nº 53 marzo 2015 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 53 marzo de 2015 Mentira 11: “O galego non serve máis que para usar en Galicia, mentres que o español é unha lin- gua de comunicación internacional”.

Upload: ceiprandufe

Post on 21-Jul-2015

74 views

Category:

Education


6 download

TRANSCRIPT

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 53 marzo de 2015

Mentira 11: “O galego non serve máis que para usar en Galicia, mentres que o español é unha lin-gua de comunicación internacional”.

APELIDOS GALEGOS NA ESCOLA (II): PATRONÍMICOS

Os apelidos patronímicos nacen na Alta Idade Media no norte da Península Ibérica e son dos máis antigos. Están moi estendidos e algúns deles son os máis frecuentes como os formados co sufixo –ez que se engadiu ao nome do pai co significado de fillo de. Así Estevez é fillo/a de Estevo. O mesmo acontece con Bernárdez (Bernardo), Domínguez (Domingos), Fernández (Fernando), González (Gonzalo), Gómez (Gome), Giraldez (Giraldo), López (Lopo), Martínez (Martíño ou Martín), Méndez (Mendo), Míguez (Miguel), Núñez (Nuno), Pérez (Pero), Ro-dríguez (Rodrigo), Sánchez (Sancho), Vázquez (Vasco). Coa sufixación en –es, que ten o mesmo significado de fillo de que a sufixación en –ez temos na es-cola os apelidos Esteves e Fernandes. A sufixación en –es é en orixe tan galega como a sufixación en ez, e así está documentada en rexistros medievais. As terminacións en –ez foron xeneralizándose en galego ao tempo que as terminacións en –es fixeron o propio en portugués, con todo mantemos en galego algún apeli-do con esa terminación como Gregores (Gregorio). Hainos que fixeron outra sufixación como Diz/Díaz que proveñen de Didaci, nome que acabaría derivando en Diego. Algúns patronímicos non mudaron a súa terminación e coinciden co nome propio. Son os casos de Durán, García ou Macía. A partir do século XV os apelidos no noso país non segui-ron unha evolución normal e moitos deles (ao igual que os topó-nimos) foron acastrapados, deturpados ou directamente castela-nizados pola ansia asimiladora e colonizadora do reino de Cas-tela. A alteración dos apelidos produciuse nos rexistros parro-quiais e fíxose especialmente virulenta a partir da instauración dos rexistros civís a comezos do século XIX e continuou con for-za durante o século XX, agás o último cuarto. Dos citados neste boletín o apelido Martínez é un exemplo por ser a castelaniza-ción das formas galegas medievais Martíns, Martís ou Martiz hoxe practicamente desaparecidas.