num. 2 revista populares de ourense

24
Comezamos un novo curso político, cun obxectivo ben claro: dotar a Galicia, nas vindeiras eleccións autonómicas, novamente dun goberno realista, forte e cohesionado. Un goberno popular. Estamos no momento máis difícil da historia democrática, pero tamén os cidadáns saben que é o intre da xes- tión política rigorosa, dos equipos de goberno solventes e de dicirlle a ver- dad aos cidadáns. E o único proxecto político en Galicia dotado para afron- tar con garantías esta situación é o do Partido Popular. O 1 de marzo de 2009 Galicia díxo- lle NON ao bipartito de socialistas e bloqueiros, NON ao despilfarro, NON ao sectarismo, NON ás liortas, NON á dexeneración democrática que su- puxo a etapa máis negra da historia do autogoberno. O 1 de marzo de 2009 Galicia díxolle SÍ á política mi- rándolle aos ollos á xente, SÍ a un goberno cohesionado, SÍ ao sentido común, SÍ a facer máis con menos, SÍ aos argumentos e ao futuro da nosa nacionalidade histórica. Co goberno de Alberto Núñez Feijóo España puxo os seus ollos en Galicia, pois había outra forma de facer política diferente á frustrante exhibida por unha coalición que pasou máis tempo tentan- do facer ver que se levaban ben que en gobernar o país. Con Feijóo o goberno galego convertíuse no máis eficiente de España, un referente en eidos como o da austeridade na xestión pública. Galicia marcou o camiño sendo a co- munidade autónoma máis solvente. Unha Galicia tamén referente en polí- ticas como a do gasto farmacéutico ou o límite orzamentario por lei do gasto público. A extraordinaria dificultade do escenario socioeconómico fai que deba valorarse aínda máis o tremendo esforzo, as ideas e as realidades deste goberno popular galego e galeguista. Dende o PP de Ourense contribuire- mos co noso traballo, coa nosa iden- tificación coa provincia e coas nosas veciñas e veciños, a unha nova maio- ría do PP en Galicia. Galicia necesita seguir cun executivo popular, porque precisamos confianza e iso non será posible con experimentos de forma- cións que foron incapaces de solu- cionar en catro anos os seus propios liderados. Ourense marcarase novos obxecti- vos ambiciosos para estes comicios, como xa o fixemos nas pasadas elec- cións municipais e xerais, nas que voltamos a ser a primeira provincia galega en apoio ao PP e a séptima de España. Datos que falan moito e ben dos nosos equipos políticos nos 92 concellos. Unha provincia que existe, con intereses propios, que sabe o que quere. Un Ourense que estes anos víu esperanzadores pasos a prol do equi- librio territorial como o Plan Impulsa. Plans que hai que fornecer e poten- ciar. Un Ourense que terá un dos me- llores hospitais de España e que, en semanas, verá unha nova realidade como será a autovía de Celanova. Un Ourense que contará cun novo edificio xudicial e onde seguirase apostando polos servizos sociais, polo ensino e pola sanidade. Un Ourense culto que sabe o que quere: unha nova maioría popular. Quedades convidados a par- ticipar neste movemento imparable. Populares Preparados para unha nova maioría Alberto Núñez Feijóo e Manuel Baltar. OURENSE Revista do Pardo Popular de Ourense ‐ Ano II ‐ Nº 2. Setembro 2012 www.ppou.es Galicia marcou o camiño como Comunidade máis solvente

Upload: luis-manuel-vergara-gomez

Post on 07-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


9 download

DESCRIPTION

Nova edición desta canle de comunicación do PP de Ourense cos/as seus/súas afiliados/as.

TRANSCRIPT

Page 1: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

Comezamos un novo curso político, cun obxectivo ben claro: dotar a Galicia, nas vindeiras eleccións autonómicas, novamente dun goberno realista, forte e cohesionado. Un goberno popular.

Estamos no momento máis difícil da historia democrática, pero tamén os cidadáns saben que é o intre da xes-tión política rigorosa, dos equipos de goberno solventes e de dicirlle a ver-dad aos cidadáns. E o único proxecto político en Galicia dotado para afron-tar con garantías esta situación é o do Partido Popular.

O 1 de marzo de 2009 Galicia díxo-lle NON ao bipartito de socialistas e bloqueiros, NON ao despilfarro, NON ao sectarismo, NON ás liortas, NON á dexeneración democrática que su-puxo a etapa máis negra da historia do autogoberno. O 1 de marzo de 2009 Galicia díxolle SÍ á política mi-rándolle aos ollos á xente, SÍ a un goberno cohesionado, SÍ ao sentido común, SÍ a facer máis con menos, SÍ aos argumentos e ao futuro da nosa nacionalidade histórica.

Co goberno de Alberto Núñez Feijóo España puxo os seus ollos en Galicia,

pois había outra forma de facer política diferente á frustrante exhibida por unha coalición que pasou máis tempo tentan-do facer ver que se levaban ben que en gobernar o país. Con Feijóo o goberno galego convertíuse no máis eficiente de España, un referente en eidos como o da austeridade na xestión pública.

Galicia marcou o camiño sendo a co-munidade autónoma máis solvente. Unha Galicia tamén referente en polí-ticas como a do gasto farmacéutico ou o límite orzamentario por lei do gasto público. A extraordinaria dificultade do escenario socioeconómico fai que deba valorarse aínda máis o tremendo esforzo, as ideas e as realidades deste goberno popular galego e galeguista.

Dende o PP de Ourense contribuire-mos co noso traballo, coa nosa iden-tificación coa provincia e coas nosas veciñas e veciños, a unha nova maio-ría do PP en Galicia. Galicia necesita

seguir cun executivo popular, porque precisamos confianza e iso non será posible con experimentos de forma-cións que foron incapaces de solu-cionar en catro anos os seus propios liderados.

Ourense marcarase novos obxecti-vos ambiciosos para estes comicios, como xa o fixemos nas pasadas elec-cións municipais e xerais, nas que voltamos a ser a primeira provincia galega en apoio ao PP e a séptima de España. Datos que falan moito e ben dos nosos equipos políticos nos 92 concellos. Unha provincia que existe, con intereses propios, que sabe o que quere. Un Ourense que estes anos víu esperanzadores pasos a prol do equi-librio territorial como o Plan Impulsa. Plans que hai que fornecer e poten-ciar. Un Ourense que terá un dos me-llores hospitais de España e que, en semanas, verá unha nova realidade como será a autovía de Celanova. Un Ourense que contará cun novo edificio xudicial e onde seguirase apostando polos servizos sociais, polo ensino e pola sanidade. Un Ourense culto que sabe o que quere: unha nova maioría popular. Quedades convidados a par-ticipar neste movemento imparable.

PopularesPreparados para unha nova maioría

Alberto Núñez Feijóo e Manuel Baltar.

OURENSERevista do Partido Popular de Ourense ‐ Ano II ‐ Nº 2. Setembro 2012 www.ppou.es

Galicia marcou o camiño como Comunidade máis solvente

Page 2: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

2de Ourense

Editorial

De novo nos Milagres

Por segundo ano consecutivo iniciamos o curso político nos Milagres, nas terras de Baños de Molgas, un dos concellos máis fermosos da incomparable xeografía ourensá. Vimos nunha sorte de peregrinación a compartir unhas horas nas que forneceremos o noso proxecto político e fixaremos os obxectivos para o que resta de 2012 e oprimeiro semestre de 2013,nun calendario onde figuran con maiúsculas as eleccións ao Parlamento de Galicia, do 21 de outubro.

Benvidos a todos os cargos públicos do PP de Ourense, especialmente aos case seiscentos concelleiros e conce-lleiras da nosa formación, pois todos sabemos que sodes os máis cercanos aos nosos concidadáns e a quen piden contas da nosa xestión política.

O ano pasado falabamos das eleccións xerais, fixamos retos —moi claros e difíciles— e conquerímolos. Agora tamén é popular o goberno da nación cun Mariano Rajoy

que veu en campaña electoral a pedir á sede provincial a vosa implicación para que se fixera realidade o triunfo do noso partido.

Tendes nas vosas mans o segundo número da nosa revista Populares de Ourense, unha canle de comunicación máis entre o partido e a cidadanía. Presentámola hoxe para que a teñades antes que ninguén. Un instrumento que completa o labor informativo que desenvolve o PPOU tamé a través da páxina web (www.ppou.es),os nosos perfís nas redes sociais e os diferentes actos que organiza o PP de Ourense por medio dos equipos responsables de entes como Debate Popular, Centro de Formación Roberto Padilla, Escola de Verán Miguel Angel Blanco, Consello Consultivo e Asesor, Comité de voceiros na oposición…, en definitiva un esforzo para facer máis partido, máis popular e máis Ourense.

Grazas porque sería imposible sen a vosa colaboración.

Revista do Partido Popular de OurenseAno II ‐ Nº 2. Setembro 2012Coordinación: Departamento de Comunicación do PP OurensePartido Popular de Ourense — Rúa Progreso, 64 — entrechán — Tel. 988210790

www.ppou.es

Convención de cargos do PPOU nos Milagres do ano 2011.

Editorial 2

Eleccións Xerais 2011 3-7

Labor institucional 8-9

Ourense Cidade 10-11

Entrevista a Manuel Baltar 12-14

ROMP 15

Novas Xeracións PPOU 16-17

Actividades 18-21

Fotonoticias 22-23

Homenaxe a José Luis Baltar 24

Sumario

Page 3: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

3de Ourense

Informe: Eleccións Xerais 2011

Mapa de reparto de votos

Ourense, entre as 7 provincias de España con maior apoio ao PP

As Eleccións Xerais de novembro de 2011 supuxeron unha vitoria sen pre-cedentes do Partido Popular. As urnas déronlle aos populares o mellor resul-tado da súa historia, con máis de 10,7 millóns de votos en toda España, aca-dando 186 deputados no Congreso, 32 máis que na última lexislatura.

Os resultados en Ourense seguiron esa exitosa tendencia, e situaron á provincia ourensá entre as sete pro-vincias españolas con maior porcen-taxe de apoio ao PP, para as candi-daturas ao Congreso e ao Senado encabezadas por Celso Delgado e Carmen Leyte.

O presidente provincial do PP, Ma-nuel Baltar, dixo que o PP de Ourense “cumpriu os tres obxectivos que se marcara na campaña electoral: que Rajoy sexa presidente do goberno; lo-grar tres deputados e tres senadores, e ser a provincia de Galicia con maior apoio ao PP (56,65%) –superando en catro puntos a media galega e en 12 puntos a media de España”.

Cunha cifra en torno aos 114.000 vo-tos, a provincia de Ourense volve de-mostrar novamente o gran respaldo ao Partido Popular, xa que superou a 43 provincias en apoio ao PP.

Manuel Baltar trasladou aos cidadáns que confiaron no Partido Popular a súa “fonda gratitude”, agradecendo tamén aos membros das candidatu-ras e aos miles de militantes e simpa-tizantes “que nos apoiaron e traballa-ron tanto para facer posible que este novo proxecto”.

O Partido Popular foi a forza máis votada en 86 dos 92 concellos da provincia

% DE APOIO AO PP

Page 4: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

4de Ourense

Informe: Eleccións Xerais 2011

Baltar recalcou que “Ourense nunca falla e non defrauda”, e engadiu que os resultados son o froito dun traba-llo responsable e serio “que nos levou a máis de 250 actos nos que chega-mos directamente coa nosa mensaxe a máis de 20.000 persoas por toda a provincia de Ourense”.

O presidente provincial na sua aná-lise destacou que os resultados do Partido Popular de Ourense levárono a gañar en 9 dos 10 concellos máis poboados da provincia, gañando ta-mén en todos os partidos xudiciais e superando en 20 puntos a suma de PSOE e BNG xuntos. Tamén lem-brou que o PPOU foi a forza máis votada en 86 dos 92 concellos da provincia.

“Estes datos reflicten a forza e o apoio maioritario da cidadanía ao proxecto popular, e conforman unha estatística obxectiva que amosa a evolución positiva dos resultados electorais nas últimas campañas”, subliña o presidente provincial.

Evolución do voto na provincia de OurenseDiferenza do PP con respecto a PSOE + BNG

Evolución da porcentaxe de voto do PP

Provincia de Ourense

Page 5: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

5de Ourense

Informe: Eleccións Xerais 2011

Analizando polo miúdo os resulta-dos electorais destaca o feito de que Ourense foi a provincia con maior par-ticipación de Galicia (73,57%), cinco puntos por riba do ano 2008 e dous puntos máis ca media nacional, feito que lexitima, se cabe, aínda máis o triunfo electoral acadado o domingo polo Partido Popular.

A provincia de Ourense acadou tamén a maior diferenza de Galicia entre os votos populares e a suma de socialis-tas e nacionalistas (19,33 puntos), e foi tamén a provincia que máis diferenza rexistrou entre PP e PSOE (28,72 pun-tos), superando co BNG os 47 puntos.

En Ourense cidade, onde gañou o PSOE en 2008 con catro puntos de diferenza daquela, O PP foi nestas eleccións a forza máis votada (47%), trece puntos máis que o PSOE. Extra-polando estes resultados o PP obtería a maioría absoluta: 15 escanos.

OS 10 MELLORES CONCELLOS DE OURENSE(% apoio PP)

Datos históricos en participación e en votos

Page 6: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

6de Ourense

Informe: Eleccións Xerais 2011

Os concellos, excluída a cidade, onde máis votos tivo o PP foron: O Carba-lliño, Verín, O Barco e Xinzo de Limia, por esta orde.

Tamén destaca o feito de que os cin-co concellos de Galicia con maior apoio ao PP sexan ourensáns: Bea-riz (88,6%), Avión (88,5%), Quintela de Leirado (84,6%), Chandrexa de Queixa (80,9%) e Pontedeva (81,5%).

Con estes resultados o PP, que ga-ñou en todos os partidos xudiciais, obtería 3 deputados provinciais máis dos actuais: un polo partido xudicial de Ourense, outro por Ribadavia e outro por O Carballiño. Serían entón 18 de 25 os escanos populares. Así mesmo, o PP de Ourense tería con estes resultados 2 escanos máis no Parlamento de Galicia (9 en total PP), fronte aos 7 actuais.

Os datos das Xerais 2011 reflicten que o “histórico apoio” recibido polo PPOU por parte dos cidadáns tradu-ciuse en que os populares ourensáns obtiveron o mellor resultado de todas as provincias galegas, e os mellores resultados de Galicia no voto da emi-gración. Este dato complétase co feito de que Ourense foia sétima provincia de España en apoio ao PP.

O PP de Ourense conseguiu tamén a maior diferenza con respecto á suma dos votos de PSOE e BNG, e tamén foia provincia de Ourense a mellor das provincias das tres nacionalidades históricas –Galicia, Euskadi e Catalu-ña- en apoio ao PP.

CONCELLOS COS MELLORES

O PPOU conseguiu os mellores resultados de Galicia no voto da emigración

Page 7: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

7de Ourense

Informe: Eleccións Xerais 2011

Da análise mesa a mesa, conclúese que a mesa co maior porcentaxe de apoio PP na provincia de Ourense foi unha mesa do colexio publico Virxe de Guadalupe, de Avión, cun 95,70%. Asemade, a mellor mesa na cidade de Ourense a de Santa Cruz de Arrabal-do, cun 65,03%.

No outro extremo, destaca o feito de que houbo dúas mesas nas que o BNG non recibiu un só voto; con-cretamente en mesas de Bande e Avión.

Estes datos motivaron que nos días posteriores ás Eleccións Xerais días se recibiran na sede popular ourensá numerosas felicitacións, entre as do presidente nacional do PP, Mariano Rajoy, e a de Ana Mato, coordinadora da campaña electoral, quen comuni-caron a Manuel Baltar os seus para-béns polos resultados.

Agora, cos novos comicios electorais do 21 de outubro, o Partido Popular de Ourense volve amosar a súa ca-pacidade organizativa e de coordina-ción e movilización para afrontar estas eleccións coa máxima preparación.

Manuel Baltar destaca como os tres obxectivos principais para estas elec-cións: que Alberto Núñez Feijóo volva ser novamente o presidente de Gali-cia, que o Partido Popular de Ouren-se acade oito parlamentarios, e que a provincia de Ourense volva ser nova-mente a que consiga a maior porcen-taxe de apoio ao Partido Popular de toda Galicia.

RESULTADOS (% apoio PP)

Os populares acadaron a maior diferenza con respecto a suma de votos de PSOE e BNG

Page 8: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

8de Ourense

Labor institucional

Manuel Baltar márcase como obxectivo ao fronte da Deputación a eficiencia e a mellora dos servizos para concellos e cidadáns

Manuel Baltar foi elixido o 6 de febreiro presidente da Deputación de Ouren-se, e dende esa data o seu obxectivo principal foi desenvolver un plan para redimensionar a institución provincial, adaptala ás circunstancias que marca a crise económica e seguir moderni-zando o ente provincial para acadar maior eficiencia e mellores servizos para os concellos e os cidadáns.

Nesta liña, presentou o Plan de Xes-tión e Estratexia Operativa 2012-2015 da Deputación de Ourense, denomi-nado “Plan OURENSE 92” —en refe-rencia aos 92 municipios da provincia de Ourense—, que ten como finalida-de aforrar máis de 6 millóns de euros e prestar máis servizos potenciando a cooperación entre concellos.

Os eixes fundamentais do plan que a Deputación desenvolverá ata marzo de 2015 –data das vindeiras eleccións municipais- son os servizos sociais, a cooperación intermunicipal, a realiza-ción de obras en todos os concellos, o “adelgazamento” da administración provincial e potenciar a fusión de ser-vizos entre concellos para optimizar o gasto, unha medida esta última da que a Deputación de Ourense é pio-

neira pois leva 20 anos desenvolven-do iniciativas neste senso.

Manuel Baltar é claro: “Faremos máis con menos. É un reto e unha oportu-nidade, porque imos demostrar que é posible facer unha xestión máis efi-ciente a pesares de contar con menos recursos, e a proba diso é que pore-mos en marcha 43 iniciativas e conse-guiremos aforrar máis de 6 millóns de euros e gañaremos en liquidez outros 2 millóns de euros”.

“A única estratexia para acadar isto —explica o presidente provincial— é priorizar, planificar e realizar accións focalizadas exclusivamente nas prin-cipais necesidades dos nosos conce-llos e dos nosos cidadáns”, explicou o presidente provincial, quen citou como exemplo os recortes pactados co personal, que permitirán un aforro de máis de 700.000 euros anuais.

Baltar dixo que non se trata de po-ñer en marcha “grandes e custosos proxectos”, senón que é momento de “redimensionar estruturas e volcarnos na fusión de facto de concellos, é dicir, pensar en clave intermunicipal e com-partir servizos entre os concellos”.

Precisamente, no que atinxe á redimen-sión da estrutura administrativa, Baltar anunciou a disolución da sociedade urbanístca UrbaOurense, S.A. (en dec-embro deste ano), e que a Deputación de Ourense renunciará á xestión direc-ta do centro ecuestre e estudarse a súa posible externalización. Tamén no que atinxe á Escola de Equitación, Baltar afirma que “seguirá mantendo a súa actividade”, para o cal se está estudan-do a súa posible externalización.

Asimesmo, o plan contempla a sus-pensión da actividade -aló menos du-rante o período 2013-2015- da Escola de Artes e Oficios e replantexarase a actividade das granxas da Deputa-ción, coa creación dunha granxa es-cola en Armariz (setembro de 2014), e tamén se estudará a posta en mar-cha xunto con “Proxecto Home” dun-ha iniciativa de inserción socio-laboral (setembro 2014).

PlanOURENSE

OURENSE

ben

Baltar: “O primeiro son as necesidades dos cidadáns e dos concellos”

Page 9: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

9de Ourense

Labor institucional

Nova estruturaadministrativa

Manuel Baltar destaca que a Deputa-ción de Ourense terá unha nova es-trutura administrativa “máis axil e re-ducida para redimensionar os actuais servizos e gañar en operatividade”. Así, haberá seis grandes áreas de xestión: Administración Xeral, Eco-nómica, Benestar, Medio Ambiente, Infraestruturas e Cultura e Deporte. Destas áreas dependerá toda a xes-tión técnica e administrativa da Depu-tación.

Pero se existe unha área de “alta prioridade”, esa é a de Benestar. Por elo a Deputación puxo en mar-cha o Plan Provincial de Servizos Sociais (denominado BenOurense) que é primeiro da historia da De-putación, “porque é un compromiso irrenunciable seguir atendendo aos nosos maiores e ás personas que o necesiten a través das prestacións

dos servizos sociais nos concellos de Ourense, e por elo a Deputación asumirá ese custes incrementando, incluso nalgúns casos, as presta-ción aos usuarios”.

Manuel Baltar considera que o Plan OURENSE 92 “racionaliza á estrutura

organizativa da Deputación e supón unha aposta pola simplificación, a efi-ciencia e a austeridade, xogando un pa-pel vertebrador da provincia”, suplindo a prestación de servizos municipais por parte dos concellos “con fórmulas como a concertación ou o consorcio, acadan-do así unha verdadeira fusión de facto”.

Page 10: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

10de Ourense

Ourense cidade

Intensa actividade de oposición do Grupo Municipal do PP no Concello de Ourense

O Grupo Municipal do Partido Popu-lar no Concello de Ourense, co seu portavoz, Rosendo Fernández á ca-beza, ten desenvolvido unha intensa actividade no primeiro ano do presen-te mandato municipal. Os populares alertaron de cuestións tan importantes como a desfeita do presunto Xardín Botánico; o cobro irregular de ingre-sos por reciclaxe; as irregularidades en servizos tan importantes como o de Axuda a Domicilio, hoxe investiga-do pola Fiscalía; ou mesmo o xeito de elaborar os orzamentos, con partidas xenéricas que noutras cidades -como por exemplo Melilla- supuxeron a anu-lación das contas pola vía xudicial.

No que atinxe a Urbanismo, o PPOU apoiou a creación das normas transi-torias de Urbanismo (acadada grazas á colaboración leal do PP, así como a posterior aprobación do BIC das Bur-gas), e deu conta da súa preocupa-ción polo retraso na creación do novo PXOM, así como da alarmante perda de subvencións europeas e estatais para a cidade de Ourense, por valor de máis de 3,4 millóns por no saber xes-tionalas o equipo de goberno. O des-

cobrimiento destes feitos motivou que a concelleira delegada decidise unila-teralmente restrinxir o acceso do Grupo Popular á información e á súa labor de control e fiscalización, eliminando as xuntas de área semanais e deixando só o mínimo legal: unha ao mes.

En canto a benestar social, o Grupo Municipal do PP afirma que, a pe-sares de que o bipartito sempre fixo gala da súa labor a prol desta área, nos últimos 12 meses o PPOU tra-ballou para desenmascarar o turbio asunto do Servizo de Axuda no Fo-gar, actualmente xudicializado por múltiples cuestións e que ademais de encarecerse, perdeu calidade para os usuarios. En canto o PP fixo

público que este servizo estaba ope-rando sen a preceptiva autorización da Xunta de Galicia, a concelleira de-legada copiou á súa compañeira de Urbanismo e “castigou” á oposición sen xuntas de área.

En total, o PPOU rexistrou 843 soli-citudes de información neste último ano ao Concello de Ourense, pre-sentou 19 mocións, 48 rogos e 89 preguntas nos plenos municipais. Toda unha labor de oposición na que o PP de Ourense, aparte de controlar as múltiples irregularidades da unión interesada de socialistas e nacionalis-tas, “tamén tivemos que loitar contra as mocións demagóxicas e comple-tamente alleas aos problemas locais que presentan PSOE e BNG co fin de desviar a atención sobre o realmente importante para a cidade”, afirma Ro-sendo Fernández.

Unha labor de oposición á que hai que engadir a “aportación clave” do PPOU para a modificación do Regulamento Orgánico do Concello, pois mentres o bipartito só quería limitar os tempos de intervención nos plenos, os popu-

José Luis Valcárcel, Rosendo Fernández y Mónica Mourelo.

O grupo municipal do PP rexistrou máis de 843 solicitudes de información no último ano

Page 11: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

11de Ourense

Ourense cidade

lares abriron a necesidade de facer unha revisión global.

En Medio Ambiente, ademais dos 21 verquidos con sanción por parte da CHMS para este Concello, se houbo un tema que capitalizou esta área, e probablemente todo o primeiro ano de mandato, ese foi Montealegre. Un au-téntico despropósito e o exemplo máis claro do despilfarro e da falta de planifi-cación deste bipartito. A instalación pe-chou aos 100 días da súa vergoñenta inauguración, debido a que o PP detec-tou a falta de certificación de obra e as múltiples deficiencias que nela había.

No apartado de Cultura o PP cualifi-ca de “gran despilfarro” o labor des-envolvido polos responsables muni-cipais nesta área, onde, en opinión de Rosendo Fernández, “impera a xestión cultural particular e partidis-ta, segundo os habituais criterios excluíntes do BNG”. “Un derroche –afirma- coa única finalidade pro-pagandística de “facerse notar”, e onde destacan episodios como as célebres vacacións institucionais da responsable en Bilbao; o lamentable

apoio á Festa da Cervexa e outros derrames varios”.

Rosendo Fernández tamén lamenta que o Concello de Ourense no estea adherido á Rede de dinamización lin-güística galega, e no apartado econó-mico, que a terceira cidade de Galicia estea 9 meses sen orzamentos en vigor “algo de suma gravidade e ab-solutamente demencial”.

Asemade, o Grupo do PP critica os proxectos “fantasma” como o Centro de Novas Tecnoloxías carente de equipa-mento e contido, ao que se lle une a to-tal inacción en materia de Termalismo. “Da a impresión de que o Plan Estra-téxico Termal o gardaron nun caixón e

agora non o atopan, porque senón non se explica a absoluta falta de iniciativas ou ideas que doten de sinerxias á cida-de. Só hai “boas palabras”, “boas inten-cións”, pero nunca avanzamos da fase de “proxección” cara a de “execución” dun verdadeiro plan estratéxico”.

E no tocante ao Comercio, explica Rosendo Fernández, “é evidente que o bipartito é completamente incapaz de deseñar medidas efectivas de pro-moción e apoio ao sector, sobre todos nestes tempos de grave crise que está a lacerar un dos piares do tecido em-presarial e económico desta cidade”.

A isto únense “as contratacións pola porta de atrás” que, segundo Fer-nández, “son un sinal de identidade deste bipartito, pois coas asistencias técnicas conseguen consolidar como traballadores fixos a persoas externas que adquiren dereitos de xeito irregu-lar. E cando se trata de facer proce-sos selectivos de contratación, tamén é moi célebre o triste feito de facer a selección por teléfono e a menos de 24 horas da data da entrevista, algo absolutamente lamentable”.

Reunión presidida por Rosendo Fernández coa participación do noso benquerido e recordado Odilo Masid.

O PP critica os “proxectos fantasma” como o tranvía ou o Centro de Novas Tecnoloxías

Page 12: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

12de Ourense

Manuel Baltar marcou un estilo propio dende a súa chegada á Presidencia do Partido Popular de Ourense o 30 de xaneiro de 2010: modernizar o partido, mellorar a xestión e renovar a estrutu-ra política e orgánica do PPOU foron os eixes principais da súa tarefa como líder provincial dos populares ouren-sáns. Nesta entrevista analiza o que supuxo para el dar o salto ao liderado do partido e, recentemente, á Presi-dencia da Deputación de Ourense, e analiza a situación actual no que atinxe ao ámbito político, económico e social.

—Agora, camiño dos tres anos ao fronte do Partido Popular de Ouren-se que balance fai desta etapa?—Moi satisfactorio, froito da gran im-plicación de todo o partido na activi-dade diaria que nos da un dinamismo que está a anos luz das outras forma-cións políticas. Agradezo especial-

mente a chegada de novos militantes que nos dan máis forza, somos máis populares e máis Ourense. Os com-promisos electorais cos que concorrín á Presidencia do partido están cum-pridos grazas a un equipo moderno, identificado cos retos e que pensa sempre en clave de Ourense.

—Ao seu liderado no partido Po-pular sumóuselle o pasado 6 de fe-breiro a Presidencia da Deputación de Ourense. Sen dúbida, dúas ma-neiras diferentes de xestionar. Que supón para vostede?—Representa exercer a dirección do goberno da provincia, e isto supón unha honra máxima: recibir o apoio do parti-do no ámbito provincial, autonómico e nacional, por unanimidade, para xestio-nar os intereses da provincia. Un labor estratéxico que desenvolvo sobre a base da delegación de responsabilida-

des e o traballo en equipo, responden-do ás inquedanzas dos 92 concellos de Ourense, e da entidade local menor de Berán, e pensando no gran papel que está xogando dende hai anos o goberno provincial e o reforzamento que van a experimentar as deputacións coa modificación da normativa local. O sentido da responsabilidade, a eficien-cia e a eficacia na xestión deben ser a marca de identidade dunha Deputación de Ourense que asiste e coopera cos concellos e que tamén defende os inte-reses provinciais.

—O debate de máxima actualidade é a xestión da crise económica e a busca de solucións. Unha delas pasa, segundo vostede, polo adel-gazamento das administracións e por un redimensionamento das súas estruturas. “Cooperación” e “fusión de servizos” son as súas palabra preferidas neste tema.—Penso que a principal obriga das administracións é prestar aos cida-dáns servizos públicos de calidade. E para elo, entendo que a cooperación é a palabra clave na era da intermuni-cipalidade. A administración debe ser cercana ao cidadán, para ser áxil nas respostas ás súas demandas. Por iso a administración local é a destinataria da segunda descentralización, esa asignatura pendente da organización territorial do Estado español.“Nunha provincia con 92 concellos —agás o da capital, todos con menos de vinte mil habitantes—, a deputa-ción ten que suplir e complementar a escasa capacidade de xestión da que dispoñen os concellos. Non se trata de substituílos, senón de reforzalos. Todo para que non se resinta a percepción que ten o cidadán da prestación do servizo público. A deputación, con maior capacidade e maiores recursos, garante a prestación do servizo. Leva-mos anos amosando que a deputación pode e debe protagonizar ese papel esencial, un rol sobre o que pivota a prestación de servizos públicos locais. Na área de recollida de lixo, no ámbito da xestión de tributos municipais, no

Entrevista a Manuel Baltar

“O politicamente correcto é dicir a verdade por respecto a quen, co seu voto, nos da a súa confianza”

Page 13: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

13de Ourense

Entrevista a Manuel Baltar

ciclo hidráulico completo, na elabora-ción de estudos para axudar a adop-tar as mellores decisión públicas… Iso é do que falo: da fusión de servizos, mantendo a identidade política dos concellos e os seus representantes es-pecíficos elixidos nos comicios locais correspondentes, e da cooperación entre administración. Cooperar é su-mar. E sumar, en política, é multiplicar.

—E tamén defende vostede: “Unha administración, unha competencia e un financiamento”.—Exacto. O actual goberno popular está decidido a reformar a Lei de Ba-ses de Réxime Local para potenciar as deputacións. Un gran acerto, seguro que ten moito que ver que Rajoy foi presidente da deputa-ción, cargo que non os-tentou ningún dos outros presidentes do goberno español. O seguinte paso deberá ser a reforma da Lei de Facendas Locais para garantir a suficiencia financeira: recursos eco-nómicos para poder levar a cabo con rigor e eficacia esas competencias claras. E o terceiro, como xa pro-puxen, tería que ser a mo-dificación da Lei Electoral para que os presidentes das deputacións e os de-putados sexan elixidos directamente polos cida-dáns. Só fai falla unha urna mais nas eleccións locais. Unha urna para a papele-ta do goberno provincial. Con campaña provincial, programas provinciais, candidatos provinciais e debates entre candidatos. Seguro que esta reforma reduciría a desafección que parece existir dos ci-dadáns respecto das deputacións.

—Dende a súa chegada ao PPOU o partido ten acadado importantes vito-rias electorais e mesmo incrementa-do en porcentaxe de voto o apoio dos cidadáns da provincia de Ourense ao proxecto do PP. Cales son as claves desa identificación coa cidadanía?—Ningunha formación electoral tivo os resultados nin a traxectoria histórica do PP de Ourense. Isto permítenos dicir

que somos “o partido dos ourensáns”, o partido político que máis se parece a Ourense. E son dúas as caracterís-ticas fundamentais deste proxecto po-lítico: o traballo e a proximidade. O PP de Ourense non só está operativo en campaña electoral. A nosa actividade é continuada como se pode comprobar ollando a nosa web, un portal político de referencia. Tanto o PPOU como as Novas Xeracións están sempre amosando esa especial conexión coa cidadanía. E puxemos en marcha ór-ganos, copiados xa noutras provincias, que foron auténticas novidades organi-zativas e que serviron para afinar esa especial relación co electorado. Dende

a Rede Ourensá de Mulleres Popula-res ata o Centro de Formación Rober-to Padilla, a Escola de Verán Miguel Ángel Blanco, o Consello Consultivo Asesor, as convencións para cargos públicos menores de 45 anos, e para cargos públicos femininos, o comité de voceiros na oposición… En definitiva, actividade total prolongada e non cin-guida ás eleccións.

—Pero os bos resultados electorais levan tamén unha grande dose de responsabilidade.

—Sen ningunha dúbida. Ser a primei-ra provincia de Galicia en apoio ao PP tanto nas eleccións locais como nas xerais encheunos de satisfacción. Ga-ñar en todos os partidos xudiciais, 68 alcaldías, incrementar deputados pro-vinciais e nacionais, ser a sétima pro-vincia de España en apoio ao PP…, son feitos que non fan máis que dar a razón dun traballo ben organizado e cuns obxectivos explicitados antes da campaña electoral e cumpridos o día das eleccións. Grazas a todo o partido.

—Conxugar experiencia e xuventu-de, modernizar o PPOU e abrilo á sociedade son tres dos obxectivos

que se marcou. Están conseguidos?—Todos conseguidos. Pero hai que ser máis ambi-ciosos. Novos retos, máis obxectivos, para traballar máis e manter a intensi-dade. Ver o que fai o PP de Ourense e o que fan outras forzas políticas im-plica comprobar que os resultados non son froito da casualidade. Hai razóns para o éxito do noso parti-do. Razóns que non son só votos: son sensacións, son medidas rigorosas, falar a verdade, dicirlle á xente o que pasa, non defrau-dala. Por iso dixemos que conxugaríamos experiencia e xuventude, e somos un partido exemplo de respon-sabilidade interxeracional, cunhas novas xeracións que aprenden o mellor dos máis experimentados, re-unidos en torno ao Conse-llo Consultivo Asesor.

—Algo así como mirar “á pesona” e non o seu carné de identidade.—O PP de Ourense é un partido novo, que non se fixa no carné de identida-de dos seus afiliados senón na vixen-cia e actualidade das súas ideas. A renovación non ten que ser obrigato-riamente de caras, a renovación ten que ser de conceptos, de novas for-mas de xestionar, de ferramentas de futuro para arreglar o presente. A me-llor proba de modernidade do PPOU é o feito de que un de cada tres novos afiliados ao PP de Galicia no último

Page 14: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

de Ourense14

Entrevista a Manuel Baltar

ano é de Ourense. A nosa forte pre-senza nas redes sociais e a aposta pola intelixencia tecnolóxica fan que pisemos con decisión no eido da co-municación política. As renovacións de candidaturas, as novas direccións locais do partido, o interese pola par-ticipación en foros supraprovinciais fan que o PPOU estea á vangarda das formacións políticas. Sirva como exemplo a formación e cursos on-line que estamos xa en disposición de ofrecer. Iso son feitos.

“Abrir o partido á sociedade era unha asignatura doada pois o PPOU foi sempre o partido máis aberto e en mellor conexión cos ourensáns.

—Na súa opinión, cal é o termó-metro que mide a saúde dun par-tido político?—Hai varios. O fundamental son as eleccións, e aí o PP de Ourense é líder. Tamén é líder, en termos rela-tivos de afiliación e poboación, e en número de afiliados, o cal fala moi-to, alto e claro, das gañas de formar parte deste proxecto político. Tamén a actualización constante de men-saxes e a nosa capacidade para es-tar en todas partes, aló onde deba ser defendido un interese de Ouren-se ou dos ourensáns. A actividade do partido, rexistrada día a día na nosa páxina web (www.ppou.es) é unha ferramenta de control do moito que se fai e dos novos proxectos que imos poñendo en marcha.

—Estamos nun momento político trascendental, pois todas as mira-das se centran na eficacia dos po-líticos para facer fronte aos gran-des retos sociais. Vostede di que é momento de “priorizar as priorida-des” e de “facer máis con menos”. Como se logra iso?—Non hai variñas máxicas pero debe haber sentido común. E hoxe en día é o momento de agudízalo. A crise eco-nómica e o escenario político-financei-ro fan que as administración, dirixidas

por candidatos de partidos políticos, teñan a obriga de redimensionar o seu papel. Hoxe todo é debatible e revi-sable. Aproveitemos para despren-dernos dos gastos máis innecesarios e invistamos en gastos produtivos. Reduzamos partidas orzamentarias para incrementar outras prioritarias. Antes había dez prioridades, agora serán catro… a primeira: a creación de emprego. Temos que poñer a proba a capacidade da administración para superar este momento, e iso acádase con sacrificios recíprocos de todos os que conformamos a sociedade.

—Vostede é dos que pensa que na política a verdade hai que dicila “a pesares de…” ou é mellor ser “poli-ticamente correcto”?—Eu creo que o “politicamente correc-to” é dicir a verdade, por respecto a quen, co seu voto, nos da a súa con-fianza. Nunca mentir. Nunca camuflar datos. Nunca dicir medias verdades,

porque son medias mentiras. A xente agradece que lle digas verdadeiramen-te o que hai. Os cidadáns temos dereito a ter información fiel do que acontece, non palabras para saír do paso ou de-claración grandilocuentes para maior gloria do político de turno. Queremos a verdade e que se nos diga qué se pensa facer ante esa situación. Xerar falsas expectativas —xa o di a propia expresión—, é falso, é un engano e unha actitude impropia dun político con vocación de servizo público.

—A vindeira convocatoria electoral son as eleccións autonómicas. Como afronta o PPOU estes comicios?—Creo que o goberno popular en Ga-licia administrou unha herdanza do bi-partito que foi un gran buraco económi-co e unha perda de credibilidade como país, que solucionamos con moito tra-ballo e rigor. Galicia apostou pola aus-teridade antes que ninguén. E Galicia é a comunidade autónoma máis sol-vente do país. Reduciu a súa adminis-tración nestes tres anos e medio, sen deixar de investir, e proxectou unha imaxe de seriedade que é a máis acaí-da nos tempos que corren. O estado das outras forzas políticas, que aínda non solucionaron seus problemas de liderado trala perda do goberno bipar-tito, é desastroso: un PSOE desnorta-do e un BNG en período constituínte son dúas malas noticias para Galicia. Incapaces de gobernar as súas casas, pior terán gobernar o noso país, e me-nos despois do espectáculo que deron nesa lexislatura para esquecer lidera-da por dúas persoas xa esquecidas e fora dos seus partidos.

—Coa Convención dos Milagres comeza un novo curso político para o PP de Ourense. Cales son os proxectos máis inmediatos para esta nova etapa.—O máis inmediato, acadar unha nova vitoria electoral nos comicios autonó-micos, contribuíndo dende Ourense á reelección de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta de Galicia, ese é o noso gran obxectivo.

—E finalmente: un desexo para toda a familia popular e para todos os ourensáns.—Por este orden: saúde, traballo e vi-torias. Todo elo con optimismo e moito ourensanismo.

Page 15: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

de Ourense15

ROMP

A Rede Ourensá de Mulleres Populares (ROMP), creada polo Partido Popular de Ourense hai dous anos, continuou durante o curso político 2011-2012 a ser un referente para outras provincias e outros escenarios territoriais cun es-pecial dinamismo, moi necesario en zonas do rural.

Co obxectivo de apoiar as políticas dirixidas á muller e identificar as necesidades e problemáticas concretas que teñen as mulleres en cada comarca, desenvol-veuse un completo progra-ma de actividades, orienta-do a romper coas barreiras, que aínda hoxe, existen en materia de desigualdade de xénero, achegando o coñecemento a estas mu-lleres, que son clave no desenvolvemento e futuro da nosa provincia.

As destinatarias deste conxunto de actividades da ROMP mostráronse moi interesadas en mellorar a realidade social, política e cultural no que atinxe á muller ourensá. As charlas estiveron abertas aos co-lectivos que traballan no eido da igualdade e que desexaban colaborar coa rede para establecer siner-xias de desenvolvemento socioeconómico.

O feito de que este ano, o Día Interna-cional da Muller, estivese dedicado ás mulleres rurais agricultoras, foi motivo para que o 13 de abril de 2012 tive-se lugar en Lobios unha interesante charla sobre “Plantación, consumo e conservación da pataca”, impartida polo técnico do Centro de Desen-volvemento Agrogandeiro Servando Álvarez, quen analizou polo miúdo este importante cultivo, promovendo un coloquio ameno, moi didáctico e participativo. O acto estivo presenta-

do pola alcaldesa de Lobios María del Carmen Yáñez e pola coordinadora da ROMP, Lucía Rodríguez.

A actividade da ROMP continuou, o 22 de abril, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, onde tivo lugar un acto para analizar o impacto das redes sociais

na sociedade actual. Nesta charla participaron a consultora informática Berta Ramos, quen analizou dun xeito técnico que son e para que serven as redes sociais; o empresario Roberto Toro, que falou do impacto das mes-mas no mundo empresarial; e o presi-dente do PP de Ourense, Manuel Bal-tar, quen explicou a súa experiencia como usuario e político.

Con motivo do Día do Medio Am-biente, celebrado o pasado 5 xuño,

a ROMP achegouse á Comarca de Celanova, onde se celebrou, o ven-res día 8 de xuño, no Auditorio Mu-nicipal de Outomuro, en Cartelle, unha charla informativa sobre “Aforro Enerxético”. Presentaron o acto a al-caldesa de Cartelle, Carmen Leyte Coello, a coordinadora da ROMP, e

o enxeñeiro de telecomuni-cacións, José Manuel Mar-tínez, quen abordou aspec-tos de interese para axudar ás mulleres a optimizar o consumo enerxético, es-pecialmente nos fogares, cambiando os hábitos de consumo e implantando medidas de aforro. Ase-made, a Casa do Pobo de Barbantes (Cenlle), acolleu a conferencia “Viño e saú-de”, na que a asesora eno-lóxica, Eugenia Medina, analizou as propiedades innumerables e irremplaza-bles do viño para a saúde, especialmente da muller.

Motivación

Estas actividades serviron ás integrantes da Rede para reforzar o convence-mento de que a ROMP é un proxecto de futuro, que con-ta coa seguridade de que as actividades de acompaña-mento e motivación que se desenvolven contribuirán á mellora da calidade de vida da muller rural.

A ROMP segue a traballar na orga-nización de actividades que se van levar a cabo noutras comarcas de Ourense nos vindeiros meses, co mesmo obxectivo en favor da igualda-de, e contando co apoio do presidente provincial do PPOU, Manuel Baltar, que sempre anima á ROMP a seguir na mesma liña de traballo “para que a muller continúe incrementando o seu protagonismo na vida pública e social da provincia”.

A ROMP, un referente na defensa da muller do rural ourensán

Page 16: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

de Ourense16

Novas Xeracións PPOU

A formación, o emprego xuvenil e as actividades sociais centraron boa par-te do labor desenvolvida no último ano por Novas Xeracións do PP en Ouren-se. Tanto na provincia como na capital ourensá, o traballo da mocidade do Partido Popular caracterizouse por un incremento de actos e unha maior dina-mización do ámbito xuvenil, acadando un importante ache-gamento dos mozos e mozas ourensáns ás diferentes convo-catorias nas que se abordaron os temas de máis interese para os xóvenes de Ourense.

Novas Xeracións da provincia de Ouren-se realizou diversos actos e actividades e participou en moitos outros organizados polo partido tanto a nivel nacional, como autonómico ou local. Entre os diversos ac-tos realizados, destacan a Conferencia de presidentes e representantes locais de NNXX da provincia de Ourense, que tivo lugar o 31 de marzo de 2012, a cal contou coa presenza do presi-dente rexional de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado, así como a pre-sidenta provincial de Novas Xeracións de Ourense, Jackeline Fernández. No acto expuxéronse, entre outros temas, as distintas estratexias e liñas de ac-tuación a seguir nos vindeiros meses, tanto pola directiva rexional como pro-vincial de Novas Xeracións.

Asemade, a Escola de formación de Novas Xeracións da provincia de Ourense celebrou os días 8 e 9 de xuño no albergue municipal de Celanova un acto no que se abordaron temas de ac-tualidade como as saídas profesionais existentes, as tendencias do mercado laboral e o aprendizaxe non formal.

Entre os actos sociais realizados des-taca a homenaxe a Miguel Angel Blan-

co, que tivo lugar o 13 de xullo, ao cal asistiron membros do Partido Popular de Ourense. O acto tivo lugar nos Xar-díns do Padre Feijóo e nel interviñe-ron Jackeline Fernández (presidenta provincial de NNXX), José Antonio Estévez (presidente local de NNXX) e Rosendo Fernández, (secretario pro-vincial do PPOU). Neste acto de lem-

branza Novas Xeracións apelou, unha vez máis, ao Espírito de Ermua para seguir loitando contra este tipo de vio-lencia e conseguir a desaparición total da banda ETA.

Ademais, a directiva provincial de Novas Xeracións continuou manten-do reunións periódicas coas distintas xuntas locais da provincia de Ouren-se. A última delas tivo lugar o 12 de xullo coa xunta local da cidade de Ourense, e nela fixouse o calendario dos actos programados para o segun-do semestre de 2012, tanto da directi-va provincial coma local.

Pola súa banda, as distintas xuntas locais de Novas Xeracións seguiron mantendo a súa actividade durante estes meses, coma por exemplo, o curso de oratoria organizado por No-vas Xeracións da cidade de Ourense. Dito curso foi impartido polo dinamiza-dor universitario e experto en comuni-cación, José Martínez, o cal explicou

os principios bási-cos da oratoria para desenrolar discur-sos e relatorios no eido da política.

Xunto a isto, Novas Xeracións participou activamente nos ac-tos organizados nos ámbitos nacional, autonómico e local, como foron o Con-greso Nacional do Partido Popular que tivo lugar en Sevilla, o acto do Día das Letras Galegas, or-ganizado polo PP de Galicia en Santiago,

ou a II Edición da Escola de Forma-ción Miguel Ángel Blanco, organizada polo PP de Ourense.

Economía e emprego

Pola súa banda, logo dun ano de ac-tividade, a renovada Xunta Local de Novas Xeracións da Cidade de Ouren-se, dirixida por José Antonio Estévez, destacouse por unha especial defen-sa da economía e do emprego dos xó-venes. Bo exemplo delo foi a petición da rebaixa das taxas no Complexo Deportivo de Oira, reclamando así ao Goberno Municipal que negociara coa empresa concesionaria a rebaixa dos prezos das taxas establecidas, xa que Novas Xeracións apoia esta medida como fundamental para a xuventude desta cidade e dun espazo, no que dende décadas foi un referente para a xuventude de Ourense.

Ademais, NNXX na cidade dedicou boa parte da súa actividade á cam-

NNXX centrou o seu labor na formación,o emprego e as actividades sociais

Entre os actos sociais organizados por NNXX destacou a homenaxe a Miguel Ángel Blanco

José Estévez, Jackeline Fernández y José Manuel Cumbrado.

Page 17: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

de Ourense17

Novas Xeracións PPOU

paña das Eleccións Xerais do 20-N; sendo de gran axuda o traballo desta Xunta Local para os compañeiros e para as candidaturas do Partido Po-pular de Ourense.

En nadal fíxose unha mesa de reca-dación de fondos para axudar ao tra-tamento dun mozo ourensán, doente das denominadas “estranas enfermi-dade”, que tanto prexuízos causan e cun elevados custe dos tratamentos. Unha labor solidaria á que se suma-rían máis tarde diferentes colectivos da cidade para, entre todos, poder axudar ao noso veciño.

Para o XVI Congreso Nacional do Parti-do Popular en Sevilla, Novas Xeracións contou con varios compromisarios que propuxeron varias enmendas os esta-tutos, colaborando así activamente no desenvolvemento do congreso.

Campaña de afiliación

Asemade, en primavera a organi-zación xuvenil popular levo a cabo unha campaña de afiliación e de achegamento á xuventude da cida-de co lema “Seguimos xerando ilu-sións”. A campaña transcorreu con éxito polo diferentes barrios da cida-de no que se informou da actividade,

actos e programas de NNXX para to-dos ós xóvenes.

Esta actividade deu paso á celebra-ción da I Reunión de Presidentes Lo-cais na cidade de Ourense, contando con membros da Directiva Autonómi-

ca de Novas Xeracións de Galicia; coa Directiva Provincial de Novas Xe-racións, organizando así a Escola de Formación que se fixo no Concello de Celanova, tendo unha fin de semana de actividades, con persoeiros dos di-ferentes eidos da educación tanto de Ourense coma de fóra da provincia.

Novas Xeracións completou a súa actividade cunha reunión das dúas xuntas locais máis importantes: a da cidade e a provincial, facendo ba-lance das actuacións e avanzando a planificación das que se levarán a cabo no curso político 2012-2013, que ven de comezar.

Congresos, actividades xuvenís e campañas de Nadal completaron as actividades de NNXX

Acto de homenaxe a Miguel Ángel Blanco.

Congreso Local de NNXX na cidade de Ourense.

Page 18: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

18de Ourense

Actividades

Os portavoces municipais do PPOU na oposición aunaron esforzos e fixaron, xunto co presidente provincial, Manuel Baltar, estratexias comúns e coordina-das para levar a cabo a súa labor diaria de fiscalización e control dos seus res-pectivos gobernos municipais.

Dos 92 municipios ourensáns, nun-ha ampla maioría goberna o PPOU e en 25 deles os populares contan con portavoces na oposición.

Na última reunión que mantiveron fixáronse estra-texias comúns, tales como obter e distribuír informa-ción das accións

de goberno en concellos similares, compartir información acerca dos plenos municipais, poñer en marcha xornadas de formación e, incluso, ce-lebrar reunións mensuais itinerantes co fin de manter un contacto coordi-nado e fluído entre os portavoces, tal

e como explicou o coordinador deste colectivo, José Ángel Sampayo Fer-nández.

O presidente provincial, Manuel Bal-tar, sinalou a importancia destes en-contros, sobre todo porque contribúen a enriquecer e diversificar as accións políticas do Partido Popular en Ouren-se: “Os portavoces municipais popu-lares entenden que a situación dos seus respectivos concellos forma par-te dunha estratexia moito máis global, onde todos poden estar conectados, aunando esforzos e iniciativas, co fin primordial de mellorar os servizos e a atención á cidadanía”. Asemade, Ma-nuel Baltar pediu aos portavoces po-pulares que poñen especial atención ás necesidades dos veciños e veciñas dos seus respectivos municipios, “pois se o PPOU ten un sinal de identidade, ese é o do achegamento á xente.

Dentro da programación da Escola de Formación “Roberto Padilla” do Partido Popular de Ourense, a sede dos po-pulares albergou unha xornada sobre Marketing Político, ao que asistiron

alcaldes, conce-lleiros e membros do Comité Execu-tivo dos populares ourensáns. Á in-auguración asis-tiron o presidente provincial, Manuel Baltar, e o secre-tario provincial e director da Escola de Formación “Ro-berto Padilla”, Cé-sar Blanco Gómez.

O relator da xorna-da foi Ramón Carlos Suárez y Alonso, experto contrastado en Tecnoloxías da Información e Comunicacións, consultor e formador en Servizos Avanzados de Información e Teleco-

municacións de multinacionais como: Repsol, Citröen, Michelin, Inditex, Pescanova, Unión Fenosa, Aceralia,, Eléctrica de Portugal, GALP, IBM e Telefónica; ademáis de membro do Grupo Director eEurope da Comisión Europea en Bruselas.

O presidente provincial, Manuel Bal-tar afirmou na xornada a importancia da formación e da constante reciclaxe en coñecementos, manifestando que “o Partido Popular de Ourense des-taca polo seu dinamismo e interese no que atinxe aos instrumentos que nos ofrece a intelixencia tecnolóxica”. Baltar destacou que estes avances na comunicación nos permiten inte-ractuar cos cidadáns para achegar-nos mellor, máis rápido e con máis eficacia a eles”.

Os portavoces do PPOU na oposición fixan estratexias comúns e coordinadas

A Escola de Formación “Roberto Padilla” analiza as claves do marketing político

Page 19: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

19de Ourense

Actividades

A Casa da Cultura do Carballiño aco-lleu por segundo ano as actividades da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, que na súa edición de 2012 abordou o tema das reformas nas administracións. A primeira xornada tivo lugar o 27 de xullo con dous relatorios sobre as refor-mas do sector público, a cargo de Sonia Rodríguez-Campos, directora da Es-cola Galega de Administración Pública -EGAP; e de José Manuel Barreiro, pre-sidente do PP de Lugo e portavoz do PP no Senado. O acto inaugural contou coa presenza do alcalde do Carballiño, Ar-gimiro Marnotes; o responsable de For-mación do Partido Popular de Ourense, César Blanco, e o secretario provincial do PPOU, Rosendo Fernández.

As actividades da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” desenvolveron-se os días 27, 28 e 29 de xullo, tendo como debate central este ano o tema: “Tempo de reformas”. Esta iniciativa ten como obxectivo incrementar a par-ticipación política, potenciando o diálo-go e a unidade, e achegando propos-tas que favorezan a interacción entre sociedade e política, ademais de ser un elemento dinamizador do diálogo que favorece o debate e a análise dos temas que máis interesan á sociedade.

Na segunda xornada, proxectouse o vídeo ”A xeración Miguel Ángel

Blanco”, que analizou o que foi o movemento cidadáns dos xóvenes a partires do asasinato do concelleiro popular de Ermua, e tamén nesta xor-nada participou o presidente provincial do PP e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, cun relatorio sobre ”O novo papel das deputacións”.

Administración local

Na tarceira xornada, o domingo 29 de xullo, tivo lugar unha mesa redonda sobre “Visións sobre o proxecto de reforma da Administración Local”, na que participaron José Manuel Rey, alcalde de Ferrol e presidente da Fe-gamp; César Fernández, portavoz do PP en Ribadavia; Argimiro Marnotes, alcalde de O Carballiño, e Rosendo Fernández, secretario provincial do Partido Popular de Ourense. No acto de clausura interviron Manuel Baltar e o conselleiro de Presidencia, Admi-nistracións Públicas e Xustiza, e se-cretario xeral do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda.

A Escola de Verán chegou este ano a súa 2ª edición. É un elemento dinamiza-dor do diálogo para debater e analizar os temas de máis interese na actualida-de social, pero tamén unha plataforma dende a cal se lle renda homenaxe á memoria de Miguel Ángel Blanco.

A importancia da Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” radica na súa finalidade, que non é outra que abor-dar os temas que configuren a ac-tualidade na axenda política e social, para que os especialistas aporten a súa visión e así enriquecer o proxec-to político popular e, por extensión, a comunicación entre a sociedade en xeral e a política.

A Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco” analizou as reformas nas administracións

Manuel Baltar e Alfonso Rueda, na xornada de clausura da Escola Miguel Ángel Blanco.

Page 20: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

20de Ourense

O Consello Consultivo Asesor do Par-tido Popular de Ourense mantivo ao longo deste último ano diferentes re-unións para analizar aspectos da vida política na provincia de Ourense. É órgano que, como o definiu o seu pre-sidente, Daniel Barata, “supón o I+D da experiencia política, e ten como obxectivo conformar un grupo de ex-pertos da política provincial para ase-sorar ao partido nos temas de actuali-dade que máis interesan á sociedade”.

En referencia a este órgano, o presi-dente provincial, Manuel Baltar, que participou nas xuntanzas do Conse-llo, afirma que a mellor forma de “fa-cer partido” é traballar todos os días polos cidadáns da nosa provincia, non só en campaña electoral, “algo que o PP de Ourense fai a cotío, e un bo exemplo e este Consello Consulti-vo Asesor, unha iniciativa pioneira en España que permite poñer en valor o coñecemento e a experiencia de quen durante moitos anos estiveron na primeira liña da política”.

Baltar di que esta iniciativa únese a todas as que o PPOU puxo en mar-cha nos últimos dos anos e medio: a Rede Ourensá de Mulleres Populares, o Centro de Formación e Estratexia “Roberto Padilla”, a Escola de Verán “Miguel Ángel Blanco”, e as conven-cións para cargos femininos e para cargos menores de 45 anos, entre outras iniciativas.

Saúde forestal e novas titulacións

Na última xuntanza da Comisión Per-manente do Consello Consultivo Ase-sor do PPOU acordouse realizar dous estudos sobre dous temas de gran interese para a provincia: por unha banda, a análise da actual situación da riqueza forestal, avaliando os quiló-metros cadrados de bosque que ten a nosa provincia para determinar “a saú-de dos nosos bosques e masa fores-tal”, explicou Daniel Barata; e por outra banda, encargarase un estudo para determinar as necesidades de novas titulacións para o Campus Universita-

rio de Ourense, “co obxectivo de que poidamos adecuar as titulacións que se ofrecen aos nosos mozos coa realida-de laboral de hoxe en día”.

Daniel Barata afirma que o Consello Consultivo Asesor ten como finalidade “debater, analizar e poñer a disposi-ción do PP de Ourense e de toda a sociedade estudos e reflexións sobre aqueles asuntos que suscitan o maior interese”, e anunciou que un dos tra-ballos que está a desenvolver na ac-tualidade e un seguimento dos com-promisos electorais asumidos polo Partido Popular naqueles concellos da provincia de Ourense os goberna.

Na reunión da Comisión Permanente estiveron presentes destacados nomes do PPOU que no seu día foron alcaldes, parlamentarios, delegados e outros car-gos relevantes como os veteranos Ar-gimiro Marnotes, Maximino Rodríguez, Manuel López Casas, Felipe Ferreiro, Antonio Hervella, José Pérez Iglesias, Arturo Gavilanes e Jesús Barros.

O Consello Consultivo Asesor do PPOU: o I+D da experiencia política

Actividades

Daniel Barata e Manuel Baltar, reunidos cos membros do Consello Consultivo Asesor.

Page 21: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

21de Ourense

Achegarse máis ao cidadán e poñer a súa disposición un instrumento de consulta, información e servizo, é o obxectivo da Oficina Parlamentaria do Partido Popular de Ourense, que tivo a súa constitución en Celanova, onde se desenvolveu a súa primeira xornada de traballo, coa presenza do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijoo; do presidente provincial do PP, Manuel Baltar, e de deputados, senadores, parlamentarios autonó-micos e deputados provinciais, todos eles membros activos deste novo ór-gano do PPOU.

Manuel Baltar explicou que os po-pulares ourensáns “son pioneiros en incorporar a esta Oficina Parlamenta-ria a presenza activa dos deputados provinciais”, algo que non se está a dar en ningunha outra cidade espa-

ñola, “xa que pola estrutura da nosa provincia, é moi importante manter un contacto constante e fluído con todas as comarcas e, polo tanto, é clave a labor que levan a cabo os deputados provinciais”.

A nova Oficina Parlamentaria do PP de Ourense terá como coordinadora á deputada no Congreso e Coordina-dora de Política Nacional do PPOU, Ana Belén Vázquez, quen afirma que a oficina servirá “para atender as de-mandas e peticións dos afiliados e non afiliados do PPOU, así como para canalizalas cara o Goberno Central, a Xunta de Galicia ou aos correspon-dentes órganos (Congreso, Senado, Parlamento de Galicia)”.

Peticións dos cidadáns

Ademais, manterase unha garda con-tinua na sede do PPOU para atender peticións da Oficina Parlamentaria e habilitarase un apartado na web do partido (www.ppou.es) para que os interesados poidan transmitir as súas demandas ao respecto. A atención será personalizada e constante, co fin de que non quede ningún cidadán sen resposta ás súas demandas, abrindo así unha importante canle de comu-nicación e contacto permanente con tódolos ourensáns.

A Oficina Parlamentaria do PPOU, un instrumento ao servizo do cidadán

A coordinadora será a deputada nacional do PP de Ourense, Ana Belén Vázquez

Actividades

Reunión da Oficina Parlamentaria en Celanova coa presenza de Núñez Feijóo.

Presentación da Oficina Parlamentaria na sede do PPOU.

Page 22: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

22

de Ourense

Fotonoticias

Rajoy na sede do Partido Popular

Rajoy en Ourense

Page 23: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

23

Fotonoticias

Encontro cos coletivos sociais de Ourense. Inicio do curso político en Soutomaior.

Xunta Directiva Provincial do PPOU coa participación de Alberto Núñez Feijóo.

Os catro presidentes provinciais, en Sevilla. Constitución do Comité de Campaña.

Page 24: NUM. 2 REVISTA POPULARES DE OURENSE

Homenaxe de Ourensanía a José Luis Baltar

Un homenaxe de Ourensanía. Así pode-ría resumirse o acto que congregou do recinto feiral Expourense 3.400 persoas para homenaxear José Luís Baltar, pro-fesor, pai, avó e esposo, pero tamén un “Titán” da política, como o definiu o seu fillo e presidente do PP de Ourense, Manuel Baltar, quen recordou os 44 anos de vida política do seu antecesor.

Persoeiros chegados de toda Galicia, incluíndo o presiden-te da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, os conselleiros Agus-tin Hernández, Rosa Quin-tana e Jesús Vázquez, ex-conselleiros da etapa Fraga como Jesús Pérez Varela e Juan Manuel Diz Guedes, e presidentes e representan-tes de PPdeG do resto das provincias galegas, asistiron ao multitudinario evento.

A traxectoria de José Luis Baltar foi glosada por varios dos convidados, quen alu-diron a destacados momentos da súa vida como a súa etapa como profesor nas aldeas de Ramuín Nogueira, Vilar-devós e de Pereiro de Aguiar, lembran-za que lle correspondeu facer a súa ex-alumna Begoña Rodríguez Sánchez.

Ademais do presidente de Academia Postal, destacado impulsor do atletis-mo provincial, Francisco Nóvoa, tamén falou o presidente da CEO, Francisco Rodríguez, ou o escritor Luís González

Tosar. Tamén interveu o pintor autor do retrato co que foi agasallado Baltar no acto, Antón Pulido; o presidente da Fundación San Rosendo, José Luis Gavela, e Elena, a neta de José Luís Baltar, quen salientou o lado humano e familiar do homenaxeado. Finalmente,

o presidente do PPOU e presidente da Deputación de Ourense, Manuel Bal-tar, definiu ao presidente de honra do PP de Ourense como un “titán da po-lítica” e salientou que se algo hai que destacar na vida de José Luis Baltar foi a súa entrega aos demais “e a súa fir-me convicción de erguerse cada mañá pensando só en axudar á xente”.

E cando o protagonista subiu ao esce-nario, a palabra que máis se escoitou

da súa boca foi “grazas”. Xunto a súa dona, Alicia, e a súa neta, José Luis Baltar agradeceu nun breve pero emoti-vo discurso a cantos lle deron o seu ca-riño ao longo de tantos anos, e dixo que o seu corazón xa non lle pertencía “por-que dende hoxe está con todos vós”.

Cartas de adhesión

O condutor do evento foi o presentador Xosé Manuel Piñeiro, que abriu o acto dando paso ao gaiteiro Mar-co Foxo, quen interpretou a Alborada de Veiga e a Mui-ñeira de Chantada. Piñeiro leu varias cartas de adhe-sión ao homenaxeado, entre elas a do presidente do Go-berno, Mariano Rajoy, a do escritor Antón Lamazares, enviada de Berlín, e a do bispo de Ourense. Tamén enviou unha carta o presi-dente da Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, que na súa adhesión

se referiu ao destacado papel de “be-nefactor” de José Luís Baltar e o seu compromiso para poñer en marcha a “Casa dos Poetas” de Celanova.

O servizo da comida da homenaxe es-tivo a cargo de “Aixiña”, destacada or-ganización que desenvolve proxectos para persoas con discapacidade, e os 25 euros que pagou cada comensal foron destinados á mercar unha nova unidade de rehabilitación.

Máis de 4.000 persoas acudiron en Expourense ao multitudinario acto de despedida da vida política do presidente de honra do PP de Ourense