lucio martÍnez historial de medo e represión · 2015-05-20 · década dos 60 con ricardo de la...

18
04.15 69 SUPLEMENTO BIMENSUAL DE LIBROS | SEGUNDA QUENDA | NÚMERO 08 | abril 2015 NARRATIVA Diego Ameixeiras, Xabier Quiroga, Alberto Ramos, Santiago Lopo CREACIÓN Chus Pato / Erin Moure: da Secesión á Insecession Rosa Enríquez: Espectros LITERATURA INFANTIL Emilia Pardo Bazán para nenos Ledicia Costas e a Cociñeira defunta POESÍA SONORA Grupo Cinta Adhesiva, Pepe Cáccamo e Baldo Ramos LUCIO MARTÍNEZ Historial de medo e represión

Upload: truongtruc

Post on 01-Nov-2018

218 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

04.15 69

SUPLEMENTO BIMENSUAL DE LIBROS | SEGUNDA QUENDA | NÚMERO 08 | abril 2015

NARRATIVADiego Ameixeiras, Xabier Quiroga,Alberto Ramos, Santiago Lopo

CREACIÓNChus Pato / Erin Moure:da Secesión á InsecessionRosa Enríquez: Espectros

LITERATURA INFANTILEmilia Pardo Bazán para nenosLedicia Costas e a Cociñeira defunta

POESÍA SONORAGrupo Cinta Adhesiva,Pepe Cáccamo e Baldo Ramos

LUCIO MARTÍNEZHistorial de medoe represión

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 69

70 04.15

Pro

Texta

T

Prto

Tago

nist

a

C omeza o libro falando das

dificultades para acceder a

certos documentos, como os expe-

dientes de incautación contra

sociedades, partidos políticos e

sindicatos. Que problemas tive-

ches, neste sentido?

Bastantes problemas. Quixen ampliaro estudo de depuración de docentes eestendelo aos inspectores de ensino,un corpo de funcionarios que durantea II República estivo moi implicado narenovación pedagóxica. Pero fracasei.Atopei cun muro infranqueable, cunhaestratexia de sucesivos entorpece-mentos administrativos. Finalmente, -en vista da miña cabezonería-, argu-mentouse cun feito inapelable; unhainundación de auga producira un com-pactamento de toda a documentación.Imaxina a cara que se me quedoucando tempo despois escoito ao presi-

dente Feijoo dicindo que non podíaproporcionar unha documentación quelle requiría a oposición porque des-aparecera nunha inundación de auga.

Cos expedientes de incautaciónde bens e propiedades contra perso-as, sindicatos, partidos, sociedadesagrarias e culturais, sucedeu algosimilar. Terían que estar nos xulgadosencargados de abrir a instrución, peronon foi así. Os expedientes de incau-tacións e responsabilidades políticasque chegaron ao Histórico dePontevedra despois da súa destruciónforon pouquísimos e nunhas condi-cións lamentables: incompletos, ilexi-bles e mesturados. Respecto dadocumentación dos arquivos diocesa-nos galegos, prefiro non entrar endetalles. Outro historiador, especiali-zado na historia da igrexa durante ofranquismo en Galicia, -José Ramón

Rodríguez Lago-, explícao con rotun-didade cando di que os arquivossecretos non están no Vaticano,senón nos bispados.Un dos obxectivos do teu libro é o

estudo dos “totalitarios instrumen-

tos de vixilancia social” do fran-

quismo, tema que tamén tratou

Emilio Grandío en ‘Vixiados.

Represión, investigación e vixilan-

cia na Galiza dá Guerra Civil (1936-

1939)’. Corresponden, entón, eses

métodos a un estado totalitario, e

non só “autoritario” como chega-

ron a dicir algúns autores?

Gustaríame lembrar que é o propioFranco quen durante os primeirosanos 40 referiuse orgullosamente aoestado por el construído como unestado totalitario. Temos que darlle arazón niso. Toda ditadura como míni-mo é autoritaria, é máis, dicir “ditadu-

A simetría de culpabilidades,a reconciliación, a represióne o esquecemento

Montse Dopico Texto Anxo Cabada Fotos

O profesor Lucio Martínez afonda en ‘Medo político e control social na retagarda fran-quista’, (Xerais), na represión franquista como xeito de control social. Céntrase, para iso,na depuración dos docentes, nas comisións de incautación e responsabilidades políticase na persecución da masonería.

LUCIO MARTÍNEZ

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 70

04.15 71

Pro

Texta

T

Prto

Tago

nist

a

ra autoritaria” é no fondo un pleonas-mo, xa que ningunha ditadura podedeixar de ser autoritaria. O adxectivonon vale para cualificar o réxime fran-quista, polo menos, até a primeirametade dos anos 50. Existe un pro-blema, se chamamos autoritaria áditadura franquista, que termo empre-gariamos para a ditadura portuguesaou as ditaduras do cono sur dos anos70? Teriamos que rebaixalas ao nivelde ditablandas?. Insisto, deámoslle arazón a Franco.Cales eran as principais pezas do

sistema delator? De que maneira

conseguiu implicar a base social?

Podemos falar dunha sistemáticadelatora organizada en catro polos deacción coordinada: propagandístico,institucional, promocional e legal.Empecemos polo propagandístico. Adelación, -consideraba como obriga

patriótica-, estimulouse mediantecampañas de prensa orientando apoboación sobre as pautas a seguirna “detección do inimigo interior”. AIgrexa cooperou neste ámbito, colo-cando a delación baixo o patrociniohistórico da Inquisición. O turbión acu-satorio converteuse nun problemaque puxo en risco de colapso as tare-fas dos organismos de información erepresión. Fíxose necesario facerchamamentos públicos para frear aavalancha de denuncias falsas.

O abano de institucións dedicadasa acoller delacións era enorme; parro-quias, alcaldías, garda civil,Delegación de Goberno, Comisaríasde Investigación e Vixilancia, Servizode Inspección de Primeiro ensino,Servizos de Información de Falanxe,as Comisións Depuradoras eGobernos civís, Xulgados militares, os

xulgados provinciais de responsabili-dades políticas, as comisións de incau-tacións. Creouse unha extensa redede delatores: alcaldes de barrio, portei-ros, propietarios de bares e cafetarías.Os delatores-informadores repartíron-se por estadios de futbol, prazas deabastos e aulas universitarias. Domesmo xeito que na Alemaña nazi, asdenuncias foron un mecanismo socialpara que o Estado ditatorial mantiveseo control sobre a sociedade.

As denuncias, ademais dunhafonte de información, foron unha deforma implicar a sociedade civil narepresión, e polo tanto, de reforzar osseus lazos coa ditadura. A delaciónconverteuse para moitos no primeiroacto de compromiso con esa ditadura.Un compromiso que evidenciaba unhaestratexia para porse a salvo das sos-peitas de desafección, pero tamén, un

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 71

72 04.15

Pro

Texta

T

Prto

Tago

nist

a

recurso para conseguir a promociónpersoal. A delación normalizouse,transformándose nun dos alicercessobre os que se asentaron as relaciónsprofesionais e laborais. Durante aépoca circulaba un chiste revelador:Quen é masón?,-preguntáballe un fun-cionario a outro. O que está diante noescalafón. Respecto ao último dospolos, o legal, dicir que a Lei deRepresión da masonería ofrecía aposibilidade de atenuar as condenasde cárcere se se facía unha retracta-ción de erros de Fe ante as autorida-des relixiosas, pero esta retractaciónsó se consideraba válida se se acom-pañaba co suficiente número de dela-cións de “irmáns”, cantas máis mellor.De que maneira chegou o “pacto de

esquecemento” á chamada transi-

ción e que consecuencias ten

aínda hoxe? Por que se mitificou a

transición?

Consecuencias, moitas. Centrarmeunicamente naquelas que serven paraexplicar o atraso que temos respectode Alemaña e Italia no coñecementoda represión fría. O relato mítico datransición falounos e fálanos dun con-senso entre a esquerda e a dereita.Esta idea dun consenso realizado senameazas e chantaxes instalousecomo materia prima dunha rutinamental, repetida en libros, reportaxes,series de televisión e novelas. A reali-dade foi outra. As posibilidades esta-ban recortadas.

A esencia da transición consistiuen tutelar a recentemente nada socie-dade democrática e en trazar unhaliña que separaba a única posibilidadeseleccionada das demais, que foronpresentadas como unha maneira de

busca problemas. Á esquerda non llequedou máis remedio que asumir uncamiño previamente deseñado polosreformistas do Réxime de Franco. Aselites políticas procedentes do fran-quismo ostentaban boa parte dopoder político do Estado e desde logotodo o poder da forza militar.

Pero a transición non foi soamen-te un deseño político. Levaba apare-llada a necesidade de eliminar ocoñecemento dos aspectos máisescuros da ditadura. Esta terxiversa-ción do pasado xa viña ensaiada deatrás. Os historiadores do Réxime dadécada dos 60 con Ricardo de laCierva traballando ás ordes deManuel Fraga inventaron- acuciadospolos resultados da investigaciónestranxeira independente- a teoríadas responsabilidades simétricas,baseada na tese da culpabilidadecolectiva dunha sociedade incapaz degobernarse a si mesma, base históri-ca, á súa vez, para a teoría da recon-ciliación que iguala a responsabilida-de de vítimas e verdugos.

Algo así, -dicíao Habermas en tonirónico-, coma se a responsabilidadedo Holocausto se repartise entreHitler e os xudeus. O relato da equi-distancia, do todos fomos culpables, atese da simetría de culpabilidades,permitiu aos franquistas reformistastrasladar a súa capacidade para man-terse no poder desde o réxime ditato-rial ao novo réxime democrático. A leide amnistía de 1977 non é, como serepetiu moitas veces, expresión damadurez democrática, senón do enor-me desequilibrio entre o poder dasforzas de esquerdas e dereitas. Aesquerda do momento non tiña outraalternativa que aceptar a chantaxe.

Iso si, ofrecéuselle unha saídahonrosa; fixéronlles crer que o tránsi-to pacífico á democracia era cuestiónque dependía da prudencia daesquerda. O certo é que o PSOE e oPartido Comunista souberon trasla-darlle aos seus votantes a idea de queo exército se converteu nunha espe-cie de perigoso animal que non habíaque espertar. A reforma política nonfoi consensuada, foi imposta. Estasmesmas limitacións que deron formaá transición seguían vivas e lastrarona Lei da memoria histórica.

Iniciativas como as comisións daverdade, categorías e principios xurí-dicos como a xustiza transicional e axurisdición universal non puideron terlugar. O PSOE coa súa lei daMemoria practicou un falso compromi-so coa memoria histórica. O intentodo goberno socialista de non ofenderos herdeiros ideolóxicos dos vencedo-res equivalía finalmente a aceptar aversión da historia tardofranquista dasimetría de responsabilidades.

Medo político e control socialna retagarda franquista,

Lucio MartínezXerais, 2014

A tese da simetría de culpabilidades permitiu aos franquistasreformistas trasladar a súa capacidade para manterse no poderdesde o réxime ditatorial ao novo réxime democrático. A lei de

amnistía de 1977 non é, como se repetiu moitas veces,expresión da madurez democrática, senón do enorme

desequilibrio entre o poder das forzas de esquerdas e dereitas.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 72

Pro

Texta

T

Prto

Tago

nist

a

04.15 73

No sistema educativo, despois da

primeira depuración urxente de

mestres creouse unha estrutura

con comisións. Cal era, a grandes

liñas, o procedemento de depura-

ción? Que papel tivo xa entón

Filgueira Valverde?

O docente era suspendido nas súas fun-cións ata que non se demostraba a súaidoneidade ideolóxica. Estableceuse unprazo de 1-3 meses, intencionadamen-te incumpriuse e a depuración non fina-lizou en moitos casos ata que transco-rreron varios anos. Conseguíase así quedurante ese tempo as prazas fosen refu-gallo de guerra para párrocos, excom-batentes e familiares.

Parroquias, alcaldías, falanxe egarda civil enchían uns informes pre-ceptivos, cos datos facíase un pregode cargos. Os docentes podíandefenderse e achegar informaciónnun prego de cargos, a maior partedas veces inútil, xa que as acusa-cións, unha vez formuladas conside-rábanse probadas, sen admisión decontrastación.

Respecto da segunda parte dapregunta dicir que o papel de

Filgueira Valverde foi o dunha persoaastuta que tivo o poder suficientepara eliminar probas sobre a súaimportantísima colaboración coa dita-dura franquista. Como premio polos“servizos prestados” en tres organis-mos de depuración- bibliotecas,docentes, e revisión de sancións- foinomeado 4 veces procurador nascortes franquistas.A recristianización da escola foi

unha das prioridades. Que ten de

herdanza do franquismo o que está

a pasar estes días co decreto sobre

a materia de relixión? É compatible

coa aconfesionalidade do Estado

predicada pola Constitución?

Bourdieu dicía que entre as funciónsdo Estado atópase o monopolio deprodución de identidade lexitimadora.O BOE escribindo tantas veces apalabra Deus, así, con maiúsculas,dálle carácter de ben público, de ver-dade oficial, desparticularízao e pro-duce un necesario efecto de universa-lización. É dicir, renuncia, ao carácteraconfesional do Estado.Por que a Lei de Responsabilida-

des Políticas é insólita na historia

do dereito español, ata para aquel

tempo? Poderían establecerse

conexións desta e outra leis de

represión franquistas coa actual Lei

de “Seguridade Cidadá”, que preo-

cupa ata á ONU?

Si hai conexións. Aínda que hai queaclarar que no segundo caso esta-mos a falar de algo distinto, aíndaque non diferente. Ambas as leis; aantiga de Responsabilidades e aactual de Seguridade; poderíanseincluír dentro dunha historia de recor-tes de dereitos civís en España.España, como acaba de demostrar ohistoriador Rafael Cruz, é un país queprotesta moi pouco. Na Lei deSeguridade, parte do repertorioexpresivo da protesta criminalízase epasa a control gubernativo. Elimínasea posibilidade de que a tutela xudicialpoida garantir o exercicio da protestaante decisións gubernativas inxustasou abusivas. Dito doutra forma, haiindicios de que imos cara a unhaépoca de gubernativos fortes, cara agobernos de “lei e orde”, ou cara aoque algúns politólogos chaman“democracia de baixa calidade”.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 73

74 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

S egundo a lei de Jameson, tal ecomo foi enunciada e descrita

por Franco Moretti, é na periferia ondese producen as innovacións que,logo, unha vez consolidadas, tendena ocupar o centro do sistema. Na peri-feria diso que denominamos poesía,considerada como xénero clásico eentendida a través da súa transmisióncanónica por medio do libro de papel,encóntranse eses xéneros fronteiri-zos, tan incómodos para os críticos,da poesía combinada con outrasartes, sexan estas as artes plásticasou a mesma música. Acontece que,desde hai un tempo, algunhas dasexperiencias máis innovadoras elibres e eu diría que pracenteiras quecirculan a día de hoxe polo noso cír-culo de semiose, iso que de nomina-mos cultura galega, proceden desaperiferia, sen que o vigor e a fermosu-ra que semellan esparexer teñas sidorecollidos pola crítica como creo quese merecen.

Referirémonos a dúas que salien-tan polo seu impacto: o disco Volume1 do grupo Cinta Adhesiva, lideradopola poeta Silvia Penas, e o libro CaraInversa de Pepe Cáccamo e BaldoRamos, en que se combinan poesía eson, no primeiro caso, e poesía eartes plásticas, no segundo, nunhaexperiencia de enorme riqueza deprodución de sentidos.

Do Volume I de Cinta AdhesivaO que se nos ofrece en forma dedisco compacto, mais tamén a travésda rede en diferentes lugares, e,sobre todo, de espectáculo poético-sonoro ao longo do país, é o que eudenominaría concerto para poeta

solista. Explicareime. A difícil conci-liación de música e palabra acadanesta nova modalidade unha sutilsuxerencia: non se trata de pór nunescenario a unha poeta a cantar, ninsequera de combinar ese canto corecitado de textos poéticos propios,nunha combinación máis ou menossuxestiva. Desde o Schönberg deMoisés e Aaron, en que se concibe apresenza dun coro que fala, isto é,que non canta, a valoración da pala-bra humana como un instrumentomáis dentro da experiencia sonoratense convertido nunha das teimasde certa vangarda. A voz de Silviasoa clara, limpa, matizada, e nuncaexenta do engadido dramático quedemanda a situación peculiar no seupercorrido polo texto. E a voz deSilvia é a que centra, a través dosseus propios discursos, o intereseinicial do espectáculo ou do disco,sexa cal for a forma en que nosacheguemos a eles, mais, alén diso,o interese engadido xorde da consta-tación de que o fondo sonoro non éun mero fondo de acompañamentoque poida dar profundidade e dimen-sión a ese discurso oral, senón queadquire a súa propia carta de pre-sentación. A banda que lidera JesúsAndrés Tejada confecciona unambiente neo-wagneriano, con efec-tos acústicos e electrónicos, grava-cións, reverberacións, ecos, distor-sións, que contribúen a crear esedrama en música, con esa heroínaque xa non quere cantar, saída duncoro grego, a falar sobre a nai, sobreas mulleres, sobre as ganas dematar, de destruír, mais tamén defacer e de crear, nunha evocación na

Da periferia creativa

Manuel Forcadela Texto

Volumen I,Disco CD de Cinta AdhesivaEdición Limitada, 2014

POESÍA SONORA Dúas innovadoras, libres e pracenteiras experiencias da mando grupo Cinta Adhesiva, Pepe Cáccamo e Baldo Ramos.

A banda confeccionaun ambiente neo-wagneriano, conefectos acústicos e

electrónicos,gravacións,

reverberacións, ecos,distorsións, que

contribúen a crear esedrama en música, conesa heroína que xa nonquere cantar, saída

dun coro grego, a falarsobre a nai, sobre asmulleres, sobre asganas de matar, dedestruír, mais taménde facer e de crear.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 74

que os tropos da linguaxe se revelantan efectivos como os mesmos xogosacústicos a que nos vemos someti-dos. E non hai nada que se poidaconsiderar repetitivo, na medida enque en cada un dos pasos, en cadaunha das encrucilladas do texto, haisolucións sonoras diferentes e taméninterpretativas, que xogan co volu-me, coa voz que berra ou que mur-mura, coas guitarras acústicas oudistorsionadas, co ritmo ou co silen-cio, nun entramado que deixa a sen-sación final de sublime, maís alá do‘sublime tecnolóxico’ do que falabaJameson.

Da cara inversaO libro de Cáccamo e Ramos é unatentado de seda contra un dos impe-rativos do noso tempo: a quebra daalianza entre a linguaxe e o mundo. Aasociación que se leva a cabo entretextos e obxectos subliña esta idea.As palabras que se queren vinculadasa un obxecto, adquiren na súa auto-nomía unha virtualidade propia, total-mente afastada do obxecto sobre oque, no momento de súa escrita, pui-deron, acaso, apoiarse ou xustificar-se. Mais, aínda alén diso, eu diría queos obxectos tamén forman partedesta mesma quebra e, lonxe deexperimentar co mundo, aparecen,tamén de partida, convertidos enespectros, uns poucos sinais máisque engadir ao carácter fantasmagóri-co do mundo. Así pensada, a expe-riencia, que lembra pola confecciónen libro ao aquel xa distante no tempoPoemas de ti e de min de Xosé MaríaÁlvarez Blázquez e o seu irmán EmilioÁlvarez Blázquez, é un percorrido por

dúas linguaxes en paralelo: por unhabanda, os obxectos, dispostos a tra-vés das magníficas fotografías deAnxo Cabada, e, por outra banda, ospoemas, que tentan, unha vez trasoutra, establecer ese diálogo imposi-ble, reiniciando de novo, aínda quedesde a nostalxia da imposibilidade, aprocura do abracadabra que sinale ocarácter non fantasmagórico domundo e a posibilidade de que a pala-bra estea incardinada no mesmocerne do real, ben lonxe do seu reinoactual no simbólico. Digamos que afermosura do proxecto radica naconstrucción desoutro mundo que sonos obxectos e a simulación dun con-

xunto de textos en paralelo, vincula-dos a ese novo mundo. Mais isto queacabo de enunciar aquí non seríamáis que o pacto previo, o acordo ini-cial que se establece co lector-espec-tador e a partir do que se levaría acabo a posterior experiencia estética.Porque o que nos desvelan os poe-mas e o seu vínculo cos obxectos queos acompañan e viceversa, é xusta-mente o contrario. Isto é, que si existeesa relación íntima entre a linguaxe eo mundo. E que, cando esta é percibi-da, dá lugar á maior das experienciasque cabe entre os humanos: a expe-riencia estética. Asi, pois, neste soñoque é en conxunto todo o libro, resul-tante dunha exposición, as palabras eos obxectos do mundo está intima-mente conectados porque cada pala-bra é xa de por si un obxecto e porquecada obxecto redunda nunha mensa-xe de palabras que deixan comopouso un oh de admiración, ese ohque non romantismo chegaron a defi-nir como o auténtico Real. P

roTexta

T

ProP

osta

s

04.15 75

Cara inversaPepe Cáccamo, Baldo RamosLibros da Frouma, 2014

O libro é un atentadode seda contra un dosimperativos do nosotempo: a quebra daalianza entre a

linguaxe e o mundo.As palabras que sequeren vinculadas aun obxecto, adquirenna súa autonomíaunha virtualidadepropia, totalmenteafastada do obxectosobre o que, nomomento de súaescrita, puideron,acaso, apoiarse ou

xustificarse.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 75

76 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

P arece imposible empezar a críti-ca dun libro de Chus Pato, cando

menos desde m-Talá (Xerais, 2000) enadiante, sen unha extensa disquisiciónpreliminar sobre a súa posible clasifica-ción xenérica, un debate previo que, ásveces, mesmo parece eximir da propialectura do libro.

Secesión non é unha excepción aesta regra. Foi publicado en xuño de2009 na colección “Literarias” denarrativa de Galaxia, xusto despoisd’A praia dos afogados, de DomingoVillar. O resto dos libros de Chus Patonesta mesma editorial –A Ponte das

Poldras, Fascinio (reed.), e Carne de

Leviathán- foran todos eles incluídosna serie “Dombate” que a editoraviguesa reserva para os seus títulosde poesía. Se despois de coñecereste dato lemos o fragmento deBarthes na cancela do libro no que seadvirte: “o recibíbel sería o texto ilexí-bel que engancha, o texto ardenteproducido continuamente fóra de todaverosimilitude […] e cuxa funciónsería impugnar a restrición mercantildo escrito”, fica patente a intención dapropia autora de situar o lector ante untexto que se reclama “impublicábel”ou xenericamente difuso.

O libro, en efecto, achega unhaserie de materiais diversos en cantoao seu contido e forma, nos que aautora limiá trata algúns temas reco-rrentes na súa obra anterior: Nación,Arte, Suxeito, Poema, Muller, que vanentrando en escena nos fragmentosdun caderno de viaxe ao Tánxerbowlesián ateigado de reflexións pai-saxísticas e históricas á maneira, porpoñer un caso, do seu benqueridoOtero nas Pelerinaxes, ou do periplo

italiano de Goethe; na mesma catego-ría, unha visita á Shoah cos Cárpatosno horizonte, publicado previamentenas páxinas de Grial ; narracións bre-ves ou estampas descritivas ouren-sás e alexandrinas nas que resultadifícil discernir os planos do onírico,do biográfico e do ficticio, e quepoden servir de base para ulterioresauto-interpretacións psicanalíticas;escolios ou comentos sobre algúns

personaxes da literatura clásica,nomeadamente, o parAquiles/Pentesilea, tema do queChus Pato adoita atopar algún dosseus achados máis felices; digre-sións aforísticas sobre a relaciónentre o Logos e o Corpo, que anosmáis tarde constituirá a trama centralde Carne de Leviatán; páxinas dundiario pavesiano que rexistra os tra-ballos e as reflexións metaliterariaspropias do seu oficio de escritora. Odeserto, o delta, os paxaros, a lingua-xe,… toda a tópica, en fin, que consti-túe a materia da escrita chuspatiá

desde os seus inicios, e na que sedetecta, así a todo, un progresivoafastamento do paradigma militanteque sostiña o universo dos Ergas, eun transitar case xeracional do lumeposmoderno que conduciu a autoradeica un lugar que ela mesma sitúa“fóra de bando, fóra de bandeira”.

Probablemente, Secesión sexa aobra na que a autora de Nínive fixo oesforzo máis prolongado e conscien-te de non escribir poesía. Un libro,

máis ca fragmentario, feito de frag-mentos desoutros xéneros menores–diario, libro de viaxes, caderno deapuntamentos- que os autores, asautoras, cando xa sumaron a súaparte “á memoria do idioma”, como éo caso indiscutible de Chus Pato,agasallan os seus lectores entremiliario e miliario. Unha escrita quese pretende tal vez máis morna epousada, máis mediana e vestida deluns, propósito no que felizmente fra-casou esta escritora, pois non haiChus Pato menor e nos seus textos,mal que lle pese, sempre acaba abro-llando o poema.

Do lume posmoderno

Alberto Lema Texto

POESÍA Os temas recurrentes na obra de Chus Pato que van entrando en esceanos fragmentos dun caderno de viaxe ao Tánxer bowlesián.

Un libro, máis cafragmentario, feito defragmentos desoutrosxéneros menores

-diario, libro de viaxes,caderno de

apuntamentos- que aautora agasalla osseus lectores entremiliario e miliario.

SecesiónChus Pato

Galaxia, 2009

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 76

04.15 77

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

S e c e s s i o n / I n s e c e s s i o n

(BookThug 2014, Toronto) é unvolume que ofrece dous poemarios enprosa aparentemente paralelos:Secession de Chus Pato “traducido dogalego ao inglés canadiano enMontreal e Kelowna por Erín Moure”, eInsecession, “unha ecolación-home-naxe e biopoética de Erín Moure,poeta de Montreal nada no mesmoano que Chus Pato”. A disposición grá-fica no libro impreso sitúa oInseccesion de Moure nas páxinaspares e a tradución do Secesión dePato nas impares, xogando así coaconvención lectora occidental que,movéndose de esquerda a dereita,sitúa o “orixinal” por diante da “traduc-ción”, neste caso, o texto de ErínMoure (Insecession) por diante dotexto de Chus Pato (Secession)… ouera o contrario? Non era o texto dePato o “orixinario/orixinal” que Mouretraduce? Pode Insecession ser untexto ‘orixinal’ se ‘reescribe’ o textoque atopamos na dereita, Secession

–que non é o Secesión de Chus Pato,senón o Secession de Erín Moure, tra-dutora visible e presente que nos lem-bra que toda tradución é, sempre,unha reescrita: “‘With love all this isbearable’, writes Chus Pato. Or, moreaccurately, “Con amor… for it was mewho wrote ‘with love all this’” (p.154)?Pero non estaba este concepto de ori-xinalidade xa máis que superado naposmodernidade? Por que menciona-lo aquí? Na presentación deInsecession en Vigo hai uns meses,Moure explicou os férreos obstáculosque a política de subvencións culturaissupoñen para a tradución literaria enCanadá, onde a orixinalidade importa,

e moito, porque supón un importe eco-nómico, en forma de axudas ás edito-riais, pero que actúa de feito en contrada importación: o nacionalismo cultu-ral promove, nesta política, o pechedas fronteiras á literatura “estranxeira”(mesmo en tradución ás linguas ofi-ciais do país), e cuantifica numerica-mente a proporción de “orixe/orixinali-dade” canadiana dun texto para consi-deralo subvencionable ou non.Insecession/Secession é un acto deresistencia fronte a estas “medidasculturais” e contra o concepto mesmode fronteira: o poema “48, or 49”, único“orixinal” no libro – en canto que é unengadido aos poemas traducidos deSecesión e os seus ecos– aborda estacuestión, e a Moure poeta regálanosestes versos para que o número totalde palabras ‘orixinais’ sexa finalmentesuperior ao de palabras ‘traducidas’pola Moure poeta-traductora, “whereina present naturalizes/the case fortranslation” (p. 170); un agasallo quexenerosamente adica ao CanadaCouncil of the Arts (o Consello da

Cultura Canadiana) “co desexo dealgún día decida apoiar a publicaciónde traducións internacionais feitas portradutorxs de Canadá” (p. 174).

Neste xogo de espellos que éSecession/Insecession, a eco-poéticaque propón Moure non é só aquela queinscribe a terra no poema (“a ruralida-de que foi, misteriosamente, o primeirolar da futura tradutora” p. 22), senónaquela que capta e amplifica as rever-beracións doutras voces, outras lin-guas, outros ecos-sistemas. Cada undestes poemarios, dispostos comoespellos enfrontados, produce en simesmo un infinito eco de reflexos enmise en abyme no que as referenciasliterarias, filosóficas, xeográficas e his-tóricas—o imaxinario de cada unhadas poetas, en palabras de Moure—se multiplican e interseccionan, nútren-se mutuamente de tal xeito que aestructura semella, seguindo ao poetaDouglas Babour “unha dobre héliceque se comporta como unha banda deMoebius”. En Insecession Moure refle-xiona sobre a influencia de Pato na súapropia biopoética: “Unha non pode tra-ducir a Chus Pato sen que isto lle tran-forme profundamente e desafíe á súapropia poética, poeisis, que non énunca propia ‘dunha’, ou ‘propiedade’dunha” (p. 162), e inscribe así a biopo-ética de Pato nun proxecto feministatransnacional: “Este é un diálogo conChus Pato, este non é un diálogo conChus Pato, este é un recanto nun teci-do, unha irrupción nunha conversa conpoetas aínda que a casa está en silen-cio e nela so estou eu” (p.166).

Inseccesion recolle converxenciasevidentes nas biopoéticas de ErínMoure e Chus Pato, mulleres dunha

Ecolación e biopoética

Belén Martín Lucas Texto

POESÍA A disposición gráfica do libro sitúa o Inseccesion de Erin Moure naspáxinas pares e a tradución de Secession de Chus Pato nas impares.

Secession / InsecessionChus Pato, Erin MoureBookThug, 2014. Toronto

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 77

78 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

misma idade que comparten lecturas(Christa Wolf, Marina Tsvetaeva,Hanna Arendt, Jean-Luc Nancy,Pondal, son só algúns dos moitosnomes que emerxen nesta conversatransoceánica); viaxes (xuntas ou porseparado, “viaxes que facemos e via-xes que non facemos, viaxes que debe-ríamos facer, viaxes que deberiamospero non facemos”, p. 56; entre eles asrespectivas visitas a Auschwitz); a dor

da filla ante a morte dos pais; e os fune-rais que convocan á reunión das fami-lias dispersas na diáspora. Mais comoMoure deixa ben patente, as poetasveñen de contextos históricos, políticose culturais ben diferenciados, e men-tres que cada sección do poemarioestablece puntos de encontro co eco-

texto paralelo de Secession, taméncontextualiza as importantes diferenzasvitais e históricas entre elas, porquecomo Moure recolle nun ensaio sobre oproceso de escritura de Inseccession, aditadura franquista marcou a infancia edesenvolvemento político de Pato,mentres que ela medraba nun país pre-sidido por “Dief the Chief” (JohnDiefenbaker, quen nomeou por vez pri-meira a unha muller ministra e promo-veu a aprobación da Carta Canadianade Dereitos que concedía o voto aospobos indíxenas) e Lester B. Pearson(Premio Nobel da Paz en 1957), nunha“democracia fervente” en palabras deMoure na que tamén cabe a crítica aoxenocidio e desprazamento forzosodos pobos indíxenas para asentar ás

familias inmigrantes europeas, como asúa propia, dobremente galega nosseus “orixes”: da nosa Galicia por partede pai, e da Galicia da Ucraína porparte de nai, moi presente tamén nestebiotexto.

Inseccession constitúe unha valio-sa contribución á literatura galegadiaspórica, 48 ou 49 palabras arribaou abaixo; un texto que evidencia oimpacto transnacional non só da poé-tica de Chus Pato —recibida enCanadá como unha das máis grandespoetas europeas—, senón da lingua ecultura galegas no imaxinario colecti-vo ou ecos-sistema da poesía.Agardemos poder gozar axiña coasúa tradución ao galego (xa iniciadapor Antía Veres).

Inseccessionconstitúe unhavaliosa contribucióná literatura galegadiaspórica; un textoque evidencia oimpacto transnacionalnon só da poética deChus Pato -recibida enCanadá como unhadas máis grandespoetas europeas-,senón da lingua ecultura galegas noimaxinario colectivo.

Foto: www.xerais.es

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 78

04.15 79

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

“I t is far more difficult to murder a phantom than a reality”

Virginia Woolf

Eis que os espectros ameazaron con devorarnos. Con usurpar os nosos corpos e chuchar todo o noso amorata as médulas, Pauline.

Eis que viñeron como una tempestade a cegarnos,arrincando a beleza dos nosos ollos,a luz dos días, botándonos ós pes dos cabalos - os espectros,que ansiaban posuir a nosa carneque ansiaban posuirnos, Pauline, pequena

que nos querían inmóbiles en silencio, nun éxtasecontinuo no limbo das besbellantesdas que conspiran

como gumes famentos do sangue a borbullóns separadasó nacer

habitando as costuras contrafeitas dos versose cara abaixo.

E nós, Pauline, ma petite soeur

corazón en chamas,que nos deixamos aniquilar mansas baixo o pesoasfixiante dos seus corposarrumadas pola embestida das mans batendo nasuperficie da auga entoldadabaixo o seu índice percorrendo tentáculo a nosa entrañadesa pegañenta escuridade súa

Nós, que escorregamos polos sumidoiros da súa egonía

ata o subsolo

que tecimos a palabra e o leito para a súa comodidade e o noso anoxo e deprivación

ata arrincar cada una das veas do corpo noso ata a puntados cabelos

maldicindo!, maldicindo!a voz da nosa voz no espelloQue será de nós, que será de nós se nos abandonan?,berrabamos.

E eis que os espectros,sen querelo, no seu medo atroz e na súa sombra,

na fuxida cara ó abismo,

na caída, no deserto, no que xa é irremediable

nos ensinaron de novo a arder.

E ardimos

e xa non importou toda a cinza

xa non importouque non viñeran sequera a salvarnos de nós mesmas,

que non viñeran salvarnos.

Porque alguén quixo apagar o lume da nosa boca

pero eu adoro saír deste silencio cando queropara dicir

o que non se pronuncia

abertamente.

Da nosa voz no espello

Neves Soutelo Texto

POESÍA Poema sobre o libro Espectros de Rosa Enríquez, lido no acto depresentación na Asociación Cultural Bou Eva o 28 de febreiro de 2015.

EspectrosRosa EnríquezO figurante Edicións, 2015

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 79

80 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

E milia Pardo Bazán, unha nena

seducida polos libros é unha obrasingular. E non só polo produto final,senón tamén polas persoas que estándetrás do libro. Neste caso, ademais dasúa autora Mª Xosé Queizán, é impres-cindíbel mencionar á responsable tantoda Escolma como da Cronoloxía dolibro: Mónica Bar Cendón, unha estu-dosa e investigadora de Emilia PardoBazán que fixo para a ocasión unhamagnífica selección da súa vida e obra,moi acaída para o público ao que estádestinada esta alfaia.

Non é habitual atopar unha obracoma esta, onde se achega vida e obradunha intelectual e feminista da tallade Emilia Pardo Bazán a nenas enenos. Pero menos habitual aínda éatopar un libro para estas idadescunha linguaxe non patriarcal, onde sealenta ás nenas a ser viaxeiras, cultas,afoutas e, sobre todo, críticas coasociedade que as rodea. Escrito a xeitode ensaio para público infantil, o libroconsta de tres partes. Na primeiradelas, Emilia Pardo Bazán. Unha nena

seducida polos libros, a autora escolleunha acertada segunda persoa con-verténdose en cómplice do lectorado.Cun rexistro cercano, ameno e diverti-do, Queizán logra captar a atención dopúblico infantil e ubicar espacial e tem-poralmente a figura de Pardo Bazán.Pero non só iso: preocúpase tamén dealentar á lectura, dándolle aos libros aatractiva categoría de larpeiradas. Nonesquece Mª Xosé Queizán a Rosalíade Castro nin tampouco a amizade quea unía con Emilia, referenciando unsversos de Follas Novas para falarnosdo drama da emigración. Esta primeiraparte, ademais de ofrecer unha pano-

rámica do século XIX e dos acontece-mentos máis importantes da época,fala de xeito xeral da traxectoria dePardo Bazán, expoñendo algún dostemas que a escritora tratou nas súasnovelas, coma os malos tratos ou apena de morte. Pero, sobre todo, retrá-tase a Emilia Pardo Bazán como unhagrande activista a prol dos dereitos dasmulleres.

A segunda parte da obra está for-mada pola Cronoloxía, onde se fai unpercorrido pola vida de Emilia, desde oseu nacemento na Coruña ata a súamorte en Madrid. Así, descubrimos aEmilia activista cultural, a Emilia docen-

te, a Emilia escritora, a Emilia aventu-reira, a Emilia feminista. Acompañadode fotografías da época, este percorri-do pola segunda metade do século XIXe primeira metade do século XX, apor-ta un retrato diáfano da muller que foiEmilia Pardo Bazán, dándonos moitasclaves importantes que nos axudan aentender e a coñecer todo o que rode-ou a esta prolífica creadora.

A terceira parte da obra é aEscolma, onde se nos ofrecen extrac-tos de diferentes textos da autora, pre-cedidos dunha breve introdución queaxuda a contextualizalos e a non per-der nunca o fío do que se vai relatando.Dividida á súa vez en tres apartados:Textos autobiográficos, Artigos eNovelas e contos, esta derradeira partefálanos das novelas de Emilia, do tea-tro, os poemas, os artigos xornalísticos,os libros de viaxes, as biografías, osensaios, a colección de contos e relatosbreves… En definitiva, esta Escolma

achéganos a figura da importante escri-tora que foi Emilia Pardo Bazán e per-mítenos coñecer o seu punto de vistasobre temas como a sociedade daépoca ou a situación da muller.

Todo o libro está acompañado poracaídas ilustracións de Ana Santiso,que nos mostran a Emilia en diferentesetapas e situacións da súa vida contri-buíndo á contextualización do relato.

Emilia Pardo Bazán. Unha nena

seducida polos libros é unha obra queeste tándem integrado por MaríaXosé Queizán e Mónica Bar souboartellar con oficio e intelixencia. Unhaobra de total actualidade, sobre todo,nestes tempos nos que a loita polosdereitos das mulleres é máis necesa-ria ca nunca.

Pardo Bazán para nenos

Ledicia Costas Texto

ENSAIO Escolma que permite coñecer o punto de vista de Emilia Pardo Bazánsobre temas como a sociedade da época ou a situación da muller.

Emilia Pardo Bazán,unha nena seducida polos libros

María Xosé QueizánXerais, 2015

Un libro onde se alentaás nenas a serviaxeiras, cultas,

afoutas e, sobre todo,crítica coa sociedade

que nos rodea.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 80

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

04.15 81

“ Eu, Román Casas, nacido noberce do Samaín e habitante

de Aquén, invoco a Escarlatina,habitante morta do Alén”...

Principia unha viaxe. Non unhacalquera; de feito non se trata sódunha viaxe para o protagonista,Román, na compaña da cociñeiraEscarlatina, senón tamén un enigmapor resolver. O intemporal conflitoentre o ben e o mal atopa aquí moti-vo para continuar na súa teima irre-soluble. E nesta ocasión quen venceé... o lector!

Ademais, o lector de calqueraidade. Porque a novela baséase naeficacia do narrador en primeira per-soa, nese achegamento constanteque lle fai, na procura da súa inter-vención; asemade, coa capacidadeintrospectiva que reflicte o rapaz, moiespelido, e quen achega os seuspensamentos e debates mentais consinxeleza cotiá. Por se non abonda-se, temos una obra con diálogosamplos, ben compasados, cunha coi-dada interpretación dos tempos litera-rios e unha acción que se desenrolacon suavidade, sen estrépito e conritmo. Destaca a imaxinación da auto-ra, que ambienta a narración coroán-doa de descricións capaces de esper-tar o interese do lector menos afeito aque o asoballen, non é do caso,levándoo do riso a un sentimento demedo leve por algunha imaxe da terrados mortos.

Porque por aquí andamos peran-te a metade do treito literario: noAlén. Ledicia Costas lévanos a beberás fontes da tradición galega naescrita, transformándoa ao seu esti-

lo, pero vai aló onde estivo ÁnxelFole, por poñer un exemplo senlleirodun buscador de historias dos mor-tos. Faino con oficio, por iso non ren-xen as súas páxinas, senón que faisucar ao destinatario por unha trave-sía plácida, cunha atmosfera recrea-da que vai en correspondencia coadecoración literaria, sen adobíoexcesivo nin sobrecarga, axudando aaxilizar a lectura, indo aos feitos senprolixidade innecesaria: «as sombrassinistras que os cirios proxectabannas paredes».

Salientables son os protagonistassecundarios fronte ao primeiro, enespecial a feminina, Escarlatina.Debería dar noxo, non en van é unesqueleto, acompañada amais dunhaaraña con acento francés que convivecon ela e lle fai de voceciña da con-ciencia; pero o que consegue é enten-recer al lector, sentir mágoa pola súasituación no cativerio á que se ve obri-

gada polo antagonista: o malo. Estesi, noxento ata para os demais faleci-dos, é revirado e enfastía máis caunha dor de moas!

As ilustracións de Víctor Rivascomplementan moi ben o texto.Danlle luz ou se cadra a escuridadepretendida, coa temática da que setrata. Para o meu gusto a da conduto-ra do «mortobús» da páxina 65 é apreferida. Está moi lograda. Tamén oseu nome: Nicotina. É o que ten serfumadora...

E que dicir do receitario que con-tén? Haberá que levalo á práctica.Refírome ao de Román, ao do Aquén.As receitas para os mortos están benpara eles, mais se alguén é ousado edesexa un prato do Alén, adiante! Aimaxinación de Ledicia Costasnomea uns cantos, «tartar de fígadode mandril salteado con moscas ver-des», por exemplo...

Moi interesante na edición do libroo recurso de diferenciar este receita-rio respecto da ficción.

En fin, nesta entretida, divertida einstrutiva obra coñeceremos a vida noAquén e tamén no Alén, cunha sortede «privilexios» dos que se nos fala,de como se ascende, das categoríasque hai... e do xeito no que se vivealó. Perdón, vívese alí? Ben, supoñoque si, de feito, parafraseando aopoeta noiés Luis Bejarano, os vivosseus son os mortos...

Un consello final. Dado que «noInframundo é normal perder a nocióndo tempo», fagan o mesmo: deixenque o sorriso os agasalle degustan-do unha das sobremesas propostaspor Román e Escarlatina. Vaillesencantar...

Viaxe ao inframundo

Amadeo Cobas Texto

NARRATIVA A autora fai surcar ao destinatario, o público infantil, por unhatravesía plácida, en medio dunha atmósfera que cautiva e divirte.

Escarlatina, a cociñeira defuntaLedicia Costas,

Víctor Rivas (ilustracións)Premio Merlín de Lit. Infantil 2014

Xerais, 2014

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 81

82 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

“Ó final sempre queda o amor”pode ser un bo título para

concluír a historia duns irmáns aban-donados pola nai que busca nunencontro ocasional o amor que nonatopara no seu matrimonio.

A nova entrega narrativa deAmeixeiras é unha novela coral situa-da nos espazos miserables e corrom-pidos na cidade en que se converteuCompostela para mergullarnos navida duns delincuentes que traficancon droga e, por ela, con vidas huma-nas. Trátase da historia de dousirmáns que viven miseramente depequenos roubos e de traballos deprostitución a turistas e xentes depaso pola capital galega. No seu pasopolos baixos fondos da urbe, atoparánmercenarios de traficantes e na buscadunha vida mellor quedarán enmara-ñados nas súas redes.

O tempo narrativo transcorre encatro días, de luns a venres e onarrador vai describindo diferentesescenas situadas nun tempo concre-to do día e da noite coa presenzados diversos personaxes que pobo-an a historia. Ata case a metade danovela, o mércores ás 14: 50 candoÉrika lle conta a Ventura a relacióndo seu irmán Samuel cos narcotrafi-cantes, non daremos colocado acadaquén no seu lugar e na relacióncos outros. Nese momento narrativo,o que nos pareceran historias inde-pendentes conflúen entre si paraconfigurar unha soa historia. Unhahistoria de amor fraternal contextua-lizada pola miseria e a falta de opor-tunidades da vida, que, despois detanta violencia e morte, remata dei-xándonos a mensaxe de que en

medio da miseria e da depravaciónpode haber amor e lealdade.

Nunha entrevista de MontseDopico para Faro da Cultura,

Ameixeiras afirma que el no xulga ospersonaxes, pretende que sexa o lec-torado quen o faga, de aí as súasdescricións frías, obxectivas, casecomo planos cinematográficos senexplicar todo o que ocorre.

Como sinalan as recensións xor-nalísticas, a novela segue a liña dasobras anteriores de Ameixeiras afon-dando en historias de vida que habitannas marxes da sociedade urbanaaínda que, ás veces, moi relacionadacon personaxes que rexen as institu-cións públicas. Tamén concordo coacrítica nas descricións minuciosasque, nalgúns capítulos, nos ofrece oautor sobre personaxes e espazos axeito dun retratista de “vidas precariasque deambulan polo decorado”. Oque xa non comparto, simplementepor respecto ó establecemento dosxéneros, é que á narrativa realista donoso tempo se lle aplique a denomi-nación de ‘xénero negro’. Certo quehai asasinatos e que Ameixeirasmanexa os tópicos da novela negraamericana como a el lle parece, maisun dos elementos (tópicos) esenciaisdese xénero é que o crime seráobxecto dunha investigación por parteda policía ou dun detective. Tópico ouelemento do que carecen as últimasnovelas deste narrador. Se se quere eé preciso seguir a rotulación america-na quedaríame con narrativa pulp,como di o propio autor; aínda que euprefiro falar de realismo social damodernidade, a crónica social duntempo no que unha democracia per-versa permite que unha boa parte dasociedade malviva na miseria daescravitude do noso tempo, a droga ea prostitución.

Ó final sempre queda o amor

Camiño Noia Texto

NARRATIVA A novela sigue a liña das obras anteriores do autor, afondando enhistorias de vida que habian nas marxes da sociedade urbana.

Conduce rápidoDiego AmeixeirasXerais, 2014

A nova entreganarrativa de

Ameixeiras é unhanovela coral situada

nos espazosmiserables e

corrompidos na cidadeen que se converteuCompostela para

mergullarnos na vidaduns delincuentes quetrafican con droga e,por ela, con vidas

humanas.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 82

04.15 83

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

A viaxe empeza coa luzada do díae dous homes, veciños da

mesma aldea na outra banda do río eentre as montañas, subindo a uncoche triste e azul. A quinta novela deXabier Quiroga, potente como asanteriores, deixa patente o recoñecidoque debería estar o seu talento,sobranceiro entre o feixe de bosnarradores das nosas letras.

Máis alá dos xogos intertextuais,das marcas verbais de cada persona-xe e do dominio léxico, engaiola achamada técnica dos vasos comuni-cantes que mestura episodios eambientes de distintas épocas.Sentimos o calistro ruín do inverno nomonte, a brisa que achega a marusíana praia, e ata o raro frescor quesemella natural do aparcadoiro daXunta en San Caetano. Vidas parale-las que conflúen, mosaico social defiguras odiadas ou amadas, ridiculiza-das algunhas, máis matizadas outras,pero todas atractivas na excelenciada sátira e do retrato. Antes do derra-deiro desexo, do dereito, que só ásveces será dado, a última palabra, unamor obsesivo busca gozarse enliberdade… Degoiros afogados polasdiferenzas de clase, pola guerra civil,pola igrexa católica que arreo sinala-ba dende o púlpito os estigmatizadospor ela mesma. Derrotados?Superviventes? A expiación fai pro-nunciar o nome de Lola aos doushomes. Vaso comunicante entre asdúas estragadas vidas protagonistas.Lola, avoa do conductor cincuentón.Lola, amor inacadábel do vellísimo oque leva ver o mar.

A rebelión procúrabase xa dendeos adentros en Se buscabas un deus:

“Teño lido, e máis ca nada comproba-do, que é o sentimento o que nospode salvar, o que nos dá forza paracombater canto anula ás persoas”.Nesta on the road que é Zapatillas

rotas, a violencia polas servidumes davida roe nos adentros do señorXaquín, e, doutro xeito, nos do paradocase sen nome, desatando a súa fuxi-da cara a tardiña nas pozas dasrochas. Océano Atlántico, metafóricohorizonte enigmático polo que Rosalíachamaba dende o leito en quemorreu, “abride esas fiestras, querover o mar”. Dende a dedicatoria,Quiroga semella abrirlle as fiestras daliteratura a unha avoa a que nuncalevou ver o mar, quizais preferiríasechamalo paratexto digno de análise,emoción en calquera caso. Viaxando,entre os flash back das lembranzasdo ancián e do conductor, e as para-das nos lugares onde foron felices ousufriron, avanzan as páxinas e xurdeunha duplicidade de fíos narrativosque, mantendo cadansúa identidade,conflúen na fin dunha novela deatmosfera tristeira e medida.

O home namorado nunca perdeu odevezo de mirar para Lola. Nunca can-sou de querer vela, unha regalía á queos seus ollos xa nunca quererían des-acostumarse, a pesar dos atrancos.Fíxose vello o señor Xaquín, árborevella na outra banda do río. Tocoulleser árbore que recorda e soña. Bensegura podía estar Lola de que soñaríacon ela, coma no poema deCunqueiro. E segura podería contestara pregunta formulada nesoutra novelade Quiroga: “ser amante é un pracer,

ser amada un privilexio, as dúas cou-

sas á vez un imposíbel, non cres?”

Vasos comunicantes

Laura Caveiro Texto

NARRATIVA Unha duplicidade de fíos narrativos que, mantendo cadansúaidentidade, conflúen na fin dunha novela de atmósfera tristeira e medida.

Zapatillas rotasXabier QuirogaXerais, 2014

Sentimos o calistroruín do inverno nomonte, a brisa queachega a marusía napraia, e ata o rarofrescor que semella

natural do aparcadoiroda Xunta en SanCaetano. Vidas

paralelas que conflúen,mosaico social defiguras odiadas ou

amadas, ridiculizadasalgunhas, máis

matizadas outras, perotodas atractivas naexcelencia da sátira e

do retrato.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 83

84 04.15

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

A s nosas vidas son “un conto deidiotas”, di Rebecca Graham no

epílogo da entrevista ao actorSebastian Nell; bo reflexo porquetodos somos un pouco actores. Imosevoluíndo, mudando de faz cun xogode máscaras para a xente que nosrodea. Ninguén coñece todas asnosas caras; nin nós mesmos.

Ata aquí o universal. Pouco oumáis nada teremos en común con Nell,cuxa personaxe, realmente desagra-dable,  acabou por comerse á per-soa.  Atesoura tantos defectos que édifícil de crer: misóxino, soberbio,homófobo, clasista, prepotente, cínico,ególatra, ou incluso tacherista. Nestaúltima parte, se cadra, debeu ter algúndilema moral (se é que reflexionabaalgo sobre este asunto), pois apoioupublicamente a Thatcher malia recoñe-cer que tiña a eiva de ser muller.

Con todo, Nell acabou sendo reco-ñecido co titulo de Sir pola relevanciada súa figura, a dun grande actor cria-do no berce do teatro inglés universita-rio, que chega a conquistar Hollywood.

Sempre desesperado por facersenotar, quizais porque pasa desaperci-bido no seu nacemento e na súamorte, xa que outros grandes aconte-cementos (II Guerra Mundial e atenta-dos yihadistas) sucedían á par.

Nace nunha casa humilde noLondres de 1932 e comeza nunemprego de reloxeiro. Vai á universida-de, onde debuta co grupo de teatrointerpretando  The Tempest, deShakespeare. É nesta etapa onde oseu elitismo comeza a medrar demaneira desmesurada. Aínda quechega á universidade grazas a axudas(ao igual que o seu irmán, eivado de

nacemento), rexeita todo iso comomecanismo de defensa, para fuxir dosrecordos desa pobreza familiar quetanto detestaba.

Sebastian é tan ruín que coñecerque carga con certos traumas de infan-cia non nos inspira compasión algunha;podemos comprender algún por que,pero nunca empatizar con el.Finalmente rebélase como un hometriste, atormentado porque é moi covar-de como para matarse e está tan sóque non ten quen o axude a facelo,atrapado nunha vida que xa non quereá que lle gaña a batalla o Alzheimer.

Pero se ben Nell é un home quedetestamos de principio a fin, non oco-rre o mesmo con Graham, a xornalista

que o entrevista. Porque iso é este libro:unha entrevista pechada en 400 páxi-nas onde descubrimos a Nell grazas áconversa coa muller que el escolleucomo notaria nas súas últimas horas.

De Graham compadecémonos.Mantense no seu papel de decididaao principio (máscaras de novo),parece feble mentres aganta os envi-tes velenosos de Nell, que non dubidaen insultala e ferila no persoal. Porén,a nosa coprotagonista vai perdendoesa pose segundo avanza a conver-sa. Mesmo Nell a acusa de que tam-pouco “deixaría pasar a oportunidadede mancar a unha persoa por moitoque a admire”.

Grazas a que un desmemoriado sirsolicita a unha xornalista que recolla asúa historia (sen que nunca saibamoscanto hai de certo nela), facemos unamplo percorrido polo século XX, pologrande teatro inglés e por Hollywood,onde Nell interpreta obras reais e parti-cipa en producións  recoñecibles.Ademais, a documentación é tan mara-billosa que ata nos deixa chiscos ámúsica pop, dende The Beatles a PetShop Boys. Coñecendo máis aRebecca Graham, descubrimos o tras-fondo do xornalismo e desmitificamosesas oficinas de película para dar pasoaos xefes déspotas. Todo cosido cunhapericia admirable, nun ton lixeiro e moifácilmente dixerible que consegue ter-nos atrapados nunha conversa conalguén que xa se presentara na entra-diña inicial. Seguro que só un xornalis-ta sería capaz de “vendernos” un anti-héroe como alguén tan fascinante.

“Con todos vostedes, as másca-ras rotas de Sebastian Nell”.Imprescindible.

Marta Resilla Texto

NARRATIVA Coñecendo ao protagonista, descubrimos o trasfondo do xornalismoe desmitificamos as oficinas de película dando paso aos xefes déspotas.

Máscaras rotas para Sebastian NellAlberto RamosGalaxia, 2014

Xogo de máscaras

Descubrimos a Nellgrazas á conversa coamuller que el escolleucomo notaria nas súas

últimas horas.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 84

Pro

Texta

T

ProP

osta

s

04.15 85

A vida é un lapsus entre doussucesos, o do nacemento e o

da morte. E o ser só é na medida naque, de xeito máis ou menos cons-ciente, elabora a súa propia historia.Onde historia vén a significar identi-dade. Se nos borran a memoria ani-quílannos a identidade. Alén de pato-loxías como o altheimer, podemosatoparnos con outras formas de vio-lencia que lle impiden ao ser humano

decidir sobre a súa historia, sobreese conxunto de sucesos ou expe-riencias que nos conforman.

Unha das formas constitutivas daidentidade baséase no amor, comosentimento e como emoción que nosmove e anima: eros. No polo opostoestaría o odio e o resentimento, quetamén move, pero en dirección des-trutiva e desanimadora: tánatos.

Naquilo que somos hai, asemade,unha enorme cantidade de lapsus, deelipses que permanecen gravadas noinconsciente e que afloran nosmomentos máis insospeitados reve-lándonos esoutras partes agochadasde nós mesmas/os.

En Lapsus. A comedia de existir

(Axóuxere, 2014), Alfonso Pexegueiroafonda neses abismos a través dunxogo teatral de fantoches ou bonecosque se moven alén dunha estruturaactancial, desprovistos de psicoloxíae vontade.

“RON – Se el non se move as súasideas tampouco, non pensa... Ron... Ticres que ti mais eu nos movemos...? /LAPO – Se pensamos, quererás dicir,porque mover nos movemos, antes tiestabas alí e agora estás aquí...”

Nunha poética dramatúrxica quelembra a de Vladimir e Estragón en Á

espera de Godot (1955) de SamuelBeckett, onde mover non equivale apensar nin a actuar para cambiar asituación, pois a situación fica viciadae condicionada por unha man externa

(a voz subxectiva da lírica fendendo asuposta obxectividade dramática),que antigamente equivalía ao “fatum”tráxico. Aquí o “fatum” da traxediavese transgredido por un grotesco cir-cense de títeres de cachiporra queson caricatura cruel da maternida-de/paternidade, da infancia, da familiacomo lar de protección e crecemen-to... Caricatura tamén do rol de xefeou home de éxito na vida...

“RON – [...] Trabajo y Orden.Obediencia. Trabajo y orden. Ese era olema. Silencio. / LAPO – Non debichespasalo moi ben, a pesar do de Jefe... /RON – Quixen saír pero xa non medeixaron... Cando entras, logo é difícilsaír, como na mafia, na familia, nasseitas ou nas bandas das Maras... / [...]/ LAPO – [...] Dixen, nais ou serpes?...ás veces confúndoas... [...]”

Recompoñer unha infancia trunca-da por abusos e restricións esmaga-doras supón case un rexurdimento.

Coas palabras emerxen recordostraumáticos que cómpre esconxurar,aí entra en Lapsus o papel da danza edo movemento xiróvago dun dervixe.

“RON - De boa gana botaría áfogueira os recordos... E a historia...As certezas... / LAPO – Os recordosnon arden. A Historia necesitámolapara vivir. E as certezas non existen,iso era antes; agora existen posibili-

dades... / RON – Debemos facerlle unxuízo... / LAPO – Á Historia...?”

O libro, editado por Axóuxere,remata co poema escénico tituladoDías lentos. Hikikomori, que deu lugara unha dramaturxia e a un espectácu-lo fascinantes realizados por CarolinaFernández dentro do seu proxecto“Arquitecturas interiores”.

Alfonso Becerra de Becerreá Texto

NARRATIVA Aquí o “fatum” da traxedia vese transgredido por un grotescocircense de títeres que son a caricatura cruel da maternidade, da familia.

LapsusAlfonso Pexegueiro

Axóuxere Edicións, 2014

Bonecos rotos

A vida é un lapsusentre dous sucesos, odo nacemento e o damorte. E o ser só é namedida na que, dexeito máis ou menosconsciente, elabora asúa propia historia.Onde historia vén asignificar identidade.Se nos borran a

memoria aniquílannosa identidade.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 85

Pro

Texta

T

ProP

ulsi

ón

ProTexta ñuRlemento bimensual de : ibros

Consello editorial( F anuel )orcadela e Nexina ega coordinación , CamiMo L oia, Anxo Angueira

A máis recente novela de SantiagoLopo, A diagonal dos tolos, con-

vida a repensar no vello dilema dasesencias literarias galegas para mellorredefinilo sincronicamente.

Con certeza, durante moito tempohoubo intérpretes da nosa escrita quedefenderon a (in)conveniencia dedeterminadas fórmulas para o que,entendían, debía ser a literatura enxe-bremente galega. Non vén ao casoaquí detallar todas e cada unha desasxenuínas fías que non poucos conside-raban o máis nobre tecido da palabracreadora patria. Conformareime conrecordar que a espacialización autorra-dicada, perfectamente ancorada enescenarios galegos, se tivo de semprecomo unha premisa fundamental, poiscríase que era a través de paisaxesgalegas, con personaxes galegoscomo mellor podería desenvolverse unxeito de ver o mundo e expresalo ver-balmente que fose tamén ben galego.E non necesariamente.

Dende un tempo a esta parte, evelaquí a reflexión á que me move anovela de Lopo, a nosa narrativa pro-duciu unha deriva centrífuga que tencomo resultado máis evidente o feitode que non poucas novelas e relatosambienten as súas tramas en territo-rios extragalegos, por veces abondolonxincuos.

Non é este un fenómeno exclusi-vo momento, non afirmo tal. Se unbota a vista atrás, decatarase de quehoubo narradores de xeracións ante-riores (poño por caso, Xavier Queipo)que apostaron por esa mesma víacon determinación e fortuna, maisnon é menos certo que entre asnovas promocións son ben máis os

casos notorios que avanzan en idén-tica —e celmosa— dirección. Entreeles, Santiago Lopo signifícase porméritos propios.

A diagonal dos tolos é unha historiade identidades e superación, de pasa-dos terribles e presentes avoltos, deredescubrimentos e ocultacións, recon-ciliacións e legados, complicidades ereencontros. Un mozo herdeiro, afasta-

do da vida aristócrata do seu proxenitor,prócer descendente dos vellos coloni-zadores da Illa Reunión, recibe a novainesperada de que, á morte de seu pai,este lle lega a mansión familiar a cam-bio de que participe na durísima mara-tón que cruza en oblicuo os máis de160 quilómetros da ínsula e que recibeo nome que dá título á propia novela.Debe facelo, amais, en menos de cin-cuenta horas, o que, para un corredornon profesional, é todo un desafío.

Lopo consegue gañar a atencióndo lector non só polo desafiante daescusa narrativa inicial, senón polasabia inserción de sucesos inespera-dos que fan da carreira do protagonis-ta unha auténtica odisea, pois en nonpoucos sentidos este moderno runner

é un Ulises que corre para regresar,simbolicamente, á súa raíz e recuperara súa posición vital, como nos desvelao xogo de dobres planos temporais.

Sillitoe, Murakami e tantos outrosteñen feito dos que corren heroesdunha épica urbana que ten na com-plexa modernidade as súas claves.Lopo imprime unha nova volta de tor-niqueta e fai da carreira a causa, omedio e a fin a un tempo, cosendoorixe, drama e metamorfose.

Nada me estraña, pois, que no seudía A diagonal dos tolos fose distingui-da co Premio Repsol de Narrativa. Aeditorial Galaxia, mercé a este título,incorporou ao seu catálogo o nomedun certeiro narrador que xa demos-trou en Game Over (2006) e Peaxes

(2009), pero, sobre todo, en Hora zulú

(2012) e esta súa última novela, porque convén non lle perder a pista eseguir atentamente o que vai deitandoo seu maxín fabulador.

Odiseo en Maratón

Armando Requeixo Texto

NARRATIVA Unha historia de identidades e superación, de pasados terriblese presentes avoltos, de ocultacións, complicidades e reencontros.

A diagonal dos tolosSantiago MoureGalaxia, 2014

Lopo consegue gañara atención do lectornon só polo desafianteda escusa narrativainicial, senón polasabia inserción desucesos inesperadosque fan da carreira doprotagonista unhaauténtica odisea.

11-cultura protexta:j-cultura 21/04/15 10:53 Página 86