maio 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/boletin-25.pdf · sistema alimentario...

4
A través dun Convenio asinado entre O Consorcio As Mariñas e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais estase a desenvolver o proxecto piloto para a sinaliza- ción e tematización da Reserva da Biosfera. A maiores dos paneis temáticos colocados nos últimos meses, nesta última semana se instalaron diversos pa- neis SISTHO nas principais vías de entrada da Reserva: A-6 (Aranga). Límite provincia de Lugo. N- 550 (Culleredo). Subida Aeroporto de Alvedro. N-550 (Carral), entrada pola estrada de Santiago- Coruña. N-651 (Miño), entrada ao Concello de Miño dende Ferrol. Por outra banda, no mes de xullo está previsto dotar ao territorio de sinalización direccional ata os centros de interpretación, tematización de rutas e recursos turísti- cos, así como complementar a sinalización actual con diversos paneis informativos adaptados ao Manual de Sinalización da Rede Española de Reservas de Biosfera. Visibilizarase o territorio da Reserva da Biosfera e contri- buirá a dinamizar turísticamente o territorio conformado polos 17 concellos. SINALIZACIÓN VIARIA NA RESERVA DA BIOSFERA BOLETÍN Nº 25 MAIO 2015 Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo INDICE: Proxectos e Xornadas Leader 2 Plan Alimentario da Reser- va da Biosfera 3 Bolsa de Terras 3 Curso de verán da USC 4 Novidades e próximos eventos 4 Coñece a Reserva 4 Panel temático da Ruta das Adegas “Viño da Terra de Betanzos” . Panel no Observatorio Ornitolóxico de Paderne O 7 de maio celebrouse no Salón de Actos do Centro Sociocultural de A Senra (Concello Bergondo), a Asemblea anual de socios da Asociación Mariñas -Betanzos, onde se aprobaron as actividades e contas económicas do ano 2014 e o orzamento e a previsión de actividades para este ano 2015, entre outros asuntos a tratar. ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DE MARIÑAS BETANZOS

Upload: others

Post on 19-Jan-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito participativo dende novembro de 2014 no establecemen-to

A través dun Convenio asinado entre O Consorcio As

Mariñas e o Organismo Autónomo de Parques Nacionais

estase a desenvolver o proxecto piloto para a sinaliza-

ción e tematización da Reserva da Biosfera.

A maiores dos paneis temáticos colocados nos últimos

meses, nesta última semana se instalaron diversos pa-

neis SISTHO nas principais vías de entrada da Reserva:

A-6 (Aranga). Límite provincia de Lugo.

N- 550 (Culleredo). Subida Aeroporto de Alvedro.

N-550 (Carral), entrada pola estrada de Santiago- Coruña.

N-651 (Miño), entrada ao Concello de Miño dende Ferrol.

Por outra banda, no mes de xullo está previsto dotar ao

territorio de sinalización direccional ata os centros de

interpretación, tematización de rutas e recursos turísti-

cos, así como complementar a sinalización actual con

diversos paneis informativos adaptados ao Manual de

Sinalización da Rede Española de Reservas de Biosfera.

Visibilizarase o territorio da Reserva da Biosfera e contri-

buirá a dinamizar turísticamente o territorio conformado

polos 17 concellos.

SINALIZACIÓN VIARIA NA RESERVA DA BIOSFERA

BOLETÍN Nº 25

MAIO 2015

Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

INDICE:

Proxectos e Xornadas

Leader

2

Plan Alimentario da Reser-

va da Biosfera

3

Bolsa de Terras 3

Curso de verán da USC 4

Novidades e próximos

eventos

4

Coñece a Reserva 4

Panel temático da Ruta

das Adegas “Viño da

Terra de Betanzos” .

Panel no Observatorio

Ornitolóxico de

Paderne

O 7 de maio celebrouse no Salón

de Actos do Centro Sociocultural

de A Senra (Concello Bergondo), a

Asemblea anual de socios da

Asociación Mariñas -Betanzos,

onde se aprobaron as actividades

e contas económicas do ano 2014

e o orzamento e a previsión de

actividades para este ano 2015,

entre outros asuntos a tratar.

ASEMBLEA XERAL DE SOCIOS DE MARIÑAS BETANZOS

Page 2: MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito participativo dende novembro de 2014 no establecemen-to

Coa axuda do Programa LEADER tense apoiado a apertura do Mesón “Xente do Ca-

miño”, á beira do Camiño Inglés, o que permitirá que os peregrinos, coñezan a his-

toria da Galicia Medieval e como as Rutas Xacobeas contribuíron á creación da ac-

tual Unión Europea.

Obras de Alfredo Erias recrean as paredes deste Mesón-Museo, no que ademáis de

recuperar forzas, pode “alimentarse” o espíritu.

Configurase por tanto, un centro único en Galicia. Froito de trinta anos investiga-

ción, o artista galego Alfredo Erias, fai un percorrido polas mellores e polas menos

coñecidas obras de arte espalladas por toda Galicia.

APERTURA DO MESÓN-MUSEO XENTE NO CAMIÑO EN PRESEDO (ABEGONDO)

XORNADA O LEGADO

ROMANO NAS MCeTM.

Nesta Xornada deuse a coñecer o Lega-

do Romano existente no territorio da

Reserva da Biosfera, destacando un

dos campamentos romanos visitables

en Galicia, localizado en Sobrado dos

Monxes. Celebrouse o 30 de abril no

Centro Etnográfico do Mandeo en

Teixiero (Concello de Curtis) organiza-

da conxuntamente co GDR Ulla Tambre

Mandeo. Unha vez rematada a xorna-

da realizouse unha Visita Guíada ao

Campamento de Cidadella en Sobrado.

DÍA DA ÁRBORE 2015

Tódolos anos os 17 concellos que for-

man parte da Reserva Mundial da Biosfe-

ra “Mariñas Coruñesas e Terras do Man-

deo” celebran o día da Árbore, cunha

plantación simbólica de especies cedidas

pola Xunta de Galicia.

Para a realización destas plantacións,

contouse coa participación de escolares,

que aprenderon a plantar estas árbores

autóctonas.

O 30 de abril, alumn@s da Escola de Turismo da

Universidade de A Coruña, visitaron o territorio, on-

de se lles deu a coñecer o patrimonio cultural e et-

nográfico da Reserva da Biosfera; os aspectos técni-

cos de estratexias de recuperación e posta en valor e

as oportunidades da Reserva da Biosfera “Mariñas

Coruñesas e Terras do Mandeo” e a súa estratexia de

conservación dos recursos naturais e patrimoniais.

En total 50 alumn@s que viñeron acompañados pola

Profesora da Escola de Turismo, Elvira Lezcano

González.

DÍA DA ÁRBORE

En total repartironse

494 árbores

autóctonas:

castiñeiros, carballos,

faias, bidureiros,

cerdeiras, ameneiros,

que foron plantados

na Reserva da

Biosfera.

Páxina 2

TEMATIZACIÓN

RESERVA BIOSFERA

Colocaronse 50 paneis

temáticos na Ría do

Burgo con información

das aves máis

frecuentes.

LEGADO ROMANO

Cidadella é un dos

campamentos romanos

máis extensos dos

achados en Galicia.

II MARATÓN ORNITOLÓXICA NA

RESERVA DA BIOSFERA MCeTM

O 16 de maio celebrouse esta actividade lúdica, con-

sistente en identicar por equipos o maior número

posible de especies de aves silvestres dentro de

cada un dos municipios da Reserva da Biosfera e a

cidade de A Coruña nun tempo determinado. O

obxectivo era achegar o avistamento e a identifica-

ción de aves ao público en xeral, e poñer en valor os

atractivos naturais da Reserva da Biosfera.

Evento en auxe organizado en colaboración co Gru-

po Naturalista Habitat, que cada ano vai aumentan-

do en público, axudando a potenciar este territorio

coma un destino turístico de natureza. Cada un dos

equipos, cun experto ornitolóxico á cabeza lograron

identificar e poñer en valor a gran riqueza natural

desta área. A lista definitiva de especies identificadas

próximamente será publicada en distintas revistas

científicas .

Máis información: http://gnhabitat.blogspot.com.es/

VISITA ALUMN@S DA ESCOLA DE TURISMO DA UNIVERSIDADE DE A CORUÑA

Page 3: MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito participativo dende novembro de 2014 no establecemen-to

BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DA BIOSFERA

Dende a Reserva da Biosfera, estase traballando na dinamiza-

ción de terras para a posta en produción das mesmas. Neste

senso iniciouse o contacto con axentes do territorio para a

dinamización das terras infrautilizadas na zona da Rectoral de

Bribes no Concello de Cambre.

Realizouse unha xuntanza o día 6 de maio cos propietarios de

terras desta zona, que xa non están en activo na actividade

agrario, co obxecto de levar a cabo un proxecto piloto de

apoio aos emprendedores de horta ecolóxica procedentes do

Programa Integrado de Emprego. Acordouse traballar cos

propietarios das diferentes fincas da zona desta Rectoral,

para establecer as condicións de uso das parcelas e estudia-

riase a viabilidade da posta en marcha deste proxecto.

Páxina 3 ACTUACIÓNS DO PLAN ALIMENTARIO DA RESERVA DA BIOSFERA

“MARIÑAS CORUÑESAS E TERRAS DO MANDEO”

O Plan Alimentario está

financiado pola Funda-

ción Biodiversidad co

apoio do Programa

LEADER

MENÚ ECOLÓXICO

No CEIP de Curtis cele-

brouse un taller cos 70

alumnos, co obxecto de

divulgar os principios da

Reserva de Biosfera e

os beneficios do consu-

mo de produtos

ecolóxicos. Contouse

coa colaboración do

CRAEGA.

Destacar o sistema

de traballo, a través

de Dinámicas de

Grupos, que aportan

novas ideas de cara

aos retos a afrontar

polo Sistema

Alimentario Local.

VISOR DA BOLSA DE TERRAS DA RESERVA DA BIOSFERA

Ferramenta para a dinamización de terras agrarias sen uso e/

ou abandonadas. Base de datos de intercambio entre propie-

tarios e emprendedores, ben sexa a través de fórmulas de

cesión, aluguer ou venta. Actualmente xa hai máis de 25 par-

celas que se poden visualizar neste Visor. (ver páxina web)

Máis información e seguimento do proxecto:

https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/bolsa-de-terras-2/

MENÚS ECOLÓXICOS NOS COLEXIOS DA RESERVA DA BIOSFERA

Co obxecto de demostrar a viabilidade económica do consumo de produtos ecolóxicos nos colexios, o 16 de abril levouse a cabo

como iniciativa piloto un menú ecolóxico con produtos da Reserva da Biosfera no comedor do CEIP de Curtis, consistente en

sopa de verduras, albódengas con arroz e xeado. O menú foi sufragado co orzamento diario do que disponen no colexio.

Os produtores e transformadores ecolóxicos que participaron nesta iniciativa foron: Finca Bouzón (Curtis); Revolta na Horta

(Carral); A Horta de Ana (Carral); La Huerta de la Almuzara (Abegondo); Ivan Lata Rodríguez (Oza-Cesuras); José Mª Hernández

Hernández (Oza-Cesuras); O Lugar de Vilariño (Oza-Cesuras), Granxas de Lousada (Irixoa); Orballo (Paderne) e Biofactory

(Oleiros).

Actualmente estase traballando

con outros dous centros escola-

res do territorio, para o próximo

mes de xuño.

REUNIÓN DA COMISIÓN TÉCNICA

A Comisión Técnica, formada por diferentes axentes do

Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito

participativo dende novembro de 2014 no establecemen-

to e posta en marcha de liñas de acción para o desenvol-

vemento sostible do Sistema Alimentario Local da Reser-

va da Biosfera. Continuando co traballo que se ven de-

senvolvendo dentro deste proxecto, para o deseño e

posta en marcha das liñas de acción do Plan Alimentario,

celebrouse na Fundación Juana de Vega en Oleiros o 13

de maio unha xuntanza da Comisión Técnica do Plan

Alimentario, onde debateuse sobre os avances do docu-

mento borrador.

Page 4: MAIO 2015marinasbetanzos.gal/wp-content/uploads/2016/12/BOLETIN-25.pdf · Sistema Alimentario Local, leva traballando de xeito participativo dende novembro de 2014 no establecemen-to

NOVIDADES E PRÓXIMOS EVENTOS

Dende a Reserva da Biosfera seguimos a visitar diferentes centros escolares, co ob-

xecto de dar a coñecer a Reserva da Biosfera entre os rapaces do territorio.

Así está previsto para o mes de xuño o día 3 Paderne; o día 4 Miño e o día 5 Sada.

Os días 10 e 11 de xuño estaremos nas Escolas Unitarias do Concello de Bergondo.

SI QUERES QUE VISITEMOS O TEU CENTRO ESCOLAR,

CHAMA AO 981 669 541 (Diego López).

CAMPAÑA DE DIFUSIÓN “COÑECE A RESERVA DA BIOSFERA”:

VISITA AOS CENTROS ESCOLARES DO TERRITORIO.

CURSO DE VERÁN UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE

COMPOSTELA.

CALIDADE AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL: UN ENFOQUE

AGROECOLÓXICO (25 horas)

Coa colaboración da Asociación Mariñas—Betanzos, e a

Fundación Juana de Vega, IBADER, SOGA e SEAE.

Datas de celebración: 15,16 e 17 de xuño de 2015

Localización: Fundación Juana de Vega (Oleiros)

Nº horas: 25

Dirección: Xan Neira Seijo, Tomás Cuesta García e Jorge

Blanco Ballón.

Descrición: A análise dos instrumentos para tratar de

impulsar un proceso de desenvolvemento cos axentes

locais de cara ao deseño e aplicación dunha estratexia

alimentaria que estimule a produción, transformación e

consumo sostible de produtos agroalimentarios locais:

Módulo I. Agroecoloxía e Desenvolvemento Rural.

Módulo II. Beneficios do consumo agroecolóxico.

Módulo III. Emprendemento Verde Agroalimentario.

MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

https://biosferamarinasbetanzos.wordpress.com/2015/05/26/curso-de-

veran-calidade-agroalimentaria-e-desenvolvemento-rural-un-enfoque-

agroecoloxico/

Outras actividades programadas no mes xuño:

Xornadas culturais (Asociación Vedoreira e Alfredo

Erias), dirixidas a persoas con alzheimer en Abegon-

do. 25 de xuño de 2015

Xornadas achegamento de aves dirixidas a discapaci-

tados visuais.(12, 13 e 20 de xuño)

http://www.gnhabitat.blogspot.com.es/2015/05/xornadas-de-

achegamento-as-aves.html

DÍA 29 MAIO / 5 DE XUÑO

XESTIÓN INTEGRADA DE ZONAS

COSTEIRAS EN SADA

Dende a Asociación Mariñas Betanzos, esta-

se traballando no proxecto “Xestión Inte-

grada da Zona Costeira na ría de Betanzos

como ferramenta de desenvolvemento do

Concello de Sada”. Iniciativa impulsada polo

Concello de Sada, que conta co financia-

mento do Grupo de Acción Costeira “Golfo

Ártabro”.Os obxectivos deste proxecto son:

coñecer en detalle a situación do litoral da

ría de Betanzos; liderar un proceso de defi-

nición de obxectivos entre todos os axentes

implicados (turismo, medio ambiente, ma-

risqueo, empresas, administración, etc.);

promover a conexión social, a cooperación

e a participación no proxecto; fomentar o

aproveitamento sostible dos recursos natu-

rais da ría, buscar sinerxías e complementa-

riedades entre o sector turístico e o mariñei-

ro e promover a educación ambiental no

litoral.

Dentro deste proxecto estánse a organizar

unha serie de xornadas para dar a coñecer

investigacións, proxectos, iniciativas sobre

aproveitamento e xestión do litoral, tratan-

do de crear un debate sobre futuras liñas de

traballo e oportunidades.

Estas xornadas desenvolveránse no Salón de

Plenos do Concello de Sada entre os días 29

de maio e 5 de xuño, en horario de mañá e

tarde. Máis información e programa:

https://xizcriadebetanzos.wordpress.com/ Asociación Mariñas - Betanzos

Rúa San Marcos, s/n

(Antiga Cámara Agraria 1ª andar)

15318 Abegondo - A Coruña

Teléfono: 981 669 541

Correo: [email protected]

Web: www.marinasbetanzos.org

7 PERSOAS VOLUNTARIAS PARA

DESENVOLVER UN PROXECTO AM-

BIENTAL NA RESERVA DA BIOSFERA.

Mariñas Betanzos está inscrita no

Censo de entidades de acción volunta-

ria de Galicia co número O-605.

Entidade Xestora da Reserva da Bios-

fera Mariñas Corueñesas e Terras do

Mandeo.

Proxecto Voluntariado: Identificación

de problemas ambientais na Reserva

da Biosfera MCeTM.

Actividades previstas a realizar por 7

persoas voluntarias: Identificación de

problemas ambientais en diferentes

espazos da Reserva Biosfera MCeTM.

Se estás interesado/a en participar

nas diferentes actuacións da Reserva

da Biosfera Mariñas Coruñesas e

Terras do Mandeo, ponte en contacto

coa Asociación Mariñas Betanzos.

Todas as persoas voluntarias terán a

súa disposición os medios e recursos

necesarios para desenvolver con

éxito o seu desempeño en cada unha

das actividades deste proxecto.

Máis información na páxina web da

Asociación ou chama por teléfono.

PROGRAMA

VOLUNTARIADO