mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do...

26
PAG: 00351101 -- EDI: OCTO3 N o espacio compartido, a penumbra, tempo indescifrable da memoria ou dunha sombra, n a lenta desaparición do que fica. Paxaro solitario, chegaches aquí Nesta tarde somerxida de raíz de cúrcuma e chapa de chumbo. cercadas as túas plumas, ocultos os teus ollos, u n fío impalpable de sangue e a túa mirada quebrada. Subitamente, cinto a luz escura, que acaricia as túas escamas, réptil de poderosa mirada, n o fondo do meu corazón húmido de melancolía. Agora, pregúnteme qué foi daquela luz crebada, do azafrán e do arame, e do fulgor das túas escamas, réptil de poderosa mirada. Agora, pregúnteme, n os círculos sombríos da tarde, polo que xa non é, polo declinar do que foi. Xa non son nada, xa nada queda, a luz atroz do inverno estreméceme. Manuel Vilariño Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves. Coordinacion, A•R. Lopez e Soedade Noia. Deseño, Anton Lopo. Maquetacion, Carme Botana. Fotografia, Chico Miras. [email protected] revista das letras 437

Upload: haquynh

Post on 23-Jan-2019

225 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: 00351101 -- EDI: OCTO3

No espacio compartido,a penumbra,tempo indescifrable da memoriaou dunha sombra,na lenta desaparición do que fica.

Paxaro solitario, chegaches aquíNesta tarde somerxidade raíz de cúrcuma e chapa de chumbo.cercadas as túas plumas,ocultos os teus ollos,un fío impalpable de sanguee a túa mirada quebrada.

Subitamente,cinto a luz escura,que acaricia as túas escamas,réptil de poderosa mirada,no fondo do meu corazónhúmido de melancolía.

Agora, pregúntemequé foi daquela luz crebada,do azafrán e do arame,e do fulgor das túas escamas,réptil de poderosa mirada.

Agora, pregúnteme,nos círculos sombríos da tarde,polo que xa non é,polo declinar do que foi.

Xa non son nada,xa nada queda,a luz atroz do invernoestreméceme.

Manuel Vilariño

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves.Coordinacion, A•R. Lopez e Soedade Noia. Deseño, Anton Lopo.Maquetacion, Carme Botana.

Fotografia, Chico [email protected]

revista das letras 437

Page 2: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O03SR02 -- EDI: OCT03

2 O Correo Galego 3/9/02 O Correo Galego 3/9/02 3‘Natureza morta con curry’ (1999). Cibachrome sobre aluminio. Orixinal en cor.

Na fronteira entre a vida e a morte móvense as foto-grafías que desde hoxe presenta no Centro Galegode Arte Contemporánea (CGAC) o fotógrafo Ma-nuel Vilariño (A Coruña, 1952), un dos fotógrafosde máis marcada personalidade que actualmentedesenvolven o seu traballo en Galicia. A experien-cia vital –tema central desta mostra que comparteespacio coa da creadora libanesa Mona Hatoum–enténdea Vilariño como ‘‘un todo indisoluble ondea criatura se enfronta ó descoñecido, ó escuro, nolímite do continuo e o discontinuo, da ausencia e dapresencia’’, segundo subliña Alberto Ruíz de Sa-maniego, comisario dunha mostra que se presentabaixo o título Fío e sombra. O título alude a ese xogofronteirizo entrea vida e a morte, xa que o fío simbo-lizaría o límite frácil (o fío) entre a presencia e a au-sencia, e a sombra aludiría ó fondo de misterio e fi-nitude que palpita sempre tras de todo o vivo, e so-bre o que a vida se proxecta. Con estes traballos,Vilariño trata de provocar no espectador unha refl-xión sobre os límites da materia e o espírito a travésdas correspondencias entre a vida e a morte; unharelación que para o creador é o eixo da existencia eparte crucial do seu traballo. A mostra concíbesecomo o tránsito simbólico da materia ó espírito e,polo seu carácter novidoso, supón un punto de in-felxión na carreira do artista. Fío e sombra estructú-rase nos tres espacio da primeira planta, compren-de unha trintena de fotografías realizadas entre1994 e 2002, algunhas delas realizadas especifica-mente para o CGAC.

Page 3: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O03SR04 -- EDI: OCT03

4 O Correo Galego 3/9/02 O Correo Galego 3/9/02 5

Detalle de ‘Metamorfoses da sombra’ (2002) Xelatino bromuro sobre aluminio. Orixinal en branco e negro

‘Emboscado 1’ (1998). Orixinal en cor ‘Paxaro á luz de lúa’ (2001)

ólongo do tempo un dos temas que sempre estivo presente na produc-ción cultural dos homes foi a busca daquilo que quedaba oculto detrásda luz. O que habita no escuro, na zona de sombra das nosas vidas edas nosas ideas. Todo aquilo que non vemos, que ás veces non quere-mos e outras veces non podemos ver. O oculto. Pero a aproximación aesa escuridade, a todo o oculto, realizámola a partir do que sabemos edo que intuímos, e as ferramentas para ese achegamento, para ese in-tento de ensanchar a zona iluminada, son as cousas, todas as cousasque un día, algunha vez estiveron vivas. A morte e a súa representa-ción, a súa simboloxía, todo o que é unha ponte, unha pasarela, entre aluz e a sombra, desde a vida á morte. Unha viaxe de dificil retorno. ParaManuel Vilariño ese lado de sombra é un lugar de observación. Un lugardesde o que enxerga unha realidade diferente, desde onde compón unmundo cheo de símbolos e referencias. Como un cazador, como unhatestemuña oculta, Vilariño asexa unha imaxe. Na súa obra fotográficahai dous temas esenciais: o retrato e a natureza morta. Unhas vecesson imaxes que comparten co fotógrafo a súa identidade, persoas quecomparten esa especie de xogo perverso que significa deixarse retra-tar, converterse en imaxe fotográfica. Outras veces, as máis, son restosinertes, obxectos sen alma, corpos que deixaron de palpitar, os queconforman unhas composicións moi elaboradas, cheas de significacióne símbolos de todo tipo. Pero tanto nunhas composicións como nas ou-tras, igualmente nos seus retratos como nas súas naturezas mortas oubodegons, a sensación do fugaz do tempo, a idea inevitable de algoalleo e estraño, invade o espectador. En castelán ou en galego dise ‘na-tureza morta’ ás composicións que pintores antes e fotógrafos taménagora, realizan para que lles sirvan de modelo. En inglés o nome é StillLife, ‘aínda vivo’, se ben estes obxectos, estas froitas, estes corpos aca-bados de cazar ou peixes, aínda están vivos, aínda palpitan, aínda nonperderon ese último alento que lles deixase baleiros de alma. No enga-no da arte ese ‘aínda vivos’ equivale a dicir que aínda parecen estar vi-vos, que o pintor soubo darlles esa cor mórbido, esa pátina de luz e em-paste que fai brillar as súas plumas, o orballo sobre a pel. Na fotografíaese engano é máis irónico, máis duro. Na fotografía o vivo morre xa parasempre, e mantén, sen embargo, vivo aquilo que xa morreu hai moitotempo. Aquí convén dicir mellor naturezas mortas que still life, porquede feito a natureza do fotografado é a morte.

Nas diferentes series que Vilariño traballou desde os seus xa afasta-dos inicios fotográficos sempre este presente ese diálogo entre o ani-mal e o humano, entre a cultura e a natureza, queda presente a pegadado home e do animal, unhas pegadas que se entrecruzan e mesturandeixándonos ver unha aproximación para o que nos une e á vez nos se-para, a finitud das nosas vidas, a presencia física dos nosos corpos. Ne-se diálogo entre a vida e a morte encontrámonos cun especial sentidoda relixión. A relixión como rito, como memoria e como coñecemento.Como xustificación do transo final, como paisaxe de fondo das nosas in-fancias cheas de medo e de crenzas, de sombras e de figuras humanas

e sagradas, símbolos e sangue, morte e vida eterna. E sempre o inexpli-cable, como argamasa de vida e alicerce da cultura, de todo o que é co-ñecido e recordamos. As bestas involuntarias de onte, as osamentas,cranios e corpos de animais que se complementan e equilibran con ob-xectos que o home realiza, para fins concretos, de formas que os tras-cende e, víctimas dun inconsciente colectivo, son vistos polo artista co-mo esas involuntarias bestas da nosa cultura, animais de compañía dunhome que ten cada vez máis de animal, pois co seu afastamento da na-tureza esquece. E esquece a súa razón última de vivir, a súa conexióncoa morte, co outro lado, co sagrado, co invisible. Con esa outra cara denós mesmos.

Ó comezo do seu traballo Vilariño falaba desas lembranzas infantísde cemiterios próximos e prohibidos e, aínda que non incida especial-mente en iso, detrás das súas palabras adiviñamos os avesíos do cam-po, bosques con néboa, regatos misteriosos, voces como murmurios: amaxia e o misterio da terra á que pertence e da que nunca se separou.Aínda que, como se fose unha das súas bestas involuntarias, o se ache-ga sempre a través do coñecemento a esa zona escura da que xorde e áque volve ciclicamente. A intuición e o coñecemento, a orixe e o destinoson, finalmente, unha mesma cousa, un mesmo lugar que recordamosloubanmente a pesar de non ter estado nunca antes alí.

Nesas etapas primeiras das que falamos, a fotografía de Vilariño erasempre en branco e negro, como unha producción característica do ho-me, pois na natureza nada hai branco e negro perfecto, as gammas e osmatices reinan sobre o absoluto. Os seus fondos brancos illaban os ob-xectos e as formas nun universo que existía soamente alí, no fragmentoque a ollada do artista cortaba e afiaba. Liñas negras, como dun debuxoantigo, grises e sombras cegadas por unha luz que risca as masas paranos presentar os límites dos corpos, para nos pechar a soas coa eviden-cia dos parecidos e das diverxencias. Os seus retratos daquel entóneran tamén en branco e negro, e seguiron séndoo intermitentementeata moi recentemente. O branco e negro ofrécenos unha creación total-mente abstracta a pesar do seu realismo, un retrato interior, a pesar dedescansar nas forma exteriores. Unha ollada cargada de intención psi-colóxica. Unha fotografía que vai máis alá do personaxe retratado, quese entra polo aceno, pola ollada, polo cansazo dun rictus, polo acenoapagado dunha man que non acaba de caer, ata chegar ó centro, ó indi-viduo real, ó que non ten nome nin oficio, á besta, ó animal, ó ser eterno enatural que hai dentro de cada un de nós e que case nunca asoma paraafora.

[A imaxe barroca]A chegada da cor, na década dos 90, barroquiza unhas imaxes que, apesar dun contido denso e compacto, cargado de significado, se pre-sentaban limpas e practicamente exentas, con fondos que as rodeabane pacificaban as forzas dos obxectos e animais retratados. Os retratosdese momento, realizados como trípticos ou dípticos, levan o nome deConfesións e preséntannos a persoas destacadas da sociedade e a cul-tura galega enfrontadas ós seus propios medos, a unha carga segura-mente afastada pero que seguen levando sobre eles. Estes retratos encor, nos que a figura ocupa, case diríamos chea completamente, toda afotografía se enchen de vermello e de negro, aumentan tamén o tamañocase ó tamaño natural e significan unha volta de porca máis nese estu-dio psicolóxico que Vilariño realiza constantemente do mundo que llerodea, e tamén do que o procede. Pero nos anos 90 estes retratos a corconviven con outros, Orixs, en branco e negro de menor densidade peronos que o branco e negro énchese de grises e matices, nos que retrataprincipalmente a mulleres co peito nu e cargando sobre a cabeza mate-riais moi diversos. Novamente, e non podemos evitalo, xorde ante nósese enfrontamento entre o natural e o cultural, a orixe e o presente: osretratos en cor, vestidos, cargados de símbolos, representan o social, oque se oculta, o que nos ocultamos; os nus de mulleres en branco e ne-gro ofrécenos esa imaxe da orixe, con elementos da natureza, sen rou-pas nin disfraces? pero igualmente intervidos e compostos polo artista.

Pero o barroquismo crecente da obra de Vilariño queda patente naserie de traballos realizados contorno directamente da morte: Embos-caduras, Crucifixións, Aforcados, O anxo necesario e os Enterramen-tos. En todos eles a cor xoga un papel moi importante pois destaca cla-ramente toda unha simboloxía abertamente relixiosa, non só polo quetoca o tema da morte e da resurrección, da dor e do abandono, senónpolos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns dos seus traballos. Pero a cor vai máis alá e convértese en espe-cies: chanto, curry, pemento doce, cúrcuma, chocolate. Nomes e coresque nos tran cheiros e sabores, pero que se converten en terra para atumba de pequenos paxaros mortos, aforcados, atados con fíos e cintas

Page 4: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O03SR06 -- EDI: OCT03

6 O Correo Galego 3/9/02 O Correo Galego 3/9/02 7

‘Sinal no aire’, tríptico de Manuel Vilariño datado no 2002. Orixinal en cor

‘Paxaro diurno con pementón’ (1999) Orixinal en cor

Natureza morta con cúrcuma (1999). Orixinal en cor

de cores, que son colocados nestas pequenas tumbas, túmulos funerariosde cor e de vida, pois as especies significan a vida, a materia que transformaos alimentos, que enchen de sabor e cheiro todo o que nos rodea. Son a má-xima sofisticación da natureza enfrontada á capacidara a tumba de peque-nos paxaros mortos, aforcados, atados con fíos e cintas de cores, que soncolocados nestas pequenas tumbas, túmulos funerarios de cor e de vida,pois as especies significan a vida, a materia que transforma os alimentos,que enchen de sabor e olor todo o que nos rodea.Sonamáximasofisticaciónda natureza enfrontada á capacidade de creación química do cultural, do ho-merecreandooquexaexistenanatureza:oolor, acor, osabor,a textura.

¿Por que paxaros? Todos eles solitarias, belas lembranzasdunha liberda-de simbólica. Agora, nas súas plumaxes tristes que aínda conservan as co-res, descansan sobre esas camas de cor, a súa postura e as cintas e fíos queatan as súas patas, rodea as súas ás ou os seus pescozos, fálannos dunhamorte non casual, dunha morte ritual, dunha morte que nos deixa ver moi cla-ramente ese tránsito obrigado para o outro lado. Estas fotografías culminanun proceso no que a morte, a perda e o abandono do corpo e todo o que isosoporta de exuberancia, frescura e fermosura, represéntanse polo corpo dopaxaro solitario cazado e morto e nas terras de cores e arrecendos densos eprofundos. Ás veces esas fotografías cobraron aínda máis realidade e con-vertéronse en instalacións nas que o artista recrea a coreaatmosferadas fo-tografías.

Abuscadocazadorsolitariononacabanunca.Despoisdemortaasúaalmadise que vaga polos campos e bosques ás veces axudando e ás veces con-fundindo a outros cazadores. Desde o lado de sombra Manuel Vilariño lánza-nos imaxes como trampas, cheas do olor e do sabor do salvaxe, nunha inter-minable loita co seu eu máis profundo. Vai esbozando, fotografía a fotografía,un mundo característico, tal vez un mundo no que xa só quede un habitante.Nas súas últimas series estas imaxes volven retomar elementos dos seus pri-meiros traballos, inclúense fragmentosde textos,culminacióndunhacultura:apalabraescrita,peroese ladosalvaxeestarásemprepresentecomoparte ina-lienable dunha personalidade que vén desde outro tempo, desde outra cultu-ra, desde outro lugar a contarnos historias belas e sinistras en fragmentos derealidadeedementira.En fotografíassalvaxescomodesexos.

rOSAoLIVAREs

Page 5: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: 01051101 -- EDI: OCT10

Nin o mar, nin o Ceo, nin por fin a Terra,Nin o ar nin outra cousa semellanteAs que nos rodean; si un conxuntoDe confusos principios borrascosos;Despois algunhas partes empezarondesta masa disforme a separarse,Os homoxéneos átomos xúntanse,Desenvolveuse o mundo e formáronseOs seus vastos membros, e as súas grandespartesDe toda especie de átomos fíxeronse:A discordia que había nos principiosTurbaba e confundía grandementeOs intervalos, direccións, lazos,As pesadeces, forzas impulsivas,Combinacións, e os movementosA causa das súas formas diferentes,Epola variedade das súas figurasNon poderían así quedar unidos;O ceo separouse da Terra,E o mar atraeu todas as augasE os lumes do éter tamén foronA brillar separados con luz pura

revista das letras 438

Lucrecio(Séc. I a.n.e.)

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves.Coordinacion, A•R. Lopez e Soedade Noia. Deseño, Anton Lopo.Maquetacion, Carme Botana.

Fotografia, Chico [email protected]

O novo universo secúlouniverso

Page 6: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O10SR02 -- EDI: OCT10

O novo cosmos

2 O Correo Galego 10/10/02 O Correo Galego 10/10/02 3

Nas últimas décadas, o ser humano emprendeu a exploración dun espacioque, desde os albores da cultura, estivera máis vinculado ó divino que ó hu-mano: o ceo. Desde aqueles primeiros satélites lanzados pola Unión Soviéti-ca e a odisea de astronautas como Yuri Gagarin ou a candela Laika, ata aconstrucción da Estación Espacial Internacional, a crónica da exploraciónceleste foinos abrindo pouco a pouco o mapa dun universo cada vez máiscomplexo, con maiores interrogantes e menos abarcable para a mente te-rrestre. As sondas Voyager levan 25 anos viaxando, fóra xa do sistema solar,e telescopios como o Chandra esculcan os límites do cosmos na procura derespostas a dúas das preguntas básicas da existencia: ¿Onde estamos?¿Cara a onde imos?. E a pesar da amplitude dos horizontes que se abren anteos nosos ollos, a vertente existencial da exploración cósmica está a levarnoscara a unha situación asfixiante, en gran parte porque ese novo horizonte

–fascinante nas cores e formas de galaxias e sistemas planetarios deslum-brantes– vólvese máis e máis incalcanzable e medra, a medida das investiga-cións avanzan, a sensación de soidade e de hostilidade interestelar: todoseses mundos están lonxe das cronoloxías humanas e, ademais, sería difícilque os humanos puideramos sobrevir baixo as condicións atmosféricas de-ses planetas. Presos na Terra e incapaces sequera de emprender a expan-sión polos planetas veciños, as previsións de que, nun futuro inesquivable, apropia Terra será engulida polo Sol afondan nas raíces do desacougo: nonparece probable que o ser humano poda abandonar os límites do sistema so-lar antes da colapso destructivo da nosa estrela. Non só se esgotará a carne,tamén a nosa memoria. A imposibilidade de futuro é, probablemente, a grantraxedia contemporánea, pero tamén a gran virtude: fronte ó que parece unhaverdade absoluta e asoballante, o ser humano non se conforma, non deixa deexplorar e de buscar respostas: a curiosidade non mingua senón todo e con-trario: vai a máis. E, por engádega, a certeza de que o universo fará táboa rasaabsolutamente con todo é un motor de igualitarismo e solidariedade, de xe-nerosidade e pacifismo. Para o deleite e a indagación quedan esas imaxesengaiolantes, ese universo en perpétua expansión, infinito e misterioso.Unha nova arte de retratismo plástico no que traballan científicos e deseña-dores gráficos, colorista e técnicos de informática. Artistas, en suma, que re-constrúen e imaxinan para nós aquilo que ninguén vira antes e que, de segu-ro, nunca teremos.

Page 7: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O10SR04 -- EDI: OCT10

4 O Correo Galego 10/10/02 O Correo Galego 10/10/02 5

Rexión N44C na nube de Magallanes

A Galaxia NGC 4013

Galaxia Hoag

Nebulosa en cono de NGC 2264

Encelano, unha das lúas de Saturno

todas as informacións parecen suxerir unha nova filmografíapara a ciencia ficción: o lanzamento da Mars Odyssey 2001,a sonda Deep Space 1, as misións das anticuadas Voyager, aestación espacial Mir, a misión Rosetta á caza de cometas, asonda SOHO, a Estación Espacial Internacional ou o último:o telescopio espacial Hubble avista o corpo celeste –unhaenorme bóla de xeo– máis arredado do sistema solar. É oachado deste tipo máis impoñente desde a descuberta dePlutón hai setenta e dous anos. Esta masa conxelada que mi-de aproximadamente a metade de Pluton –Quaoar (LM60)–está situada a uns seis mil quilómetros da Terra, máis de milmillóns de quilómetros máis alá de Plutón, zona arraiana dosistema solar chamada cinto de Kuiper, poboada de asteroi-des e centros de papaventos. Ciencia e ficción van indisolu-blemente unidos; coñecemento e incerteza convértense enaliados; lenda e física parecen obedecer as mesmas normase, mentres as galaxias se van fastando facéndose cada vezmáis pequenas á observación, aséntase unha sentencia queninguén esperaba: o Universo esténdese. ¿Cal é o fenómenotan poderoso que lanzou en todas as direccións as inmensasgalaxias como se fosen gotas de auga?. ¿Ata onde chega-rán? As investigacións avanzan, aumentan as cruzadas dosconquistadores para ocupar sen resultados o descoñecido,para facerse co que noutro tempo se sospeitaba repulsivopor ignoto e, ante a noción de que o Universo tivo irremedia-blemente un principio, xurde a pregunta ¿que houbo antes?.Se, como se postula o Universo é eterno, ten por diante untempo infinito. Charles Jenkins, investigador científico de Sc-hlumberger, ilustra cunha comparación o que significa a ex-tensión do Universo, imaxinando o que sucede cando se in-cha un globo con algunhas marcas adheridas a súa superfi-cie: ‘‘Todas as marcas adheridas afástanse cada vez máisentre si, e por certo obsérvase que cada marca se aparta dasdemais simetricamente, as máis arredadas con maior rapi-dez’’. Retrocendendo esa expansión no tempo chegará omomento no que as distancias entre todos os obxectos soncero: ese é o instante da Grande Explosión. Un estoupidoque, apunta Jenkins, sucedeu en todas as partes.

Superados os límites da física e as matemáticas, a ninguénse lle escapa que, parella á ciencia (ficción), as cuestións tór-nanse netamente metafísicas. Vemos unha imaxe sobre unlenzo. É como un inmenso bosque con buracos negros, re-xións irremediablemente separadas do noso Universo, e convida nas lonxanías frías da Galaxia, a Vía láctea.

Page 8: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O10SR06 -- EDI: OCT10

6 O Correo Galego 10/10/02 O Correo Galego 10/10/02 7

O sol coa súa inxente cantidade de enerxía

Redes de luces e po na constelación de Casiopea A

A estraña forma da nebulosa do Cangarexo

A galaxia do Centauro A

A superifice gaseosa en Xúpiter, de gran turbulencia

Page 9: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O10SR08 -- EDI: OCT10

8 O Correo Galego 10/10/02 O Correo Galego 10/10/02 9

Imaxe da Nebulosa Retina

A galaxia en espiral M51

A Nebulosa Carina

Onda na Nebulosa da Araña Vermella

Nove planetas, máis de sesenta luas, millóns de asteroidesrochosos e billóns de cometas conxelados forman, xunto cosol, o sistema solar. Hoxe sabemos que non é o único. Todoempezou –na conclusión dos astrónomos a principios do sé-culo XX– no pasado remoto, nunha titánica ‘Grande Explo-sión’. Desde aí, caldo de cultivo de relixións ou telepredicado-res, especúlase sobre o infinito, sobre o futuro, dando paso anon poucas dependencias e submisións activados polo des-concerto e o medo. E se as culturas antigas concluían que aTerra era o centro do Universo, un centro inmóbil, que se man-tiña estático dotando os humanos de seguridade, o astróno-mo polonés Nicolás Copérnico introducía a principios do sé-culo XVI unha condición desconcertante: era o Sol e non a Te-rra o que debería considerarse o centro natural das órbitasdos planetas, incluída a Terra. Unha Terra que se move dunxeito fluído e continuo a máis de cen mil quilómetros por horana súa órbita arredor do sol: como unha nave perfectamenteestable da que non percibimos o seu movemento.

A conclusión de Corpérnico de que o Sol é o centro arredordo cal orbitan os planetas é a primeira gran sacudida científicano camiño que conclúe que os seres humanos habitan un lu-gar do Universo que hoxe por hoxe xa non ten nada de espe-cial. O paso seguinte deuno Isaac Newton cando anunciou alei da gravitación universal a finais do século XVII. Máis tardeShapley, chamado o Copérnico do século XX, demostrou queo Sol é só unha de tantos milleiros de estrelas situadas nun lu-gar ‘‘insignificante’’ lonxe do centro galáctico. Aínda así o granShapley indicou, por algún tempo, que non existían galaxiasexternas á nosa. Perdera a Terra a súa hexemonía convérten-dose nun lugar sen nada de especial. O Sol, que contén o 99%da masa total do sistema solar está no centro, e ó seu arredor,como graos de po, xiran os planetas. Se a forza de atraccióngravitacional desaparecera, os planetas moveríanse en liñarecta abandonando tanxencialmente as súas órbitas. Durantea década de 1920, o astrónomo estadounidense EdwinHubble estivera estudiando as nebulosas espirais e elípticasco telescopio de metro e medio de Mount Wilson, o maior domundo por uns anos, e no 1923, co flamante telescopio – ago-ra de dous metros e medio– puido distinguir estrelas indivi-duais en Andrómena, probando que se trata de galaxias sepa-radas da nosa. Hubble buscou métodos para estimar a distan-cia destas nebulosas e para 1929 tiña unha lista de dezaoitogalaxias con distancia e velocidade de recesión medidas. Conesta mostra de obxectos Hubble enunciou que ‘‘o Universodas galaxias están en expansión e que a velocidade de rece-sión das galaxias é proporcional á súa distancia ó sol’’. A teo-ría da expansión chega á conclusión de que toda a materia de-beu estar nun só punto nun pasado remoto. En todo caso, amaior parte da comunidade científica entende que o sistemasolar se formou hai uns 4.600 millóns de anos debid ó colapsogravitatorio anterior o sistema solar, formada por gas, polvo exeo e o Universo uns 13 a 15 mil millóns de anos a partir do BigBang. O premio nobel de Física (1970) Hannes Alfven, sinaloucon ironía e severidade o conflicto entre mitoloxía e cienciaanque el mesmo quede ó bordo do abismo. Podemos mesmovolver ó poeta e un dos primeiros científicos Tito Lucrecio Ca-ro (século I antes da nosa era, contemporáneo de Julio Césare Cicerón), para o que toda a natureza se compón de dúascousas: ‘‘... os corpos e o baleiro no que están situados e ondese moven’’. Sostendo as ideas de Demócrito, Lucrecio sostivoque todos os corpos estaban formados por átomos. De xeitoque todo o Universo estaría composto exclusivamente de áto-mos e espacio baleiro e así ‘‘as cousas non poden xurdir danada e, no caso de que xurdiran, non poden volver á nada’’.Manda a natureza das cousas.

s.n./a. r.

Page 10: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O10SR10 -- EDI: OCT10

A certeza, algoque non existe

no universo

10 O Correo Galego 10/10/02 O Correo Galego 10/10/02 11

Cada día xorden no panorama científico novas teses ehipóteses sobre o cosmos e a súa organización que co-locan o horizonte cada vez máis lonxe. O big bang –quemarcaría o inicio do tempo e do espacio, á par que dopropio universo– e as propias dimensións da Terra nonquedan exentas dun panorama cambiante onde a certe-za é o único sen fundamentos.

Calixto, unha das lúas de Xúpiter

Ío, o enigmático e violento satélite de Xúpiter

Superficie de Marte, o noso planeta irmán

O Universo ten 14.000 millóns de anos de existencia, cunha marxe deerro de 500 millóns de máis ou de menos. Iso, alomenos, é o que indicanos novos datos proporcionados polo Telescopio Espacial Hubble. A luzprocedente dun grupo de estrelas na constelación de Escorpión, entreas máis antigas no Universo, confirmaron as medicións, realizadas pormétodos diferentes ós seguidos ata agora. Foi tamén o telescopioHubble o que en 1997 proporcionou a primeira medición fiable da idadedo Universo, aínda que entón se situou en torno a uns 15.000 millóns deanos. Outras medicións, baseadas en cálculos sobre a velocidade áque as galaxias se apartan unhas doutras, situaran a idade do Universonuns 12.000 ou 13.000 millóns de anos. A confirmación chegou tras diri-xir o telescopio Hubble para a constelación de Escorpión, onde un cú-mulo de estrelas, de forma globular, asenta desde pouco despois do BigBang, o xigantesco estoupido que deu orixe ó Universo. Os astrónomoscalculan que este cúmulo, o máis antigo que se detectou ata agora, seformou dentro dos primeiros 1.000 millóns de anos de existencia do Uni-verso, a etapa de maior actividade na creación das galaxias.

O Big Bang, o xigantesco estoupido que deu orixe ó Universo, come-zou cunha apoteose de luz e nacemento de estrelas, catro veces maiordo que se cría ata agora. No vello modelo, o proceso de formación dasestrelas vai aumentando en intensidade desde o Big Bang, que tivo lu-gar hai 15.000 millóns de anos, alcanza as súas máximas cotas fai10.000 millóns de anos e pouco a pouco mingua ata a actualidade. Nonovo modelo do universo, a apoteose foi primeira e no momento culmi-nante dos estoupidos e estalos que dan lugar á formación de estrelas al-canzouse, de modo torrencial, nada máis iniciarse o Big Bang. O proce-

so mantívose durante uns mil millóns de anos.Todo ocorreu moito antes de que nacese a nosa galaxia, a Vía Láctea,

que se formou uns 3.500 millóns de anos despois do Big Bang. O nososol e a Terra, que o circunda aínda tiveron que esperar outros 7.000 mi-llóns de anos máis. O Universo estábase a arrefriar. Mediante o telesco-pio espacial Hubble da NASA, os astrónomos puideron observar conprofundidade as galaxias máis arredadas coñecidas ata agora, medir aintensidade da súa luz e calcular o número de estrelas que as compo-ñen.

O Universo, ó parecer, ten catro veces máis luz e estrelas do que secría ata agora, porque os estudios previos sufriron un efecto iceberg,polo que só se vía unha parte das galaxias que existen. Para estableceros novos parámetros, o labor do Hubble –considerado por algunhascientíficas unha auténtiva ‘‘máquina do tempo’’– foi fundamental parachegar ás galaxias máis afastadas. Preto de 5.000 galaxias foron estu-diadas mediante as observacións do Hubble, no que se cualificou de‘‘vista sen precedentes do Universo profundo’’.

A nova teoría sobre o big bang pode suscitar un serio debate cos cos-mólogos que manexan a teoría tradicional da expansión do Universo,en especial porque aínda non se puido proporcionar unha respostaacerca do alcance das implicacións que esa teoría ten, circunstanciapara a que serían necesarios telescopios máis potentes. O interese danova teoría é que as estrelas son, sen dúbida, a parte máis atraente detodo o Universo. O sol, que permite a existencia de vida na Terra, é unhamáis das estrelas que se foi formando desde o estoupido do Big Bang eo coñecemento dese proceso é básico para coñecer en qué outros sis-

temas do Universo hai posibilidade de vida. Outros expertos confirma-ron que o Universo a grande escala é de xeometría Euclídea, é dicir, sese trazan dúas liñas paralelas ségueno sendo indefinidamente porquenon hai, en tres dimensións, unha curvatura que as faga separarse ouachegarse. Os resultados desta tese –aínda sen comprobar– obtive-ronse gracias ó interferómetro de microondas, formado por catorce an-tenas que funcionan a unha frecuencia de 34 GHz e que apuntan simul-taneamente a unha mesma rexión do ceo para obter un sinal que entónse combina electronicamente por medio dun procedemento denomina-do interferometría.

O que se sabe –ou crese saber– é que o 70 por cento do contido ener-xético do Universo podería estar en forma de ‘‘enerxía do baleiro’’, o queaceleraría a súa expansión. A enerxía do baleiro, segundo os científi-cos, debe entenderse como unha propiedade do baleiro, da que se co-ñecen algúns dos seus efectos, pero non a súa orixe e que sería respon-sable dunha expansión acelerada do Universo. Esta enerxía modificaas propiedades de espacio e tempo do baleiro de tal forma que altera(aumentando) o ritmo no que se expande o Universo, é dicir, altera a for-za de atracción gravitatoria cando se mide entre obxectos que están se-parados por millóns de anos luz.

Tamén se sabe que a materia exótica do Universo –aquela formadapor partículas elementais que aínda non foron observadas no laborato-rio– é unhas seis veces máis abundante que a ordinaria. Esta materianon se comporta igual que a ordinaria, formada por protóns e neutróns,aínda que produce efectos gravitatorios; o que confirma a súa existen-cia.

Sen embargo, cuestións que ata agora nos parecían verdadeiras, en-tran en cuestionamento. O cuestionamento chega ata a propia Terra,que –ó parecer– é máis pequena do que se dicía, e non é que se estea agastar con tanto xiro, senón que as constantes que rexen o universo etamén o noso planeta parecen non ser tan inmudables.

O novo cálculo indica que a Terra pesa 8.000 billóns de toneladas mé-tricas menos do que os libros reflectían ata agora. Nada. Unha nugalla-da, comparada cos 5,98 trillóns de toneladas métricas que se lle calcu-laba anteriormente como peso ó planeta. A medición efectuárona cien-tíficos utilizando un complicado mecanismo de peso que comproba, enrealidade, a forza da gravidade. É verdade que cada nova medición pro-porciona maior precisión á ‘‘báscula’’, pero altera as medicións sobre agravidade que se lle atribúen á Constante de Gravitación Universal deNewton.

As outras dúas constantes que nos serven para medir o universo, a davelocidade da luz e a Constante de Planck, un valor clave na mecánicacuántica, sufriron tamén modificacións nos últimos meses mercé a in-vestigacións máis precisas. Para realizar os seus cálculos sobre o pesoda Terra, os investigadores utilizaron un dispositivo denominado "ba-lance de torsión", que rexistra calquera aceleración imperceptible dosefectos da gravidade nunha bóla de aceiro de 8,14 quilogramos, instala-da nun acelerador de partículas ciclotrón no Laboratorio de Física Nu-clear da Universidade de Wáshington. Este mecanismo é similar ó quehai 200 anos efectuou os primeiros cálculos sobre a gravidade "G", peroagora está controlado a través de computadoras.

A variación observada no peso da Terra non vai alterar a vida do co-mún dos mortais, segundo recoñece Gundlach, pero 800 billóns de to-neladas métricas é moito máis do que se calcula que pesan todas asplantas e a vida animal que poboa a Terra, incluídos os seus máis de6.000 millóns de habitantes. Os 8.000 billóns de toneladas métricas co-rresponden ó que a Terra ‘‘enfraqueceu’’ desde a ultima vez que foi ‘‘pe-sada’’, pero os nosos sentidos dificilmente poden chegar a comprendero que significan os 5,98 trillons (a cifra 5,98 seguida de 18 ceros) que selle atribúen como peso total.

E mentres nos imos coñecendo a nós mesmos, tamén é útil ir coñe-cendo o exterior. O maior mapa do universo confeccionado ata agora in-clúe a posición de máis de 100.000 galaxias, nunha área de 2.000 mi-llóns de anos luz arredor da Terra. Non se trata dunha guía de viaxes,nin está aínda completo, pero o mapa mostra o universo configurado co-mo unha enorme tea de araña con conexións que se estenden en todasas direccións, ás veces con enormes baleiros.

Na súa versión de papel impreso, o mapa mostra o universo comounha superficie escura que contén millóns e millóns de luces acendidasde diferente tamaño, xuntas ou máis separadas segundo a concentra-ción de galaxias. Unha especie de visión nocturna de cidades ilumina-das entre páramos deshabitados que se manteñen na escuridade. Peseó seu pequeno tamaño en relación ó que, en realidade, podería ser unmapa total do universo, esta aproximación permitiulles ós astrónomosextraer conclusións que confirman as teorías da expansión do universo.

s.n./a.r.

Page 11: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: 01751101 -- EDI: OCT17

dehino 'smin yatha dehekaumaram yauvanam jaratatha dehantara-praptirdhiras tatra na muhyati

revista das letras 439

dehinah (do que está dentro dun corpo) asmin (neste)yatha (como) dehe (no corpo) kaumara (nenez)jauvanam (xuventude) jara (vellez) tatha (de igual xeito)deha-antara (do cambio de corpo) praptih (logro)dhirah (o sensato) tatra (daquela) na (nunca) muhyati(é enganado)

(O sánscrito é unha lingua altamente conceptual, de difícil traducción ás linguas románicas. Nesteanaco do poema, amósase o prolixio proceso de conceptos que encerra)

Suplemento de O Correo Galego que aparece os xoves.Coordinacion, A•R. Lopez e Soedade Noia. Deseño, Anton Lopo.Maquetacion, Carme Botana.

Fotografia, Chico [email protected]

O Bhagavad Gita

Page 12: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O17SR02 -- EDI: OCT17

Bhagavad Gita

2 O Correo Galego 17/10/02 O Correo Galego 17/10/02 3

Era o libro de cabeceira de Gandhi e Einstein líao con frecuencia. CarlJung tomouno como referencia na esculca da cultura oriental e Her-man Hesse bebeu dil para escribir. Trátase do Bhagavad Gita, consi-derado como a xoia da sabedoría espiritual hindú e un dos camiñoscerteiros de autorrealización que esta relixión ofrece para os seus de-votos. Concibido como un longo poema en dezaoito cantos, o Bhaga-vad desenvolve a conversa do deus Krixna con Arxuna, o seu discípu-lo, e neles exponlle as súas revelacións sobre a natureza esencial dohome e a súa relación co supremo. O libro comeza nun campo de bata-lla –denominado Dharma (o deber)–, onde Arxuna, un guerreiro, refle-xiona con Krixna sobre o deber de combater nunha batalla na que loi

tan dous bandos da súa mesma familia e o canto VII que hoxe presentamos en rEVISTA DAS lETRAS internanse na natureza do Ser Supre-mo e dos seus devotos. Escrito orixinariamente en sánscrito, formaparte do Mahabharata, que é unha das composicións incluídas nosSmriti. Os libros sagrados hindús divídense en dúas clases, os Sruti eos Smriti. Sruti significa literalmente –subliña Rama P. Coomaras-wamy– ‘audición’ non dun autor persoal, e correspondería co termocristián ‘o revelado’. Os Smriti, que pode ser traducido como ‘recor-dos’– atribúense a autores concretos. Entre os Smriti, figuran os Ve-danta (‘ramas dos vedas’, que son Sruti), os Sutras e os Dharma Su-tras (libros de leis, como o Kamasutra) e o Mahabharata, que trata davida terrena de Krixna. A traducción que presentamos –realizada porAntonio R. López, Charo Barba e Soe Noia– fíxose desde a versión eninglés de P. Lal a partir da revisión de 1993. Esta versión é a de usomáis estendido na India. Neste número, publícase unicamente o Can-to VII anque o proxecto e publicar o Bhagavad de forma completa ennúmeros posteriores.

Xunto coa traducción –a primeira deste texto que se realiza ó gale-go– incluímos un pequeno glosario de termos hindús para sortear asasperezas do poema.

Page 13: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O17SR04 -- EDI: OCT17

Considerado unha xoia da sabedoríaespiritual da India así como guíadefinitiva á ciencia daautorrealización, os concisosversos de Gita falados polo señorKrishna, a Suprema Personalidade deDeus, ó seu discípulo íntimo, Arxuna,obrigan mesmo a pensar –tal comoescribiu Henry David Thoreau– cómo‘‘o noso mundo moderno e a súaliteratura parecen máis triviais’’.

O ollo de Krishna

4 O Correo Galego 17/10/02 O Correo Galego 17/10/02 5

cando as dúbidas me abruman, e na miña soidade nin un raio de luzme ilumina, busco no Bhagavad-Gita un verso que me dea novasesperanzas. Aqueles que mediten no Gita obterán alegría pura enovos significados deste cada día’’, escribe Gandhi. Pensadorescomo Albert Einstein, Mahamtma Gandhi e Albert Schweizer asícomo Madhvacarya, Sankara e Ramanuja de idades pasadascontemplárono, tendo no Bhagavad-Gita, un auténtico libro de ca-beceira.Consideradounhaxoiadasabedoríauniversaleespiritualda India así como guía definitiva á ciencia da realización dun mes-mo, os concisos versos de Gita falados polo señor Krishna, a Su-prema Personalidade de Deus, ó seu discípulo íntimo, Arxuna,obriganmesmoapensar–talcomoescribiuHenryDavidThoreau–cómo ‘‘o noso mundo moderno e a súa literatura parecen máis dé-bilese triviais’’.

O Bhagavad-gita discute cinco asuntos: Isvara, o regulador su-premo; Jiva, a entidade viva; prakrti, a natureza material; kala, otempo e karma, as accións. Son moitos os que ven no texto –comoa escritora Margaret Noble– ‘‘o máis grande, máis completo e máiscurto de todos os escritos sagrados da humanidade’’. Outros, co-mo Rama P. Coomaraswamy, advirten da necesidade de despo-xarse de lecturas tinxidas de superioridade, tan ó uso no lector oc-cidental. ‘‘Debemos intentar comprendelos cos ollos e o corazóndaqueles que os teñen por sagrados. Debemos aceptar a súa in-terpretación tradicional e os seus comentarios como válidos’’, rela-taCoomaraswamysobreun textoqueveneranmillónsdehindués,de calquera matiz da ortodoxia, de todas as castas e de todas aspartes do país. Algo parecido subverten as palabras finais de Kris-hna no Gita: ‘‘E quen o escoite, cheo de fe e libre de malicia (mala

vontade) tamén será liberado e alcanzará os mundos felices dosrectos’’.

Pero, se como destacan os analistas, atopamos neses textosverdades que foron unha vez ensinadas polo cristianismo en Occi-dente non debemos estrañarnos. Imaxinemos o diálogo. EscribeSan Juan de la Cruz: ‘‘Os apetitos son pesados e tediosos para ohome porque o perturban eodesordenan,así como faioventocoaauga’’. Escribe Gita: ‘‘Como o vento leva o barco fóra da ruta, así,un perde a consciencia candoamenteé levadapolosvagabundossentidos’’. Relata San Juan: ‘‘A ignorancia dalgúns é estremada-mente lamentable, eles abáfanse a si mesmos con penitencias emoitos outros exercicios, pensando que estes son suficientes paralograr a unión coa sabedoría divina. Pero estas prácticas son insu-ficientes se a persoa non se esforza dilixentemente en rexeitar osseus apetitos’’. Relata Gita: ‘‘Non por absterse da acción obtén ohomealiberacióndaacciónninpolosórenunciamentoáacción,selogra a perfección... Aquel que reprimindo os órganos da acción,segue pensando nos obxectos dos sentidos, enganase a si mes-mo e dise que é de falsa conducta’’. San Juan de la Cruz: ‘‘Un ho-meconapetitossempreestá insatisfeitoeamargado,comoalguénque está famento’’. Gita: ‘‘O inimigo constante do sabio, é un xeitodedesexoqueécobizosae insaciable’’.OhindútenconrespectoaKrishna a mesma reverencia que os cristiáns teñen con respecto aCristo. O texto do Bhagavad-Gita – en calquera caso unha Escritu-ra– ábresenuncampodebatalla, chamadocampodoDharma.Ar-xunaáunguerreiroeéoque llepreguntaaKrishna.Arxunadamoi-tos argumentos para non combater e incidentalmente exprésaoscon frases relixiosas, terminandoporbotarlles terraoseuarcoefle-chas,econmágoasabandonaasúatentativa.Peronaescena,na-da é accidental: O Dharma pasa a ser o deber, a recta acción ouxustiza. O campo de batalla da vida é este campo de rectitude queé –como apunta Coomaraswamy no artigo ‘El Bhagavad Gita.Unha Introducción para o lector occidental’– polo que Santo To-más de Aquino di que ‘‘o traballador (todos e todas) está inclinadoen xustiza a facer o seu traballo fielmente’’. Dharma emparéntaseco concepto de vocación, esa vocación pola que podemos perfec-cionar as nosas almas. Así no Gita, Krishna defende con palabrasinequívocas o sistema de castas e di: ‘‘Máis vale cumprir cada uncoa su propio dharma, anque sexa de xeito imperfecto, que cum-prir odoutro,anquesexaáperfección’’.Osimbolismodocampodebatalla vai máis lonxe. Existe tal cousa como o mal no mundo e oque é oposto ou o que Krishna chama os inimigos de Arxuna ‘‘ma-lintencionados’’ e ‘‘criminais’’ eá ‘‘guerra legal’’.Arxuna,oheroedeGita é un guerreiro, pero é máis ca un guerreiro: representa a cadaun de nós, xa que as palabras dirixidas por Krishna a Arxuna estándirixidas a todos cando nosencontramosabatidose ‘‘confusos’’ nocampo de batalla. Aqui é onde o ensaísta Coomaraswamy se pre-

gunta, freando as visións occidentais perversas: ¿Non está oAntigo Testamento cheo de guerras e batallas e non é de su-por que todas poidan ter un significado pseudohistórico e quevexamos nelas tamén aspectos de combate interior, comoasí o fixeron os Pais da Igrexa? Tamén repara Coomaras-wamy no simbolismo común –non só das tradicións hindú ebudista senón tamén está en Filón ou Platón– do carro comovehículo psicofísico onde os cabalos representan os senti-dos, as rendas do seu control. Se ós cabalos se lles consenteescapardadireccióndamente,ovehículoestraviase.Eseoscabalossondominadosedirixidospolamentesegundooseucoñecemento do Si, o Atman –que é Krishna– entón e unica-mente pode ela continuar adiante o seu propio curso. Dos 18capítulos do Bhagavad-Gita, 17 son explicacións e exposi-cións – en forma de diálogo– da doctrina e da vida espiritualque debe levarse. Son, na súa maioría Iogas: xugo no signifi-cado literal e etimolóxico, como o dos bois. Krishna dille a Ar-xuna que non é o simple vivir emorrerdo individuooqueé im-portante, xa que en cada individuo hai un centro interior, o At-man (alento ou espírito) que pode ser ‘‘coñecido’’. Novamen-te Krishna di: ‘‘Que o home eleve o seu eu mediante o Atmane non o destrúa; pois en verdade, o Atman é o amigo do eu ouo seu adversario. Para aquel en quen o Atman venceu o eu, oAtman é entón o seu amigo, pero para aquel que é infiel ó At-man, o Atman pode ser hostil, como un inimigo’’, ou de novo:‘‘Oh Gudakesha, Eu son o Atman no corazón de todos os se-res’’. O hindú, mantén Coomaraswamy, ve no egoísmo –noapegoóseueu inferior, refugandosometeloóseueusuperior–o mesmo pecado cardinal que o cristiano ve no orgullo. Épreciso o ensino hindú do Karma ioga, ‘‘o camiño da acción’’.O Gita pon enfases no concepto de realizar as nosas tarefassen apego ós froitos das nosas accións. Como Krishna ins-truíu a Arxuna: ‘‘renunciando a todas as accións por Min, coteu pensamento fixo no Atman, estando libre de esperanzas,libre de egoísmos, desprovisto de emoción, das túas loitas..toma refuxionadevoción (amor) caraaÉl (Deus)eabandonaos froitos de todas as accións, se autocontrolado’’. Arxuna ta-mén pode encontrar escusas para as súas actitudes, podeenmascarar o seu orgullo en frases altisonantes tales como‘‘honestidade intelectual’’ ou ‘‘pensar por min mesmo’’. Falanos versos: ‘‘Desexo nin a victoria nin o placer nin o reino, OKrishna ¿Cal é o uso do reino, ou gozo, ou aínda da vida, OKrishna?

s.n.ea.r

Page 14: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O17SR06 -- EDI: OCT17

6 O Correo Galego 17/10/02 O Correo Galego 17/10/02 7

Canto VIIEscoita, Arxuna, cómo podes chegar a mine abrigarte en min mediante o ioga

Vouche explicar o coñecemento e a súa realización.Sabendo iso, non hai nada máis que saber.

De entre miles de persoas, tal vez un se esforce por conseguir a perfeccióne, tal vez, un de entre eles, sexa o que realmente me encontre.

Terra, auga, lume, aire, éter, mente intelecto e egoconforman a miña natureza.

Esa é a miña natureza máis baixapero, sen embargo, existe unha natureza superior,principio da vida que terma

do mundo.

As dúas, matriz de toda a vida, están no meu podere eu son a creación e a destrucción do universo.

Non existe nada superior a min, Arxuna:os mundos pendúranse de min como as perlas penden dun colar.

Eu son o sal do océano, o brillo da lúa e do sol:son OM nos vedas, o son do ceo e a valentía dos homes.

Son o recendo da terra, o escintilar do lume:son a vida de todo e o ascetismo dos puros.

Considérame a semente eterna de toda a vida:son a gloria do glorioso, e a sabedoría do sabio.

Son a forza pura e desinteresada do forte:son tamén o desexo e ese desexo non quebra o dharma.

A existencia de sattva, rajas e tamas están en min,pero eu non estou suxeito a elas senón elas a min.

Estas tres manifestacións dos gunas enganan o mundoe o mundo non é capaz de recoñecerme, porque estou máis alá.

É difícil en realidade penetrar na maya divina dos gunas,pero os fieis son libres para facelo.

Os necios e os ignorantes son víctimas de maya,e non poden venerarme.

Hai catro tipo de persoas que me adoran:o desconsolado, o que busca a riqueza, o que busca o coñecemento e o que ten.O sabio, incondicional, devoto, é o mellor de todos.Amo os sabios, Arxuna, e eles ámanme a min.

Todos son bos, pero o sabio é como eu mesmo:a súa mente é equilibrada e camiña cara a min como unha meta suprema.

Despois de moitos nacementos, o sabio descansa en min, convencido de que eu sontodo.

Sen embargo, alguén así non é fácil de atopar.

Hai outros, feridos por múltiples desexos,que quedan presos de varios ritos,postrados ante distintos deuses e seguindo as súas naturezas.

Eu fago firme a devoción de todos os crentes,sen importar cal sexa a forma do seu credo.

E gracias a esa devoción progresa na fe,e obtén aquilo que desexa e que eu lle entrego.

Pero non son grandes os resultados destas persoas de cativa intelixencia.Os devotos dos deuses van ós deusese os que me aman veñen a min.

Eu son informe, pero os parvos cren que teño forma.Non entenden a miña natureza real.

Estou cuberto por maya e non todos me ven.Nunca nacín nin nunca morrerei.Este mundo de alucinacións non me entende.

Coñezo o presente, o pasado e o futuro,pero ningún deles me coñece a min.

O xogo da ambivalencia, do disgusto e do pracer,lanza todos os seres a un mundo das apariencias.

Pero os virtuosos que saben liberarse a si mesmosvólvense os meus devotos seguidores.

Os que se esforzan para liberarse da vellez e da morte,descansan en min:eles entenden a Braha e a natureza do karma.

Perseveran no coñecemento ata ser conscientes de minno momento da morte:coñecen a miña esencia no plano dos seres e dos deuses, e tamén no dos sacrificios.

..........................................................................................................................................................................................................Glosario.Brahma: Principio supremo: a realidade absoluta.Dharma: Lei interior, orde.Gunas: As tres cualidades cósmicas (rajas, sattva e tamas).Karma: Acción, deber e tamén as consecuencias das accións pasadas que impiden a liberación.Maya: A ilusión cósmica que impide, entre outras trabas, que o ser humano coñeza o seu propio si.Rajas: Principio expansivo, a paixón.Sattva: Principio ascendente, a pureza.Tamas: A ignorancia, principio de perversión e corrupción.

Page 15: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

mARUXA mALLO

Suplemento de 0 Correo Galego qua aparece os xoves.Coordinacion, A.R. Lopo • Soedade Noia. Deseño: Anton Lopo.Maquetacion, Carga Botana.

Fotografía, Chico Miras.E-mail:[email protected]

Maruxa Mallo

PAG: 02451101 -- EDI: 0CT24

Todo gravita en consonancia, en ondasplásticas que se propagan no plano,transformándose en liñas e volumes, enformas xiratorias, en algas, estrelas,medusas e corpos humanos submarinos eaerodinámicos, que participan máis doavión que do anxo, do submarino que daserea, porque se humanizou o mito órealizalo. Todo está suxeito a medidas.Toda harmonía depende dunhaproporción, dunha relación numérica. Aorde e a beleza ten a súa orixe ouexplicación nos números. Suprimir o ritmodo universo é suprimir o universo. O ritmodos astros, do tempo e da Arquitecturadas grandes épocas é medida. Senmedida, que é harmonía, todas ascousas son accidentais e non manifestannin serven ó poderío do espírito. A arteclásica é consecuencia dunha orde. Aaritmética, ciencia abstracta, éimprescindible para o home, a álxebra époesía, a xeometría é terra medida.

Page 16: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O24SR02 -- EDI: OCT24

A deusadas caracolas

2 O Correo Galego 24/10/02 O Correo Galego 24/10/02 3Maruxa Mallo no manto de algas nas praias de Chile

EN 1902 NACÍA EN VIVEIRO MARUXA MALLO, A CUARTA FILLA DE PILARGONZÁLEZ LORENZO, A MULLER DO AMINISTRADOR DE ALFÁNDEGASXUSTO GÓMEZ MALLO, DESTINADO DAQUELA NA VILA LUGUESA. CENANOS DESPOIS, VIVEIRO ACOLLE UN CONGRESO, ORGANIZADO POLACONSELLERÍADECULTURA,NACOMEMORACIÓNDUNHADASSÚASMÁISDESTACADAS VECIÑAS, UNHA MULLER QUE FOI QUEN DE REBELARSECONTRA TODO TIPO DE NORMAS E LABRAR UNHA DAS MÁIS EXTRAORDI-NARIAS OBRAS ARTÍSTICAS DO PASADO SÉCULO. DURANTE OS DÍAS 24,25 E 26 DISTINTAS CONFERENCIAS E COLOQUIOS PERCORRERÁN A VIDAE A OBRA DA ARTISTA. LUCÍA DE CARPI, JOSEFINA ALIX DE TRUEBA, BOZ-ZENNA BORKOWSKA, JOSÉ VÁZQUEZ CEREIJO, ANTONIO GARRIDO MO-RENO, Mª ANTONIA PÉREZ, PILAR CORREDOIRA, LUISA CASTRO, CARMENPENAEMARÍARUIDOPARTICIPARÁNNOENCONTRO.AACTRIZMARGARI-TA FERNÁNDEZ TRAERÁ A VIVEIRO UNHA NOVA ALMA DE MARUXA MALLOQUEQUIXOACHEGARNESTAHOMENAXEDARdLÁARTISTAMÁISPERSO-AL E INTERESANTE DA VANGARDA. CON ELA, A XORNALISTA CARME VI-DAL –AUTORA DA BIOGRAFÍA DE MARUXA MALLO (NA COLECCIÓN MU-LLERES EN EDICIÓNS A NOSA TERRA (1999)– DEBUXA EN ‘AS DÚAS REVO-LUCIÓN DE MARUXA MALLO’ UN PERFIL, ARREDOR DO CADRO ‘SORPRE-SA DO TRIGO’, DA MULLER QUE ORTEGA E GASSET DESCRIBÍA COMO ‘‘ADEUSA DOS CATRO BRAZOS’’ E GÓMEZ DE LA SERNA COMO ‘BRUXIÑA NO-VA’. ARREDOR DESTA ARTISTA DAS VINTE ALMAS –COMO ELA MESMA SEDEFINIA– SEGUE ABERTA EN VIGO UNHA MOSTRA, ‘NATUREZAS VIVAS’,DA QUE REPRODUCIMOS DÚAS PEZAS (PÁXINA 5) QUE REALIZOU NO EXI-LIO EN SUDAMÉRICA, DURANTE A PRIMEIRA METADE DA DÉCADA DOSANOS 40. MUNDO DE CUNCHAS, CARACOLAS, AMEBAS, CORAIS, ALGAS,ESTRELAS, MEDUSAS, CANGREXOS, FLORES, CAVEIRAS NUNHA PLÁSTI-CAINNOVADORAERIGORSORPRENDENTEEEXQUISITO.

Page 17: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O24SR04 -- EDI: OCT24

As dúasrevolucións

4 O Correo Galego 24/10/02 O Correo Galego 14/10/02 5

A peza ‘Sorpresa do trigo’ viaxou con Maruxa Mallo no seu fardel de exiliada

ARREDOR DO CADRO SORPRESA DO TRIGO PODERÍASE TRAZAR TODA ABIOGRAFÍA DUNHA DAS ARTISTAS MÁIS INTERESAMTES E PERSOAIS DAVANGARDA, MARUXA MALLO. ATA EL CHEGA DESPOIS DE SER PROTAGO-NISTA DUN TEMPO DE ILUSIÓN ARTÍSTICA QUE COMPARTE CON SALVA-DOR DALÍ, FEDERICO GARCÍA LORCA, LUIS BUÑUEL, MIGUEL HERNÁNDEZOU ALBERTI. CON EL PARTE PARA COMEZAR UNHA NOVA VIDA NO EXILIOAMERICANO NO QUE A IMAXE DA MULLER COAS ESPIGAS QUE ABROLLANDAMANSECONVERTERÁNOVÍNCULOPERMANENTECOPASADO.

Natureza viva. Vida vibrante, 1943

Natureza viva, 1942

salvador Dalí, Maruxa Mallo, Federico García Lorca e MargaritaManso intentan entrar no mosteiro de Silos coa espiritual intenciónde escoitar cantos gregorianos. Un frade convértese en alfándegado extraordinario grupo. As mulleres non poden entrar no templo.Maruxa e Margarita apañan entón as chaquetas de Dalí e Lorca ecálzanas como pantalóns. Cobren osseuscabeloscunhasboinaseconseguen deste xeito burlar a arcaica prohibición eclesiástica,inaugurando, ao seu dicir, unha nova sorte de travestismo. RepetíaMaruxa Mallo con ironía este episodio, xa de vella, e, malia a súa di-fícil verosimilitude daba boa idea dun espírito transgresor que presi-diu toda a traxectoria vital da artista.

Cúmprense cen anos do nacemento en Viveiro de Ana María Ma-nuela Isabel Xosefa Gómez e González, a nena que, co tempo, ía irreducindo o seu farturento nome mentres se convertía nunha dasmáis destacadas figuras da plástica do século XX. De Maruxa Malloquedou para a historia a súa singular obra, aquela que sorprendeuno Madrid dos anos vinte, triunfou no París dos trinta ou gañou es-pacios na América dos corenta e os cincuenta e quedaron taméncentos de anécdotas que fixeron dela un personaxe extravagante,unha muller que teimaba en colorear a súa cara con tanto ímpetocomo os seus cadros, que intentaba escandalizar de nova coa súaentrada en bicicleta na igrexa de Arévalo ou de vellacoseucorponudebaixo dun xa afamado abrigo de lince. Sen embargo, durante to-da a vida Maruxa Mallo deu claves para interpretar a súa propia per-sonaxe, para que foramos capaces de ler debaixo do irreverenteacto xuvenil de tirar o sombreiro ou da epatante imaxe dunha vellacon zapatos vermellos, cabelo laranxa, foulard morado, beizos co-loreados e pálpebras tinxidas dun azul profundo. ‘‘Era unha mullercon moita coraxe e ideas moi claras, tanto no artístico e creador co-mo no humano e social. Vivía de maneira libre, como non se atre-vían a maioría das mulleres daquela. Era a verdadeira esquerda etamén moi feminista. Ía vestida de forma extravagante para provo-car e demostrar que facía o que lle daba a gana. Tiña unha persona-lidade única e a súa vida foi fascinante porque ela era fascinante’’díxonos un día o seu compañeiro artista Eugenio Granell e en pou-cas palabras daba as claves para entender a complexa biografía deMaruxa Mallo. Coraxe e rebeldía.

Soños sonámbulos. A obra de mocidade de Salvador Dalí repro-duce unha noite de farra no Madrid dos anos vinte. Retratadoquedao propio artista de Figueres xunto con Luis Buñuel e unha das pou-cas mozas que entón participaba das troulas do animado grupo deartistas que dinamizaban a vida cultural da cidade. Maruxa Malloera tamén das contadas alumnas que estudiaban na Escola de Ar-tes de San Fernando -a única que entrara na súa promoción- e can-do non poucas mozas asistían as aulas con damas de compañía,

Page 18: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O24SR06 -- EDI: OCT24

6 O Correo Galego 24/10/02 O Correo Galego 24/10/02 7Con Pablo Neruda nas praias de Chile

Maruxa Mallo con Andy Warhol

Máscaras

ela teimaba en coñecer barrios e ruelas de Madrid, entrar en tascasou participar en festas populares e faladoiros. ‘‘Maruxa Mallo, quepropuña liberar as reaccións primarias, a espontaneidade, dicíaque todos eses bons tratos e bons costumes non eran máis que ma-la educación. Dicía que o colexio nos condicionaba a ser uns hipó-critas’’ lembrará tempo despois a súa amiga Concha Méndez, amesma que un día a levou á casa de Valle Inclán, figura pola que aartista tiña unha gran querencia. Era esta a primeira revolución deMaruxa Mallo, a loita contra a hipocrisía que lle custou algúns dosmáis dolorosos silencios. O maior, o do escritor Rafael Alberti quelle dedica en 1929 o apaixonado poema ‘‘A primeira ascensión deMaruxa Mallo ao subsolo’’ no tempo no que compartía unha intensarelación amorosa coa artista pero que logo borra por unha moreadeanos o seu nome da autobiografía La arboleda perdida ata recupe-ralo en 1977 acompañado dun sentido arrepentimento: ‘‘Sucedeque se cunha nube de olvido se tapa a memoria ela non é a culpábeldo que non lembra,maisseoolvidoédeliberado, seseexpulsadelao que non se quere por covardía ou conveniencia...Oh!’’. Amoresnon correspondidos, poderíase dicir da relación de Maruxa Mallocos destacados membros da súa xeración. Adorou a García Lorca,a Salvador Dalí, a Rafael Alberti, a Miguel Hernández, a BenjamínPalencia ou tamén a Pablo Neruda e a Ortega y Gasset. Quíxoostanto que non deixou de repetir os seus nomes e evocar a súa me-moria ata a morte. Eles foron moito máis comedidos, Maruxa Mallo,a muller á que Ramón Gómez de la Serna chamara ‘‘bruxiña nova’’ou da que Lorca dixera que era a autora dos cadros que viu ‘‘pinta-dos con máis imaxinación, con máis gracia, con máis tenrura e conmáis sensualidade’’ formou parte con intensidade das súas vidas,compartiu con eles o rebulir domomentoperononpor isopasouconigual destaque á historia escrita daqueles anos.

Tecíase así o primeiro silencio contra o que Maruxa Mallo teríaque loitar. O segundo foi aínda máis aterrador. A artista que triunfa-ra coa primeira exposición aberta nas salas da Revista de Occiden-te de Ortega y Gasset en 1928 e que logo conseguiu sorprender enParís ao propio André Bretón, tense que exilar polo seu compromi-so republicano despois do golpe militar de 1936. ‘‘Lembraba a miñanenez libre e feliz en Galiza, os mercados na praza tan pintorescos,as romarías tan alegres, e non puiden resistir todo aquilo tan terrí-bel’’, dirá, xa de vella tentando explicar a súa necesaria fuxida. Levano seu fardel cara a Buenos Aires o cadro Sorpresa do Trigo, aquelno que aparece nun primeiro plano unha muller mostrando unhaman da que brotan as espigas. Non é casualidade que Maruxa Ma-llo porte canda ela esta simbólica obra. Tempo despois explicabade xeito épico a súa xénese. A orixe estaba na imaxe da última ma-nifestación do 1º de Maio celebrada antes da irrupción do fascismo.‘‘Repentinamente emerxeu entre o desfile un brazo que alzaba unenorme pan, como unha eucaristía. Ao chegaren onda nós pergun-teilles: ‘‘de onde vindes?’’ Dixéronme que viñan andando desde Ta-rancón. ‘‘E que queredes?. Pan’’.

‘‘O cadro foi un presaxio. Non esperabamos a sorpresa que tive-mos despois’’. Nacen do lenzo esperanzadas as mazarocas pero ofuturo tinguíase de negro cando ‘‘do chan fumegante abrollou unhaaurora de cascallos’’. Leva a Buenos Aires Sorpresa do trigo e conel toda a memoria daquel tempo de ilusión sepultado. O recordo im-borrábel xa da última festa na que o amigo García Lorca se cadrouante a bandeira arxentina que cubría o corpo de Amparo Mon parapronunciar unha frase que no momento resultou enigmática peroque logo había de acadar un dramático sentido: ‘‘Esa bandeira ha-nos de protexer un día’’. Foi para algúns pero outros quedaron nocamiño. Por iso Maruxa Mallo asina un dos textos máis dramáticosque se teñen escrito sobre a represión do 36. O seu Relato veraz darealidade de Galicia sae publicado no xornal La Vanguardia de Bar-celona en agosto de 1938 e nel compón unha emocionante crónicada traxedia que asolou o país, o único escrito co seu nome adicadoa unha materia diferente á artística. ‘‘Non quixo vendar os ollos can-do o fusilaron. O crime contra A. Bóveda foi un dos que levantoumáis cólera entre os traballadores’’ escribe ao tempo que conta oasasinato de Johán Carballeira –‘‘grande xornalista, home sen ta-cha e de valor probado’’ ou narra o fin do militante obreiro de Bueu,Xosé de la Torre, aquel do que a pintoraafirma terouvido: ‘‘Non fuxi-rei ás montañas. Quero a vitoria ou o camposanto. O trunfo será no-

so’’. Sorprende a intensidade do relato, a minuciosidade coa queconta as atrocidades cometidas e que evocan sen dúbida unha re-sistencia plural que desde o exilio toma o atractivo nome de MaruxaMallo para denunciar a barbarie.

[Fantasmas que se poñen en pé]‘‘Diga, por outra parte, que o fascismo é a contrarrevolución. Son osmortos en vida. Son os fantasmas do onte que se poñen en pé’’ res-pondeu nunha entrevista publicada en Chile sen que, en aparencia,ningunha pregunta a obrigara a pronunciarse pero non cellará xanunca na teima de se saber sobrevivente e, por iso, voz tamén detantos que foron aniquilados.

América enteira ofrécelle á artista a ‘‘ledicia do vivir fronte á ago-nía do morrer’’. Convidada e expoñer e dar conferencias en Monte-video, Santiago de Chile, Río de Xaneiro, La Paz ou Nova York, Ma-ruxa Mallo renace entre os Andes e o Pacífico e visita a fascinanteIlla de Pascua acompañada por Pablo Neruda, anfitrión que lle de-volve agora os amplos paseos compartidos polos campos de Cas-tela. Desa viaxe nacen as fotos máis sorprendentes da pintora, ves-tida con algas da cabeza aos pés como unha deusa saíndo do mar,cando encontra ‘‘testemuños enigmáticos da incógnita do pasado’’e sente a ‘‘hiperestética da substancia do éter, dos moradores dobaleiro’’, nome este que tempo despois dará a súa últimaserieartís-tica. Son xa parlamentos que presidirán toda a súa vellez, cando afala se complique de forma esotérica e confese que se atopa no hi-perespazo e na cuarta dimensión, de cara á constelación de Hércu-les, mergullada na predestinación dos adiviñadores do futuro.

[Un vermello máis intenso]Pero será despois de regresar a Madrid nos anos sesenta para ato-parse de novo co silencio e unha morea de ausencias que é difícilsoportar. Xa ninguén lembra os seus triunfos, non queda constan-cia das exposicións e poucos coñecen o seu nome. Maruxa Malloestá de novo na cidade na que naceu como artista e ten que facersede novo, como cando de moza tiraba o sombreiro ante a miradaacusadora dos sancristáns. Sempre defendeu que pintar a cara for-maba parte da súa cultura, que aausenciadecorsignificaba ir ‘‘des-tinxida’’. Agora colle os pinceis con máis forza e, como se dunha ac-triz se tratase, prepárase no camerino para presentar unha novapersonaxe que, aos poucos, irá topando un novo espacio noMadridda posmodenidade. É o seu xeito de vencer o medo que sentiu antetanto silencio, cando se atopou soa no hotel Palace, cos amigos noexilio ou enterrados e ‘‘as galerías cheas de pintura informalistaqueé un estilo totalmente franquista’’. Irá gañando a pintada MaruxaMallo a súa particular batalla. Co tempo, os seus cadros ocupan denovo as galerías, no comezo en mostras colectivas que van abrindopaso a exposicións individuais nas que o seu nome volve tomardestaque. Virán logo as medallas, celebracións como a antolóxicaque abriu o Centro Galego de Arte Contemporánea e os actos pro-tocolarios que engalanaron os seus últimos anos, cando, recluídanun centro xeriátrico ve pasar o tempo ansiando ver o seu nome enrevistas e xornais. Maruxa Mallo, a artista que descría da morte,chega ao seu fin o 6 de febreiro de 1995. Atrás queda a súa loita porvecer o silencio, a súa fala interminábel e as pronunciadas coresco-as que conseguía non pasar desapercibida. Neste seu centenarioecoa aínda aquela demanda que deixou escrita Luis Seoane noseuexilio a respeito da figura da artista. Reclamaba unha ‘‘desconxela-ción intelectual’’ e prometía que daquela, na obra da pintora de Vi-veiro atoparíase unha ‘‘continuidade insospeitada coas inquedan-zas nacidas polos anos precursores da proclamación da Repúbli-ca’’. Será a maneira de que venzan as dúas revolucións de MaruxaMallo.

cARME VIDAl

Page 19: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O24SR08 -- EDI: OCT24

Sorpresa do trigo

Maruxa Mallo por Luis Seoane

Maruxa Mallo[I]

Hai xustamente trinta anos, unha pintora nova galega expuña assuasobrasnasaladeLaRevistadeOccidentedeMadrid.Eran,porasí dizé-lo, as suas primeiras obras. Alí estivo presente este cadroFiesta popular, que logo foi muitas vezes reproducido con artigos eensaiosaeladedicados.

Maruja Mallo iniciaba un novo camiño na arte peninsular, reco-llendo para a sua pintura os temas e a sabiduría artesana que foranpropiedade do povo. Aquelas primeiras verbenas, cos seus xogosinxénuos tiros ao branco, os seus soldados e criadas, todo pintadocoas cores vivas dos carteis anunciadores e das roupasdasxentesque as frencuentaban, deron logo lugar a camiños máis revolucio-náriosnapintura,conunhaépocaquepodemoscalificarsurrealista,até chegar ao seu clasicismo actual, até a preocupación de MarujaMallo polos problemas matemáticos aplicados á arte e ás grandescabezasdemulatasenegrasbrasileirasdehoxe.

Alguns de aqueles motivos populares serviron-lle para decora-ciónsaplicadasácerámicaquefixoenMadrideque,nasuaxeome-tria, anunciaban os grandes cadros como ese de tema galego queten como protagonistas a mariñeiros e redes, ou algun anterior co-moSorpresadel trigo.

Na história da arte peninsular, Maruja Mallo, con alguns artistasgalegos, tal o caso, por aqueles mesmos anos de 1930, de ArturoSouto, ficarán como exemplo de renovación e independéncia.Unha renovación que, se outros artistas emprenderan desde aFráncia, como Picasso, Juan Gris, González, Miró... eles a estabe-lecen desde a entraña da península, revolvendo-se contra o poder,daquela supremo, da Académica e doAcademicismoprotexidopo-lo estado. A Maruja Mallo deven-se-lle tamén páxinas notábeis so-breasuaprópiaobraesobreaartepopularTeóricaaomesmotem-poquepintora,éunhadas ilustresmulleresgalegasdanosaépoca.

[II]Despois de muitos anos ven de celebrar unha exposición das suasobras en Madrid a ilustres pintora galega Maruja Mallo. A súaúltimaexposición madrileña foi, exactamente, do 16 de maio ao 5 de xuñode 1936, segundo un catálogo que temos á vista, hai un cuarto deséculo.Aprimeirosde1937estabanenBuenosAiresMarujaMallo,tendoseguido, conxuntamentecodebuxanteFedericoRibaseoci-neasta Xosé Suárez, o camiño da emigración con motivo da guerracivilespañola.

Xa nesta cidade foi hóspede do ilustre escritor e embaixador deMéxico Alfonso Reyes, tan amigo de España e das suas mais des-tacadas personalidades, tan español no seu mexicanismo, e enBuenosAiresenoutrascidadesdeAmérica.Nova Iorqueenprimei-ro termo, realizouapintoraassuasnovasexposicións.

Agora pasado tanto tempo, a crítica de arte madrileña, sempreunha das mais agudas e informadas de Europa, sinala-a como pre-cursora dos novos movimentos pictóricos que se poden compren-der dentro do nome mui xeral de informalismo pola suasériedeóle-os que tiveron como asunto osos e pegadas, follas e frutos secos,esqueletesdereptise roupasvellasdestinadasaespantallos,asuasérie Cloacas e campanarios, todo con unha matéira que tiñacomofundamentounicamenteáterracosseusmatizesmaisvariados.

Fora o primeiro cámbio na sua pintura logo da sua série das ver-benas, dearredordo1928expostasnossalónsdaRevistadeOcci-dente de Madrid, e cuio alegre barroquismo a acreditara como undos talentos máis prometedores da nova pintura española daquelaépoca. En 1930 Maruja Mallo encontra ese mundo de matérias queencanta hoxe aos pintores mais actuais, como nas suas plásticasescenográficas recurriria aos mais diversos materiais para realizarnotábeis obras que muitos novos pintores utilizan hoxe como nove-

dadesdescubertasnosnososdias.Logo, a sua inquietude levou-na a realizar unha pintura mais for-

malista e rigurosa e con Sorpresa del Trigo, cadro feito en España,en1936, iníciaunhanovaetapaquetivocontinuaciónenBuenosAi-res, anterior a unha última fase de retratos mui obxectivos e de ca-drosconstruídoscoasuntorepetidodasbuguinas.

En Buenos Aires publicou dous livros sobre a sua obra en rela-ción co popular españole e neles explica a tradición peninsular enque avala a sua arte. Agora os críticos de arte de Madrid e os maisnovos pintores celebra-na como unha precursora, cousa que, evi-dentemente,éenmuitosaspectos.Aela,comoaoutrospintoresdasuaxerazóneaindaposteriores,deven-se-llealgunhasdasexposi-cións estéticas mais audazes para o seu momento, que de non termediado a guerra civil terian seguramente convertido a España, noderradeiro cuarto de século, no centro indiscutíbel da arte europea.Mais Maruja Mallo, como muitos dos seus compañeiros, deve aco-ller-se ao enorme siléncio de América e, na península, as xóvenesxerazóns deveron iniciá-lo todo sen antecedentes próximos queeles puidesen coñecer para o seu traballo, mais a medida que seven realizando esa espécie de desconxelación intelectual entre osmaisnovosespañoiseasxentesdaemigración,encontranaquelesunha continuidade insospeitada coas inquedanzas nascidas polosanos precursores da proclamación da República. Talvez isto sexaunsíntomado inevitábeleternoretornoqueseproducenospovosenasuahistória.

lUISsEOANeEdiciónRadialdeGaliciaEmigrantedodía16-X-58(I)eo19-XII-61(II)

8 O Correo Galego 24/10/02 O Correo Galego 24/10/02 9

coñecín a Maruxa Mallo no Madrid republicano rebordante de vidamáis que nunca antes. Todos agoirabamos prontos tempos satura-dos polas prósperas dádivas da liberdade. Maruxa Mallo era a com-pañeira do meu amigo Alberto Fernández Mezquita, trostkista emembro do POUM, coma min. Viámonos decote no seu despachoda estación ferroviaria que el rexentaba. Eu encontrábame frecuen-temente con Alberto e Maruxa nos actos políticos e culturais que seprodigaban tanto en Madrid como por todo o país. Alberto era un ho-me culto e estudioso. Posuía un talento e unha sensibilidade excep-cionais, afíns ós dons de Maruxa Mallo. En cambio diferenciábaos ocarácter introvertido de Alberto ante a exhuberancia comunicativade Maruja Mallo.

Alberto foi secretario da revista PAN (Poetas, Andantes y Nave-gantes), que financiaba Eduardo Dieste, irmán de Rafael, de quenAlberto foi grande amigo. Con Rafael compartiu algún tempo a mes-ma casa en Madrid, antes do seu encontro con Maruxa Mallo, quexa entón eran a muller máis admirada nos medios culturais e sub-versivos da época.

Maruxa e Alberto eran galegos, igual ca min. Ela, oriúnda de Vi-veiro (Lugo) e o seu compañeiro da Mezquita (Ourense). A palabraviveiro é sinónimo de sementeiro, o que en certo modo equivale ámetáfora pictórica que Maruxa Mallo levou ó seu poético e descon-certante lenzo titulado La sorpresa del trigo, exhibido en 1936 nagalería ADLAN (Amigos de las Artes Nuevas: Barcelona, Madrid,Tenerife) que estaba na Carrera de San Jerónimo, onde hoxe haicafés que no pasado acollían as tertulias de calquera orde entrega-das ó deporte da conversa, hoxe substituído pola abafante alguei-rada da industria futbolística. Pero a pintura fala na súa propia lin-guaxe, desde o remoto tempo das Covas de Altamira ata o presen-te.

La sorpresa del trigo chamou especialmente a atención do públi-co e a crítica. O poeta e crítico de arte Enrique Azcoaga habendocontemplou dita obra na exposición de ADLAN, considerouna ‘‘uncadro estraño... cheo dun segredo que non quere en ningún mo-mento parecer misterioso’’. O cal está moi ben dito, porque ese ca-dro é marabilloso. Ata agora non sei se alguén se aventurou a desci-frar o seu arcano.

La sorpresa del trigo inaugurou a súa traxectoria o 16 de maio de1936. Eu asistín ó acontecemento e conservo o catálogo no cal sereproducen varias pinturas de Maruxa Mallo a toda plana, como a ti-tulada Espantapájaros (1930), que adquirira André Breton, ou aschamadas Verbenas (1928), ou Antro de fósiles (1931), pero non aobra que agora nos importa.

La sorpresa del trigo si se fai visible nunha foto excesivamente re-ducida, e ata fragmentada, da cal o exiguo marco conxunta á mullerpintada coa súa pintora.

A estraña coincidencia fotográfica de ambas mulleres, parece su-xerir que comparten a sorprendente ocasión manifesta no cadro.

O estraño segredo que Enrique Azcoaga viu en La sorpresa deltrigo non me parece que fora aínda dilucidado. Ante todo haberíaque descubrir qué clase de sorpresa pode ser a que enuncia o ca-dro. A expresión do rostro da muller pintada non pode ser máis enig-mática. Federico García Lorca dixo que os cadros de verbenas deMaruxa Mallo eran os que vira ‘‘pintados con máis imaxinación, conmáis gracia, con máis tenrura e con máis sensualidade’’. Pero dou-tros lenzos, ós que lles chama ‘‘estampas de manequín’’, di ‘‘que es-tán pintados con ausencia de cor’’ e que ‘‘son novas necrolóxicas’’.

La sorpresa del trigo domínaa o busto dunha muller e as súasmans, unha delas amosando un sementeiro escaso a non podermáis. A penas tres sementes na palma da man sinistra, pero enribada man destra emerxen altivas, sobre as xemas de tres dedos, vizo-sas espigas. Non sei se podería derivarse, deste confrontamentoun simbolismo egrexio ou, se cadra, outro desprezable.

O ano 1936 foi primeiro normalmente aprezable ata que se trans-formou en indesexable. Os xenerais do exército, facendo o saúdode rigor e os bispos saudando co brazo estendido segundo o modohitleriano rebeláronse xuntos na Catedral de Santiago contra o es-tado legal da nación. Automaticamente, o pobo armouse para de-fender os seus dereitos democráticos. En dito ano tivera lugar a Ex-posición en Madrid, da pintora Maruxa Mallo. A tea, La sorpresa deltrigo, fora asinada por Maruxa Mallo.

No mesmo ano, Alberto Fernández Mezquita e a súa compañeiraMaruxa, encontráronse atrapados en Beluso (Pontevedra). Sendoambos revolucionarios sabían que estaban condenados a morrer.Maruxa Mallo puido embarcar en Lisboa cara a Bos Aires. Albertorefuxiouse na embaixada chilena de Lisboa. A parella dos meusamigos quedou destruída polas circunstancias. Alberto foi detidopola policía portuguesa, que o entregou á policía de España na fron-teira de ambos países. Condenado a morte, gracias ó embaixadorchileno, o seu vello amigo o cónsul Eduardo Dieste, que se atopabaen Lisboa, e ó poeta Eugenio Montes conmutóuselle a condena poroutra. Coa axuda do novelista Rómulo Gallegos, exiliouse a Vene-zuela, país do que foi agregado cultural en Iugoslavia. A súa tumbaestá no Cemiterio Xeral de Caracas.

Desde o ano 1936 só tiven vaga noticia de Alberto, e de MaruxaMallo a penas souben que vivía e seguía pintando e escribindo noSur de Hispanoamérica. Moitos anos pasados desde a aciaga datavolvín por fin a vela en Madrid. Con Amparo, a miña muller, decidi-mos ir ó Museo recentemente inaugurado na Cidade Universitaria.Alí nos encontramos con ela. Era a media mañá e vímola sentadanun taburete da cafetería do museo. Falamos amplamente con ela,ou, mellor dito ela falou unhas dúas horas ininterrompidamente,connosco. Cando lle preguntei polo destino de Alberto, porque euignoraba o seu destino, Maruxa calou. Aínda hoxe non entendo acausa do seu mutismo. Regresamos a Nova York e non volvimos avela. Estaba recluída clinicamente.

Sigo interesado en esvaecer as brumas que me ocultan os brillosdo cadro de Maruxa Mallo, que non deixa de fascinarme. Alguén ha-berá, con máis pesquis ca min, capaz de desentrañar o nobelo des-ta gran xoia poética da arte do noso tempo.

eUGENIO F. GRANELlArtigo escrito polo pintor galego surrealista en Madrid, 1997

Page 20: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O24SR10 -- EDI: OCT24

Regresar cunhanova alma

10 O Correo Galego 24/10/02 O Correo Galego 24/10/02 11A actriz Margarita Fernández resucita a Maruxa Mallo Foto: Manolo Blano

A DEUSA DOS CATRO BRAZOS DICÍA TAMÉN QUE TIÑA MOITAS ALMAS. A UNHA POR SÉCULO, TOCABAN. REPETÍA MA-RUXA MALLO, COMO UNHA LEDAÍÑA, QUE A MORTE NON EXISTÍA, QUEERASIMPLEMENTEUNINVENTODA‘MAFIASAN-TA’, AQUELA CONGREGACIÓN QUE A ELA TANTO A PERTURBABA. CUMPRIRÍA AGORA CEN ANOS O SEU CORPOMIÚDOQUE ATRAVESOU CASE POR COMPLETO UN SÉCULO XX QUE VIVIU INTENSAMENTE. A QUERENCIA POLA ETERNIDADEPRESIDIU TODA A SÚA VIDA. NON É GRATUÍTO QUE REPETIRA CON EMOCIÓN AQUEL EPISODIO NO QUE SE VIU SOR-PRENDIDA XUNTO CO ESCULTOR ALBERTO E BENJAMÍN PALENCIA POR UNHA FORTE TREBOADA NUN DOS SEUS PA-SEOS POLOS CAMPOS DE CASTELA. OS LABREGOS INDICÁBANLLE A CONVENIENCIA DE RESGARDARSE DO LUME E AAUGA QUE ESTOUPABAN CON VIOLENCIA NO CEO. ELES DESOUVIRON O CONSELLO E BERRARON: "NON NOS ALCAN-ZARÁN OS RAIOS PORQUE SOMOS INMORTAIS".

Á INMORTAL MARUXA GOSTARÍALLE CELEBRAR AO GRANDE O SEU CENTENARIO. A ACTRIZ MARGARITA FERNÁN-DEZ NON PARA DE FACER CÁBALAS SOBRE COMO APAGARÍA UNHA A UNHA AS MÚLTIPLES VELAS QUE ELA GUSTOSAACENDERÍA. LEVA TEMPO ACHEGÁNDOSE A CADA UNHA DAS ALMAS DE MARUXA MALLO, COÑÉCEA TAN BEN QUEPOR VECES, NA SÚA FALA, MESMO SE ADIVIÑA O VERBO INCONTIDO DA PINTORA. TAMPOUCO MARGARITA PARA DEFALAR DE MARUXA, COMO ELA FACÍA DE SI MESMA NOS ÚLTIMOS ANOS DE MADRID. COÑECE CADA UNHA DAS SÚASOBRAS, REVIVE TODOS OS EPISODIOS DA SÚA BIOGRAFÍA, REPITE AS FRASES QUE ELA MESMA QUERÍA DEIXAR PARAA ETERNIDADE, VÍSTESE E PEITÉASE COA SÚA ELEGANCIA NON EXENTA DE SINGULARIDADE E COLORIDO. E NONOCULTA A FASCINACIÓN QUE SINTE POR QUEN NON PODE DEIXA DE DEFINIR COMO UNHA MULLER TRANSGRESORA ELIBERADA. ASÍ CHEGARÁ A ACTRIZ MARGARITA FERNÁNDEZ A VIVEIRO, FACENDO REGRESAR Á VILA QUE A VIU NA-CER A UNHA MULLER QUE CONSEGUIU VENCER Á MORTE COA SÚA ARTE E QUE, SEN DÚBIDA, PRESENCIARÍA GUSTO-SA A SÚA PROPIA RESURRECCIÓN. RETORNARÁ CUBERTA DE CUNCHAS E CARACOLAS, COMO MARUXA ARRIBOU ABUENOS AIRES E COMO A RETRATOU O SEU AMIGO RAMÓN GÓMEZ DE LA SERNA. E PINTADA, MOI PINTADA, COAS CO-RES COAS QUE A ARTISTA DECORABA A SÚA CARA. PARA A OCASIÓN, MARGARITA QUERE QUE VOLVA PRONUNCIAREN VIVEIRO A EXTRAORDINARIA CONFERENCIA ‘O POPULAR NA PLÁSTICA A TRAVÉS DA MIÑA OBRA’ QUE LLE ABRIUAS PORTAS DA AMÉRICA DO EXILIO. TOMARÁ A SÚA VOZ E DEFENDERÁ A SÚA TRAXECTORIA ARTÍSTICA. DO MESMOXEITO O FARÍA A PROPIA MARUXA MALLO SE TIVERA QUE ASISTIR Á SÚA HOMENAXE.

[ANIVERSARIO EN MADRID]INTERMINABEIS PODEN SER AS CONVERSAS DE MARGARITA FERNÁNDEZ ARREDOR DA ARTISTA. GÚSTALLE ESPE-CIALMENTE AQUEL ARTIGO QUE GERMÁN DEGUINER ESCRIBIU NA SÚA ESTADÍA AMERICANA: "A MARUXA MALLOHABERÍA QUE TOMALA EN BRAZOS, ALZALA E PASEALA EN OMBROS POR UHA AVENIDA REPLETA DE AUTOBUSES,CON RAÑACEOS COMO TELÓN DE FONDO; ASÍ E TODO, A SÚA FIGURA ESPLENDERÍA INMENSA. ATRAENTE. SUXESTI-VA". ESA É A PAIXÓN COA QUE PREPARA A PRIMEIRA ACCIÓN TEATRAL QUE TRAERÁ DE NOVO Á VIDA A MARUXA MA-LLO. SERÁ A PRIMEIRA DOUTRAS MOITAS. MARGARITA FERNÁNDEZ METEUSE NO PAPEL DA ARTISTA E VIVEIROSERÁ A SÚA VIAXE INICIÁTICA QUE CONTINUARÁ EN NOVEMBRO EN MADRID CANDO COMEMORE CUNHA GRANDEFESTA DE ANIVERSARIO OS CEN ANOS DO NACIMENTO DA ARTISTA. NO CÍRCULO DE BELAS ARTES, XUNTO CON ISA-BEL ARCOS, JOSÉ AGUILAR, UXÍA BLANCO, ALBERTO COMESAÑA E MARIO TOMÁS APAGARÁN UN CENTO DE VELASNA SÚA MEMORIA E, COMO UN SORTILEXIO, REGRESARÁN DE NOVO A MADRID A AQUELA PEQUENA MULLER QUECOÑECEU DE NOVA CADA UNHA DAS SÚAS RÚAS, QUE VISITOU TODAS AS FESTAS, QUE PARTICIPOU DOS FALADOI-ROS E QUE PERCORRÍA RESOLTA A CIDADE EN BICICLETA, PROVOCANDO O ESCÁNDALO DAS MENTES BEMPENSAN-TES DA ÉPOCA. REVIVIRÁN TAMÉN Á MULLER XA MAIOR QUE RETORNOU UN DÍA DESPOIS DUN LONGO EXILIO COASÚA CARA AÍNDA MÁIS PINTADA, PARA DARSE DE NOVO A COÑECER, PARA VENCER O SILENCIO QUE SE TECEU SO-BRE TODOS OS SEUS. CONVERTIDA EN MARUXA MALLO, SERÁ MARGARITA FERNÁNDEZ A MAIOR IMPULSORA DOSEU RECORDO. NA IDEA BÚLELLE A INTENCIÓN DE LEVALA DESPOIS A UN GRANDE TEATRO E PERCORRER SOBRE OESCENARIO A VIDA DUN PERSONAXE QUE XA SENTE A RENTES DE PEL. "O PRINCIPIO FUNDAMENTAL DO TEATRO ÉADESTRAR O CORPO Á IMAXINACIÓN, CONVERTÉNDOO NUN INSTRUMENTO DA CREACIÓN ESCÉNICA" DIXO MARUXAMALLO. MARGARITA FERNÁNDEZ ASENTE E ACOMODA TODO O SEU CORPO AOS ANDARES E DICIRES DA DEUSA DOSCATRO BRAZOS E AS VINTE, XA VINTEUNHA, ALMAS.

Page 21: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

Suplemento de 0 Correo Galego qua aparece os xoves.Coordinacion,A.R.López e Soedade Noi a.Deseño:Anton Lopo.

Maquetación: Carme Botana.Fotografía, Chico Miras.

E-mail:[email protected]

Libros

PAG: 03151101 -- EDI: OCT31

Lectura veloz: este cursoaumentará a velocidade de lectura unpouco máis cada día ata o final docurso; nese momento o estudiantedeberá ler Os irmáns Karamavoz enquince minutos. O método basease enbotar un vistazo á páxina e eliminar docampo visual todo menos os pronomes.Pronto se eliminan os pronomes. Poucoa pouco aléntase ó estudiante a durmirunha sesta. Diseccionase unha rá.Chega a primaveira. A xente case emorre. Pinkerton xa non regresa nuncamáis.

revista das letras 441

wOODY aLLEn

Page 22: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O31SR02 -- EDI: OCT31

RosaAneiros:

a necesariafantasía

2 O Correo Galego 31/10/02 O Correo Galego 31/10/02 3

rosa Aneiros aparece, para esta entrevista, como unha fada. Alta, ele-vada, delgada. Falamos, mentres un sol outonizo nos peta nos ollos,nun pequeno xardín de Santiago. Ela é suave, cariñosa, tranquila,clara. Falamos de literatura, sempre é agradable falar de literatura,como roubarlle á vida a súa parte cruel, falsa. Falamos tamén de xor-nalismo, outra cousa que nos une no misterio da vida. Cremos, ela eeu, na poesía, na fantasía, no amor.

Sabemos que escribir é o que nos dá a forza toda.Esta muller nova gañou o premio Ricardo Carvalho Calero 2001 co

libro de relatos Corazóns amolecidos no salitre. Un libro moi ben aco-llido pola crítica, polo que a autora se mostra ‘‘contenta e sorprendi-da’’. Un libro que paga a pena ler, porque resulta entretido e marabillo-so, duro e suave, lírico e forte. Pregúntolle cómo artella ela as histo-rias que escribe. E a súa resposta é ‘‘as historias xorden’’. Nacen,aparecen, dunha forma moi ‘‘natural’’. Ela non forza nunca a creaciónnin quere ter a literatura como un ‘‘oficio’’. Quere viaxar coa imaxina-ción, pasalo ben escribindo, soñando, atrevéndose a fabular. Paraesta nova narradora a imaxinación é moi importante, é opozodeondenace todo. No seu último libro haiunhamáxicamesturade ficcióne re-alidade. Ela explícao dicindo que as historias que se narran son ás ve-ces moi ‘‘tráxicas’’ e que como ‘‘válvula de escape’’ emprega a ficción,o marabilloso. Escapar da realidade para soportala mellor, para nonquedar encerrados na fustracción. É un recurso moi necesario, moi li-berador, moi humano.

O mar é o principal protagonista do libro, o máximo punto de refe-rencia, a raíz, o nacemento. ‘‘Nacín e vivín co mar’’ afirma Rosa, e en-gade que o mar é nela ‘‘unha atracción e un odio’’. A vivencia do mar,como algo moi duro, moi negativo, moi doloroso. Ela explica a súa vi-sión do mar como se o mar fose ao mesmo tempo ‘‘unha caixa de so-ños e unhacaixadeespantos’’ paraela,eestoaparece reflectidono li-bro. Como un espello de miradas tristes. Miradas quesenon fosepolaficción serían case insoportables.

De feito esta obra é dalgún xeito unha homenaxe ás persoas da fa-milia de Rosa, que foron percebeiros e percebeiras, que ao longo dotempo viviron do mar. Persoas ás que Rosa quixo achegarlles ‘‘forza,seguridade e dignidade’’ conseguíndoo totalmente. Esa homenaxeaparece nas citas que anteceden a cada relato. Citas moi xornalísti-cas, nas que os seus familiares falan en primeira persoa. ‘‘Que signifi-ca para ti o mar?’’, foi apreguntadestamozaxornalistaque fixonasúafamilia, conseguindo mesturar a ficción e a vida.

De mesturar xornalismo e literatura falamos, e temos a mesma opi-nión. Que son cousas diferentes pero que poden interactuar e ‘‘nutrir-se unha da outra, como unha forma de enriquecemento mutuo’’.‘‘Querer separalas totalmente paréceme unha opción moi empobre-cedora’’, opina Rosa. Pensa que son dous ámbitos coa mesma ferra-menta, que é ‘‘a palabra’’, e que poden convivir e mesturarse. Comonun bonito xogo de luces e sombras e espellos.

Os personaxes de Corazóns amolecidos en salitre son individuossingulares, estraños, malditos, atraentes. Buscan case sempre liber-dade e tamén atopar a súa propia identidade. Buscan darlle forma ávida. Dime Rosa que ‘‘todos buscamos desesperadamente algo e ne-cesitamos atopalo para logo poder seguir vivindo’’. Os personaxesdo

libro viven verdadeiras traxedias pero son capaces de seguir vivindo,saír adiante, superar os naufraxios emocionais. Son corazóns rotos,xente que mira o mar facendo preguntas e atopando –ou non– res-postas, son corazóns abertos, doorosos, que sangran, que están vi-vos. E por esta razón dígolle eu a Rosa que case parecen ‘‘persoasdeverdade’’ ante os meus ollos dislocados.

Gústalle a esta narradora deixar ‘‘abertas’’ as historias ao lector. Dique eso é ‘‘o máis bonito que ten a literatura’’. O feito de que aparecenpersonaxes e desaparecen e volven aparecer noutros relatos, máisadiante, e temos que imaxinar o que hai nese intervalo vital. Móstraseentusiasmada Rosa con este recurso, pois ela opina que ‘‘cada lectorle unha cousa diferente’’, e como escritora, deixar sitio para esa recre-ación posterior ao libro, persoal, dos lectores, parécelle moi importan-te. É para ela o máis divertido, o máis fermoso. Empezou a escribircon 13 ou 14 anos. ¿Por que? Contesta que ‘‘porque me relaxaba,porque me gustaba’’ e engade que ‘‘todos os escritores somos deu-ses fustrados, coa necesidade de atravesar a realidade e crear mun-dos novos’’. Nunca escribiu para publicar, nin foi un proceso moi ‘‘re-flexionado’’. Foi como unha fonte botando auga, como un impulso vi-talista, optimista. Nunca escribiu poesía, parécelle un xénero ‘‘moi di-fícil, moi íntimo’’. A prosa é o que lle nace, como a min me nacen poe-mas. Leva Rosa historias na barriga, como se estivese preñada, co-mo se fose escritora dende o inicio, dende sempre. Nunha bonita vidachea de palabras e amor.

Ela dime que ‘‘nunca cando escribo teño consciencia da dimensiónpública da miña obra’’ e por eso as críticas, os comentarios, sobre oque escriben espertan nela ‘‘certo pudor e mesmo certa sensación in-cómoda’’. Gústalle que a loen o que fanlle, e alégrase, pero sénteseestraña, non sabe moi ben cómo reaccionar. Teño a sensación deque a súa escrita é un lugar fermoso no que se atopa moi ben e do quelle custa saír e expresarse.

Pregúntolle polos seus gustos literarios e sobresae un autor e unhaobra, que a teñen engaiolada. Tratase de El amor en los tiempos delcólera de Gabriel García Marquez. É este un autor que inflúe no queela escribe. Un escritor poderoso que inventou mundos e historiasmarabillosas facendo máis real o camiño do ser humano. Tamén gus-ta de Alessandro Baricco, da súa obra sobre vivencias do mar. O marsemella significar moitísimo para esta fada que escribe, que fabula,que inventa, que soña, que cre no incrible, no descoñecido, no miste-rioso, no imaxinario. Chámame fortemente a atención unha imaxeque, na nosa conversa, ela me regala. Esa imaxe de que nas zonascon mar a xente ao acabar a xornada de traballo ‘‘vai mirar o mar’’.Sentan fronte a el, como eu na lareira de Fisteus frente ao lume, prapensar, reflexionar, fantasear, sentir. Paréceme algo marabilloso, unfotograma bonito que me fai ilusión.

Outros autores e libros que lle gustan son O lapis do carpinteiro deManolo Rivas, Papaventos de Xavier Queipo, Males de cabeza e Si-lencio de Fran Alonso, os libros de Xurxo Borrazás. E a poesía, gústa-lle moito ler a poesía das mulleres poetas galegas. Opina que a poe-sía en Galicia está moi ‘‘consolidada’’ e que a narrativa logo vai estalotamén. Ten moitas esperanzas postas na nova narrativa galega. Opi-na que as editoriais tamén están sendo receptivas a este fenómeno.Dos máis novos a ela gústalle ler a Inma López Silva, Medos Romero,Xesús Fraga e a moitos outros, aos que ten acceso nos distintos xura-dos nos que Rosa participou e participa. ‘‘Existe un campo moi fértil eimos levar moitas sorpresas positivas’’, opina.

Eu lendo Corazóns amolecidos en salitre sentín moitas sensaciónse atmosferas orixinais e novas todo o tempo. Sentin que se me revela-ba unha autora moicreativaediferente, conmoita forza,cungranpulona súa forma marabillosa de inventar e narrar. Sentín que estaba len-do algo bo, importante. Rosa Aneiros, na entrevista, mostrouse comounha nena clara, sincera, sen estridencias, sen hipocrisía. Comounha fada no xardín conversando comigo. Como se o mundo se bo-rrase, e quedasemos nós as dúas, soas, fóra do mundo, un mundofrío e feo. Como se as palabras que imaxinamos e soñamos e escribi-mos nos axudasen a estar vivas, seguir vivas, sangrando. Porque aficción tamén é, tamén existe, e é o que nos saca da rutina e nos faimáis libres, máis autónomos, cruzando os mapas da realidade paraatopar a necesaria fantasía.

lUPE gÓMEz

Page 23: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O31SR04 -- EDI: OCT31

Aos seus oitenta e dous anosdefínese como unhaneandertaliense namorada deProust, admiradora da obra maxistralde Freud e da do marqués de Sade,‘‘un home fabuloso. Un ser tan libreque o meteron na gaiola porque nonpodían soportar a súa liberdade.Aínda que fose gordo e seboso,¿que importa? Era tan atractivo...’’

Lóbrego

4 O Correo Galego 31/10/02 O Correo Galego 31/10/02 5

de elegantesiluetaandróxinaeposuidoradunha impresionantevitalidade e dunha excepcional liberdade intelectual, a escrito-ra francesa Gabrielle Wittkop ( 1920 ) recibiu os máis duros eimplacables apelativos. Entre eles o de octoxenaria sulfurosae libertina. Cualificativos dos que sen dúbida se fixo merece-dora pola súa propia traxectoria vital, pola súa ideoloxía e po-los seus escritos. Aos seus oitenta e dous anos defínesecomounha neandertaliense namorada de Proust, admiradora daobra maxistral de Freud e da do marqués de Sade, ‘‘un homefabuloso. Un ser tan libre que o meteron na gaiola porque nonpodían soportar a súa liberdade. Aínda que fose gordo e sebo-so, ¿que importa? Era tan atractivo...’’

Gabrielle Wittkop edita coa súa vida unha verdadeira nove-la. Neste caso o personaxe transcende o literario. Nacida, se-gundo ela di, por accidente dunha nai rusa morta moi nova ecriada por unha negra da Martinica que a ensinou a bailar, ig-norada polo seu pai que nunca a mandou ao colexio e que lleresumiu todas as normas na frase ‘‘Aquí non hai nada prohibi-do. Fórmate’’. No París ocupado coñece un home vinte e dousanos máis vello ca ela. El era homosexual, Gabrielle, lesbiana.Acordan fuxir xuntos e ámanse como dous amigos. Naquelafusión intelectual o seu home só lle impón unha condición: nondeixar translucir a súa natureza viril e decadente na refinadasociedade de Bad Hombourg que frecuentaban. Cando o pe-sadelo dunha existencia burguesa se lle facía insoportable,Gabrielle viaxaba: Xava,Tailandia,Borneo,Exipto,Brasil,Ma-

laisia... Pasa un ano na India estudiando o seu animal fetiche,o tigre, e alí coñece a Christopher, o seu gran amor. Entre a pa-rella había un enigmático parecido e unha grande paixón peronunca tiveron relacións sexuais porque Christopher taménerahomosexual. Frecuentaba os lugares de prostitución de Bom-bai e un día aparece acoitelado e agoniante, mais xamais des-velou quén o asasinara. Pero a súa morte servirá de motor dearrinque para que Gabrielle dera comezo á súa obra literariaen francés.

As ideas desta muller lesbiana e á vez misóxina non deixande escandalizar a sociedade timorata na que vive. Autodefíne-se como atea, libertina cosmopolita que exclúe calquera auto-ridade moral ou relixiosa. E tanto como as mulleres, detestaosmeniños –a escravitude por excelencia– e di sentir horror polamaternidade, unha verdadeira carnicería como recoñecen asmulleres que non son hipócritas.

Como dixemos, foiamortedoseuamigo inglésaqueactuoude catalizador que impulsou a Gabrielle Wittkop par escribirficción en francés: Le Nécrophile (1972 ), traducido aoespañolen 1995 e no que algúns críticos ven o comezo dunha femini-dade sadiana na literatura francesa. La morte de C. (1976 ),Les Rajahs blancs (1986), Hemlock (1988 ), o libro de contos,Les holocaustes (1976 ) e no ano 2001, Sérénissime assasi-nat, recentemente vertido ao español por Anagrama.

A narrativa de G. Wittkop explora os meandros máis lóbre-gos e estremecedores da condición humana e pretende de-sempeñar unha función psicanalítica, botando luz sobre asnosas contornas sombrizas e labirínticas. A súa obranarrativaten como fío conductor a sutura do amor e da morte. O Necrófi-lo, o agasallo que lle fixo ao seu amigo inglés, é un libro escritocomo ao dictado, en estado de transo e supón unha verdadei-ra innovación no xénero erótico, meténdose na pel de alguénque fai oamorcoscadáveres.Unhahistoriadeamorcontadaatravés do diario dun necrófilo. Un home que pouco a pouco sevai namorando dos seres inanimados. O Necrófilo é unha no-vela de amor melancólico, tristeeeterno.Oprotagonistaexpe-rimenta no amor necrófilo sobre todo unha enorme amarguraporque debe separarse inexorablemente dos seres que ama,os mortos cos que copula. A autora sostén que describir a se-xualidade necrófila non é ningunha brutalidade, xa que os me-canismos de calquera xénero de coito son inmensamente ru-dimentarios e, por outra parte, o seu protagonista implícasedecheo, con todo o seu ser no amor ós cadáveres. E tampouco éa primeira obra que vincula sexo e morte. Abonda con ler Oscento vinte días de Sodoma de Donatien de Sade. Non é, xaque logo, esta a primeira narración sobre unha das formas

máis escuras do erotismo, a necrofilia. O significativo é que fose unhamuller a que tivese a habilidade e a afouteza de profundar na almadunnecrófilo, facéndoo da única maneira que admite o tema, é dicir, amo-sándoo mediante unha escrita de gran calidade literaria sen por isoesquivar a crueza inherente ao tema.

O anticuario, acostumado a vivir entre obxectos vetustos, conta osseus tétricos e lóbregos encontros con mulleres novas fáciles de po-suír ou rebeldes. Pero todas teñen algo en común: a mesma pel citri-na, a mesma cor de cera, os mesmos beizos mudos, o mesmo sexoglacial. Mais non é unsersolitario.Relaciónaseecomparteconoutrosnecrófilos impresións e vivencias. Sen embargo, o seu é un pracer pe-rigoso, un xogo doce pero maldito. Gabrielle Wittkop converte en ob-xectos de predilección a descomposición dos corpos, a agonía, a ne-crofilia e, co instrumento dunha ‘‘poesía in extremis’’, é capaz de ela-borar toda unha arte do amor feito a un cadáver cun verdadeiro inven-tario dos cheiros e reaccións orgánicas ligadas aos tempos de des-composición dos corpos. Malia todo iso,ONecrófiloésobre todounhanovela sentimental.

Un xogo de mortes convértese igualmente no núcleo temático deSerenísimo asasinato, o máis recente romance desta ‘‘petite fille’’ deSade de oitenta e dous anos. O escenario é a Venecia terminal e de-cadente de finais do século XVIII que queima os seus derradeiros fo-gos de artificio no medio dun clima cada vez máis pezoñento, baixo aollada dun omnipresente control policial e Bonaparte marchando so-bre a cidade: ‘‘Io saró un Attila per lo stato veneto’’. No marco destade-longada agonía da Serenísima, G. Wittkop engarza unha historia tanturbia como as augas de Venecia, porque o corazón humano é aíndamáis labiríntico que a cidade dos indescifrables e pútridos recunchos.‘‘Mátase moito nesta vila. Asasínase sen pausa no labirinto do Mino-tauro...É algo que acontece todos os días’’. Nas vésperas da caída dacidade dos espellos, mulleres ateigadas de veleno estouran comaodres. Entre elas as catro sucesivas esposas de Alvise Lanzi. Maliaque a autora resolve o enigma no desenlace, non é esta unha novelanegra, senón un retrato de Venecia, a gran protagonista, na súa deca-dencia. Unha Venecia apreixada nos fastosos decorados dos cadrosdos pintores Pietro Longhi, Guardi e Tiépolo o Mozo. Endalí que Ga-brielle Wittkop despregue unha estética da esaxeración, chea de sen-sacións, de recendos, de cores e sons. A linguaxe flamante e delicio-samente odiosa desta vella dama retrata unha Venecia malva e dou-rada, cun ceo plúmbeo moitas veces. E nas tebras labirínticas, oberroestraño e cruel da morte.

f.mARTINEZ bOUZAs

Page 24: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O31SR06 -- EDI: OCT31

Comunicación e comunidade

6 O Correo Galego 31/10/02 O Correo Galego 31/10/02 7

nos derradeiros meses atopeime –quizais casualmente, quizais sínto-ma do tempo que vivimos– con diversos autores que reflexionanacerca do perigo ideolóxico da estructura sentimental da novela. Al-gúns manifestan o seu desencanto pola pobre influencia que ten ho-xe en día o pensamento, completamente desbordado polo aluvión depublicacións cun obxectivo exclusivamente comercial que, publicita-das e distribuídas como calquera outro obxecto de entretemento,modificaron pra sempre a relación entre libro e lector. A comunidadefoi substituída por comunicación. Gústenos ou non, escribamos co-mo escribamos, todo lector é consumidor antes que lector; e todamanifestación artística é, ademais do que pretenda ser, publicidade.Sendo este un dos métodos de dominio máis universais do noso tem-po (e, probablemente, do futuro máis inmediato) podemos, como diBlanchot, poñer ‘‘ó pensamento na obriga de reducilo ó que ten debaixo e miserable ou, polo contrario, sinalar que hai algo aí importan-te e sorprendente que, ó non estar ben pensado, corre o risco de sermal combatido’’. (1)

A técnica máis doada pra vender un producto consiste en admitir etransmitir que é necesario. Pra elo, cómpre dar por suposto un estilode vida; ou sexa, construír un relato capaz de chamar a atención epermitir que o público poida identificarse con el. A publicidade faise apartir de fragmentos narrativos fácilmente recoñecibles, cargados dereferencias, directas ou indirectas, ós que se consideran relatos deéxito –películas, novas, novelas– no momento en que se diseña a es-tratexia publicitaria. Ninguén dubida que desexamos ser atractivos esaudables, ninguén dubida que desexamos o pracer nas nosas rela-cións amorosas, ninguén dubida que desexamos o éxito económico.De entre todos os xéneros narrativos, o máis adecuado pra inocularsubrepticiamente a necesidade do consumo é a narración sentimen-tal. Trátase dun modelo que lle debemos á novela do século XIX, eque foi coidadosamente desmontado por Marcel Proust. ‘‘O amor deSwann non é nada en sí mesmo’’, –explica Curtis White– ‘‘existe uni-camente ata o punto de que pode cimentalo nos seus propios funda-mentos estéticos. A realidade do seu amor, como o narrador sinalarepetidas veces, non é debida tanto a persoa, a amante de Swann,Odette, como a ‘unha cara que merece ser atopada en Boticelli’ e aunha frase musical. Incluso as propias experiencias e emocións (es-to é, a propia subxetividade) son autorizadas por outros [...] O narra-dor xamais sentiría nada por Gilberte (que tamén fora ‘autorizada’por Swann) se non coñecese os sentimentos de Swann e mailassúas experiencias con Odette. É o distinguido francés –descendente

do Julian Sorel de Stendahl e a Emma Bovary de Flaubert– que xa-mais se namoraría se antes non lese diso’’ (2). Se quedaba algunhadúbida sobre o desexo de distanciamento de Marcel Proust respectoda narración sentimental, a sistemática desconstrucción na que seafana nos libros seguintes pra extraer da linguaxe as claves que per-

miten ir máis aló, enfrontarse ó ‘‘xeroglífico que ten un dobre símboloque é o azar do encontro e a necesidade do pensamento’’ (3), debe-ría despexar calquera malentendido e facernos comprender os peri-gos de pretender reproducir a estructura da novela decimonónica naera da publicidade. (¿É quizais ese o sentido político da frase coa que

comeza un relato de Julián Rodríguez Marcos: ‘‘Lee as guías de fe-rrocarriles, fillo. Non leas poemas. As guías son máis exactas?’’) (4)

A autorización pola imaxe converteuse no medio universal pra co-lonizar a subxectividade. Sen embargo, os seus métodos e efectosnon foron analizados ata moi recentemente porque, a pesar de todo equizais como parte fundamental da súa estratexia intrínseca, a in-fluencia da imaxe artificial na subxectividade foi –e aínda é– tratadacomo un símbolo de frivolidade intelectual en lugar de ser recoñecidacomo un efecto da narrativa social dominante. A apropiación do cor-po pola imaxe ten profundas raíces nos séculos XVIII e XIX, e chegao seu máximo efecto no século XX co cine e os medios de reproduc-ción masiva de fotografías. A identificación do aspecto físico, tal e co-mo é represéntado artificialmente, coa historia emocional do suxeitorepítese ata fartar, favorecendo a permeabilidade ós discursos senti-mentais. Un dos grandes acertos de Proust radica en recoñecer queaí se atopa a nova clave, que a imaxe non é unha simple ilustraciónda biografía, senón que forma unha parte esencial dela, e tamén enadvertirnos de que a imaxe corre o perigo de ser desenvolvida en bio-grafía, traducida en historia, despoxada da súa propia gramática pa-ra ser transformada no signo do real.

A sentimentalización da vida é moi conveniente prás estratexiasdo mercado, porque mostra que o éxito na vida privada non pode serobtido mediante a acción colectiva nin mediante o traballo individual.Polo contrario, o éxito na vida privada depende do que somos capa-ces de consumir (daquelo que non pode ser posto ‘‘en común’’): Deque teñamos este coche e non outro, esta figura –que pode conse-guirse comendo esto, bebendo estoutro, indo a tal ximnasio ou a talcirurxián plástico– e non outra, lendo este libro e non aqueloutro, cu-rando a gripe con este fármaco e non con esoutro, vestindo este traxee non calquera. Sendo imprevisible e inestable a reacción do outroante a nosa imaxe, a súa renovación constante convértese en abso-lutamente imprescindible. Parece imposible non darse de conta deque a inmensa maioría dos productos culturais destinados ó consu-mo masivo insisten en que o máis importante é o éxito na vida priva-da, e cun asombroso cinismo, que esta é a actitude máis sinxela e hu-milde; que, no fondo, ó traballo, o pensamento, e cada vez máis, o go-ce da inactividade, non son máis que distraccións que nos apartandesa busca da felicidade familiar. Continuamente preséntase ós queposúen unha inquietude intelectual ou política como seres amarga-dos e infelices, como se tiveran que saldar a súa débeda co mercadodo sentimental por perder o tempo preocupándose de cousas senmaior importancia vital. De feito, a figura emblemática que os repre-senta é a do adicto; ou sexa, a do consumidor perverso que, como ofetichista, só pode excitarse ante a presencia dun obxecto inopinadoou, como o neurótico obsesivo, repite continuamente o mesmo xes-to. Elo obstaculiza o desexo de tomar decisións baseadas na razón,o capricho e o compromiso, educando os novos cidadáns na convic-ción de que aquelo o que se renuncia en cada decisión é sempre, cotempo, máis valioso que o que se adquire. A literatura non debe axu-dar a decidir qué é o máis valioso. Quizais poda ser, de novo en ver-bas de Blanchot, ‘‘a experiencia común do que non pode ser posto encomún, nin conservado como propio, nin reservado pra abandonaloulteriormente’’. (5)

gERMÁN sIERRa

(1) Maurice Blanchot, La Comunidad Inconfesable, Arena, Madrid, 1999.(2) Cur-tis White, Monstruous Possibility, An Invitation to Literary Politics, Dalkey ArchivePress, Chicago, 1998.(3) Gilles Deleuze, Proust y los signos, Anagrama, Barcelona,1972.(4) Julián Rodríguez Marcos, La Sombra y la Penumbra, Debate, Madrid, 2002.(5) Maurice Blanchot, op. cit.

Page 25: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O31SR08 -- EDI: OCT31

Festa rachadaEscáner

8 O Correo Galego 31/10/02 O Correo Galego 31/10/02 9

este libro de Xavier Seoane, O sol de Homero (EdiciónsXerais, Vigo, 2002), é todo unha festa. Unha festa naqueosfoguetes–comoédeleiourigor–estouranaxeitode coñecementos e recoñecementos poéticos, e ondenon hai mocazo ningún, pola sinxela razón de que Xa-vier Seoane, e seguramente fai ben, escolle soamentepoetas e teses que abonden no subtítulo do seu libro,moishelleynamente,Unhadefensadapoesía.¿Efai fa-lla a estas alturas da película semellante actitude? ¿Es-táacasoaartepoética tanacosadaqueprecisadepala-díns que saian no seu favor? Pois moi posiblemente;porque o número de poetas en exercicio, en todosos lu-gares; non só en Galicia; a todas luces excesivo, andaapoñer en riscoalgo tanpoucovalioso,materialmente fa-lando, como rico noutro tipo de valores atal a poesía.Acontece que a xente do común, de partida pouco pro-clive á poesía, deu en pensar que este xénero literario érefuxiodepreguiceirosemoinantescandonondexenteconpouco talento incapazde levaradianteproxectosdemáis fuste (por exemplo, novelas). Ocorre igualmenteque se hai libros de poemas a eito non pasa o mesmocon volumes de teoría poética ou de crítica da poesía,case inexistentes ao menos entre nós. Por iso que o li-brodeXavierSeoanevéndecubrirdegolpenumerososespacios,nonomenordecontribuíraqueopersoalmirecunha ollada máis ampla e xenerosa o mundo da poe-sía. E pois corren malos tempos para a lírica (inevitableareferencia feitaporSeoanedacancióndosGolpesBa-jos, aquel grupo que saira da ‘movida‘ viguesa, candoesta tiña tamén poetas rompedores) resulta fundamen-tal este brush up do escritor coruñés no que se agachataménun lectordeconsideración.Queencadacasovaipoñendoascousasnoseusitioapartirdepoetasdasúapredilección que en moitos momentos exerceron –ouaínda exercen– de teóricos.Nonserácousaaquídedaros seus nomes ( e por certo que neste libro; como enpoucos, botei en falla un índice onomástico, sobre todo

porque vai ser manual de consulta obrigada) pero si dedicir que está o máis granado da poesía universal nou-tras linguas que non sexan a galega. E isto último estámoi ben, máis que nada pola cuestión do distanciamen-to sempre necesario. Igual tamén porque as omisiónsdepoetasactuaispoderían levantarsarabullosnun librode natureza sosegada. Como o seu autor, por certo. Eestesosegonaturaléoque lledaunengadoespecialaovolume. Un volume como digo do máis denso e aperta-dopoloquecirculannonsoamentepoetassenontaménmostrasdasúaobratraducidaaogalego,mesmodesdeidiomas tan próximos como o español. E un, normal-menteescéptico,diantedasversiónsaogalegodesdealinguadeGóngora–quentaménandaporaquíenonpo-día por menos– non pode senón aplaudir o ton que con-segueXavierSeoaneapartir dopoemasdeGildeBied-ma ou Roger Wolfe, un poeta este último do máis consi-derableequesabereflexionarmoibendesdeperspecti-vasnadaescolásticassobrequécousasexaapoesía.Ea todo istocómpresinalarqueoestudiodeXavierSeoa-ne non ten nada de académico non que se refire ao car-tón-pedra que este tipo de traballos adoitan. Non, o seusen deixar o rigor a unha beira, é un asunto ameno e lú-dicoqueenganchaao lectordesdeosprimeiroscompa-ses para deixar que este apareza atrapado polo Sol deHomero, o que subtitula este libro sen dúbida soleado.Como non podía por ser menos nel tamén está PabloNeruda, un dos poetas máis torrenciais que xamais te-ñanxurdido,esobredocalmaiornúmerodeestudiosselevan escritos. Pois ben, Pablo Neruda segundo revela-ba recentemente o seu amigo e panexirista Jorge Ed-wardsnuncaquixo leroquetratabaasúaobra,parabenou para mal. Isto evidentemente é unha esaxeración,como por outra parte a persoa e máis a obra de Neruda,e non obstante ten moito de verdade; a poesía non seaprende, a poesía xorde soa. De aí a perda de tempoquesupoñenas lecciónspoéticasqueprodiganos talle-res literariosque tantoproliferanhoxe.Distintoquehaxaunha técnica, iso só transmisible. En todo caso Seoanenon pretende nin unha cousa nin outra; simplemente fa-cernos copartícipes da súa paixón poética, unha paixónpolo demais apolínea que vai acompañando de gran-des doses de reflexión. Logo está que como di Seoane,citandoaDaumal,a lecturadunpoemaquearrastre ‘‘re-acciónsorgánicas’’.Oquesendúbidaéoutrocantar.

vICENTEaRAGUAs

RamónCaridepertenceaesaxeracióndeescritoresqueéaxeración da loita contra o último franquismo nas rúas e nasfacultadesedaconstruccióndonacionalismoedunhalitera-turapropiadopaísnostemposdatransiciónpolítica.Perten-ce tamén ao grupo dos que poderiamos chamar novos na-rradoresourensaos,epertencefinalmenteaesacolectivida-de,queafloraultimamente,deescritoresbiólogosqueirrom-peucon forzananarrativaemáis timidamente,peroconpa-so firme, na poesía. E todas estas características de CarideOgandosondecisivas,comononpodíaserdoutroxeito.

En primeiro lugar, por ser membro desa xeración, Carideéunnarrador realista,dunrealismopertinaz,minucioso,quenonseconformacoatonadascousasequevaiaofondo.Aofondoescurodaalmaeaofondotráxico,pesimista, feroz,dopaís, ou do planeta. Porque escrita realista non é o mesmoqueescritacostumista(efacendounatrozxogodepalabras,poderiamos dicir que ao costumismo é ao que nos teñenacostumados moitos outros narradores perfectamente ve-niais)eCaridenonse limitaapoñerespellos,negrosounon,para que nos vexamos neles. Dá un paso máis e escanéa-nos, para que vexamos o noso interior, o interior das nosasurbes, coa súa miseriaeasúaviolencia,eo interiordonosoagro, non menos violento e miserable. Nada de contempla-cións idílicas, nin de descricións de costumes. Aquí vemosdirectamente o cerne das paixóns, os problemas de identi-dade persoal, as alteracións da persoalidade, a crueldadevingativa ou gratuíta das xentes, aínda que tamén, algunhavez, haxa espacio para o bohumoroumesmoparaaespe-ranza.Carideéoescritorquefaiacrónicadesucesosdano-sa sociedade, pero faina por dentro, pola carne e polo san-gue, e non pola superficie. Por iso está sempre preto do xé-nero negro e por iso é un escritor comprometido, no sensoque adoitaba dárselle ao termo noutros tempos, Compro-metido coa súa sociedadeecoseu tempo,e tomandoparti-doparaver,paradenunciar,paraexpoñer:estascousases-tán aquí, eu son testemuña. Coma o fotógrafo de Foto-s-hock.Característica,polodemais,quenonénovaenCaride,que sempre o acompañou, como bo membro da súa xera-ción, a da preocupación polas xentes, polo conxunto da hu-manidade, polo chamado Cono Sur, por África, polos de-mais,ensuma.

Ensegundo lugar,comoescritorourensao,Caridepartici-pa desa feliz circunstancia de escribir con facilidade e rigor,de escribir coas palabras xustas e eficaces, de abandonarno tinteiro todo o que sobra, con esa técnica aprendida talvezenPoe,enQuirogaouenDieste,ede facerqueoscon-tosvaianmedrando,ataodesenlacefinalprecisoeimprevis-to, como manda o canon. E abofé que o consegue. Dixenantes que Caride é un escritor realista (como Blanco Amor,como Celso Emilio), agora repítoo, mais engandindo que,precisamente por iso, é un escritor fantástico, no senso quelle dá Todorov a esa palabra, un escritor que, sen deixar deser realista, introduce tamén as crenzas, os desexos, as fo-bias dos seus personaxes na trama. Que introduce as súasdúbidas,assúaspreocupacións,assúasincertezas,saben-do que teñen tanta consistencia real coma apaisaxe,osca-mións e as pistolas. E fai que, moitas veces, non saibamosse o que nos relata ten unha explicación física, lóxica, con-vencional ou é que nos volvemos tolos ou, polo contrario, osobrenatural irrompeu nunha trama perfectamente real,nunsasuntosabsolutamentecotiáns.ComoMéndezFerrín,outroourensao,Caridedeixaunhaspingasde lírica,emoitaépica, nos seus relatos fantásticos, pon aos seus persona-xesensituacións límiteeenfróntaoscomomentomáisdeci-sivonavidadecadapersoa,omomentodetránsito.

E en terceiro lugar, Ramón Caride é biológo, e esa voca-ción, esa formación, están ben presentes na súa obra, e re-saltan na preocupación polo destino da humanidade, nassúas reflexiones sobre o ADN, nos seus relatos de cien-cia-ficción, nas súas concepcións de mundos alternativos.

HaiquerepetirqueCaridefoiunabandeiradoeunadiantadodesa literaturaenGalicia, eaíndasegueaselo,secadra,ouse cadra non, porque a súa formación científica llo permite;se cadra porque as súas preocupacións móvense por esegume...

NosquincerelatosdeEscánerhai,polo tanto,unhavisióndo conxunto do ser humano. Nos catro novos, agrupadosbaixo o epígrafe Novo do trinque, están xa tódalas tenden-cias,desdeorealismo,adenuncia,ocompromisoemesmoa hiperrealidadedeFotoshock,un texto fondamentenarrati-voefondamentereflexivo,queescarvatantonaalmahuma-na como na situación do mundo; ata a ciencia-ficción deHendra, unha CF ao xeito do cinema, de Farmer, de Wein-baum ou de Dick, unha CF biolóxica e sicolóxica, ou, paraexpresaloconmaiorcontundencia,unauténticorelatodete-rroreacreación,enpoucaspáxinas,de todounplanetacosseus ecosistemas; pasando polo inusual final feliz de Viaxede volta, esa caste de segunda oportunidade que só se llesconcede aos felices coma Ulises, e pola amarga crítica aomundo literario, tan inzado de oportunistas e alpabardas,daCartaaBerta.

Lume da memoriaéacontribucióndoautoraunhacerta,e fecunda, literatura da memoria, da historia das xentes hu-mildes pero arrichadas, que non se limita á guerra civil e ássúasconsecuencias.Páxinasque lembraraoFerríngrandede Arraianos, pero que, en realidade, constitúen un avatar(unremakeglorioso)deRosalía,coafouciñapolaman.Páxi-nas que remexen no xudre do noso rural, ou que diga deLouzós,eseMacondoourensao.Camiño longo,contítulo ti-rado de Cabanillas, é un fantastique, no senso francés, ousexa, máis estraño ca fantástico, máis fantástico ca marabi-lloso,comoenVilliersouenHawthorne,peronon,eestononé paradoxal, como en Lovecraft, porque Camiño longo é undrama interior. Como interior, opresivo, incómodo, onírico,fantástico,perfectamenteacordecoasobrasmestrasdoxé-neroéAsformasgastadasdossoños,esepesadelorepetiti-vo,mecánico,noqueafloranoodio,oautoodio,axenofobia,aprocuradaidentidade.UnrelatonoqueCarideamosacan-to partido se lle pode tirar a unha nota de sucesos e cantascapas ten esa cebola que chamamos realidade.Orealismosuxo e deprimente que sempre está agochado coma unhapanteranaescritadesteautorpegaunbrincoeroxeenNoc-turno.EéxahoradedicirquenaxeracióndeCarideéabsur-dodistinguirentre ruraleurbanoehaixaqueesqueceresasparvadasdoruralismoeoantiruralismo,porqueorapazquefaiamilinagrandeurbe,equebenpoderíaserunpersonaxede Wenders ou de Carver tamén podería, qué o impide, sernaturaldeLouzós...Comooéonarrador,enprimeirapersoadeL.H.,ese relatoquenosofreceaolladadoasasino lunáti-co,aluado,otandeactualidadeenOccidenteasasinoense-rie, e é que Caride remexe no ventre da balea e saca á luzdosflashesasvísceras. (...)Finalmente,despoisdetransitarpolo real, polo estraño e polo fantástico, Caride ofrécenosunhaúltimapezaquevaimáisalá,eenOcamiñoponseáal-turadomesmoLordDunsany,dándonosunexemplodelite-raturadomarabilloso,unhaliteraturadomarabillosoquebenpodería tomarse por CF, sen selo, e que garda un verme fi-naldentrodamazá,algoasícomoaquelvermequegardabaa primeira (e única) película do Planeta dos Simios, nadamenos que a Estatua da Liberdade. Non é unha estatua oque nos amosa Caride, senón outra cousa. Para descubrilapódeseobrardedúasmaneiras,mirarmoi fondodentrodunoulerestelibro.

xOSÉmIRANDa............................................................................

Extracto do limiar da edición de ‘Escáner’ de Ramon Caride(Xerais,2002)

Page 26: Mnl lrñ - aelg.gal · cia vital –tema central desta mostra que comparte ... da dor e do abandono, senón polos textos e obxectos procedentes da relixión cristiá que inclúe nal-gúns

PAG: O31SR10 -- EDI: OCT31

Este libro, tal e como se explicitanos paratextos que o acompañan,quere ser ‘‘un mapa, unhacartografía’’ da que o lector sepoida servir para adentrarse polosvieiros, sempre imprevisibles, danarrativa galega actual ou, se sequere, unha radiografía da Materiaprima que constitúe a cerna desanarrativa.

Materia Prima

10 O Correo Galego 31/10/02 O Correo Galego 31/10/02 11

este libro, tal e como se explicita nos paratextos que o acompa-ñan, quere ser "un mapa, unha cartografía" da que o lector sepoida servir para adentrarse polos vieiros, sempre imprevisi-bles, da narrativa galega actual ou, se se quere, unha radiogra-fía da Materia prima que constitúe a cerna desa narrativa.Acompañado dunha interesantísma introducción dos profeso-res Ramón Nicolás e Armando Requeixo, responsables da se-lección de textos, na que esbozan minimamente o roteiro dosdevanditosvieiros,quizaissebotaenfaltaunhapequenaselec-ción da bibliografía que sen dúbida manexaron (recoñécensedoadamente interpretacións e mesmo etiquetas alleas). Posi-blemente non quixeron abouxar con ela ó lector, mais sería útilpara quen se queira achegar dende unha perspectiva analíticaá época que cartografía esta xa imprescindible volume. Esaépoca é a década dos 90, na que os escritores e escritoras se-leccionados se deron a coñecer e "publicaron unha parte subs-tantivadasúamellorproducción",deixando"patenteasúavalíaen máis dun volume prosístico publicado individualmente nosúltimos dez anos". Xa que logo, e como moi atinadamente pre-cisan NicoláseRequeixo,estanonéunhaantoloxíaxeracionalsenón epocal, e en chegando aquí xórdeme a cuestión de por-qué os estudiosos da narrativa somos tan remisos, tan pruden-

tes, á hora de falar de xeracións, mentres que os colegas queadican os seus esforzos analíticos á poesía se amosan moitomáispredispostosaempregar taletiqueta.

En fin, voltando ó rego, as lindes coas que se define o territo-rio no que opera este grupo son estrictamente cronolóxicas,unhas lindes que os responsables recoñecen móviles pois ad-mitenalgúnscasosnosque"osescolmadosxabotaranaandarasúaobraa finsdosoitenta":eseseríaocasodeSusodeToro,que en 1986 irrompeu estrepitosamente na narrativa galega coseu Polaroid. Non quixeron deixarse aferrollar pola rixidez doscorséscronolóxicose fixeronben.Poroutrabanda,valorarseaobra de Suso de Toro -por citar só un caso- encaixa mellor nosoitenta ou nos noventa, ponderar se ten máis en común conLoureiro ou co Reixa de Historias do rock and roll (1985) eTransporte de superficie (1990) obrigaría a Nicolás e Requeixoa adoptar uns criterios antologadores máis requintados, que secadra enmarcarían mellor obras e autores nuns parámetros in-terpretatitivos pero que ó final serían como esas pólas que nonnos deixan ver a bosque: quizais un exceso de catalogación(distinguindo liñas temáticas, modelos discursivos, posiciónsenunciativas...) ocultaría a vizosa fraga que é hoxe a nosa na-rrativa. En fin, curánse moito en saúde os responsables da es-colla,aclarandooscriteriosósqueseativeron,porquexasesa-bequeeste tipodevolumesoprimeiroquesuscitanéocomen-tario morboso de quen falta ou quen sobra: non hai ausenciasrechamantes,agásadeManuelRivasquequizais,simplemen-te, non está por non chegar a tempo ó chamamento dos edito-res. Xa que logo, se sempre é posible discutir que sexan todososqueestán,nestecasosendúbida, todososqueestán,son.

Dito isto, cómpre agradecer a Edicións Xerais que asumiseunha publicación deste tipo, na que a autoría colectiva xeraunha sorte de anonimato que me consta non beneficia ás ven-das do libro. Eu non teño datos acerca da rendibilidade econó-micadeste tipode traballos,perosimeconstaasúaeficaciaco-mo ferramentas imprescindibles á hora de historiar a literatura,calquera literatura. E Xerais vén facendo hai anos un esforzosalientable nesta dirección: obras como Unha liña no ceo: 58narradores galegos, ‘Narradores de cine’, ‘Longa lingua’ ou aque agora nos ocupa, son os esteos sobre os que os que nosadicamosástarefascríticaspodemos irasentandocriterioscla-sificadoreseperiodizadorescosqueguiaronoso labor.

E pasemos a ocuparnos dos dezasete relatos -todos elesinéditos- que conforman o libro, cada un deles precedido du-nhas breves notas bio-bibliográficas ó cargo dos responsables

da escolma que sintetizan e actualizan a producción dos autores e asvaloracións que lle merecen a crítica, notas que resultarán sen dúbidautilísimaspara todo tipode lectores.OsrelatossonobradeMarilarAlei-xandre,FranAlonso,AnxoAngueira,XurxoBorrazás,Caneiro,CidCa-bido, Bieito Iglesias, Ramón Loureiro, Xosé Miranda, Miguel-Anxo Mu-rado,XavierQueipo,LuísReiNúñez,AntónRiveiroColello,XurxoSou-to, Suso de Toro, Xesús Valcárcel e Luís Villalta. Agradéceselles o es-forzo que -semella evidente- todos eles fixeron para aportar textos decalidade,quizaisconscientesdopotencial canonizadordunhaobraco-ma esta. Curiosamente, o resultado final ofrece, por unha banda, unhaimaxe perfecta do que son as súas respectivas andainas literarias e,por outra, como conxunto, o libro resulta ser unha síntese atinadísimadoactualediversopanoramanarrativo.E istononeradoadodeconse-guir,poisencasoscomaestesempreasexaoriscodequeosautoreseautoras convocados opten por reciclar textos en estado de hiberna-ción, deses que durmen no disco duro do ordenador un soño invernalque non se sabe cando vai rematar, ou que decidan lexitimamenteaproveitar o convite para experimentar novos modelos, para ensaiarnovos rexistros que os afasten daqueles nos que están decote instala-dos. Semella que non foi así, que tacitamente afinaron as súas vocespara entonar harmonicamente esa polifonía coral que é hoxe a narrati-va galega, e para facelo cada un dende a súa tesitura habitual.Así, Su-so de Toro, Caneiro, Xurxo Souto (cun texto paradigmaticamentre bra-vú), Valcárcel e Loureiro seguen percorrendo vieiros abondosamenterozados poreles,nosquexadeixaronasúapegada inconfundible.Bo-rrazás convídanos, unha vez máis, a transgredir as fronteiras do con-vencional, e faino desta volta cunha exquisita sensibilidade. Fran Alon-so convoca personaxes de obras anteriores para seguir analizando osmales da sociedade actual, agora dende a vivencia do 11-S por partedun adolescente galego. Angueira, Aleixandre e Villalta convértenseunha vez máis en voceiros da memoria, ficcionalizando aguerra,oexi-lio e a morte de Franco, nun só aparente paradoxo que xa teño comen-tado en máis dunha ocasión: o de ser as xeracións que non protagani-zaron tales eventos (sobre todo os dous primeiros) as que os rescatenda pozo do esquecemento para os que veñen detrás. E Murado fainoslamentar que se prodigue tan pouco na nosa narrativa cun excelentecontonanosamellor tradicióndenarrativade terrorqueconstitúeunhaevidentehomenaxeaFole.Xaque logo,opasadoeopresentedegan-chetenunvolumequecustodiaamateriaprimacoaque,sendúbida,seconstruiráo futurodanosanarrativa.

dOLORESVILAVEDRa