ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/revista... · 2020. 12. 21. ·...

40
1 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Upload: others

Post on 06-Jun-2021

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

1 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 2: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Eiiiiiiiiiiiiii rapazada !!!!!!!!

Pensastes que xa non me recordaba de vós pero non é así.

Xa vos botaba tanto, tanto de menos que estaba desesperado agardando que chegara este momento.

Nos tempos que andamos, ofrézome para facervos pasar un momento, cando menos, entretido, carrexando no meu saco unha boa morea de historias, aventuras, traballos... Unha boa morea de saberes. Saberes como os que todos vós acadades cada un dos días que pasades no Cole e cada un dos días da vosa vida.

Todo o que me encargastes tráiovolo aquí para que o vexades e para que quede escrito nas follas que formarán o diario da vosa vida porque isto é o que é, un paso máis na formación das vosas persoas. Ollando estas follas que aquí vos deixo escritas, algún día pensaredes en todo aquel traballo que faciades e que, en certa medida, vos axudou a conquerir os vosos obxectivos de vida, da vosa vida.

Neste tempo que está a chegar, tempo de Nadal, este ano, tan singular, só vos vou pedir una cousa: Coidádevos e coidade dos vosos.

Miña rapazada, saúde e sentidiño.

2

Page 3: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

ÍNDICE

o Ed. Infantil. 3 anos ......................................................................................... 4

o Ed. Infantil. 4 anos ......................................................................................... 8

o Ed. Infantil. 5 anos ....................................................................................... 10

o 1º Ed. Primaria ............................................................................................. 12

o 2º Ed. Primaria ............................................................................................ 16

o 3º Ed. Primaria ............................................................................................ 18

o 4º Ed. Primaria ............................................................................................ 20

o 5º Ed. Primaria ............................................................................................ 22

o 6º Ed. Primaria ............................................................................................ 33

3 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 4: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Educación Infantil, 3 anos.

O apalpador é unha figura lendaria galega, que marca unha tradición entroncada coas tradicións do norte de España e de toda Europa, mais tamén diferenciándose cunhas características propias.

O primeiro documento escrito sobre este personaxe data do 1965, pero non será ata o 2008 cando A Xentalha do Pichel, Asociación sociocultural sen ánimo de lucro, compostelana atope este documento e comece unha nova etapa de recuperación da figura mítica.

Os nenos italianos reciben agasallos dunha fada chamada Befa, no Pais Vasco, dun carboeiro chamado Olentzero recuperado a mediados do século XX que ocupa o primeiro lugar nas preferencias infantís vascas. En Cantabria e Asturias é un leñador chamado Esteru. En Cataluña e Aragón non quedan personaxes humanos, os agasallos saen dun tronco máxico chamado Tió. En España e algúns países latinoamericanos son os Tres Reis Magos os que traen agasallos como recordo dos presentes que levaron os Reis ao neno Xesús polo seu nacemento segundo a crenza cristiá.

O apalpador é un home forte e alto, un vello xigante de barba loira que vive nas devesas do Courel e que pasa todo o ano facendo carbón para escorregar o frío do inverno. No seu tempo libre fai xoguetes artesáns con madeira, cartón, pedra... materiais da natureza e respectuosos co medio ambiente.

O APALPADOR

Debuxo do apalpador por Leandro Lamas

Representación da Fada Befa

Debuxo do Olentzero

4

Page 5: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

A figura lendaria baixaba das devesas do Courel para entrar pola noite nos cuartos dos nenos galegos e apalparlles a barriguiña para comprobar que non pasaran fame e deixarlle unha presa de castañas e algúns deses xoguetes artesáns que facía. O apalpador dicíalles aos nenos cando apalpaba a barriguiña: “Así esteades todo o ano!” Isto ocorría entre o 24 e o 31 de decembro e todo parece indicar que sería a celebración do comezo do ano meteorolóxico.

No 2008 a Genthalha do Pichel comeza a promocionar esta figura galega. A iniciativa foi seguida polos centros sociais e outras entidades de Trasancos, Compostela, Vigo, Pontevedra, a Límia, Ourense e Lugo. En todas elas comezan con rondallas e ruadas con este personaxe.

Aquí en Ferrol esa labor comézaa a Asociación sociocultural sen ánimo de lucro Fundaçom Artabria, ese mesmo ano. No 2012 elaboran unha unidade didáctica para recuperar O Apalpador a nivel escolar. A unidade didáctica para descargar no ordenador ten unha explicación das orixes do Apalpador e numerosas fichas para que os nenos recorten e coloreen. É ao redor deste ano cando empeza O Apalpador a ir polos centros escolares de Ferrol para que todos os nenos galegos o coñezan máis de preto.

Cartel inicial elaborado pola Ghentalha do Pichel

Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria

A Fundación Artabria acompañando ao Apalpador no xa tradicional pasarúas polas rúas de Ferrol

5 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 6: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

O colexio Ludy, a través do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, súmase a esta iniciativa e comeza o camiño de recuperación desta tenra figura. É así que O Apalpador comeza a visitar o noso cole todos os anos polo Nadal e mesmo fai videoconferencias dende o Courel.

As súas mensaxes no cole son sempre claras: lembrarnos o valor dos agasallos que non se mercan con cartos e para desexarnos un bo ano cheo de felicidade e de fartura.

Afortunadamente os nosos nenos teñen cubertas as necesidades de alimentación, pero manter a tradición no 31 de decembro de deixar unha presa de castañas e un pequeno agasallo artesán, fará que potenciemos o valor da natureza, dos materiais reciclados, o coidado do medio ambiente e recuperemos tradicións da nosa cultura...,que como mestres e mestras estamos obrigados a facer.

Este ano O Apalpador volverá estar cos nosos nenos porque non falta ningún ano á súa xuntanza. Invitámosvos, como todos os Nadais a que abrades a porta das vosas casas a este personaxe da nosa terra.

Mural no Cole Ludy, ano 2012

O Apalpador visita o Colexio, ano 2013

Apalpador no Ludy, ano 2014

6

Page 7: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Apalpador no Ludy, ano 2014

Apalpador no Ludy, ano 2015

2016

Cartaz no que figuraba o noso Colexio

2017

2018

2020

7 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 8: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Educación Infantil, 4 anos.

Despois de moitos meses sen ver aos compañeiros e compañeiras comezamos un novo curso cheo de ganas e ilusión.

Neste primeiro trimestre traballamos o proxecto dedicado aos peixes.

Comezamos o noso proxecto partindo das ideas previas que tiñamos acerca do tema e preguntándonos que cousas queremos saber deles. A partir dese momento comeza a nosa recollida de información a través de contos, vídeos e diferentes materiais cos que elaboramos o noso mural.

Acompañounos nesta aventura alguén moi especial para nós, a nosa mascota “Burbulla”. Todos os días temos que darlle de comer e coidalo e facémolo con moita ilusión.

Aínda que este curso non foi posible facer todas as actividades que nos gustara pois as saídas a lugares como a peixaría non puidemos facelas, isto non impediu que aprenderamos moitísimas cousas.

Fixemos actividades plásticas que sempre nos encanta, trouxemos á aula peixes para tocalos e ver como son por dentro e coas súas escamas. Aprendemos cousas tan importantes como cal é a súa alimentación, os diferentes tamaños que poden ter ou como nacen.

Desfrutamos moitísimo deste proxecto e aprendemos moitísimas cousas.

OS PEIXESen 4 anos

8

Page 9: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

9 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020 9

Page 10: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Educación infantil, 5 anos

Desde moi pequenos os nenos e nenas están en contacto co mundo escrito, isto temos que aproveitalo dende a aula para facilitarlles o proceso de aprendizaxe da lectoescritura.

Tradicionalmente usábanse diferentes métodos, cos cales os nenos e nenas tiñan máis ben un papel pasivo no proceso de aprendizaxe e que a maior parte das veces non tiña nada de significativo para eles/as.

Ante a necesidade de buscar métodos máis motivadores para o neno/a, aparece un novo enfoque do proceso da ensinanza-aprendizaxe da lectoescritura que aproveita todos os coñecementos que xa teñen os nenos/as incluso antes de chegar a educación infantil, que son significativos para eles/as e que os fai protagonistas da aprendizaxe.

Os intereses e a motivación dos nenos/as fan posible a súa participación na aprendizaxe e por tanto que teña sentido a súa actividade.

Desde que chegan á aula traballamos moito a partir do seu nome, que é algo co que se identifican e rapidamente recoñecen como propio. A partir de aí cos dos seus compañeiros/as que pasan a formar parte da súa vida.

Usamos moito como actividades motivadoras as rutinas de todos os días como os días da semana, a data, o tempo, os nomes dos profes,… para fomentar esa aprendizaxe.

E tamén o vocabulario dos proxectos que traballamos na aula e que espertan o interese do neno/nena.

Os peques desfrutan moito descubrindo o mundo da escritura e a lectura, sobre todo neste curso de 5 anos no que xa están nunha etapa máis avanzada na adquisición desta aprendizaxe, e na que eles/as son máis conscientes dos seus logros.

A lecto-escritura na Ed. Infantil

10

Page 11: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

11 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 12: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

1º de Educación Primaria

Hai anos xa que o alumnado de 1º e 2º de Primaria realizaba unha excursión en lancha pola ría de Ferrol. Parando primeiro no castelo de San Felipe e logo no porto da vila de Mugardos, terra do polbo.

A tripulación do “Nueva Genoveva” agardaba alí despois da súa xornada de pesca e aínda tiñan folgos para falar co alumnado e responder a todas as curiosidades. Así seguiu sendo cada dous anos até este no que as excursións desapareceron do mapa pola pandemia da COVID.

Pero quen dixo que non podiamos seguir mantendo as relacións? O alumnado de primeiro elaborou un cuestionario e Luís Cudilleiro, o noso amigo mariñeiro, contestounas, coma sempre, encantado.

O MAR E A PESCA:

Mohammed.- Dávos medo o mar?Luís.- Home, o mar medo non me dá, respecto si, cando hai mal tempo sobre todo.

Daniel.- Como pescades?Luís.- Con aparellos e nasas, botámolos ao mar e logo ímolos buscar. As nasas son como un tipo de trampas. Cando imos á vieira levamos unha especie de cullerón pola popa e ímolas collendo, chámase “rastro de vieira”.

Rubén.- Como facedes para subir un peixe moi grande?Luís.- Veñen igual no aparello. Usamos a maquinilla que é o motor que tira e o carro virador que serve para que o aparello non roce no barco. Entón con ese motor levantamos o que sexa.

Samir.- Gustaríache que os teus fillos fosen pescadores?Luís.- Tal e como están as cousas agora non. Non se lle ve moito futuro, o mar é moito traballo e non rende o necesario. Preferiría que escollesen outra opción.

1º ENTREVISTA A LUÍS CUDILLEIRO

Luís Cudilleiro.

Nuevo Genoveva.

12

Page 13: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

O BARCO:

Borja.- Como se chama o teu barco?Luís.- “Nuevo Genoveva”. É o terceiro barco que temos, todos se chamaron “Genoveva”.

Alicia.- É moi grande o barco?Luís.- Ten 12 metros de eslora. É dos tres máis grandes de Mugardos e parece aínda máis grande porque é pechado pola popa.

Adrián.- Como funciona o barco?Luís.- Cunha máquina, un motor como o dun coche pero sen rodas e cunha hélice.

Noel.- Tivestes algún accidente co barco?Luís.- Unha vez rompín unha costela nunha manobra de aparellos pero nunca chocamos nin afundimos, non.

Laura.- Durmides no barco?Luís.- Cando imos á xarda si. Máis ben descansamos un pouco. Temos unhas liteiras pequenas para estar dous ou tres días fóra de porto.

Lalo.- Cantas veces hai que pintar o barco?Luís.- Paramos unha vez ao ano, entre unha semana e 9 días. Levámolo á Coruña e alí pintámolo.

13 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 14: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

OS PEIXES:

Manu.- Que tipo de peixe pescades?Luís.- Segundo a arte de pesca e a época do ano. Coa veta (pescadilla e salmonete). En xaneiro, xiba, logo robaliza, maragotas. Agora, en decembro, cos miños vellos, andamos á centola. En marzo hai 15 días nos que pescamos xarda con anzois, unha especie de palangre que se pon na popa do barco.

Eric.- Viches algunha vez unha balea?Luís.- Hai moitos anos en Terranova vimos baleas. As candorcas ou orcas que saíron nas noticias tamén as vimos aí atrás pero non se arrimaron.

Asier.- Chocaron as baleas convosco?Luís.- Non, non se arriman a ningún barco de pesca nin de motor.

Sara.- Viches algunha vez unha manta raia?Luís.- Raias grandes. Non é desta zona a manta. Aquí hai raias grandes de entre 10 e 12 kg. Coma a roda dun autobús.

Alba.- É verdade que as mantas raias teñen electricidade?Luís.- As raias non dan electricidade pero hai unha pequena que se chama “Tembladoira” e dá corrente por todo. Para collela ten que ser polo rabo e coa man esquerda. Ninguén lle quere tocar, de feito son o único dos meus irmáns que as collo.

Gala.- Ves moitas estrelas de mar? Son problemáticas?Luís.- Vexo, si que son problemáticas, de feito son invasoras. Veñen nas nasas e desfán toda a carnada, ademais lían moito as redes. Comen de todo, e moito do peixe que está mallado na rede vén comido por elas.

Nahir.- Hai golfiños en Ferrol?Luís.- No verán, moitos. Onte ao mediodía aínda entraron o que nós chamamos “Touliñas”.

Icía.- Que comen os golfiños?Luís.- Parrochiña, peón pequeno, sardiña. Os máis grandes comen calamar e chipiróns.

Dana.- Viches algunha tartaruga?Luís.- Hai moitos anos un rapaz de aquí colleu unha no mar, púxolle o nome do barco e logo soltouna, pero eu só vin como o facía.

Marwa.- Algún día atopastes unha serea?Luís.- Non. Estou esperando a que ocorra algún día pero nada.

Thiago.- Pescastes algún peixe lúa?Luís.- O que se chama peixe roda. É un peixe redondo cunha aleta enriba. Hai bastante pero non se come nin se debe coller.

Rayan.- Vistes ou pescastes algún “tiburón”? Que comen?Luís.- O tiburón anda a todo o peixe pequeno. Unha vez collemos un tiburón peregrino de 7 m. (só come plancton). Logo hai outro tipo de tiburón, o marraxo e o cazón. Deses é moi habitual atopalos.

14

Page 15: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Animais mariños e capturas a bordo do Nueva Genoveva.

15 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 16: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

2º de Educación Primaria

A PIRÁMIDE ALIMENTICIA

Neste trimestre en Ciencias da Natureza traballamos un tema moi bonito e interesante “Queremos estar sans”. Aprendimos moitas cousas e fixémolo de moitas maneiras:

- Comezamos cunha posta en común sobre o que fai cada un de nós para estar san, que comía?, que deportes practica?, canto tempo durme?...

De aquí saíron cousas moi interesantes e sobre as que debatimos, non todos coincidiamos sobre todo na maneira de alimentarnos, no tempo que adicabamos a durmir e descansar,etc.

- Co que aprendimos nesta posta en común decidimos escribir unha serie de normas coas que todos estivemos de acordo:

a) Manter a hixiene, lavar as mans antes das comidas e os dentes despois de cada unha delas, ducharse todos os días.

b) Facer sempre algo de exercicio para fortalecer os ósos e os músculos.

c) Durmir como mínimo dez horas, para estar ben descansados.

d) Coidar as nosas posturas, ao sentarnos, ao aniñarse, ao cargar a mochila…

16

Page 17: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

- Dedicamos un pouquiño máis de tempo “ A pirámide dos alimentos”. Fixemos unha no corcho da clase e fomos colocando distintos alimentos, coloreados e recortados por nós, no lugar correspondente da pirámide. A verdade levou o seu tempo pero quedounos moi ben.

- Vimos un vídeo moi interesante sobre prevención de accidentes no que lembramos que non se debe correr polas escaleiras e lugares de altura, así coma preto das piscinas; tamén lembramos que no coche e cando practicamos algúns deportes temos que levar protección; e na casa ter moito coidado na cociña, cerca do lume, do forno e nos enchufes.

- Para rematar a profe pasounos un cuestionario sobre alimentación e hábitos saudables en xeral. Foi divertido ao comparar os resultados do contestado. Según a columna que marcamos saía unha puntuación ou outra. Pero en xeral o resultado foi que todos levamos “Unha vida saudable”.

17 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 18: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

3º de Educación Primaria

No mes de novembro ao alumnado de terceiro de Educación Primaria tocoulle unha das tarefas máis aburrida coas que nos podemos atopar no cole: O ESTUDO DOS TIPOS DE MAPAS. Vaia lata!!! Pensaron todos, mais non sabían o que ían descubrir grazas a isto.Claro está que as nosos nenos non pensan na importancia que ten o coñecemento dos mapas e a comprensión dos mesmos para a nosa vida cotiá, iso tiñamos que transmitirllo, pero… como podíamos enganchalos?

Acendéuseme a lámpada e vino claro: a realidade aumentada sería a miña mellor aliada. Milleiros de aplicacións hoxe en día achégannos a ela, e tamén nos achegan ao alumando dunha forma lúdica, chamativa e innovadora.

Todo comezou coa teoría, non podía ser doutro xeito. Tiñan que saber que hai tres tipos de mapas cos que iamos traballar ao longo do curso. A explicación veu acompañada de soportes físicos como os propios mapas que aparecen no libro de texto, aumentándoos con diferentes mapas que se lles amosan no taboleiro dixital.

Unha vez a teoría está comprendida, poñémonos mans á obra, a realidade

aumentada está cada vez máis cerca.Fáiselles entrega dun Mapamundi en branco que terán que colorear ao seu gusto.

Entre a clase faise unha votación a man erguida na que se decide se será físico ou político, pola complexidade que conlevaría o político, decídese que sexa físico. Cada quen colorea o seu, apoiándose nun mapa que queda a modo guía no taboleiro dixital da aula.

Agora chegou o gran momento. De forma individual pasan pola mesa da mestra, a que desinfectará, ao xeito, a súa tableta e a mesa, cada vez que pasa un rapaz, e o seu Mapamundi cobra vida.

Marabillosas esas caras de alucine, de fascinación cando ven o seu propio mapa en 3D, formado en globo terráqueo. Un mapa nunha dimensión transformado nun globo terráqueo, e cada un diferente. Non hai palabras para describir esa sensación. Unha nova perspectiva achegada ás nosas aulas pode ser unha nova forma de ver o mundo.Viaxamos xuntos por algún destes mapas?

EXTRA, EXTRA, CHEGA A REALIDADE AUMENTADA AO COLE!!!

18

Page 19: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

19 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 20: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

4º de Educación Primaria

Os alumnos de 4º de Primaria traballaron os elementos que forman un ecosistema, debuxando ecosistemas terrestres e acuáticos. Primeiro andiveron na pescuda e recolleron información sobre os seres vivos que forman a comunidade do ecosistema elixido. Despois os alumnos deixaron ver nos seus debuxos toda a información recollida, sendo moi creativos á hora de realizar os diferentes ecosistemas. Posteriormente estes debuxos foron expostos na aula. Aquí podedes ver algúns destes debuxos.

20

Page 21: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

21 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 22: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

5º de Educación Primaria

Ao pé da fonte estaba Lázaro Viña a Virxen e lle dicía Lázaro ¿qué tiñas?, que grandes berros dabasSeñora, teño Dicipula, teño Eccema, e teño outros males que eu non sabía Lázaro, ¿cómo non o bendecías?Señora, porque non o sabíaColle unha pouca de auga dunha fonte terral Con carbón de toxo e outro de azalBendices dende os pés á cabezaNon digas cousas que a Deus mal parezan Que non é polo meu poder, nin pola miña sabiduría É polo poder de Deus e da Virxen María Un Padre Nuestro e un Ave María.

Bisavoa Dorinda que, segundo din, tiña poderes de curación

Fonte do Fabal no concello de San Sadurniño.

ESCONXUROS

22

Page 23: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Ilustración da novela “Los trabajos dePersiles y Segismunda” de Cervantes.

Antes do esconxuro, tomamos un allo, o pelamos, en sen cortalo o untamos con sal, e con el diremos o seguinte mentres se frota a fronte co allo a persoa que ten o “mal de ollo”:

Allo Santo ó Sagrariocorto esta revirada a … (dicir o nome completo da persoa)que sexa desconxurada Cristo con CristoSan Xoán EvanxelistaÓ redor da túa vistaenvidia mata a quen envidia tenque eu non teño envidia a ninguéncoa axuda de Deus e da Virxe Maríaun Painoso e un Avemaría

(A continuación rézase un Painoso e un Avemaría).

A bruxa, gravado de 1870 de Hans Thoma

23 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 24: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas.Demos, trasgos e diaños,espritos das nevoadas veigas.Corvos, pintigas e meigas,feitizos das menciñeiras.Podres cañotas furadas,fogar dos vermes e alimañas.Lume das santas Compañas.Mal de ollo, negros meigallos,cheiro dos mortos, tronos e raios.Ouveo do can, pregón da morte;fuciño do sátiro e pé do coello.Pecadora lingua da mala mullercasada cun home vello.Averno de Satán e Belcebú,lume dos cadavres ardentes,corpos mutilados dos indecentes,peidos dos infernales cus,muxido da mar embravescida.Barriga inútil da muller solteira,falar dos gatos que andan á xaneira,guedella porca da cabra mal parida.Con este fol, levantarei as chamas deste lumeque asemella ó do infernoe fuxirán as meigas a cabalo das súas escobas,índose bañar na praia das areas gordas.¡Oíde, oíde! os ruxidos que dan as quenon poden deixar de queimarseno augoardente quedando así purificadas.E cando esta brebaxe baixe polas nosas gorxas,quedaremos libres dos malesda nosa alma e de todo embruxamento.Forzas do Ar, Terra, Mar e Lume,a vós fago esta chamada:Si é verdade que tedes máis poder que a humana xente,eiquí e agora, facede que os espritos dos amigos que estean fóra,participen con nós desta queimada.

Con este cazo lenvatarei as chamas desde lumeQue se asemella ao do infernoE as meigas ficaran purificadas de todalas suas maldadesAlgunhas fuxiran a cabalo das suas escobasPara iren se asulagar no mar de Fisterra.

EsCONXURO DA QUEIMADA

24

Page 25: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

HAI 50 ANOS NUN POBO MARIÑEIRO

Hai uns cincuenta anos, un vinte de xaneiro, o día de San Sebastián no pobo de Malpica estábanse a preparar para as festas cando aconteceu un feito que marcou a aldea por moitos anos .Na noite daquel día houbo un temporal cunha ondaxe tan grande que derrubou por completo o dique de abrigo do porto que caeu como unha explosión por enriba dos barcos e desplomáronse como un castelo de naipes algunhas das casas da atalaia.

A xente de Malpica dedicábase sobre todo á pesca e a ruína foi total, a desolación pola perda material sumiu ao pobo nunha grande tristeza .As festas canceláronse e, durante meses, ningún barco puido entrar nin saír do porto. Os meus avós aínda o lembran como o peor acontecemento que eles viviron cando eran novos e, aínda que non morreu ninguén, afectou moito ás súas vidas.

Escrito por: María López Villar. A ela contáronllo os seus avós que viven en terra de Bergantiños, en Malpica

Un dique destruído en 1965

Sucedió hace 40 años. Viejos marineros malpicáns recordaron el golpe de mar que casi se lleva por delante todos los

pesqueros fondeadosCRISTINA VIUCARBALLO 19/01/2005 06:00 H A veces, los temporales se suceden con una periodicidad asombrosa. Es el caso del que hace cuarenta años asoló buena parte de la costa de la provincia de A Coruña. La peor parte se la llevó la localidad herculina, donde hubo dos muertos en el paseo, además de Malpica, que en una noche de quedó sin dique. En ese momento, los 24 barcos que formaban la flota malpicana quedaron completamente desprotegidos y buena parte de ellos tuvieron que buscar abrigo en el muelle coruñés. También entonces, los armadores y los pescadores bajaron al muelle, pero nada pudieron hacer por la dársena, que quedó completamente destruida, como explica el periódico de la época y las fotografías que se tomaron entonces y que muestran tanto el desastre como la preocupación de los vecinos que temían perder con los barcos su medio de vida. De todos modos, todavía hay muchos malpicáns que recuerdan perfectamente ese día de 1965, cuando el mar inundó la plaza de Pontevedra de A Coruña y golpeó sin piedad Malpica. Tiempo después se acometió la reconstrucción y ampliación de la dársena.

Nota de prénsa do ano 2005

Onda de máis de 10 metros contra o dique de abrigo de Malpica na actualidade.

25 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 26: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Non existe home de mar que non se poida afogar.

Camarón que dorme, a corrente lévao.

Pescador que colle un peixe, pescador é.

Quen camiña á beira do mar, aprende a rezar.

Non creas na calma do mar, por serena que a vexas.

Auga do mar, vento da ría, chuvia pra todo o día.

Auga á entrada da lúa, moita ou ningunha.

Alba vermella, vela molla.

Ceo empredado, os tres días, chan mollado.

Pescador de caña, paciencia e maña.

Si saes navegar, non canses ao te preparar.

Lancha sen cuberta, sepultura aberta.

En calma de mar non creas, por sereo que o vexas.

As estrellas a brilar, mariñeiros para o mar.(Cando as estrelas brilan con intensidade, indican bo tempo para saír a pescar)

O que pasou a Marola, pasou a mar toda.Gaivotas no mar, mariñeiros a pescar.

Onde hai patrón, non manda mariñeiro.

Os ribazos dos cantísvisten encaixes de prata. Ondiña que vas, ondiña que vés.Os argazos cobizosospingan os risos da escuma. Ondiña que vas, ondiña que vés.

Para novos aparellos, mariñeiros vellos.

Quen peixes queira pescar, tense que mollar.

O mar, o máis amigo, logo o peor perigo.

Todo marcha vento en popa.

REFRÁNS Do MAR26

Page 27: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

REFRÁNS Do CAMPO

Mala herba, nunca morre.

A camiño longo, pasos pequenos.

Por santosaínda hai campos verdese xa hai montes brancos.

Ano de neves, ano de bens.

Abellas sen comida, colmeas perdidas.

Auga de manantial, non hai outra igual.

Frio no inverno, e calor no verán, isto e sa.

Abril mollado, malo na horta e bo no campo.(Cando chove moito en abril o campo medra, mais a horta non se dá)

Campo florido, campo perdido.

Esterco, auga e sol, pais do trigo son.

Desde aquí vexo un camiño que non sei a onde vai; polo mesmo que non sei, quixera poder andar.

27 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 28: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Neste curso tan especial, o alumnado de quinto de primaria, amosou un gran interese no tema 1 de Ciencias Sociais onde estivemos a traballar o Universo. Moitas das súas inquedanzas volas mostramos a continuación con pequenos traballos realizados por eles.

O Universo e as súas curiosidades

A ESTRELA DE BELÉN A nosa tradición cristiá dinos que os Magos de Oriente acudiron a Belén a adorar a Xesús guiados por unha estrela, estrela que agora adorna millóns de Beléns en cada Nadal.Pero… Se isto aconteceu, foi a estrela de Belén unha estrela, unha supernova, un suceso astronómico?

Grant Mathews, profesor de astrofísica, que leva dez anos estudando a esta estrela, ten a hipótese de que en realidade trátase do produto visual dun aliñamento planetario moi estraño ocorrido no ano seis antes de Cristo.

Este fenómeno astronómico prodúcese ao aliñarse Xúpiter e Saturno, que se acercan tanto que semellan unha soa estrela, trátase dunha ilusión óptica. Os astrónomos afirman que foi visto por última vez en 1226, este ano poderemos volver a velo, e non se volverá a ver ata 2080.

A miña opinión Eu creo que detrás da lenda do neno Xesús e os Reis Magos pode haber unha explicación científica para algo que non se comprendía, e aínda que eu nunca a viña, penso que seguro que é fermosa e teño moitas ganas de vela. E é moi incrible que o profesor de astrofísica Grant Mathews leve dez anos estudando a esta estrela sen conclusión algunha… Estarei moi pendente do ceo este Nadal.

Daniela Montero

28

Page 29: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

A Voyager

A Voyager 1 é unha sonda espacial robótica de 722 kg lanzada o 5 de setembro de 1977 desde Cabo Cañaveral, Florida.

Contiña información sobre o ser humano por si na súa viaxe se atopaba con vida extraterrestre. Nun disco de ouro contiña sons e imaxes do noso planeta, así como a ubicación no Sistema Solar.

Segue operativo na actualidade e estudia os límites do Sistema Solar.Actualmente é o obxecto, feito polo ser humano, máis lonxe da Terra.

Houbo outra sonda, idéntica chamada Voyager 2 lanzada unhas semanas antes da Voyager 1. Esta ten unha traxectoria diferente á súa irmá. Algúns dos seus sistemas xa non están operativos, pero outros seguen a funcionar. O 10 de decembro de 2007 descubriu que o Sistema Solar non ten unha forma esférica, senón ovalada.

Anais González

Laika

Laika foi unha cadela espacial soviética que se convertiu no primeiro ser vivo terrestre en orbitar a Terra. Fíxoo a bordo da nave soviética Sputnik 2, o 3 de novembro de 1957, un mes despois do satélite Sputnik 1.

Tamén foi o primeiro animal que morreu en órbita. Si hai algún animal que marcou a conquista do espazo, esa foi Laika, unha pequena cadela da rúa de dous anos que se convertiu hai 63 anos no primeiro ser vivo en acadar o espazo.

Tamén, o grupo Mecano, dedicoulle unha canción.

Javier Fuertes

29 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 30: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

O cometa Halley

O cometa Halley é un cometa grande e brillante que orbita arredor do Sol, sendo visible dende a Terra. Tarda entre 74 e 79 anos en dar unha volta completa.

Debe o seu nome a Edmund Halley, un astrónomo, que determinou a súa orbita en 1705.

O cometa esta composto principalmente por polvo e materiais non volátiles, ademais dunha pequena parte de xeo. Aínda que pareza branco e brillante en realidade ten un corpo de cor negro.

No cometa podense distinguir tres partes : o núcleo, a coma e a cola.Mentras que o núcleo podería considerarse pequeno, 15 km de longo por 8 de ancho e 8 de alto, con forma de cacahuete, a coma extendese a través de millóns de kilómetros.

Antes de que Halley observara ao cometa, hai evidencias de que o ser humano xa o vira antes, incluso en períodos anteriores ao nacemento de Cristo, deixando constancia dilo en escritos e debuxos. Estudos apuntan a que a primeira visualización do cometa foi no 239 a.C.

A presenza de cometas chegouse a asociar, sobre todo na antigüidade, a fenómenos atmosféricos adversos, catástrofes e incluso malos augurios.

O cometa Halley xa pasou preto da Terra 30 veces, a última vez, no 1986, convertiuse no primeiro cometa en ser observado polas naves espaciais, feito que proporcionou importante información sobre a estrutura do núcleo e a composición da coma e da cola . Modificando a composición do cometa, que nun principio se pensou que estaba composto por una mestura de xeo e materiais volátiles, como auga, dióxido de carbono, amoníaco e polvo.

Calcúlase que poderá volver verse no 2061.

Mª de la Peña Rodríguez

30

Page 31: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

PLANETAS ONDE SE PODE ALBERGAR VIDA:

A Terra é o único planeta do universo que, (nos saibamos), alberga vida. A vida na Terra débese a unha combinación de factores:1. A distancia respecto da súa estrela, é dicir, está situada no que se coñece como zona de habitabilidade: nin demasiado cerca onde faría demasiado calor (e a auga evaporaríase), nin demasiado lonxe onde faría moito frío (e a auga conxelaríase).2. Dispón dun campo magnético que nos protexe a nós e á nosa atmosfera das partículas solares e cósmicas.3. A nosa atmosfera é densa, o que nos permite respirar e ademais retén parte da calor que nos da o Sol.4. Temos abundante auga na superficie en estado líquido. Estes factores combinados (xunto con outros que aquí non comentamos) permiten que a vida exista tal e como a coñecemos.

EN QUE LUGARES DO SISTEMA SOLAR PODERÍAMOS ATOPAR VIDA? O planeta Marte está situado na zona de habitabilidade, onde en teoría podería existir auga líquida en superficie, pero pola contra non ten un campo magnético que o protexa, e a súa atmosfera é tan só o 1% da terrestre: demasiado pouco densa, a auga evaporaríase ao momento. Os científicos cren que no pasado si tivo un campo magnético que o protexía, e

unha atmosfera máis densa que permitiu a existencia de auga (como evidencian as imaxes de leitos de ríos e lagos secos), hoxe desaparecidos. Se existiu a vida en Marte no pasado, hoxe probablemente tamén desapareceu.Os científicos buscan evidencias desa vida nas rochas e na atmosfera, analizando a existencia de materia orgánica e de gases coma o metano, que na Terra asócianse coa vida, e aínda que non atopamos nada, temos algúns sinais:- Baixo a superficie sabemos que hai auga líquida, na Terra onde hai auga líquida hai vida, polo que tamén podería pasar en Marte.- Hai meteoritos procedentes de Marte que caeron na Terra e que teñen o que parecen restos de bacterias fosilizadas.- Na atmosfera marciana existen trazas de gas metano que na Terra é un subproduto da vida e asociase á existencia da mesma.

Tamén poden albergar vida exoplanetas como:Ross 128b, o Sistema Kepler 1 , o k2-18b e o Sistema Trappist 1 entre os máis coñecidos,

A miña opinión: Eu creo que poderían albergar vida, polos datos que lin, Marte e o Sistema Kepler 1. A min gustaríame pensar que hai vida en máis planetas, non só no noso. Estaría ben coñecer a outros seres extraterrestres.

María López

O exoplaneta K2-229b.- NASA

Planeta Marte.-NASA

31 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 32: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Animais astronautas Algúns animais lograron o que moitos humanos non puidemos, chegar ao espazo exterior.

Aínda que os astronautas humanos son os que levan o mérito, eles tamén contribuíron á carreira espacial. Laika gañou certo respecto, pero houbo outras criaturas que tamén o merecen por viaxar ao espazo. A primeira foi a mosca da froita, no ano 1946. A misión era coñecer os efectos da radiación a unha altitude determinada.

En 1949 comezou a saga dos monos. Albert II foi o primeiro simio enviado ao espazo. O mono era o animal favorito dos investigadores, para probar os efectos neles da gravidade, polo seu parecido co ser humano.

O rato espacial foi no ano 1950.

Tsygan e Dezik, no ano 1951, foron dous cans enviados ao espazo sen órbita.

A inesquecible Laika foi ao espazo en 1957, sendo o primeiro animal en poñerse en órbita.

O esquío Gordo no ano 1958.

Os monos Able y Baker en 1959.

Ham, o chimpancé en 1961.

A gata Félicette en 1963.

A tartaruga Horsfild en 1968.

Cucarachas silbates de Madagascar no 2006.

O mono iraní foi o último heroe.

Daniela GarcíaMono iraní

Tsygan e Dezik

Albert II

32

Page 33: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

6º de Educación Primaria

A historia máis primitiva da vila de Muxía vai ligada á existencia dun conxunto de pedras situadas na Punta da Barca e ao culto de tipo máxico-relixioso que ao longo dos séculos se practicou cara elas. A lenda conta que a Virxe veu a esta zona nunha barca de pedra para animar ao Apóstolo Santiago despois de gañarse certo odio dos habitantes da cidade de Duio. A comarca quedou mergullada baixo as augas, desaparecendo todos os habitantes ao desobedecer as predicacións do Apóstolo e render culto ao Sol. Santiago retirouse á Costa de Muxía a rezar e a suplicar a Deus para que as xentes cesasen no odio que sentían ás súas predicacións. A partir deste intre empezou a desenrolarse unha lenda arredor destas famosas pedras, situadas moi preto do mar e protagonistas de numerosos ritos e historias máxicas. Segundo a lenda, estas pedras forman parte da barca de pedra na que chegou a Virxe.

PEDRAS DE MUXÍA

PEDRA DOS CADRISAtribúense á pedra propiedades curativas. Crese que se pasas nove veces debaixo dela cúranse as enfermidades de riles, dores de costas e de cabeza.

PEDRA DE ABALARA máis coñecida e a “Pedra de Abalar”, da cal se di que podería ser a barca de pedra que quedou alí tras o encontro entre o Apóstolo Santiago e a Virxe. Conta a lenda que a xente que movía a pedra estaba libre de pecado, xa que senón a pedra non “abalaba”. Ademais, existe a crenza popular de que a pedra bambeaba cando quere xa que nalgunha ocasión moitas persoas se puxeron enriba e a pedra non “abalou”. Outras veces a pedra “abala” soa e crese que cando o fai é para presaxiar unha desgracia.

PEDRA DO TIMÓNA “Pedra do Timón” denomínase así pola súa similitude co temón dun barco e tamén está relacionada coa lenda ao crer que esta pedra é, en realidade, o temón da barca na que apareceu a Virxe.

PEDRA DOS NAMORADOSÉ a pedra onde as parellas de namorados xúranse amor eterno.

33 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 34: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Antigamente o oficio de zoqueiro tivo unha grande importancia no medio rural. Desde os seus obradoiros familiares indo de feira en feira, polos mercados urbanos ou polas casas dos seus veciños. Abastecían a demanda de numerosos paisanos.

O calzado de madeira veu condicionado pola abundancia de monte, o accidentado do terreo, as dificultades de andar por camiños e corredoiras e pola humidade do clima. Por iso o fundamental era facer un material duro e que mantivera os pés quentes. Este calzado faise de distintas maneiras dependendo da zona e do gusto de quen os puña. Distinguíanse as zocas, os zocos, con piso de madeira ou de goma e que teñen forma de bota. Os zocos poden quedar da cor da madeira ou tinguidos de negro, co mesmo tinte que se usa para tinguir o coiro.

O proceso de elaboración comeza co corte do toro da madeira cun tronzón. Logo féndese en catro tacos de tamaño aproximado ao que terá a zoca. Posteriormente, sobre o burro de devastar procédese co machado

dándolle unha primeira forma do pé pola parte de fóra para pasar ao burro de escavar e, valéndose das trades para furar, das gubias e legras, faise a concavidade no interior da peza. De seguido, coas coitelas e coitelos ben afiados, e o rebocador, alísase a parte do pescozo do pé e púese por dentro e por fóra cunha coitela especial chamada bastrén. Estas últimas operacións, fanse apoiando a zoca entre o peito do zoqueiro e unha táboa chamada pratela.

A cotío fanse, co repinisco, unha trencha pequena, unhas incisións ou gravados ornamentais na parte do pescozo do pé.Para que o calzado teña maior resistencia, úntase por fóra con graxa de porco e déixase secar ao sol ou ao carón do lume da lareira.Normalmente as mulleres usan as zocas con zapatillas de fieltro e con calcetíns gordos de la ou de liño aínda que moitos homes úsanas só cos calcetíns.

Normalmente estes oficios pásanse de pais a fillos. Na actualidade, este oficio, está practicamente desaparecido.

OFICIOS: OS ZOQUEIROS

34

Page 35: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

No primeiro trimestre, na sinatura de Lengua Castellana, limos o libro “Marea Negra”

O avó Anxo quedara “mudo” pero os que o rodeaban non sabían a causa que o levara a ese estado. Na súa vila natal, Muxía, vive o seu neto e unha parente

chegada de Arxentina. Despois de moitas investigacións, descubriron que o que provocara ese mal no vello mariñeiro, fora o “desastre do Prestige”.

Hai case 14 anos o buque “Prestige” afundiu fronte ás costas galegas.

O petroleiro tiña case 80.000 toneladas de combustible no seu interior, un tipo de combustible moi contaminante. Mentres estaba de camiño de San Petersburgo a Xibraltar o 13 de novembro de 2002, unha forte tormenta estalou na Costa da Morte (A Coruña).

O mal estado do buque xunto coa súa vellez e as malas condicións meteorolóxicas provocaron unha avaría no buque e provocaron unha fuga onde o combustible comezou a fugar. Aínda que o barco afastouse da costa galega e entrou mar adentro para producir “un mal menor”. Só seis días despois partiu á metade e afundiu. Este feito provocou a liberación de combustible ao mar e contaminou un total de 2.000 quilómetros da costa española e francesa.

“PRESTIGE”

As consecuencias do desastre:

As praias tinguíronse de negro por mor do chapapote e a flora e fauna mariñas sufriron as consecuencias do desastre ambiental.

En total, as 63.000 toneladas de combustible liberadas do buque obrigaron a prohibir a pesca e o marisqueo durante meses, afectando gravemente á industria pesqueira galega.

35 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 36: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Non obstante, a solidariedade de miles de voluntarios de todas partes fixo que as praias comezasen a rehabilitarse. En total, os cooperantes recolleron 23.000 aves cheas de combustible, aínda que máis de 17.000 morreron como consecuencia do desastre.

Ademais, moitas das persoas que axudaron a limpar os efectos do desastre nas praias e tiveron contacto directo co chapapote, tiveron problemas respiratorios anos despois. En canto ás perdas económicas, un informe pericial da Fiscalía cuantificou o impacto ambiental e económico no Estado español en 3.862,42 millóns de euros.

Por outra banda, as gretas no barco, abertas no naufraxio, estaban cubertas polo batiscafo Nautile. O pequeno buque submarino foi capaz de tapar as fendas e extraer todo o combustible que quedaba dentro do buque afundido, polo que os danos poderían minimizarse.

36

Page 37: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Vivir o cole nun ano de pandemiaO alumnado de sexto de Primaria reflexiona o que está a vivir neste ano tan diferente que estamos a vivir. Cóntannos en Ludicol como o están a vivir e as diferencias ante outros cursos.

DanielaBen, eu penso que este ano está sendo un ano moi diferente a todos os vividos.Hai un tempo, un día normal e corrente comunicáronnos que marchabamos quince días para a casa. A xente pensou que sería divertido e outros non. Pero ninguén pensou que iamos chegar ao punto que chegamos. Quince días máis, quince días máis...e así tres meses. E chegou o verán e foi mellor. Podía ir á praia e máis cousas.Chegou setembro. No primeiro día de clase a min molestábame moito a máscara, pero agora estou acostumada.A distancia é o máis difícil desde o meu punto de vista, aínda que hai que facelo para evitar o contaxio do maldito coronavirus.Gústame ir ao colexio, é moito mellor que traballar na casa.Agora, dentro de nada, chega o Nadal e espero que sexa o mellor do mellor.Bicos!!

DohaO confinamento No confinamento non me sentou moi ben o de non ver aos meus amigos e foi moi difícil estar tres meses na casa. A cosa foi mellorando, por fin nos deixaron saír unha hora da casa. Veu a época dos bikinis, praia, protector solar… pero non era o mesmo:

máscaras, xel, distancia… Rematou o verán e veu a época de estudar e todo foi moi distinto para min. Non só polas máscaras e demais, tamén me cambiaron de colexio e, xa sabedes, compañeiros novos, os mestres... e o máis difícil: adaptarse ao novo colexio. A verdade e que foi máis fácil do que me imaxinaba e os compañeiros son moi amables. O que máis me gusta e que somos multiculturais. Eu son de Marrocos, Elena de China, Byron de Colombia… Estou súper feliz de estar aquí cos meus novos compañeiros e espero que sexa así para sempre.

EnzoOla, son Enzo e hoxe dia 4/12/2020.Vou explicar o que pasou ata chegar a unha pandemia mundial. Era un dia normal no colexio o 12/3/2020 para ser exactos. Antes de irmos á casa, explícannos dun tal COVID-19. Eu, nese momento, estaba a pensar que é iso...cómese? Uns minutos despois decateime que era un virus mortal. Despois estivemos confinados sen saír da casa 3 meses. Despois dos 3 meses, os nenos podían saír unhas horas. Pero cunha condición.: saír coa máscara e non se podía ir a ningún sitio. Só pasear. Pero ao cabo duns

meses puidemos volver ao colexio pero non era o mesmo. De 1º xa non estabamos en quinto senón que en sexto de Primaria e de 2º era con máscara, distancia social de 2 metros e xel hidroalcohólico. Agora xa estou afeito pero claro ao principio era algo novo para min, non sabia nin que existían.

FátimaOla, moi boas, son Fátima. Despois de estar tres meses na casa e outros tres máis sen cole, desde logo é bo estar no colexio.Para min, as medidas que temos non son extremas pero tampouco vou dicir que me gustan.Nunca pensei que diría: Quero ir ao cole! Pero este ano, como é ben diferente, díxeno.Os profes e os alumnos lévano bastante ben, porque na miña clase non tivemos ningún contaxio.Encántame estar cos meus compañeiros pero, iso si, odio facer as tarefas para a casa.Pd: Odio o Covid-19

37 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 38: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

Irene A corentenaEu na corentena estreseime moito xa que sempre se estudaba na casa e ninpodíamos divertirnos na rúa como antes...A noticia de que volviamos á clase creo quenos aledou a todos, a idea de ver outra vez aos nosos amigos e volver ver aosprofes.Era estupendo!!Todo sería moito mas fácil e non tanto agobio na casa ,estabamos moi separadosdos compañeiros pero a idea de volvérmonos ver non a estropeaba nada ,nosrecreos non podíamos xogar e iso facíao máis aburridiño pero xa volviamos ásdespois de máis de tres meses ,xa se resolvían as dúbidas, sen chamadas dos profes e tamén volvía estar o noso ficheiro ven cheo . Tamén hai cousas malas ,como cada vez que viñamos do baño, GEL!! Antes de merendar ,GEL!! despois de Educación Física, GEL !! E así diariamente...Costounos un pouquiño incorporarnos pero, pouco a pouco, cos ánimos dos profes iamos avanzando. Eu creo que a verdade ninguén querería volver a corentena.

LolaEstou moi feliz de estar aquí no cole. De non ser así, aínda estaríamos dando as clases por ordenadores. Eu creo que o estamos facendo bastante ben, aínda que poderiamos intentar levar isto un pouco máis adiante, e cumprir máis as normas. Gústame moito como é o protocolo do covid no colexio. Paréceme moi ben que nos deixen ir ao cole, e debemos aproveitalo. Non me quero imaxinar como sería todo se aínda estivésemos confinados. Espero que todo vaia ben no Nadal, aínda que...Vexo vir bastantes cousas. Eu polo menos voume quedar na miña casa cos meus pais e a miña irmá e se iso, xa faremos videochamadas, que para iso están. Sei que non será como antes pero eu prefiro celebrar este Nadal na miña casa que non celebralas o ano que vén.

Mateo Eu penso que esta situación é unha pataca, co colexio e coas restricións incluídas, pero, só por unha parte. Por outras, penso que en certo modo podemos aproveitalo. Como? É un pouco complicado de explicar:Antes había moitas formas de vida e por este cambio, temos medo á nova rutina/vida. Dou fe que o medo é igual de bo como de malo e, grazas a el, prevense as consecuencias.E falando de medo...unha cuarta parte de sexto non está cagadísimo. Penso que é o Covid que afecta á cocorota...Oh! Non! O meu dez en Mates! (é broma, penso que estou encadeado ao nove.Ben, ao gran, vou dar opcións para aproveitar esta situación que estamos a vivir:1.- Coñecendo ou achegándote a persoas do teu entorno diario que non tiñas relación con elas.2.- Descubrindo cousas novas que non facías: deporte, videoxogos, bailes...3. Descubrir datos incribles sobre historia, patacas, seres vivos, ....4. E millóns de cousas máis... e esta de regalo: Bo Nadal!!A miña opinión é que as patacas son unha comida saudable e que o teu día a día se pode facer mellor que antes, incluso en situacións pataca coma esta.PD: As patacas están mellor fritidas que cocidas, moi a pesar do que digan as mamás.

38

Page 39: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

39 O mensaxeiro Ludicol Nº 16, Decembro de 2020

Page 40: Ludicol 16 2020colexioludy.gal/posts/wp-content/uploads/2020/12/Revista... · 2020. 12. 21. · Monicrece da UD elaborada pola Asociación Artabria ... en 4 anos 8. Ludicol 16 2020

40