nº 45 febreiro 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 45 febreiro de 2014 Cartel dunha campaña de normalización do idioma galego desenvolvida nos anos 80. Hoxe a mensaxe é máis necesaria que antano.

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

517 views

Category:

Documents


8 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui)

TRANSCRIPT

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 45 febreiro de 2014

Cartel dunha campaña de normalización do idioma galego desenvolvida nos anos 80.

Hoxe a mensaxe é máis necesaria que antano.

SOBRE POSESIVOS

AGORA TEÑO UNHA CASA DE MEU

O que nos está dicindo a frase do cabezallo é que a casa é de propiedade plena da persoa á que se refire (eu). As formas de + meu, teu, seu, noso, voso indican propiedade plena ou exclusiva. Se dicimos: esta é a nosa casa, estamos a nos referir á casa onde moramos que pode ser da nosa propiedade ou non, mais se dicimos: esta casa é de noso, non hai dúbida da nosa propiedade sobre ela.

Estes posesivos construídos coa preposición “de” poden indicar tamén a relación cunha calidade, ou a realización dunha acción sen intervención exterior: A nena é espelida de seu. No outono as follas caen de seu.

SENTA AO MEU LADO / SENTA A CARÓN DE MIN Os posesivos poden ir xunto aos substantivos ou os adxectivos substantivados mais non poden ir xun-to os adverbios. Así expresións como diante nosa, detrás túa ou ao meu carón son totalmente rexeitábeis, e deberemos dicir diante de nós, detrás de ti ou a carón de min. Podemos dicir: vinde á nosa beira ou senta ou meu lado porque beira e lado son substantivos. Mais non debemos dicir: senta ao meu carón ou pasou correndo a rente vosa. Deberemos dicir: senta a carón de min ou pasou correndo a rente de vós.

AS VOSAS MERENDAS / TEU PAI / SÚA SEÑORÍA O posesivo cando vai diante dun substantivo sempre leva artigo: a miña bicicleta, as túas chaves,... Mais hai excepcións onde non é obrigatoria a presenza do artigo e po-de levalo ou non. Con nomes de parentesco: miña nai ou a miña nai, vosas curmás ou as vosas curmás. En tratamentos de respecto: Súa Excelencia ou A Súa Excelencia, Nosa Señora da Guía ou A Nosa Señora da Guía. Mais tamén hai casos nos que o posesivo nunca leva artigo malia ir diante dun substantivo. En frases feitas: meu dito, meu feito. En exclamacións: meu Deus!

Miña Santiña, miña santasa, miña cariña de calabasa: hei de emprestarvos os meus pendentes, hei de emprestarvos o meu collar; hei de emprestarcho, cara bonita, si me deprendes a puntear.

...