nº 29 outubro 2011 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 29 novembro de 2011 MIL PRIMAVERAS MÁIS Eu quixen e quero que a fala galega durase e continua- se, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lá- pida: "eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia du- rase mil primaveras máis". Neste ano no que se celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro cómpre lembrar este famoso texto do escritor mindoniense, no que se vincula a nosa existencia como pobo ao mantemento do idioma.

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

308 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 29 outubro 2011  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 29 novembro de 2011

MIL PRIMAVERAS MÁIS

Eu quixen e quero que a fala galega durase e continua-se, porque a duración da fala é a única posibilidade de que nós duremos como pobo. Eu quixen que Galicia continuase e, ao lado da patria terrenal, da patria que son a terra e os mortos, haxa estoutra patria que é a fala nosa. Se de min algún día, despois de morto, se quixese facer un eloxio, e eu estivese dando herba na terra nosa, podería dicir a miña lá-pida: "eiquí xaz alguén que coa súa obra fixo que Galicia du-rase mil primaveras máis".

Neste ano no que se celebra o centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro cómpre lembrar este famoso texto do escritor mindoniense, no que se vincula a nosa existencia como pobo ao mantemento do idioma.

Page 2: Nº 29 outubro 2011  en galego,

TRABALLANDO NA HORTA

Agora que comezou a andar o proxecto da horta da escola no CEIP de Randufe, é un bo momento para traermos algún léxico relacionado coas labores da terra.

Angazar: pasar o angazo por unha superficie. E o angazo é a ferramenta que leva nun estremo unha es-pecie de peite con dentes para xuntar palla, herba, estrume, etc. Arrendar: facer unha segunda sacha, ou achegar a terra ao pé dunha planta

para fixar ben a raíz e que medre con máis vigor. Armar: é unha palabra que fai referencia aos traballos de atar e xuntar as vides para dar forma á viña após a poda. Estercar: botar esterco, que é a mestura de excrementos dos animais con estrume, que serve de fertilizante natural. Xa que logo, estercar é unha forma de fertilizar. Esterroar: desfacer os terróns nunha terra de labor. Sachar: remover a terra co sacho ou legón para eliminar as herbas. Sementar: plantar as sementes na terra para que se reproduzan. Xofrar (ou axofrar): botar xofre ás plantas para evitarlle pragas ou enfer-midades.

Estercar non é o mesmo que fertilizar. Xa que o esterco sempre está composto por materias orgánicas mentres que o fertilizante pode ser orgánico ou químico.

Non debemos empregar nunca os termos aboar ou abonar para referirnos a fertilizar ou estercar.

Aboar é sinónimo de pagar (Xoana aboou o segundo prazo do lavalouzas) ou de acreditar (o carné aboa a miña identidade). Abonar é adquirir o dereito, mediante pagamento, de poder concorrer a algún sitio ou de recibir algún servizo (María abonouse a un ximnasio).