memoria - usc · 2007. 11. 14. · linmiter. terminoloxía das linguas europeas minoritarias o snl,...

39
MEMORIA DO ANO ACADÉMICO 2002-2003 Servicio de Normalización Lingüística

Upload: others

Post on 19-Feb-2021

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • MEMORIA

    DO ANO ACADÉMICO 2002-2003

    Ser

    vici

    o de

    Nor

    mal

    izac

    ión

    Ling

    üíst

    ica

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    1

    1. O Servicio de Normalización Lingüística……………………………………………… 3

    1.1. Persoal……………………………………………………………………………… 4

    1.2. Infraestructura……………………………………………………………………… 5

    1.2.1. Locais………………………………………………………………………. 5

    1.2.2. Soporte informático………………………………………………………. 5

    1.2.3. Internet…………………………………………………………………….. 6

    1.2.4. Comunicacións……………………………………………………………. 7

    1.2.5. Biblioteca e documentación……………………………………………… 8

    1.3. Relacións con outros organismos……………………………………………….. 8

    1.3.1. Mediante convenios……………………………………………………… 8

    1.3.2. Mediante participación………………………………………………….. 9

    1.3.3. Outros……………………………………………………………………… 11

    1.4. Formación do persoal……………………………………………………………. 12

    1.4.1. Asistencia a congresos e xornadas……………………………………. 12

    1.4.2. Conferencias, cursos e relatorios presentados………………………. 12

    2. Asesoramento lingüístico……………………………………………………………… 14

    2.1. Xeneralidades............................................................................................... 15

    2.2. O Editor de Documentos Administrativos……………………………………… 15

    2.3. Calidade e eficacia no traballo de asesoramento…………………………….. 15

    2.4. Traballo realizado......................................................................................... 16

    2.4.1. Corrección………………………………………………………………… 18

    2.5. Xestión dun tradutor automático………………………………………………… 18

    3. Formación……………………………………………………………………………….. 19

    3.1. Cursos organizados……………………………………………………………… 20

    3.1.1. Dirixidos ó persoal de administración e servicios……………………. 20

    3.1.1.1. Cursos de reciclaxe de lingua galega……………………………. 20

    3.1.2. Dirixidos ós estudiantes………………………………………………… 21

    3.1.2.1. Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación…. 21

    3.1.2.2. Cursos de lingua galega para non galegofalantes……………… 21

    4. Dinamización lingüística………………………………………………………………. 23

    4.1. Datos sobre o uso do galego na docencia………………………………........ 24

    4.2. Inormes proposta sobre teses, memorias e proxectos................................ 24

    4.3. Informe-proposta sobre manuais de informática en galego......................... 25

    Índice xeral

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    2

    4.4. Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC.................................. 25

    4.5. Propostas para estudiantes dos programas de intercambio........................ 26

    4.6. Xestión de queixas lingüísticas.................................................................... 26

    4.7. O Cartafol..................................................................................................... 26

    4.7.1. O Cartafol dixital............................................................................... 26

    4.7.2. O Cartafol en papel.......................................................... ................ 27

    4.8. Actualización e mellora do sitio web do SNL...............………………………. 27

    4.9. Seguimento e apoio das CNL dos centros................................................... 28

    4.10. Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación....... 30

    5. Terminoloxía…………………………………………………………………………… 32

    5.1. O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística)… 33

    5.1.1. Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL…………………….. 34

    5.1.2. Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL……….. 35

    5.2. Elaboración de terminoloxías..........………………….................................... 35

    5.3. Difusión de terminoloxía............................................................................... 36

    5.3.1. Edición do Léxico básico de MIDE.................................................... 36

    5.3.2. O proxecto “Un idioma preciso”......................................................... 36

    5.3.3. A rolda terminolóxica USC-Lexiterm.................................................. 37

    5.4. O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos………………………………………. 37

    5.5. Productos Realiter………………………………………………………………... 37

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    3

    1 O

    Ser

    vici

    o de

    Nor

    mal

    izac

    ión

    Ling

    üíst

    ica

    1.1 Persoal

    1.2 Infraestructura

    1.2.1 Locais

    1.2.2 Soporte informático

    1.2.3 Internet

    1.2.4 Comunicacións

    1.2.5 Biblioteca e documentación

    1.3 Relacións con outros organismos

    1.3.1 Mediante convenios

    1.3.2 Mediante participación

    1.3.3 Outros

    1.4 Formación do persoal

    1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas

    1.4.2 Conferencias cursos e relatorios

    presentados

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    4

    1.1. Persoal O Servicio de Normalización Lingüística (SNL) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) está constituído polas seguintes persoas: • Director

    Manuel C. Núñez Singala

    • Técnicos de Normalización Lingüística Manuel Bermúdez Blanco Xusto A. Rodríguez Río Isabel Vaquero Quintela

    • Bolseiros Concepción Diéguez Diéguez (dende 7-4-03) Leonardo Henrique Fernández Campos María Pilar López Suárez (dende 7-4-03) Sara Pino Ramos (ata 1-1-03) Susana Suárez Recouso Ana Vigo Castromil (dende 7-4-03)

    • Administración Francisco Javier Amigo Pombo

    Para a realización de cursos de lingua galega contouse coa colaboración das seguintes persoas:

    Curso de linguaxe administrativa

    Xosé Ramón López Boullón

    Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

    Mª Soraya Domínguez Portela Xoán Antón Lado Lago Xusto A. Rodríguez Río

    Cursos de Lingua Galega para non galegofalantes

    Mª Carme González Bueno José Portela Varela

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    5

    Xosé Ramón López Boullón Isabel Paños Rodríguez

    Para a realización de léxicos e vocabularios contamos co apoio e a colaboración de:

    Léxico Panlatino de Biotecnoloxía

    Antonio Ballester Álvarez-Pardiñas

    Léxico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

    Feli Barreiro Fernández Esther Martínez Piñeiro Mª José Méndez Lois Xesús Manuel Mosquera Carregal Xosé Rubal Rodríguez

    Vocabulario Panlatino de Hemodinámica

    José Ramón González Juanatey

    Léxico de contratos de comercio internacional Iolanda Galanes Santos Susana Suárez Recouso

    Para o desenvolvemento do Editor de Documentos Administrativos (vid. 2.1) colaboraron connosco Fernando Tabernero Duque María José Dopazo Oubiña 1.2 Infraestructura 1.2.1 Locais O SNL ocupou a zona sur do segundo andar do Colexio de San Xerome durante o primeiro trimestre do curso, a partir do segundo mudouse ó segundo andar da Casa da Balconada, no número 6 da rúa Nova en Santiago de Compostela. Dispón, así mesmo, dun despacho propio nos locais da Vicexerencia do Campus de Lugo. 1.2.2 Soporte informático

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    6

    A infraestructura informática coa que conta na actualidade o SNL é a seguinte: Campus de Lugo Un ordenador tipo PC, S.O. Windows XP Unha impresora láser, branco e negro

    Campus de Santiago Dous ordenadores tipo PC, S.O. Windows XP Cinco ordenadores tipo PC, S.O. Windows 98 Un ordenador tipo Macintosh, S.O MacOs Un ordenador portátil, tipo PC, S.O Windows ME

    Unha impresora a cor, de inxección de tinta Dúas impresoras láser, branco e negro

    Un escáner

    1.2.3 Internet O SNL dispón dunha páxina web propia, aloxada no servidor xeral da USC e que se actualiza con frecuencia. http://www.usc.es/snlus

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    7

    1.2.4 Comunicacións A infraestructura de comunicacións ó dispor do SNL é a seguinte: Para os dous campus existe, desde finais do curso 2000-2001, unha rede interna de uso exclusivo do SNL gracias á cal o Banco de Termos do SNL (véxase máis adiante 5.1) resulta moito máis operativo.

    Campus de Lugo: A extensión telefónica 23582

    Os seguintes enderezos electrónicos:

    Xeral [email protected] SNL.Campus de Lugo Persoal [email protected] Xusto A. Rodríguez Río

    Campus de Santiago Unha liña telefónica externa, o 981528018

    As seguintes extensións telefónicas:

    11312 Manuel Núñez Singala 11309 Isabel Vaquero Quintela 11327 Manuel Bermúdez Blanco 11316 Francisco Javier Amigo Pombo 11364 Leonardo Fernández Campos 11314 Susana Suárez Recouso 11324 Concepción Diéguez Diéguez 11369 Ana Vigo Castromil 11369 María Pilar López Suárez

    Conta, así mesmo, cos seguintes enderezos electrónicos:

    Xerais [email protected] SNL. Campus de Santiago [email protected] Administración Persoais [email protected] Manuel Núñez Singala [email protected] Isabel Vaquero Quintela [email protected] Manuel Bermúdez Blanco

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    8

    [email protected] Fco. Javier Amigo Pombo [email protected] Susana Suárez Recouso [email protected] Concha Diéguez Diéguez [email protected] Ana Vigo Castromil [email protected] María Pilar López Suárez

    1.2.5 Biblioteca e documentación O SNL conta cunha biblioteca constituída por 1 016 volumes especializados en temas de lingüística, ademais dun número indeterminado de revistas. Ofrécese un servicio de empréstito a todas aquelas persoas da comunidade universitaria que estean interesadas. Durante o curso 2002-2003 engadíronse 56 novos volumes á biblioteca, entre exemplares adquiridos e doados por organismos públicos. Tódolos exemplares de libros que forman a biblioteca están convenientemente introducidos nunha base de datos en soporte dixital. O SNL conta así mesmo cun arquivo de documentación de campañas de normalización lingüística, cada un dos ítems correspondentes atópase arquivado nos locais do Servicio e ó mesmo tempo fichado en soporte informático. Disponse igualmente dun arquivo de prensa que se alimenta de noticias relacionadas coa lingua e publicadas nos seguintes medios: La Voz de Galicia El Correo Gallego Galicia Hoxe A Nosa Terra El País 1.3 Relacións con outros organismos 1.3.1 Mediante convenio Dirección Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.

    O SNL ten asinado, dende o ano 1991, un convenio de colaboración coa Dirección Xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    9

    de Galicia, o devandito convenio revísase e actualízase mediante o asinamento dunha addenda anual. En concreto, na addenda para o ano 2002 acórdase a realización de cursos de lingua galega para estudiantes e PAS, a elaboración e/ou edición de traballos terminolóxicos e o soporte de campañas dirixidas á promoción do uso da lingua galega en traballos de investigación. A Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia contribúe cunha achega económica que ascende a 40.400 €. Direction Terminologie et Industries de la Langue. Unión Latina.

    Así mesmo mantéñense dous acordos de cooperación coa Unión Latina, en concreto coa súa Direction Terminologie et Industries de la Langue. O primeiro deles, de ámbito xeral, asínase co obxectivo de levar a cabo accións comúns destinadas ó desenvolvemento de actividades terminolóxicas en Galicia, así como para o intercambio de

    información e documentación no eido da terminoloxía. O segundo, específico, para formalizar a participación do SNL no proxecto LINMITER, un estudio sobre a terminoloxía nas linguas latinas minoritarias en Europa levado a cabo en colaboración coas seguintes institucións: Unión Latina. DTIL. París (Francia) Direcció General de Política Lingüística. Barcelona (España) Servici de la Lengua Occitana. Université Paul Valery. Montpellier (Francia) Centre de Recherches Corses en Lettres e en Sciences Humaines. Université de

    Corse. Córsega (Francia) PAPIROS. Libros in limba sarda. Núoros. Sardeña (Italia) Servisc de Planificazion y Elaborazion di Lingaz Ladin. Institut Cultural Ladin.

    Vigo di Fassa (Italia) Dipartimento di lingue e letterature germaniche e romanze. Università di Udine.

    Udine (Italia) 1.3.2 Mediante participación. O SNL participa e coopera cos seguintes organismos: Realiter. Rede Panlatina de Terminoloxía.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    10

    O SNL forma parte de Realiter desde o ano 1997 e dentro desta rede vén desenvolvendo diversos traballos no eido da terminoloxía en colaboración con outros organismos que a constitúen . Por outra banda, o director técnico do Servicio é membro do Comité de Realiter, como representante da lingua galega nesta rede.

    Linmiter. Terminoloxía das Linguas Europeas Minoritarias

    O SNL, en colaboración coa Unión Latina e co apoio da Comisión das Comunidades Europeas segue colaborando no proxecto LINMITER.

    . AETER. Asociación Española de Terminoloxía

    O SNL é socio fundador da Asociación Española de Terminoloxía e como tal vén participando nas actividades organizadas pola dita asociación.

    Concello de Santiago de Compostela. Comisión de Normalización Lingüística O director técnico do SNL é membro designado pola USC da Comisión de Normalización Lingüística do Concello de Santiago de Compostela, na que vén colaborando desde mediados do ano 2000 na elaboración primeiro e o seguimento despois do Plan Municipal de Normalización Lingüística para a dita entidade local.

    Consello da Cultura Galega. Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade

    Xusto Rodríguez Río e mailo director técnico do Servicio son membros integrantes da Comisión Técnica de Linguaxes de Especialidade do Consello da Cultura Galega. O director do Servicio é o coordinador da devandita Comisión. Durante o curso pasado ambos os dous asistiron a dúas reunións desta comisión, os días 18

    de marzo e 25 de setembro de 2003.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    11

    1.3.3 Outros O SNL mantén intercambios de material e experiencias coas seguintes universidades do estado que posúen servicios lingüísticos: • Universidade da Coruña • Universidade de Vigo • Universidade do País Vasco • Universidade Pública de Navarra • Universitat Autònoma de Barcelona • Universitat d’Alacant • Universitat de Barcelona • Universitat de Girona • Universitat de les Illes Balears • Universitat Jaume I • Universitat de Lleida • Universitat Politècnica de Catalunya • Universitat Pompeu Fabra • Universitat Ramon Llull • Universitat Rovira i Virgili • Universitat de Valencia • Universitat de Vic Mantéñense contactos e colaboracións con organismos involucrados na elaboración de terminoloxía científico-técnica • TERMIGAL. Servicio Galego de Terminoloxía. Galicia • Departamento de Filoloxía Galega e Latina. Universidade de Vigo. Galicia • TERMCAT. Cataluña. • Institut Universitari de Lingüística Aplicada. Universitat Pompeu Fabra. Cataluña • Departamento de Lingüística, Linguas Clássicas e Vernácula. Centro de Estudos

    Lexicais e Terminológicos. Universidade de Brasilia. Brasil • Ass.I.Term. Associazione Italiana per la Terminologia. Roma. Italia • TERMAR. Grupo Argentino de Terminología. Buenos Aires. Arxentina. • Bureau de la Traduction. Direction de la Terminologie et de la Normalisation.

    Travaux Publiques et Services Gouvernamentaux du Canada. Quebec. Canadá. • Office québécois de la langue française. Quebec. Canada. • Université de Paris VIII Existen tamén intercambios de información, material e experiencias con multitude de servicios lingüísticos do país: de concellos, deputacións, audiencias provinciais, da Xunta de Galicia, medios de comunicación… Mantéñense igualmente contactos regulares coa Mesa pola Normalización Lingüística.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    12

    1.4 Formación do persoal 1.4.1 Asistencia a congresos e xornadas ♦ VI Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Outubro de 2002. Santiago de Compostela. Manuel Bermúdez Blanco Manuel Núñez Singala Xusto A. Rodríguez Río 1.4.2 Conferencias, cursos e relatorios presentados ♦ VI Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Outubro de 2002. Santiago de Compostela. Presentación do relatorio “O Plan de Normalización Lingüística da USC”.

    Manuel Núñez Singala

    ♦ VI Encontros para a Normalización Lingüística. Arquivo de Normalización e Planificación Lingüística. Consello da Cultura Galega. Outubro de 2002. Santiago de Compostela. Presentación do relatorio “O estatus laboral e a formación dos traballadores de normalización lingüística”.

    Manuel Bermúdez Blanco

    ♦ Simposio “Léxico e estandarización en Galicia” Instituto da Lingua Galega. Universidade de Santiago de Compostela. Novembro de 2002. Presentación do relatorio “Os préstamos na producción lexicográfica, terminográfica e enciclopédica galega actual”. Xusto A. Rodríguez Río ♦ Curso de iniciación ás actividades dos servicios de normalización. Impartición dos módulos “Que é e como se elabora un plan de normalización lingüística” e “A formación desde un SL: detección de necesidades, planificación de contidos, avaliación de resultados”. Curso organizado pola Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística. 15 e 16 de novembro de 2002. Facultade de Filoloxía. Santiago de Compostela.

    Manuel Núñez Singala ♦ Soziolinguistica y Language Planning. Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin. Centre d'Études Linguistiques pour l'Europe. Urtijei / St. Ulrich / Ortisei (Italia) 12 -14 de decembro de 2002. Presentación do relatorio “Terminologia orientata

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    13

    verso la pianificazione linguistica. L’esperienza dell’Università di Santiago di Compostela”. Manuel Núñez Singala ♦ Soziolinguistica y Language Planning. Servisc de Planificazion y Elaborazion dl Lingaz Ladin. Centre d'Études Linguistiques pour l'Europe. Urtijei / St. Ulrich / Ortisei (Italia) 12 -14 de decembro de 2002. Participación na mesa redonda “Realtà di status planning di varie lingue d'Europa”. Manuel Núñez Singala

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    14

    Responsable da área Manuel Bermúdez Blanco

    2 A

    seso

    ram

    ento

    ling

    üíst

    ico

    2.1 Xeneralidades

    2.2 O Editor de Documentos Administrativos

    2.3 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento

    2.4 Traballo realizado

    2.4.1 Corrección

    2.5 Xestión dun traductor automático.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    15

    2.1 Xeneralidades A área de asesoramento ten como tarefas principais a corrección, o asesoramento puntual e a traducción de documentos. Un técnico actúa como responsable da área e ocúpase da súa coordinación. Tres bolseiros están adscritos especificamente a esta área. 2.2 O Editor de Documentos Administrativos (EDA)

    Durante o período 2002-2003 continuouse coa elaboración dun editor de textos administrativos adaptado especialmente ó contorno da USC. O traballo lévase a cabo en colaboración cos Servicios Informáticos da Universidade. O cambio de imaxe corporativa da USC provocou un atraso considerable na finalización deste proxecto.

    2.3 Calidade e eficacia no traballo de asesoramento Partimos do convencemento de que a corrección no ámbito da normalización lingüística non pode conformarse co obxectivo de paliar os defectos lingüísticos dun texto. A propia actividade correctora ten que ter en si mesmo un carácter formador. Segundo isto, o SNL esixe ós usuarios que presenten textos para corrixir ós que previamente lles fose aplicado un corrector ortográfico. Por outra parte, as correccións de textos en soporte dixital fanse sistematicamente utilizando o CONTROL DE CAMBIOS do procesador de textos, de modo que o usuario non se limite a recibir un texto xa pechado e lle resulte necesario intervir na aceptación dos cambios que desde o SNL se lle suxiren. Con isto conséguese unha maior implicación do usuario no proceso de corrección e ó mesmo tempo unha aprendizaxe lingüística pola súa parte. Unha das obsesións desta área foi a axilización do traballo e o cumprimento dos prazos fixados para a súa realización. A este respecto cómpre dicir que o resultado foi excelente:

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    16

    Antes de

    prazo22%

    Despois de prazo5%

    No prazo previsto

    73%

    Nótese a pequena porcentaxe de atrasos nas entregas dos traballos solicitados e, ó mesmo tempo, a notable cantidade deles que son entregados antes da data fixada para o seu remate. 2.4 Traballo realizado Durante o curso de referencia o SNL procesou un total de 7 682 folios. Destes, 669 corresponden a traduccións, e 7 013 a correccións. Cómpre subliñar que o balance entre traduccións do galego ó español e viceversa está moi equilibrado.

    Traduccións

    Correccións

    0

    1000

    2000

    3000

    4000

    5000

    6000

    7000

    8000

    Grao de cumprimento de prazos

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    17

    2.4.1 Corrección Verbo das correccións realizadas, os datos máis relevantes son os que se mostran nas seguintes gráficas:

    752

    622

    242

    714

    652

    852

    804

    402454

    989

    225

    405

    0

    100

    200

    300

    400

    500

    600

    700

    800

    900

    1000

    3760

    14951758

    0

    500

    1000

    1500

    2000

    2500

    3000

    3500

    4000

    Alumnado Profesorado PAS

    C1

    Volume mensual de páxinas corrixidas

    Distribución de páxinas corrixidas por colectivos

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    18

    3837

    3176

    Linguaxe específicaLinguaxe xeral

    2.5 Xestión dun traductor automático. Durante o período de referencia fixéronse intensas xestións para a contratación dun tradutor automático. Das dúas posibles opcións, o tradutor TRADUZA da empresa Dimensiona e o traductor ESGA da Xunta de Galicia, optouse por este último dadas a gratuidade do seu uso ofrecida pola Dirección Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.

    Distribución de páxinas corrixidas segundo o

    tipo de linguaxe

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    19

    Responsable da área Manuel Núñez Singala

    3 Fo

    rmac

    ión

    3.1 Cursos organizados

    3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e

    servicios

    3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega

    3.1.2 Dirixidos ós estudiantes

    3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de

    traballos de investigación

    3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non

    galegofalantes

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    20

    3.1 Cursos organizados Durante o curso 2002-2003 o Servicio de Normalización Lingüística organizou un total de 9 cursos relacionados coa lingua, coa seguinte distribución: 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel elemental 2 cursos de lingua galega para non galegofalantes, do nivel de competencia 1 cursos de lingua galega, de reciclaxe 4 cursos de redacción e deseño de traballos de investigación

    Por campus, a distribución foi a seguinte: Campus de Santiago de Compostela: 5 cursos Campus de Lugo: 4 cursos

    O número total de estudiantes matriculados nos cursos do SNL foi de 124 persoas, das cales 72 realizaron os cursos no Campus de Santiago e 52 no Campus de Lugo. 3.1.1 Dirixidos ó persoal de administración e servicios Os cursos orientados ó persoal de administración e servicios (PAS) organízanse conxuntamente co Servicio de Planificación e Programación de PAS. Cómpre facer notar que durante o presente curso o dito Servicio orientou gran parte dos seus esforzos cara a cursos dirixidos á preparación do PAS de cara a concursos de promoción interna, de xeito que houbo un acusado descenso de cursos relacionados coa lingua. 3.1.1.1 Cursos de reciclaxe de lingua galega Estes cursos diríxense a todas aquelas persoas que, posuíndo uns coñecementos previos de lingua galega, desexen actualizalos. Durante o ano de referencia tivo lugar un único curso deste tipo, de trinta horas de duración, no campus de Santiago. O número de asistentes a este curso foi de 16 persoas.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    21

    3.1.2 Dirixidos ós estudiantes 3.1.2.1 Cursos de redacción e deseño de traballos de investigación Estes cursos diríxense preferentemente a todos aqueles estudiantes que estean elaborando ou pensen redactar no futuro un traballo de investigación. Son un complemento ás axudas para a redacción e defensa en lingua galega de teses de doutoramento, memorias de licenciatura e proxectos de fin de carreira (véxase máis adiante 4.5) Estes cursos presentan, a partir do ano académico de referencia dúas importantes novidades: amplían a súa duración desde as 16 horas habituais ata as 30 horas lectivas, e tamén computan un crédito de lilbre configuración. Durante o curso de referencia realizáronse catro cursos, cun total de 50 matriculados. Dous dos cursos tiveron lugar no campus de Compostela e outros dous no campus de Lugo. 3.1.2.2 Cursos de lingua galega para non galegofalantes Organízanse en dous niveis, un nivel elemental, dirixido a persoas con nulos ou moi escasos coñecementos de lingua galega; e un nivel de competencia, orientado a aqueles que, cando menos, sexan capaces de expresarse nesta lingua. Os cursos teñen unha duración de oitenta horas, e ocupan a totalidade do ano académico, de novembro a xuño. Durante o período de referencia tiveron lugar catro cursos: dous deles do nivel elemental, un no campus de Lugo e outro no campus de Santiago; e outros dous do nivel de competencia, nos campus de Santiago e de Lugo igualmente. O total de matriculados nestes cursos foi de 58 persoas: 34 no nivel elemental e 24 no de competencia. Por primeira vez, nesta edición dos cursos, cada un deles computou cinco créditos de libre configuración. A procedencia dos matriculados nestes cursos é a que se mostra na seguinte gráfica:

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    22

    Galicia

    Estado Español

    Alemaña

    Arxentina

    CanadáChile

    Colombia

    Francia

    Italia

    Marrocos

    MéxicoPortugal

    SueciaSuíza

    Verbo da procedencia daqueles estudiantes doutras comunidades autónomas, o resultado é o seguinte:

    Andalucía

    Aragón

    AsturiasCanarias

    Cantabria

    Castilla-La Mancha

    Castilla-León

    Cataluña

    ExtremaduraIllas Baleares

    La Rioja

    Madrid

    MurciaPaís Vasco

    Valencia

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    23

    Responsable da área Isabel Vaquero Quintela

    4 D

    inam

    izac

    ión

    lingü

    ístic

    a

    4.1 Datos sobre o uso do galego na docencia

    4.2 Informes-proposta sobre teses, memorias e

    proxectos

    4.3 Informe-proposta sobre manuais de informática en

    galego

    4.4 Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC

    4.5. Proposta para dar a coñecer a realidade lingüística

    da USC ós estudiantes dos programas de

    intercambio

    4.6 Xestión de queixas lingüísticas

    4.7 O Cartafol

    4.7.1 O Cartafol dixital

    4.7.2 O Cartafol en papel

    4.8 Actualización e mellora do sitio web do SNL

    4.9 Seguimento e apoio das comisións de normalización

    lingüística dos centros

    4.10 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de

    investigación

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    24

    4.1 Datos sobre o uso do galego na docencia As xestións realizadas nos cursos anteriores perante o Vicerrectorado de Ordenación Académica para contar con datos actualizados anualmente sobre o uso do galego na docencia, deron por fin o seu froito. En novembro de 2002 o vicerrector confirma que na nova aplicación informática que se construíu para xestionar o Programa de Docencia Anual (PDA)1 se recolleran os ítems sobre o idioma que solicitaramos. En maio e xuño, tras un primeiro achegamento ó funcionamento da base de datos, e unha serie de propostas, solicítase en setembro unha serie de consultas, e o 17 de setembro remítesenos unha folla de cálculo cos datos en bruto para analizar, o que se fará no primeiro trimestre do curso 2003-2004. Sen embargo, xa hai uns primeiros datos xerais moi ilustrativos:

    1. Do total de 482.485,48 horas lectivas que se imparten na docencia das diferentes titulacións da USC, 382.320,27 horas son en castelán e 100.525,21 horas, en galego (o 79,2% e o 20,8%, respectivamente).

    2. O uso do idioma varía segundo o carácter das horas lectivas: o 23,7% das horas de teoría impártense en galego; o 29,6% das prácticas, e o 12,7% das horas de laboratorio.

    3. Non hai diferencias significativas por sexo: o 21,88% dos homes e o 19,31% das mulleres dan clases en galego.

    4. Hai diferencias significativas segundo a categoría profesional e segundo o profesorado imparta clases en escolas universitarias ou en facultades.

    4.2 Informes-proposta sobre teses, memorias e proxectos A principios de ano constatouse que as dúas unidades de xestión académica de Santiago seguían métodos diferentes para recoller os datos de usos lingüísticos neste tipo de traballos, e que na de Lugo, nin se recollían, polo que se elaborou un informe-proposta co obxectivo de acadar coherencia e globalidade nos datos, que se lles presentou ós responsables das UXA e ó secretario xeral adxunto. A proposta foi aceptada, polo que estes datos se recolleran nunha ficha única e nas tres UXA.

    1 O PDA recolle previsións en canto a diversos aspectos –neste caso, tamén o idioma- para a docencia do curso seguinte.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    25

    Por outra banda, elaborouse un informe verbo dos traballos de investigación básica que contempla na actualidade os estudios de terceiro ciclo, e mais sobre a evolución do uso do galego en teses, memorias e proxectos. Como conclusión, proponse ampliar a campaña de axudas ó uso do galego nos traballos de investigación tutelados (TIT) e mellorar a difusión destas axudas. Finalmente, tívose coñecemento de que no Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF) estaban a esixirlles ós doutorandos que redactan a súa tese en galego, á hora de depositala, que entregasen un documento asinado polo seu director no que se garantise que todos os membros do tribunal entendían o idioma. Dende a Área elaborouse un informe-proposta recomendando a eliminación do dito requisito, que se lles presentou ó vicerrector de Terceiro Ciclo e Extensión Docente e ó secretario xeral. A dita proposta foi aceptada, e trasladada á Comisión do Terceiro Ciclo, onde foi aprobada. 4.3 Informe-proposta sobre manuais de informática en galego En marzo presentóuselle un informe ó xerente da USC, recomendando a adopción dos manuais de informática en galego elaborados polo persoal que imparte os cursos de informática integrados no programa de formación de PAS, como material didáctico propio destes cursos, e que se faga unha distribución dos manuais nos diversos servicios de PAS, para utilizar como fontes de consulta. A proposta foi moi ben acollida polo daquela xerente, o Sr. Portomeñe, quen fixo xestións para integralos nun proxecto de formación a través de Internet que se estaba xestando xunto coa Aula de Produtos Lácteos do Campus de Lugo. 4.4 Informe-proposta sobre as novas titulacións da USC A ampliación da oferta da USC en catro novas titulacións que se comezarán a impartir no curso 2003-2004, así como a renovación do plan de estudios de Dereito, motivou a presentación dun informe-proposta perante o Vicerrectorado de Ordenación Académica co obxectivo de aproveitar a oportunidade para promover o uso da lingua na docencia, con base no Plan Estratéxico e no Plan de Normalización Lingüística. Nunha entrevista co vicerrector con tal motivo, acórdase varias medidas inmediatas e outras para o vindeiro curso académico (elaborar unha proposta para a edición de material didáctico en galego e outra sobre a promoción do galego na docencia, coas medidas contempladas no PNL –contratos-programa, selección do profesorado, etc.- para poñer a andar no curso 2004-2005. Como resultados inmediatos, envíaselle o 17 de xuño un correo electrónico dirixido a todo o profesorado lembrando a obriga de que os programas das materias se fagan en galego e informando sobre ferramentas de apoio ó uso do galego. Ademais, o informe-

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    26

    proposta dirixido ó vicerrector envíaselle, parcialmente modificado ó secretario xeral, ós decanos e directores dos centros e a tódolos membros das comisións de normalización lingüística. 4.5 Proposta para dar a coñecer a realidade lingüistica da USC ós estudiantes dos programas de intercambio O 22 de maio, nunha entrevista co vicerrector de Comunicación e Proxección Exterior, preséntaselle unha proposta para que os estudiantes que veñan á USC dende o estranxeiro, como froito dos programas de intercambio, poidan coñecer previamente a situación lingüística da USC e de Galicia mediante o envío dun díptico informativo. O obxectivo é sensibilizalos favorablemente cara ó noso idioma e que poidan coñecer os recursos con que contan á hora de comprender e falar galego, mesmo antes da súa incorporación á USC. A proposta é acollida moi favorablemente polo vicerrector, quen recomenda coordinación co responsable do Servicio de Relacións Exteriores, sen que ata o momento se teña ningún contacto con el. 4.6 Xestión de queixas lingüísticas As principais xestións refírense ás queixas polo idioma en que se ofrecía información dende os puntos de información universitaria (PIU), polo uso dun topónimo deturpado nunha carta do rector que acompañaba a tarxeta de identificación universitaria, e polo web da Facultade de Dereito, aparecido en setembro de 2003, soamente en castelán. No primeiro e no segundo caso, ademais de responder a cada unha delas para comunicarlles que se iniciaba a xestión da queixa, trasladáronse estas diante do secretario xeral da USC. No caso dos PIU, procedeuse á traducción e posta en liña da información en galego como contido por defecto; no caso da carta, o rector trasladou as súas desculpas á profesora en cuestión. No caso do web de Dereito, os acontecementos precipitáronse antes de poder tomar algunha iniciativa na Área: houbo unha pregunta ó respecto no Consello de Goberno do 23 de setembro que propiciou as explicacións pertinentes por parte da decana do centro e do rector, e na actualidade os membros da comisión de normalización lingüistica de Dereito están procedendo á tradución dos contidos do web para a súa posta en liña. 4.7 O Cartafol 4.7.1 O Cartafol dixital

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    27

    Durante o curso 2002-2003 O Cartafol dixital bota a andar, por fin, de maneira estable: a área planificou, coordinou e elaborou os números 2-3-4-5-6-7-8. En total, máis de 50 artigos publicados na sección “Con creto”, destinada preferentemente a informar das iniciativas verbo da normalización lingüística na USC, e os correspondentes nas seccións “Pasa a folla”, e “¿Sabías que...?”, así como información breve na “Axenda” e no “Ruxe-ruxe”. Para difundir a publicación de cada número utilízase a rolda propia da Universidade de Santiago de Compostela, USC-Difusión, que con case 6.000 subscritores fai chegar a información puntualmente a todo o persoal docente e investigador e a todo o PAS, así como numeroso alumnado. Ademais, dende a Área de Dinamización elaborouse unha lista de difusión para o Cartafol dixital, con mensaxes tamén en inglés: asociacions, centros de referencia, medios de comunicación, servicios lgcos. e de normalizacion de dentro e de fóra de Galicia... En total, 210 subscritores, algúns dos cales serven como axentes indirectos de difusión no resto da sociedade. No pasado mes de xullo solicitóuselle á Área das TIC as estatísticas de accesos ó web do Cartafol dixital, pois non constan dentro das estatísticas xerais -por contar con subdominio propio-, sen que dispoñamos delas ata o momento. 4.7.2 O Cartafol en papel Planificouse, elaborouse, coordinouse e difundiuse os números 27, 28, 29 da versión en papel de O Cartafol, que consta de contidos diferentes ós da versión dixital. Faise unha tiraxe de 4.000 exemplares que se difunden practicamente na súa totalidade na USC, a través dos diferentes centros, departamentos e servicios. Dende a Área elaborouse unha relación de centros ós que se lles fai un reparto proporcionado ó número de lectores potenciais en cada un deles. Así dende o SNL faise un total de 62 envíos diferentes, que reparten case 3.900 exemplares en toda a Universidade (anexo). 4.8 Actualización e mellora do sitio web do SNL O sitio web do SNL segue unha liña continua de actualización e mellora. En concreto, e como principais modificacións do curso 2002-2003, cómpre citar as incorporacións que se citan a seguir:

    • O Plan de Normalización Lingüística. • Novos vocabularios: Vocabulario de Química, Glosario Panlatino de Internet • Información sobre os concursos de deseño gráfico (vid. apdo.) • Memoria de actividades do SNL no curso 2001-2002 • Axudas concedidas en 2002 a teses, memorias de licenciatura e proxectos de fin

    de carreira en galego

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    28

    Ademais, actualizouse a información sobre o SNL trala mudanza, sobre as axudas ós traballos de investigación para 2003, sobre as comisións de normalización lgca., así como as ligazóns. Por outra banda, fíxose un seguimento das estatísticas de acceso do web do SNL no conxunto da USC; segundo estas,

    • O web do SNL é un dos sitios de servicios máis visitados dentro da USC, precedido polo Centro de Posgrao, Terceiro Ciclo e Formación Continua (CPTF), e polo COIE (Centro de Orientación e Información ó Estudiante).

    • Ó longo do curso pasado a páxina máis visitada do sitio tivo un mínimo de 655 accesos.

    • As páxinas que máis interese espertaron son: vocabularios, axudas á investigación en galego, comisións de normalización, plan de normalización, concursos de deseño e ligazóns.

    • Existe unha clara relación entre actualización ou incorporación de páxinas web, difusión destas (a través da rolda da USC, do Cartafol, etc.) e incremento dos accesos ás páxinas.

    A cada vez maior complexidade do web, que resulta difícil de manter e xestionar por unha soa persoa, como ata a actualidade, aconsellou elaborar unha proposta de reestructuración do web, tanto en canto á xestión de contidos como, parcialmente, en canto ós propios contidos. A proposta aprobada polo SNL contempla unha descentralización do web polas áreas en que funciona, e botarase a andar no vindeiro curso 2003-2004. 4.9 Seguimento e apoio das comisións de normalizacion ingüística (CNL) dos centros Durante o primeiro trimestre do curso fixéronse pesquisas para contar cun censo das cnl existentes e actualizar os seus datos. Durante todo o curso foise realizando un seguimento e brindnado apoio ó funcionamento das existentes, e asesorando ás de nova creación. Cómpre indicar que o xurdimento de novas cnl se viu estimulado pola recomendación realizada pola Secretaría Xeral neste senso ós decanatos e direccións dos centros, seguindo o Plan de Normalización Lingüística. O 23 de xaneiro de 2003, baixo a convocatoria do secretario xeral ás dez comisións existentes daquela, celebrouse unha reunión de coordinación das cnl. Asistiron os representantes das cnl de: Dereito Escola Politécnica Superior Física Bioloxía

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    29

    CC. da Educación Psicoloxía Matemáticas Xeografía e Historia Así mesmo, asistiron representantes doutros centros interesados en montar cnl nos seus centros, buscando información. Na reunión, o secretario xeral explicou a necesidade de incardinar o traballo das cnl dentro do Plan de Normalización Lingüística; fíxose un repaso das actividades das cnl no anterior curso académico e algunhas presentaron os seus proxectos para o curso 2002-03. Explicáronse os termos do convenio de colaboración coa Xunta en materia de normalización lingüística, para que as cnl presenten solicitudes de financiamento ás súas actividades. Con este gallo abriuse un prazo para a presentación de proxectos e solicitudes de financiamento, para o cal a Área de Dinamización elaborou un formulario-tipo. En total presentaron proxectos as seguintes cnl:

    • CNL de Psicoloxía, para a edición dunha revista e para a organización dun curso de actualización de páxinas web docentes.

    • CNL de Bioloxía, para a realización dun concurso de deseño que dea a coñecer a existencia da comisión.

    • CNL da Escola Politécnica, para a publicación duns minivocabularios de botánica e de construcción.

    • CNL de Medicina, para a constitución dun equipo que elabore un Vocabulario de termos médico-cirúrxicos.

    Por outra banda, a Área de Dinamización organizou un concurso para toda a USC co obxectivo de dotar dun logotipo común ás cnl, de xeito que lles dea unidade ás súas accións no marco da USC. O logotipo vaise usar para cada comisión en particular, personalizado, e tamén para actuacións conxuntas de todas elas, e plasmarase en soportes variados e de diferentes dimensións. Organizouse unha exposición cos traballos presentados, que foi inaugurada o 10 de xuño no Claustro da Facultade de Xeografía e Historia, onde ficou ata finalizar o mes. A Área de Dinamización creou unha lista electrónica con todos os membros das cnl existentes, co obxecto de facilitar o intercambio de iniciativas, así como manter permanentemente informadas e apoiadas as cnl. Neste labor de apoio das súas iniciativas, cómpre salientar: Escola Politécnica Superior

    • Exposición e ciclo de conferencias conmemorativas dos 80 anos da creación do Seminario de Estudos Galegos (novembro) • Reparto de carteis, dípticos e adhesivos de difusión da cnl

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    30

    • Posta en marcha dunha caixa de suxestións para a cnl • Elaboración de minivocabularios

    Facultade de Química

    • Presentación do Vocabulario na Facultade de Química en outubro, mediante unha táboa redonda na que participou a técnica da Área de Dinamización. • Presentación do Vocabulario na Fac. de Ciencias de Lugo o 21 de novembro • Presentación do Vocabulario no Congreso de ENCIGA (Ensinantes de Ciencia de

    Galicia, onde hai unha nutrida representación de químicos docentes no ensino secundario) do 21 ó 23 de novembro en Verín

    Facultade de Psicoloxía

    • Elaboración e difusión de modelos de documentos de uso frecuente en disquete para facilitar o uso do galego entre o profesorado. A Área encargouse da corrección lingüística e de deseño de quince modelos de documentos, da personalización destes para 78 profesores (= 1.170 páxinas), e da gravación de cadanseu disquete para a totalidade do profesorado. • Apoio e asesoramento para a organización do curso de actualización de páxinas

    web docentes en galego que se celebrará, finalmente, en outubro-novembro de 2003. Facultade de Bioloxía • Organización do concurso de deseño gráfico para a campaña de presentación da cnl:

    elaboración das bases do concurso, edición dos dípticos e carteis de difusión, elaboración de notas de prensa para os medios.

    • Elaboración dos borradores dos textos para os dípticos informativos da cnl. • Elaboración da primeira parte do estudio-diagnóstico sobre a Facultade. • Asesoramento sobre o enfoque dos posibles traballos terminolóxicos. Facultade de Medicina • Asesoramento sobre o enfoque do traballo terminolóxico en curso (o vocabulario de

    termos médico-cirúrxicos, a traducción ó galego da nómina anatómica) Facultade de Dereito • Elaboración da primeira parte do estudio-diagnóstico sobre a Facultade. 4.10 Campañas de apoio ó uso do galego en traballos de investigación Dende o ano 1993 o SNL mantén unha campaña de apoio lingüístico e económico para a promoción do uso do galego nas teses de doutoramento. Unha campaña similar, dirixida ás memorias de licenciatura mantense desde o ano 1994. E desde o ano 1996 funciona unha dirixida ós proxectos de fin de carreira. Durante o curso de referencia está en estudio a posibilidade de ampliar esta liña de axudas ós traballos de investigación tutelados.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    31

    Durante o ano 2002 beneficiáronse destes programas: • 10 teses de doutoramento • 8 memorias de licenciatura • 69 proxectos de fin de carreira

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    32

    Responsable da área Xusto A. Rodríguez Río

    5 Te

    rmin

    olox

    ía

    5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de

    Normalización Lingüística)

    5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no

    BD_SNL

    5.1.2 Depuración e revisión da información

    recollida no BD_SNL

    5.2 Elaboración de terminoloxías

    5.3 Difusión de terminoloxía

    5.3.1 Edición do Léxico básico de Métodos de

    Investigación e Diagnóstico en Educación

    5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso”

    5.3.3 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm 5.4 O Rexistro de Proxectos Terminolóxicos

    5.5 Productos Realiter

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    33

    5.1 O BD_SNL (Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística) O Banco de termos do Servicio de Normalización Lingüística créase para, por unha banda aglutinar a información terminográfica xerada polo Servicio e, por outra, harmonizar e racionalizar este labor.

    Trátase dun repertorio de termos que comezou nutríndose das fichas terminolóxicas elaboradas puntualmente, case sempre como solución a problemas concretos xurdidos do traballo de asesoramento, pero ó que se lle irán engadindo pouco a pouco os traballos de terminoloxía sistemática xa levados a cabo polo Servicio ou outras entidades. En principio é unha ferramenta de traballo só para uso interior, dispoñible unicamente dentro da rede telemática interna do SNL. Durante o curso de referencia continuouse coa ampliación e depuración dos seus datos e comezouse a estudiar a posibilidade de permitir a súa consulta a través do web ós usuarios do dominio usc.es. Arestora conta con máis de 90 000 rexistros.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    34

    5.1.1 Inclusión de fontes terminográficas no BD_SNL O Banco, tal e como se indicou arriba, foi aumentado coa inclusión de diversas fontes terminográficas. Ás obras que xa incluía: • As fichas que sobre problemas terminolóxicos puntuais se realizan no SNL,

    normalmente asociadas ó traballo de asesoramento lingüístico. • A producción terminográfica do SNL (excepto 131 termos clave en educación

    social, que polas súas especiais características está máis preto dun traballo enciclopédico ca terminográfico)

    - Léxico editorial - Vocabulario de historia - Vocabulario de matemáticas - Léxico de arqueoloxía - Léxico de xeografía - Glosario de orientación escolar e profesional

    • Outros traballos terminográficos que xulgamos especialmente interesantes, ben por seren accesibles en versión dixital, ou por centrarse en especialidades sobre as que a área de asesoramento debe traballar con moita frecuencia: - Vocabulario de informática - Léxico de urbanismo, construcción e arquitectura - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘bioloxía’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘botánica’) - Vocabulario de ciencias naturais (sección de ‘xeoloxía’)

    • O Vocabulario ortográfico do idioma galego (VOLG) • Vocabulario das ciencias naturais, Santiago, Xunta de Galicia, 1991 • “Glosario de termos administrativos e fraseoloxía” , en Mellorando os servicios,

    volume B, Santiago, USC, 1997 • Vocabulario do medio agrícola, Santiago, Xunta de Galicia, 1988 • Vocabulario de química, Santiago, USC, 2002 • Diccionario castellano-catalán-euskera-gallego de bioquímica clínica, Barcelona,

    SEQC, 1997 • Diccionario de biología y patología moleculares, Barcelona, SEQC, 1997 • Léxico panlatino de Internet, Realiter, 2001 • Vocabulario terminolóxico trilingüe das artes gráficas, Vigo, Universidade de

    Vigo, 2002 Engadíronselle durante este curso • Vocabulario de música e espectáculos, Santiago, Xunta de Galicia, 1988 • Manual básico de economía en galego, A Coruña, La Voz de Galicia, 1988 • Léxico do medio (GL-ES-FR-EN-CT), Barcelona, Unión Latina-Termcat, 2002 • Léxico básico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Santiago

    de Compostela, Servicio de Normalización Lingüística, USC, 2002

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    35

    5.1.2 Depuración e revisión da información recollida no BD_SNL A introducción de novos repertorios obriga a realizar continuamente un traballo de depuración e actualización da información recollida no Banco de termos, para evitar as redundancias ou as contradiccións que poidan existir e completando fichas que non recollan toda a información imprescindible. Este traballo, aínda en curso, pretende mellorar a calidade da información que se contén nel a través de tres accións: • Completando as fichas incompletas ou que propoñen solucións que hoxe se

    consideran inadecuadas. • Refundindo as fichas repetidas, elaborando unha nova que recolla a información que

    figura repartida en varias ou que homoxeneice propostas contradictorias. • Eliminando fichas que se consideren non-pertinentes, na maioría dos casos por non

    remitiren a conceptos especializados. 5.2 Elaboración de terminoloxías Durante o curso 2002-2003 continuouse co traballo de elaboración dos repertorios terminográficos citados na memoria do 2001-2002, titulados provisionalmente Vocabulario de especies ornamentais, Vocabulario de morfoloxía externa, anatomía e histoloxía veterinaria e Vocabulario do cine. Ademais, puxéronse en marcha tres novos proxectos terminográficos:

    • “Termos esenciais de botánica” (a raíz dunha proposta da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior)

    • “Vocabulario xeral de medicina” (en colaboración cun equipo de especialistas

    formado por estudiantes e docentes desa Facultade) • “Léxico de mecánica clásica e cuántica” (en colaboración con profesorado da

    Facultade de Física)

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    36

    5.3 Difusión de terminoloxía 5.3.1 Edición do Léxico básico de Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación

    Durante o curso de referencia foi editado e distribuído o Léxico básico de Métodos de Investigación de Diágnóstico en Educación, sétimo título da colección “Léxicos básicos” pomovida polo Servicio. O volume foi coordinado polo profesor Xosé Rubal Rodgríguez, colaboraron con el Feli Barreiro Fernández, Esther Martínez Piñeiro e Mª José Méndez Lois e contou co asesoramento lingüístico de Xesús Manuel Mosquera Carregal, do Servicio de Normalización Lingüística.

    5.3.2 O proxecto “Un idioma preciso” Desde novembro do pasado ano a Área de Linguaxes de Especialidade mantén no web de Canalciencia.com unha sección titulada Un idioma preciso, na que se comentan casos

    dubidosos de utilización da terminoloxía técnica en galego, divulgando e propoñendo para o debate alternativas que desde o SNL se consideran de mellor calidade lingüística. Para fomentar ese debate, mantense tamén un foro, no que calquera persoa pode manifestar a súa opinión sobre o que alí se manifesta, formular consultas ou comentarios propios sobre outros casos conflictivos.

    A finais do curso 2003, levábanse publicados 17 artigos (aproximadamente un cada dúas semanas) sobre termos como humedal, screening, musgo, púlsar, mobbing, feedback... e o índice mensual de visitas foi medrando ata chegar a 500 persoas no mes de setembro.

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    37

    5.3.4 A rolda terminolóxica USC-Lexiterm Na mesma liña de fomentar a difusión e o debate sobre a terminoloxía galega, neste caso especialmente dentro da comunidade da USC, a Área de Linguaxes de Especialidade creou en maio deste ano a rolda terminolóxica USC-Lexiterm.

    A ela pode subscribirse calquera persoa (actualmente conta con 139 membros) e serve para difundir información de repertorios terminográficos existentes en galego ou noutras linguas que poidan ser de interese, como fonte de consulta de dúbidas terminolóxicas puntuais e como foro das propostas de termos que se ofrecen como solución a algunhas das dúbidas que se formulan. Ó Servicio de Normalización Lingüística élle unha ferramenta moi útil, pois permítelle probar nun contorno “controlado” a receptividade que os especialistas de diversas áreas temáticas amosan perante determinadas propostas, antes de comezar a difundilas a través da documentación que se produce ou que se asesora. Nos cinco meses que leva activa, cruzáronse nela unhas 200 mensaxes, e debatéronse termos como sementeira a chorrillo, legajo, servidumbre de paso, cableado, etc. 5.4 O Rexistro de proxectos terminolóxicos Séguese mantendo activo o Rexistro de proxectos terminolóxicos que se creou durante o curso 2001-2002. Actualmente recóllense 14 proxectos 5.5 Productos Realiter O SNL forma parte da Rede Panlatina de Terminoloxía, e como tal participa na elaboración dos equivalentes en lingua galega dos glosarios, léxicos e vocabularios multilingües promovidos pola dita rede. Durante o curso 2002-2003 colaborouse na realización dos seguintes productos:

  • Memoria do Servicio de Normalización Lingüística. Curso 2002-2003

    38

    ♦ Glosario panlatino de biotecnoloxía: Mellora xenética de plantas e cultivo de tecidos, promovido polo Centro LexTerm, da Universidade de Brasilia. ♦ Glosario panlatino das normas ISO de terminoloxía, promovido por TERMAR, Grupo Argentino de Terminología. ♦ Vocabulario panlatino de hemodinámica, promovido pola Associazione Italiana pera la Terminologia. ♦ Léxico panlatino de contratos de comercio internacional, promovido pola Universidade de París VIII.