nivel de cualificación: 3

40
Nivel de cualificación: 3 INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

Upload: others

Post on 23-Dec-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nivel de cualificación: 3

Nivel de cualificación: 3

INSTITUTO

GALEGO

DAS

CUALIFICACIÓNS

Page 2: Nivel de cualificación: 3

Coordinación do proxectoCristina Rubal González

Dirección do proxectoMarisa Mallo Fernández

Equipo técnico e metodolóxicoAna Pinal FuentesSusana Carballeira CasalMaría José Martínez Cao

Grupo de expertos

Experto Empresa

Jesús Ángel Berride LópezH.J.Barreras

Justo Castaño LópezCentro de F.P.O. de Ferrol

Pedro Galdo CouceIZAR - Fene

José Galdo DíazIZAR - Ferrol

Pedro Herrero LlamasEstaleiro de Puerto Real - Cádiz

Juan Leira PitaIZAR - Fene

Bernardo Méndez DomínguezFactorías Vulcano

Juan Rivera MaceirasIZAR-Ferrol

Juan Luis Urzay GómezEstaleiro de Sestao - Bilbao

Page 3: Nivel de cualificación: 3

Índice

Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

1.Competencia xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.Unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.1. Relación de unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.2. Desenvolvemento das unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

2.2.1. Unidade de competencia 1.

Desenvolvemento da documentación técnica de estructuras en construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

2.2.2. Unidade de competencia 2.

Estudiar, calcular e desenvolve-la documentación técnica correspondente ás manobras en construcción e reparación naval. . . . . . 17

2.2.3. Unidade de competencia 3.

Desenvolve-la documentación técnica de armamento en construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 26

3. Ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

3.1. Relación de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

3.2.1. Técnicas de construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 35

3.2.2. Documentación técnica en construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . 36

3.2.3. Materiais empregados en construcción e reparación naval. . . . . . . . . . . 37

3.2.4. Relacións no ámbito do traballo. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 38

4.Anexo. Cualificacións profesionais no sector da construcción naval . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 39

5.Glosario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 40

Page 4: Nivel de cualificación: 3
Page 5: Nivel de cualificación: 3

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

7

Na intención da Xunta de Galicia está o dobre obxectivo de con-segui-lo progreso dos traballadores e a competitividade dasempresas, establecendo como principio unha mellora da cualifica-ción profesional.

O contexto socioeconómico da Comunidade Autónoma galega,baseado cada día máis na competitividade empresarial, esixe revi-sa-lo papel dos recursos humanos nas organizacións productivas,conferíndolle un maior valor á competencia profesional dos traba-lladores. A competencia á que nos referimos non sería a meracapacidade de realizar tarefas repetitivas, senón que inclúe acapacidade de relación, de innovación e, sobre todo, de adapta-ción permanente ós continuos cambios ós que está sometido osistema productivo.

A caracterización da competencia profesional é un proceso degran complexidade e de importancia clave para o avance da eco-nomía galega, xa que se trata de describi-lo que se espera querealicen as persoas na súa actividade laboral para acada-los niveisde calidade e eficacia que esixen as estructuras productivas. Conesta premisa o Instituto Galego das Cualificacións abordou adeterminación desas competencias en dous sectores relevantespara a economía galega como son a construcción naval e a pedranatural, a través da elaboración das cualificacións profesionais.

O traballo que se presenta a continuación non sería posible sen acolaboración dos sectores implicados, tanto a nivel empresarialcomo sindical, ós que desde estas líñas queremos amosa-lo nosomáis profundo agradecemento.

Entendemos que coa elaboración destas cualificacións profesio-nais a Administración galega deu un paso adiante e será agoraresponsabilidade dos sectores correspondentes facelas realidadea través da súa aplicación no mundo productivo.

Manuela López BesteiroConselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

Presentación

Page 6: Nivel de cualificación: 3
Page 7: Nivel de cualificación: 3

9

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

IP

INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

INDUSTRIA PESADA E CONSTRUCCIÓNSMETÁLICAS

Denominación:

Deseño na industria naval

Nivel de cualificación: 3

■ 1. Competencia xeral

Participar no deseño e elaboración de documen-tación técnica para a construcción e reparacióndo buque, cumprindo coas especificacións, regu-lamentos e normas de calidade, de prevención deriscos laborais e protección ambiental.

■ 2. Unidades de competencia

■ 2.1. Relación de unidades de competencia

■ UC 1. Desenvolve-la documentación técnicade estructuras en construcción ereparación naval.

■ UC 2. Estudiar, calcular e desenvolve-ladocumentación técnica corresponden-te ás manobras en construcción ereparación naval.

■ UC 3. Desenvolve-la documentación técnicade armamento en construcción ereparación naval.

Page 8: Nivel de cualificación: 3

■ 2.2. Desenvolvemento de unidades de competencia

■ 2.2.1. Unidade de competencia 1.Desenvolve-la documentación técni-ca de estructuras en construccióne reparación naval

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Elabora-los planos constructivos e demontaxe necesarios para a definicióndos diferentes productos, achegandoas solucións constructivas necesarias eaplicando os procedementos de cálculoestablecidos, a partir das instrucciónsrecibidas e da documentación técnica ecumprindo as normas de calidade, pre-vención de riscos laborais e protecciónambiental.

CR 1. Tódolos planos de desenvolvemento seobteñen dos planos de enxeñería básica(planos de clasificación) e da arquitectu-ra naval.

CR 2. Tense en conta a estratexia constructivae os procesos de traballo de cada área.

CR 3. Os planos de desenvolvemento fanse paraos productos intermedios, e para os con-xuntos deles cando sexa necesario.

CR 4. Realízanse para elaboración, fabricacióne montaxe.

CR 5. Os planos de desenvolvemento inclúenos detalles constructivos máis significa-tivos.

CR 6. Estes planos complementados conoutras documentacións auxiliares (infor-

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

10

Page 9: Nivel de cualificación: 3

mación de figurados, cartilla de trazado,información para corte, etc.) permiten acompleta definición dos procesos e asúa realización, coa calidade e as nor-mas de prevención de riscos laboraisestablecidas.

CR 7. Os planos achegan os parámetros devaloración que permite a aplicación infor-mática utilizada (metros de corte, de sol-dadura, etc.).

CR 8. A codificación utilizada permite identificarcada elemento ou conxunto.

CR 9. Tense presente a situación e pasos deelementos de armamento.

CR 10. Tense en conta o "direccionamento demateriais".

CR 11. A información para corte inclúe o tipo egrao de acabamento de bordos e ossobrantes.

CR 12. Para a elaboración dos modelos utilízanseaplicacións informáticas.

■ EC2. Defini-los planos de despezamento, a car-tilla de trazado, información de figurado,camas, etc., dos elementos constructi-vos a partir dos planos de definición deconxunto do producto e cumprindo asnormas de calidade, prevención de riscoslaborais e protección ambiental.

CR 1. Xérase a documentación técnica auxiliarpara poder realiza-los procesos de elabo-ración, fabricación e montaxe.

11

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 10: Nivel de cualificación: 3

CR 2. Esta documentación auxiliar complemen-ta a dos planos, para poder realiza-losprocesos de traballo en cada área.

CR 3. Esta información auxiliar inclúe entreoutros: croquis de paneis, figurado paracamas, datos para trazado e patróns deconformación, despezamento de elemen-tos, detalles constructivos, etc.

CR 4. Esta información auxiliar realízase paracada unha das fases en que sexa nece-saria.

CR 5. Desenvólvese tendo en conta a estratexiaconstructiva.

CR 6. Inclúense datos para permiti-lo controldimensional.

CR 7. Tense en conta o "direccionamento demateriais".

■ EC3. Defini-los materiais necesarios para afabricación, montaxe ou reparación doproducto naval, segundo os planosconstructivos, de montaxe ou despe-zamento establecidos, tendo en contaas especificacións dos materiais ecumprindo as normas de calidade, pre-vención de riscos laborais e protecciónambiental.

CR 1. Os materiais definidos obtéñense dos pla-nos de clasificación e dos de desenvolve-mento.

CR 2. Os materiais definidos cumpren coa espe-cificación técnica e teñen as correspon-dentes certificacións.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

12

Page 11: Nivel de cualificación: 3

CR 3. Os materiais quedan definidos en dimen-sión, tipo e calidade.

CR 4. A definición dos materiais realízase comáximo aproveitamento destes.

CR 5. Elabórase unha lista de materiais para cadafase do proceso, áreas ou liñas de traballo,segundo a estratexia constructiva.

CR 6. Os materiais correspondentes a algunhasfases son productos intermedios remata-dos noutras anteriores.

CR 7. Os materiais definidos permiten realiza-las actividades completas.

CR 8. Os materiais utilizan a codificación esta-blecida.

CR 9. Tense en conta o "direccionamento dosmateriais".

CR 10. Tense en conta o criterio de sobrantes.

■ EC4. Elabora-la información de corte para aconstrucción e reparación naval,incluíndo a programación de máquinasautomáticas de CNC e de robots, deacordo cos materiais definidos nosplanos de montaxe ou constructivos,coas instruccións xerais, e cumprindoas normas de calidade, prevención deriscos laborais e protección ambiental.

CR 1. A información xérase para cada proceso,área de traballo e máquina apropiada.

13

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 12: Nivel de cualificación: 3

CR 2. A información debe reflecti-lo material acortar (dimensión, tipo de chafrán, cali-dade, etc.).

CR 3. A información procura o aproveitamentoóptimo da máquina.

CR 4. Procúrase o aproveitamento óptimo dosmateriais.

CR 5. Tense en conta o criterio de sobrantes.

CR 6. Defínese cada peza en dimensións, formas,tipo e grao de acabamento de bordos.

CR 7. Xérase a información para máquinas auto-máticas, que inclúe os datos de trazado.

CR 8. A información de corte inclúe tódolosparámetros de medida que permite a apli-cación informática utilizada.

CR 9. A información de corte permite a identifi-cación clara de cada peza.

■ EC5. Organizar, xestionar e actualiza-loarquivo de documentación técnica.

CR 1. Toda a información recibida debe de estarrexistrada e controlada.

CR 2. Rexístrase e contrólase toda a documen-tación xerada en Enxeñería de Desenvol-vemento.

CR 3. Rexístrase a saída de cada informaciónenviada a Producción ou Aprovisiona-mentos.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

14

Page 13: Nivel de cualificación: 3

CR 4. Polo menos unha copia dos contidos decada carpeta de traballo debe de quedararquivada e rexistrada.

CR 5. Este arquivo pode facerse ou ben porpaquetes de traballo ou ben por tipo dedocumentación (planos, materiais, etc.).

CR 6. O arquivo debe de estar permanente-mente actualizado, incorporando as modi-ficacións, revisións ou as ampliacións quese producen.

CR 7. Tamén se mantén controlada a informa-ción de uso habitual (manual de calida-de, etc.).

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Especificación. Regulamentos. Criterios de codificación.Planos de clasificación. Documentación de ArquitecturaNaval. Estratexia constructiva. Listaxes de materiais.Catálogo de productos intermedios. Planos de desen-volvemento. Características das áreas de traballo,maquinaria e procesos. Procedementos de soldadurapor fases e áreas de traballo. Procesos de traballo.Criterios de control dimensional e de sobrantes.Medios de oficina e arquivo. Normas e regulamentosde calidade, prevención de riscos laborais e protecciónambiental. Equipamentos de debuxo. Equipamentosinformáticos. Maquinaria automática de debuxo.

Procesos, métodos e procedementos

Análise de planos e da documentación técnica.Procedementos e técnicas de debuxo industrial.Métodos de cálculo de estructuras. Técnicas de análi-se de AMFE. Nesting ou aniñamento de pezas.Aplicacións informáticas de desenvolvemento deestructuras (CAD-CAM: Foran, Autokon, Autocad, etc.)e de arquivo de documentación.

15

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 14: Nivel de cualificación: 3

Resultados do traballo

Planos de desenvolvemento para cada producto inter-medio para elaboración, fabricación e montaxe.Documentación complementaria ós planos. Listaxe demateriais. Listaxe de pezas. Croquis e documentaciónde corte. Programas de corte e marcaxe para asmáquinas automáticas. Información gráfica auxiliar.Toda a información xerada, entrante e saínte, perfec-tamente ordenada, rexistrada e arquivada.

C. Coñecementos e capacidades fundamentais

Capacidades fundamentais

■ Analiza-la información técnica referente a unha cons-trucción e reparación naval, co fin de desenvolve-ladocumentación técnica correspondente.

■ Analiza-los datos iniciais para o cálculo e desenvolvemen-to de solucións constructivas en planos de fabricación.

■ Identifica-los puntos críticos e elementos relevantes,relacionando a información de partida e as soluciónsconstructivas achegadas.

■ Idea-las solucións constructivas que permitan que os pro-xectos de construcción naval inclúan toda a informaciónprecisa para a súa posterior execución en taller e obra.

Coñecementos fundamentais

■ Interpretación de planos, estratexia constructiva, espe-cificacións, criterios de codificación e simboloxía.Interpretación de arquitectura naval.

■ Deseño asistido por ordenador. Aplicacións informáti-cas de desenvolvemento (CAD-CAM: Foran, Autocon,Autocad, etc.). Ofimática.

■ Calidade dos materiais empregados en construcción ereparación naval.

■ Características das áreas de traballo. Característicasda maquinaria e equipamentos. Procesos habituais.Procedementos de soldadura.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

16

Page 15: Nivel de cualificación: 3

■ Normas de calidade, prevención de riscos laborais eprotección ambiental. Regulamentos aplicables.

■ Tolerancias e axustes. Criterios de control dimensional.Criterios de sobrantes e chafráns.

■ 2.2.2. Unidade de competencia 2.Estudiar, calcular e desenvolve-ladocumentación técnica correspon-dente ás manobras en construccióne reparación naval.

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Estudiar e calcula-las manobras debuques, elementos, bloques, maquina-ria, conxuntos pesados ou complexos,definindo os medios a intervir e aforma de realizalas.

CR 1. Os estudios e cálculos realizados garan-ten a eficacia e as normas de prevenciónde riscos laborais á hora de realiza-losmovementos e manobras.

CR 2. O cálculo de pesos e centros de gravida-de definen as capacidades dos mediosque se deben dispoñer e o proceso damanobra.

CR 3. A calidade e tipo de materiais auxiliaresque interveñen nas manobras queda defi-nido a través dos cálculos e estudios rea-lizados.

CR 4. Os cálculos de repartición de cargas dobuque en grada ou dique permiten unhadisposición de picadeiros máis unifor-me, evitando esforzos puntuais que poi-dan provocar deformacións nas estruc-turas do buque e ás veces na propiagrada ou dique.

17

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 16: Nivel de cualificación: 3

CR 5. Os cálculos definen as capacidades e asituación dos tanques que se deben las-trar tanto do propio buque coma do diqueflotante.

CR 6. Os estudios e cálculos permiten prepa-ra-la cama de varada a partir das condi-cións de inclinación lonxitudinal paralograr un correcto apoio do buque sobreos carros e os pesos o máis repartido euniforme posible.

CR 7. Os cálculos desenvolvidos permiten coñe-ce-los elementos de tiro (cables, eslingas,balancíns, cáncamos...) e a súa disposi-ción, para que estes manteñan os ángu-los de inclinación máis axeitados, quesuavicen os esforzos-tensións para mello-ra-la súa resistencia.

CR 8. Os cálculos desenvolvidos permiten cuan-tificar e distribuí-los pesos a mover duran-te as probas de estabilidade do buque.

CR 9. Calcúlase a retida de botadura.

■ EC2. Elabora-los planos de conxunto e dedetalle para a definición de manobrasde traslado e volteo de bloques.

CR 1. A información desenvolvida define conclaridade a forma óptima e segura derealiza-las manobras.

CR 2. Para desenvolver a información coñécen-se as características da área de traballoe os equipamentos de manobra que oscompoñen (guindastres, plataformas...).

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

18

Page 17: Nivel de cualificación: 3

CR 3. A calidade e tipo de materiais auxiliares(cáncamos...) que interveñen nas mano-bras quedan definidos na informaciónxerada.

CR 4. A disposición da manobra reflectida nainformación permite coñece-la situación deelementos de arrinque, os útiles a empre-gar (grillóns, eslingas...) e o ángulo de tiro.

CR 5. O desenvolvemento da información realí-zase segundo a regulamentación e asnormas de prevención de riscos laborais.

CR 6. A información desenvolvida inclúe non sóos elementos auxiliares incorporadossenón aqueles reforzados que sexannecesarios nas áreas anexas ós puntosde amarre ou tiro.

CR 7. Tense en conta a estratexia constructivae os procesos de traballo de cada área.

CR 8. Os planos de desenvolvemento fanse paraos productos intermedios e para os con-xuntos deles, cando sexa necesario.

CR 9. A documentación xerada inclúe ademais,nos casos que sexa necesario, o procesopara realiza-las manobras.

CR 10. Desenvólvese a documentación de mano-bras non só para subbloques e bloques,senón tamén para equipamentos pesa-dos de armamento.

CR 11. A documentación realízase para cadaunha das fases e etapas das manobras einclúe tamén o transporte cando sexanecesario.

19

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 18: Nivel de cualificación: 3

CR 12. Tense presente a situación e pesos doselementos de armamento.

CR 13. Os planos de manobras indican tamén ascargas máximas con que traballan osganchos dos guindastres, cando se con-sideren necesarios.

■ EC3. Elabora-los planos de conxunto e dedetalle para a definición de manobrasde fondeo, amarre e remolque.

CR 1. A información desenvolvida define con cla-ridade a forma óptima e segura de reali-za-las manobras.

CR 2. A documentación desenvolvida permitecoñecer mellor os medios que debenintervir e a forma de facelo.

CR 3. A calidade e tipo de materiais que inter-veñen nas manobras queda definido nainformación xerada.

CR 4. A información desenvolvida cumpre contódalas regulamentacións establecidas.

CR 5. Téñense en conta os equipamentos,medios e elementos de suxeición adecua-dos para realiza-las manobras.

CR 6. A disposición da manobra reflectida nainformación permite coñece-los elemen-tos de tiro e a súa disposición (ángulos detiro) para que estes manteñan os ángulosde inclinación máis axeitados, que suavi-cen os esforzos-tensións, para mellora-laresistencia.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

20

Page 19: Nivel de cualificación: 3

CR 7. O desenvolvemento da información reali-zarase tendo en conta as normas de pre-vención de riscos laborais.

CR 8. O estudio previo e posterior desenvolve-mento da información para as manobraspermite o establecemento dunha área deseguridade co obxecto de poder delimita-las por problemas de prevención de ris-cos laborais.

■ EC4. Elabora-los planos de conxunto e dedetalle para a definición de manobrasde botadura.

CR 1. A información desenvolvida define con cla-ridade a forma óptima e segura de reali-za-las manobras.

CR 2. A documentación desenvolvida permitecoñecer mellor os medios que debenintervir e a forma de facelo.

CR 3. A calidade e tipo de materiais que inter-veñen nas manobras quedan definidos nainformación xerada.

CR 4. A información desenvolvida define a situa-ción, capacidade e distribución de cargasdo buque, así como os tanques que sedeben lastrar para unha botadura ou flo-tadura.

CR 5. Os planos de botadura permiten coñece-los materiais, a súa disposición sobre otren de imadas-anguilas, así como aforma de rete-lo buque durante o perco-rrido ata a súa posta a flote.

CR 6. A información permite coñece-los ele-mentos de tiro (cables, eslingas, cánca-mos) e a súa disposición (ángulos de tiro)

21

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 20: Nivel de cualificación: 3

para que estes manteñan os ángulos deinclinación máis axeitados, que suavicenos esforzos-tensións, para mellora-laresistencia.

CR 7. O desenvolvemento da información para abotadura ou flotadura permite un mellorcoñecemento das zonas de influencia, coobxecto de poder delimitalas por proble-mas de prevención de riscos laborais.

CR 8. O desenvolvemento da información reali-zarase tendo en conta as normas de pre-vención de riscos laborais.

■ EC5. Elabora-los planos de conxunto e dedetalle para a definición de manobrasde varada.

CR 1. A información desenvolvida define con cla-ridade a forma óptima e segura de reali-za-las manobras.

CR 2. A documentación desenvolvida permitecoñecer mellor os medios que debenintervir e a forma de facelo.

CR 3. A calidade e tipo de materiais que inter-veñen nas manobras quedan definidos nainformación xerada.

CR 4. A información desenvolvida define a situa-ción, capacidade e distribución de cargasdo buque, así como os tanques que sedeben lastrar para a varada.

CR 5. Os planos de varada permiten coñece-losmateriais, a súa disposición sobre o trende varada, así como a forma de reter outirar do buque durante o percorrido ata asúa posta a flote.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

22

Page 21: Nivel de cualificación: 3

CR 6. A información permite coñece-los elemen-tos de tiro (cabrestantes, molinetes, pas-tecas, etc.) e a súa disposición (direcciónde tiro) para que estes manteñan os án-gulos de inclinación máis axeitados, quesuavicen os esforzos-tensións, para mello-ra-la resistencia.

CR 7. O desenvolvemento da información para avarada permite un mellor coñecementodas zonas de influencia, co obxecto depoder delimitalas por problemas de pre-vención de riscos laborais.

CR 8. O desenvolvemento da información reali-zarase tendo en conta as normas de pre-vención de riscos laborais.

CR 9. Para elabora-lo plan de varada terase enconta:

■ desenvolve-la disposición de picadei-ros en función da distribución depesos e tipo de buque a varar;

■ posicionamento do buque coa inclina-ción lonxitudinal correcta para a subi-da ó carro;

■ guiado e centraxe do buque antes dasubida;

■ recoñecemento previo da obra vivaantes da subida ó carro ou varada endique seco;

■ desenvolve-los do tren de varadaaxustado ás formas do buque,

■ lastra-lo dique ata consegui-la flota-ción requirida para a entrada dobuque;

■ plano de disposición de sondas etapóns de fondo.

23

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 22: Nivel de cualificación: 3

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Estratexia constructiva e planos de desenvolvemento.Planos de disposición xeral do buque e da zona demanobras. Catálogo de productos intermedios.Especificación. Regulamentos. Pesos e centros de gra-vidade de buques, bloques, elementos e conxuntos amover. Características técnicas dos medios de eleva-ción e transporte e da área de apoio. Característicastécnicas das áreas de traballo, a súa maquinaria e osseus procesos. Capacidade e disposición de tanques dobuque e dique. Aplicacións informáticas para o cálculoe desenvolvemento de planos (incluíndo o deseño e cál-culo de manobras e de esforzos en estructuras).Equipamentos informáticos e máquina automática dedebuxo. Normas de prevención de riscos laborais, cali-dade e protección ambiental.

Procesos, métodos e procedementos

Procedementos de cálculo de centros de gravidade.Desenvolvemento de cálculos e planos de manobrasbaseándose en regulamentos e normas en vigor,segundo as características técnicas dos elementos aintervir e garantindo a seguridade.

Resultados do traballo

Cálculo das manobras a realizar. Planos de desenvolve-mento das manobras en cada fase de traballo, e restode documentación técnica asociada.

C. Coñecementos e capacidades fundamentais

Capacidades fundamentais

■ Analiza-la información técnica referente a unha cons-trucción e reparación naval, co fin de realiza-los cálcu-los, planos e documentación técnica de manobrascorrespondentes.

■ Analiza-los datos iniciais para o cálculo e desenvolve-mento de solucións constructivas.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

24

Page 23: Nivel de cualificación: 3

■ Identifica-los puntos críticos e elementos relevantes,relacionando a información de partida e as soluciónsconstructivas achegadas.

■ Identifica-los puntos críticos e elementos relevantes,relacionando a información de partida e as soluciónsconstructivas achegadas.

■ Idea-las solucións constructivas que permitan que osproxectos de construcción e reparación naval inclúantoda a información precisa para a súa posterior execu-ción en taller e obra.

Coñecementos fundamentais

■ Representación en construcción e reparación naval.Croquización. Grafostática. Estudio analítico de elemen-tos estructurais.

■ Interpretación de planos, estratexia constructiva edemais documentación técnica.

■ Cálculo de estructuras. Cálculo de centros de gravidade.

■ Coñecementos de materiais e a súa resistencia.

■ Coñecemento de estabilidade de buques.

■ Ofimática. Aplicacións informáticas para o cálculo,deseño e desenvolvemento de planos (sistemas tipoCAD-CAM).

■ Coñecementos dos aspectos máis relevantes das mano-bras de traslado e volteo de bloques, amarre, fondeo,remolque, botadura ou flotadura e varada (esforzos edireccións de tiro, momentos de xiro, retencións, etc.).

■ Coñecemento das características técnicas e capacida-de dos medios de manobras, e das áreas de traballo,a súa maquinaria e equipamentos.

■ Coñecemento dos protocolos de probas de navegación:estabilidade, amarre, fondeo e remolque.

■ Normas de calidade e de prevención de riscos laborais.Regulamentos de aplicación.

25

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 24: Nivel de cualificación: 3

■ 2.2.3. Unidade de competencia 3.Desenvolve-la documentación técni-ca de armamento en construcción ereparación naval

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Desenvolve-los esquemas de servi-cio aplicando os procedementosestablecidos a partir da documenta-ción técnica.

CR 1. Elabóranse os esquemas definitivos, par-tindo dos diagramas preliminares de pro-xecto e os propios de cada equipamentoou máquina e planos de ventilación.

CR 2. Na realización dos esquemas tense enconta a dirección do fluído e a conexiónde equipamentos e accesorios.

CR 3. Nos esquemas tense en conta as regrasinternacionais en canto a prevención deriscos laborais e contaminación no mar.

CR 4. Calcúlanse as perdas de carga e a veloci-dade segundo a instalación, o caudal dasbombas e o diámetro da tubaxe.

CR 5. Calcúlanse e trázanse as ventilaciónsbaseándose nas renovacións necesariaspara cada departamento e a velocidadenos conductos e saídas.

■ EC2. Creación dos modelos 3D así como adefinición e posicionamento dos equipa-mentos e maquinaria a partir da docu-mentación técnica correspondente.

CR 1. Agrúpanse os equipamentos a instalarsegundo as especificacións do buque e adocumentación técnica da maquinaria de-finida polo desenvolvemento do proxecto.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

26

Page 25: Nivel de cualificación: 3

CR 2. Defínense as zonas para un racionaldesenvolvemento do proxecto baseándoseen subloques, bloques, zonas ou buque.

CR 3. Elabóranse os modelos 3D dos equipa-mentos e maquinaria cos seus puntos deconexión segundo as especificacións técni-cas, os libros de instruccións e documen-tación técnica enviada polos provedores.

CR 4. Posiciónanse os equipamentos e maqui-naria por zonas e servicios segundo osesquemas e modelos 3D.

■ EC3. Realiza-los planos constructivos nece-sarios para a elaboración e emsambla-xe do armamento, tendo en conta asespecificacións e documentación técni-ca establecida.

CR 1. Desenvólvese o rutado da tubaxe segun-do os esquemas definitivos, tendo enconta a facilidade de desmontaxe, as per-das de carga, as dilatacións, mantendoun bo impacto visual.

CR 2. Realízanse as disposicións da tubaxebaseándose no seu rutado e os esque-mas, cunha visión globalizada da zonadeseñada, contemplando os distintos ser-vicios equipamentos conectados e acce-sorios.

CR 3. Elabóranse as isométricas tanto de fabri-cación coma de montaxe segundo o ruta-do da tubaxe.

27

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 26: Nivel de cualificación: 3

CR 4. Deséñanse os soportes da tubaxe segun-do o rutado e tendo en conta os esforzosocasionados á estructura e o seu posiblereforzamento.

CR 5. Téñense en conta os criterios de ruídos evibracións.

CR 6. Sitúanse os soportes en puntos fixos ouesvaradíos dependendo das dilataciónsda tubaxe.

CR 7. Deséñanse os polines e reforzados daestructura para a maquinaria e equipa-mentos segundo o seu posicionamento ede acordo coas esixencias das socieda-des de clasificación.

CR 8. A información xérase en función de cadaetapa e área de traballo.

CR 9. A información xerada envíase a estructu-ras para a súa coordinación e a cadaárea de traballo.

■ EC4. Defini-los materiais e a orde de mon-taxe do armamento, segundo os pla-nos constructivos e as especificaciónsdefinidas no proxecto.

CR 1. As listas de materiais elabóranse segun-do os esquemas, disposicións e isométri-cas e conteñen tódolos tubos, acceso-rios, válvulas, indicando norma, calidadee código.

CR 2. Elabóranse as peticións de aprovisiona-mento baseándose nos esquemas e pla-nos constructivos tanto para tubaxecoma para accesorios e valvulería.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

28

Page 27: Nivel de cualificación: 3

CR 3. Establécense as secuencias de montaxedas tubaxes, accesorios e equipamentosbaseándose nos planos constructivos eesquemas para unha correcta instalación.

CR 4. As listas de corte e conformación detubaxe efectúanse cos datos das isomé-tricas de fabricación e montaxe.

CR 5. As listas de corte de chapas e perfís efec-túanse cos datos dos elementos incorpo-rados.

CR 6. Realízanse as listas de placas rótulo paraa súa elaboración e colocación en acce-sorios e válvulas segundo os esquemasreais.

CR 7. Desenvólvese a documentación para ocontrol numérico en soporte informáticoou documento secuencial, baseándose norutado da tubaxe e isométricas de elabo-ración.

CR 8. Desenvólvese a documentación en soporteinformático do corte de chapa e marcaxepara polines, soportes, ventilacións, etc.

■ EC5. Organizar, xestionar e actualiza-loarquivo de documentación técnica.

CR 1. Mantense ó día o desenvolvemento doproxecto ó ter actualizada toda a docu-mentación técnica que afecta a este.

CR 2. As modificacións realízanse sen demoraó axiliza-lo envío de planos, listas de mate-riais, esquemas, servicios, isométricas,etc., indicando a revisión e a qué afecta.

29

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 28: Nivel de cualificación: 3

CR 3. Efectúase o arquivo histórico de cons-trucción por medio do soporte informáti-co en base de datos.

CR 4. A documentación xerada arquívase porconstrucción, bloque, zona, etc., segun-do fose elaborada.

CR 5. A documentación técnica de equipamen-tos e accesorios arquívase como cons-trucción e equipamento e en carpetas eti-quetadas para a súa identificación.

CR 6. Toda a información recibida debe de estarrexistrada e controlada.

CR 7. Rexístrase a saída de cada informaciónenviada a Producción ou Aprovisiona-mentos.

CR 8. Polo menos unha copia dos contidos decada carpeta de traballo debe de quedararquivada e rexistrada.

CR 9. O arquivo está permanentemente actuali-zado, incorporando as modificacións, revi-sións ou ampliacións que se producen.

CR 10. Tamén se mantén controlada a informa-ción de uso habitual (manual de calida-de, etc.).

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

30

Page 29: Nivel de cualificación: 3

■ EC6. Elabora-la información de corte e con-formación para a construcción e repa-ración naval, incluíndo a programaciónde máquinas automáticas de CNC e derobots, de acordo cos materiais defi-nidos nos planos de montaxe ou cons-tructivos e coas instruccións xerais,cumprindo coas normas de calidade,prevención de riscos laborais e pro-tección ambiental.

CR 1. O programa establece:

■ nº que identifica o programa,

■ orde cronolóxica de operacións,

■ ferramentas,

■ parámetros de operación,

■ traxectorias.

CR 2. O programa ten en conta:

■ prestación da máquina: potencia,velocidade etc.,

■ características do control numérico:tipo de control, codificación de fun-cións,

■ xeometría e rematado da peza,

■ dimensións en bruto da peza antesda súa montaxe na máquina,

■ o "cero" máquina/peza,

■ tipo de ferramentas e útiles necesarios,

■ almacenamento/alimentación auto-mática de ferramentas.

31

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 30: Nivel de cualificación: 3

CR 3. O desenvolvemento do programa de sol-dar ten en conta:

■ procedemento de soldar,

■ materiais de achega,

■ materiais base,

■ consumibles,

■ perfil do cordón de soldadura,

■ prestacións do robot e/ou máquinas,

■ parámetros do proceso,

■ traxectorias e percorrido,

■ xeometría da peza,

■ tamaño da serie.

CR 4. A programación do robot ten en conta ascaracterísticas de posición deste e opeso do equipamento transferido.

CR 5. Garántese a coordinación de accións dorobot co resto do equipamento que confi-gura o posto de traballo.

CR 6. Desenvólvese a documentación para ocontrol numérico en soporte informáticoou documento secuencial, baseándose norutado da tubaxe e isométricas de elabo-ración.

CR 7. Desenvólvese a documentación ensoporte informático do corte de chapa emarcaxe para polines, soportes, ventila-cións, etc.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

32

Page 31: Nivel de cualificación: 3

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Documentación técnica (especificación, estratexiaconstructiva, planos, isométricas, disposición xeral dobuque, diagramas preliminares e definitivos, etc.).Regulamentos. Funcionamento de maquinaria e equi-pamentos. Normas e regulamentos de calidade, pre-vención de riscos laborais e protección ambiental.Equipamentos de debuxo. Equipamentos e programasinformáticos (sistemas CAD-CAM). Medios de oficinae arquivo.

Procesos, métodos e procedementos

Análise de planos e da documentación técnica.Procedementos e técnicas de debuxo industrial.Métodos de cálculo e deseño do armamento, desen-volvementos de isométricas, estratexia constructiva eposicionamento de equipamentos. Técnicas de desen-volvemento 3D. Métodos de rexistro e arquivo dedocumentación. Aplicacións informáticas de desenvol-vemento de planos (sistemas CAD-CAM) e de arquivode documentación.

Resultados do traballo

Esquemas de servicios. Planos constructivos de desen-volvemento, isométricas de elaboración e montaxe detubaxes, rutado de tubaxes, accesorios e valvulería.Deseño de soportes e polines. Listaxe de materiais, lis-tas para corte e conformación, secuencias de monta-xe. Programas para as máquinas automáticas de CNCe robots. Modelos 3D para disposicións e rutados detubaxes. Posicionamento de equipamentos e maquina-ria en zona, bloque ou buque. Informes técnicos.Documentación técnica ordenada e arquivada.

C. Capacidades e coñecementos

Capacidades fundamentais

■ Analiza-la información técnica referente a unha cons-trucción e reparación naval, co fin de desenvolve-la

33

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 32: Nivel de cualificación: 3

documentación técnica correspondente ó armamentodo buque.

■ Analiza-los datos iniciais para o cálculo e desenvolvemen-to de solucións constructivas en planos de fabricación.

■ Identifica-los puntos críticos e elementos relevantes,relacionando a información de partida e as soluciónsconstructivas achegadas.

■ Idea-las solucións constructivas que permitan que osproxectos de construcción e reparación naval inclúantoda a información precisa para a súa posterior execu-ción en taller e obra.

Coñecementos fundamentais

■ Interpretación da documentación técnica: especifica-ción, estratexia constructiva, planos, isométricas, etc.

■ Deseño asistido por ordenador. Aplicacións informáti-cas de desenvolvemento (CAD-CAM: Foran, Autocon,Autocad, etc.). Ofimática.

■ Calidade dos materiais empregados en construcción ereparación naval. Cálculo de resistencia de materiais.Comportamento dos materiais por dilatacións.

■ Tubaxes e servicios principais do buque. Funcionamentoe utilidades de válvulas, filtros, accesorios, etc. Cálculosde tubaxe.

■ Características das áreas de traballo. Característicasda maquinaria e equipamentos. Procesos habituais.Procedementos de soldadura.

■ Normas e regulamentos de calidade, prevención de ris-cos laborais e protección ambiental. Regras internacio-nais de prevención de riscos laborais e contaminaciónno mar. Regulamentos de aplicación.

■ Tolerancias e axustes. Criterios de control dimensional.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

34

Page 33: Nivel de cualificación: 3

■ 3. Ámbitos de competencia

■ 3.1. Relación de ámbitos de competencia

■ 1. Técnicas de construcción e reparaciónnaval.

■ 2. Documentación técnica en construccióne reparación naval.

■ 3. Materiais empregados en construccióne reparación naval.

■ 4. Relacións no ámbito de traballo.

■ 3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia

■ 3.2.1.Técnicas de construcción e repara-ción naval

A. Capacidades fundamentais

■ Analiza-los procedementos de producción utilizados enconstrucción e reparación naval para coñece-las carac-terísticas e limitacións destes e os medios empregados.

■ Avalia-las medidas necesarias para consegui-la pro-ducción, aplicando os procedementos de fabricaciónen función das dimensións, tolerancias, materiais, pro-cesos de fabricación e calidades establecidas.

■ Avalia-la incidencia do deseño na producción e a súaadaptación ás instalacións e equipamentos dispoñibles,tendo en conta a prevención de riscos laborais.

35

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 34: Nivel de cualificación: 3

B. Coñecementos fundamentais

■ Tecnoloxía de fabricación. Procedementos de fabrica-ción. Máquinas e medios de producción. Característicasdas máquinas en función dos procesos de fabricación.Ferramentas e útiles. Custos dos procesos de fabrica-ción. Montaxe: procedementos e útiles.

■ Metroloxía dimensional. Instrumentos de medición,comparación e verificación.

■ 3.2.2.Documentación técnica en cons-trucción e reparación naval

A. Capacidades fundamentais

■ Analiza-la información técnica para obte-los datos quedefinen os productos e os seus procesos de fabricación.

■ Debuxar no soporte axeitado e cos medios convencio-nais e informáticos os planos de fabricación, recollendoa información técnica necesaria para a súa posteriorfabricación.

B. Coñecementos fundamentais

■ Debuxo industrial: sistemas de representación: perspec-tiva cabaleira e isométrica, sistema diédrico. Vistas, cor-tes e seccións. Anotación. Estado superficial. Toleranciasdimensionais e de forma. Croquización.

■ Representacións normalizadas: normalización. Uniónsfixas e desmontables. Órganos de máquinas. Órganosde transmisión.

■ Reproducción e arquivos de documentos.

■ Deseño asistido por ordenador: CAD-CAM

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

36

Page 35: Nivel de cualificación: 3

■ 3.2.3.Materiais empregados en cons-trucción e reparación naval

A. Capacidades fundamentais

■ Analiza-las propiedades físicas, químicas, mecánicas etecnolóxicas de materiais metálicos e non metálicos,utilizados nos procesos de fabricación (tratamento,conformación, soldadura, etc.).

■ Analiza-la composición das aliaxes metálicas, paradetermina-las condicións do proceso, en función dascaracterísticas metalúrxicas do producto final.

■ Analiza-los tratamentos térmicos e superficiais que serealizan dentro de procesos de fabricación, identifican-do as modificacións das características que se produ-cen en función dos devanditos tratamentos.

■ Analiza-las características observables por procede-mentos metalográficos dos metais que interveñen noproceso de fabricación.

B. Coñecementos fundamentais

■ Materiais metálicos: clasificación. Materiais non metá-licos: clasificación. Metais ferrosos: clasificación.Metais non ferrosos: clasificación. Fundicións: clasifica-ción, tipos e aplicacións. Plásticos (altos polímeros):clasificación e propiedades. Cerámicas. Materiais com-postos. Endurecidos. Reforzados. Formas comerciais.

■ Tratamentos térmicos e superficiais: tipos, aplicaciónse procedementos. Influencia sobre as característicasdos materiais.

■ Propiedades dos materiais: físicas, químicas, mecáni-cas e tecnolóxicas. Estudio da deformación plástica dosmetais. Estudio da corrosión dos metais.

37

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 36: Nivel de cualificación: 3

■ 3.2.4.Relacións no ámbito de traballo

A. Capacidades fundamentais

■ Manter relacións fluídas cos membros do equipo detraballo no que está integrado, respectando o traballodos demais, participando no desenvolvemento de tare-fas colectivas, evitando e, de se-lo caso e ó seu nivel,resolvendo conflictos significativos que se orixinen nodesenvolvemento e ámbito das actividades laborais.

■ Manter comunicacións efectivas no desenvolvementodo seu traballo, interpretando ordes e información,xerando instruccións claras con rapidez e informando esolicitando axuda a quen proceda, cando se produzancontinxencias na operación.

■ Resolver problemas e tomar decisións, tanto en situa-cións normais como en resposta a casos imprevistos esempre no ámbito das súas competencias.

■ Participar, ó seu nivel, no fomento da creación e funcio-namento de grupos de mellora e círculos de calidade.

B. Coñecementos fundamentais

■ A comunicación na empresa. A producción de docu-mentos para outros departamentos da empresa. Tiposde comunicación.

■ Solución de problemas e toma de decisións. A resolu-ción de situacións conflictivas orixinadas como conse-cuencia das relacións no ámbito de traballo. Procesopara a resolución de problemas. Factores que inflúennunha decisión. Métodos máis usuais para a toma dedecisións en grupo. Fases na toma de decisións.

■ Equipos de traballo. Técnicas de dinámica e dirección degrupos. Os grupos de mellora e círculos de calidade.

■ A motivación. Definición da motivación. Principais teo-rías da motivación. O concepto de clima laboral.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

38

Page 37: Nivel de cualificación: 3

■ 4. Anexo. Cualificacións profesionais no sectorda construcción naval

39

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Deseño naindustrianaval

1. Desenvolve-la documentación técnicade estructuras en construcción ereparación naval.

2. Estudiar, calcular e desenvolve-ladocumentación técnica corres-pondiente ás manobras en cons-trucción e reparación naval.

3. Desenvolve-la documentación técnicade armamento en construcción ereparación naval.

1. Técnicas de construcción ereparación naval.

2. Documentación técnica enconstrucción e reparación naval.

3. Materiais empregados enconstrucción e reparación naval.

4. Relacións no ámbito de traballo.

Programacióne controldaproducción

1. Desenvolver programas de elabo-ración, fabricación e montaxe enconstrucción e reparación naval.

2. Preparación e desenvolvemento deestratexias e dos procesos de estruc-turas.

3. Preparación e desenvolvemento deestratexias e dos procesos dearmamento.

4. Xestionar e controla-los procesos defabricación e montaxe en construccióne reparación naval.

1. Materiais empregados enconstrucción e reparación naval.

2. Prevención de riscos laboraisnas industrias de cons-truccióne reparación naval.

3. Relacións no ámbito de traballo.

Tubaxee instalaciónnaval

1. Elaborar tramos de tubaxes segundoos planos e croquis.

2. Ensamblar e montar conduccións detubaxes, accesorios, e elementosincorporados, segundo as especifi-caciones técnicas e planos.

1. Prevención de riscos laborais naconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Armacióne montaxede estructuras

1. Corte e conformación de chapas eperfís.

2. Montaxe de estructuras e elementosincorporados.

1. Prevención de riscos laborais naconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Soldadura1.

2. Uni-las estructuras metálicas, tubaxese demais elementos incorporadosutilizando os procesos de soldaduraTIG e os sistemas automáticos erobotizados.

3. Realizar operacións de manipulación,inspección e ensaios non destructivosnas unións soldadas.

1. Prevención de riscos laborais enconstrucción e reparación naval.

2. Relacións no equipo de traballo.

Unir mediante procesos manuais,semiautomáticos e mecanizadosestructuras metálicas, tubaxes edemais elementos incorporados naconstrucción e reparación naval.

Cualificacións Unidadesde competencia

Ámbitosde competencia

Page 38: Nivel de cualificación: 3

■ 5. Glosario

■ Cualificación profesional

É a especificación oficial da competencia que se preci-sa para desenvolver correctamente un rol de traballoou unha actividade profesional nun campo ocupacionaldeterminado.

■ Competencia profesional

É a capacidade de aplica-los coñecementos e capacida-des para acadar realiza-las actividades e funcións labo-rais de acordo cos niveis requiridos na producción e noemprego, e para solventa-los problemas que se derivandos cambios na producción.

■ Denominación da cualificación profesional

Trata de expresa-lo rol ou roles esenciais do traballoque se presentan ou presentarán nas tareas ou situa-cións productivas da cualificación profesional.

■ Nivel

O nivel indica o grao de competencia das actividades detraballo asociadas ás unidades de competencia e áscualificacións profesionais. Non debe pensarse en cate-gorías profesionais.

Divideuse a estructura das cualificacións profesionaisnos cinco niveis recoñecidos pola Unión Europea comomarco de referencia para calquera sistema de cualifi-cación.

■ Competencia xeral

Describe os roles esenciais do traballo que se identifi-caron para cada cualificación profesional en forma defuncións ou obxetivos da producción que deben seracadados.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

40

Page 39: Nivel de cualificación: 3

■ Unidades de competencia

Conxunto de elementos de competencia con valor e sig-nificado no emprego. Obtéñense pola división da com-petencia xeral da cualificación profesional. Cada unida-de de competencia debe responder alomenos a un rol,a un posto ou a unha función da producción.

■ Elementos de competencia (EC)

Describen o que as personas deben ser capaces derealizar nas situacións de traballo. Expresa os logros ouresultados esperados que a persona debe ser capaz dedemostrar para acada-lo rol que expresa a correspon-dente unidade de competencia.

■ Criterios de realización (CR)

Describen os resultados ou aspectos críticos quedemostran a competencia profesional. Cada criteriodefine así unha característica do traballo ben feito.Expresan, por tanto, o nivel aceptable do elemento decompetencia que satisface os obxetivos das organiza-cións productivas e permiten xuzgar frente a eles asactividades de traballo realizadas pola persoa.

■ Especificación de campo ocupacional

É unha descrición do campo de aplicación de cada uni-dade de competencia según as actividades e situaciónsde traballo actuais e previsiblemente futuras do campoocupacional correspondente. Caracterízase en funcióndun conxunto de parámetros (información, máquinas,equipamentos, procesos, técnicas...) que se especifi-can para cada unidade de competencia.

■ Especificación de coñecementos e capacidades

É o conxunto de coñecementos, habilidades cognitivas,destrezas e actitudes que debe incluirse nas cualifica-cións profesionais. Incluirá non so os coñecementossobre os feitos e a información que se necesita paraactuar, senón tamén as capacidades necesarias paraaplicar ese coñecemento ó rango necesario de situa-cións de traballo.

41

• • • • • • • • • • • • • • • • • Construcción naval

Page 40: Nivel de cualificación: 3

■ Ámbito de competencia

Conxunto de coñecementos e capacidades transversaise/ou de base correspondentes a varias ou tódalas uni-dades de competencia dunha cualificación profesional.

Construcción naval • • • • • • • • • • • • • • • • •

42