nº 39 marzo 2013 en galego,

2

Click here to load reader

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

337 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 39 marzo 2013  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 39 marzo de 2013

Page 2: Nº 39 marzo 2013  en galego,

PANADARÍA ou PANADERÍA?

As dúas formas son correctas, porén debemos escoller aquela que supón un mellor galego e empre-gar con preferencia a solución co sufixo –ARÍA, o mesmo que levan palabras como comisaría, notaría ou secretaría.

Así, falando de estabelecementos ou seccións comerciais podemos e debemos dicir e escribir:

CARNIZARÍA CHACINARÍA CONFEITARÍA DROGARÍA FERRAXARÍA FROITARÍA LIBRARÍA PANADARÍA PAPELARÍA PEIXARÍA PERFUMARÍA QUEIXARÍA...

Ou tamén: ARMARÍA ARTILLARÍA BRUXARÍA CAFETARÍA CAMISARÍA CARPINTARÍA CERVEXARÍA CESTARÍA CHARLATANARÍA CHOCOLATARÍA CONSELLARÍA ENFERMARÍA ENXEÑARÍA FERRARÍA GANDARÍA INFANTARÍA LAVANDARÍA LEPROSARÍA PEDRARÍA PRADARÍA REFINARÍA RELOXARÍA TESOURARÍA TINTURARÍA XARDINARÍA ZAPATARÍA...

Mais hai algunhas palabras que SÓ admiten a terminación en –ERÍA:

BATERÍA BIXUTERÍA GALANTERÍA GALERÍA MERCERÍA MASONERÍA PEDANTERÍA

Lista da compra: Un quilo de laranxas na froitaría, un alicates na ferraxaría e unha tinguidura cor caoba na drogaría para me tinxir o cabelo.

Prácticas de conduc ión nunha escola de bruxaría.