nunha cálida tarde de verán, tan calorosa que nin unha soa folla … · 2015. 2. 4. · niso...

2
Nunha cálida tarde de verán, tan calorosa que nin unha soa folla abaneaba o aire, Alicia e a súa irmá maior foron á beira do río remollar os pés na auga fresca e merendar sobre un manteliño de cadros á sombra dos ameneiros. Da cestiña da merenda, a irmá de Alicia sacou un libro moi gordo. A verdade era que a irmá de Alicia podía meter o nariz nunha daquelas novelas sen sacalo en toda a tarde. Pero á pequena Alicia non lle gustaban aqueles libros que eran todo letra… sen tan seque- ra un debuxo! E por máis que asexaba por enriba do ombro da irmá, non comprendía cal podía ser o interese dun libro só de letras. Así que se puxo a recoller flores para facer un ramiño.

Upload: others

Post on 31-Jan-2021

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • � �

    Nunha cálida tarde de verán, tan calorosa que nin unha soa folla abaneaba o aire, Alicia e a súa irmá maior foron á beira do río remollar os pés na auga fresca e merendar sobre un manteliño de cadros á sombra dos ameneiros.

    Da cestiña da merenda, a irmá de Alicia sacou un libro moi gordo. A verdade era que a irmá de Alicia podía meter o nariz nunha daquelas novelas sen sacalo en toda a tarde. Pero á pequena Alicia non lle gustaban aqueles libros que eran todo letra… sen tan seque-ra un debuxo! E por máis que asexaba por enriba do ombro da irmá, non comprendía cal podía ser o interese dun libro só de letras. Así que se puxo a recoller flores para facer un ramiño.

  • � �

    Niso estaba cando viu pasar un coello branco, vestido de chaqueta e chaleque, que co-rría case sen folgos.

    —Mimá, que tarde chego! Que taaaarde chego! Tarde tardísimo!! –ía di-cindo o Coello ao tempo que miraba un reloxo de peto que levaba prendido dunha cadeíña.

    «Onde se viu un coello ir tan apurado?», pensou Alicia. E sen dubidalo nin un só minuto, saíu veloz detrás del por ver a onde se dirixía. Nin sequera se despediu da súa irmá, que quedaba na ribeira atendendo a lectura.

    Despois de moito correr, o Coello foise meter nunha tobeira que había baixo unhas xestas. E alí se meteu tamén a nena.