o camiño do mar / cielga

26
Itinerarios autoguiados O camiæo do mar COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN PARQUE NATURAL

Upload: checkin-galicia

Post on 15-Mar-2016

231 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

Itinerarios autoguiados

TRANSCRIPT

Page 1: O camiño do mar / CIELGA

Itinerarios autoguiadosO camiño do mar

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

Page 2: O camiño do mar / CIELGA

O camiño do marItinerarios autoguiados

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO ELAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

PARQUE NATURAL

Page 3: O camiño do mar / CIELGA

4

Esta guía pretende achegar ós visitantes do ParqueNatural a todos aqueles aspectos naturais, culturais epatrimoniais que fan deste espacio natural unha área fun-damental para conservar parte da biodiversidade deGalicia.

Os itinerarios organízanse arredor dun tema específico: aauga, o vento e o mar. Xenericamente, cada unha dasparadas do itinerario aborda aspectos relacionados cotema principal. En ocasións, e como excepción a estanorma, determinadas paradas pola súa peculiaridade,valor ou singularidade, tratan outros temas.

As paradas que se realizan ó longo do percorrido encón-transe convenientemente sinalizadas cos seus respectivospostes indicadores, así como os desvíos e a dirección aseguir.

Ó inicio do itinerario recóllese información acerca da súalonxitude e do grao de dificultade. Tamén se inclúe unhaaproximación do tempo que leva face-lo percorrido, aíndaque isto é unha cuestión que vai depender da túa condi-ción física, do tempo que teñas e do que demores a dis-frutar do marabilloso contorno polo que estás a camiñar.

¿COMOUSAR ESTA GUÍA?

Sinal de inicio doitinerario

Poste indicador de parada

Page 4: O camiño do mar / CIELGA

- Evita transitar fóra dos camiños e pasarelas peoniles. Seos abandonas estás creando un impacto innecesario.

- Lembra que a circulación con vehículos só se pode facerpor aquelas pistas debidamente sinalizadas.

- Deposita nos contedores o lixo que produzas durante atúa visita. Sería importante que fixeras unha recollidaselectiva e a depositaras nos contedores axeitados.

- A auga é fonte de vida. Por iso debemos manter limpasas fontes e cursos de auga. Nós mesmos ou outros seresvivos poderíamos precisala máis adiante.

- Hai áreas recreativas adecuadamente dotadas ondepodes comer tranquila e descansadamente.

- Non fagas lume. Un incendio causa graves prexuízos nanatureza e mesmo podemos poñernos en perigo.

- Respecta as plantas e animais: todos cumpren un impor-tante papel na natureza.

- Lembra que os animais domésticos ceibes poden asustara outras persoas ou molestar ós animais que teñen aquí unrefuxio de tranquilidade.

- Aproveita estes momentos para disfrutar do contacto coanatureza. Esquece as présas, utiliza tódolos sentidos, pres-ta atención ás pequenas cousas e ven visitalo en distintasépocas do ano.

¡A TÚA COLABORACIÓN É MOIIMPORTANTE PARA CONSERVA-LOPARQUE NATURAL!

¿COMO COMPORTARNOS NATURALMENTEDURANTE O NOSO CAMIÑAR?

5

Page 5: O camiño do mar / CIELGA

OCÉANOATLÁNTICO

DUNA �MÓBIL�(Montes d Ferreira)

A Xu

ño

A Corrubedo

i

P APARCAMEN

CENTRO DERECEPCIÓNC.I.E.L.G.A

PANEL�INFORMATIV

i

Campos de Ol

Río doPedrecelos

Pd

Praia da LadeiraCAMIÑODO VENTO

CORRUBEDO

ROCHAS

LAGOAS

MARISMA

PINARES E C

CORDÓN DUACTIVO

DUNAS VEXE

PRAIASCHAIRAS AR

6

N

Lagoa de Xuño

Lagoa deS. Pedro

OCÉANO ATLÁNTICO

RÍA DE MUROSE NOIA

NOIA

Portodo Son

Xuño

Corrubedo

Aguiño

RIANXO

BOIRO

RIBEIRA

ILLA DESÁLVORA

Ponte romanade Xuño

CASTRODE BAROÑA

Dolmen deAxeitos

TorreBermúdez

RÍA DE AROUSA

A Santiago ➦

A Padróne Santiago ➦

PENÍNSULADO

BARBANZA

C-550

C-550

Vixán

miradoiroCASTROCIDÁ

Olveira

Artes

Carreira

PARQUE NATURAL

COMPLEXO DUNAR DE CORRUBEDO E LAGOAS DE CARREGAL E VIXÁN

POBRA DOCARAMIÑAL

A Curotiña

C-5

50

VRG-11Vía

rápida

do

Barbanza

RIBEIRA

A CORUÑA

N

Page 6: O camiño do mar / CIELGA

N

O

P

a�)

OLVEIRA

PERDIGOTEIRA

CARREIRA

VIXÁN

Vía Rápida

A C-

550

MiradoiroCASTRO DA CIDÁ

i

i

i

NTOS

� E�.�

VO

0 m. 500 m. 1.000 m.

CAMIÑODA AUGA

Río

Sanch

anásRío

Sirv

es

Río

Long

o

s eveira

Aparcamentode OLVEIRA

Pedras�da Lagoa

Marisma deCarregal

do Mar

Pedra �da Ferreira

Pr a

i a

Vi

la

r

do

As�Martiñas

Pedras�das�Pozas

A GRAÑA

Lagoa de Vixán

Lagoa�de Carregal

Rego daCidade

AG

andarela

Observatorio�de aves

Itinerario alternativo 1

8

765

4

3

2

1

9

C BA

Campos de Amendo

VILAR

Itinerario alternativo 2

1

2

3

4

56

78

9

10

Aparcamento do VILAR

ACCESOCENTRO DE RECEPCIÓN

Pi1

2

3

4

5 67

8 9

10

11

12

13

CAMIÑODO MAR

Muíño

QUEIMADOIROS

A C-550 e ��

OS MUÍÑOS

CASALNOVO

Á Vía �Rápida

A Aguiño

A Aguiño

A Ribeira

CULTIVOS

UNAR�

ETADAS

REOSAS

7

Page 7: O camiño do mar / CIELGA

Inicio: Centro de

Interpretación

Percorrido: 6 km.

Duración: 4 horas

Dificultade: Baixa

O camiño do mar

O Camiño do Mar amósanos o importante papel do mar naorixe e evolución deste espacio natural, a súa influencia na vidada marisma, os organismos que habitan no seu seo e os oficios eaproveitamentos que o home obtén del.Partindo do Centro de Interpretación e tomando o camiño endirección Norte, adentrámonos neste itinerario que nos levarápola Gandarela, bordeando a lagoa de Carregal ata a desembo-cadura do Río do Mar.Desde aquí voltamos sobre os nosos pasos e collemos un desvíoque nos leva á praia.

PARADA 1O piñeiro, unha árbore con moitos recursos

O piñeiro bravo ou do país é unha árbore ventureira en Galicia,e que, desde hai séculos é unha das especies máis frecuentes nasrepoboacións forestais.É unha árbore bastante frugal e pode vivir en solos permeablese con poucos nutrintes, como aqueles non moi profundos ou are-osos.A madeira emprégase fundamentalmente en serrerías, para facertaboleiros, caixas, mobles, na carpintería de ribeira... e a súacasca para curtir. Antigamente os aparellos de pesca (nasas, tra-mallos...) “encascábanse” para que durasen máis tempo, bañán-doos en auga fervida coa casca de piñeiro.

Os picos (as follas)usábanse como camapara o gando. Aspiñas son excelentespara acender lume e asúa resina serve paraelaborar augarrás,entre outros productosquímicos.Asociado a estespiñeiros viven outros

8

Piñeiro

Page 8: O camiño do mar / CIELGA

9

seres vivos, destacando entre todos eles os fungos. No outono,entre as follas do piñeiro caídas no chan, agáchanse os cogome-los dalgúns deses fungos, pequenos tesouros gastronómicos: oníscalo, a cantareliña, a língua de gato ou algún boleto.

PARADA 2A Gandarela, a antesala dun ecosistema de altovalor ecolóxico

A Gandarela, como oseu nome indica, éunha pequena gándaraanterior á lagoa deCarregal, e que a sepa-ra da zona de dunas.A vexetación destazona está compostapor plantas adaptadasa vivir en solosencharcados e de altasalinidade.No extremo final da lagoa do Carregal e a Gandarela, encontrá-monos leiras de cultivo tradicional (basicamente millo). Fíxatenos valados que as separan: están choídos con pequenas pedrasmáis ou menos irregulares, o que non é un impedimento na per-fección da súa construcción.O camiño polo que estamos a discorrer, aparece por zonas endu-recido e cun tono grisáceo, debido a existencia de caolín entre aarea.

A Gandarela

A medida que avanza-mos polo camiñotemos a oportunidadede descubrir unha grandiversidade de plantasdunares como ocarrasco bravo ou oIberis, endemismo dascostas atlánticas dapenínsula Ibérica, eplantas de marismacomo os xuncos e aacelga salgada.

PARADA 3

Acelga salgada

Page 9: O camiño do mar / CIELGA

10

PARADA 5A lagoa e a marisma, un ecosistema recentecondenado a desaparecer

As lagoas e marismas litorais son ecosistemas novos, se falamosen termos xeolóxicos, e consideramos a idade que tén a Terra*.A tendencia natural destes sistemas é que se vaian enchendopouco a pouco dos sedimentos que lles aportan os ríos ou o pro-pio mar (colmatación) ata que co paso do tempo acaben pordesaparecer.

* A idade da Terra é de aproximadamente 4.500 millóns de anos, men-tres que estes sistemas se formaron hai, só aproximadamente, 15.000anos.

PARADA 4Os fornos da tella foron unhas construcciónspopulares de gran interese no contorno doParque Natural

Á nosa esquerda, entrea lagoa de Carregal e omar, hai unha dunavexetada por árbores.Son piñeiros bravosque só ocupan estazona na área dunar.A este lugar chámase-lle nos arredores o"forno da tella", posi-blemente porque baixoos piñeiros se atopa un forno deste tipo, moi común na zona.Despois do seu abandono foi cuberto pola area e a vexetación ehoxe en día, pasa case totalmente desapercibido.

Pero, ¿que eran e para que servían os fornos da tella?

Os fornos da tella eran os lugares onde antigamente se elabora-ban e cocían as tellas para as casas dos arredores. Os fornos da tella fóronse abandoando pouco a pouco, a partir daimplantación na comarca de varias fábricas de tella e ladrillo (astelleiras), tamén sen actividade case todas elas na actualidade.Desde este punto continuamos avanzando polo camiño que dis-corre máis próximo á lagoa.

Recreación dun forno da tella

Page 10: O camiño do mar / CIELGA

A súa orixe débese a que unha frecha de sedi-mentos areosos (cordón dunar actual) pechou unhaenseada na que desembocaban varios ríos.No seu interior acumulouse a auga for-mando unha lagoa. No caso dalagoa de Carregal permaneceen comunicación constante comar a través dunha canle, epolo tanto, o seu nivel vaivariar en función da marea.A marisma, coñecida taméncomo “Carregal”, ocupa naactualidade unha gran exten-sión, constituíndo un dos ecosistemas máis senlleiros do ParqueNatural. Os aportes fluviais que reciben a marisma e lagoa de Carregalproveñen de catro pequenos ríos: o río da Cidade, o ríoSanchanás (ou de Artes), o río de Sirves e o río Longo. O ríoSanchanás é o que maior caudal aporta. Ó fondo vemos a desembocadura do río de Artes na marisma doCarregal que está flanqueada por un pequeno bosque en galería,composto principalmente por ameneiros e salgueiros. Este bos-que rompe a paisaxe chaira da marisma formando un fermosocorredor verde de árbores.

A lagoa de Carregal é unha importante despensa para un gran número de aves

Varias aves de peteiro e patas longas aliméntanse de pequenosinvertebrados que encontran entre o fango e o limo, de ahí o seunome de limícolas, entre as que destacan os pilros, os mazari-cos, os biluricos e as píllaras. Tamén vense con facilidade asgrandes garzas. Todas elas encón-transe en incesante movemento á procura do seu alimento mentres non sobe a marea.

PARADA 6As plantas da marisma están adaptadas a distintosgraos de salinidade

Neste pequeno treito do nosocamiño, máis próximo álagoa, existen distintas plan-tas adaptadas ás augas da

Salgueiro

11

Garzareal

Page 11: O camiño do mar / CIELGA

marisma. A salinidade destas augas varía dependendo de se amarea está baixa ou alta. No primeiro caso, as augas serán casetan doces como as do río, e no segundo salgadas como as do mar.A verdoaga mariña é unha pequena planta que nesta zonachega a formar comunidades case que puras.

A herba salgada posúe ostalos carnosos articuladosde cor verde que co tempovólvense avermellados.

Segue a camiñar á beira dorío do mar. Con este nomecoñécese a canle que reco-lle as augas da lagoa e detódolos ríos que desauganna marisma, e as leva ómar. Desemboca moi cercadas Pedras da Ferreira.

12

PARADA 7

Evolución da turba

A turba fálanos da evolución do Parque Natural

No lado Norte do río do mar, e por onde estamos a camiñar,queda ó descuberto unha pequena capa de turba. A turba é uncarbón vexetal que se forma pola compresión de materia vexe-tal e a súa posterior descomposición sen a presencia de osíxeno.

Esta capa de turba data de hai varios centos de anos e é o teste-muño mudo das elevacións do nivel do mar que fixeron migra-lo sistema dunar cara ó interior.

Herba salgada

Page 12: O camiño do mar / CIELGA

13

PARADA 8

cantidade de sedimentos proce-dentes dos ríos e do mar. Estessedimentos traen nutrintes quepermiten manter unha impor-tante flora e fauna.Esta chaira intermareal que secrea entre a lagoa e a desembo-cadura, é unha zona aproveita-da tanto polos mariscadores queextraen berberechos, como porabundantes aves limícolas que se alimentan de invertebrados,como a miñoca, que vive enterrada formando unha estructurasubterránea en forma de U. Este verme deposita na superficiepequenas acumulacións circulares de area e lama despois depasaren polo seu aparello dixestivo.

¿Por que fai pasar cantidades de lama e areapolo seu aparato dixestivo?Para toma-la materiaorgánica que arras-tran e que é a súafonte de ali-mento.O carráncristado éun típico visi-tante desta área.É unha ave mari-ña cunha caracte-rística crista de cornegra.

Miñoca

Carrán cristado

Unha chaira cunha gran riqueza biolóxica

A gran superficie de lama que queda ó descuberto na mareabaixa, ten unha elevada riqueza biolóxica. A ela chegan gran

A medida que se des-prazaban as dunas caraó interior ían enterran-do antigas marismas.As plantas destasmarismas foron a mate-ria vexetal que forma acapa de turba actual.

Capa de turba

Page 13: O camiño do mar / CIELGA

14

A PÍLLARA DAS DUNAS

Un dos valores ecolóxicos máis importantesdo Parque Natural

A píllara das dunas é unha limícolaque en Galicia conta cunha poboa-ción nidificante de poucas pare-llas. Cría na parte superior dapraia. Os ovosdeposíta-os enpequenasdepresiónsda area quefan a función de niños. Oparecido entre a cor das dunas e a súa cor é tal queapenas nos permite distigui-los adultos, e moito menos osseus ovos e polos.Estas aves aliméntanse de pequenos insectos e crustáceosque capturan na praia.Esta especie vese moi afectada pola presión dos visitantes doParque Natural, xa que a súa época de cría coincide coa épocade maior afluencia á praia. Involuntariamente, os visitantesespantámolos, o que pode dar lugar a que abandonen os niños.Mesmo, pisamos os niños, os ovos e os pequenos polos.Ante esta situación non debemos rebasa-la área de cría mar-cada e respecta-los carteis indicativos para que poidan criartranquila e prosperamente. De todos nós e do noso adecuadocomportamento depende o futuro desta especie no ParqueNatural.

Adoita tirarse desde unha altura de tres ou catro metros para cap-turar pequenos peixes.O mazarico curlí, o mazarico rabipinto, o mazarico rabine-gro, os pilros e as gabitas, son algúns dos limícolas que apro-veitan a baixada da marea para alimentárense nesta chaira lama-centa.Moitas son as gaivotas que aquí encontran descanso. A gaivotapatiamarela é a máis abundante, pero tamén son frecuentes agaivota escura e a gaivota chorona, sobre todo na épocainvernal. A partir de aquí volvemos sobre os nosos pasos ata o Forno daTella. Tomamos un desvío á man dereita, que a través do cordóndunar, nos leva á praia do Vilar.

Page 14: O camiño do mar / CIELGA

15

PARADA 9As Pedras das Pozas ábrennos as portas ó mar

Neste punto temos unha primeira e impresionante visión do con-torno marítimo do Parque. O océano Atlántico que baña ós máisde 4 km. de praia quese estenden desde aAnguieira ataCorrubedo, é o máximoresponsable da forma-ción e do mantene-m e n t od e s t ec o m -p l e x os i s t e m aecolóxico, que é o Parque Natural.Entre as pedras é probable que algún virapedras busque ali-mento, nun constante pero incansable ir e vir.

Os seres vivos das rochas costeiras e das pozasadáptanse a unhas duras condicións de vida

As pozas que seforman durante amarea baixaconstitúen unhábitat altamenteinteresante. Asformas de vidaque aquí se asen-tan están adapta-das, non só óconstante embate do mar, senón tamén ás considerables varia-cións que se producen coas mareas. Estes seres vivos teñen quesoportar desde a auga mariña na marea alta, ata as augas docesda chuvia, ou a forte insolación durante a marea baixa.As Pedras das Pozas son unhas pequenas pedras que se sitúan napraia e que, durante a marea baixa, brindan unha espléndidaoportunidade para coñece-la vida da nosa costa.

O mar arrastra pequenos tesouros á praia

Se continuamos pola beira, veremos numerosos restos que o mararrastra á costa. Desde anacos de embarcacións ata os máisvariados obxectos que tiramos ó mar (botellas con mensaxe pero

Virapedras

Mexillóns

Page 15: O camiño do mar / CIELGA

16

tamén lixo), e comonon, restos de dife-rentes animais.Destaca o grannúmero de cunchasde moluscos: nava-llas, mexillóns,b e r b e r e c h o s ,coquinas, ameixasbicudas, bruxas...

Abundan as xibasdos chopos, uncefalópodo do máis

curioso polo seu comportamento e a súa facilidade en cambiarde cor.

Para pescar este cefalópodo existían varias artes. Destaca comomáis curiosa (o que nos indica a íntima relación entre o home eo seu medio) a denominada “pescar coa femia”.

Na época de reproducción do chopo, os mariñeiros pescabanunha femia desta especie. Atábase viva cun cordel e desde aembarcación percorríase a beira da praia lentamente con ela nofondo. Os machos ó vela, tentaban copular, e ese era o momen-to no que o mariñeiro aproveitaba para collelo. E así sucesiva-mente, coa mesma femia ía collendo a caldeirada de chopos.

Son frecuentes as pelucas da raia e do gaxapo. Son pequenas"bolsas", as primeiras de cor negra e as outras case transparen-tes, onde poñen os ovos que posteriormente se desenvolverán edas que nacerán os pequenos peixes.Despois dos temporais aparecen outros animais mortos, comogaivotas, mascatos, corvos mariños e mesmo tartarugas mari-ñas como a tartaruga de coiro, e tamén mamíferos mariños:golfiños, arroaces, toniñas...

Entre os restos de algas mortas que chegan á praia vive unpequeno crustáceo, a pulga de praia. Aliméntase de materia

vexetal morta, cum-prindo deste xeitounha importante fun-ción ecolóxica.

Durante o invernoalgunha persoa (cadavez menos) adícase arecoller restos que

Chopo

Pulga de praia

Page 16: O camiño do mar / CIELGA

17

Conta a tradición que antigamente nas zonas costei-ras máis perigosas (como a de Corrubedo), existíanpersoas que se adicaban á piratería desde a costa.A técnica que empregaban consistía en move-losfachos que alumeaban a costa (que tiñan a funcióndos faros actuais) unhas millas mar adentro. Comoconsecuencia diso, os barcos achegábanse máis ácosta e embestían nos baixos, co fatal desenlace donaufraxio.

Entón, os raqueros (nome co que se coñece a estespiratas), ían rouba-las mercadorías dos barcos nau-fragados.

Pero esta historia non só existe na tradición galega.Tamén é propia das costas británicas, onde a estespiratas lles chamaban �beachcombers�.

Curiosamente, na zona das Rías Baixas, dunha per-soa que é ruín e aproveitada dise que é un �bichi-coma�.

“BICHICOMAS” E RAQUEROS

Naufraxio

trae o mar. Sonxente que anda nos"quebrazos" (ou áscrebas), e que reco-llen leña e madeirafundamentalmente.Este era un "oficio"que nas zonas cos-teiras de todaGalicia era moi fre-cuente, e que naactualidade está enfase de abandono,adicándose a el unpequeno número depersoas e de formaesporádica.

Page 17: O camiño do mar / CIELGA

As algas distribúense no mar en función da luz

No noso camiñar pola praia atoparémonos tamén algas de dis-tintas cores. Estas cores varían coa luz que chega ás distintasprofundidades onde habitan.

Así, cerca da superficie do mar, penetran case tódalas radiaciónsda luz, e por iso as algas son de cor verde. A medida que des-cendemos en profundidade, moitas desas radiacións non chegan,polo que aparecen as algas pardas. E se seguimos descendendopenetran moitas menos radiacións, sitúandose aquí as algas ver-mellas.

Esto non impide que poidamos observar exemplares destes trestipos, especialmente cando se trata dunha marea baixa viva. Entre as algas verdes destaca a ceba, unha alga con talos enforma de estreitos tubos de cor verde escura, e o lavacán, algacon aspecto de folla de verdura, polo que se lle da outros nomespopulares como "leituga de mar " ou "verza mariña".

O bodello é unha alga parda cunhas pequenas bolsas cheas deaire que lle permiten manter erguida a fronde.

Máis abaixo hai un horizonte de golfos, algas pardas de grantamaño que asemellan “bosques submariños” de alto valor eco-lóxico, xa que gran cantidade de seres vivos encontran refuxionelas.

Entre as algas vermellas vemos o carrapucho, que se empregana industria alimentaria, farmacéutica e téxtil.

Nas pozas hai outras dúas curiosas algas vermellas quese impregnan de carbonato cálcico: a silva, de talo for-

temente articulado, e o coral, alga coralina queforma costras que elevan os seus bordes forman-

do pregas máis ou menos onduladas.

18

Esquema de distribución das algas

ALGASVERMELLAS

ALGASPARDAS

ALGAS VERDES

Page 18: O camiño do mar / CIELGA

19

Unha das embarcacións máis típicas das Rías Baixas eespecialmente da Ría de Arousa é a dorna, que tivo unhagran importancia na vida e na economía das vilas costei-ras.

Están feitas de madeira degrande lixeireza e estabilida-de o que lles facilita faenarentre as pedras da Ría congran facilidade. Son embar-cacións veleiras na súa orixee de grande aproada ó vento.Esto fainas moi mariñeiras epermitiu a súa existencia ataos nosos días. Actualmentecambeouse a vela polo motorforaborda, moito máis prác-tico e seguro.A orixe desta estilizadaembarcación non está moiclara, aínda que a maiorparte dos estudiosos inclí-nanse pola orixe nórdica da mesma, como resultado dasinvasións normandas que Galicia sufriu entre os séculosIX e XV. As Rías Baixas eran uns dos seus obxectivos prin-cipais no camiño que estes pobos facían para chegar aSantiago a rouba-las súas riquezas. A dorna aparece por primeira vez en documentos escri-tos no século XVI, no Arquivo do Gremio de Mareantes dePontevedra: no ano 1555 "un mareante de Villa Mayor deVilanova de Aroça" aluga unha dorna por cinco ducados.Había distintos tipos de dornas en función do oficio e aarte á que se adicaran, e o número de tripulantes quefosen a bordo. Así, a dorna polbeira era unha dorna máisben pequena, e na que ían normalmente un ou dous tri-pulantes (o segundo normalmente era un rapaz), adicán-dose, basicamente, a artes de liña ou nasas. A dorna xei-teira era unha dorna de maior tamaño e que se adicabaá pesca de sardiña cos aparellos do xeito. Nesta dornaían 3 ou 4 mariñeiros e pasaban varios días fóra. Durmíanna mesma embarcación, debaixo da tilla e incluso tiñanun pequeno lar onde facían a comida.

A DORNA: A DONA DO MARE O VENTO DA AROUSA

Page 19: O camiño do mar / CIELGA

20

PARADA 10A vexetación coloniza as dunas

A vexetación que se instala sobre as dunas axuda a dete-lo seuavance cara ó interior.

Observa o proceso de colonización das dunas pola vexetación.

Nunha primeira banda sitúase unha pequena planta de cor verde bri-llante e follas carnosas, a arenaria do mar, asociada con frecuen-cia a outras especies como a eiruga mariña e a herba leiteira.

A continuación, existe un segundo cinto de plantas formado polagrama mariña, unha pequena gramínea de longos rizomas eraíces de grande superficie.

Acompañando á grama mariña aparecen a correola da praia ea leiteiriña.

O cardo de ribeira tamén forma parte deste segundo cinto queaxuda a fixa-la duna. Florece entre os meses de xullo e setembroformando preciosas inflorescencias de cor azul morada.

Continuamos ata as Pedras das Martiñas e collemos calqueradas pasarelas que nos levan ó punto de inicio de percorrido.

Arenaria do mar

Page 20: O camiño do mar / CIELGA

21

O APROVEITAMENTO DONOSO MAR

Fronte a nós encóntranse moitas embarcacións faenando.Adícanse á pesca dos recursos que o mar nos proporcio-na, e que fan a Galicia famosa pola abundancia e a cali-dade dos seus peixes e mariscos.As Rías Baixas son áreas de gran importancia pesqueira,de feito o porto de Ribeira está considerado como un dosprimeiros portos de baixura do Estado en pesca desem-barcada.As artes pesqueiras que se empregan son variadas,dependendo da especie que se pretenda capturar. Así,coas nasas captúranse nécoras, camaróns, bois... Ostramallos pescan maragotas, pintos, corobelos, robali-zas... Os barcos do cerco adícanse á pesca da sardiña,xurel, xarda, bocarte...Pero este mar que nos proporciona tantos recursos e quedá riqueza a tantas familias é o reponsable dun grandenúmero de mortes entre os traballadores do mar.Lembrar que a Costa da Morte chega ata moi cerca deaquí, e Cabo Corrubedo é unha referencia para tódolosnavegantes pola súa perigosidade.

�...e cando o mar de Corrubedo roncachoran as nais dos mozos mariñeiroscheos de medo, escóndense os rapaces e rezan os vellos�

Fermín Bouza-Brey

Faro deCorrubedo

Page 21: O camiño do mar / CIELGA

22

Aquí remata o

Camiño do Mar.

Agardamos que

fose do teu

agrado e que

disfrutases do

Parque Natural

O camiño do mar

Teléfonos e direccións de interese:

• Servicio Provincial de Medio Ambiente NaturalEdificio Administrativo Monelos. Praza Luis Seoane, s/n - 5ª planta15008 A CoruñaTeléfono 981 184 585 - Fax 981 184 654

• Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e VixánCentro de Recepción de Visitantes «Casa da Costa»15967 O Vilar - Carreira - Ribeira (A Coruña)Teléfono 981 878 532 - Fax 981 878 527

• Urxencias: Teléfono 112

• Incendios Xunta de Galicia: 085

Page 22: O camiño do mar / CIELGA

23

ÍNDICE

¿Como usar esta guía? ............................................ 4

¿Como comportarnos naturalmente durante o noso camiñar? .......................................... 5

Situación e plano do Parque Natural cos itinerarios autoguiados ...................................... 6

O camiño do mar ..................................................... 8

Parada 1 ................................................................. 8

Parada 2 ................................................................. 9

Parada 3 ................................................................. 9

Parada 4 ................................................................. 10

Parada 5 ................................................................. 10

Parada 6 ................................................................. 11

Parada 7 ................................................................. 12

Parada 8 ................................................................. 13A píllara das dunas ........................................... 14

Parada 9 ................................................................. 15“Bichicomas” e raqueros .................................. 17A dorna: a dona do mar e do vento da Arousa .. 19

Parada 10 ................................................................. 20O aproveitamento do noso mar ........................ 21

Teléfonos de interese .............................................. 22

Índice ....................................................................... 23

Especies citadas ...................................................... 24

Page 23: O camiño do mar / CIELGA

24

- Acelga salgada (Limonium vulgare)- Ameixa bicuda (Spisula solida)- Ameneiro (Alnus glutinosa)- Arenaria do mar (Honkenya peploides)- Arroaz (Tursiops truncatus)- Berberecho (Cerastoderma edule)- Bilurico común (Tringa totanus)- Bocarte (Engraulis encrasicholus)- Bodello (Fucus vesiculosus)- Boi (Cancer pagurus) - Boleto (Boletus sp)- Bruxa (Scrobicularia plana)- Camarón (Palaemon serratus)- Cantareliña (Cantharellus cybarius)- Cardo de ribeira (Eryngium maritimum)- Carrán cristado (Sterna sandvicencis)- Carrapucho (Chondrus crispus)- Carrasco bravo (Helichrysum picardii)- Ceba (Enteromorpha sp)- Chopo (Sepia officinalis)- Coquina (Tellina tenuis)- Coral (Lythophyllum incrustans)- Corobelo (Pollachius pollachius)- Correola da praia (Calystegia soldanella)- Corvo mariño (Phalacrocorax sp)- Eiruga mariña (Cakile maritima)- Gabita (Haematopus ostralegus)- Gaivota (Larus sp)- Gaivota chorona (Larus ridibundus)- Gaivota escura (Larus fuscus)- Gaivota patiamarela (Larus cachinnas)- Garza real (Ardea cinerea)- Gaxapo (Scyliorhinus sp)- Golfiño (Delphinus delphis)- Golfo (Laminaria sp. e Polyschides)- Grama mariña (Elymus fartus)- Herba leiteira (Euphorbia peplis)- Herba salgada (Salicornia ramosissima)- Iberis (Iberis procumbens)- Lavacán (Ulva sp)- Leiteiriña (Euphorbia paralias)- Língua de gato (Hydnum sp)- Maragota (Labrus bergylta)

ESPECIES CITADAS NESTE ITINERARIO

Page 24: O camiño do mar / CIELGA

25

- Mascato (Morus bassana)- Mazarico (Limosa sp)- Mazarico curlí (Numenius arquata)- Mazarico rabinegro (Limosa limosa)- Mazarico rabipinto (Limosa lapponica)- Mexillón (Mytilus galloprovincialis)- Miñoca (Arenicola marina)- Navalla (Ensis sp)- Nécora (Necora puber)- Níscalo (Lactarius deliciosus)- Píllara (Charadrius sp)- Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus)- Pilro (Calidris sp)- Pinto (Labrus bergylta)- Piñeiro bravo (Pinus pinaster)- Pulga de praia (Talitrus saltator)- Raia (Raja ondulata)- Robaliza (Dicentrarchus labrax)- Salgueiro (Salix atrocinerea)- Sardiña (Sardina pilchardus)- Silva (Corallina officinalis)- Tartaruga de coiro (Dernochelys coriacea)- Toniña (Phocoena phocoena)- Verdoaga mariña (Halimione portulacoides)- Virapedras (Arenaria interpres)- Xarda (Scomber scombrus)- Xunco (Juncus marinus)- Xurel (Trachurus trachurus)

Page 25: O camiño do mar / CIELGA

Edita: Xunta de GaliciaConsellería de Medio AmbienteDirección Xeral de Montes e Medio Ambiente NaturalServicio de Medio Ambiente Natural da Coruña

Texto: cem, s.coop.ltda.Revisión e supervisión: Federico Sánchez e

África Núñez. Servicio de M.A.N.Fotografías: Portada: África Núñez

Páxina 16: Manuel E. GarciResto: cem, s.coop.ltda.

Ilustracións: Páxinas 10 e 17: Xurxo ConstelaResto: Rafa Salvadores

Deseño gráfico, infografía e maquetación:Carlos González Mazaira

Xestión gráfica: Edym, S.L.Depósito Legal: C-1.476/2000

© Xunta de Galicia

26

Page 26: O camiño do mar / CIELGA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTEDirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural