nº 38 febreiro 2013 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 38 febreiro de 2013

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

1.434 views

Category:

Documents


6 download

TRANSCRIPT

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 38 febreiro de 2013

PARA ou “PRA”?

Sempre debemos escribir PARA, mais podemos ler “PRA”. Do mesmo modo na expresión PARA O podemos ler “PRO”. Estas unións vocálicas na fala son permitidas e asemade son recomendábeis por se-ren mostra dun bo uso da nosa lingua. Na fala son habituais as elisións vocálicas (perda de vogais) ao se encontraren a vogal final dunha pala-bra coa vogal inicial da seguinte. Especialmente as palabras que acaban en -e perden este son cando van seguidas por unha palabra que comeza por outra vogal. Así, seguindo o recollido pola RAG nas Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego (NOMIG): ESCRIBIMOS LEMOS

Deixoume alí Deixoum’ alí Sempre anda con contos Sempr’ anda con contos Preguntou se había traballo Preguntou s’ había traballo Este amigo Est’ amigo Dixo que andara moito Dixo c’ andara moito Desde América desd’ América

AO ou Ó ?

No encontro da preposición a co artigo o debemos escribir a forma AO, porén tamén é correcta a for-ma Ó. Mais na fala debemos pronunciar sempre Ó, cun o aberto. ESCRIBIMOS LEMOS

Imos ao circo Imos ó circo Cando a preposición a se encontra co artigo a tamén escribimos Á e pronunciamos ise a un pouco mais alongado, que cando vai só o a da preposición ou do artigo

ESCRIBIMOS

Non é para ti nin para min, é para o gato.

LEMOS

Non é “pra” ti nin “pra” min, é “pro” gato.