normativa 2014 2020

32
Actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2014-2020 EGAP Santiago de Compostela 04.03.2016

Upload: illa-tecnoloxia

Post on 12-Apr-2017

144 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Normativa  2014 2020

Actuacións cofinanciadas polo Fondo Social Europeo 2014-2020

EGAP Santiago de Compostela

04.03.2016

Page 2: Normativa  2014 2020

Programas Operativos• PO Emprego, Formación e Educación– Aprobado o 17.12.2015.– Xestiona MECD e MESS.– Obxectivo temático 10 (MECD).– Inclúe actuacións das CCAA.

• PO FSE Galicia 2014-2020.– Aprobado o 8.12.2015.– Xestiona a Xunta de Galicia.

Page 3: Normativa  2014 2020

PO Emprego, Formación e Educación(1)

• Actuacións cofinanciadas:– Formación Profesional Básica (FPB).– Novos itinerarios de 3º e 4º da ESO.– Acreditación de competencias (ACREDITA).– Mellora da calidade na FP (CALIDADE).

• Difusión da calidade na FP (campionatos autonómicos, estatais, europeos e mundiais de FP.

• Certificacións e renovacións de certificacións de calidade para centros.• Proxectos de innovación para o alumnado de FP.• Formación continua do profesorado.

Page 4: Normativa  2014 2020

PO Emprego, Formación e Educación(2)

• Duración das actuacións– FPB – curso 2014-2015 ao 2016-2017.– Novos itinerarios de 3º e 4º da ESO – curso 2015-2016 ao

2016-2017.– ACREDITA – ata 2020.– CALIDADE – ata 2020.

• Financiamento:– FPB …. 29.112.824,95 €– ESO .… 25.966.197,60 €

Page 5: Normativa  2014 2020

PO do FSE Galicia 2014-2020 • Actuacións:– Programas de mellora da aprendizaxe e do

rendemento e PDC.– Ciclos formativos de grao medio.

• Duración:– Dende o curso 2014-2015.– Ata xuño de 2023.

• Financiamento:– CICLOS ………... 32.368.509 €– PMAR-PDC ….. 76.170.256 €

Page 6: Normativa  2014 2020

Información das actuacións

• FPB www.edu.xunta.es/portal/fse-fpb• ESO www.edu.xunta.es/portal/fse-eso• PMAR www.edu.xunta.es/portal/fse-pmar• CICLOS www.edu.xunta.es/portal/fse-ciclos

Page 7: Normativa  2014 2020

Compromisos da Comunidade Autónoma (1)

• Executar as actuacións• De acordo coa normativa nacional e

comunitaria aplicada a fondos estructurais, en especial do FSE.

• Tamén coas decisións que diten a Comisión Europea, a Autoridade de Xestión do FSE (AX) e o propio Organismo Intermedio (OI).

• Facilitar información para elaborar as declaracións de gastos.

Page 8: Normativa  2014 2020

Compromisos da Comunidade Autónoma (2)

• Elaborar sistemas de xestión e control.• Elaborar baremos estándar de custos unitarios• Pista de auditoría.• Medidas de información e publicidade.• Igualdade de oportunidades.• Calquera outra necesaria para elaborar os

informes anuais e finais.

Page 9: Normativa  2014 2020

Compromisos da Comunidade Autónoma (3)

• Utilizar os sistemas telemáticos establecidos polo OI e AX

• Incluír gastos considerados elixibles:– Nos que se incorre efectivamente– En actuacións realizadas e verificables– Con soporte documental– Con pista de auditoría

Page 10: Normativa  2014 2020

Operación• A operación susceptible de cofinanciamento do FSE

compóñena as horas lectivas dos módulos, das materias, dos ámbitos dos grupos do alumnado seleccionado en cada centro educativo por actuación.

• Non se inclúen na operación as horas lectivas do módulo de Formación no Centro de Traballo (en FPB e ciclos formativos).

• As horas lectivas impártense de acordo coa normativa estatal e autonómica aplicable.

• Autorízanse cada curso escolar e publícanse na páxina web.

Page 11: Normativa  2014 2020

Gastos susceptibles de cofinanciamento• Custos directos: integrados polos gastos de profesorado calculados

mediante custos mínimos unitarios e comúns das horas lectivas que se imparten. Os ditos custos calcúlanse en base as nóminas que elaboran e pagan mensualmente as Administracións educativas.

• Custos indirectos: correspondentes ao 15% calculado sobre os citados gastos de profesorado, segundo se establece no artigo 68.b) do Regulamento (UE) nº 1303/2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

• A forma para calcular estes gastos está recollida nos baremos publicados na páxina web correspondente.

• Sistema contable separado ou un código contable adecuado da operación. Nestas actuacións non se aplica.

Page 12: Normativa  2014 2020

Calendario de execución da operación

• O calendario de execución de cada operación é o que se recolle no calendario escolar aprobado pola Comunidade Autónoma de Galicia para cada curso escolar.

• No noso caso, pola Orde de 8 de xuño de 2015 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2015/16 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 17 de xuño).

Page 13: Normativa  2014 2020

Xustificación dos centros (1)

• Os custos unitarios das horas lectivas que se presenten o cofinanciamento deben corresponderse coas horas efectivamente impartidas ao alumnado matriculado nos grupos cuxas horas lectivas se cofinancian.

• Para realizar un seguimento das horas efectivamente impartidas, as vixentes instrucións da Autoridade de Xestión inclúe unha ficha de seguimento de accións FSE que asina a dirección do centro educativo certificando que os datos teñen soporte xustificativo na programación educativa do centro así como nos procedementos seguidos para controlar a impartición efectiva de clases ao alumnado. Esta ficha obterase a través de XADE de forma automática.

• Os ditos procedementos deben documentar a realización das horas efectivamente impartidas a través do sistema de control de asistencia no centro educativo que está implantado pola administración educativa.

Page 14: Normativa  2014 2020

Xustificación dos centros (2)

• A Administración educativa realiza un control do incumprimento do horario e da asistencia do profesorado. É responsabilidade da persona que ostenta a xefatura de estudos realizar ese control. Para esta tarefa contan coa colaboración do profesorado de garda.

• Os centros remiten os partes de faltas mensuaies á inspección educativa e publícanos na sala de profesorado. Neles recóllense as ausencias e faltas de puntualidade do profesorado, independentemente de que estea ou non xustificada a ausencia. Os xustificantes e as solicitudes debidamente cumplimentadas quedan no centro a disposición da inspección educativa.

• En todos os centros educativos de secundaria (IES) haberá sempre, durante a xornada escolar, un ou máis profesores de garda, que atenderán ao alumnado que quede libre por ausencia do respectivo profesor. Son os encargados de rexistrar no libro de gardas as ausencias e faltas de puntualidade do profesorado.

Page 15: Normativa  2014 2020

Xustificación dos centros (3)

• Os libros de garda deben estar asinados polo profesorado que desenvolve esa función.

• Ver o baremo para calcular os gastos dunha actuación. Por exemplo FPB - www.edu.xunta.es/portal/fse-fpb

• Arquivar os formularios, xustificantes de permisos do profesorado, partes mensuais, etc. Recoméndase facelo en formato pdf.

Page 16: Normativa  2014 2020

Indicadores (1)

• Os datos destas operacións proporcionaranse ao OI de forma agregada para cada operación pero, segundo establece o artigo 125.2.d do Regulamento (UE) 1303/2013, deben existir rexistros informáticos dos datos individuais de cada participante.

• No artigo 142.1.d da mesma norma indícase que a Comisión pode suspender total ou parcialmente os pagos dun Programa Operativo se, entre outras razóns, “a calidade e fiabilidade do sistema de seguimento ou dos datos sobre indicadores comúns e específicos presentan unha deficiencia grave.”

• Os micro datos (os rexistros informatizados individuais de cada participante) deben estar dispoñibles para os controis e auditorías pertinentes que analicen a fiabilidade dos devanditos sistemas así como a fiabilidade dos datos transmitidos nos indicadores de seguimento.

Page 17: Normativa  2014 2020

Indicadores (2)

• No caso da análise sobre a fiabilidade dos datos, a pista de auditoría termina na documentación soporte (ou fontes) usadas para a recollida dos datos.

• Por exemplo: formularios de solicitude de admisión en centros educativos; impresos de matriculación, información de XADE; se é o caso, cuestionarios asinados polo alumnado (para recoller outros datos non incluídos no proceso de matriculación); expedientes académicos; e, cando sexa pertinente, outros expedientes administrativos empregados, etc.

• Os datos reais do alumnado que participa nas operacións durante os distintos cursos académicos son os que se usan para valorar o progreso do PO e contrástanse coa previsión que se fixo durante a fase de programación. O alumnado cuxos datos estean incompletos e, polo tanto, contabilícese baixo “Participantes con datos incompletos” non é tido en conta para valorar o progreso do PO.

Page 18: Normativa  2014 2020

Indicadores (3)

• Visión xeral dos indicadores aplicables ás operacións:

• 1. Indicadores previstos: son os indicadores que, ao dar de alta a operación, infórmanse para dar unha previsión do alumnado matriculado (nº de alumnos e nº de alumnas) así como a previsión da porcentaxe de alumnos e alumnas que superarán o curso ou titularán. Son datos orientativos.

• 2. Indicadores de execución: son os indicadores que recollen o número real de alumnos e alumnas que se matricularon na operación en cuestión así como as súas características sociodemográficas (indicadores comúns de execución do Anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 do FSE). No caso de que non se puidesen solicitar todos os datos obrigatorios e non sensibles do devandito Anexo I, o alumnado contabilizarase como “Participantes con datos incompletos”.

Page 19: Normativa  2014 2020

Indicadores (4)

• 3. Indicadores de resultado inmediato: son os indicadores que recollen a situación do alumnado ata un máximo de 4 semanas despois de participar na operación; o número total de alumnos e alumnas que superan o curso ou titulan así como outros cambios relevantes para o FSE (indicadores comúns de resultado inmediato do Anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013 do FSE).

• 4. Indicadores de resultado a longo prazo: son os indicadores que recollen a situación dunha mostra representativa do alumnado 6 meses despois de participar nas operacións (indicadores comúns de resultado a longo prazo do Anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013).

Page 20: Normativa  2014 2020

Indicadores (5)

• ¿Como facer para gardar ou almacenar os datos do alumnado?

• O artigo 125.2.d do Regulamento (UE) 1303/2013 establece que deben existir rexistros informáticos dos datos individuais de cada participante das operacións do FSE.

• Polo tanto, os datos recompilados dos indicadores de execución e dos indicadores de resultado inmediato que son censuais (é dicir, recóllense para todo o alumnado e para cada operación) deben informatizarse. No caso dos datos dos indicadores de resultado a longo prazo, recóllense e informatízanse para aqueles alumnos e alumnas que formen parte da mostra representativa.

• A DXEFPIE será a encargada de manter estes rexistros informáticos, xa que son a base para trasladar os datos agregados dos participantes de cada operación ao Organismo Intermedio.

Page 21: Normativa  2014 2020

Indicadores previstos: orientaciónse prazos para presentar os datos (1)

Os indicadores previstos son os que, ao dar de alta a operación, informan para dar unha estimación do alumnado matriculado (nº de alumnos e nº de alumnas) en cada operación ou centro e actuación así como a previsión da porcentaxe de alumnos e alumnas que superarán o curso ou titularán.

• Estes datos facilítaos a DXEFPIE ao dar de alta a operación. A información obtense de XADE.

• O prazo é ata o 30 de novembro do ano (n) das operacións do curso n/n+1.

Page 22: Normativa  2014 2020

Indicadores previstos: orientaciónse prazos para presentar os datos (2)

Os indicadores de execución informan sobre o número total de alumnos e de alumnas reais que se matricularon na operación en cuestión, así como as súas características sociodemográficas.

• Considérase participante na actuación a todos os alumnos e alumnas que, nun momento dado, estiveron matriculados, independentemente de que posteriormente causen baixa formal.

• O prazo para remitir os datos definitivos destes indicadores á DXEFPIE será no mes de abril do curso académico en cuestión.

• Para obter os datos utilizarase un cuestionario que os centros enviarán á DXEFP en formato pdf para incorporalos a un ficheiro informático.

Page 23: Normativa  2014 2020

Indicadores previstos: orientaciónse prazos para presentar os datos (4)

Os indicadores de resultado inmediato informan sobre a situación do alumnado no prazo máximo de ata 4 semanas de que termine a súa participación na operación, é dicir, nun prazo máximo de ata 4 semanas de que finalice o curso académico (xuño ou setembro) ou de que cause baixa formal no centro.

Prazos para remitir os cuestionarios a DXEFPIE:1. Mes de outubro: para os que rematan en xuño ou

abandonan.2. Mes de novembro: para os que rematan en setembro.

Page 24: Normativa  2014 2020

Indicadores previstos: orientaciónse prazos para presentar os datos (4)

Os indicadores de resultado a longo prazo informan sobre a situación dunha mostra representativa do alumnado aos 6 meses de que termine a súa participación na operación, é dicir, aos 6 meses de que finalice o curso académico (xuño ou setembro) ou de que cause baixa formal no centro.

Prazos para remitir os cuestionarios á DXEFPIE:1. Mes de febreiro do ano seguinte: para os que rematan en

xuño ou abandonan.2. Mes de maio do ano seguinte: para os que rematan en

setembro.

Page 25: Normativa  2014 2020

Documentos xustificativos da operación (1)

Os documentos que serven de soporte documental para a xustificación das operacións son os seguintes:

1º: O Programa Operativo no que se recolle a actuación en cuestión como unha das medidas a realizar na prioridade de investimento de loita contra o abandono escolar temperá;

2º: A documentación relativa á selección de operacións vinculada a esta medida, é dicir, a documentación relativa á selección de centros educativos nos que se imparten as ensinanzas; a proposta enviada ao OI e o documento cos criterios de selección aplicados e o escrito informativo á Dirección dos centros educativos sobre a selección de operacións);

Page 26: Normativa  2014 2020

Documentos xustificativos da operación (2)

3º: O baremo elaborado para establecer o custo unitario da hora lectiva e a súa normativa, así como o procedemento aplicado para os custos de profesorado e os custos indirectos (15% calculado sobre os gastos de profesorado) e a documentación asociada;

4º: A programación educativa do centro;

5º: A documentación relativa ao seguimento das horas lectivas elixibles efectivamente impartidas do sistema de control de asistencia utilizado nos centros educativos;

Page 27: Normativa  2014 2020

Documentos xustificativos da operación (3)

6º: A certificación da Dirección do centro das horas lectivas impartidas que se presentan a cofinanciamento;

7º: Os datos agregados do alumnado matriculado nas horas lectivas que se van cofinanciar e, ás 4 semanas de finalización do curso académico, as 6 semanas de que remate a operación e os datos agregados deste alumnado que promocionou ou titulou;

8º: A xustificación económica aportada pola DXEFPIE;

9º: Os informes de verificación administrativa e, se é o caso, os expedientes de verificación in situ.

Page 28: Normativa  2014 2020

Información aos centros

• A Administración educativa enviará un escrito informativo á Dirección dos centros educativos que forman parte das operacións seleccionadas para o cofinanciamento do FSE.

• O centro educativo debe estar informado dos contidos do presente powerpoint, ben realizando unha xornada formativa, facéndolle chegar unha copia del ou ben trasladando os seus contidos ao escrito que elabore a autoridade educativa.

Page 29: Normativa  2014 2020

Obrigas en materia de información e publicidade (1)Hai que levar a cabo as seguintes medidas para cumprir coas obrigas en materia de difusión e publicidade:

•Que se informe, deixando constancia material, ao profesorado e ao alumnado afectado sobre o cofinanciamento das horas lectivas da ensinanza que foi seleccionada na operación;

•Nos centros educativos se informe nos taboleiros de anuncios ou na súa páxina web se a tivera, da axuda do FSE;

•Na documentación relacionada coas operacións que se van cofinanciar, se inclúa o emblema da Unión Europea, a referencia o Fondo Social Europeo e a lenda “O FSE inviste no teu futuro”. Tamén se recomenda incluír a referencia ao Programa Operativo de Empleo, Formación e Educación. O emblema da Unión debe seguir as normas gráficas recollidas no Anexo II do Regulamento de Execución (UE) 821/2014.

Page 30: Normativa  2014 2020

Obrigas en materia de información e publicidade (2)

• Distribuír entre o alumnado o tríptico sobre que aparece na páxina web (que tamén se remite aos centros).

• Ver a Guía de publicidade e información das intervencións en educación do PO de Emprego, Formación e Educación, FSE 2014-2020.

• Ver páxina web:– FPB www.edu.xunta.es/portal/fse-fpb– ESO www.edu.xunta.es/portal/fse-eso– PMAR www.edu.xunta.es/portal/fse-pmar– CICLOS www.edu.xunta.es/portal/fse-ciclos

Page 31: Normativa  2014 2020

Verificacións sobre o terreo

• Obrigatorias. Apartado 5 do artigo 127 do Regulamento (UE) 1303/2013.

• Normalmente farase sobre unha porcentaxe do 10% do gasto, no primeiro curso e, nos seguintes, sobre un 5%.

• Normalmente encárgase a unha empresa auditora.• Antes de que remate o curso.

Page 32: Normativa  2014 2020

Grazas pola súa atención

Información: www.edu.xunta.es/portal/fse-....

Servizo de Xestión Económica e Educación de AdultosTfno.: 981-546537 – 981-546539 981-540207 – 881-997499Email: [email protected]