nº 32 marzo 2012 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 32 marzo de 2012

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

622 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 32 marzo 2012  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 32 marzo de 2012

Page 2: Nº 32 marzo 2012  en galego,

ESTOURAR E EXPLOTAR

Hai poucas semanas celebramos o Entroido, que tamén podemos chamar Carnaval. Cada quen veu co seu disfrace e logo das actuacións dos distintos cursos rematamos comendo filloas, torradas, orellas, flores e outros doces típicos destas datas. Rematado o Entroido, no primeiro venres de Coresma procedeuse á queima do Meco que, como todos os anos, arde con varios estoupidos “inesperados”. Estas detonacións que tamén podemos chamar es-touros, estalos ou estalidos son consecuencia dalgunha incógnita man que introduce petardos no Meco. Os petardos, xa se sabe que fan moito estrondo ao estourar, que tamén podemos chamar estoupar, esbourar ou estalar .

DESENVOLVER E DESENROLAR Algo semellante acontece co uso incorrecto de desenrolar, que é a acción contraria de enrolar, mais non ten o significado de crecemento ou expansión, para o que debemos empregar desenvolver.

Nos últimos anos o Brasil acrecentou moi-to o seu desenvolve-mento.

Explotar en ningunha das súas acepcións ten o significado de estourar, Explotar pode significar: - Sacar proveito dunha fonte de recursos. Ex.:A empresa explota unha mina de ouro. - Utilizar unha cousa para sacarlle o máximo proveito. Ex.:Marta explotou moi ben unha brillante idea. - Utilizar a alguén en proveito propio con pouca remuneración. Ex.:A lexislación laboral recen aprobada facilita a explotación dos traballadores.

O can desenrolou o papel hixiénico.