nº 46 marzo 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 46 marzo de 2014 Conversa na praia. Luís Seoane, 1976

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

239 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIp de Randufe (Tui). Nº 46 marzo de 2014

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 46 marzo 2014  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 46 marzo de 2014

Conversa na praia. Luís Seoane, 1976

Page 2: Nº 46 marzo 2014  en galego,

NIN “A PARTIRES” NIN “A PESARES”

Estas dúas expresións son dous erros moi comúns no galego que se escoita e que se le e que cómpre evitar. Demasiado estendidas estas formas incorrectas pasarían, por adoptaren a forma, por infinitivos con-xugados cando en realidade non son formas verbais. CORRECTO INCORRECTO A festa comezará a partir das 18:00 horas. A festa comezará a partires das 18:00 horas. A partir de agora non me distraias. A partires de agora non me distraias. O negocio medra a pesar da crise. O negocio medra a pesares da crise. A pesar de que llo prohibiron, vaino facer. A pesares de que llo prohibiron, vaino facer.

Pesares e partires son correctas como formas de segunda persoa de infinitivo dos verbos pesar e partir: Por pesares noventa quilos non che serve a roupa. De partires cedo chegarás a tempo.

SOLETA, PATRÓN ou CADRO DE PERSOAL. NUNCA “PLANTILLA” A palabra “plantilla” non existe en galego en ningunha das acepcións que ten en castelán. Así, se fala-mos do revestimento interior da sola do calzado, que pode ir fixado a esta ou simplemente superposto, esta-mos a falar dunha soleta.

Teño que pór unhas soletas no calzado para curar as mancaduras dos pés.

Se nos referimos ao modelo a partir do que se fan cousas semellantes entón é un patrón ou padrón. Usaremos este patrón para facer os debuxos iguais.

E se queremos nomear ao conxunto de persoas que traballan nunha mesma empresa ou estabelece-mento deberemos dicir cadro de persoal.

A escola de Randufe ten un cadro de persoal de 17 mestres e mestras.

Hoxe a partir das oito da tarde retransmisión en di-recto da maratón do Baixo Miño! Grazas ao patroci-nio comercial de Soletas Martínez! A proba vaise celebrar a pesar do forte trebón das últimas horas.