lona sevilla paz - home | entreculturas...como me afecta a pertenza a cada círculo no feito de ser...

2
0 noso mundo un espazo por compartir Día para os dereitos das mulleres 8 de marzo:

Upload: others

Post on 01-Aug-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Lona Sevilla Paz - Home | Entreculturas...Como me afecta a pertenza a cada círculo no feito de ser rapaz ou rapaza? Que implicacións ten? A continuación, poñeranse en grupos de

0 nosomundo

un espazopor compartir

DDííaa ppaarraa ooss ddeerreeiittooss ddaass mmuulllleerreess88 ddee mmaarrzzoo::

Di?a ge?nero gallego 2009:Lona Sevilla Paz 28/7/09 11:54 Página 1

Page 2: Lona Sevilla Paz - Home | Entreculturas...Como me afecta a pertenza a cada círculo no feito de ser rapaz ou rapaza? Que implicacións ten? A continuación, poñeranse en grupos de

InfantilEste día D é unha invitación a vivir o mundo como un espazo onde atoparse e compartir en igual-dade; resaltamos todo o que nos une tanto aos nenos como ás nenas de todas as partes do pla-neta.

Queremos poñer a énfase naqueles aspectos que comparten ambos os sexos, e propoñemos unconto participativo no que “a ollada” dun ser extraterrestre, alleo ao noso planeta, cuestionaráalgúns aspectos relativos ao xeito de ser nenos ou nenas, potenciando o común que existe entreuns e outras en todas as culturas.

OBXECTIVOS

• Resaltar os aspectos comúns entre nenos e nenas.• Descubrir que os nenos e as nenas poden facer as mesmas cousas.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Explicamos que chegou unha carta para o grupo. Díselles que é a carta dun estraño ser chamado Zawert quevén doutro planeta.

Por ser extraterrestre, ten algunhas dúbidas sobre o diferente xeito en que nenos e nenas de distintas culturasvivimos no planeta. Na medida na que se vai lendo a carta, o alumnado irá participando, respondendo ás cues-tións que o ser extraterrestre nos formula.

O alumnado recibirá cadanseu boneco de papel que represente un neno ou unha nena. Demostrámoslle aZawert que os nenos e as nenas poden facer cousas xuntos, que non hai cousas que sexan de nenos e outrasque sexan de nenas, senón que poden elixir os mesmos xogos, xoguetes, etc. A continuación, cada neno pín-talle un corazón en sinal da forza que nos dá estar todos e todas xuntos.

Non queremos que Zawert quede tan triste, así que imos poñer todos estes nenos e nenas xuntos no cartelpara demostrarlle que comparten e que se acompañan.

Xesto

Iranse erguendo un por un para pegar o seu boneco no cartel.

RECURSOS

• Bonecos recortados que representen nenos e nenas (un por persoa, coidando que haxa metade e metadede cada sexo).

• Lapis de cores e cola.

• Carta de Zawert:

“Ola, queridos nenos e nenas da clase:

Escríbovos porque sei que podedes axudarme con algunhas dúbidas que teño acerca do voso xeito de vivirno planeta Terra, porque vivides no planeta Terra, non si?

Eu veño dun lugar moi distante, que non se atopa nos vosos mapas; dun lugar máxico que se agocha nalgun-ha parte do ceo que mirades… Quizais pola noite, cando o ceo está cheo de estrelas, podedes figurarvosque entre algunhas delas está o planeta no que vivo…, aínda que agora non é importante onde vivo; é máisimportante para min que me axudedes a solucionar algunhas dúbidas que teño desde que cheguei para visi-tar o voso planeta…

Cóntovos que cando cheguei me chamou a atención ver tanta xente. Viaxei moito polo planeta Terra e vin moi-tas persoas; había xente moi distinta: algunhas persoas eran moi morenas, outras moi louras ou roxas... Vinxente que vive en edificios dentro de grandes cidades e outras persoas que viven en casiñas nas montañasou preto da praia.

Reparei en que aos nenos e ás nenas de todas as partes do mundo lles gusta xogar a moitas cousas, perochámame a atención que ás veces os nenos xogan só cos nenos e as nenas xogan só coas nenas. Parécemeun pouco raro, porque vexo que tanto aos nenos como ás nenas lles gustan cousas moi parecidas…

Por exemplo, case todo o mundo cando chega a noite vai durmir, por que facedes iso?

A todas as nenas vos gusta estar con mamá e con papá? E aos nenos tamén?

A todos os nenos vos gusta facer amizades? E ás nenas?

Reparei en que hai nenas e nenos que falan de diferentes formas, pero despois rin igual. Parece que en todosos lugares gusta moito rir, e hai unha cousa que chaman “chistes”. Aínda que segundo o país se diga cunhapalabra diferente, o resultado é sempre igual, os nenos e as nenas empezan a dicir: ha, ha, ha, he, he, he,hi, hi, hi...

A todos os nenos vos gusta rir? E ás nenas gústavos rir?

Vin tamén que aos nenos e ás nenas de todas partes lles encanta xogar, non si?

A quen lle gusta xogar á pelota?

A quen lle gusta xogar a disfrazarse?

A quen lle gusta debuxar?

Os nenos e as nenas poden xogar ás mesmas cousas, non é?

Para este día dos dereitos das mulleres, propoñemos un achegamento ás implicacións de terque comportarse dun determinado xeito socialmente establecido en función do sexo e segundoa cultura á que pertenzamos.

Facémolo a través de dúas sinxelas dinámicas que pretenden axudar a clarificar e tomar concien-cia dos roles que desempeñamos segundo o noso sexo e a nosa cultura e, finalmente, facemosénfase en que todos e todas, con independencia da nosa pertenza a diferentes parámetrosidentitarios, compartimos un mesmo espazo no que convivimos e no que nos comprometemos.

OBXECTIVOS

• Descubrir a maneira en que a nosa propia identidade de mozos e mozas está influenciada pola cultura epolo contorno.• Fomentar o sentimento de pertenza á comunidade global e o compromiso pola igualdade.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Papeis diferentes?

Dividiremos a clase en dúas partes: nunha delas poñemos un cartel coa palabra “INNATO” e, na outra parte,un cartel coa palabra “APRENDIDO”. O educador ou educadora irá enunciando unha serie de afirmaciónse o alumnado terá que situarse nunha parte da aula, segundo considere que a afirmación ten unha causa bio-lóxica ou é debida a que a sociedade e a cultura nos levou a comportarnos dese xeito.

Cada vez que se lea unha frase, cada participante terá que situarse nun ou noutro cartel. Cando estean situa-dos, abrirase a quenda de palabra para varias persoas, primeiro dunha banda e logo da outra. Tras esta pri-meira argumentación, dáse a oportunidade de que modifiquen as súas posturas.

A. “As mulleres choran máis facilmente que os homes”.B. “Os homes son menos expresivos que as mulleres”.C. “As mulleres son máis respectuosas coas persoas que os homes”.D. “Os homes saben negociar mellor que as mulleres”.E. “As mulleres son máis educadas no trato coa xente”.F. “Os homes non son cariñosos”.G. “Os homes son mellores traballadores e, por iso, deben cobrar máis”.

Círculos concéntricos

Para esta segunda parte terán que debuxar un círculo que represente a comunidade global, é dicir, o mundoenteiro; dentro del debuxarán unha serie de círculos concéntricos correspondentes á provincia, ao país, aocontinente no que nos situamos, á comunidade autónoma, á comunidade escolar ou ao centro ao que perten-cen, á familia…, ata chegar ao círculo propio, no que figure o nome propio e o sexo.

Como me afecta a pertenza a cada círculo no feito de ser rapaz ou rapaza?Que implicacións ten?

A continuación, poñeranse en grupos de tres e intercambiaranse algún dos círculos que teñan diferentese dialogarán sobre como afectaría ao resultado final do último círculo.

Unha vez determinados os círculos que compartimos, escollemos unha superficie que nos sirva para repre-sentar simbolicamente ese espazo común. Poden utilizarse varias cartolinas pegadas, papel continuo oualgunha superficie xa acondicionada para este tipo de traballos. Sobre ela cada participante vai colando oresto de círculos concéntricos que quedaron ao definir os comúns.

Xesto

Ergueranse un por un para pegalo e dicir en voz alta un compromiso que como rapaz ou rapaza poidan levara cabo para compartir do mellor xeito o espazo común que se definiu.

RECURSOS

• Papel e lapis.

• Cartolina e tesoiras para facer os círculos.

Celebramos este día D resaltando aquelas cousas que nos unen a todos os nenos e nenas domundo. Queremos traballar por unha educación non sexista, e por iso propoñemos nesta etapafacer énfase en que descubran que ambos os sexos comparten moitos aspectos, que poden rea-lizar xuntos as mesmas actividades sen que o xénero sexa un elemento de separación.

OBXECTIVOS

• Resaltar os aspectos comúns entre nenos e nenas.• Comprender a riqueza de compartir e facer cousas en común entre nenos e nenas.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Comezan por parellas que, na medida do posible, estean compostas por neno e nena (se non faremos tríosou grupos de catro nos que haxa persoas de ambos os sexos). Estas parellas van ter que poñerse de acor-do para atopar e anotar nun papel, ou simplemente falar sobre os seguintes aspectos:

a) Tres características que teñan en común tanto os nenos coma as nenas.

Exemplo: os nenos e as nenas son intelixentes; aos nenos e as nenas gústalles estar acompañados, relacio-narse coa súa familia, cos amigos e amigas; gústalles que os escoiten, etc.

b) Tres actividades que poidan facer xuntos nenos e nenas.

Exemplo: xogar a coller, facer as tarefas da casa, facer un traballo para o colexio, ir de excursión…

c) Algo que guste moito a todos os nenos e nenas de África, de América, de Asia, de Europa e de Oceanía.

Exemplo: rir, soñar…

A continuación, en asemblea, coméntase o que saíu nas parellas ou pequenos grupos e despois, divídese aclase en dúas metades: á metade esquerda entréganselle bonecos que representen nenos e á metade derei-ta, outros que representen nenas. Van ter que conseguir intercambiar os bonecos de xeito que en cada grupoconsigan ter nenos e nenas. Este intercambio terano que realizar en silencio.

Unha vez conseguido que cada grupo estea equilibrado con bonecos de neno ou bonecos de nena, póñensede acordo para que ese grupo faga unha actividade das que falaron na primeira parte.

Cando acordasen o que van facer, pintaranlle aos bonecos uns ollos, un sorriso e un corazón que simboli-zarán:

• Ollos para mirar os nenos e nenas de todos os países.

• Sorriso da alegría que dá compartir e colaborar entre os nenos e as nenas.

• Corazón da forza que sentimos ao estar con outras persoas.

Xesto

Cada grupo hase erguer para pegar os seus bonecos no cartel e dicir unha frase segundo o que acordasenque van facer xuntos. Exemplo: “Deixámosvos aquí para que poidades ‘xogar’ (ou a actividade que elixisen) contodos estes nenos e nenas”.

RECURSOS

• Bonecos recortados que representen nenos e nenas (un por persoa, coidando que haxa metade e metadede cada sexo).

• Lapis de cores e cola.

Para este día dos dereitos das mulleres propoñemos un achegamento ás implicacións que teno deber comportarse dunha determinada forma socialmente establecida en función do noso sexoe segundo a cultura á que pertenzamos.

Facémolo a través de dúas sinxelas dinámicas que pretenden axudar a clarificar e tomar concien-cia dos roles que desempeñamos segundo o noso sexo e a nosa cultura e, finalmente, facemosénfase en que todos e todas, con independencia da nosa pertenza a diferentes parámetrosidentitarios, compartimos un mesmo espazo no que convivimos e no que nos comprometemos.

OBXECTIVOS

• Descubrir como a nosa propia identidade de rapaces e rapazas está influenciada pola cultura e o contorno.• Fomentar o sentimento de pertenza á comunidade global e o compromiso pola igualdade.

DESENVOLVEMENTO DA ACTIVIDADE

Comezamos cunha dinámica que axudará a reflexionar sobre os roles que asumimos polo feito de sermoshome ou muller. En primeiro lugar, terán que continuar as frases propostas, poñendo tres aspectos, é dicir,escribirán tres aspectos que “teñan que facer” polo feito de ser mozo ou moza.

Unha vez que teñan escritos os tres aspectos, copiarán as frases tal cal as escribiron, pero cun comezo dis-tinto: “Eu, como moza/mozo, quero…”, e, finalmente, realizan o mesmo exercicio co verbo “elixir” (ver aparta-do de recursos).

Despois, poñeranse en grupos de tres e terán que comentar como se sentiron ao escribir cada un dosaspectos.

Papeis

A continuación, dividimos o alumnado en dous grupos de maneira aleatoria (de xeito que en cada un dos gru-pos haxa mozos e mozas) e cada grupo vai representar un dos seguintes “papeis”:

O grupo que representa o papel de “homes estereotipados”, ten que defender a idea de que é mellor que oshomes se ocupen de traballar fóra do fogar para conseguir os cartos e manter a familia, que deben traballarmoito e que non teñen tempo de estar canda a familia, porque é máis importante levar cartos para a casa. Elestraballan moito para que as mulleres e nais tan só teñan que coidar da familia e do fogar, xa que o fan mellorque os homes e por iso é máis rendible que non traballen fóra e que se ocupen todo o tempo dos nenos enenas e de ter a casa e a comida preparadas.

O grupo que representa o papel de “mulleres ao contrario” ten que defender a idea de que as mulleres sacanmellores notas na escola que os homes; que deben ocupar todos os postos de poder e decisión: directorasde escolas e colexios, alcaldesas, presidentas, directoras de empresas e de industrias…; que os homes agoraocupen o papel de coidadores da familia e dos fogares, xa que ata agora, durante centos de anos, o viñeronfacendo as mulleres e xa toca que sexan os homes que as mulleres teñan a oportunidade de desenvolver o

lado profesional e non traballar máis na casa, non coidar dos nosos fillos e fillas como un traballo só coida-los e estar con eles e elas algunhas horas durante o día.

Ímoslle dar a cada grupo esta consigna, e terán 10 minutos para seguir argumentando ideas que apoien odiscurso que teñen que defender.

Á hora de realizar o debate de confrontación de ambas as posturas, os grupos colocaranse un fronte aooutro. Durante 15 minutos terán que defender a súa postura con diferentes argumentos.

A continuación as persoas de cada grupo poderán falar de como se sentiron representando o papel que llestocou, xa fose o seu propio sexo ou o contrario, e reflexionarán sobre ambas as posturas extremas e anta-gonistas: que perden os “homes estereotipados”?, e as “mulleres ao contrario”?; que perde a sociedade sevivimos estes opostos?; cal é a túa opción?

Xesto

Propoñerán un lema que exprese unha situación máis equilibrada para que homes e mulleres poidan com-partir en plano de igualdade.

RECURSOS

• Papel e lapis.

• Frases para continuar:

a) Eu, por ser muller, teño que…

Eu, por ser home, teño que…

b) Eu, por ser muller, quero…

Eu, por ser home, quero…

c) Eu, por ser muller, elixo…

Eu, por ser home, elixo…

Primaria

Secundaria

Bacharelato

o noso mundo: un espazo por compartir

o noso mundo: un espazo por compartir

o noso mundo: un espazo por compartir

o noso mundo: un espazo por compartir

Responsable de Educación para o Desenvolvemento: Irene Ortega. Coordinación da proposta: Mª Luisa Caparrós. Autoría: AlbertoMedina e Pilar Domínguez. Dirección de arte, deseño gráfico e ilustración: Maribel Vázquez. Coordinación de produción: CristinaFernández.

Di?a ge?nero gallego 2009:Lona Sevilla Paz 28/7/09 11:54 Página 2