muíños de vento
TRANSCRIPT
Aproveitan a enerxía do vento para mover mecanismos que trituran diferentes materiais: cereais, cacahuets, cana de azucre, minerais, febras...
A enerxía cinética do vento transfórmase en enerxía mecánica por medio de diferentes aparellos (velas, pas ...).
Os muíños de vento sitúanse en lugares altos e expostos ao vento, en elevacións naturais ou artificiais.
Os primeiros muíños de vento dos que hai referencia (século X) estaban situados no Sijistan (nunha zona entre Persia e Afganistán). Eran de eixo vertical.
Muíños de Niyazabad Debuxo do libro: “Tecnología Popular Española” de Julio Caro Baroja.
En Europa aparecen documentados os primeiros muíños de vento de eixo horizontal no século XII.Durante a Idade Media e Moderna introducíronse neles diversos avances técnicos.
Muíño xiratorio nun gravado medieval.
A partir do século XVI introdúcese como innovación a inclinación do eixo e as pas (arredor dun 10%) para aumentar a forza.
Deseño de Juanelo Turriano (século XVI)
No século XIX comezou a decadencia dos muíños de vento ao ser substituídos, primeiro por máquinas de vapor, e despois por máquinas eléctricas.
Muíños de torre fixa e eixo vertical (Persia).As aberturas dos muros oriéntanse ao vento dominante. As pas son de febras vexetais e están conectadas directamente á moa.
Muíños de torre fixaPodían ter o tellado móbil ou fixo.
Tipo nórdico
TIPOS DE MUÍÑOS DE EIXO HORIZONTAL
Muíño de poste ou pivoteO corpo do muíño era de madeira e levantábase sobre un poste, de xeito que se podía mover para orientalo ao vento.
Muíños xiratoriosO corpo superior, de madeira, xiraba sobre unha base de pedra.
Gravado de 1430
Alcobaça(Portugal)
Tipo mediterráneo
Elementos dun muíño de vento de eixo horizontal
cuberta
pás ou abanos
eixo
moegamoa
pé
roda, voante ou voadora
piñón
vara
freo
rabo
As pas fan xirar un eixo conectado cunha roda dentada grande (voante ou voadora) que vai unida perpendicularmente a outra pequena (piñón) que cambia a dirección do movemento e multiplica a velocidade de xiro que se transmite á moa.
Os muíños máis avanzados levan sistemas para mover varias moas simultaneamente, orientar automaticamente as pas, controlar a velocidade de traballo…
Transmisión horizontal para mover dúas moas.
Muíño de torre fixa e tellado xiratorio. Vista interior do tellado e a roda cos engranes (voante ou voadora).
Muíño de vento do século XIX totalmente automatizado.En 1787, Thomas Mead patenta un deseño cun regulador que aseguraba que a presión exercida entre as pedras do muíño fose proporcional á velocidade de rotación. Combinábase con outro enxeño que variaba o ángulo de ataque das pás do muíño, de forma que se controlaba a velocidade do mesmo.
Esquema dun muíño de tellado xiratorio e moas en posición vertical. Moe cacahuets para facer aceite.(Holanda).
Muíños de Abalo (Catoira) 1979
OS MUÍÑOS DE VENTO EN GALIZAForon moi abundantes, sobre todo pola costa, en zonas expostas ao vento e con escaseza de correntes de auga. Dos primeiros que hai referencias é dos de A Coruña (1525). No estudio de Begoña Bas (“Muíños de Marés e de Vento en Galicia”) faise referencia a 120 distribuídos especialmente polas Rías Baixas, A Guarda, A Coruña e Ortigueira-Viveiro. Actualmente a maioría desapareceron ou atópanse en estado ruinoso.
En Catoira, A Guarda, Valga, Miño e Mañón atópanse algúns restaurados.
Muíños de Abalo (Catoira) 2001
Relevo no interior da igrexa de Santa María (Pontevedra) no que está representado un muíño de vento de poste.
Grabado de 1840 no que se aprecian os muíños de vento da Coruña (hai referencias de 14 muíños de vento).
OS MUÍÑOS DE VENTO EN GALIZA
DE TORRE FIXA
Cuberta fixa con aparello doble.8 documentados en Catoira.
Cuberta xiratoria para orientar ao vento. Un so aparello.43 documentados por toda Galicia.
DE ARMAZÓNO soporte arquitectónico non está relacionado co aparello mecánico
XIRATORIOSO corpo superior, de madeira, xiraba sobre unha base de pedra.10 documentados
Muíño de Catoira. O tellado é fixo. Leva doble sistema de abanos para aproveitar o vento de distintas direccións. A súa tipoloxía é única en Europa.
Muíño de Boucelo (Bemantes-Miño). Construído en 1840. Foi restaurado polo concello en 2008. Esta inventariado no Centro Nacional de Muíños de Vento de España desde 1989.
Muíños de Bares (Mañón). En primeiro plano o da Notaria que foi construído a comezos do século XX e parou de traballar en 1961.
Muíño de vento do parque de Santa Margarida (A Coruña). Construído en 1787. Recentemente restaurado.
Planta do obradoiro de pirotecnia no que a enerxía do vento poñía en funcionamento todos os elementos da fábrica (muíños da pólvora, bobinadoras...)
Muíño de pólvora (Neda).Actualmente restaurado como casa de turismo rural.
MONTAXE : Adela Leiro, Mon DaportaIMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet,
BIBLIOGRAFÍA:-“Tecnología Popular Española” de Julio Caro Baroja (Ed Galaxia Gutemberg)-“Galicia, As Construcción da arquitectura Popular”. De Manuel Caamaño Suárez (Ed Hércules)-“Muíños de Marés e de vento en Galicia”, de Begoña Bas (Ed Fundación Barrié de la Maza)