nº 36 novembro 2012 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 36 novembro de 2012 O día que Galicia perda a O día que Galicia perda a O día que Galicia perda a súa lingua deixa de ser Galicia súa lingua deixa de ser Galicia súa lingua deixa de ser Galicia para ser outra cousa calquera. para ser outra cousa calquera. para ser outra cousa calquera.

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

605 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 36 novembro 2012  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 36 novembro de 2012

O día que Galicia perda a O día que Galicia perda a O día que Galicia perda a súa lingua deixa de ser Galicia súa lingua deixa de ser Galicia súa lingua deixa de ser Galicia para ser outra cousa calquera.para ser outra cousa calquera.para ser outra cousa calquera.

Page 2: Nº 36 novembro 2012  en galego,

MENOS... QUE, MENOS... DO QUE ou MENOS... CA?

Vía EDELINGUA, Blogue do EDLG do IES O Mosteirón, Sada.

As comparacións de inferioridade constrúense co adverbio MENOS precedendo ó adxectivo, e CA, QUE ou DO QUE introducindo o segundo elemento da comparación:

[menos + adxectivo + ca / que / do que + segundo elemento] - DO QUE: obrigatorio diante de verbo conxugado: Hoxe levamos menos atraso do que é habitual. - CA: obrigatorio diante de pronome persoal tónico: Teu irmán é menos alegre ca ti. - Nos demais casos podemos escoller entre CA e QUE: Antón é menos falangueiro ca / que Xurxo. As comparacións de superioridade constrúense do mesmo xeito que as de inferioridade. Só se cambiará o adverbio MENOS polo adverbio MÁIS: Con esas zapatillas corría máis rápido ca ti. Atopei o teu pai máis recuperado do que esperaba. Gústame bailar máis que/ca cantar.

A camisola estampada é máis bonita que a ver-de, e tamén é máis cara do que pensaba.

- A partícula ca contrae co artigo determinado, aínda que tamén se admite sen contraer. ca + o: có (O cinema está máis vivo có / ca o teatro). ca + a: cá (A televisión é menos inmediata cá / ca a radio). ca + os: cós (Estas lámpadas alumean menos cós / ca os focos halóxenos). ca + as: cás (As rosquillas caseiras son máis saborosas cás / ca as industriais).

- Debemos ter en conta que a conxunción ca non contrae coa preposición a: Apreciouna máis a ela ca a ti. Tampouco contrae cando xa hai unha contracción de preposición + artigo: Vai de mellor gana ao museo ca ao centro cultural.

- É importante non confundir as contraccións da partícula ca coas contraccións da preposición con: con + o: co (Atopeime co meu xefe no ascensor). con + a: coa (Roberto foi coa túa irmá ao concerto). con + os: cos (Fun cos meus amigos ao parque). con + as: coas (Alicia xoga coas cadelas da súa veciña).

Esa nena ten o ca-belo máis longo ca min.