novas 1027

11
novas da xustiza Número 1027 Edita: CCOO de Xustiza 12 de maio de 2014 Xustiza pública CCOO lembra que a Xustiza é un dereito da cidadanía e pide a retirada do proxecto de reforma xudicial CCOO pediralles aos Concellos galegos que aproben unha declaración institucional en defensa dos partidos xudiciais e dos xulgados de paz. Páxina 2 Arquivos CCOO forza á Dirección Xeral de Xustiza a arranxar os arquivos dos Xulgados de Ferrol Dende o sector de xustiza de CCOO presentamos denuncia ante a Inspección de Traballo denunciando a insostible situación destes arquivos. Aínda que é unha actuación ao noso xuízo insuficiente, continuaremos gradualmente coa campaña de denuncias até que os funcionarios itinerantes para expurgo sexan nomeados Páxina 7

Upload: ccooxustiza

Post on 12-Jun-2015

2.355 views

Category:

Law


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Novas 1027

novas da xustiza

Número 1027 Edita: CCOO de Xustiza 12 de maio de 2014

Xustiza pública

CCOO lembra que a Xustiza é

un dereito da cidadanía e pide a

retirada do proxecto de reforma

xudicial

CCOO pediralles aos Concellos galegos que aproben

unha declaración institucional en defensa dos partidos

xudiciais e dos xulgados de paz.

Páxina 2

Arquivos

CCOO forza á Dirección Xeral de Xustiza

a arranxar os arquivos dos Xulgados de

Ferrol

Dende o sector de xustiza de CCOO presentamos denuncia ante a

Inspección de Traballo denunciando a insostible situación destes

arquivos. Aínda que é unha actuación ao noso xuízo insuficiente,

continuaremos gradualmente coa campaña de denuncias até que os

funcionarios itinerantes para expurgo sexan nomeados

Páxina 7

Page 2: Novas 1027

2 Novas da Xustiza

Sentenza canosos

Sentenza firme: os canosos non

poden suprimirse

Unha sentenza firme do Xulgado do Contencioso nº6

de Bi lbao ditamina que os d ías adicionais por

antigüidade non se poden suprimir. Esiximos da

Dirección Xeral de Xustiza o acatamento e apl icaci ón

inmediata desta sentenza , para o que debe convocar

unha nova mesa

Páxina 9

Editorial

A las armas!!

O sector de Xustiza de CCOO considera unha parodia, senón fora tristemente real,

que o goberno pretenda que os militares

podan pasar á nosa Administración

Páxina 10

Page 3: Novas 1027

3 Novas da Xustiza

Xustiza pública

CCOO lembra que a Xustiza é un dereito da cidadanía e

pide a retirada do proxecto de reforma xudicial

O sindicato solicitaralles aos Concellos galegos que aproben unha declaración institucional de rexeitamento ao anteproxecto de Lei orgánica do Poder

Xudicial

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou hoxe unha iniciativa

en defensa da Administración pública de Xustiza, un «dereito esencial da cidadanía», en

palabras do responsable desta organización, Xosé Manuel Sánchez Aguión. En concreto, CCOO

pediralles aos Concellos galegos que aproben unha declaración institucional en defensa dos

partidos xudiciais e dos xulgados de paz.

Page 4: Novas 1027

4 Novas da Xustiza

Desde o sindicato consideran que o anteproxecto de Lei orgánica do Poder Xudicial, aprobado

hai pouco máis dun mes polo Consello de Ministros, supón un «duro golpe» para servizo

público da xustiza en Galicia. Así, a creación de tribunais de instancia pon en risco de

desaparición todos os xulgados de paz e todos os órganos xudiciais que non estean situados na

capital de provincia.

Isto acontecerá malia que Galicia é unha comunidade cun «déficit recoñecido en materia de

xustiza», sinalou Jorge Suárez, coordinador do sector da Xustiza de CCOO na presentación

desta iniciativa. Ramiro Otero, secretario xeral da Federación de Servizos á Cidadanía, lembrou

que son «históricas» as reivindicacións de creación de novos órganos xudiciais e de dotación

de medios materiais e humanos para solucionar o «colapso» de procedementos.

Xosé Manuel Sánchez Aguión acusou o ministro Alberto Ruíz-Gallardón de lograr unha «insólita

unanimidade» de todo o sector da xustiza contra as súas propostas, así como un «notable

rexeitamento cidadán». O secretario xeral de CCOO de Galicia cualificou a Gallardón de

«involucionista», de «retrotraernos a épocas pasadas» con cuestións como a reforma da

lexislación sobre o aborto —que criminaliza as mulleres—, a lei de taxas xudiciais —que limita

o acceso á xustiza— e agora a reforma da planta xudicial.

Neste punto, Jorge Suárez lembrou que a limitación do acceso á xustiza e o peche de xulgados

provocarán un prexuízo no tocante ao dereito á tutela xudicial efectiva. Por esta razón, o

secretario xeral de CCOO explicou que a reforma que pretende Gallardón é lesiva para toda a

cidadanía, amais de destruír emprego no sector e de provocar perdas na hostalaría e no

comercio das localidades que actualmente son cabeceira dun partido xudicial.

Page 5: Novas 1027

5 Novas da Xustiza

Page 6: Novas 1027

6 Novas da Xustiza

Page 7: Novas 1027

7 Novas da Xustiza

CCOO forza á Dirección Xeral

de Xustiza a arranxar os arquivos

dos Xulgados de Ferrol A denuncia presentada hai un mes na inspección de traballo motivou que a Dirección Xeral

encomende o arranxo das pezas de convicción a unha empresa privada.

Resulta vergoñento que teña que ser a acción sindical a que recorde á Administración cal e o

seu deber, e que esta tan só reaccione cando se ve acosada polos medios de comunicación.

Aínda así CCOO non está conforme coa solución ao 100%, en primeiro lugar porque asistimos

a un novo episodio de externalización de servizos a empresas privadas, e en segundo lugar

porque segue a ser incumplido o compromiso de nomear funcionarios itinerantes de reforzo

que solucionen un mal estrutural dos Xulgados do noso país: un tratamento deficiente dos

arquivos, que provocan un colapso de papel, situacións insalubres, faltas á protección de datos

e a seguridade, e un verdadeiro atentado ás medidas esixibles en base a Lei de prevención de

riscos

Polo tanto CCOO continuará a interpor estas denuncias paulatinamente, até que a Dirección

Xeral asuma o compromiso de buscar unha solución que pase por:

- Non atribuír funcións de arquivo máis alá da mera xestión que nos outorga a LOPX aos

funcionarios de xustiza, e que non substitúa funcións do persoal laboral, cualificándoas

erroneamente de funcións xurisdicionais

- Nomear funcionarios de reforzo para elaborar o expurgo, dous por provincia, tal e como

se comprometeu en mesa técnica, nomeadamente nos xulgados máis sobrecargados de

traballo

- Impedir que os secretarios coordinadores decidan, dun xeito alegal, a atribución de

funcións que non nos corresponden

- A participación dos representantes dos traballadores na Xunta de Expurgo

- A contratación de espazos adecuados (naves industriais, por exemplo) para a ubicación

dos arquivos definitivos

Arquivos

Page 8: Novas 1027

8 Novas da Xustiza

Page 9: Novas 1027

9 Novas da Xustiza

Canosos? Si , grazas

Unha sentenza firme recoñece o dereito aos

canosos, suprimidos ilegalmente

O Xulgado do Contencioso Administrativo nº 6 de Bilbao ditou unha sentenza, que xa

é firme, na que se recoñece o dereito aos días adicionais por antigüidade vixentes

antes da aprobación do RD 20/12, coñecidos como canosos.

O disposto no RD 20/12 non pode interferir no goce dos días de vacacións e de

asuntos propios adicionais por trienios de antigüidade xa consolidados antes da

entrada en vigor do RD Lei 20/12 (xuño de 2012), en concreto o día hábil de

vacacións ao cumprir 15 anos de servizo que se incrementan nun día máis aos 20, 25

e 30 anos de servizo respectivamente, así como so dous días a partir do sexto trienio

incrementado nun máis a partir do oitavo.

O que ven a recoñecer a sentenza é a irretroactividade da supresión, toda vez que ese

dereito estaba xa consolidado, vulnerando o principio da irretroactividade das

disposicións non favorables.

O dereito xerado a continuación de xuño de 2012 non pode acollerse a esta sentenza,

se ben confiamos que o Tribunal Constitucional nos devolva este dereito roubado

cando resolva a cuestión de inconstitucionalidade formulada.

Dende o Sector de Xustiza de CCOO instamos á Dirección Xeral de Xustiza ao

acatamento desta sentenza, a convocatoria de mesa sectorial con este punto na orde

do día, e ao recoñecemento inmediato do dereito usurpado que a Xustiza restableceu.

Así mesmo, reivindicamos o pago de oficio da paga extra de 2012 suprimida, xa que

logo os fundamentos da sentenza son idénticos.

Page 10: Novas 1027

10 Novas da Xustiza

Militares na xustiza

A las armas!! El Área Pública de CCOO, sindicato mayoritario en la Función Pública, denuncia que el Grupo

Parlamentario Popular ha utilizado el último día del trámite de enmiendas al Proyecto de Ley de

Racionalización del Sector Público para modificar nuevamente el Estatuto Básico del Empleado

Público (EBEP). Estas enmiendas, que afectan fundamentalmente al personal interino y al militar,

no han sido ni negociadas ni comunicadas con carácter previo a las organizaciones sindicales

representativas, manteniendo con ello la senda de las decisiones unilaterales que caracterizan al

ministerio de Cristóbal Montoro y al partido del Gobierno en materia de Función Pública.

CCOO ya ha manifestado a los responsables ministeriales su oposición a estas propuestas, tanto por

la forma, casi a escondidas y sin previa negociación ni diálogo, como por el fondo de las mismas, y

mantendrá reuniones con los diferentes grupos parlamentarios para tratar de frenar su aprobación en

la forma en la que actualmente están redactadas.

De las enmiendas presentadas, una de las más negativas, en opinión de CCOO, es la que

modifica el artículo 10 del EBEP, el cual regula el trabajo de los funcionarios interinos. El PP

plantea que las diferentes administraciones puedan utilizar estos contratos de manera arbitraria para

puestos de trabajo estructurales, sin obligación alguna de cubrir de manera reglamentaria las

correspondientes vacantes y sin que exista limitación alguna a la concatenación de diferentes

programas temporales. Además, se permite a la administración correspondiente la libre e impuesta

movilidad funcional y geográfica de las personas que tengan este tipo de interinidad (y la interinidad

por acumulación de tareas), al permitir que pueda modificarse la plaza que ocupan libremente con la

única limitación de que obedezca al mismo programa temporal. En definitiva, supone sustituir

empleo público de calidad, a través de ofertas de empleo público, por trabajo precario.

CCOO sospecha que el hecho de proponer la libre movilidad funcional y geográfica del personal

interino puede ser la antesala de lo que, en su opinión, pretende el Gobierno, que sería ampliar esta

misma movilidad funcional y geográfica al resto del personal de la Administración Pública.

En otra de las enmiendas introducen una nueva disposición, intolerable para CCOO, que

permitirá a las diferentes administraciones la apertura de plazas de funcionarios civiles

para su ocupación por militares de carrera, sin establecer ni tipo de plazas ni la justificación de

Page 11: Novas 1027

11 Novas da Xustiza

dicha apertura. Además, en la regulación que establece la enmienda se plantea un régimen mixto,

exclusivo y excepcional, tanto de movilidad como de régimen laboral para el personal militar que

preste servicios en la administración civil. CCOO destaca que esto es algo completamente

excepcional en el derecho administrativo español y que podría ser contrario al

ordenamiento jurídico.

El Gobierno esconde su incapacidad para estabilizar y dignificar el empleo del personal militar

buscando salidas laborales que alivien el malestar de las plantillas, apostando por la militarización de

la Administración civil, especialmente determinadas plazas, como por ejemplo protección civil o policía

local, que legalmente son y deben seguir siendo ocupadas por el personal de la Administración

General del Estado o la Administración correspondiente (Autonómica, Local o Administración de

Justicia).

El plazo de presentación de enmiendas al proyecto de Ley de racionalización del sector público y

otras medidas de reforma administrativa, ya ha finalizado por lo que su aprobación es inminente.

Os recordamos que hace semanas el ministro Montoso anunció que se introducía una enmienda

(enmienda nº 12) a este proyecto de Ley por el cual se modificaba el artículo 48 del EBEP en el

sentido de introducción un día más de asuntos particulares (como el que anunció a finales del

año pasado en diciembre, muy cerca de la Navidad, en ambos casos con un pronunciado fin

electoralista, en vez de devolver todos los derechos que nos han robado).

Novas da Xustiza

Edita

CCOO de Xustiza

Subscricións-Colaboracións

Se queres publicar un artigo ou un

comentario no boletín, se queres

realizar unha consulta ou unha

suxestión ou se queres recibir o

boletín remítenos un correo

electrónico a

[email protected]

Síguenos en

www.ccooxustiza.com

twitter

facebook

google +