nº 43 novembro 2013 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 43 novembro de 2013

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

81 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). Novembro de 2013

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 43 novembro 2013  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 43 novembro de 2013

Page 2: Nº 43 novembro 2013  en galego,

XA CHE DIXEN QUE OS ÁTONOS TAMÉN SE POÑEN DIANTE DO VERBO

COLOCACIÓN DOS PRONOMES (2) Os pronomes átonos, e as súas contraccións, van colocados diante dos verbos nalgúns casos:

Como diciamos no anterior En galego,... máis e mellor Cando van introducidos por formas negativas: non, nunca, nin, xamais. Nunca nolo aprenderon. Non os saudei. Nin me fales. Con bastantes adverbios, que tamén arrastran os pronomes. Entre estes adverbios están os de dúbida: quizais, talvez, seica, disque. Quizais as inviten. Talvez cho deixe. Seica llelo trouxeron. Disque o alugaron barato. Outros adverbios: xa, ben, mal, axiña, sempre, aínda, só, aquí, aí, alí, mesmo, máis, menos, todo, ninguén, alguén, pouco, velaquí, velaí, incluso, tamén, unicamente, ata, sempre, deseguida, moito, pouco, bastante, demasiado,... Moito te quere a túa nai. Aínda o aturo demasiado. Xa nos aceptaron o proxecto. Pouco lle axudou. Só mas prestaron. Sempre se mete en leas. Máis vos vale! Menos me tocou a min. Aquí chas deixo. Quen tamén arrastra dos átonos son os interrogativos: onde, cando, canto, como, que, quen. Onde che deixo as chaves? Cando llas deches? Canto vos cobraron? Que me dis? O pronome irá tamén diante do verbo nas oracións subordinadas. Dixo que te chamaría. Os que non arrastran do pronome son os adverbios de tempo, polo tanto, correcto: despois aténdote

ou mañá vémonos. incorrecto: despois te atendo ou mañá nos vemos. No próximo En galego,... máis e En galego,... máis e En galego,... máis e En galego,... máis e mellormellormellormellor falaremos doutros casos de colocación dos pronomes áto-nos, mesmo algúns nos que poden ir diante ou detrás dos verbos.

Pode parecer complicado pero é moi importante colocar ben os pronomes.