mochilas viaxeiras

8

Upload: instituto-rafael-dieste

Post on 31-Jul-2015

226 views

Category:

Education


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mochilas viaxeiras
Page 2: Mochilas viaxeiras

AS MOCHILAS VIAXEIRASO programa das mochilas viaxeiras comeza a andar no noso centro este curso 2011-2012 de xeito experimental en dúas aulas, S1ºA e S3ºA e ten como finalidade proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros dunha familia ao redor do mundo dos libros e da lectura

Page 3: Mochilas viaxeiras

A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos.

Page 4: Mochilas viaxeiras

As mochilas visitan as casas dos nosos escolares durante dez-quince días.

Page 5: Mochilas viaxeiras

O contido non é exclusivamente para os nenos e nenas. Procuramos cubrir gustos de adultos, de xoves, de nenos e maiores para que cada quen atope dentro da mochila algo que lle guste persoalmente. E atendemos suxestións, se están ó noso alcance. O obxectivo é atopar algún momento para achegarse á lectura en familia con documentos de calidade e, en ocasións, pouco coñecidos por non estaren nos grandes circuitos de distribución.

Page 6: Mochilas viaxeiras

CONTIDO DAS MOCHILAS

Mochila nº 1 Cómic Poesía Clásico Lendas Libro para pais-

nais CD música DVD cine

Mochila nº 2 Cómic Poesía Clásico Lendas Libro para pais-

nais CD música DVD cine

Page 7: Mochilas viaxeiras

INSTRUCIÓNS DE USO

Cóntase con dúas semanas para disfrutar dos contidos da mochila. Sé respetuoso e DEVÓLVEA EN PRAZO

É importantísimo COIDALA MOI BEN para que os materiais poidan chegar a todo o mundo en perfecto estado

Inclúese un caderno viaxeiro no que se convida ás familias a escribir reflexións, opinións, suxestións sobre a actividade, os materiais…

Antes de devolver a mochila, REVISA QUE ESTEA TODO O MATERIAL.

Page 8: Mochilas viaxeiras

QUE A DISFRUTEDES!