01. ficha/a banda sen futuro - anaya infantil y juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha...

12
A banda sen futuro Marilar Aleixandre XERAIS

Upload: hoangbao

Post on 22-Dec-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

A banda sen futuroMarilar Aleixandre

XERAIS

Page 2: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

A AUTORA

2

Título: A banda sen futuroAutora: Marilar AleixandreEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de xogoNº páxinas: 160ISBN: 84-8302-471-3

• Premio Lazarillode Literatura Xuvenil 1999

• Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Lecturas 2001

MARILAR ALEIXANDRE, nome literario deMaría Pilar Jiménez Aleixandre, naceu enMadrid en 1947 e vive en Galicia dende1973. Estudiou Bioloxía e traballa comoProfesora de Didáctica das Ciencias eEducación Ambiental na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade deSantiago de Compostela. Narradora, poeta e traductora, ten no seu haber unha gran can-tidade de premios. A súa obra infantil e xuvenil conta con títulos como A formiga coxa(1989), Nogard (1994), A expedición do Pacífico —Premio Merlín 1994 e Premio daCrítica en 1995—, O trasno de Alqueidón (1996) —Premio Rañolas e finalista do PremioNacional de Literatura Infantil—, O chápiro verde (1999), Lapadoiras, Sacaúntos e Cocón(1999) ou A banda sen futuro (1999) —Premio Lazarillo 1999—, que, segundo ela mesmadi, é a súa novela máis autobiográfica. Tamén é a guionista da serie Os Escachapedras,debuxada por Fran Bueno, que se publica na revista de banda deseñada Golfiño.

FICHA TÉCNICA

Page 3: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

3

Esta novela, dirixida ó público adolescente, está protagonizada por Carlota, unha rapazade dezaseis anos que nos vai contando a través do seu diario as súas experiencias e emo-cións ó longo de dous meses. Deste xeito coñecemos o seu malestar ó se ter que afacer aunha cidade nova, á que vén de mudarse coa súa familia polo traballo de seu pai, e ócomezo do curso escolar nun instituto novo. Ademais Carlota le unha noticia no xornalque a deixa tremendo: a morte de Poch, o cantante de grupos como Derribos Arias e Labanda sin futuro, ó que Carlota admiraba. Case sen querer a rapaza relaciona esta noticiacoas demais cousas que lle pasan ultimamente: sente que todo lle sae mal e aínda que noncanta, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lleagardan, tanto os máis próximos coma os máis lonxanos, son máis ben negros. Recorta afoto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocu-pacións e tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfron-tar ós seus novos e descoñecidos compañeiros cun pano na cabeza. Culpa ós seus pais porobrigala a asistir ás clases e teme enfrontarse ás olladas e ás preguntas indiscretas. Nestesprimeiros días Carlota pásao moi mal, sobre todo nos recreos, e non se relaciona con nin-guén. Sente un furado na súa alma polo que entran desacougo, soidade, medo ós demaise terror ós espellos. Ata que un día na clase de inglés un dos seus compañeiros, Miguel,deféndea dun insulto doutro rapaz e a partir de entón fíxase nel e comeza a sentir algoespecial aínda que non queira recoñecelo, xa que considera que ningún rapaz se vai fixarnela mentres estea pelada. Ó longo dos días Carlota vaise integrando cos seus compañei-ros, xa que todos deben unirse para solucionar un problema coa profesora de debuxo pormor dun exame e para preparar unha obra de teatro para a clase de lingua española na queCarlota consegue ter un papel. A preparación do papel ocasiona que Carlota se mergulleen si mesma e mesmo consegue achegarse máis a Miguel que lle regala unha cinta de U2e lle dá un bico na meixela. Carlota séntese namorada aínda que tamén comeza a coñecera Moncho, descubrindo que comparten algunhas afeccións e que poden falar de temascomo o do futuro, que tanto obsesiona a Carlota. Axiña descobre que a súa única amiga,Paulina, está a saír con Miguel e daquela séntese morrer. Pero o apoio de Moncho e a noti-cia de que a súa avoa está moi enferma fan que cambie de actitude, decatándose de que odo seu cabelo é das cousas que o tempo arranxa mentres que co da avoa o tempo traballaen contra e debe aproveitar os momentos que lle quedan con ela. Finalmente Monchodeclárase e todo muda de súpeto para Carlota: ten a Moncho, comeza a ter amigos e porfin acabou o seu pesadelo, as análises están ben e xa pode deixar medrar o cabelo.

ARGUMENTO

Page 4: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

4

PERSONAXES

CARLOTA

É unha rapaza de dezaseis anos que está a vivir uns momentos difíciles xa que se enfron-ta non só a unha nova cidade e a un novo instituto onde non coñece a ninguén, senóntamén a si mesma e ós seus pais. Por mor dun eccema vese obrigada a levar o pelo rapa-do ó cero e isto convértea nunha rapaza acomplexada, retraída e arisca que non entendepor qué os seus pais a obrigan a pasar a humillación de ter que comezar as clases cun panona cabeza. A súa táctica inicial de pasar desapercibida vai mudando e pouco a poucoemprende un camiño cara ó coñecemento de si mesma e dos demais e atopa a resposta ássúas preguntas. Tamén aprende a saír do seu enclaustramento emocional, a se aceptar tale como é e a entender que case todo ten solución menos a morte. Este cambio prodúce-se cando presta atención ós sentimentos e ós problemas dos que a rodean, fundamental-mente á complicidade da súa avoa e á amizade que xorde co seu compañeiro Moncho, óque nunca prestara atención.

POCH

É o cantante morto de grupos dos oitenta como Derribos Arias ou La banda sin futuro, óque Carlota coñece e admira por un disco que lle regalou o seu curmán Ricardo. Poch,víctima da enfermidade de Huntington, está presente na vida de Carlota a través do retra-to que esta pendura na parede do seu cuarto e ten o papel de confidente e interlocutor darapaza, xa que é capaz de escoitala, entendela e de ofrecerlle os seus consellos sobre asvivencias e os problemas da rapaza. Ambos manteñen longas conversas aínda que nonsempre Poch está de acordo coas interpretacións de Carlota. Nestes diálogos Poch vailleproporcionando as claves para ir madurando e relativizando feitos que ela considera moiimportantes.

A FAMILIA DE CARLOTA

Carlota vive nunha familia normal e ten unha irmá pequena que se chama Inés. A causado traballo de seu pai teñen que se mudar de cidade, deixando atrás o lugar no que viviutoda a vida e tamén ós seus amigos de sempre. A súa nai é mestra e tamén se viu obriga-da a pedir traslado para outra escola e a coller o coche todos os días para ir ó traballo,aínda que ela nunca protesta. Estes feitos, unidos ó seu problema co cabelo, ocasionan queCarlota non entenda por qué os seus pais a obrigan a asistir ás clases sen facer caso do seucomplexo e do seu malestar. Ela pensa que están demasiado obsesionados polas notas eque deixan de lado os seus problemas, mesmo ten que escoitar que esaxera e que usa o seupelo rapado como unha escusa para se pechar en si mesma e desdeñar ó resto da xente, édicir, que o problema é o seu carácter e non o seu cabelo. Con eles vive a avoa, a únicaque mostra certa comprensión polo que está a vivir Carlota e que ademais ten unha espe-cial intuición para detectar cándo lle ocorre algo. Carlota cóntalle as súas preocupaciónse ela ensínalle a non desexarlle mal a ninguén e a intentar aceptar as cousas como veñen.

Page 5: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

5

OS NOVOS COMPAÑEIROS DE CLASE

Carlota, antes de coñecelos, cre que son as feras que a axexan coas súas olladas e nos recre-os séntese soa e mesmo paseando polo foxo dos crocodilos. Aínda que pouco a pouco assúas primeiras impresións van cambiando.

A primeira coa que topa é LIDIA, unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nadamáis coñecela pregúntalle qué lle pasa no cabelo, se é que ten cancro ou tifo. Lidia é moicoqueta cos rapaces e demostra o chistosa que é facendo burla do aspecto de Carlota. Sofreunha intoxicación con pasteis de nata que a afasta un tempo do instituto, feito do queCarlota se sente responsable porque desexou que lle ocorrese algo malo. Cando volve, cocabelo moi curto e moi delgada, recibe o cariño de todos, mesmo de Carlota.

PAULINA é unha rapaza morena e con lentes que se converte na primeira amiga de Carlotano instituto. Comparten os seus gustos polo cine e pola música. O primeiro día que saenxuntas van ver unha película e falan do amor coma se se coñecesen de toda a vida. Istoaxuda a que Carlota se sinta mellor pero a comunicación entre elas non é total; por exem-plo nunca falan do que lle ocorre a Carlota co cabelo, xa que Paulina é moi diplomáticae discreta. Os sentimentos de Carlota cara a ela mudan cando coñece que está saíndo conMiguel pero axiña consegue superalo.

MIGUEL é un rapaz alto de coleta que defende a Carlota dun insulto de Toño, polo que oprofe de inglés o bota da clase inxustamente. Ten un carácter bastante impulsivo e pelea-dor. Carlota namórase pouco a pouco del e considérao o seu protector, aínda que as inten-cións de Miguel non van por aí. El tena por unha amiga e nada máis e pouco despoiscomeza a saír con Paulina.

MONCHO está considerado o rapaz máis guapo da clase e ten moito éxito coas rapazas. Vaico cranio rapado como un skinhead porque di que lle resulta máis cómodo afeitar a cabe-za cada dous ou tres días e así non ter que preocuparse de lavalo, peitealo e secalo. A par-tir da montaxe da obra de teatro comeza a se fixar en Carlota aínda que é consciente deque ela só ten ollos para Miguel. A pesar de todo non se rende e achégase a ela sempre quepode ata que se lle declara.

No grupo de compañeiros da clase están tamén ABEL, que sempre intervén nas clases;TERE, unha rapaza grandísima pero un chisco infantil; BERNAL, que é vexetariano, moisimpático e deportista; TOÑO, un rapaz algo bocazas; NACHO, un dos graciosos oficiais daclase; MANOLO, o delegado, que aínda que non é moi botado para diante, ten bo caráctere é máis ben compangueiro, ou PEPA, unha rapaza que fala pouco e ponse encarnada,entre outros.

OS PROFESORES

No grupo dos profesores teñen un especial protagonismo aqueles que demostran preocu-pación e implicación cos rapaces coma o TITOR, o profesor de inglés, alcumado MísterBean. Primeiramente a Carlota parécelle un pedante e un antipático pero axiña descobre

Page 6: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

6

que é comprensivo co alumnado, que escoita os seus problemas e que está disposto a axu-darlles a resolvelos.

ELVIRA é a profesora de bioloxía. Sempre está inventando cousas e preguntando os por-qués de todo. Nótase que o pasa ben ensinando e consegue interesar os seus alumnos.Unha das súas clases causa un problema no instituto cando lles pide ós rapaces que lleproporcionen espermatozoides para analizalos no microscopio.

ROBERTO, o de lingua española, organiza unha obra de teatro para representar no Nadal.En opinión de Carlota e dos seus compañeiros é un pouco inxenuo e cre que todo omundo ten o mesmo interese ca el no instituto e nas súas clases. Axuda a Carlota dándo-lle o papel na obra e dicíndolle que quite da cabeza as súas ideas de que é un bicho raro.

Como contrapunto destes e en representación do carácter impositivo do profesorado estáGRACIA, a profesora de debuxo, que ten un problema cos alumnos por querer facer unexame un sábado. Quere impoñer a súa opinión sen ter en conta os rapaces e finalmenteten que mudar de opinión ó non ter o apoio da dirección do centro.

A novela recolle moitas das preocupacións típicas da adolescencia, preguntas que come-zamos a facernos nesa idade, modelos de actuación e temas actuais cos que o lectoradoxuvenil se sente identificado. Esta temática non só convida ó lectorado á lectura senón quelle dá pé á reflexión e á expresión das súas opinións ou críticas. Algúns dos temas e valo-res presentes na novela son:

A INCERTIDUME ANTE O FUTURO. Un tema recorrente no pensamento de Carlota e demoitos dos adolescentes actuais que se senten parte dunha banda sen futuro, expresiónque dá título á novela e que serve para expresar esa vertixe a non saber cómo será a súavida, a ameaza do paro pese á posibilidade de facer unha carreira universitaria e taméncerta impaciencia.

Eu non canto pero podía formar parte dunha banda sen futuro como a de Poch.Total, o futuro é máis ben negro. Farei unha carreira, supoño, pero da universidadeirei de cabeza ó paro (p. 15).

O futuro non é unha torta, senón mañá e pasado mañá, vivir aquí e non na nosacasa de sempre, ter que ir ó instituto. Non sei que outro futuro terei por diante, peroeste non o quero (p. 16).

OUTROS TEMAS E VALORES

Page 7: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

7

A INCOMUNICACIÓN cos demais e especialmente cos pais e os profesores. Carlota sénten-se incapaz de expresar as súas preocupacións porque non está segura de si mesma e ómesmo tempo séntese incomprendida polos seus pais. Esta inseguridade e a incomunica-ción familiar lévaa á creación dun confidente, o póster do cantante, que lle serve de apoiomoral e que non desaparece ata que consegue unha estabilidade emocional.

(...) na miña casa, comunicación entre eles e eu, cero. ¿Como se pode vivir xuntos enon saber nada do que pasa pola cabeza do outro? ¿Como pretenden que poña todaa miña vida en función das notas? (p. 122).

¿Pásalle a todo o mundo o mesmo que a min, que no que máis cismo é o único doque non son capaz de falar? (p. 78).

¿Tratábante así os profesores, Poch? ¿Pensaban que tiñan o burro pola corda e quepodían facer o que quixesen sen contar cos alumnos? (p. 76).

O DESCUBRIMENTO DO AMOR E DAS SENSACIÓNS que produce, da sexualidade e do desexoe a chegada de desamor. En Carlota e os seus compañeiros de instituto xorden as primei-ras dúbidas sexuais e emocionais presentes nos adolescentes cando se namoran ou se sen-ten atraídos por primeira vez por outra persoa. Un mundo descoñecido para eles e que pro-voca miles de preguntas que irán respondendo pouco a pouco.

Así debe ser namorarse, tremer porque el, teu amor, acaricie os teus pulsos cun só dedo.E despois bicarse metendo a lingua dentro. Nunca me biquei así cun rapaz (p. 66).

¿Por que este tío consegue deixarme a lingua feita un nó? (p. 97).

Se o recreo é o foxo dos crocodilos, hoxe consigo atravesalo non sobre unha táboa,senón sobre un arame polo que vou bailando como unha trapecista. Sinto como selevase na meixela un letreiro luminoso: AQUÍ BICO, BICO, BICO... ¿É isto estarnamorado? ¿Este zunido que ocupa a metade da cabeza e non deixa pensar con cla-ridade? ¡Carlota, non podes quedar colgada dun tío porque te bique amigablemente!O malo é que xa estaba colgada antes... (p. 97).

Pola noite soño con Miguel. Eu teño o gorro quitado e el vaime acariciando a cabe-za moi a modo, faime como cóxegas que se transforman nun calafrío que me sobe portodo o corpo. Logo as súas mans van baixando polos ombros e por debaixo do xerseiata chegar ós peitos. Non sei que pasa despois porque acordo. Estou toda mollada. Osoño liscou e Miguel non está aquí. Hai que ver como magoa isto os xeonllos e todo odemais (p. 105).

Quero desaparecer, converterme en fume. ¿Para que vivir? ¿Para que namorarse sedespois vén este sufrimento? Quizais só unha de cada cen veces a persoa da que ti tenamoras se namore de ti. Tal vez a min non me ocorra nunca. Non sei como vou facer

Page 8: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

8

para quitar isto da cabeza, este bater como agullas dun reloxo que din Miguel ePaulina, Paulina e Miguel (p. 124).

A DIFERENCIA E A SÚA ACEPTACIÓN tanto cara a un mesmo coma cara ós demais. A ten-dencia no ser humano a prexulgar sen coñecer tendo en conta só os comentarios doutraspersoas, dos rumores ou de especulacións.

Antes de coñecer a Bernal eu pensaba que os vexetarianos eran todos uns místicos,xente que andaba levitando por aí e ós que só lles gustaba a música brandiña e aspelículas con mensaxe. Un estereotipo coma calquera outro (p. 96).

A INSEGURIDADE, A FALTA DE AUTOESTIMA E A IMPORTANCIA DA IMAXE. Temas moi inte-rrelacionados dada a preocupación dos adolescentes pola súa imaxe ante os demais. A pro-tagonista considérao un factor necesario para a súa integración, séntese insegura e infra-valórase debido á angustia e á influencia do medo ó que pensen os demais, medo a serrexeitada polo seu aspecto físico. Ó longo da novela apreciamos cómo a protagonista sofreun proceso de superación persoal favorecido pola convivencia con xente da súa mesmaidade e cos mesmos problemas e pola educación.

En fin, Carlota, esquéceo. Polo menos ata que teñas cabelo novo. Ata que consigasdesfacerte dese inimigo que está agochado no espello e que che pon diante, cada vezque te asomas a el, un mutante coa cabeza pelada no que non te recoñeces. Antes sem-pre que pasaba onda un espello, ou mesmo por unha porta de vidro, miraba como meacaían os vaqueiros ou abaneaba a melena. Agora danme arrepíos e volvo a cabezapara outro lado (p. 81).

A MORTE como único feito irreversible e a aprendizaxe de que é preciso relativizalo todoxa que nada é tan importante como poida parecer nun principio. Carlota descobre quenon é a única, no ámbito familiar, que sofre o cambio de cidade e que peor que non terpelo é saber que non disfrutarás da vida, como no caso da súa avoa.

O único que vive de nós cando pasamos deste lado é a memoria que deixamos nosdemais. Que ela comprenda que a súa memoria vivirá en ti (p. 150).

Page 9: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

9

A seguir propoñemos un grupo de posibles actividades entre as que se poden seleccionaraquelas que se consideren máis adecuadas ós nosos fins e dependendo do número de lec-tores, dos destinatarios (actividade grupal ou individual) e dos medios cos que se podencontar.

Consideramos que a biblioteca realiza un labor fundamental na promoción da lectura ena formación do lector, polo tanto consideramos necesario manter informadas ás persoasresponsables das lecturas e actividades que realicemos, co fin de que lles proporcionendocumentación ó lectorado, en caso de necesitala, e propoñan actividades paralelas ecomplementarias como a elaboración de exposicións sobre a obra da autora ou sobrelibros que traten a mesma temática.

ANTES DA LECTURA:

• Tanto a portada como a contraportada do libro e o resumo que aparecen nela son fun-damentais á hora de escoller un libro xa que poden incentivar ou non á lectura, de aí quesexan un elemento a traballar. Podemos propoñer a deducción do contido a partir dafrase que dá título á obra, preguntarlles se relacionan esta expresión por exemplo conome dun grupo musical, título dunha película..., comentar se a ilustración da portadanos desvela ou suxire algún dato máis e finalmente, despois da lectura do resumo da con-traportada, comentarase se comprenden o por qué do título proposto e da ilustración.

• Para estimular á lectura pódese narrar un pouco do argumento ou ler algún fragmentoco fin de atraer a súa atención.

• A búsqueda por parte dos rapaces da biobibliografía de Marilar Aleixandre, autora daobra, pode servir de reforzo á lectura que realizarán a posteriori e para outro tipo deactividades como a entrevista coa autora. Esta actividade pódese dividir en grupos demaneira que unha parte do lectorado se encargue da biografía e outra parte da biblio-grafía. Sería interesante que en subgrupos se buscase a información por diferentes vías(na biblioteca, en internet, en revistas, na editorial...) co fin de que se relacionen cosdiferentes modos de documentarse sobre un tema. Ó final entre todos completan ainformación acadada.

• Presentación da obra no centro coa presencia da escritora ou a preparación dun enco-tro, esta segunda opción convén realizala despois da lectura da obra.

ACTIVIDADES A REALIZAR

Page 10: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

10

DURANTE A LECTURA:

• Crear foros de debate nos que se comente: a evolución da historia, as reaccións da pro-tagonista e dos seus compañeiros ante certas situacións, cómo ven ós personaxes e seevolucionan ó longo dos capítulos, se coñecen alguén que teña unha enfermidade seme-llante, cómo reaccionarían eles ante as vivencias polas que pasa a protagonista...

• Nos momentos nos que se comente a lectura, por exemplo ó finalizar cada capítulo oucada certo número de capítulos, poden imaxinar qué acontece a continuación e quéfinal lles espera ós protagonistas. A medida que avanza a lectura poden comprobar sealgunha das versións se axusta ó que lle acontece a Carlota e os seus amigos.

Estas actividades poden realizarse a nivel aula, a nivel centro ou con outros centros demaneira que se poidan comunicar e propoñer debates sobre o transcurso da historia, adefensa de posturas e a creación de finais a través de e-mail, foros en internet ou encon-tros nos centros de representantes.

DESPOIS DA LECTURA:

• Retomando as actividades do primeiro bloque cuestionarase se o título é o idóneo e aelaboración de posibles títulos substitutivos, se o resumo da contraportada responde ócontido do argumento e se é adecuado ou enganoso. Proposta de elaboración de posi-bles resumos.

• Reflexionar entre todos sobre a visión que Carlota nos transmite do universo cotián dosadolescentes (a vida no instituto, as rebeldías familiares, a relación amor-odio cosirmáns, as dúbidas, a inseguridade, as relacións de amor...) e se esta visión responde oureflicte a situación actual dos adolescentes.

• Realización de coloquios en torno á temática da obra ou dos personaxes da novela: cómocualificarían a reacción de Carlota ó inicio da novela, a necesidade dunha boa imaxefísica para integrarse socialmente, comentar certos comentarios da protagonista comopor exemplo os recollidos no apartado da temática...

• A presencia ó longo da narración dos versos dunha cantiga medieval de Osorio Anes eas citas das letras das cancións de Aerosmith, ídolo da protagonista, dan pé para comen-tar certos aspectos relacionados coa obra: ¿este tipo de música indícanos algo sobre ocarácter de Carlota?, ¿podemos deducir algo da súa personalidade a través das letras?,¿estes fragmentos reflicten o conflicto interno de Carlota? Proposta de substitución dascitas por cancións de grupos que o lectorado escoita na actualidade sempre que sexanadecuadas á temática. Para esta actividade todos deben coñecer a traducción das letrasó estar en inglés. En caso de que descoñezan o grupo pódeselles facilitar a posibilidadede escoitar algunha grabación.

Page 11: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

11

• Proporcionarlle ó lectorado críticas ou comentarios que se realizaron da obra en revistasou xornais e que eles mesmos comenten se se axustan á súa visión da obra. Elaboracióndas súas propias críticas ofrecendo as razóns para recomendar ou non a súa lectura erecompilación destas nun dossier para proporcionar á biblioteca como material de con-sulta para futuros lectores. En caso de que no centro exista unha revista, poden selec-cionar a que consideren mellor e enviárllela ós redactores para a súa posible publicación.

• As declaracións que a autora realizou en diferentes medios de comunicación e/ou pren-sa sobre a súa obra sería interesante poñelas a disposición do lectorado para que com-parasen o punto de vista da escritora coa lectura que acaban de realizar.

• No caso de que non se buscara a información da autora pódese realizar agora.

Page 12: 01. ficha/a banda sen futuro - Anaya Infantil y Juvenil · aínda que ela nunca protesta. ... unha rapaza rubia e cun cabelo longuísimo que nada máis coñecela pregúntalle qué

Pedidos a:

Comercial Grupo AnayaP o l í g o n o d e B e r g o n d o1ª Travesía - Parcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

XERAISDoutor Marañón, 12. 36211 VigoApartado Postal 1446. 36200 VigoTeléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: [email protected] t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /