memoria

15
A memoria

Upload: telecocurso1

Post on 15-Jun-2015

119 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Nesta presentación brevemente se define a memoria e a súa clasificación, así como se dan consellos xerais para estudantes.

TRANSCRIPT

Page 1: Memoria

A memoria

Page 2: Memoria

Índice

• Que é a memoria?

• Modelo de almacenamento múltiple da memoria.

– Memoria sensorial.

– Memoria a curto prazo.

– Memoria a longo prazo.

• Organización da memoria.

• Consellos para estudiantes.

Page 3: Memoria

Que é a memoria?

• Conxunto de procesos que se usan para adquirir, almacenar, reter e

posteriormente recuperar, a información. Podemos considerar tres

procesos principais: codificación, almacenamento e recuperación.

• Coa fin de crear novos recordos, a información debe procesarse, e

isto é o que se coñece como codificación. Cando a información foi

codificada correctamente, ten que ser almacenada na memoria para

o seu posterior uso. Non somos conscientes da maior parte desta

memoria almacenada, ata que necesitamos empregala. O proceso

de recuperación permite levar eses recordos almacenados á nosa

mente consciente.

Page 4: Memoria

Modelo de almacenamento

múltiple da memoria

• Proposto por Atkinson e Shiffrin en 1968.

• Tres “almacéns” para a memoria:

– Memoria sensorial.

– Memoria a curto prazo.

– Memoria a longo prazo.

Page 5: Memoria

Modelo de almacenamento

múltiple da memoria

• Memoria sensorial:

Durante esta etapa, a información sensorial obtida do entorno é

almacenada durante un breve período de tempo, xeralmente durante

non máis de medio segundo para a información visual, e tres ou catro

segundos para a información sonora.

Só prestamos atención a certos contidos desta memoria sensorial,

permitindo que esta información pase ao seguinte nivel: a memoria a

curto prazo.

Page 6: Memoria

Modelo de almacenamento

múltiple da memoria

• Memoria a curto prazo:

Información da que somos conscientes no momento presente no que

pensamos. Para Freud, a mente consciente.

Poñendo atención á información da memoria sensorial, xeramos a

información a curto prazo. A maior parte da información almacenada

na memoria activa manterase presente ata pasados entre vinte e trinta

segundos.

Mentres que algúns dos nosos recordos a curto prazo son rapidamente

esquecidos, ter en conta esta información permite que chegue ata a

seguinte etapa, a memoria a longo prazo.

Page 7: Memoria

Modelo de almacenamento

múltiple da memoria

• Memoria a longo prazo:

Almacenamento continuado da información. En termos de Freud, sería

o inconsciente.

Esta información reside fóra da nosa conciencia, pero pode chamarse

dende a memoria activa para ser empregada cando se precisa.

Parte desta información é sinxela de recuperar, mentres que outros

recordos son moito máis difíciles de atopar.

Page 8: Memoria

Organización da memoria

• A habilidade para acceder e recuperar a información da

memoria a longo prazo permítenos empregar eses

recordos para tomar decisións, interactuar con outras

persoas e resolver problemas. Pero como se organiza a

información na memoria? A forma precisa non é de todo

coñecida, pero os investigadores saben que eses

recordos están distribuídos en grupos.

• O agrupamento é empregado para organizar

información relacionada en grupos. Deste xeito é máis

doado lembrala.

Page 9: Memoria

Organización da memoria

• Exemplo: memorizando a lista de palabras (escritorio,

mazá, vermello, mesa, verde, piña, sofá, rosado,

cadeira, pexego, amarelo), o método xeralmente máis

eficaz é a clasificación en grupos de características

comúns:

• Escritorio, mazá, vermello, mesa, verde, piña, sofá,

rosado, cadeira, pexego, amarelo.

• Os grupos son mobles, froitas e cores.

Page 10: Memoria

Organización da memoria

• Teoría sobre a organización da memoria: modelo de

rede semántica.

• Suxire que certos desencadeantes activan recordos

asociados.

• A lembranza dun determinado lugar pode activar

recordos sobre acontecementos que sucederon nese

sitio. Por exemplo:pensar nun edificio concreto da túa

universidade probablemente active recordos de con

quen estiveches nese lugar, ou para que fuches alí,

etc...

Page 11: Memoria

Consellos para estudantes

Consellos para transferir a información dende a memoria a

curto prazo ata a memoria a longo prazo:

• Repasa por enriba o que aprendiches na clase xusto

cando esta remata.

• Fala da clase con outros compañeiros, para intercambiar

puntos de vista.

• Completa os teus apuntamentos con contidos externos,

preferiblemente o mesmo día que recibes a clase.

• Explícalle eses contidos, aos teus pais, ás túas

mascotas...

• Repasa os teus apuntamentos antes dunha clase.

Page 12: Memoria

Consellos para estudantes

Técnicas para lembrar mellor a información:

• Asociación: relaciona os novos contidos cos que xa

coñeces. Unha idea illada é difícil de lembrar. Se atopas

algo que se lle pareza, aprenderalo máis facilmente.

• Visualización: organiza a información nunha firme e

clara imaxe mental. Por exemplo, falando de épocas

históricas, imaxina unha escena que inclúa a vestimenta

e accións típicas dese instante histórico.

Page 13: Memoria

Consellos para estudantes

Técnicas para lembrar mellor a información:

• Regras mnemotécnicas.

• Poemas ou rimas.

• Repaso e emprego da información: planificar pequenas

sesións de estudo, en vez de maratóns, nas que a

maiores de estudar algo novo repases rapidamente o

que xa sabes, mellora a retención da información.

Page 14: Memoria

Consellos para estudantes

Ensaiando discursos e presentacións:

• Divide o posible discurso en anacos dun ou dous minutos.

• Prepara notas que referencien o tema do segmento, pero pensa en

expoñelo de memoria.

• Practica o discurso, revisando as notas para comprobar que se

expoñen tódolos segmentos, ata que se trate á perfección e enteiro.

Practícao algunhas veces máis.

• O día da presentación, repasa rapidamente a sucesión de

segmentos, para que mentres esteas a expoñer unha idea, xorda a

seguinte (como cando nun CD que che gusta sabes adivinar a

canción seguinte da que soa).

Page 15: Memoria

Referencias

• http://psychology.about.com/od/cognitivepsychology/a/m

emory.htm

• http://www.concordiacollege.edu/directories/offices-

services/academic-enhancement-and-writing-

center/resources/memory-techniques/