nº 47 abril 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 47 abril de 2014

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

382 views

Category:

Education


8 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). Nº 47, abril de 2014.

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 47 abril 2014  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 47 abril de 2014

Page 2: Nº 47 abril 2014  en galego,

TORTILLA E BOCADILLO

No anterior En galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellorEn galego,... máis e mellor falabamos de que a palabra “plantilla” non existe en ga-lego para ningunha das acepcións que ten no castelán. En realidade as palabras que rematan en –illo ou –illa son nos máis dos casos castelanismos que debemos evitar. Mais non sempre, pois hai palabras como tortilla, bocadillo, bombilla (máis recomendábel lámpada) ou gatillo, aceptadas no vocabulario galego. Os diminutivos -illo e –illa, tan habituais no castelán, son estraños no galego, razón pola que non os empregamos. O problema adoita vir cando estas formas con diminutivo en castelán adquiren un significado específico e suplantan os termos propios. Velaí algúns casos: “Pasillo”. O paso ou espazo que comunica as distintas pezas dun edificio é o corredor. Ollo!, corredor pode nomear tamén o balcón, a solaina ou a galería (se está cerrado con vidreiras). “Descansillo”. A zona plana en que remata un tramo de escaleiras é o relanzo. Ollo!, relanzo tamén é a zona dun río, polo xeral nas marxes, onde a auga vai máis amodo. E tamén designa un cambio moi pronunciado na dirección dun camiño. “Casilla”. O espazo dunha táboa, taboleiro, formulario, etc. é unha casa. Un caso de frase feita é a expresión “de boquilla”, que se introduciu co significado de falar sen veraci-dade, sen achegar razoamentos ou probas. Hai en galego expresións coas que substituír este castelanismo como de boca para fóra. Tamén “ventanilla”, “cigarrillo”, “colilla”, “soplillo”, etc. son castelanismos que debemos evitar Outras palabras rematadas en –illo e –illa non son diminutivos casteláns mais tampouco son galegas. Así “monaguillo”, “visillo” ou “hebilla” son acólito, cortina e fibela.

Por fumar ciga-rros pasan frío, estragan a saú-de e deixan o chan inzado de cabichas.

O taboleiro de xadrez ten sesen-ta e catro casas.