monterrei: o primeiro libro de galicia e a fortaleza amezada

21
O MISAL E A FORTALEZA AMEAZADA DE MONTERREI O PRIMEIRO LIBRO DE GALICIA

Upload: eladio-anxo-fernandez-manso

Post on 15-May-2015

101 views

Category:

Education


8 download

DESCRIPTION

Presentación sobre o Misal de Monterrei (primeiro libro impreso en Galicia); a fortaleza e de Monterrei e as mobilizacións recentes para evitar que se utilice como hotel.

TRANSCRIPT

Page 1: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O MISAL E A FORTALEZA AMEAZADA DE MONTERREI

O PRIMEIRO LIBRO DE GALICIA

Page 2: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Ata que Gutenberg inventou a imprenta, arredor do ano 1440, os libros só contaban con poucas copias manuscritas, realizadas na maioría dos casos por monxes.Por exemplo, o Códice Calixtino, do s. XII, na imaxe.

Page 3: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Os libros impresos antes do domingo de Pascua de 1501 chámanse incunables.En Galicia, a primeira imprenta instalouse na fortaleza de Monterrei, e o primeiro libro aquí impreso foi o Misal de Monterrei en 1494, hoxe depositado no Museo da Catedral de Ourense.

Page 4: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O impresor foi Gonzalo Rodríguez de la Pasera. A impresión está feita en dúas columnas de 35 liñas, cos dous tamaños de letras góticas.O exemplar que se conserva no Museo da Catedral conserva 279 follas encadernadas en pergameo (outro exemplar, en papel, consérvase na Biblioteca Nacional de Madrid).Consta de todos os textos necesarios para a celebración da misa: lecturas, cánticos, oracións, etc. Nas primeiras follas figura o calendario do santoral, sinalándose cunha cruz vermella as festas de gardar ademais dos domingos.

Page 5: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Editáronse uns 800 exemplares para a diócese de Ourense no s. XV, que se repartiron polas parroquias, pero co Concilio de Trento deixouse de usar, quedando só os dous exemplares indicados.Ao estar impreso en tres colores tiveron que pasar as follas tres veces pola prensa.Unha parte das súas páxinas está dixitalizada e a Xunta realizou unha edición resumida.

Page 6: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O castelo de Monterrei é unha fortificación de orixe medieval, situada no concello de Monterrei, nun outeiro sobre o val do río Támega. É unha das fortalezas mellor conservadas de Galiza e das máis importantes e fermosas do Estado. Foi declarada Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931, e na actualidade é un Ben de Interese Cultural.

Page 7: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O castelo asentouse sobre os restos do castro de Baronceli e estivo en mans das familias nobiliarias máis poderosas: Ulloa, Zúñiga, Viedma, Fonseca, Acevedo e Casa de Alba.A primeira noticia documental do castelo data do 950, cando a comarca formaba parte do señorío do mosteiro de Celanova.

Page 8: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

No ano 1366 serviu de refuxio a Pedro I o Cruel, na súa guerra contra Henrique de Trastámara. A revolta irmandiña non afectou ao castelo e, cos Reis Católicos foille concedido o título de 1º Conde de Monterrei a Sancho Sánchez de Ulloa.Neste lugar entrevistáronse en 1506 Felipe el Hermoso e o Cardeal Cisneros.

Irmandiños: a revolta. Xogo de rol celebrado no castelo de Monterrei entre 2006 e 2008

Page 9: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Entre os muros foron facéndose distintas instalacións monásticas. A primeira foi a dos franciscanos en 1302 na zona norte, que desapareceu coa desamortización no s. XIX, usándose as súas pedras en distintas obras en Verín.En 1494 establecéronse os mercedarios, nun antigo convento de monxas, que en 1597 baixaron para a Verín, onde aínda hoxe teñen un colexio.O último mosteiro e convento que se construíu en Monterrei foi o dos xesuítas no 1555, destacando pola súa importancia educativa e cultural (a segunda universidade galega). Coa expulsión dos xesuítas no 1767 o Colexio foi expoliado e dispersáronse as súa pedras e patrimonio. No seu solar sitúase o actual Parador.

Page 10: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Arredor do castelo e dos mosteiros foi medrando o caserío, constituíndose unha importante poboación, con tendas e tabernas.O castelo xogou un importante papel na Guerra de Separación con Portugal que comezou en 1640. Foi entón cando se construíu a Atalaya (para defender a única fonte do recinto) e levantáronse novas e máis resistentes murallas.A fortaleza participou tamén na Guerra de Sucesión (1700-1714) e na Guerra da Independencia (1808-1814), chegando a ser ocupada temporalmente polos franceses.Nas décadas seguintes Monterrei entra nunha profunda decadencia, perdendo boa parte do seu patrimonio.

Page 11: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Page 12: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O acceso a maior acrópole de Galicia faise polo sur, onde se sitúa un cruceiro do s. XVII. Subindo atopámonos co Hospital de Peregrinos (1391), no que destaca a portada gótica co tetramorfo.

Page 13: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Xa dentro do propio castelo destaca a Torre da Homenaxe (ou Torre de Don Sancho), do s. XV. De planta cadrada, con 22 m de altura, feita en cantería de granito perfectamente labrada, que conserva moitas marcas de canteiro. Pódese subir ao terrazo, desde onde hai unha fermosa vista do val de Monterrei.

Page 14: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

O Pazo dos Condes, restaurado, conserva en bo estado galerías e patios, con fermosas arcadas. Foi construído entre os s. XV e XVII, de estilo renacentista. O elemento máis antigo do conxunto é a Torre das Damas, de finais do s. XIII.

Page 15: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Page 16: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

A Igrexa de Santa María edificouse a finais do s. XIII, en estilo románico con elementos góticos. No tímpano da porta ten unha figura do Pantocrátor, con Cristo ensinando as chagas da Paixón e o Tetramorfos (símbolos dos evanxelistas).No interior destaca a ábsida, os retábulos e a Capela dos Condes, ao sur, onde se conservan pinturas de finais do s. XIV.

Page 17: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Page 18: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

A defensa do casteloA Casa de Alba cedeulle o castelo ao Estado español que, no 2010, llo traspasou á Xunta de Galicia. É un BIC (Ben de Interese Cultural) e no documento de cesión especificábase que só se podía adicar a ese uso: público e cultural.Despois de adiar moitos anos a necesaria rehabilitación da fortaleza, a finais do 2013 ponse en marcha cun investimento de case 2 millóns de euros.En decembro do 2013, e sen ninguén agardalo, a Xunta publica un novo proxecto para acondicionar a fortaleza como hotel de luxo, trasladando o Parador (situado a uns 300 m) ao castelo.

Page 19: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

Contra a intención da Xunta de facer un hotel de uso privado nun patrimonio público e con diñeiro público, créase unha Plataforma Cidadá en Defensa do Castelo de Monterrei que ten levado a cabo distintas actuacións para reclamar un USO PÚBLICO E CULTURAL DO CASTELO, símbolo da comarca e herdanza común que debe ser gozado por todos os cidadáns sen máis restricións que as necesarias para a conservación do monumento.

Page 20: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada
Page 21: Monterrei: o primeiro libro de Galicia e a fortaleza amezada

FONTEShttp://patrimoniomusicalgalego.blogspot.com.es/2011/04/missale-auriense-o-misal-de-monterrei.html

https://www.yumpu.com/es/document/view/14544560/apuntes-a-la-historia-del-valle-de-monterrey-emilio-martin-serna

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/11/21/catedral-refuerza-seguridad-evitar-robo-misal-auriense/599303.html

http://gl.wikipedia.org/wiki/Castelo_de_Monterrei

http://gl.wikipedia.org/wiki/Galer%C3%ADa_de_imaxes_de_Monterrei,_Monterrei

http://www.ojodigital.com/foro/urbanas-arquitectura-interiores-y-escultura/188569-castillo-de-monterrei-verin.html

http://aramon.espacioblog.com/categoria/castelos-galicia

www.manuelgago.org/blog/

https://www.facebook.com/betimiciego.betimiciego/photos

https://www.facebook.com/groups/589044114520822/

- Guía de Monterrey; Jesús Yaboada Chivite. Artes Gráficas Faro de Vigo.

- Monterrei, 1494-1994. 5 séculos de cultura; Xerardo Dasairas, Edicións do Castro.

- Verín y comarca; Adolfo Rolán. Editorial Everest.

- Castillos de Ourense; Carlos Olbes Durán. Editorial Lancia

- Varones ilustres de la comarca verinense, Jesús Taboada, Imp. Bolaños y Aguilar, 1946

- Monterrey y el Camino de Santiago: por tierras de Galicia; Benigno G. Sologaistúa. Imp. Bolaños y Aguilar, 1944

AGRADECEMENTOS:

Nieves Amado Rolán

Carolo Losada Soto

Fernando Serrulla Rech