nº 50 novembro 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 50 novembro de 2014

Upload: ceiprandufe

Post on 03-Jul-2015

324 views

Category:

Education


10 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). Nº 50 novembro de 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 50 novembro 2014  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 50 novembro de 2014

Page 2: Nº 50 novembro 2014  en galego,

IR, HABER E FACER ANOS

Para falarmos do tempo cronolóxico empregamos os verbos facer, haber e ir con usos distintos que non debemos confundir. FACER emprégase para indicar con exactitude o tempo. Adoita vir acompañado dun adverbio de tempo que indica o momento desde o que se conta, por ex.:

“Mañá fai tres meses que me operaron” Co mesmo significado de tempo exacto transcorrido emprégase facer cando se quere indicar perío-dos anuais que reciben o nome de aniversarios:

“Iria fixo once anos o 24 de outubro” ou “que día fai os anos a túa irmá?” HABER emprégase para indicar o tempo aproximado. Non se mide con exactitude, nin se marca o comezo nin o final, por ex.:

“Hai dous anos que mudamos de domicilio” ou “hai tres meses que me operaron” IR, acompañado da preposición para, emprégase tamén para indicar un tempo aproximado. por ex.:

“Vai para un ano que merquei a bicicleta”

En galego non existen cumpreanos, porque os anos non se cumpren, os anos fanse. O día en que unha persoa fai os anos é o aniversario. En tempos pasados era costume non celebrar o aniversario coma hoxe e en troca celebrar o día onomástico, que non é outro que o día en que se cele-bra a festa cristiá do santo ou da santa de quen se leva o nome. Este costume vai caendo en desuso desde hai décadas por vivirmos nunha sociedade máis secularizada que a de antano, e tamén hoxe son cada vez máis frecuentes os nomes que están fóra do santoral católico. Para nomear este día existe a for-ma estar de santo, ou tamén a forma estar de día, expresión que como a ce-lebración vai caendo no esquecemento. Do mesmo xeito que o aniversario é o día en que se fan os anos do nace-mento, tamén é o día que fai os anos da morte dunha persoa, neste caso ani-versario da morte, ou tamén chamado cabodano.