pautas

1. Cada grupo reúnese por separado

Repártense os diferentes papeis e as notas explicativas da súa postura.

2. Cada grupo deberá de organizarse

Para ver como expoñen os seus argumentos, se escollen un representante, ou todo o grupo participa por igual...

3. O primeiro grupo en falar será o Concello

Posteriormente farase unha quenda de exposición por grupo, de xeito voluntario, pero tódolos grupos deberán expor argu-mentos, cando menos unha vez.

4. Débense evitar debates cruzados

Dous ou tres grupos non poden acaparar a discusión, é im-portante que a persoa que dinamice vaia dando paso a outros grupos ou aos xornalistas. Tampouco se pode caer en de-bates repetitivos, cómpre “desentupir” o proceso de diálogo. Aquí a persoa (ou persoas) que faga o papel de dinamizadora, debe dar paso a outras opinións e ir escolmando as posturas para non repetir argumentos.

5. Consenso

É importante que, cando se teime en manter as propias pos-turas, se expoña a necesidade de chegar a un consenso, que cómpre pórse de acordo en algo, que cómpre resolver o pro-blema.

Page 36: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

36

ACTIVIDADe de

MOBILIZACIoN

A EDUCACIoN, o CAMINO PARA A PAZ, DEIXA A TuA PEGADA!TuA PEGADA!

Despois de termos traballado a unidade didáctica da Campaña Mundial pola Educación (CME) 2018, proponse a seguinte actividade de mobilización para levar a cabo durante a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2018.

Descrición: • A actividade está concibida para realizarse despois de ter traballado na aula, ou noutros grupos educativos non formais, as propostas didácticas escollidas pola Campaña.

• Esta proposta de mobilización pódese realizar durante a SAME ou ben no momento axeitado en función das actividades do centro.

• Suxerimos dúas versións da actividade, a primeira centrada no ambiente escolar e a segunda para desenvolver na rúa. Esta última, cuxo obxectivo é incidir socialmente e mobilizar á cidadanía para que coñezan e reclamen o dereito á educación, detallarase en maior profundidade máis adiante.

Obxectivos: 1. Fomentar entre a comunidade educativa o compromiso maila participación polo dereito á educación.

2. Dar visibilidade ao estado en que se atopa o dereito á educación en situacións de conflito, emerxencia ou desprazamento forzoso, pondo en valor o papel da educación como unha ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz, tal e como reflicte a meta 7 do Obxectivo do Desenvolvemento Sostible (ODS) 4.

Page 37: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

37

Elaboraranse figuras con forma de pegada de pé (mo-delo consultable no Anexo da páxina 39), e cada unha delas levará escrita (ou representada nun debuxo) unha reflexión ou pregunta xurdida do traballo realizado previamente coas unidades didácticas en relación ao dereito á educación, es-pecialmente no relativo á situación das persoas desprazadas e refuxiadas (por conflitos como no caso de Siria ou por mor doutro tipo de emerxencias de orixe climática, económica ou por razón de persecución política ou relixiosa), así como ao papel da educación como ferramenta para fomentar e cons-truír unha cultura de paz.

Para a elaboración das mensaxes das pegadas, convida-mos o alumnado a deixarse levar pola súa imaxinación. As pegadas deberán de ir numeradas para poder facer un recon-to de tódalas pegadas creadas e medir o noso avance cara ao desafío proposto. Tanto a elaboración da pegada coma a mensaxe que nela apareza poden facerse individualmente ou en grupos, en función das características do centro/colectivo.

Estas pegadas de pé repartiranse polo centro educa-tivo, marcando o camiño que queremos construír e que unirá como mínimo dous puntos do mesmo.

Por exemplo: unha ou máis aulas coa biblioteca, co comedor, coa entrada do centro, etc. Convidamos tamén a deixar voar a imaxinación, podendo situar estas pegadas non só no chan, senón tamén nas paredes, o teito, etc.

Suxerimos que, en caso necesario, se plastifiquen as pega-das para non se estragaren.

Unha vez elaboradas as pegadas e construído o camiño escollido, o alumnado deberá de pórse nos “zapatos” ou a “pel” das persoas refuxiadas e desprazadas e percorrer ese camiño, durante o cal se irán detendo para leren e reflexionaren sobre as mensaxes que aparezan nas pe-gadas elaboradas polos/as seus/súas compañeiros/as ata chegaren á meta final.

Por último, unha vez chegados/as á fin do camiño, com-pilaranse as mensaxes reflectidas en tódalas pegadas para facer unha reflexión final de conxunto.

O acto rematará cunha foto do alumnado sostendo as pe-gadas como símbolo da súa achega para deixar pegada pola educación.

O alumnado dos centros participantes levará as figuras de pegadas de pés coas súas reflexións (por exemplo, pódense levar a xeito de pancartas ou coladas nun pau que simule un bastón de sendeirismo). Durante a camiñada, os e as partici-pantes corearán xuntos/as o lema da SAME 2018 “A educa-ción, o camiño cara a paz. Deixa a túa pegada!”.

Unha vez na “meta”, os asistentes formarán coas súas pegadas sobre o chan as palabras “educación” e “paz”. De seguido, representantes dos centros educativos lerán pe-rante todos os asistentes e os representantes políticos con-vidados as reflexións, preguntas, reivindicacións e propostas do alumnado (que se deberán reflectir nas pegadas dos pés)

educativo

de rua

centro

acto

PREPARAMOS A ACTIVIDADe

PREPARAMOS A ACTIVIDADe

Para a actividade de mobilización da SAME 2018 propomos un reto: construír un camiño simbólico formado polo maior número posible de pegadas de pés, un camiño que permita ás persoas refuxiadas e desprazadas iren á escola e que a educación cumpra a súa función como factor de paz e elemento de protección fronte aos agravios, a pobreza e a inxustiza. Cantas máis pegadas consigamos crear entre tódalas persoas participantes, mais preto estarán esas persoas de poderen exercer o seu dereito á educación e de viviren nun contexto de paz.

Propomos o mesmo enfoque que para o acto no centro educativo, só que no canto de crear un camiño que una dous puntos do centro, o alumnado realizará unha camiñada pola educación e cara á paz nun espazo público da localidade onde se atope.

Proponse que a camiñada comece nun punto de partida determinado (unha escola, universidade, biblioteca, etc.) ou aleatorio, rematando nun lugar ou organismo público (unha praza, un concello, unha Consellaría de Educación, etc.).

Para a elaboración das mensaxes das pegadas, convida

Page 38: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

38

1) Implica o teu barrio/pobo/cidade/contorna

Realiza a túa propia camiñada pola educación durante a SAME, con amigos/as e/ou familiares.

Podedes realizar as vosas pegadas en familia/ entre amigos e escoller unha ruta a camiñar.

Propón aos comercios, bares, entidades da túa zona que apoien a educación, e deixen a súa pegada!

Podedes imprimir o selo, en forma de pegada, que vos facili-tamos co noso lema: A educación, o camiño cara á paz, deixa a túa pegada! Para facer isto, podedes pedir axuda aos vosos familiares e amigos/as adultos/as.

2) Fagamos un bo uso das redes sociais!

Facede viral o voso apoio ás persoas desprazadas e ao dereito de todos e todas a accederen a unha educación de calidade e gratuíta para garantir unha cultura de paz.

Podedes facer un vídeo/foto de grupo cos vosos traballos e pegadas ou durante as vosas camiñadas e subilas ao Face-book do voso centro cos cancelos #SAME2018 e #DejaTu-Huella, outro # co número de pegadas feitas no centro/aula e coa mención ao noso Facebook Campaña Mundial pola Educación España, para que forme parte do reto.

Ofreceremos unha proposta máis detallada deste acto de mo-bilización de rúa nas semanas previas á SAME 2018.

en relación á situación do dereito á educación en contextos de desprazamento e refuxio, así como, vinculado a iso, o pa-pel da educación como ferramenta para favorecer unha cul-tura de paz.

Propomos tamén facer unha pegada grande na que se es-colmen varias destas conclusións, podendo levalas durante a camiñada a modo de pancarta e situala nun lugar visible unha vez no punto final da mesma.

con ganasde mais?

QuedastesPropómosvos outras actividades complementarias para divulgardes na vosa contorna e entre a sociedade a necesidade de protexer o dereito á educación para todos e todas, pondo especial énfase nas persoas refuxiadas e desprazadas, e como medio para estas poderen camiñar cara a unha cultura de paz.

Podedes atopar un cuestionario de avaliación da nosa proposta didáctica na páxina web da Campaña mundial pola Educación: www.cme-espana.org

Contamos cos vosos comentarios e achegas para mellorar!

ACTIVIDADes complementarias

Axudanos a mellorar. Enche o noso formulario

Page 39: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

39

anexo

Page 40: o camino para apaz - cme-espana.org › wp-content › uploads › 2018 › Unidade Didác… · En 2016 (último ano para o ... senón que impide que a educación cumpra a súa función

Rexistra a túa participación na SAMECompleta a avaliación dos materiais didácticosSegue a CME España nas redes sociais

Entra enwww.cme-espana.org

AeducacIOn,

pazo

para a

camino

a tua

pegada!

deixa

AeducacIOn,

pazo

para a

camino

a tua

pegada!

deixa

https://twitter.com/CME_es

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal:

Colaboran:

Campaña Mundial por la Educación España

Logotipo / color

FERE - CENTROS CATÓLICOS

FERE - CENTROS CATÓLICOS

FERE - CENTROS CATÓLICOS

Dese

ño: M

arib

el V

ázqu

ez

© Sergi Cámara/Entreculturas

A Coalición Galega da Campaña Mundial pola Educación está integrada por:

Organizacións que participan na SAME a nivel estatal: