nivel de cualificación: 2

34
Nivel de cualificación: 2 INSTITUTO GALEGO DAS CUALIFICACIÓNS

Upload: others

Post on 23-Dec-2021

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nivel de cualificación: 2

Nivel de cualificación: 2

INSTITUTO

GALEGO

DAS

CUALIFICACIÓNS

Page 2: Nivel de cualificación: 2

Coordinación do proxecto

Cristina Rubal González

Dirección do proxecto

Marisa Mallo Fernández

Equipo técnico e metodolóxico

Ana Pinal FuentesAna Ferreiroa DobarroIsabel Bandín Matos

Grupo de expertosExperto Empresa

José Ramón Bugarín RodríguezDolmen Granit, S.L.

José Luis Delgado San MiguelEnxeñeiro técnico de minas,Profesional liberal

Ángel Gancedo MurientePizarras Samaca, S.A

José María González ÁlvarezPilesa e Intradima

Alfonso González MoralElgo, S.L.

Santiago López PiñeiroUniversidade da Coruña

Andrés Molina FrancoConsejería de Educación, Junta de Andalucía

Enrique Sanjuán OliveiraEuro Roca, S.A.

Colaborou na primeira fase do proxectoJavier Fernández Prego

Fachadas del Norte, S.L.

Page 3: Nivel de cualificación: 2

Índice

Presentación . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 7

1.Competencia xeral . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.Unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.1. Relación de unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 9

2.2. Desenvolvemento das unidades de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 10

2.2.1. Unidade de competencia 1.

Colocar cubertas e paramentos verticais con placas de lousa de teitar. . . 10

2.2.2. Unidade de competencia 2.

Realizar muros estructurais de cantería, empedrados e elementos singulares. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 18

2.2.3. Unidade de competencia 3.

Revestir todo tipo de paramentos con pezas de pedra natural. . . . . . . . . 23

3.Ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

3.1. Relación de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

3.2.1. Seguranza na colocación de pedra natural . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

3.2.2. Calidade . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 29

3.2.3. Relacións no equipo de traballo . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 30

4.Anexo. Cualificacións profesionais no sector da pedra natural . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 32

5.Glosario . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . 33

Page 4: Nivel de cualificación: 2
Page 5: Nivel de cualificación: 2

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

7

Na intención da Xunta de Galicia está o dobre obxectivo de con-segui-lo progreso dos traballadores e a competitividade dasempresas, establecendo como principio unha mellora da cualifica-ción profesional.

O contexto socioeconómico da Comunidade Autónoma galega,baseado cada día máis na competitividade empresarial, esixe revi-sa-lo papel dos recursos humanos nas organizacións productivas,conferíndolle un maior valor á competencia profesional dos traba-lladores. A competencia á que nos referimos non sería a meracapacidade de realizar tarefas repetitivas, senón que inclúe acapacidade de relación, de innovación e, sobre todo, de adapta-ción permanente ós continuos cambios ós que está sometido osistema productivo.

A caracterización da competencia profesional é un proceso degran complexidade e de importancia clave para o avance da eco-nomía galega, xa que se trata de describi-lo que se espera querealicen as persoas na súa actividade laboral para acada-los niveisde calidade e eficacia que esixen as estructuras productivas. Conesta premisa o Instituto Galego das Cualificacións abordou adeterminación desas competencias en dous sectores relevantespara a economía galega como son a construcción naval e a pedranatural, a través da elaboración das cualificacións profesionais.

O traballo que se presenta a continuación non sería posible sen acolaboración dos sectores implicados, tanto a nivel empresarialcomo sindical, ós que desde estas líñas queremos amosa-lo nosomáis profundo agradecemento.

Entendemos que coa elaboración destas cualificacións profesio-nais a Administración galega deu un paso adiante e será agoraresponsabilidade dos sectores correspondentes facelas realidadea través da súa aplicación no mundo productivo.

Manuela López BesteiroConselleira de Familia e Promoción do Emprego,

Muller e Xuventude

Presentación

Page 6: Nivel de cualificación: 2
Page 7: Nivel de cualificación: 2

Denominación:

Colocación da pedra natural

Nivel de cualificación: 2

■ 1. Competencia xeral

Utiliza-la pedra natural para revestir todo tipo deparamentos, construír elementos estructurais esingulares e colocar cubertas, seguindo as espe-cificacións técnicas do proxecto e cumprindo asnormas de prevención de riscos laborais e pro-tección ambiental establecidas.

■ 2. Unidades de competencia

■ 2.1. Relación de unidades de competencia

■ UC 1. Colocar cubertas e paramentos verti-cais con placas de lousa de teitar.

■ UC 2. Realizar muros estructurais de cante-ría, empedrados e elementos singula-res.

■ UC 3. Revestir todo tipo de paramentos conpezas de pedra natural.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

9

Page 8: Nivel de cualificación: 2

■ 2.2. Desenvolvemento de unidades de competencia

■ 2.2.1. Unidade de competencia 1.Colocar cubertas e paramentos ver-ticais con placas de lousa de teitar

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Interpreta-los planos e croquis de obraaxustando os pedidos á realidade daobra.

CR 1. Identifícanse as distintas formas e tipoloxí-as dos elementos constructivos a revestir.

CR 2. Obtéñense tódalas pendentes, expresán-doas tanto polo seu valor angular comoporcentual.

CR 3. Unha vez obtido o cálculo das pendentesavalíanse os distintos recubrimentos,tanto sexa para a colocación con ganchocomo para a colocación con cravo.

CR 4. Aprécianse as diferencias e variaciónsexistentes entre os planos achegados e aobra real, valorando as novas necesidadestanto no material coma na man de obra.

CR 5. Exprésanse mediante croquis soluciónstécnicas alternativas para resolución dunproblema puntual.

CR 6. Manéxanse os diversos instrumentos demedida con precisión e destreza sufi-cientes.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

10

Page 9: Nivel de cualificación: 2

CR 7. Unha vez realizada a medición da obra,exprésanse os resultados nas unidadescorrespondentes.

CR 8. Cóbrense correctamente os partes demedición.

■ EC2. Xuntar e distribuí-los materiais enobra, comprobando que se axustan ópedido e utilizando técnicas de eleva-ción e transporte, e cumprindo a nor-mativa de riscos laborais.

CR 1. Compróbase o estado do material recibi-do e identifícase cada un dos materiais, omaterial servido e o que aínda está senentregar na obra, avaliando os posiblesstocks críticos que obriguen a realizar unnovo pedido.

CR 2. Realízase a descarga sen interromperoutros oficios.

CR 3. Prepárase o material a elevar, compro-bando o estado e seguranza, tanto dosmedios auxiliares coma da propia obra.

CR 4. Sobre a superficie a recubrir realízansepequenas moreas estables que permitanunha colocación progresiva.

CR 5. Retíranse palés e embalaxes para evitarposibles accidentes.

■ EC3. Preparar e mante-los equipos, ferra-mentas e medios auxiliares para ase-gura-la súa axeitada disposición ecorrecto funcionamento.

CR 1. Diferéncianse os elementos que son alleosó colocador por estaren instalados xa na

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

11

Page 10: Nivel de cualificación: 2

obra con anterioridade, verificando oestado e características destes.

CR 2. Revísase todo o material de colocación,procedendo cando sexa posible á súareparación ou á súa retirada definitiva.

CR 3. Escóllese a ferramenta exclusivamentenecesaria en función dos labores a realizar.

CR 4. A vestimenta axústase ó traballo a reali-zar, ó estado da obra e ás condiciónsatmosféricas.

CR 5. As bolsas suspendidas sobre o cintoaxústanse de xeito firme e seguro demaneira que non dificulten os movemen-tos a realizar.

CR 6. Os elementos de seguranza e protecciónindividual colócanse de forma correcta eancóranse sobre os elementos que paratal efecto se previron no estudio de segu-ranza da obra.

■ EC4. Preparar e acondiciona-los soportes arevestir, replanteando a superficie arevestir e aplicando as técnicas axeita-das en función das súas características.

CR 1. Compróbanse as dimensións, resistenciamecánica e defectos de planidade dasuperficie a revestir analizando as repa-racións necesarias en cada caso.

CR 2. Contrólanse as características e posta enobra da argamasa de nivelación.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

12

Page 11: Nivel de cualificación: 2

CR 3. Corríxense as diferentes patoloxías eaxentes agresivos do soporte.

CR 4. No caso de non figurar nos planos pro-ponse a realización de bancadas de suxei-ción para antenas, pararraios,… resol-vendo o encontro co resto da superficie arecubrir.

CR 5. En función da pendente realízase unescantillón para o replanteo dos listóns,fixándose a separación sobre dúas liñasparalelas a unha distancia prudencial.

CR 6. Avalíanse os diversos encontros ós queacometen faldróns con distinta, ou convarias pendentes.

CR 7. Trázase a marcaxe do listón sobre osoporte mediante liñas paralelas perfec-tamente visibles.

CR 8. Compénsanse os posibles erros propo-ñendo unha solución alternativa.

CR 9. Téñense en conta as liñas de máximapendente de cada un dos faldróns, anali-zando a dirección de desaugamento decada elemento.

CR 10. Compróbase que o replanteo dá lugar ahorizontais de plano coa mesma cotasobre os diversos faldróns.

CR 11. Replantéanse todos e cada un dos ele-mentos a revestir na superficie a recubrir.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

13

Page 12: Nivel de cualificación: 2

■ EC5. Fixar listóns de madeira para a colo-cación das placas de lousa, segundoas especificacións técnicas.

CR 1. Compróbase que as características dolistón son as establecidas e que o grao dehumidade é o correcto.

CR 2. Ancórase o listón con suficiente seguran-za mecánica e empregando os mediosaxeitados.

CR 3. Efectúanse cortes limpos sobre o listónprocurando que o listón apoie en toda asúa lonxitude.

CR 4. No caso de existir illamento, supervísaseque este quede perfectamente colocado.

CR 5. Permítese a ventilación entre os listónsimpedindo a aparición de posibles nidifi-cacións ou entradas de insectos.

CR 6. Colócanse listóns dobres ou forrados demadeira naquelas zonas que o requiran.

■ EC6. Axustar e colocar, segundo as diver-sas técnicas, as pezas de lousa sobresuperficies inclinadas ou verticaissegundo o proxecto técnico.

CR 1. Márcase con exactitude a reparticiónhorizontal e vertical das lousas e colóca-se a fiada de dobradura voando a distan-cia necesaria sobre os bordos.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

14

Page 13: Nivel de cualificación: 2

CR 2. As placas de lousa márcanse e córtansecon precisión e realízanse os trades nece-sarios sobre os puntos marcados, evitan-do calquera deterioración sobre a peza.

CR 3. Identifícanse as distintas partes dunhapeza e elíxese a mellor disposición daplaca de lousa, realizando unha combina-ción acertada.

CR 4. Suxéitanse as placas de lousa colocándoascon gancho ou con cravo e realízanse osencontros empregando elementos metáli-cos vistos e ocultos de xeito seguro.

CR 5. Resólvese o encontro cos edificios estre-meiros.

CR 6. Resólvense as bancadas para antenas,pararraios e similares, así como a colo-cación de biolos de ventilación, viraventosou remates singulares.

CR 7. Revístense elementos tales como chemi-neas, agullas, cúpulas, colócanse ventás,etc, resolvendo o encontro co resto dasuperficie a recubrir.

CR 8. Realízase a selaxe e impermeabilizacióndas ancoraxes dos elementos de segu-ranza e de servicio.

CR 9. Verifícase a perfecta colocación das pla-cas así como a súa limpeza.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

15

Page 14: Nivel de cualificación: 2

■ EC7. Coloca-los elementos complementa-rios, auxiliares e singulares e efectua-los remates necesarios para o correc-to acabamento da cuberta segundo asespecificacións de proxecto.

CR 1. Ancóranse os elementos metálicos ósoporte con seguranza abonda, permitin-do as posibles dilatacións destes.

CR 2. Superpóñense aqueles elementos que oprecisen de forma que a devandita uniónimpida o paso á auga e a aparición deposibles humidades.

CR 3. Córtanse e prepáranse os forros metáli-cos de forma precisa, empregando os úti-les axeitados.

CR 4. Colócanse os posibles elementos de eva-cuación e desaugamento seguindo unhaorde constructiva lóxica, asegurándosede que quedan perfectamente selados elimpos.

■ EC8. Realiza-la colocación e o mantementocoa calidade requirida e axustándose ánormativa de prevención de riscoslaborais.

CR 1. Coñécese o estudio de seguranza da obrana parte que lle afecta.

CR 2. Identifícanse os sistemas individuais ecolectivos de protección.

CR 3. Prevense os riscos específicos da obra.

CR 4. Realízase a substitución de placas delousa e o mantemento de elementos

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

16

Page 15: Nivel de cualificación: 2

mecanicamente resistentes, de evacua-ción e de desaugamento.

CR 5. Inspecciónanse os puntos previstos nomanual do edificio en caso que existir.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Proxecto. Croquis de obra. Información verbal da direc-ción facultativa da obra.

Ferramentas manuais e eléctricas (trades, serras,tesoiras…). Ferramentas específicas do seu traballo:martelo de colocador, tesoiras de lousa e tesoiras paracorte de chapa.

Procesos, métodos e procedementos

Recepción dos materiais en obra. Distribución de mate-riais. Replanteo. Axuste e corte das pezas. Colocacióndas pezas en obra. Colocación de elementos comple-mentarios e de remates.

Resultados do traballo

Impermeabilización dos elementos e as superficiesrevestidas. Remate e acabamento estético desexado.Funcionalidade e durabilidade requiridas.

C. Capacidades e coñecementos fundamentais

Capacidades fundamentais

■ Interpretar correctamente a información oral e escrita:(debuxos, planos, croquis de obra ...).

■ Analiza-las técnicas de preparación e posta a punto dosequipamentos necesarios para a colocación das cuber-tas, así como a instalación de medios auxiliares e deseguranza.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

17

Page 16: Nivel de cualificación: 2

■ Debuxar croquis ou outro tipo de representacións grá-ficas sinxelas sobre o soporte axeitado.

■ Valora-los riscos derivados da colocación de cubertas delousa co fin de adopta-las medidas preventivas necesarias.

Coñecementos fundamentais

■ Representación gráfica, sistemas e técnicas de debuxo.

■ Cálculo de pendentes.

■ Propiedades e características do material a empregar.

■ Sistemas de colocación de lousa.

■ Normativa vixente sobre prevención de riscos laborais eprotección ambiental relativa ó seu ámbito de traballo.

■ 2.2.2. Unidade de competencia 2.Realizar muros estructurais de can-tería, empedrados e elementos sin-gulares

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Interpreta-los planos e croquis deobra realizando as comprobaciónsnecesarias.

CR 1. Identifícanse as distintas formas e tipolo-xías dos elementos constructivos.

CR 2. Aprécianse as diferencias e variaciónsexistentes entre os planos achegados e aobra real, valorando as novas necesidadestanto no material coma na man de obra.

CR 3. Exprésanse mediante croquis, soluciónstécnicas alternativas para a resolucióndun problema puntual.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

18

Page 17: Nivel de cualificación: 2

CR 4. Coordínase espacial e temporalmente coresto dos oficios implicados na obra.

CR 5. Manéxanse os diversos instrumentos demedida con precisión e destreza sufi-cientes.

CR 6. Unha vez realizada a medición da obra,exprésanse os resultados nas unidadescorrespondentes.

CR 7. Cóbrense correctamente os partes demedición.

■ EC2. Xuntar e distribuí-los materiais enobra, comprobando que se axustan apedido, utilizando técnicas de elevacióne transporte.

CR 1. Compróbase o estado do material recibi-do e identifícase cada un dos materiais (omaterial servido e o que aínda está senentregar na obra), avaliando os posiblesstocks críticos que obriguen a realizar unnovo pedido.

CR 2. Realízase a descarga sen interromperoutros oficios.

CR 3. Prepárase o material a desprazar, com-probando o estado e seguranza, tanto dosmedios auxiliares coma da propia obra.

CR 4. Manéxanse medios elementais de trans-porte e elevación.

CR 5. Deposítase o material sobre zonas sufi-cientemente resistentes para o amorea-mento que lle permitan unha colocaciónprogresiva.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

19

Page 18: Nivel de cualificación: 2

CR 6. Retíranse palés e embalaxes para evitarposibles accidentes.

■ EC3. Efectua-lo replanteo de muros, cerra-mentos, empedrados e elementos sin-gulares, cumprindo as especificaciónstécnicas.

CR 1. Procédese a unha comprobación dimen-sional da superficie a construír.

CR 2. Replantéanse as diversas pezas a colocarconsiderando os espacios de xunta entreas pezas.

CR 3. Compróbase que o despezamento écorrecto.

CR 4. Encáixanse na obra executada novosmateriais resolvendo a unión entre eles.

■ EC4. Recibir en obra as pezas de pedra,fixándoas segundo o procedementoestablecido e ensamblando os elemen-tos auxiliares necesarios en cada caso.

CR 1. Axústanse dimensionalmente as pezas.

CR 2. Prepáranse as argamasas de asentosegundo as súas especificacións técnicas,dispoñéndoos sobre o tallo a executar.

CR 3. Colócanse as cuñas ou separadoresnecesarios para a nivelación e axuste.

CR 4. Tradéase e introdúcense elementos deancoraxe para uni-las pedras no lugar noque se precise.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

20

Page 19: Nivel de cualificación: 2

CR 5. Colócanse en obra as pezas retirando oselementos que as mantiveron suspendidas.

CR 6. Tódalas operacións se realizan utilizandoas ferramentas e útiles apropiados.

■ EC5. Realiza-las operacións complementa-rias para o remate da obra, medianteos procedementos indicados e aplican-do os materiais necesarios para a súacompleta terminación segundo asespecificacións establecidas.

CR 1. Realízase tratamento de xuntas con diver-sos materiais.

CR 2. Procédese a un acabamento final candosexa necesario.

CR 3. Aplícanse os tratamentos prescritos eprocédese á limpeza final deixando a obraen perfecto estado.

■ EC6. Realiza-la colocación e o mantementocumprindo as especificacións técnicase coa calidade requirida; axustándoseá norma de prevención de riscos labo-rais e demais normativa vixente.

CR 1. Coñécese o estudio de seguranza da obrana parte que lle afecta.

CR 2. Identifícanse os sistemas individuais ecolectivos de protección.

CR 3. Prevense os riscos específicos da obra.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

21

Page 20: Nivel de cualificación: 2

CR 4. Inspecciónanse os puntos previstos nomanual do edificio en caso de existir.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Proxecto. Croquis de obra. Información verbal da direc-ción facultativa da obra.

Maquinaria de sustentación e elevación. Ferramentas eutensilios específicos.

Procesos, métodos e procedementos

Recepción dos materiais en obra. Distribución de mate-riais. Replanteo. Axuste e corte das pezas. Colocacióndas pezas en obra. Colocación de elementos comple-mentarios e de remates.

Resultados do traballo

Elementos estables. Acabamento estético e funcional.

C. Capacidades e coñecementos fundamentais

Capacidades fundamentais

■ Interpretar correctamente a información oral e escrita(debuxos, planos, croquis de obra…).

■ Analiza-las técnicas de preparación e posta a punto dosequipamentos necesarios para os traballos de realiza-ción de muros, cerramentos, empedrados e elementossingulares, así como a instalación de medios auxiliarese de seguranza.

■ Valora-los riscos derivados da execución dos traballosde realización de muros, cerramentos, empedrados eelementos singulares, co fin de adopta-las medidas pre-ventivas necesarias.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

22

Page 21: Nivel de cualificación: 2

Coñecementos fundamentais

■ Coñecementos básicos de debuxo e representacióngráfica.

■ Características e propiedades do material a empregare dos esforzos que se lle solicitan.

■ Operacións de colocación da pedra.

■ Normativa vixente sobre prevención de riscos laboraise de protección ambiental relativa ó seu ámbito detraballo.

■ 2.2.3. Unidade de competencia 3.Revestir todo tipo de paramentoscon pezas de pedra natural

A. Elementos de competencia e criterios de realización

■ EC1. Interpreta-los planos e croquis deobra realizando as comprobaciónsnecesarias.

CR 1. Identifícanse as distintas formas e tipolo-xías dos elementos constructivos.

CR 2. Aprécianse as diferencias e variaciónsexistentes entre os planos achegados e aobra real.

CR 3. Exprésanse solucións técnicas alternati-vas mediante esbozo para resolución dunproblema puntual.

CR 4. Coordínase espacial e temporalmente coresto dos oficios implicados na obra.

CR 5. Manéxanse os diversos instrumentos demedida e comprobación con precisión edestreza suficientes.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

23

Page 22: Nivel de cualificación: 2

CR 6. Unha vez realizada a medición da obra,exprésanse os resultados nas unidadescorrespondentes.

CR 7. Cóbrense correctamente os partes demedición.

■ EC2. Xuntar e distribuí-los materiais enobra, comprobando que se axustan apedido, utilizando técnicas de elevacióne transporte.

CR 1. Compróbase o estado do material recibi-do e identifícase cada un dos materiais (omaterial servido e o que aínda está senentregar na obra), avaliando os posiblesstocks críticos que o obriguen a realizarun novo pedido.

CR 2. Realízase a descarga sen interromperoutros oficios e ordénanse as distintaspezas a colocar.

CR 3. Prepárase o material a desprazar, com-probando o estado e seguranza, tanto dosmedios auxiliares coma da propia obra.

CR 4. Manéxanse medios elementais de trans-porte e elevación.

CR 5. Deposítase o material sobre zonas sufi-cientemente resistentes para o amorea-mento que permitan unha colocación pro-gresiva.

CR 6. Retíranse palés e embalaxes para evitarposibles accidentes.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

24

Page 23: Nivel de cualificación: 2

■ EC3. Efectua-lo replanteo de estructuras eelementos de ancoraxe e/ou as pezasde pedra, cumprindo as especifica-cións técnicas.

CR 1. Procédese a unha comprobación dimen-sional da superficie a construír.

CR 2. Replantéase a estructura metálica en fun-ción dos requisitos do proxecto.

CR 3. Replantéanse as diversas pezas a colocarconsiderando os espacios de xunta entreas pezas.

CR 4. Compróbase que o despezamento écorrecto.

CR 5. Encáixanse na obra executada novosmateriais resolvendo a unión entre eles.

CR 6. Nivélase a estructura metálica posicionán-doa correctamente para recibi-las pezas.

■ EC4. Fixa-las pezas, en seco, con argamasade cemento, cemento cola, resinas ououtros adhesivos e/ou utilizando oselementos de ancoraxe necesarios,seguindo as especificacións técnicasestablecidas.

CR 1. Prepáranse argamasas e adhesivos aten-dendo ás especificacións técnicas.

CR 2. Sitúanse correctamente as ancoraxescomprobando a súa resistencia mecánica.

CR 3. Colócanse as ancoraxes de fixación dapedra ás estructuras metálicas segundoas especificacións técnicas.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

25

Page 24: Nivel de cualificación: 2

CR 4. Resólvense encontros de ventás e por-tas, rematando a peza contra estas.

CR 5. Manéxanse correctamente as ferramen-tas axeitadas para cada traballo.

■ EC5. Fixar e axusta-la estructura portante(fachadas ventiladas, chans sobreele-vados e falsos teitos) utilizando as téc-nicas especificadas no proxecto.

CR 1. Sitúanse correctamente as ancoraxescomprobando a súa resistencia mecánica.

CR 2. Axústase e móntase a estructura metáli-ca adaptándoa á modulación da pedra.

■ EC6. Fixar e axusta-las pezas á estructuraportante utilizando os elementos deancoraxe necesarios seguindo asespecificacións técnicas establecidas

CR 1. Introdúcese a ancoraxe na pedra na posi-ción correcta.

CR 2. Utilízanse as ferramentas apropiadas.

■ EC7. Realiza-las operacións complementa-rias e traballos auxiliares para o rema-te da obra, mediante os procedemen-tos indicados e aplicando os materiaisnecesarios para a súa completa termi-nación segundo as especificaciónsestablecidas.

CR 1. Nos aplacados recibidos directamentecon adherentes procédese ó rexuntadodas pezas.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

26

Page 25: Nivel de cualificación: 2

CR 2. Colócanse reixas de ventilación na posi-ción correcta.

■ EC8. Realiza-la colocación e o mantementocumprindo as especificacións técnicase coa calidade requirida; axustándoseá lei de prevención de riscos laborais edemais normativa vixente.

CR 1. Coñécese o estudio de seguranza da obrana parte que lle afecta.

CR 2. Identifícanse os sistemas individuais ecolectivos de protección.

CR 3. Prevense os riscos específicos da obra.

CR 4. Inspecciónanse os puntos previstos nomanual do edificio en caso de existir.

B. Especificación de campo ocupacional

Información e medios de traballo

Proxecto. Croquis da obra. Información verbal da direc-ción facultativa da obra.

Maquinaria de sustentación e elevación. Ferramentas eútiles específicos.

Procesos, métodos e procedementos

Recepción dos materiais en obra. Distribución demateriais. Replanteo. Axuste. Elementos estables.Remate e corte das pezas. Colocación das pezas enobra. Colocación de elementos complementarios e deremates.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

27

Page 26: Nivel de cualificación: 2

Resultado do traballo

Elementos estables. Remate estético e funcional.

C. Capacidades e coñecementos fundamentais

Capacidades fundamentais

■ Interpretar correctamente a información oral e escrita(debuxos, planos, croquis de obra...).

■ Analiza-las técnicas de preparación e posta a punto dosequipamentos necesarios para a realización dos reves-timentos con pedra, así como a instalación de mediosauxiliares e de seguranza.

■ Valora-los riscos derivados da execución das opera-cións de revestimento con pedra co fin de adopta-lasmedidas preventivas necesarias.

Coñecementos fundamentais

■ Coñecementos básicos de debuxo e representacióngráfica.

■ Propiedades e características do material a empregare esforzos que se lle solicitan.

■ Técnicas de colocación.

■ Normativa vixente sobre prevención de riscos laborais eprotección ambiental relativa ó seu ámbito de traballo.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

28

Page 27: Nivel de cualificación: 2

■ 3. Ámbitos de competencia

■ 3.1. Relación de ámbitos de competencia

■ 1. Seguranza na colocación de pedranatural

■ 2. Calidade

■ 3. Relacións no equipo de traballo

■ 3.2. Desenvolvemento de ámbitos de competencia

■ 3.2.1.Seguranza na colocación de pedranatural

A. Capacidades fundamentais

■ Analiza-la normativa vixente sobre prevención de riscoslaborais relativa ó sector da construcción, así como osestudios de seguranza de diferentes obras.

■ Relaciona-los medios e equipamentos de seguranzapresentes nas obras cos riscos que se poden presen-tar nestas.

■ Analiza-las medidas de protección ambiental aplicablesás obras.

B. Coñecementos fundamentais

■ Normativa vixente sobre prevención de riscos laboraisno sector da construcción. Estudios de seguranza daobra. Normas sobre limpeza e orde no ámbito de tra-ballo e sobre hixiene persoal.

■ Accidentes máis comúns no sector da construcción.Métodos de prevención.

■ Medios asistenciais antes situacións de emerxencia:primeiros auxilios e traslado de accidentados.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

29

Page 28: Nivel de cualificación: 2

■ Normativa vixente sobre seguranza ambiental. Factoresque inciden sobre o lugar de traballo (físicos e quími-cos). Factores que inciden sobre o ambiente.

■ 3.2.2.Calidade

A. Capacidades fundamentais

■ Describi-la estructura de calidade da empresa.

■ Aplica-las técnicas de control de calidade nos produc-tos de serradura e tratamento superficial.

■ Aplicar técnicas para a mellora da calidade.

B. Coñecementos fundamentais

■ Concepto de calidade e productividade. Sistemas decalidade.

■ Planificación, organización e control da calidade.

■ 3.2.3.Relacións no equipo de traballo

A. Capacidades fundamentais

■ Manter relacións fluídas co resto dos membros do equi-po de traballo no que está integrado, respectando o tra-ballo dos demais, participando no desenvolvemento detarefas colectivas e evitando ou tentando resolver, den-tro das súas posibilidades, os conflictos que se orixinen.

■ Resolver problemas e tomar decisións individuais,seguindo normas establecidas ou procedementos defi-nidos dentro do ámbito das súas competencias.

B. Coñecementos fundamentais

■ A comunicación na empresa. Tipos de comunicación eetapas nun proceso de comunicación. Dificultades/barreiras de comunicación.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

30

Page 29: Nivel de cualificación: 2

■ Negociación e solución de problemas. Métodos máisusuais para a resolución de problemas e a toma dedecisións en grupo.

■ Equipos de traballo. Tipos de grupos e de metodoloxíasde traballo en grupo. A reunión como traballo en grupo.Tipos de reunión.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

31

Page 30: Nivel de cualificación: 2

■ 4. Anexo. Cualificacións profesionais no sector da pedra natural.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

32

Extracciónda pedranatural

1. Prepara-lo xacigo para a súaexplotación.

2. Preparar e realizar perforacións evoaduras para descubri-lo nivelproductivo e o posterior arrinque eescuadramento dos bloques de pedra.

3. Efectua-lo arrinque de bloques de pedra.

1. Seguranza nas instalacións deextracción da pedra natural.

2. Relacións no equipo de traballo.

Serradurae tratamentosuperficial

1. Seguranza nas instalacións deelaboración da pedra natural.

2. Calidade.

3. Relacións no equipo de traballo.

Conformación 1. Realiza-las operacións de labra dapedra natural.

2. Realiza-lo corte á medida e os laboresespeciais da pedra natural.

1. Seguranza nas instalacións deelaboración da pedra natural.

2. Calidade.

Desenvolvementotécnicoe coordinaciónen obra

1.

2.

Estudia-la documentación recibida.

Colocaciónda pedranatural

1. Colocar cubertas e paramentosverticais con placas de lousa de teitar.

2. Realizar muros estructurais de cantería,empedrados e elementos singulares.

3. Revestir todo tipo de paramentos conpezas de pedra natural.

4. Realiza-la conformación de bloques degranito, mármore e lousa, clasificandoe marcando os productos resultantes.

1. Prepara-lo bloque de pedra natural parao seu corte e serradura coa maquinariaaxeitada.

2. Preparar e realiza-los tratamentossuperficiais na pedra natural.

3. Relacións no equipo de traballo.

Desenvolve-la documentación e asespecificacións técnicas.

3. Coordina-la execución da obra.

1.

2.

Seguranza nas obras.

Representación gráfica.

3. Relacións no equipo de traballo.

1. 1. Seguranza na colocación dapedra natural.

2. Calidade.

3. Relacións no equipo de traballo.

Cualificacións Unidadesde competencia

Ámbitosde competencia

Page 31: Nivel de cualificación: 2

■ 5. Glosario

■ Cualificación profesional

É a especificación oficial da competencia que se preci-sa para desenvolver correctamente un rol de traballoou unha actividade profesional nun campo ocupacionaldeterminado.

■ Competencia profesional

É a capacidade de aplica-los coñecementos e capacida-des para conseguir realiza-las actividades e funciónslaborais de acordo cos niveis requiridos na produccióne no emprego, e para soluciona-los problemas quederivan dos cambios na producción.

■ Denominación da cualificación profesional

Trata de expresa-lo rol ou roles esenciais do traballoque se presentan ou presentarán nas tarefas ou situa-cións productivas da cualificación profesional.

■ Nivel

O nivel indica o grao de competencia das actividades detraballo asociadas ás unidades de competencia e áscualificacións profesionais. Non debe pensarse en cate-gorías profesionais.

Dividiuse a estructura das cualificacións profesionaisnos cinco niveis recoñecidos pola Unión Europea comomarco de referencia para calquera sistema de cualifi-cación.

■ Competencia xeral

Describe os roles esenciais do traballo que se identifi-caron para cada cualificación profesional en forma defuncións ou obxectivos da producción que deben seracadados.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

33

Page 32: Nivel de cualificación: 2

■ Unidades de competencia

Conxunto de elementos de competencia con valor e sig-nificado no emprego. Obtéñense pola división da com-petencia xeral da cualificación profesional. Cada unida-de de competencia debe responder alomenos a un rol,a un posto ou a unha función da producción.

■ Elementos de competencia (EC)

Describen o que as persoas deben ser capaces de rea-lizar nas situacións de traballo. Expresa os logros ouresultados esperados que a persoa debe ser capaz dedemostrar para acada-lo rol que expresa a correspon-dente unidade de competencia.

■ Criterios de realización (CR)

Describen os resultados ou aspectos críticos quedemostran a competencia profesional. Cada criteriodefine así unha característica do traballo ben feito.

Expresan, por tanto, o nivel aceptable do elemento decompetencia que satisfai os obxectivos das organiza-cións productivas e permiten xulgar fronte a eles asactividades de traballo realizadas pola persoa.

■ Especificación de campo ocupacional

É unha descrición do campo de aplicación de cada uni-dade de competencia segundo as actividades e situa-cións de traballo actuais e previsiblemente futuras docampo ocupacional correspondente. Caracterízase enfunción dun conxunto de parámetros (información,máquinas, equipamentos, procesos, técnicas...) que seespecifican para cada unidade de competencia.

■ Especificación de coñecementos e capacidades

É o conxunto de coñecementos, habilidades cognitivas,destrezas e actitudes que debe incluírse nas cualifica-cións profesionais. Incluirá non só os coñecementossobre os feitos e a información que se necesita paraactuar, senón tamén as capacidades necesarias paraaplicar ese coñecemento ó rango necesario de situa-cións de traballo.

Pedra natural • • • • • • • • • • • • • • • • • • • •

34

Page 33: Nivel de cualificación: 2

■ Ámbito de competencia

Conxunto de coñecementos e capacidades transversaise/ou de base correspondentes a varias ou tódalas uni-dades de competencia dunha cualificación profesional.

■ Bloque

Con este único termo pretendeuse unifica-las diferentesdenominacións utilizadas en cada subsector: bloque degranito, bolo de mármore e rachón de lousa.

• • • • • • • • • • • • • • • • • • • • Pedra natural

35

Page 34: Nivel de cualificación: 2