morte no nilo - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0f2e3c/wysiwyg_files/filesmodule/lingua/... ·...

15
MORTE NO NILO Agatha Christie 1

Upload: phamnhan

Post on 07-Nov-2018

230 views

Category:

Documents


1 download

TRANSCRIPT

Page 1: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

MORTE NO NILOAgatha Christie

1

Page 2: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

MORTE NO NILO

As novelas, como os filmes ou as bandas deseñadas poden agruparse segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada subxénero ten as súas propias características canto a tipos de personaxe, forma de estar contada, narrador, espazos, orde dos acontecementos da historia, etc.Imos coñecer un pouco máis sobre a novela policial ou de detectives a partir dunha das obras máis famosas de Agatha Christie, unha das escritoras prototípicas deste subxénero.

Pero antes de centrármonos nesta obra, lembras outros subxéneros novelísticos? Temos, entre outras, novelas de aventuras, de ciencia ficción, de costumes, fantásticas, de terror, históricas, negras ou policiais, sentimentais, sociais, westerns, etc.

O protagonista de Morte no Nilo é Hércules Poirot, un investigador de orixe belga afincado en Londres, perfectamente recoñecible polo seu bigote de puntas retorcidas cara arriba, a súa obsesión pola orde, a súa vaidade e a súa pouca modestia. Resolveu innumerables crimes e roubos grazas ao bo funcionamento das “pequenas células grises” do seu privilexiado cerebro, como a el mesmo lle gusta dicir.

Aquí tés os personaxes principais que aparecen nesta novela, ordenados alfabeticamente:A señora ALLERTON, distinguida dama, tía de Jeanne Southwood e nai de Tim Allerton.

Tim ALLERTON, rapaz sen moita vontade, enfermo de tuberculose. Debido á súa enfermidade non ten traballo, aínda que a posición da súa familia non fai disto un tema grave. Lévase moi ben coa súa prima Jeanne, cousa que non gusta nada a súa nai.

Jacqueline de BELLEFORT, compañeira do colexio de Linnet. A súa familia arruinouse pero ela sempre soubo desenvolverse. Pídelle á súa amiga Linnet que lle dea traballo ao seu mozo (Simon) porque quere casar con el.

Karl BESSNER, importante médico alemán que ten clínicas en diferentes países de Europa Central.

Louise BOURGET, doncela de Linnet. Cando comeza a viaxe levaba traballando para ela só dous meses.

2

Page 3: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

Señorita BOWERS, dama de compañía e enfermeira da señorita Van Schuyler.

Simon DOYLE, mozo de Jacqueline de Bellefort que acabará casando con Linnet. Ao principio da historia busca un traballo para poder casar con Jacqueline. Esta pídelle a Linnet que o contrate como administrador de Wode Hall. Cando coñece a Linnet e esta empeza a facerlle as beiras, pódelle a vaidade e a posibilidade de riqueza. Síntese o escollido, deixa a Jacqueline e casa con Linnet.

Rosalie OTTERBOURNE, moza moi guapa pero un pouco antipática que acompaña á súa nai no cruceiro polo Nilo.

Salomé OTTERBOURNE, escritora de éxito en crise porque nos últimos tempos atravesa unha grave “crise de inspiración”.

Andrew PENNINGTON, avogado do pai de Linnet que, cando esta quedou orfa, debía ocuparse de toda a súa fortuna en América até que ela fixese vinte e un anos ou casase. O repentino casamento de Linnet pono en apuros porque debe aclarar todos os movementos financeiros que ten realizado co diñeiro de Linnet. Finxe estar en Exipto por casualidade e non saber nada do casamento, coa intención de que Linnet firme (sen se decatar) permisos para investimentos en bolsa.

Coronel RACE, vello amigo de Poirot que embarca no Karnak en misión secreta: debe buscar un espía. Oficialmente será o encargado de resolver o crime.

Linnet RIDGEWAY, despois de casar con Simon, Linnet Doyle. Unha das mulleres máis ricas de Inglaterra. Namora de Simon e non dubida en seducilo a pesar de ser o mozo da súa amiga Jacqueline de Bellefort. Non lle cae ben a moita xente que a considera demasiado rica e demasiado guapa...

María VAN SCHUYLER, anciá aristócrata, tía de Cornelia.

Cornelia ROBSON, moza americana que a acompaña á súa tía millonaria, a señorita Van Schuyler, nesta viaxe por Exipto, como “parente pobre”.

James FANTHORP, sobriño do avogado inglés de Linnet. Vai nesta viaxe a Exipto de incógnito para impedir que Andrew Pennington estafe á clienta de seu tío.

Señor FERGUSON, estudante de socioloxía de ideas comunistas.

3

Page 4: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

Señor FLEETWOOD, maquinista do Karnak, barco que realiza cruceiros ao longo do Nilo e no que os personaxes pasan as súas vacacións.

Guido RICHETTI, arqueólogo italiano

Outros personaxes importantes na trama

que non van no cruceiro polo Nilo

Jeanne SOUTHWOOD, sobriña da señora Allerton. É moi amiga de Linnet. Gústalle vivir ben, aínda que non ten moito diñeiro. Non se sabe como consegue rodearse da máis distinguida sociedade inglesa, cousa que non lle agrada nada á súa tía. Non está no cruceiro.

Lord Charles WINDLESHAW, pretendente de Linnet antes de que esta casase repentinamente con Simon. Desenganado marcha ao Canadá. Non está no cruceiro.

George WODE, millonario vido a menos que se viu obrigado a venderlle a súa propiedade a Linnet. Considera isto unha humillación. Non está no cruceiro.

A continuación tés algúns exercicios sobre verbos relacionados con “Morte no Nilo”, fainos para ir entendendo a historia porque ao final terás que encontrar ao asasino.

PRESENTE DE INDICATIVO (observo, creo, intúo)

- Usos: falar do presente (feitos non rematados no momento actual): tanto situacións momentáneas como situacións regulares ou calidades das cousas ou para afirmar en xeral . Tamén serve para afirmar o que sabemos con certeza que sucederá no futuro .

¶ “Chez ma tante”. A primeira vez que Hércules Poirot ve a Simon e Jacqueline están nun restaurante francés en Londres. Observa todo o que fai a parella aínda que non os coñece de nada.

A parella _______________ (bailar) animadamente. _____________se

(sentir) moi felices. Cando ________________ (acabar) a peza,

_____________ (bulir) cara a mesa e ______________ (pedir) a cea.

Jacqueline _________________lle (suxerir) a Simon falar coa súa

amiga Linnet para que esta lle dea traballo e así poder casar.

Poirot ____________ (pensar) que ela _________________ (parecer)

demasiado disposta a facer calquera cousa por amor, mais el

non _________________ (transmitir)

a mesma seguridade e paixón.

Ela _______________ (querer) ir de

lúa de mel a Exipto.

4

Page 5: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

Que diferentes somos ti e eu! No principio da novela tamén asistimos a unha conversa entre Linnet e Jeanne, que nos darán algúns datos moi importante para o desenvolvemento da novela.

Ti sempre _______ (facer) o que é necesario facer. Eu ________________ o que me apetece.

Ti _______________ (ver) problemas en todo. Eu nunca ________________ os problemas.

Ti, cando _________ (dar) algo non pensas no que vas recibir a cambio. Eu nunca _________ nada se non vou obter un beneficio.

Ti sempre ______________ (saber) cando te equivocas. Eu non ____________ recoñecer os meus erros.

Ti nunca ___________________ (desaparecer) cando os teus amigos te necesitan. Eu _____________________ sen dicir nada cando o necesito ou as cousas se complican.

Ti nunca ___________________ (supor) nada, non ___________ (dar) nada por feito. Eu sempre _______________ (supor) que todo está ben.

Ti _________________ (sacudir) a vida dos demais cando cres que algo vai mal. Eu sempre ______________ (pensar) que esas cousas non me ______________ (competer). Como cando a túa doncela María quería casar con aquel exipcio.

Ti non ______________ (mentir) e _______________ (espir) os teus sentimentos diante dos teus amigos, pero eu _______________ (mentir) sen problema, ______________ (medir) o que ___________ (dicir) e non ________________ (consentir) nin que os máis próximos se metan na miña vida.

Ti normalmente ____________________ (agradecer) o ben que che fan, eu nunca ______________ (agradecer) nada. Considero que o que teño o ______________ (conseguir) polos meus méritos.

Con todo, ti sempre __________________ (conseguir) todo o que queres, _________ (ser) inmensamente rica e incriblemente guapa, ninguén che ____________ (tusir) e non _____________ (sufrir) frustracións. Eu, ____________ (caer) na tristeza por todo o que non teño, pero as cousas boas sempre ______________ (xurdir) ao meu redor.

E despois de todo isto... _____________ (poder) deixarme o teu colar de perlas para a cea desta noite? Por que ti ______________ (confiar) en min como para deixarme ese colar de cincuenta mil libras? A que si?

A novela policial.

A novela policial ________ (ser) un subxénero dentro da novela. O seu principal móbil ______________________ (constituír) a resolución dun enigma, xeralmente de tipo criminal. _______________ (adoitar) tratarse dunha estrutura novelística pechada.Este xénero _________________se (desenvolver) fundamentalmente durante os séculos XIX e XX. Nos seus inicios foi calificado como “literatura barata”.________ (poder) dicirse que o creador da novela policíaca ________ (ser) o estadounidense Edgar Allan Poe, cos seus contos Os crimes da rúa Morgue (1841) ou O misterio de Marie Rogêt (1842). Moitos

5

Page 6: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

deles __________________os (protagonizar) Auguste Dupin, o primeiro detective de ficción, que ______________ (servir) de modelo a un dos personaxes arquetípicos do xénero, o detective Sherlock Holmes de Arthur Conan Doyle. A partir das obras deste último autor, e doutros como Agatha Christie, ______________ (xurdir) a chamada escola inglesa de novela policial, que se _________________ (caracterizar) por un desenvolvemento case matemático da trama, centrada na resolución do enigma a través de pistas e pezas que deben encaixarse. _____________________se (desenvolver) case sempre en espazos interiores e en estratos sociais de clase alta.

Adaptado da Galipedia

Pero volvamos á novela. Linnet está moi acostumada a dar ordes, como lle di a súa amiga Jeanne. Fala por teléfono con Jacqueline sobre o traballo para Simon.

Non ____________ (haber) problema, querida. _______________ (parecer) mentira, se nos

____________________ (coñecer, nós) desde que somos pequenas. Mañá _____________

(vir, ti) co teu Romeo, _____________vos (esperar, eu) para tomar o té en Wode Hall, así

____________ (poder) ver todas as reformas que fixen na casa e na finca. __________

(estar, eu) desexando coñecer ese mozo ao que __________ (dicir, ti) querer tanto. Como

__________ (poder, ti) dicir que ___________ (morrer, ti) se non _______________ (casar, ti)

con el?

6

Page 7: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

PRETÉRITO DE INDICATIVO (observei, crin, intuín)

–Usos: situar nun momento do pasado feitos completos e rematados , por exemplo para escribir unha biografía .

A traizón e a vinganza.

Cando Linnet ___________ (ver) a Simon e a Jacquie __________ (sentir) unha grande envexa e _____________________se (encaprichar) co mozo da súa amiga. ______________ (acabar) conquistándoo e _________________ (casar) con el.Por riba, ___________________ (decidir) ir de lúa de mel a Exipto. Jacquie non ______________ (poder) soportar todo isto e ______________________ (ameazar) con matar a Simon ou a Linnet. Mais finalmente ___________________ (decidir) vingarse dun xeito un pouco máis peculiar: _______________ (seguir) á parella no seu viaxe de vodas por toda Europa. ______________ (chegar) canda eles a Exipto e, aínda que eles _________________ (pensar) que a enganaran e non sabía nada do cruceiro polo Nilo, Jacquie ___________________o (saber) e __________________ (embarcar) no Karnak.A Linnet a situación comezaba a afectarlle aos nervios e Simon, que tamén estaba moi enfadado, comezaba a odiar a Jacquie. Por iso, Linnet ____________ pediulle axuda a Poirot. Mais o detective ______________lle (dicir) que non se podía facer nada. ____________ (tentar) falar con Jacquie e ___________________lle (aconsellar) refacer a súa vida e esquecer a Simon. Non _________ (dar) resultado...

Agatha Christie.

Lady Agatha,

a inquietante “Raíña do crime”

Agatha Christie ________________ (acadar) o éxito coa publicación da súa primeira novela, O misterioso caso Styles. ________ (ser) alcumada, con toda a xustiza, polos seus contemporáneos “a raíña do crime”. ___________________ (escribir) sesenta e seis novelas e máis un cento de relatos que se _____________________ (traducir) a case todas as linguas do mundo e dos que se seguen a vender na actualidade centos de exemplares. Moitas das súas obras ____________ (ser) adaptadas para o cine.Co seu prodixioso e prolífico talento literario ____________________ (argallar) enxeñosas tramas criminais. Para o gran público ___________ (ser) a creadora de dous investigadores atípicos e agudos: Hércules Poirot e Miss Marple.Entre as súas novelas máis coñecidas _______________ (destacar) títulos como O asasinato de Roger Ackroyd, Asasinato no Orient Express ou Morte no Nilo.

Rivière e Solidor

7

Page 8: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

COPRETÉRITO (observaba, cría, intuía)

–Usos: describir momentos do pasado simultáneos a outro momento do pasado ao que lle damos maior relevancia (expresado en pretérito) ou para falar de situacións regulares no pasado, que xa non o son no presente .

O inicio do fin. Unha noite Jacquie non atura máis e ataca a Simon no bar do barco. Poirot pídelle a Cornelia Robson que lle conte exactamente o que pasou.

Esa noite, a partir das 23:45

No salón de xogos do bar só quedan Simon, James Fanthorp, Jacqueline e Cornelia.

Symon está recollendo as cartas porque estivo xogando con Linnet e Pennington que xa marcharon durmir.

James Fanthorp bebe unha copa mentres le un libro.

Cornelia quere ir durmir pero Jacqueline non para de falar e non a deixa marchar. Está bebendo moito, xa está un pouco bébeda e cóntalle a Cornelia o que pasou con Simon e Linnet.

É unha noite cálida, as xanelas están abertas e só se escoita o son das ondas. Todos os demais pasaxeiros xa marcharon para os seus camarotes.

Jacqueline saca unha pequena pistola do bolso e dispara a Simon. Este cobre a súa perna dereita cun pano manchado de vermello...

Jacquie decátase do que fixo e tira a pistola ao chan. Está totalmente histérica. Cornelia e James Fanthorp non saben cal dos dous precisa máis axuda.

Á mañá seguinte, Cornelia cóntalle a Poirot o sucedido:

No salón de xogos do bar só ________________ Simon, James Fanthorp, Jacqueline e eu.

Symon ______________ recollendo as cartas porque estivera xogando con Linnet e Pennington que xa marcharan durmir.

James Fanthorp ____________ unha copa mentres _____________ un libro, sentado nun sofá.

Eu ______________ ir durmir pero Jacqueline non ________________ de falar e non me ______________ marchar. ______________ bebendo moito, xa ____________ un pouco bébeda e _______________me o que pasara con Simon e Linnet.

_________ unha noite cálida, as xanelas _____________ abertas e só se _____________ o son das ondas. Todos os demais pasaxeiros xa marcharan para os seus camarotes.

Jacqueline sacou unha pequena pistola do bolso e disparou a Simon. Este cubriu a súa perna dereita cun pano manchado de vermello...

Jacquie decatouse do que fixera e tirou a pistola ao chan. ________________ totalmente histérica. O Sr. Fanthorp e eu non ___________________ cal dos dous __________________ máis axuda.

Simon insiste en que, antes de ir buscar ao doutor Bressner, acompañen a Jacqueline ao seu camarote e non a deixen soa en ningún momento.

8

Page 9: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

A mañá seguinte, cando os pasaxeiros aínda non se repuxeran do acontecido pola noite:

As declaracións dos sospeitosos. Un investigador ten que saber interpretar moi ben o que lle están dicindo...

Fanthorp non ten as cousas moi claras...

Forma verbal Interpretación

Cando saía/ saín para a cuberta, escoitei un disparo.

a. saía__

b. saín

Aínda non chegara a cuberta.

Xa estaba na cuberta.

9

Page 10: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

A señorita Bellefort disparáralle a Simon. Como se deu/daba conta do que fixera, tirou a pistola que foi parar debaixo dunha cómoda

a. _______________

b. _______________

Reaccionou despois do disparo

Fanthorp cre que era consciente mentres o facía

A señorita de Bellefort estaba moi triste e eu moi nervioso. Non sabía/souben que dicirlle...

a. _______________

b. _______________

Non lle dixo nada

Non sabemos se lle dixo algo

Mentres Cornelia foi buscar ao doutor Bressner e á señorita Bowers, eu quedei con Jacqueline, porque ameazaba/ amenazou con suicidarse.

a. _______________

b. _______________

Repetía a idea todo o tempo.

Só o dixo unha vez.

Cando chegaba/ chegou a señorita Bowers para atender a Jacqueline, eu volvín ao bar.

a. _______________

b. _______________

Marchou xusto antes de que chegara a señorita Bowers

Marchou cando ela xa estaba no camarote de Jacqueline.

Cando levaban/ levaron a Simon ao camarote do doutor Bressner, pediume que fose buscar a pistola que Jacqueline tirara despois do disparo. Pero non a atopei...

a. _______________

b. _______________

Díxollo polo camiño

Díxollo cando xa estaba no camarote do doutor Bressner

Cando, volvía/volvín ao camarote pareceume oír algo caendo á auga.

a. _______________

b. _______________

Xa estaba no seu camarote

Aínda estaba en cuberta

Era perfecta! Simon fala con Poirot e recorda como era Linnet...

_______________ (gustar) tanto Linnet... _________ (ser) tan alegre! Sempre __________ (falar) de todo o que _______ (ir) facer cando volvésemos a Londres, das reformas que _____________ (faltar) en Wode Hall... ________ (ser) tan boa para os negocios! Nunca _____________ (firmar) nada sen lelo antes, para desgusto do señor Pennington. __________ (ter) tantos plans de futuro! E agora xa non está! Teño que dicir que nesta viaxe _________________ (sentirse) odiada por todo o mundo... Mesmo viu un apelido na lista de pasaxeiros que lle recordou unha familia americana á que seu pai arruinara, e despois ____________ (estar) Jacquie, que non ______________ (parar) de seguirnos... Pero non culpo a Jacquie. Ela _____________ (sentirse) tan mal por todo o que pasara... e agora está tan triste e arrepentida! Pobre Jacquie!

10

Page 11: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

ANTEPRETÉRITO (observara, crera, intuíra)

–Usos: falar dun momento anterior a outro momento do pasado.

Interrogatorios. Poirot quere saber o que estaban facendo os outros viaxeiros entre as 23:30 e as 00:30 daquela noite:

Coronel Race: Deiteime as doce menos cuarto aproximadamente e quedei durmido rapidamente. Ese día _____________ (estar) investigando o pasado do traballadores do barco para intentar saber algo máis da identidade do terrorista. Estaba un pouco frustrado porque non _____________ (descubrir) nada. As 11:30 _______________ (ver) a Linnet entrando no seu camarote e __________lle (as boas noites).

Señorita Bowers: Estaba no meu camarote cando me viñeron buscar. Pasei todo o tempo coa señorita de Bellefort. Ela durmiu toda a noite. Estaba moi alterada e ________________ (ter) que poñerlle un tranquilizante moi forte. Non paraba de chorar polo que ______________ (facer) e _________________ (ameazar) varias veces con suicidarse, non paraba de repetir que non merecía vivir.

Señorita Van Schuyler: Esa noite eu estaba esgotada e ____________me (ir) cedo á cama. ____________ (estar) media tarde buscando a miña estola de veludo que esta inútil de Cornelia ______________ (esquecer) cando saín do comedor. Xa levaba tempo durmindo cando oín pasos que ían e viñan pola cuberta. Tamén ___________ (oír) pasos no camarote da señora Doyle. Como todo isto me ___________________ (desvelar), saín do camarote e vin á señorita Otterbourne tirando algo pola borda. Parecía moi nerviosa.

11

Page 12: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

PRESENTE E PRETÉRITO DE SUBXUNTIVO (observe, crea, intúa // observase, crese, intuíse)

– Usos: expresar desexos, rexeitamento, posibilidade, valoracións, etc. sempre dependendo doutro verbo que indica estes matices. Así, por exemplo, serve para: expresar desexos e obxectivos, cuestionar informacións, valorar informacións, transmitir peticións en estilo indirecto, relacionar temporalmente dous feitos, etc.

– Co pretérito de subxuntivo podemos expresar as mesmas cousas que co presente de subxuntivo, referidas ao pasado . Pero tamén podemos expresar desexos, posibilidades, hipóteses etc. de realización moito máis improbables ou mesmo imposibles ➌. Nestas hipóteses irreais o seu uso combínase co do pospretérito (observaría, crería, intuiría).

As células grises. Poirot comeza a barallar hipóteses sobre os móbiles que os diferentes viaxeiros tiñan para asasinar a Linet.

Primeiro necesito que cada persoa me ______________ (contar) o que estivo facendo nesa hora en que seguramente se produciu o asasinato.As perlas desapareceron polo que é posible que o asasino as ______________ (ter). Voulle pedir ao Coronel Race que _________________ (rexistrar) o camarote de todo o mundo, nunca se sabe. Pode que Linnet ________________ (descubrir) ao ladrón e este a _______________ (asasinar). Louise Bourget só levaba dous meses traballando para a señora Doyle, é posible que non _____________ (ser) quen di ser.Claro que... tamén está a historia do terrorista... Non é probable que Linnet __________________ (descubrir) por accidente a súa identidade e este a __________________ (matar), pero non hai que desbotar ningunha posibilidade.Aínda que a pistola que sacamos da auga estaba envolta na estola da señorita Van Schuyler, non é moi crible que ela ___________ (ser) a asasina. Non imaxino que ______________ (poder) ter un móbil para o asasinato. Mais... a súa sobriña, a señorita Cornelia, é americana, será posible que ela ___________ (ser) a persoa que inquietaba a Linnet?E despois está o señor Pennington e o asunto das firmas... e o que dixo Louise Bourget: o capitán do barco xa sabía quen era Linnet, por que?E non podo esquecer ao señor Ferguson, porque se enfadou tanto cando Linnet leu por erro ese estúpido telegrama sobre patacas e berenxenas. Talvez el tampouco _____________ (ser) quen di ser.É de vital que os ___________________ (interrogar) de novo a todos.

➌ A declaración de Louis Bourget. Poirot está no camarote do doutor Bessner con Simon, que non se pode mover de aquí porque ten unha fractura aberta na perna debido ao disparo e terá que ser operado cando cheguen a porto. Poirot busca á doncela de Linnet para interrogala e queda un pouco estrañado das súas respostas...

12

Page 13: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

- Pouco despois das dez saín do camarote da señora e xa non a vin máis até esta mañá que avisei do asasinato.- E cando saíu, que fixo vostede?- Fun ao meu camarote, na cuberta de abaixo.- E non viu nin oíu nada máis que poida axudarnos?- O meu camarote está na cuberta de abaixo e do outro lado do barco. Que podería ter escoitado eu? Ben, naturalmente se quizais eu non ___________________ (poder) durmir, talvez ______________________ (ter) saído. Se eu ___________________ (subir) a escaleira, entón se cadra podería ter visto ao asasino entrar ou saír do camarote de madame.

A señora Otterbourne é moi peculiar na súa observación sobre os demais...

Se esa moza non ___________________ (ter) seducido ao mozo da súa amiga, agora non __________________ (estar) morta. Un non pode actuar así e pensar que non vai pasar nada! Eu sempre defendín nas miñas novelas que o amor non se pode controlar, pero hai que gardar as formas. Eu por exemplo, se ____________________ (casar) con algún dos meus múltiples pretendentes, agora non ______________________ (estar) aquí coa amargada da miña filla. Se Linnet non se ___________________ (empeñar) en facer a lúa de mel que ______________ (querer) facer Jacqueline, se callar non _______________ (ter) convocado o mal fado. Se se ___________________ (afastar) de tanta vaidade e tanto luxo, seguro que agora ___________________ (seguir) viva.

13

Page 14: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

A Poiro gústalle escribir un informe para organizar as ideas despois dos interrogatorios e das súas observacións. Le atentamente o que escribiu sobre o asasinato da señora Doyle:

ASASINATO DA SEÑORA DOYLE 

A señora Doyle foi vista viva pola súa doncela Louise Bourget. Hora: 11.30 aproximadamente.

Desde as 11.30 até  as 12.30, os seguintes, teñen coartada: Cornelia Robson, Jaime Fanthorp, Simon Doyle,  Jacqueline   de   Bellefort;   ninguén   máis,   pero   o   crime   foi   certamente   cometido   despois   desa   hora,   xa   que   é practicamente seguro que a pistola usada foi a de Jacqueline de Bellefort, que estaba entón no seu bolso. Até que non se faga a autopsia e a análise da bala isto non é totalmente seguro, pero pode tomarse como probable.

Probable curso dos acontecementos: X, asesino, foi testigo da escea entre Jacqueline e Simon Doyle no salón e notou que a pistola foi para debaixo da cómoda. Cando o salón quedou deserto, X colleu a pistola para facer crer que Jacqueline era a autora do crime. Debido a esta hipótese varias persoas quedan automáticamente libre de sospeitas: Cornelia Robson, xa que non puido coller a pistola antes de que James Fanthorp volvera para buscala;  a señora Bowers, igualmente; o doutor Bressner, igualmente; pero Fanthorp non fica definitivamente excluído de sospeitas, posto que puido gardar a pistola e declarar que non a atopou. Calquera outra persoa puido coller a pistola nese intervalo de dez minutos.

Posibles móbiles do asasinato:

Andrew Pennington. Baseándonos na suposición de que é culpábel de prácticas fraudulentas.   Obxeccións: por que tirou a pistola pola borda se era unha proba valiosa para culpar a Jacqueline.

Señor Fleetwood. Móbil: a vinganza. Considerouse prexudicado pola intervención de Linnet no seu casamento. Puido oír a escena no salón do bar e ver onde caera a pistola. Puido tela collido porque era o máis rápido, sen intencións de culpar a Jacqueline; pero entón, por que escribiu o J na parede? O pano barato manchado de vermello que se atopou coa pistola, é máis probable que pertencera a un home como Fleetwood que a algún dos pasaxeiros.

Rosalía Otterbourne: Temos que aceptar a declaración da señorita Van Schuyler ou a negativa de Rosalía? Algo foi  tirado pola borda a aquela hora e  ese  algo  foi  presumiblemente a  pistola  envolta no pano con manchas vermellas e na estola de veludo.

Puntos a observar: tiña un móbil Rosalía? Podía non ter simpatía por Linnet, e até pode ter estado envexosa dela, mais   non   parece   moi   adecuado   como   móbil   de   asasinato...   A   proba   contra   ela   pode   ser   convincente   só   se descubrimos un móbil axeitado. Que saibamos, non existe ningunha amizade ou lazo anterior entre Rosalía e Linnet.

A señorita Van Schuyler. A estola de veludo en que estaba envolta a pistola é dela. Segundo a súa declaración, viuna por última vez no salón do bar. Chamou a atención sobre a súa perda durante toda a noite e estívoa buscando sen éxito. Como chegou a estola ás mans de X? Furtou X a estola a primeira hora da noite? De ser así, por que? Ninguén podería dicir a priori que acontecería unha escena entre Jacqueline e Simon Doyle. Encontrou X a estola no salón cando foi coller a pistola? De ser así, por que non se encontrara cando se efectuou a busca?  Non saíu nunca das mans da señorita Van Schuyler? É dicir: matou a señorita Van Schuyler a Linnet? A súa acusación contra Rosalía Otterbourne foi unha mentira deliberada? Se ela a matou, cal podería ser o seu móbil?

Outras posibilidades:

Roubo como móbil: posíbel, dado que as perlas desapareceron e Linnet levábaas esa noite.

Alguén que odiase á familia de Linnet (como o empresario americano arruinado polos movementos en bolsa do seu 

14

Page 15: MORTE NO NILO - assets00.grou.psassets00.grou.ps/0F2E3C/wysiwyg_files/FilesModule/lingua/... · segundo o seu contido e o seu estilo en diversos subxéneros. Cada ... do seu privilexiado

pai).  E sabemos polas  declaracións de Simon que ela  viu un apelido na lista de pasaxeiros que a puxo moi  nerviosa.

Sabemos que hai un home perigoso a bordo, un terrorista. Temos que relacionar un home capaz de matar, con esta morte, por acaso están relacionado? Mais, teríamos que demostrar que Linnet Doyle sabía algo que resultaba perigoso para a seguridade ou os plans deste home.

Conclusións: Podemos agrupar as persoas que hai a bordo en dúas clases: as que tiñan un motivo posíbel e contra as que non temos probas concretas fronte ás que, polo de agora, están libres de sospeita.

GRUPO I:  Andrew Pennington,  Fleetwood,  Rosalía Otterbourne,  a  señorita Van Schuyler,  Louise  Bourget (roubo?), Ferguson (político?), o terrorista (información? ).

GRUPO II : a señora Allerton, Tim Allerton, Cornelia Robson, a señorita Bowers, o doutor Bessner, o señor Richetti, a señora Otterbourne e James Fanthorp. 

Aquí tes un plano do barco e a distribución de camarotes e pasaxeiros por se che pode axudar:

15